A Cidade Medieval de Tui

Table of contents :
Acicalador
Capador
Ferreiro
Parteira
Serventa
Adegueiro
Capataz
Físico
Pedreiro
Signeiro
Alfaiate
Carpinteiro
Forneiro
Peliteiro
Talaberteiro
Alguazil
Caldeireiro
Lavandeira
Pescador
Tanxedor do órgano
Ama
Cambeador
Labrego
Pintor
Tecelán
Aparellador
Carniceiro
Manceba
Porteiro
Telleiro
Armeiro
Cirurxián
Mensaxeiro
Prateiro
Tendeiro
Arroncheiro
Colcheiro
Mercador
Pregoeiro
Toneleiro
Avogado
Correeiro
Muiñeiro
Prestamista
Torneira
Bacheler
Escribán
Naveiro
Reloxeiro
Xograr
Balesteiro
Escudeiro
Notario
Reposteiro
Xornaleiro
Barbeiro
Espadeiro
Ourive
Retellador
Xubeteiro
Barqueiro
Estalaxeira
Panadeira
Sarralleiro
Zapateiro
SUSO VILA
Os normandos
A reinstauración da Sé
O SÉCULO XII
ENTRE PRIVILEXIOS E GUERRAS
Os cercos de Sancho I
A contenda de 1211
O Corpo Santo
As reclamacións de Diego Rapado
O Acordo dos Panos
Os Reis Católicos contra a intromisión episcopal na xustiza da cidade
A Conspiración de Paio Veloso
Sé Vagante e Entredito sobre Tui
A peste de 1506
O Plano
A Cidade
A MURALLA
A garda dos muros
Rúas e Prazas
ARTE MEDIEVAL
Ademais do patrimonio relixioso construido, legado e sinalado pola documentación, tamén posuía Tui un patrimonio civil salientable, só que padeceu máis os designios das modas e das guerras.
A casa común
AS INSTITUCIÓNS POLÍTICAS
O Señorío
O Concello
As ordenanzas municipais
Atribucións do Concello
A ECONOMÍA
A Agricultura
O Monte
A Gandeiría
A Pesca
O Comercio
A Actividade Artesanal
As Confrarías
SOCIEDADE
A Muller
Os Xudeos
Serían moitos os séculos de convivencia entre xudeus e cristiáns na península ibérica. Este status quo social permitiría un desenvolvemento cultural e demográfico da poboación hebrea moi superior ao que existía no resto de Europa.
A Xudería
O TERRITORIO
Maloes
Areas
Rebordáns
Pazos de Reis
Ribadelouro
Randufe
Caldelas e Baldráns
Paramos
Guillarei
Pexegueiro
APÉNDICE DOCUMENTAL
Preito das Fortalezas. 1393.

Citation preview

A CIDADE MEDIEVAL DE TUI

SUSO VILA

A escaseza documental impídenos soster unha traxectoria certa para Tui desde a expansión musulmana pola península ibérica -716 en Tui- ata o alborexar do ano 1000. Esta última data non é casual, xa que ademais dos medos e terrores ao novo milenio 1 tamén será unha data crítica para manter o renacemento das cidades, sostido por un perceptible cambio climatolóxico para a meirande parte da Europa, que favorecería os intercambios comerciais entre puntos afastados do continente. A estabilización socio-política tamén viría a axudar -e como un dos factores máis importantes do fenómeno urbano baixo medieval- a que progresase o crecemento das cidades e lle outorgase o engrosamento suficiente como para dar consistencia ao novo e complexo sistema comercial que estaba nacendo e favorecer así que outros lugares puidesen incorporarse por imitación a esta nova forma de creación de riqueza. A fin da ameaza musulmana, coas súas razzias polos reinos cristiáns, e principalmente o asentamento e espallamento dos ataques e saqueos normandos, farían posible que Europa puidese ter a paciencia suficiente como para se reorganizar en núcleos e terras que se ían fortalecendo ao abeiro dunha economía en expansión. Tui non sería alleo a todo este fenómeno, mais á vella civitas o progreso e consolidación do seu modelo urbano non sería fácil nin doado. Tui partíu sempre cunha clara vantaxe estratéxica sobre as poboación do seu entorno rexional. Unha inmellorable posición desde o punto de vista comercial, en palabras de Fernando López Alsina, que permitía á cidade tudense recobrar novos folgos e pretender reinstaurar o seu momento de esplendor no baixo imperio romano e na antigüidade tardía. Desde Tui favorecíase os intercambios norte-sur da fachada atlántica, e tamén as comunicacións costa-interior desde a súa privilexiada posición sobre o río Miño e o seu val. Esta óptima ubicación e as súas facilidades para a comunicación terrestre e fluvial causaban as súas inquedanzas en tempos de decadencia e inseguridade. A posición franca de Tui, facilmente accesible, representaba un albo apetitoso e fácil para os ataques de sarracenos e normandos nos séculos X e XI. Este feito representa un dos grandes problemas de Tui no seu renacemento urbano. Mentres o contexto europeo permitía a estabilización da economía, o ámbito galego aínda sufría as agresións exteriores e padecía a pobreza e desestruturación dun territorio no que só pervivían as vellas cidades episcopais e núcleos do interior -Lugo, Ourense,...- mentres nacían novas aglomeracións urbanas cun eminente carácter administrativo-relixioso -o gran centro compostelán restándolle protagonismo a Iria; Britonia-Mondoñedo,...-. Isto favorecía o crecemento devagar dos protonúcleos urbanos do interior, pero o único asentamento importante -centro episcopal e antiga cidade comercial- que sobrevivía en contacto coa costa, Tui, padecía a inseguridade propia da súa posición accesible e privilexiada. Os ataques e saqueos faríanse habituais, malia que o monarca Ordoño I reforzara as defensas tudenses (850-866), obrigando aos seus bispos a habitar no interior, sinaladamente nos mosteiros fundados en vales afastados do camiños principais -San Estebo de Ribas de Sil, Labruxe,...-, como Hermoixio, Vimara, Viliulfo, Paio ou Naustio.2 1

Espíritu milenarista que nacía coa data emblemática e que agardaba o xuizo final. Bispos todos eles do século X.

2

A última gran razzia musulmá en terras galegas, a realizada no remate do século X (997) por Muhammad Ibn Abir Amir al-Mansur bi-llah (Almanzor) contra a nacente Compostela, seica terá tamén como víctima á cidade tudense, afectada por unha flota algarvía que acompañaba ao xeneral cordobés. Non semella, pola contra, que tivese moitas consecuencias a poboación por este feito, principalmente cando os relatos posteriores da devastación normanda indican que Tui vivira unhas décadas de tranquilidade, a suficiente como para estabilizar a presenza do seu bispo na cidade. Os normandos Non se esquecían aínda os tudenses dos ataques que os pobos do norte -viquingos, lodimanos, normandos,...-3 lanzaran durante o século X, con Gundroed no 970, retendo o territorio durante bastante tempo. A comezos do século XI, unha nova xeira de destrucción abalará Tui, quizáis con maior forza que no pasado ao coincidir cunha etapa de recuperación económica. Os normandos achegaranse a Tui como escala dos seus saqueos por toda a fachada atlántica da península. É extremadamente difícil precisar ou encaixar a realidade cos datos parciais que temos das expedicións normandas nestes anos de comezos do século XI. Entre as informacións que posuimos está a A saga do rei Olav, de Snorri Sturluson, e varias referencias cronolóxicas de condes galego-portugueses falecidos neses anos como Menendo Gonzalves e Alvito Nunes, este último coa referencia dun ataque normando en 1016 nos Annales Portugalenses Veteres -era MLIIII octavo idus septembris uenerunt Lormanes ad castellum Vermudii, quod est in provincia Bracharensi. Comes tunc ibi erat Alvitus Nuniz-4. O principal problema estriba na interpretación da saga, na que sinala na décimo terceira batalla do futuro rei Olav (995-1030) o que semella o ataque contra unha cidade antiga do sur, nunha expedición a Gibraltar. Os nomes son interpretativos, mentres que a referencia a Seljupollar, podía ser Castropol, a cidade de Gunvaldsborg gobernada por un conde Geirfin, puidera ser Tui, en relación ao goberno do territorio por eses anos de Menendo Gonzalves5. Segundo a saga Gunvaldsborg “era grande e antiga, e alí fixo prisioneiro ó conde que era dono da cidade e que se chamaba Geirfinn. Alí o rei Olaf falou cos habitantes da cidade; fixo que a cidade e o conde pagasen doce mil moedas contantes de ouro e levou toda a prea que puido”6. Aínda é máis difícil encaixar o relato da saga -rescate do conde Geirfinn- xa que sabemos por un documento de 1024 que o bispo e moitos habitantes foran capturados e esixido rescate, ademais de arrasar a cidade7. Outro problema engadido son as datas, xa que sabemos polas sagas e outros documentos que Olav estaba en Canterbury en 1011, en Ruan en 1013-1014, e que en 1015 voltaría a Noruega. Encaixaríase unha expedición cara a Península entre 1014 e 3

Viquingos significaría homes da baía (Vik), en referencia aos fiordos, Lodimanos sería homes das tebras, mentres que Normandos, homes do norte). 4 López Alsina, Fernando: “La cristalización de Tui como espacio de poder señorial entre 1095 y 1157”. Tui presente, pasado y futuro. Deputación de Pontevedra. 2004. pax. 61-62. 5 A saga pode verse en inglés nesta páxina web: http://omacl.org/Heimskringla/haraldson1.html 6 Vicente Almazán; Gallaecia Scandinavica, pax. 113. 7 Idem. Pax. 63.

1015, sempre e cando vexamos na Saga de Snorri Sturluson a fiabilidade suficiente como para permitirnos unir as diferentes pezas do quebracabezas. Tal e como indica López Alsina8, o máis probable e guiándonos polo documento de 1024 de unión da sé de Tui a Santiago, é que existisen durante uns anos un estado de inseguridade total por varios saqueos e ataques contra a cidade9. Deste xeito poderíamos establecer conexións entre a morte do conde Menendo Gonzalves en 1008 e a do conde Alvito Nunes en 1015, en varias xeiras realizadas polos normandos nestes anos, finalizada quizais pola expedición de Olav en 1015. Finalmente o longo período que supuxo de devastación e saqueo do territorio tudense semella rematar máis coa marcha e finalización dos ataques normandos máis que a unha expulsión da rexión. O estado da cidade e o seu entorno, ademáis do temor ante a posibilidade de novas expedicións normandas, obrigaría que o bispado tudense fose agregado a Lugo, cuxo bispo Sueiro detentaba a súa administración xunto con Mondoñedo e Ourense o 19 de agosto de 1022. Reorganizaríanse os bispados no reino Leonés, e neste senso Tui quedaría unida a Santiago no ano 102410. Na carta de unión datada o 29 de outubro de 1024, o rei leonés Afonso V agregaba a sé tudense á de Compostela xustificandoo pola devastación e inseguridade de Tui, o que faría un relato catastrófico dos acontecementos sufridos nos anos anteriores, aínda que sen precisar moito: “Na verdade, non moito despois, ao medrar os pecados dos homes, as costas foron arrasadas polos normandos, e posto que a sé de Tui era a máis afastada de todas e ademáis era moi pequena, o seu bispo que ali moraba, foi capturado polos inimigos, xunto con todos os seus. A uns os asasinaron, aos outros os venderon, e a cidade mesma foi reducida á nada e permaneceu moitos anos asolada e baleira. Tras do cal, favorable a divina misericordia, que todo o dispón con bondade e rexe o universo, derrotamos moitas veces aos inimigos e os botamos fora da nosa terra coa axuda da divina gracia…”11. Tui ficaba así ao marxe da reestruturación “oficial” do reino, deixando a súa poboación probablemente baixo o goberno dun conde que atendese as básicas urxencias de goberno, pero sen atender ao seu crecemento urbano ou comercial. A medida que pasaban os anos, e os efectos da destrucción dos normandos se ían esvaecendo na memoria e na propia fisionomía do territorio, o curso natural dos acontecementos impoñería o establecemento da realidade estratéxico-comercial de Tui que sería axudado pola estabilidade do momento. Neste contexto, xunto cun novo reinado, o de García de Galicia, Tui voltará ao protagonismo e na restauración da sé episcopal reflectirase unha nova realidade. López Alsina calcula esta restauración da sé episcopal tudense no ano 106712, en sincronía co episcopado de Cresconio en Compostela e a primeira referencia ao novo bispo tudense, Xurxo13, en agosto de 1068. 8

Idem. Sobretodo en relación a permanencia dos normandos no territorio e o longo periodo de crise que afecta a Tui. 10 López Alsina; op. Cit. Pax. 63. 11 Ernesto Iglesias Almeida e Plácido Méndez Cruces; Evocación histórica de la ciudad de Tui y sus antiguas rúas. Pax. 27. Tui. 1990. 12 López Alsina; op. Cit. Pax. 66. 13 De Georgio en latín, e así expresado nos documentos conservados. 9

A reinstauración da Sé Aínda que non conservemos o documento orixinal de restauración da sé tudense, dous documentos do ano 1071 revelarannos importantes datos. Un corresponde ao rei García nunha doazón ao bispo Xurxo de Vilar de Mouros -Caminha- para o mantemento da súa comunidade. Indicaría o rei os destinarios da doazón, isto é a igrexa, sinalando o apóstolo Bartolomeu, e a Virxe María, os mártires Sixto bispo, Lourenzo arcediago, e o duque Hipólito, o mártir San Xurxo, o bispo e confesor Martiño e San Xoán Bautista. A igrexa estaba ubicada no territorio da sé tudense, xunto ao Miño e o Louro, baixo o altiño chamado Tude -sub alpe a loco Tude nuncupato-14. Esta referencia resulta transcendental para coñecer onde residía o novo bispo, isto é no vello mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns, e onde ubicaban o cenobio -aos pés do outeiro coñecido como Tude, do que resulta a lembranza da presenza da cidade sobre o altiño rochoso actual-. No mesmo ano, a infanta Urraca, irmán de García, concederá outra doazón ao bispo de Tui15. Esta infanta dotaría de diversos bens ao bispo Xurxo, que como se sinala no anterior documento, non debía contar con moitos recursos para a súa subsistencia e a da súa comunidade. Entre as doazóns estará a metade do mosteiro de Albeos, unha terceira parte do de Veiga de Limia, a metade de San Paio de Paderne, o de Pallatino e un feixe de herdades no territorio da Limia. Outros datos que aporta este documento da infanta Urraca corresponderán a unha manifesta reproducción dos feitos narrados na carta de Afonso V en 1024, sobre a destrucción de Tui, pero neste caso, tal e como analiza maxistralmente López Alsina, tería un carácter revelador sobre o progreso da Sé tudense e as melloras desde aqueles tempos escuros para a administración episcopal de Tui. Será a través destes documentos de 1071, que saibamos a presenza do bispo no mosteiro de San Bartolomeu, o que podería demostrar que por ficar este cenobio nos suburbios da vella cidade destruida polos normandos, ficaba en condicións de ser reutilizada xunto co seu entorno inmediato. Pero este suceso non debeu ser tampouco obxeto de casualidade, xa que como sinala brillantemente López Alsina San Bartolomeu de Rebordáns puidera ter un significado especial máis aló da súa personalidade como mosteiro. O bispo residía no cenobio bieito coa súa comunidade, pero o mosteiro contaba co seu abade propio e relixiosos. Só un especial significado do mosteiro de San Bartolomeu facía posible a querencia polo lugar do bispo, e isto puidera ser comprendido se San Bartolomeu tivera sido no pasado residencia episcopal, como por exemplo no século VI cando en Tui convivirán dous bispos, un arriano -pro visigodoGardingo, e outro católico, Neúfila -suevo galaico-, o que lles obrigaría a ter dúas sedes, sendo probable que San Bartolomeu acollera unha delas. Á luz desta documentación, aínda que non se sinale nada sobre a poboación tudense, si que se pode albiscar o crecemento e reorganización da mesma sobre un territorio esparexido e sen concentracións que permitan falar dun renacemento da vella urbe. É probable que o altiño chamado Tude na documentación, puidera acoller algunha casa ou agrupación delas, principalmente aproveitando os materiais 14

López Alsina; op. cit. Pax. 70. Documento de data 1 de febreiro de 1071. Idem. Documento de data 13 de xuño de 1071.

15

constructivos que tiñan ao seu dispor. Estamos perante unha poboación eminentemente rural, que quizais coa presenza do bispo no entorno escomece un longo proceso de especialización profesional. A reorganización do territorio Ao bispo Xurxo o sucederá en 1072 Auderico. Este cambio que puidera ser casual é probable que conteña connotacións políticas, xa que Xurxo era bispo por iniciativa do rei García, e a deposición de este polo seu irmán Afonso VI nese ano 1072 puido ter consecuencias na rede organizativa episcopal, e colocar Afonso na sé tudense un bispo da súa confianza para gobernar un lugar estratéxico e relevante como Tui. A estabilidade de Tui fomentaría o seu crecemento e tamén a intención do bispo Auderico de dotar á sé dunha catedral no seu solar tradicional. Será entre 1072 e 1095 cando poidan comezar as obras e proxecto da nova catedral 16, indicando ás claras un novo rumbo e o desexo de seguir os pasos de Compostela. A revalorización de Tui confirmarase en 1095 coa concesión do couto feita polo condes de Galicia, Raimundo de Borgoña e Urraca17. Neste privilexio doarase os dereitos señoríais que os condes tiñan sobre o couto de Tui para que os bispos tudenses incrementasen a súa capacidade económica. O couto será marcado nos seus lindeiros, aproximadamente desde a altura de O Torrón (Sobrada), pasando por Seixos Albos (Areas), Marco de Friande (Randufe), Monte Aloia; como lindeiro norte pasaba o Louro á altura de Orbenlle (O Porriño), baixaba ata o alto de Sobredo (Guillarei), collía un regato no medio da veiga de Paramos ata o río Miño; adentrábase en Portugal rodeando as alturas veciñas de Valença (Monte Faro), baixaba por Gándara e Arão e finalizaba en Segadães. Este couto sería mantido, malia independencia do condado portucalense, pola raíña Tareixa e o seu fillo Afonso Henriques, quen en 1169 repetiría os mesmos termos do couto alén Miño (Valença); logo ficaría esquecido para crear Contrasta e así alimentar rivalidades marcadas por monarcas lonxanos, aínda que ambas beiras seguiranse a entender. O privilexio contaría ademais co poder outorgado aos bispos e cóengos tudenses de recaudar as multas por roubo, violación ou danos realizados no devandito couto, sanción que ascendía a VI mil sólidos de prata. Raimundo e Urraca cedían a parte correspondente ao seu dereito como condes, non podían ceder a parte correspondente do realengo que esta permanecía intacta.18 Aínda que esta concesión non varía en nada o realengo, principalmente no que toca a recaudación de tributos, administración de xustiza ou cesión de terras e homes, si que amplia o ámbito xurisdiccional do bispo e cabido e o incremento dos seus ingresos, o que permitirá satisfacer o proxecto de construcción da nova catedral de Santa María. O privilexio móstranos os indicios dunha organización do territorio moi consolidada. O novo couto tudense partiría dun núcleo orixinal moi pequeno, sinalado 16

Fernando López Alsina así o corrobora no artigo xa mencionado, pax 73, no que a referencia a Santa María a partir de 1095, indicaría os progresos da súa construcción. 17 Ver o Apéndice Documental 1 para coñecer o texto enteiro. 18 A análise en profundidade da organización do couto: López Alsina, op. cit.

polo seu ámbito parroquial19, e quizais algunha parroquia máis froito do seu entorno máis inmediato. Entre as parroquias próximas a Tude, atopámonos con San Xoán de Porto e San Bartolomeu de Rebordans, que probablemente xunto con algunha máis formasen o cerne do equivalente ao arciprestádego de Tui como Santa Baia20. Outras parroquias do novo couto, son o resultado de desmenbrar as Terras que rodeaban Tude. Entre estas Terras atopámonos coa Terra de Taraes ao suroeste, a Terra da Louriña ao norte, e a Terra de Salceda cara o leste. Estas terras equivalerían aos arciprestádegos modernos, e de feito tiñan unha clara orixe organizativa relixiosa, administración e organización que sería aproveitado para establecer diferentes xurisdiccións. Da Terra de Taraes, obtería Tude San Martiño e Santa Mariña de Areas. Da Terra da Louriña a metade de Santa Comba de Ribadelouro. Da Terra de Salceda, Guillarei, Paramos, Baldráns e San Vicente de Soutelo. A imaxe do territorio parroquial tudense iríase completando ao longo dos séculos medievais ao ir incorporando algunhas parroquias como San Miguel de Pexegueiro e San Martiño de Caldelas dentro da xurisdicción e control episcopal, engadíndose algunha curiosa permuta como a de Santiago de Malvas feita co mosteiro de Oia. No entorno inmediato a Tude, as parroquias tiñan unha clara vertente fluvial, ao marcar as súas igrexas cabeceiras longas liñas desde o río Miño ata o monte Aloia, que semella ser o vértice do antigo ámbito da cidade. Deste xeito parroquias como Santa Baia tiñan a súa igrexa ao pé do Miño pero abranxía o actual espazo de Randufe21. San Xoán do Porto, malia do sinalado por López Alsina, non semella achegarse cara o interior, abranxendo o actual Pazos de Reis, xa que este territorio cara ao norte debía ser competencia exclusiva da cidade acadando o cumio do Aloia co seu santuario e significación sagrada para os tudenses.22 San Bartolomeu de Rebordans semella abranxer un territorio con asentamentos máis consolidados, como Santa Eufemia, Manteigada, Santa María do Camiño, Paredes, que establecen ademais dun ámbito parroquial o espazo de influencia do mosteiro bieito, pero tamén unha vella área urbanizada da antigüidade tardía.

19

Este ámbito parroquial sería en orixe a igrexa de Tui tal e como estaba disposta no parochiale suevorum no século VI. 20 Santa Baia é sinalada por López Alsina como parte da Terra de Taraes, aínda que teña dúbidas ao respecto, tanto pola próximidade da vella hermida á cidade como polo súa organización do espazo interior tudense ata o monte Aloia. Igualmente a advertir da importancia e relación de Santa Baia co porto tudense, e polo tanto a súa forte imbricación coa cidade e coas súas diferentes xurisdiccións. 21 Randufe durante a Idade Media era un topónimo moito más limitado que na actualidade, o Couto de Arcos demarcaba un territorio que tiña orixinalmente a súa cabeza parroquial en Santa Baia pero pasará a agregarse ao Sagrario da Catedral, ata que en 1908 estableza a súa propia parroquia. 22 O conflicto entre bispo e cabido cos Dominicos así nolo fai ver xa que os predicadores asentaríanse ao norte da cidade e polo tanto sería orixe do preito a xurisdicción parroquial que alí tiña a catedral.

O SÉCULO XII ENTRE PRIVILEXIOS E GUERRAS A primeira noticia deste século témola no curioso “pio latrocinio” protagonizado polo bulideiro Diego Xelmírez no ano 1102. Este, ao recoñecer o estado de certas posesións compostelás ubicadas no arcebispado de Braga, recollería unhas cantas reliquias de vellas igrexas a el pertencentes naquel arcebispado, para incrementar o patrimonio da súa igrexa de Compostela e sacralizar os novos altares creados. Pero cunha acción deste teor os veciños de Braga non estarían dispostos a verse sen estas valiosas e antigas reliquias, polo que non favorecerían a saída das súas máis sagradas posesións. Perante estas dificultades o bispo Xelmírez decidiría sacar as reliquias pola noite e que fose un subordinado quen as levase directamente a Compostela. O Arcediago encargado de tan arriscada misión levaría os corpos santos por sendeiros pouco transitados ata chegar ao Miño, que, pola estación que era, estaba embravecido. Pero como o que portaba o emisario de Xelmírez eran reliquias de gran valor e estima e por engadido cun ostensible carácter sagrado, estes fixeron o milagre de calmar as augas do río. Deste xeito o Arcediago podería pasar o Miño ata Tui e desde alí dirixirse ata o mosteiro de San Bartolomeu para depositar tan sagrados corpos. O mosteiro, coméntanolo a Historia Compostelana, estaba ubicado nun arrabalde de Tui 1. Este dato é indicativo de como nesta data a poboación xa estaba a reubicarse no vello outeiro tudense, arredor da construcción do novo templo catedralicio consagrado a Santa María2. Logo de ser deixadas as reliquias en Compostela, Xelmírez voltaría por Tui no ano 1108, xunto co arcebispo de Braga Mauricio. O compostelán cederíalle en préstamo a metade das súas propiedades no arcebispado bracarense. No ano 1112, o bispo tudense Afonso II recibiría a grata visita da raíña Urraca, que doaría á igrexa de Tui as vilas de Santa Mariña de Areas e de Spenicelo (Rebordáns), ademáis de ceder todo aquilo que posuise entre Santa Comba de Ribadelouro e Anta, desde o Louro ata o Aloia 3 e desde Riomuíños ata a Pedrafita de Pexegueiro e para rematar a cuarta parte da veiga entre Louro e a fonte Maior (Paramos). Esta cesión ampliaría a de 1095, xa que o faría desde os seus dereitos reais sobre estas vilas e territorio, o que afondaría nos ingresos e acumulación de poder do bispo e cabido tudense. A organización do territorio episcopal e recuperación de vellas propiedades perdidas nos tempos escuros como era a vila de Vinea -perto de Viana do Castelocedida polo bispo Afonso I a comezos do século XI a Nuno Soares sería unha das prioridades do bispo Afonso II. 1

Historia Compostelana (feitos de Diego Xelmírez), 1º arcebispo de Santiago. Traducida do latín ao castelán polo R. P. Fr. Manuel Suarez. Compostela 1950. pax. 48. 2 Estaríamos en realidade perante unha continuidade ocupacional deste sinalado emprazamento, sendo probable unha ocupación prehistórica, os achádegos ocasionais descubertos na cidade e inmediacións, e logo un asentamento castrexo coa expansión da cidade provocada pola romanización da rexión, desta etapa romana derivarían os asentamentos do Tui altomedieval e o crecemento da cidade na Baixa Idade Media. 3 Ver Apéndice Documental II.

As razzias dos normandos produciría a agregación da sé tudense á Santiago, repartíndose desde entón os fillos e familiares as posesións da devandita vila. O bispo Afonso II fixo que tódolos familiares renunciasen a súa parte recobrando a vella propiedade episcopal no ano 1112, excepto dúas igrexas dependentes de Vinea e parte da mesma vila mentres vivisen os netos daquel Nuno Soares4. Para o ano 1118 temos constancia na documentación dun suceso tráxico. O cabaleiro Paio Dias cometería sacrilexio ao perpetrar un homicidio dentro da igrexa de Santiago de Penso -perto de Melgaço-. A víctima non debía de ser nobre pois dela non se coñece nin o nome. Para sancionar ao sacrílego Paio Días xuntáronse en concilio, na cidade de Tui, varios bispos, entre eles o de Compostela. A decisión foi a cesión ao bispo de Tui -posto que se fixera o crime na súa diócese- da igrexa violada engadindo a esta a cuarta parte da igrexa de San Paio de Paderne e a cuarta parte de San Martiño de Valadares, ofrecido pola nai do homicida, Ónega Fernandes, que ademáis daría pola súa alma a cuarta parte da igrexa e vila de San Vicente e o casal de Deva 5, todas na actual autarquia de Melgaço. As xeiras da guerra Non podemos considerar unha guerra continuada os enfrontamentos entre reis galego-leoneses e os condes portugueses; son máis episodios que rematarán coa independencia do condado portucalense, e nun intento de alongar o seu territorio cara estas terras, espazo que consideraban de seu dereito, xa que logo, o sur de Galicia era de vella obedencia eclesiástica bracarense e aínda non se esqueceran os lazos administrativos dos tempos da diócese romana. O primeiro choque de tropas datado acontecería no ano 1121. Tempo atrás a raíña Tareixa invadira Tui e terras veciñas, acto que provocaría a reacción da súa media irmá a raíña Urraca. Esta última solicitaría axuda do arcebispo compostelá, Diego Xelmírez. A pesares dos acordos e leis municipais que impedían que os veciños de Santiago e Iria fosen a guerra algunha, Xelmírez acadaría a participación do concello compostelá e iriense. A raíña Tareixa coñecendo a vinda das tropas da súa media irmá, reuníu as súas tropas e acampou na outra beira do Miño. As forzas santiaguesas e irienses co arcebispo e Urraca na encabeza, chegados a Tui tiveron que idear o xeito de cruzar o río, pois con ese obxetivo feito a victoria sería fácil. Parte das tropas pasarían o río nas embarcacións apreixadas aos portugueses que andaban polo Miño, para tomar unha illa que ficaba no medio -actual veiga do Louro-. Uns en naves e outros a nado tomarían a illa cunha afouteza que espantaría os ánimos dos portugueses que chegarían a fuxir e deixar sen protección o acampamento. Neste momento cruzan o río Diego e Urraca, entrando en Portugal realizarían saqueos, roubos, incendios e demáis hostilidades na terra da súa inimiga 6, quizáis en pago ás tropas de Compostela que axudaron a bispo e raíña na súa acción reconquistadora en terras tudenses.

4

Henrique Flórez; España Sagrada, tomo XXII, pax. 73. Ávila y La Cueva, Francisco; Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado, tomo III, pax. 133. 6 Historia Compostelana; op. cit. pp. 301-302. cap. 40, libro II. 5

Antes do ano 1126 entraría Tareixa de novo en terras galegas por Tui, momento no fortificaría diversas partes da súa fronteira, entre elas Tui, o que facía evidente a existencia dun burgo que estaba a medrar arredor da construcción da catedral. O novo rei galego-castelán Afonso VII organizaría unha expedición contra a condesa portucalense. Entre as axudas solicitadas estaba a do arcebispo compostelán Diego Xelmírez quen reunindo cabaleiros e peóns acompañaría ao rei ata Portugal onde de novo e por espazo de seis semanas, devastarían vilas, tomarían castelos e cidades procurando que toda a rexión ficase asoballada. Finalmente ficaría restablecida a paz entre Tareixa e Afonso7. No ano 1124, momento probable da toma de Tui, a raíña Tareixa outorgaría privilexio ao bispo tudense Afonso II. Nesta doazón a portuguesa dáballe á sé tudense a liberdade de circular todo tipo de mercadurías -trigo, cebada, viño, animais, vestidospolo veciño reino ata a igrexa de Tui. Tamén concedía a liberdade de apacentar o gando en tódolos coutos e resíos a excepción de facelo polos cultivos e devesas fechadas. Foi a primeira en conceder a doazón da barca de pasaxe polo río exclusivamente aos bispos e cabido e de acoutar o río desde a vila de Lazoiro -Salvaterra- ata a foz do Miño, no que ninguén podía pescar sen o permiso do bispo tudense. Finalmente entregoulle a totalidade da vila de San Pedro da Torre. Os seguintes enfrontamentos serían protagonizados polos curmáns Afonso Raimundes, o “emperador”, e Afonso Henriques, o príncipe portucalense. Estando Afonso VII lonxe de Galicia, o conde portugués aproveitaría a ocasión para se rebelar tomando Tui e territorio veciño no ano 1131. Obtivo a axuda dos condes de Toroño, Gomes Nunes e da Limia, Rodrigo Peres Veloso, quen lle entregaron varios castelos facilitando así o traballo do portugués8. Afonso VII non podería ata entrado o ano 11379 reaxir contra outra ocupación portuguesa que aproveitara os problemas do Emperador con García de Navarra e de certas infidelidades dos condes fronteirizos. Grazas ao aviso dun vasalo, Afonso VII emprendería a viaxe entre Zamora e Tui, andando sen parar días e noites cun pequeno número de cabaleiros; entrou aos tres días na cidade de Tui, desde onde enviou legados aos condes e príncipes do seu reino, para que canto antes lles fose posible, acudisen con toda a súa forza de cara a entrar en Portugal ao comezo da ceifa e en tempo de verán de cara a asoballar a toda a terra posible. A petición non foi respostada pola maioría dos nobres, e os legados terían que amonestar ao arcebispo de Santiago a que valese logo ao rei. Diego Xelmírez estimularía con abondosos estipendios aos condes e príncipes para que acudisen en axuda do rei, pero cando o exército xa estaba disposto a marchar cara a Tui, chegarían mensaxeiros informando que as paces foran feitas entre Afonso VII e Afonso Henriques10 e que nesa mesma xornada chegaría Afonso VII a Compostela. Na chamada Paz de Tui -1137- os dous contendentes restituiríanse fortalezas e castelos tomados nos enfrontamentos, aceptando o portugués a vasalaxe ao Emperador coa promesa de fidelidade, seguridade e auxilio contra os inimigos. 7

Historia Compostelana; op. cit. pax. 397, cap. 85, libro II. Historia Compostelana; op. cit. pax. 454, cap. 51, libro III. 9 Os datos ofertados pola Historia Compostelana son pouco claros pois a pesares das relacións existentes entre os feitos de 1131 e de 1137 non se establecen vencellos nidios entre os dous episodios polo que seguiremos a versión de Pascual Galindo. 10 Historia Compostelana; op. cit. pax. 507, cap. 51, libro III. 8

A piadosa alma de Afonso Henriques compensaría á sé tudense, “polo dano que causei a aquela igrexa11”, coa doazón da vila de Vinea nos seus térmos e lugares antigos, maiores do que o tiñan os bispos de Tui. As dúbidas de Ávila y La Cueva e o Padre Flórez12 son infundadas xa que esta Vinea é a mesma daquela en posesión dos netos de Nuno Soares, o que acontece é que unha cousa era ser propietario da vila -como o era o bispo- e outra cousa é o señorío no que se incluían o cobro das multas e de diferentes tributos e que incluso debeu abranxer un espazo maior que o da propiedade episcopal xa que nela inclúense pastos, montes, augas, homes e vasalos, é dicir a totalidade das posesións e dereitos contidos nesa demarcación. O que recibían os bispos tudenses dunha parte, os nobres llo querían quitar por outra, e é que a nobreza xa era belicosa neste tempo, cousa que para Tui supuxo unha dura carga ao longo dos séculos. Polo ano 1140 o conde Gomes Nunes, pouco contento de só gobernar a Terra de Toroño, adicaríase a se apropiar dos bens do bispo tudense Paio. Entre estas posesións atopábase o castelo de Entenza, un auténtico bastión para a defensa de Tui e desde o cal o rebuldeiro conde podía controlar á cidade episcopal. As queixas do bispo non se fixeron agardar e chegaron aos oídos do Emperador que sentenciou a favor do prelado tudense, engadindo que viría aquí “para quitar os tiranos da terra”13, feito que descoñecemos si se chegou a producir. Afonso VII daría unha extensa doazón á igrexa tudense no ano 1142. Neste privilexio víñanse a confirmar tódolos privilexios anteriores, o de Raimundo, Urraca, Tareixa e ademáis certas prerrogativas que algúns consideran a primeira Carta Foral de Tui. Estas prerrogativas diríxense aos cidadáns de Tui, os que non podían ter outro señor, nen vender as súas casas ou propiedades a outras igrexas ou nobres que puidesen malparar os dereitos do bispo tudense. Recibiría o bispo dos homes dos seus coutos os chamados xantares14. Ningún home do rei -meiriño, subricio, gallinario- podía entrar nos coutos do bispo sen o seu permiso e recaudar as multas sobre os roubos, furtos, calumnias ou homicidios que se cometesen, pois no caso que o bispo os chamase para que fixesen xustiza, a metade das multas das caloñas -calumnias-multas- e a dézima parte do resto serían para o prelado. Os bispos poñerían os xuíces na cidade e nos seus coutos, isto é, que serán os propios prelados quen controlen a xustiza na cidade, cuestión á que os cidadáns se opoñerán no futuro. O privilexio reitera o xa concedido con anterioridade como o portádego da cidade, o acoutamento do río desde a vila de Lazoiro ata a foz do Miño e a nave de pasaxe en propiedade episcopal e capitular. Tamén é interesante o relativo ao comercio coa seguridade dada aos mercadores e ás súas mercadorías, e a liberdade de circular sen pagar pedático nen portádego a comida e vestidos do propio prelado e cóengos 15, liberdade que deberon extender o bispo e cóengos para importar demais -por riba das

11

AT.:5/3, copia do documento en Pascual Galindo Romeo, Tuy en la Baja Edad Media (siglos XII-XV), documento III. 12 Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 146/ Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 81. 13 Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 150. 14 Imposto que a xente pagaba polo conceito de que eran obrigados a servirlle xantar ao bispo cada vez que pasaba pola súa casa, esto que era costume antigo (reservado aos reis) convertíuse nun imposto recaudatorio máis non precisando o bispo (o no seu caso o rei) a ir persoalmente ás casas dos seus vasalos. 15 Pascual Galindo; op. cit. pp. 36-37.

súas necesidades persoais- telas de calidade de ultramar -Bruxes, Yprès, Bristol, etc.- e comercialas con vantaxe na rexión. Por último e non menos interesante, está a cesión dunha torre na cidade, ubicada cercana do campanario do bispo16. Con esto deducimos que existía unha torre no medio do incipiente burgo e igrexas -lembremos a mesma Catedral e Santa María da Oliveirae que as obras da catedral xa estaban moi avanzadas tal e como nolo confirma a doazón realizada no ano 1145 polo mosterio de Oia de dous marcos de prata para a construcción da sé de Santa María. Esta torre doada polo Emperador debeu ser construída uns anos antes, entre 1137 e 1142, e polo razoamento que fai López Alsina debe indicarnos que correspondería coa chamada logo Torre Vella. Seica os anos posteriores pasaron sen sobresaltos sobre todo e malia o cambio de monarca e a división do reino en Fernando II (1157-1188), que reinaría sobre GaliciaLeón, e Sancho III (1157-1158) e Afonso VIII (1158-1214) que gobernarán sobre Castela. Os acordos de paz establecidos entre os reinos portugués e castelán-leonés culminarían coa voda da infanta portuguesa Urraca, filla de Afonso Henriques, co fillo de Afonso VII, o infante Fernando -quen sería rei de Galicia-León no 1157-. Pero a consanguinidade entre os dous infantes faría que para a igrexa o casamento fose non válido. Feito se cadra, xunto co finamento do monarca galego-castelán, que facilitase que Afonso Henriques retornase ás hostilidades co veciño reino, enfrontándose co novo rei galaico-leonés. Fernando II estaría en Tui no ano 1159, quizais de cara a asegurar a fronteira, de paso doaría ao mosteiro de Oia a vila de Maloes17. No ano 1160 Tui sería escenario dun feito máis amable. Na cidade reuniríanse o conde de Barcelona Raimundo IV e o rei de Portugal Afonso I, xunto a eles o arcebispo de Braga Johan, o bispo de Barcelona Guillerme, e o bispo de Tui Isidoro 18. O motivo sería concertar o casamento dun fillo do conde barcelonés con Mafalda, filla de Afonso I. Por desgraza, a morte prematura da infanta faría case imposible a voda19. No ano 1166 contaríamos con novos episodios das tensións fronteirizas dos reinos de Portugal e de Galicia-León. Afonso I lanzaríase sobre as comarcas fronteirizas do norte do seu reino, tomando Tui e chegando ata Pontevedra. Para 1169, en Tui, despois de confesar ter sitiado e violado20 a cidade, Afonso lle outorgaría privilexio e doazón ao seu bispo do realengo de Benevivere en terra de Fragoso, xunto a 17 casais, cinco barcos con seis temoneiros en Santa María de Vigo, a igrexa de Santa Baia de Vilar de Mouros e cinco casais en Truiti. Logo faría confirmación de todo o doado con anterioridade tanto polo seus pais como por Afonso VII de Galicia-Castela21. 16

Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pp. 266-268. Traducimos: “Douvos tamén e confirmovos a perpetuidade aquela torre que mandei facer na cidade de Tui xunto o voso campanario para defensa do noso reino, de maneira que tanto aquela torre como a cidade de Tui con todo o dereito real nela xamais sexa arrebatada do voso dominio”. A expresión é confusa posto que se pode referir a outro campanario, propiedade do bispo, e neste senso, podería ser Santa María da Oliveira. 17 Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 161. A vila de Maloes é a actual parroquia tudense de Malvas. 18 Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 162. 19 Case imposible porque a historia dános leccións, senón lembremos o casamento de Inés de Castro con Pedro I de Portugal. 20 Ibidem, pax. 166. 21 Ver Apéndice Documental III.

Neste mesmo ano de 1169, e combatendo o rei portugués con Fernando II en terras de Badajoz, sería derrotado e apreixado Afonso I. Ferido e en mans do galegoleonés, Afonso tería que aceptar a devolución das terras tomadas por el nos anos anteriores. Bonaventura: o povo é quen máis ordena Fernando II voltaría da fronteira extremeña para reconquistar o tomado anteriormente por Afonso I. Non sería un camiño fácil a reconquista da rexión, posto que permanecían tropas portuguesas nos principais enclaves das comarcas conquistadas. A toma do castelo de Cedofeita -sobre Pontevedra- sería sinalado, pola súa dificultade como signo de protección divina, caendo a vila de Pontevedra no mesmo ano de 1169. Alí mesmo, o rei Fernando II, daríalle foros á vila, non tardando en dirixirse a Tui, e finalizar así co dominio portugués sobre o bispado galego. A chegada á cidade episcopal debeu facerse en febreiro de 1170. A principal preocupación de Fernando sería a seguridade dun punto tan estratéxico da súa fronteira. Ademais non debemos somentes pensar na fortificación da cidade, senón e tamén, do seu goberno. Probablemente a máxima atención do rei galego-leonés debeu ser a de fixar a fidelidade dos gobernantes da cidade. Os bispos, señores dela ata o entón, tiñan unha ambigua interpretación da lealtade, sen dúbida condicionada polas súas posesións en terras portuguesas, nas que ficaban a metade das súas parroquias e moitos dereitos e privilexios. Nestas condicións a vasalaxe podía chegar a ser problemática. De feito outro factor do problema radicaba na orixe dos propios bispos tudenses, moitos portugueses, como era o propio bispo Xohán, o prelado que estaba á fronte da sé cando chegou Fernando II. Estas cuestións deberon sementar a desconfianza no ánimo do monarca sumándose sen dúbida aos feitos máis inmediatos da toma da cidade que realizara Afonso Henriques nos meses anteriores. A solución que argallaría o rei Fernando sería demasiado complexa para que callase. Deseñaría unha cidade libre, baixo realengo, con vantaxes comerciais, agrícolas e legais, de tal xeito que a súa maior forza residise na súa propia poboación, que mantería a lealtade e fidelidade de aquel a quen debían os privilexios e dereitos nos que se podían sustentar a súa prosperidade. A complexidade do plan confeccionado por Fernando II era tremenda. Non só trataba de dotar á cidade de foros que permitisen o establecemento dunha poboación forte e dinámica, senón e tamén de amplia-la cidade e fortificala convenientemente, e por último e máis dificultoso: quitarlle o señorío da cidade aos bispos tudenses. Fernando II comezou por trazar a nova cidade. O vello burgo, na cimeira do altiño, aínda que fortificado e protexido pola elevación, era demasiado pequeno para albergar unha poboación en forte crecemento e que ademáis debía extenderse espalladamente sobre os campos veciños. O rei quería dotar a cidade de maior amplitude, para defensa, salubridade e acollemento de toda a poboación22. A partires de aquí temos que explicar unha cuestión que se estivo debatendo desde fai uns séculos en Tui. 22

Ver Apéndice Domumental IV.

Xa vimos máis arriba como a poboación da cidade asentábase sobre o que poderíamos chamar Burgo, isto é, a explanada que vai desde o lugar da Catedral ata a zona da Oliveira, actualmente convento da Concepción ou das Encerradas. Este Burgo, absolutamente caótico tal e como aínda podemos percibir nas rúas actuais, orixinado pola fortificación de Ordoño II no século IX, fixaría á nova Tude que se quería refundar, ampliando a súas dimensións e procurando mellorar o seu parcelario cunha ordenación máis apta á configuración da cidade. Por isto, logo de tantos anos falando dun traslado ou nova ubicación da cidade de Tui, puidose afirmar e confirmar coa documentación e coa arqueoloxía que Tude sempre permaneceu no mesmo lugar, e non existíu algún tipo de mudanza en 1170 desde San Bartolameu a unha nova cidade. O burgo existía xunto da construcción da Catedral e probablemente da igrexa de Santa María da Oliveira, e incluso como suxire López Alsina, coa presenza dos Bispos e cóengos nesa mesma zona, na chamada Domus Episcopi ou pazo da Oliveira, e que fixa nunha data como 113823. Á proba disto, Fernando II só tiña que confirmar a progresión da cidade e dotala da suficiente coherencia humana e física como para defenderse desde a posición estratéxica que tiña adquirido desde que o río Miño pasa a ser liña dunha fronteira entre reis cristiáns. Resulta máis que sorprendente que na actualidade24 aínda existan individuos afirmando o contrario ou simplemente mantendo afirmacións realizadas hai douscentos anos, en base a suposicións erradas e en ausencia manifesta de probas documentais e arqueolóxicas. Tal e como resolve as cartas do monarca Fernando II, a cidade ampliaríase cara o río -desde a Catedral ás encontas que baixaban o outeiro- acadando un perímetro suficiente entón para fortificar e defender á nova poboación en claro crecemento. A argumentación do rei galaico-leonés na Carta Foral por el asinada, exporía con claridade o seus desexos por amplia-la cidade, e por mellorar a súa fortificación, polo que se deduce que aquel primitivo burgo arredor da nova catedral tiña xa muros e torres25, aínda que estos fosen insuficientes para conter á poboación que se extendía polos arredores, sendo os foros os encargados de preservar a toponimia que reflectía esta realidade física e social. Outro motivo argumentado polo rei para extender o núcleo habitado, era o da salubridade da cidade. Tal motivo sinala os inconvenientes que o burgo coas súas pequenas dimensións e ateigamento de casas no espazo reducido do cumio do outeiro non favorecía as condicións hixiénicas recomendables, nin sequera para os estándares medievais. A expansión da cidade facilitaría o trazado de novas rúas que mellorarían as condicións de luz e aireación, ademais da probable canalización das augas fecais con 23

López Alsina; op. cit. pax. 87. O libro Tui e Valença nos séculos XI a XV foi publicado no ano 2001, e no que fixaba estas teses, curiosamente algúns pseudo historiadores nin tiveron en conta as mesmas nin manifestaron construtivamente as súas hipóteses. Por isto, é de agradecer o interese prestado polo Catedrático de Historia Medieval e Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, D. Fernando López Alsina, ao traballo feito e ás teses propostas por mín. 25 As fortificacións de Tareixa de Portugal e a realizada por Afonso VII entre 1137 e 1142, ademais das que podamos descoñecer feitas por outros monarcas entre o século XI e o XII. 24

sumidoiros que se verían auxiliados pola forte pendente da cidade e a súa orientación cara o río. O proxecto de creación da nova cidade sobre as abas do outeiro, tiña como primeiro paso a merca dos terreos en cuestión, xa que uns pertencían a Bispo e Cabido e outros a un tal mestre Raimundo. Fernando II adquiriría ese terreos que comprendían o espazo entre a Catedral e o río, e que nesa época estaban chantados de viñas. Deste xeito, o rei podía tirarlle os dereitos xurisdiccionais sobre a nova cidade ao Bispo, para así desde o realengo, os cidadáns puidesen administrar e axustizar en nome do rei. Fernando II daba un paso importante, precisaba da fortaleza da nova cidade para defender a súa fronteira das pretensións portuguesas, e para fomentar a súa riqueza e poder concedía os terreos mercados e unha carta foral aos seus novos habitantes. Como non podía ser doutro xeito, o rei galego-leonés impoñía unha condición, absolutamente necesaria para que a nova cidade fose garante da integridade do seu reino: os homes e mulleres que habitasen este enclave estratéxico estarían obrigados a construir os muros, fosos, torres e casas da nova urbe. Esta nova aglomeración tería un novo nome, coa fin de desligarse da episcopal TUDE, o rei aportaría un nome poético: Bonaventura26. Era moi afeito Fernando II a dar novos nomes ás vilas e cidades por el refundadas como se pasou no caso de Noia, no que a chamaría Totum Bonum. Quizais esta liña exprese un carácter optimista por parte do rei galaico-leonés. Estamos perante un intercambio entre o rei galego-leonés e os habitantes de Tui; foros e un lugar a cambio da defensa da cidade. O que procuraba sen dúbida Fernando II era dotar á nova Bonaventura de altos muros e homes libres quen coa súa lealtade ao monarca puidesen defender a súa cidade. Os foros ou Carta Foral é unha mostra de tentativa igualitarista municipal de tal abranxemento que lle poderíamos chamar utópica a súa aplicación no mundo medieval. O contido dos foros podémolos dividir así27:  Plena propiedade das herdades puidendo chegar ata o encautamento.  Facultade de abrir novas plantacións en montes e ermos.  Liberdade de inmigración e trato igual a tódolos novos moradores, aínda que algúns sexan fidalgos.  Libre circulación dos seus mariñeiros e mercadores polo reino.  Exención de tributos reais e señoriais: portádego, décima dos viñedos, luctuosas, maniadego e especialmente das caloñas e demáis penalizacións.  Inmunidade fronte aos meiriños reais en especial respecto ás prendas por débedas.  Confirmación dos bos costumes que os cidadáns de antigo ou de novo tiñan. Este panorama legal ofrécenos unha idea clara do que pretendía Fernando II para Tui, unha cidade na que tódolos cidadás formasen para a defensa do reino e en troques da súa fidelidade unha ampla capacidade xestora e mercántil que faría á cidade atractiva en toda a rexión e propiciar así o seu crecemento. 26 27

Ávila y La Cueva erroneamente atribuía este nome ao barrio de San Bartolameu. García Oro, José; Galicia en los siglos XIV y XV, tomo II, pax. 123.

A actitude do rei, propiciaría o malestar do Bispo, xa que con esta operación restáballe unha parte importante do seu poder e ingresos. Fernando II procuraría compensarlle doando o couto e igrexa de Borreiros28 (Gondomar). En compensación pola compra dos terreos para face-la cidade outorgaríalle a vila de Oliveira, xunto a Sobroso, e faría couto da igrexa de Santa María de Vigo29. Pero estes xestos do monarca non serían suficientes para que o proxecto municipal tudense puidese seguir adiante. Descoñecemos a motivación exacta do rei Fernando para revogar a compra e os foros tudenses. Malia posuír varios documentos de Fernando II en ningún deles exprésase directamente o motivo do cambio, pois non podemos aceptar tan só a literalidade das palabras do propio rei 30 dicindo que “non se debe diminuir os dereitos das igrexas senón polo contrario acrecentalos”, senón e tamén un trasfondo máis sutil. A anulación dos foros de Bonaventura só podería ser explicada por presións da igrexa provocando unha posterior rebelión do pobo tudense contra o señorío eclesiástico, motivación apuntada por Galindo Romeo 31. Podemos intuir este desorde social nun documento asinado polo rei, o que fai referencia á devolución do collido polos seus portarios Martín Muñiz e Paio Martín 32. Entre os datos que se poden albiscar neste documento está a expresión “alonxado todo motivo”, o que nos sinala momentos tensos na relación da poboación tudense co bispo e incluso entre Fernando II e o propio bispo. Tamén, e na mesma liña, outra expresión diríxenos no mesmo camiño, “e esteades seguros que non seremos amigos destos que fixeron doutra maneira”. O rei suxírenos con isto unha rebelión en Tui reforzado polo mesmo sentido do documento, a restitución de todo o collido por Martín Muñiz e Paio Martín. A lóxica dictaríanos esta sucesión de feitos: apoio da Igrexa ás presións do bispo Xohán para que se lle devolvese o señorío da cidade. Con isto Fernando II anularía os foros concedidos a Bonaventura devolvéndolle o señorío ao bispo. Como consecuencia provocaría unha forte reacción en contra feita pola cidadanía tudense, posiblemente alimentada ou apoiada polo propio rei aparecendo en escena os seus portarios. Logo o rei restituiría o furtado por aqueles e reiteraría o señorío episcopal sobre a cidade na mesma liña que no documento de anulación. Como apoio disto temos o exemplo do acontecido uns anos antes noutra cidade episcopal galega. No ano 1159 o rei Fernando II anulaba os foros que outorgara á cidade de Lugo33. Estos foran concedidos na ausencia do bispo e baixo a presión da guerra da que se aproveitaron os lucenses para sacar os devanditos foros. Por suposto que no caso tudense Fernando II dispuxo de total liberdade para concede-los foros á cidade, sabendo o que facía. Pero podemos comprobar como ante as presións era relativamente fácil recuar nas decisións, sobre todo cando podían existir contraprestacións máis interesantes. Segundo isto que acabamos de apuntar a liña de acontecementos é moi estreita pois nun período dun mes o rei elimina ou afasta o señorío episcopal sobre a cidade outorgándolle unha carta foral con moitas franquicias, cede ás presións da igrexa e 28

Ver Apéndice Documental. Ver Apéndice Documental. 30 Ver Apéndice Documental. 31 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 42. 32 Ver Apéndice Documental. 33 Galindo Romeo, Pacual; op. cit. pax. 44. 29

devolve o señorío ao bispo anulando os foros, rebelión do pobo tudense, restitución das cousas collidas ao bispo durante a rebelión. Esta sería a primeira sublevación cidadá da que temos novas en Tui pero non será a última. Os autonomistas foros do rei Fernando alimentarán ao concello tudense para reivindicar contra o bispo a total autonomía municipal. Durante moitos anos só os reis casteláns-leoneses poderán arbitrar nas contendas entre bispos e concello tudense. Tranquilizaríase a cuestión municipal, aínda que o problema seguiría latente tal e como demostrarían as rebelións de anos posteriores. De momento, o novo bispo tudense, Beltrán, de orixe portuguesa34, debeu calmar a situación, aínda que semella máis posible que o devandito bispo estivera máis na corte co rei Fernando II que na súa diócese. Esta relación coa corte debeulle beneficiar en privilexios tal e como acontece no ano 1179 cando o rei lle concede o castelo de Sta. Helena -Val Miñor- a igrexa de San Xoán de Vilacova -Ribarteme- Bembibre e Beade, o realengo de Saxamonde e o mosteiro de Sta. María de Salceda35. O máis interesante do privilexio é a concesión de poder construír unha fortaleza perto das casas episcopais36. A ubicación da fortaleza, entre unha torre e a Domus Episcopi ofrécenos un lugar exacto, entre a Torre Vella e as casas episcopais, isto é, o lugar que logo a documentación sinalará como Torres do Bispo 37. Tamén a referencia que se fai ás casas episcopais da Oliveira é interesante, representaría a consolidación do poder episcopal reflectido na imaxe da nova fortaleza como residencia oficial na cidade. Fernando II outorgaría, para facer a devandita fortaleza e a catedral, un imposto especial sobre os grans -calquera clase- vendidos no mercado tudense. Esta doazón non sería tan desinteresada como parece, a salvación da súa alma, senón e tamén para agradecer os 1100 maravedís que o bispo tudense Beltrán ofrecera ao rei, probablemente para as súas campañas en Extremadura, o que afonda na relación cortesana do novo bispo. Os cercos de Sancho I No ano 1186 o rei Sancho de Portugal doaría á igrexa tudense San Salvador de Mahacedo, San Pedro de Gándara e San Nicolao de Cortos e o realengo entre o río Miño e o Castelo de Lañoso 38. Tamén por un documento independente 39 do anterior sabemos que “D. Sancho I deu á sé de Tuy sessenta maravedis que metessem en vinhas”. O por qué desta doazón é a de sempre, espiar a súa alma dos males 40 que causou á igrexa de Tui. O problema venos para fixar cando foi este sitio e violación da cidade. Para uns seica foi cando acompañou ao seu pai na campaña de 1169 e Sancho consta no privilexio de 1169 xunto co seu pai. Pero a doazón de 60 maravedís para chantar novas viñas -as preexistentes serían destruídas no sitio da cidade- fálanos máis dunha recente -arredor de 1186- expedición portuguesa á beira galega do Miño que dunha expiación 34

Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 170. Ver Apéndice Documental IX. 36 Actual zona do Convento das Monxas de Clausura, antes rúa da Oliveira. 37 López Alsina sinalará a ubicación entre as mesmas casas episcopais coa mesma Torre destacando a importancia da mesma e o ficar as casa episcopais ao abeiro desta protección “real”. 38 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. documento XV. O documento orixinal está moi deteriorado, polo que no que se refire ao realengo pode haber dúvidas. 39 Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 176. 40 No privilexio dinos “obsedi et violavi” é dicir, por sitiar e violar. 35

de culpas pasadas. Polo tanto neste tempo temos que situar unha entrada do rei Sancho contra Tui aínda que non apareza reflectida nas crónicas con exactitude. Para 119741 temos novas dun novo cerco sobre a cidade imposto por Sancho I o Povoador do que non temos moitas máis referencias. A toma da cidade nestas datas, debeu inspirar ao “divino” Camõens no seu Canto III, estrofa 89, da súa epopeia Universal Os Lusíadas cando narra as afoutezas do rei Sancho: E, se tantos troféus do Maometa/ Alevantando vai, também do forte/ Leonês não consente estar quieta/ A terra, usada aos casos de Mavorte,/ Até que na cerviz seu jugo meta/ Da soberba Tuí, que a mesma sorte/ Viu ter a muitas vilas suas vizinhas,/ Que, por armas, tu, Sancho, humildes tinhas.42 Neste tempo non só haberá doazóns reais, tamén as existen leigas. O exemplo o temos no ano 1192 cando un matrimonio nobre, Pedro Pelaes e Elvira Venegas, deron á igrexa tudense a igrexa de Burgo novo de Miñor máis 500 pixotas cada ano. Tamén dúas freiras de Santa Baia das Donas, co permiso da Abadesa, darían no ano 1199 a cuarta parte da vila de Rial e un casal en Mosende. Neste século consolidarase o poder episcopal tudense sobre gran parte da diócese gracias ás doazóns reais e leigas.

41 42

António Matos Reis; O Foral de Valença, 1996. pax. 23. Luis Vaz de Camõens; Os Lusíadas, canto III, estrofa 89.

SÉCULO XIII A LOITA POLA AUTONOMÍA MUNICIPAL O rei Afonso VIII43 ficaría por Tui en 1201 coa raíña Berenguela. Desde Tui expediría algúns privilexios ao mosteiro de Oia. O tempo que ficou por Tui o rei e a súa muller, fan sospeitar no nacemento na cidade do infante e futuro rei Fernando III (o Santo). No ano 1206 Afonso VIII fai doazón dos reguengos de Soutelo e Paramos. Deste xeito vaise configurando un espazo de señorío episcopal arredor da cidade e do proprio couto tudense. A contenda de 1211 No ano 1211 retornarían os preitos xurisdiccionais a Tui. Os cidadáns descontentos co señorío episcopal rebelaríanse contra do bispo Sueiro, negándose a pagar os seus foros e dereitos44. A tensa situación terala que arbitrar o rei Afonso VIII. O problema do rei foi grande porque as dúbidas en tema tan espiñento eran moitas. Mentres o bispo e cóengos lles mostraban as súas cartas reais e privilexios, os cidadáns tamén amosaban os seus foros polo que “non atopou neles ningunha satisfacción e ningunha certeza”. Tería o monarca que deliberar cos seus magnates e vasalos, polo que para non perxudicar o poboamento da cidade, dictaría unha serie de dereitos e privilexios para os seus habitantes como que calquera que viñera a Tui tivese total seguridade para vir e marchar, permanecendo o tempo que sexa, vendendo e comprando, pero pagando o portádego ao bispo e á igrexa. Concedería ao bispo as caloñas -multas- e o relego e o detallo45, o bispo sería o único señor nos seus coutos e herdanzas non puidendo inmiscuirse outro señor ou amo nestas propiedades sen o seu permiso. Finalmente para que non houbera dúbidas posteriores, o rei Afonso mandaría queimar os foros presentados polos cidadáns e polo bispo. Todas estas disposicións facían continuar o señorío episcopal sobre a cidade, polo que non deberon ficar moi contentos os tudenses. Quizais o mellor foi a disposición de protección de mercadores e libre circulación de mercadorías, ademáis de non deixar pechado a cuestión señorial, xa que o bispo era o señor nos seus coutos e terras, pero que acontecía en Tui? E se a cidade puidese ser reguenga? Está claro que Afonso VIII non quiso entrar en confrontamento coa Igrexa tudense, aínda que a queima dos doumentos municipais e eclesiásticos revelan un incómodo status quo. Pero conformarse coa arbitraxe real non sería o camiño do concello tudense. Seguirían reivindicando autonomía municipal e o total cumprimento dos foros de Fernando II. Nos anos seguintes seguirán desafiando o poder episcopal sobre a cidade. 43

Designo a este rei galego-leonés co númeral VIII e non o IX da historiografía clásica porque as contas saen claras. Afonso (1188-1230) foi o oitavo rei con ese nome que gobernou sobre o reino de GaliciaLeón. É inaceptable meter na conta ao castelán Afonso VIII (1158-1214) pois ademais de contemporáneo do galegoo-leonés só gobernou sobre Castela. O por qué desta intencionada conta ten un sentido rancio da historia, ofrecendo algo unificado cando en realidade non o estaba, senón que ofrecía un panorama de reinos cuns costumes e lexislación diferentes. Que se siga a liña dos reis casteláns só é unha mostra do casteláncentrismo dos historiadores “clásicos”. Claro está que os historiadores modernos seguen esta numeración por comodidade e para non crear confusións. 44 Ver Apéndice Documental X. 45 É o monopolio de venta en determinados días do ano.

Sendo bispo de Tui Estebo Egea (1217-1239) o rei portugués Afonso II no ano 1218 lle concederá o privilexio das décimas reais no territorio portugués (Entre-Minhoe-Lima) do bispado tudense. Este sustancioso privilexio provocaría sen dúbida un espectacular medre dos recursos económicos do bispo e cabido tudense, o que puido servir para dar o definitivo pulo ás obras da catedral, que sería consagrada poucos anos máis tarde -tradicionalmente en 1224-1225-. Á consagración puido estar o proprio rei galaico-leonés Afonso VIII, xa que foi un gran protector da igrexa tudense. O Corpo Santo Durante o episcopado de Lucas, famoso cronista máis coñecido como Lucas de Tui, morrería frei Pedro González. No ano 1246 anunciando a súa propria morte regresa a Tui, e aquí morre nunha humilde casa, logo aproveitada como oratorio e cripta da súa Capela. O labor apostólico de frei Pedro foi intenso na diócese tudense, pero para nos resulta extremamente interesante o seu traballo como “facedor de pontes”. Acéptase xeralmente este labor de “San Telmo”, iniciativa que resultaría absolutamente necesaria para a activación comercial no bispado tudense mellorando as comunicacións entre os diferentes núcleos de poboación que compoñían o territorio e dando saída cara Tui ou Baiona dos excedentes agrarios comercializables, o que supuña unha mellora sustancial no nivel de vida labrego do século XIII. Curiosamente na súa época, dataranse moitas pontes na rexión tudense, non sabemos se acción directa do dominico, o efecto da expansión comercial e agrícola que favorecerá todo o bispado tudense. A rebelión do Concello: Fernando III reinstaura os foros municipais de 1170 Lucas soubo aprezar as virtudes que adornaban a frei Pedro pero non quixo entender as forzas que se movían na procura da autonomía municipal, e ese erro daríalle serios disgustos. Nunha data indeterminada entre 1248 e 1249 o concello tudense voltaría a se rebelar contra bispo e cóengos, pero desta vez a revolta será máis violenta 46. O Concello entraría con armas na igrexa, pecharían ao bispo e cóengos tra-lo altar, verquerían as lámpadas -sacrilexio- insultarían, e outras cousas ofrecidas na documentación conservada como malas e desaguisadas47. A gravidade do asunto era extrema. O bispo levou o caso ata o rei, Fernando III o Santo. Este dividiría o preito entre a cuestión dos males causados ao prelado e cóengos e logo sobre a cuestión do señorío da cidade, principal motivo do Concello. En 1250 daríase sentencia ao caso, pero xa falecido o bispo Lucas, sería o seu sucesor Gil de Cerveira, quen velaría polos intereses da igrexa tudense. Foron chamadas tódalas partes á Corte. O Bispo Gil, o arcediago Fernán Eans e o cóengo Arias Paes polo cabido tudense. O Concello ficaría representado por Martín Fernandes Boguero, xustiza da cidade. O rei presentara o caso ao xustiza de León e ao de Astorga para que pescudaran o asunto. As pescudas feitas serían ensinadas a varios bispos; Palencia e Segovia, e ao 46

Descoñecemos se nas anteriores revoltas, 1170, 1211, houbo violencias. Para a de 1170 podemos intuir que si, pero para a de 1211 non cabe esta posibilidade. De tódolos xeitos a de 1250 permítenos coñecer como eran estos ataques contra a xerarquía eclesiástica. 47 Ver Apéndice Documental XI.

Arcebispo de Santiago. Pediría o rei Fernando consello ao seu fillo Afonso, ao Arcebispo, bispos e rico-homes que estaban na Corte. A sentencia ficaría nunha multa de mil maravedís que tería que pagar o Concello de Tui. Ademais os principais dirixentes da revolta, Pedro Menendes xustiza, Fernando Soares e Pedro Pombo terían que ir nun día de festa xeral en panos de liño, descalzos, e con sendas sogas ao pescozo á Catedral, lugar onde fixeron os males, e diante do altar maior, que o bispo lles dese penitencia. Visto o caso a sentencia non foi moi grave, pero o rei argumentará precisamente sobre esta levedade da sentencia, porque entendía que tanto Bispo como Cabido tiñan provocado a acción desproporcionada do Concello con cousas malas e desaguisadas que por desgraza non precisa. Con isto fica medianamente clarexado o asunto. A revolta do Concello é producto dun directo abuso de poder do Bispo e Cabido. A outra parte da contenda, referida sobre o señorío da cidade, e que debatía desde longo tempo ao Concello e Igrexa tudense, a resolverá o rei con grandes doses de prudencia. O Concello presentara perante o rei os foros concedidos en tempos de Fernando II. Pero como o estado do pergamiño era moi sospeitoso; interlineado, enmendado, a dúas mans, o rei entendería loxicamente que o seu valor era reducido. Chegaría o turno ao Bispo que presentaría tódolos seus privilexios; o de Afonso VII (o Emperador), Fernando II e Afonso VIII. Todos falaban de grandes mercedes e franquezas, e sobre todo do señorío sobre a cidade. Pero a modo de golpe de efecto, o Concello, representado aqui polo xustiza Martín Fernandes Boguero, presentaría unha Carta de Afonso VIII48 onde mandaba a homes sinalados da cidade que fixesen xustiza, sobre todo para defenderse dos abusos de nobres e poderosos. O poder que outorgaba o rei Afonso ao Concello era o de prender, recaudar e facer xustiza na cidade, e polo tanto sen intervención episcopal polo medio. Fernando III recoñecería aquí que o Concello tiña razón na contenda e podía facer xustiza, sen necesidade de quitar o poder episcopal sobre a cidade pero ficando de facto un concello con ampla autonomía. O rei espurgaría entre os privilexios e cartas que debían ser válidas ou non, decidindo finalmente reinstaurar os Foros de Fernando II. Engadiríalle a advertencia ao bispo tudense que senón gardase os foros e dereitos ou a xustiza da cidade, podería chegar a perder o seu señorío sobre a mesma. Ademais incluiría o conflicto do relego e o detallo 49, concedido en 1211 por Afonso VIII. O detallo ficaría limitado a oito días na Feira de Pascoa e outros oito días na Feira de Santa María de Agosto, o bispo só podería aplicar o detallo en panos. O relego, aquel no que o bispo vendía viño en exclusividade, sería do día de San Xoán Baptista de Xuño ata quince días, vendendo o viño por un diñeiro á cuarta que se vendía o máis caro ao tempo que comezaba o relego. Ninguén podería vender viño neste tempo máis que o bispo. Pero era posible vendelo cando viñan, nese mesmo tempo de relego, barcos foráneos a mercar viño. 48

Descoñecemos cal será esta carta de Afonso VIII, probablemente por beneficiar ao Concello só este a gardase, polo que non chegou ata nos. 49 Relego é o dereito de vender privativamente o viño en meses maiores. Detallo é poder vender por menor. Henrique Flórez, op. cit. pax. 300.

Como resumo do exposto anteriormente e seguindo a García Oro50, poderíamos afirmar:  Que a igrexa tudense non podía pretender un señorío total, incluidos os monopolios económicos, de tal xeito que o Rei xulgaba que tanto bispo como cabido fixeran cousas malas e desaguisadas, se ben eran eles mesmos os que sufriran a pior parte, ou sexa o reaxir violento dos tudenses.  Que o estatuto de Fernando II establecía unha normativa municipal sen necesidade de entrar no tema do señorío51, o que resultaba fixado polos numerosos privilexios ensinados pola igrexa.  Que determinadas prácticas do concello como as de coñecer directamente en causas de xustiza e en sancións de malfeitores enténdense como supletorio e non en exclusiva, sendo polo tanto compatibles co señorío episcopal.  Que excepcionalmente a xustiza real actuará en Tui, sempre que o bispo non fixera ben pola cidade, advertindo coa perda do señorío para o caso que a Igrexa pretenda impedir a intervención real con recursos do dereito canónico.  Que a igrexa ficase asegurada no seu dereito preferencial de vender en exclusiva os seus panos durante os oitos días das feiras de Pascoa e santa María de Agosto; e os seus viños durante os quince días seguintes a San Xoán. Con todo isto vemos como Tui disporía dun estatuto municipal, como dí Garcia Oro, máis claro e preciso que noutras cidades episcopais. Tui ademáis das tradicións e costumes contará cun texto escrito que preverá o funcionamento autónomo da cidade. Pero no futuro descoñecemos se parte do vello foro de Fernando II sería mudado dalgún xeito xa que, como veremos, algúns dos seus privilexios fiscais non se cumprirán no século XV, polo que temos que pensar en cambios aportados polos reis castelánsleoneses a petición dos bispos, ou a un costume introducido polo señorío episcopal e a propia muda dos tempos. Chegada dos Dominicos a Tui: un preito relixioso A expansión da predicación dos frades dominicos e os seus “progresos espirituais” fixeron ver ao Concello que a súa vinda á cidade era necesaria e beneficiosa para a comunidade cristiá de Tui. Asi que baixo esta perspectiva, o Concello tudense no ano 1272, chamou aos frades deixándolles un lugar para a fundación do convento 52. O lugar53 que lles 50

García Oro, José; op. cit. pp. 124-125. Non é certo o que dí García Oro que o foro de 1170 non falaba do señorío, xa que este non ficaba implícito pero sí explícito no contexto no que foi dado, a saber a retirada da posesión episcopal sobre Tui para construír a nova cidade de Bonaventura. Fernando III vivíu lonxe do contexto histórico no que foi dado o foro tudense polo que na súa lectura non se apreciaban indicios de señorío, e polo tanto a súa aplicación foi válida para o rei Santo, sen dúbida unha gran victoria para o Concello e polo tanto alonxada da interpretación sesgada que fai tanto Ávila y La Cueva como Henrique Flórez. 52 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pp. 149-150. 53 Por tradición errónea veñen poñéndoo tanto Henrique Flórez como Ávila y La Cueva no lugar da actual capela da Misericordia, onde existía unha capela na idade media adicada a San Martiño. 51

escollerán, unha pequena propiedade do Concello ou dun cidadán, sería extramuros 54, a a par da corredoyra55, onde se cruzaban varios camiños, o que ía a Ríomuíños, a San Xiao dos Gafos e a cidade -a través da Porta da Pía e da Porta Vergán- pero dentro da parroquia de Tui -Catedral- tal e como revela o traslado de 1328. Pero esta chegada dos dominicos a Tui atopouse coa oposición frontal do Bispo Gil de Cerveira e do Cabido, xa que veían na orde mendicante un serio inimigo no control das almas tudenses, restando influencia e poder, todo isto en teoría e dentro do medo que lle entra a aquel que ve chegar nova competencia, sobre todo aquela que practica unha nova linguaxe e novos métodos. A contenda chega a tal extremo que non sabemos se a igrexa tudense oponse aos frades por ser chamados polo Concello ou pola propia competencia que representaban os frades na parroquia tudense. O Concello no asunto puido ter dobre intención, xa que a autonomía municipal seguía a ser unha aspiración -o Bispo seguía sendo dono da cidade- e polo tanto a tentación de fender o monopolio relixioso de Bispo e Cabido sobre a cidade era irresistible. A oposición contra os dominicos tivo como efecto que a Orde relixiosa pedise valimento ao Papa Gregorio X. Este nomearía como xuices aos Arcediagos de Castela (Santiago), de Limia (Ourense) e ao cóengo Estebo Xohán, para que sentenciasen na causa, facendoo a favor dos relixiosos de San Domingos. A bula papal chegaría despois de setembro de 1273, pola que continuarían a fundación do convento na cidade tudense. No lugar estiveron ata 1330. Logo de abandonalo -pasarían ao lugar actual- esta primitiva ubicación denominaríase San Domingos o Vello e sería o punto importante nalgunhas procesións capitulares aínda no século XIV, ata que o percorrido se adapte e se escolla o Hospital dos Gafos como referencia. No episcopado do Bispo Fernando Arias, quen recollería varios privilexios tanto de Afonso X como de Dinís de Portugal, confirmaríanse polo rei Sabio os foros da cidade. Nese ano de 1279, Afonso X ademais de ratificar o outorgado polo seu pai -Fernando III- tamén facía mención duns foros por el dados56, pero hoxe descoñecidos para nos. Uns anos antes, 1274, Afonso X reclamaba ao Concello que cumprisen a promesa de darlle “oganno el servicio de dos annos bien e complidamente... que aviemos mucho mester pora fecho del imperio”57. Isto danos a entender que a cidade gozaba dunha cómoda autonomía municipal, cousa que non puido rachar o bispo Fernando Arias na confirmación de privilexios de

54

Era unha regla non escrita que se aplicou nas cidades galegas, para non inmiscuirse na xurisdicción parroquial da cidade. 55 Ubicación que revela a documentación catedralicia; Protocolos Nuno Gonçalves 1367-1390, fol. 53V, ano 16-10-1379, e fol. 59, ano 4-04-1381: “ordinarom que a proçisom et chamom que de custume suyam de faser hu esteve o mosteiro de sam domingo o vello a par da corredoyra por la sesta feira dante Ramos”. 56 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pp. 41-42. “Valla asi como valio en tiempo del Rey Dom Alfonso nuestro Avuelo e del Rey Dom Ferrando nuestro Padre, e en el nuestro fasta aqui, salvo ende en aquellas cosas que pertenesçen al Señorío de la Villa de Tuy, que mandamos que sean guardadas assi commo dize en los Privilegios del Rey Don Ferrando nuestro Padre, e en los nuestros, que fueron dados en esta sazon”, todo o cal debeu outorgar uns foros á cidade favorecedores da autonomía municipal. 57 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 47. O de “imperio” foi pola pretensión do rei Afonso de subir ao trono do Imperio Xermánico, para o que se precisaban grandes sumas de diñeiro, aínda que fracasou na empresa.

1282 malia de favorecer58 a Sancho IV. Este, quizais por gañarse a uns e aos outros, non ía mudar o status quo no que estaba as relacións Concello-Igrexa tudense. O Preito das Chaves: o concello desafía o Señorío episcopal Un novo prelado ascendía á cadeira episcopal tudense no ano 1286, Xoán Fernandes de Soutomaior. Tiña este un carácter máis cortesán, só nos últimos anos da súa prelatura estaría en Tui, algo que o Concello aproveitaría para introducir a espita da autonomía municipal. A ausencia do bispo e a súa recente elección propiciarían unha situación curiosa que revela as intencións do Concello na defensa e ampliación da súa autonomía. O conflicto debeu xestarse59 na Pascoa do ano 1286, cando na renovación dos cargos municipais. O rei Sancho decidiría nomear a dous xustizas 60, Oeiro e Xohán de Moreira, que gardasen as chaves ata a Pascoa seguinte, xa que logo, o bispo Xoán tiña que acompañar61 ao rei ata Santiago. Os problemas chegan cando na Pascoa do ano 1287, Oeiro e Xohán de Moreira néganse a dar as chaves ao deán e cabido. Ficaba a cidade legalmente sen xustizas, non dando o Concello os cobros 62 ao bispo e cabido. O desafío de Oeiro e Xohán de Moreira máis que de violencia ou rebelión era de forzar a legalidade, aínda que con argumentos demasiado revirados aproveitando a ausencia do bispo. Os escenarios do preito foron as casas episcopais, entre o coro e altar maior da Catedral, e o Portal Novo. Cada un dos escenarios foron usados a medida que o preito ía desenvolvéndose nese turbio mes de abril de 1287. A principal razón argumentada por Oeiro e Xohán de Moreira para non entregar as chaves da cidade, ademáis da ausencia do bispo, era que non aceptaban as razóns do Deán da teoría do vigairo, contrargumentando que non era vigairo do bispo Xohán Soáriz senón que o era Xohán Pérez de Santiago. Logo a argumentación do concello transformouse en que o vigairo Xohán Soáriz non era vigairo xeral nen especial sen o outro vigairo Xohán Perez, é dicir tiñan que estar os dous vigairos presentes para que devolvesen as chaves, pero o cabido contestou que cada un era vigairo sen necesidade do outro, ademáis que Xohán Perez fórase desamparando a vigaría polo que xa non tiña validez ficando en Xohán Soáriz todo de feito e de dereito63. Insistían Oeiro e Xohán de Moreira, eles recibiron as chaves de mans do bispo e do deán, polo tanto, ata que non estivese presente o bispo non devolverían as chaves. Isto malia que o prazo de posesión das chaves remataba na Pascoa, sobre todo para renovar os cargos públicos.

58

Isto é que apoiara ao infante contra do seu pai Alfonso X. Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 48. 60 O que pón en evidencia esa parte reguenga que tiña Tui, porque non se producen os consabidos cobros nos que o bispo escollía os nomes propostos polo Concello, senón en elección directa polo rei e deixan nas súas mans a salvagarda da cidade sen ter en conta ao Cabido, tamén competente en cuestións de señorío e dereitos xurisdiccionais. 61 O Bispo Xoán Fernandes de Soutomaior chegou a exercer como notario do rei, polo tanto podémolo confirmar como unha personaxe de grande influencia na corte. 62 O concello ofrecía varias persoas para que foran escollidas polo bispo-cabido. 63 Arquivo Catedral; Pergamiños 14/42. 59

A contenda continuaba na mesma liña argumentativa, moi escrupulosamente legalista para o concello. Os dous vigairos tiñan que estar presentes e con carta do bispo ordenándoo. Para o deán Xohán Gomes e o vigairo e mestrescola Xohán Soáriz, o importante era gardar a cidade e nomear novos xustizas, polo que ordenaban pregoar e facer concello. Pero negaríase este ata que os xustizas non entregasen as chaves. Seguían Oeiro e Xohán de Moreira poñendo excusas e razóns máis estudadas. Aínda que o asunto ficaba no ar, no Portal Novo 64 tomouse fe notarial, rematando o preito quizais coa propria entrega das chaves. Como di Pascual Galindo65 non deixa de ser curioso que o que máis temía Fernando III, que o bispo reclamase ante Roma, o fixera en realidade o Concello que chegaba a ameazabar con apelar á igrexa de Braga ou a de Roma. Foi un desafío ao señorío episcopal, aproveitando as circunstancias, con argumentacións de leguleio pero cun claro obxetivo: devezar a ampliación da autonomía municipal, pero en lugar de se rebelar para a reclamar, xa con certas prerrogativas municipais satisfeitas en tempos de Fernando III, o certo e que agora a arma vai ser a lei, non sabemos se só sería para amolar ao señorío eclesiástico ou con outros obxetivos a máis longo prazo. O que provocaría este conflito sería a ausencia do bispo, Xoán Fernandes de Soutomaior. Home que ficara viúvo, desde ese momento escomezaría a súa carreira eclesiástica, chegando a bispo quizais pola súa influencia, xa que de seguido foi nomeado notario real en Andalucía acompañando ao rei Sancho IV. Este labor do bispo tudense fixo que o goberno da cidade ficase en mans de vigairos e do cabido polo que non é extraño a aparición de este tipo de conflictos. Na morte do rei Sancho IV, e na sucesión do seu fillo Fernando IV, o bispo sería nomeado Chanceler da Raíña, xa que á minoridade de Fernando ficara este baixo a tutela da súa nai, María de Molina. Neses postos de responsabilidade, Xoán acadaría sustanciosos privilexios para a Sé tudense: a falcultade de poñer xuíces nos coutos de Salceda e Vilaza; confirmación de privilexios, como o de non intromisión, nen impedimento das eleccións que facían os eclesiásticos, nen tampouco tomasen os seus bens, nen puidesen prender aos cregos66. Tamén lle confirmaría Fernando IV no ano 1295 o castelo de Santella: “Sepan… Commo yo don Ferrando… Por que me dixieron que el castiello que llaman de Santella que es en tierra de Toronno esta yermo e que es cayda una partida del e que es lugar fuerte e que esta en la frontera de Portugal e que si algunos ommes malffechores se acogiesen a el que odrian del faser grant danno en la tierra e que serie grant mio deserviçio. Et por quanto vos don Johan obispo de Tuy… me mostrastes privillegio del Emperador que aquel castiello fue de la iglesia de Tuy. Por fazer bien e merçed a vos e a la iglesia de Tuy e por mucho serviçio que fiziestes al muy noble Rey don Sancho mi padre que Dios perdone e fazedes a mi e a la Reyna mi madre…… do a vos don Johan obispo sobredicho e a vuestros suscessores el castiello sobredicho de Santella en Çamaes e con toda la otra tierra e con todos los lugares que pertenescen a este castiello. Et que podades poner vuestro merino e vuestro juez en Çamaes e en la

64

É o Pórtico da Catedral construído por eses anos como continuación da Portada escultórica. Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 49. 66 Henrique Flórez; op. cit. tomo, XXII, pax. 157. 65

otra tierra e en los lugares…segunt que los ponedes en la otra tierra e en los cotos e en los lugares de vuestra iglesia…”67 O máis importante privilexio era sen dúbida un expedido en tempos de Sancho IV e confirmado polo seu fillo -con mediación da nai- no ano 1296. Nel o bispo tudense podería percibir a metade de todalas moedas, servizos e peitos68 que os reis tomaban dos homes e vasalos da igrexa tudense. No ano 1297 sería tamén premiado o bispo tudense coas igrexas de Rebordechán, Morgadáns e Ramallosa.

67 68

Pascual Galindo; op. cit. doc. XXII. Todos son tributos especiais.

SÉCULO XIV OS CATRO XINETES; FAME, PESTE, GUERRA E MORTE No século XIV continuará a memoria do primeiro bispo Soutomaior quen vivirá ata o ano 1323. Os problemas para o seu bispado, aparte os conflictos co concello, comezarían no ano 1301, ou máis correctamente un chisco antes, xa que logo esta data é a de recoñecemento das culpas por parte do Pertigueiro Maior de Santiago, Fernando Ruiz de Castro quen fixera moitos danos, roubos e inxurias contra o bispo Xoán e a súa igrexa. Por estas sen razóns doaría todo canto tiña no seu couto de Caldelas co padroado da igrexa de San Martiño69. Estes danos contra bispo e igrexa tudense enmárcanse dentro dos conflitos da fronteira, xa que logo, Fernando de Castro era factor do rei Dinís. Este entraría en guerra con Castela no ano 1296, polo que dentro da guerra debeu entrar en xogo as influencias nos territorios fronteirizos xa que o bispo Xoán Fernandes de Soutomaior tiña o favor de Fernando IV de Castela. Polo tanto nunha complicada trama de guerra fronteiriza e de esixencias señoriais70 queda fixado o movemento de Fernando de Castro, que non será o último desta familia feito en Tui. O preito dos notarios Como é natural Xoán Fernandes gobernaba sobre un territorio episcopal dividido entre dous reinos. O bispo tudense disporía que os cregos da parte portuguesa da diócese non fixeran escrituras de instrumentos públicos senón e somentes por medio dos notarios de Tui. Esta medida era extremamente gravosa para os eclesiásticos da outra beira. Non aproveitaron os cregos portugueses a súa representación no tribunal do prelado71 decidindo acudir directamente ao rei Dinís que os valeu expedindo un Real Decreto o 1 de decembro de 1307. No devandito escrito ordenaba que non se puidesen outorgar instrumentos ante aqueles notarios, e os que asi fosen escritos serían nulos. Esta contenda duraría pouco ao se establecer unha avinza entre bispo e os veciños de Valença sobre os bens pertencentes ao bispo en Portugal, sendo confirmada polo rei Dinís o 28 de decembro de 1307. Outro acordo estableceuse entre o Bispo tudense e o rei portugués no que permutarían varias igrexas. O bispo cedeu os padroados de Santa María de Monção e de Castro Laboreiro; o rei daría a Xoán os de Viana, Santa Cristina de Meadela, San Martiño de Moimenta de Valdevez, da igrexa de Lara, hermida da Pena da Raíña, e a metade dos padroados de Parada de Valdevez, Santa María de Moreira, San Xoán da Portela, San Xoán de Silva, Santa Cristina de Mentrestido, e San Verísimo de Lucio, todo con data do 1 de xaneiro de 130872.

69

Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 159. García Oro, José; op. cit. tomo I, pax. 62. 71 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 159. As mesmas palabras en Ávila y La Cueva, tomo III, pp. 256-257. 72 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pp. 159-160. Copia en Ávila y La Cueva, tomo III, pax. 257. 70

Este acordo entre o bispo e o rei Dinís foi beneficioso para ambo-los dous xa que logo o rei reforzaba a fronteira do seu reino e o bispo acrecentaba a riqueza da súa igrexa73. En 1321 produciríase a doazón, desta vez definitiva, do couto de Caldelas, polo fillo daquel Fernando Ruíz de Castro que fixera entrega do mesmo couto polos males causados ao bispo e igrexa tudense. Pedro Fernandes de Castro, chamado pola historia Don Pedro da Guerra, dentro do entramado de ambicións señoriais da época, tal e como fixera o seu pai, e no que Tui como lugar de fronteira ocupaba un lugar privilexiado e polo tanto vital para as tácticas destes señores da guerra, expiaría as súas culpas polos “males e danos que eu fiz ao dito bispo et a iglesia de Tuy enos seus coutos de Pesegueiro et de Maloes et nos outros logares”74. Como dí Pascual Galindo75 este caso ten un interese especial, xa que a doazón do couto de Caldelas faise primeiro pola renuncia da nai de Pedro, Dona Violante. Violante viña sendo filla natural de Sancho IV rei de Castela, e María Alfonso. O couto de Caldelas foi entón doazón de Sancho IV a súa filla para ser levado en arras no seu casamento con Fernando Ruíz de Castro. Tamén estas violencias cometidas por Pedro van na liña das do seu pai, xa que logo, o complexo panorama das fidelidades fronteirizas facían que Tui fose albo dos señores dun ou doutro bando. O falecemento do bispo Soutomaior no ano 1323, quen sería soterrado no centro do coro catedralicio, traería consigo unha sucesión de bispos sen raigame, afectos á corte papal de Avignon, e sen aporte positivo algún para Tui e a súa diócese, xa que gobernaron desde a distancia con procuradores e vigairos. Tan pronto houbo coñecemento da sé vagante, o Papa Xoán XXII nomearía a Bernardo Guido, francés, tomando posesión no seu nome un irmán seu, o 13 de febreiro de 1324. O traslado deste dominico a unha sé francesa, na Narbonense, o 20 de xullo do mesmo ano, permitiría outro nomeamento papal de cara a satisfacer favores e alianzas. O 13 de agosto de 1324, o Papa nomearía a outro dominico 76 como bispo de Tui. Frei Simón sería trasladado da diócese de Badajoz, na que estaba, a esta de Tui, pero como o seu antecesor sen pasar pola súa nova sé. Tería como procuradores e vigairos xerais a uns familiares seus, Celestino de Verona e Menendo García, para os que xa tiña reservado cartas de presentación o 18 de agosto. Tradicionalmente non se ten destacado nada nestes episcopados, rutinarios, pero a existencia no Arquivo Catedralicio Tudense, nos protocolos de Fernán Eans de varios escritos e toma de posesión deste bispo, alimentan a sospeita de que a súa toma de posesión non chegou a ser nin tranquila nin pacífica. Debemos notar, que sería lóxico que un órgano colexiado como o Cabido, que propoñía tradicionalmente ao bispo, non estivese dacordo ou non recoñecese ao bispo designado desde Avignon, por mor de ter o Cabido feito a súa escolla. 73

Pascual Galindo, pax. 81, pon en dúbida a data de tal acordo xa que logo, nun documento de 1320 as ditas igrexas de Monção e Castro Laboreiro seguían sendo da diócese tudense. O que descoñecemos é se apreciación de Pascual Galindo faise sobre o territorio do bispado onde loxicamente continuaban estando os dous devanditos lugares ou fai referencia á propiedade das ditas igrexas. 74 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 80. 75 Ibidem. 76 Sabemos que era da Orde de San Domingos por aparecer así nos Protocolos de Fernán Eans (1323) en carta do Papa Xoán o 13 de agosto de 1324.

Estos enfrontamentos eran habituais aínda no século XIV, cando o Cabido aínda posuía esa capacidade de elección77, polo que podemos rastrexar un conflicto deste tipo na toma de posesión de frei Simón, xa que esta se tiña feito en agosto, e ata finais de outubro dese mesmo ano non se puido verificar. Pero un dato, quizais máis sorprendente, empúrranos a concretar que dentro desta rebeldía para co novo bispo foráneo puidera estar o propio Concello, non sen tentar por outra banda reemprender as súas arelas autonomistas. Contamos cunha carta do rei Afonso XI78, “a los conceios et a los juyçes et justiças de la cibdat et del obispado de Tuy”, no que a petición do Papa Xoán ordena o acatamento e o coidado da integridade dos dereitos e privilexios do novo bispo. Resulta sorprendente esta carta do rei, xa que non existen en Tui antecedentes deste tipo de intervención para a salvagarda dos dereitos episcopais, e só podería ser explicado cunha reacción do Concello negando e impedindo eses dereitos de señorío, tanto no que respecta á parte económica como no tocante á xurisdiccional. Os vigairos xerais nomeados polo novo bispo frei Simón, deberon atoparse con serios obstáculos para tomar posesión de todo aquilo no que o bispo tivese competencias, entre agosto e setembro dese ano de 1324. A cuestión debía ser o suficientemente seria para que frei Simón pedise a intervención do Papa e este solicitase do rei Afonso XI mediase nos seus súbditos para que non pusesen obstáculos. Claro está que o monarca tampouco se esmeraba gran cousa, xa que advirte ao Concello para que garantizasen os foros e dereitos episcopais pero “gardando o meu servizo e o meu señorío”, isto é protexendo as posibles competencias reais ou incluso en todo aquilo que o Concello puidera argumentar como parte do reguengo ou señorío real. A resistencia debeu ser vencida polo tanto nese mes de outubro, xa que comprobamos como o Cabido acepta as cartas que presentan Celestino de Verona e Menendo García e toman posesión do bispado en nome de frei Simón o 29 de outubro de 1324. Este episodio o podemos inscribir dentro dos constantes pulsos que o Concello mantiña con señorío episcopal, aproveitando eses intres de sé vagante, para estirar a súa independencia, quizáis con obxetivos máis económicos que forais, tal como sucedera en 1286 e voltará a suceder en 1393, e que aproveitando as numerosas sé vagantes do século XIV e ausencia de moitos bispos puideron protagonizar episodios semellantes, pero descoñecidos ao ficar muda a documentación. O traslado dos Dominicos No ano 1328, intentarase zanxar a polémica que en 1272 naceu coa instalación dun convento dominico na cidade de Tui. Os frades dominicos decidirán trasladar o seu convento, primeiro polo confronto e preitos que se sucedían por ficar o cenobio mendicante dentro dos límites da parroquia da Catedral. En segundo lugar quedaba tamén o desexo de amplialo convento e dotalo dunha igrexa con maior capacidade de cara a cumprir os obxetivos da orde, predicacións e confesións. O lugar escollido non debeu ser ao azar e incluso puido ser aceptado polo propio bispo e cabido previamente xa que no acordo asinado entre as partes menciónase a nova 77

Capacidade que desaparecerá definitivamente no século XIV, aínda con alguna elección episcopal por parte do cabido, pero asumindo as prerrogativas de reis e papas. 78 Protocolo Fernán Eans; outubro 1324: “ ...sepades que el Papa nos enbio deçir por su carta que el tovo por bien de proveer dese obispado a dom frey Simon obispo que fue de Badaioz et embiome roga que reçebiesse en my guarda et en mi acomyenda et quelle feçiese rrecudir de todos los sus fueros et derechos... nin outro mal ninguno nin los tome ninguna cosa delo suyo sim raçon et sim derecho et queles fagades reçibir buena mente en la cibdat de Tuy guardando mio serviçio et mio sseñorio...”

ubicación, resultado da idoneidade do emprazamento, non só polas dimensións senón por ficar fóra da parroquia da Catedral. Os dominicos xa tiñan apalabrado un terreo xunto a igrexa de San Xoán de Porto, que era unha vella freguesia baixo a dirección do mestrescola capitular. Este sería xa un punto esencial para escomezar a solucionar os conflictos que debatían entre dominicos e bispo e cabido, evitando o roce pola parroquia como acontecía na vella ubicación. Os acordos de 1328, comezaron cos nomeamentos oportunos de procuradores, o 5 de marzo para os representantes do Bispo e Cabido, e o 9 do mesmo mes para os dominicos tudenses. O nove de maio, na Roche Forte, fortaleza do arcebispo de Compostela, asinaríanse os acordos entre as partes, recortando o bispo moitas das posibilidades de ingresos que os freires dominicos tiñan, tanto coas predicacións, confesións ou enterros. O contrato do acordo tocaba singularmente as posibilidades edificatorias dos dominicos. Hai que matizar que neste apartado tampouco eran excesivamente estricto o bispo, xa que como afirman “... primeiramente que as cosas que esses frades facerem et a yglesia et claustras que as façam segunda seu custume da sua ordem en aquel logar quelle for asignado et non en outro...”, mantendo un restricción lóxica “…Et que façam essas casas et a yglesia et claustra sem fortalleza nem huma de maneira que as casas non seiam mays altas que agora he o dormidoyro do seu moesteyro de Sam Domingo de Pontevedra. Et a yglesia que seia mays alta comunalmente sen fotallesa de guisa que non possa ende vyr mal nem dapno a ayglesia et çidade de Tuy, nem aos moradores della…”79. Era esta unha lóxica prevención, xa que a nova ubicación podía afectar á defensa da cidade, e tomado o convento e a súa igrexa, ser utilizado contra a cidade. A parte máis dura era sen dúbida a económica, orixe dos conflictos entre a orde e o bispo e cabido. En sustancia partían os preitos da xurisdicción parroquial, por iso a restricción coa súa nova ubicación, malia de non entrar na parroquia da Catedral sería “...Et esses frades aiam pregaçoes et confessoes assy como as agora am en este logar hu esta sacada ende a villa de Tuy et a parrochia da yglesia cathedral en que non deven aaver pregaçoes nem confessoes nem entra jurisdiçom nem huma...”, polo que na cidade non podían facer nada agás os reclamase o propio bispo e cabido, mentres que fóra de este espazo poderían exercer as súas obrigas con total libertade, iso si, con menos capacidade de ingresos. Os enterramentos era outro punto importante, xa que destos partían moitos dos ingresos das igrexas, e os dominicos aproveitaban o atractivo que exercían sobre as xentes desde a exemplificación da pobreza e as súas animadas predicacións, o que motivaba moitos enterros na súa igrexa e polo tanto moitos testamentos a favor dos dominicos. A restricción da Catedral sería “...et que os frayres aviam as sepulturas de todos lo que se hy mandarem deytar de todo bispado de Tuy, tam bem de Galliza como de Portugal, et das outras terras onde quer que se hy manden soterrar salvo da çidade de Tuy et da freguesia da see et dos casares de Meira et dos Torrechaos et de Cerveyra et de Sobrada et dos outros que acustumarom a tomar sepultura enna dita yglesia cathedral...”, isto é a excepción da cidade e dalgunhas familias nobres da rexión que tiñan costume de sepultarse na Catedral, que posiblemente estiveran en tratos cos dominicos para se enterraren na súa igrexa conventual. Como bispo e cabido desconfiaban das ordes mendicantes -dominicos e franciscanos principalmente- en canto que un acordo destas características poderían 79

Prot. Pero de Lagea, fol. 1. 9-maio-1328.

recurrilo nun futuro ao Papa ou outra autoridade, tanto civil como eclesiástica, poñerían unha claúsula máis de renuncia por parte dos dominicos a calquera acción tanto presente como futura evitando invalidar os acordos tomados nesa data. Daría poder o bispo Rodrigo aos dominicos para tomar posesión do solar da nova ubicación do seu convento op 13 de abril dese ano de 1328. A escritura de compra do terreo sería asinada o 20 de abril do mesmo ano, mercándose a unha viúva chamada Estevania Eans80. O terreo era un agro de herdade e unha viña que ficaba xunto a igrexa de San Xoán de Porto e o seu cemiterio, e limitaba tamén co camiño a San Bartolomeu e en varias viñas. O prezo de venta sería de douscentos e cincuenta libras de prata en moeda portuguesa.81 O Papa Xoán XXII autorizaría o traslado nunha Bula dada en Avignon o 26 de Novembro de 1329. A fábrica principal do convento ficaría rematada por 1330, gracias ás esmolas dos fieis e especialmente de Durancia Peres, veciña de Valença e nai de Fr. Martim de Valença, Provincial de España da Orde dos Predicadores; as súas imaxes ficarían no altorrelevo xunto da porta da Sala Capitular do convento. Unha grande Seca Froito dun empeoramento evidente das condicións climatolóxicas en Europa, o ciclo de bonanza que favorecera o comercio no continente tocaba a súa fin. Os tudenses tiñan marcada a data de falecemento do bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, 1323, como comezo dos problemas e desastres para a cidade, e en verdade non eran esaxerados nesta apreciación subxectiva que tiñan. Para o ano 1333 temos novas dunha gran seca que afectou a Tui 82. É a primeira da que temos seguridade e por suposto a primeira grande dunha sucesión catastrófica que favorecería os estragos da Peste Negra. En Tui os indicios documentais dos que dispoñemos para aprezar esta seca provén, paradoxicamente, da falta de protocolos notariais entre febreiro de 1333 e agosto de 1334, aínda que non sexa proba segura si que é un elemento a ter en conta. Outros efectos nunha área próxima a Tui desta grande seca e mortandade atopámola no arcebispado bracarense83. “…visitando os mosteiros e as eigrejas do nosso arcebispado, assi como somos teudos de nosso offizio, porque achamos que moitas dessas eigrejas som hermas e despoboadas e as casas derribadas e as searas das vinhas desfeitas e que se nom dizem hi missas nem horas”.

80

Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII; pax. 173. Aureliano Pardo; “El Convento de Santo Domingo de Tuy”. Boletin de la Comisión de monumentos de Orense. 1938. 82 Cronicón Coninbricense, pax. 343, tomo XXIII da España Sagrada. “Na Era de MCCCLXXI, anno fuy tâo mao anno por todo Portugal, que andou o alquere do trigo a XXI seitis, e o alquere de milho a XIII seitis: e o centeio a desaseis per la medida Coimbraa. Item en esse anno andou el almude do vinho bermelho a XXIIII seitis: e do branco, a XXX seitis por la medida Coimbraa: e bien assi foy menguado o anno de todos los outros frutos, porque se a gente havia de mateer: e neste anno morreron muitas gentes de fame quanta nunca os homes virom morrer por esta razon, nem viron nin nem ouviron dizer o omes antigoos dante si tal cosa vissem, ni ouvissem: e tantos fueron os passados, que fueron soterrados em os adros das Egrejas, que non cabian en elles, e a nes os soterraban dora dos adros e deitavanos nas covas quatro a quatro, e seis a seis, assi como os achavam mortos por nas ruas e por fora. E esto foi asi todo do comezo do anno ata o outro renuevo do anno seguinte. E bien asi foi este anno tam mao e muy peor por toda Castella, e por toda Gallicia (…). 83 Synodicom Hispanum, Antonio García García, t. II, Portugal. Sínodo de D. Gonçalo Pereira. Braga. 1333. 6 setembro. 81

Representa uns efectos contundentes sobre o territorio, cuxa semellanza debeu darse en Tui, despoboándose as zonas que recentemente tíñanse ocupado ao monte, a gran presión demográfica do momento anterior deu paso a unha serie de catástrofes naturais que foi mermando a poboación do campo, e nun proceso certamente paradóxico acrecentando a poboación das cidades, sobre todo pola especialización profesional e o seu maior dinamismo e posibilidades de sobrevivir, aínda que debemos pensar nun incremento considerable de pobres e mendigos que vivían á sombra da caridade do Bispo e Cabido, e da cobertura en hospitais e albergues que sostiña a cidade. Neste ano de 1333 é curioso o privilexio concedido polo rei Afonso XI ao bispo de Tui Rodrigo. É a concesión ao bispo, cabido e vasalos que tiñan da liberdade de non pagar xantares84. Non debemos descartar algún tipo de relación entre esta concesión cos sucesos que estaban a acontecer no territorio tudense, coa grande seca e fames. Os conflitos fronteirizos A chamada guerra Afonsina, desatada entre 1336 e 1339 afectaría a Portugal e Castela nunha loita que se libraría no mar e na terra. Afonso IV de Portugal e Alfonso XI de Castela, tomaríanse prazas mutuamente, con constantes saqueos e ataques. En 1336 o Conde de Barcelos pasaría o Miño para sitiar o castelo de Entenza, no que se tiña resguardado o arcebispo de Santiago85. Para 1337 a guerra recrudécese, e Fernando de Castro xunto o seu irmán Xoán de Castro cruzarán o Miño ata chegarse a Porto, que será defendida polo seu bispo, o arcebispo de Braga e o Mestre da Ordem de Cristo, obrigando á retirada dos Castro chegando a morrer Xoán de Castro en combates xunto a Braga. No verán dese mesmo ano, as galés86 portuguesas, ao mando do almirante Manuel Pessanha, arrasaría a costa galega ata Baiona, provocando a desolación na vila reguenga; “vos derribaron e quemaron las casas e les robaron todo quanto avian, e que muchos de los del dicho lugar que murieron et los otros que fincaron que se fueron a morar a otras partes... et que agora la dicha villa que esta yerma e despoblada”87. Con motivo disto, os poboadores do reguengo de Toroño ficarían obrigados de contribuir cun canteiro por casa, destinándose xunto coa suma das rendas reais alí extraídas para a reconstrucción da vila. Descoñecemos se Tui sufríu consecuencias durante este conflito, sobre todo tendo en conta a ubicación fronteiriza e portuaria da cidade, o que provocaría uns anos de tensión. A presenza nos pazos episcopais tudenses nese ano de 1337 de Paio Sorredea de Soutomaior88 debeu implicar alguna relación con este conflito na cidade: “Saiban todos que no ano do nasçimento de noso Señor Iesu Xpto de mill e trezientos e trinta e sete anos sesta feyra vinte dias do mes de setebro estando Payo Sorreda de Soutomayor

84

Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 175. O xantar do rei ou do bispo era o tributo orixinado na obrigación de dar de comer ao señor -Rei ou Bispo- cando aparecese pola súa casa. Este privilexio convertiríase nun tributo anual a pagar por todolos vasalos. 85 Datos sobre esta guerra na web: http://www.ricardocosta.com/pub/crono5.htm 86 As galés eran embarcacións a vela e remos, máis propias do Mediterráneo, e que se empregaban na guerra pola súa maniobralidade. 87 García Oro, José; Galicia en los siglos XIV y XV. 1986. pax. 252. 88 Non confundir co Paio Sorredea que vivirá a fins do século XIV, protagonista da historia tudense durante varias décadas.

enos paços da Oliveyra de dita çibdade de Tuy que agora ele pousa en presençia de Vasco Martiz notario de dita çibdade”89. O dato da súa residencia nos pazos episcopais da Oliveira, ben dado pola cesión a un parente seu, Álvaro Vasques, do couto de Verducido, que herdara Paio do seu irmán Xoán Fernandes de Soutomaior. Este último estaba en posesión do devandito couto por ser cumpridor das mandas testamentarias do avó de Álvaro Vasques, Martín Topete de Soutomaior, quen debería devolver o couto o seu neto tan pronto medrara. Mais a devolución no se fixo e no ano 1336 morrería Xoán Fernandes, polo que ao ser o seu irmán herdeiro recollería o devandito couto e bens. Chegado o ano 1337 Álvaro Vasques reclamaría o couto de Verducido como herdanza do seu avó, cuestión que examinada atentamente aprobaría Paio Sorredea. Xunto con Paio Sorredea estaban os seus escudeiros: Xoán Caldelas, Diego Álvares de Moreira, Vasco Gil de Morraço, Vasco Ozores, Xoán de Quintela e Lourenzo Correa. Como apunta Vasco de Aponte, Paio era un cabaleiro con “oitenta lanzas”, polo que non sería de extrañar que estivese en Tui por estar defendendo a cidade contra a ameaza dos portugueses. A presenza en Tui de cabaleiros galegos tería a súa correlación coa estadía en Ganfei do fillo ilexítimo do rei Dinís, Pedro, conde de Barcelos, como “fronteiro do Minho”, quen ademais do sitio ao castelo de Entenza en 1336, atacaría As Neves e Salvaterra do Miño en 1338. A Paz de Sevilla, en xullo de 1339, propiciaría a volta a calma nas fronteiras, xa que nos acordos manteríanse a mesmas. Os cabaleiros á espreita Non debemos deixar pasar por alto a presenza dos cabaleiros da nobreza na cidade de Tui e no seu territorio, síntoma da súa presión sobre os bens eclesiásticos e leigos do bispado. Do mesmo xeito que acontecería con Fernando Ruíz de Castro e o seu fillo Pedro Fernández de Castro, a nobreza da terra de Toroño tratará de posicionarse sobre as propiedades dos mosteiros e do bispo e cabido tudense. A falta de terras por unha parte, producto de continuas doazóns á igrexa e ordes mendicantes ao longo dos últimos séculos, maila progresiva falta de vasalos por outra faría que os cabaleiros procurasen outras vías para acrecentar o seu patrimonio, principalmente polos seus servizos como guerreiros, imprescindibles polo clima bélico que se vai incrementando desde comezos do século XIV, e que culminará coa guerra civil da segunda metade da centuria, na que se encumbrará a unhas familias en prexuizo doutras. No ano 1325, o que probablemente fose meiriño de Toroño, Afonso Eans Torrichano, faría testamento. Entre as mandas contempla “…oyto mill moravedis de brancos e que os den e paguen en aqueles lugares que viren e poderen entender que eu e meu yrmao Pero Eannes fezemos assuadas e pollas mal feytorias que y fezemos e de mays en aquelles lugares que viren que mays seera salvamento da minna alma…”.90 Esta expiación de culpas, o temor que trae a proximidade da morte, seica é un síntoma da situación que padece a rexión. Polo tanto as mandas testamentarias estarán indicadas para “indemnizar” polas malas obras feitas en vida, percorrendo as doazóns os 89

A.C.T. Prot. Andrés Ferreira (3), 1597, fol. 37. A.H.N., Clero Melón, carp. 1461, nº 3. De Ermelindo Portela Silva, La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV “Una sociedad en la expansión y en la crisis”. Compostela 1976. pax. 330. 90

mosteiros e conventos do bispado: “Et mando aos frades pregadores de Santo Domingo de Tuy duzentos moravedis da dita moeda alfonsi X dineyros por moravedi. Et mandolos por aver aleo que ouve e elles façan oraçon por minna alma e de meu yrmao Pero Iohanes e daqueles cuius foron.”91 Se en vida non se tiña medo a nada, próxima a morte, Deus aparece como un xusticieiro implacable: …entemendome en moyto dos nojos e dos pesares quelle en este mundo fige.…porque os juiços de dios son moytos e en moytas maneyras…e temendome moyto de meu sennor don Iehsu Xristo…”.92 Pero en vida, malia os fortes remorsos relixiosos que se puidera ter, a usurpación de bens alleos era un feito. Se estes bens eran da igrexa, máis apetecía e máis cómodo era arrebatarllos. Isto acontecía no 1330 cando María Sorredea, filla de Pedro Álvarez de Soutomaior devolve o casal de Senra “o qual eu tiina tomado do dicto moesteyro contra voontade do abbade e convento do sobre dicto moesteyro de Melón”.93 O que se quitaba en vida se daba na morte, pero a igrexa poñía todo o seu esforzo por evitar tantos males que se lles ocasionaba. Deste xeito no 1329 o mosteiro de Melón solicitaba do bispo tudense Rodrigo a excomunión daqueles que posuían contra a vontade do mosteiro certas herdades en Deva, Gondián e outros lugares, aos que, continuando na súa usurpación, debíase anunciar como excomungados nos domingos e días de festa94. As apetencias dos nobres e cabaleiros sobre as posesións leigas e eclesiásticas na rexión tudense semellan ser o limiar dunha acción máis devastadora por parte da nobreza, sobre todo a partires da guerra civil entre os partidarios do rei Pedro I e do seu medio-irmán Enrique de Trastámara. A victoria do Trastámara significará o afortalamento dos cabaleiros que con el ascenden, determinando o futuro do bispado tudense. Polo ano de 1342 achegaríase á cidade episcopal o bispo de Porto Pedro Afonso. Fora acollido polo bispo tudense García Prego, cando fuxira do seu bispado polas violencias da corte estando en perigo a súa vida. Desde Tui seguirá exercendo a xurisdicción sobre o bispado portucalense. A Peste No ano 1348 chegaría para asolar Europa a chamada Peste Negra. Poucos datos directos temos en Tui dos seus efeitos na cidade e comarca, aínda que esta é unha falta da que padecen outros lugares. O lugar máis próximo do que temos constancia documental é Valença. Por un documento de 136595 no que o rei Pedro de Portugal intermedia a favor do mosteiro de Oia nunhas posesións que tiña na vila, menciónase de esguello os dramáticos acontecementos. No documento exprésase desde cando ten esas posesións os frades cistercienses “…Et queo dito moesteyro esteve en pose delles des a pestilençia que foy na era de oyteenta e sex annos aaca…” En Baiona tamén podemos rexistrar a peste96, “…que veera ao mundo tal pestilençia e morte ennas gentes que a mayor partida dellas eran ffinadas en tal 91

Ibidem. pax. 398. Ibidem. 93 Ibidem. pax. 329. 94 Ibidem. pax. 405 95 A.H.N., Clero Oia, carp. 1835, nº 11. De Ermelindo Portela Silva, op. cit. pax. 425. 96 Portela Silva, Ermelindo; op. cit. 1976, pp. 289, 419-420. 92

maneira que elles non podian manteer o dito foro nen dar a dita rrenda ao dito día en cada anno”. Con isto comprobamos que os efeitos da peste negra no bispado de Tui foron tan devastadores como noutros lugares, pero a consecuencia desta crise non é só aplicable á peste, é, como di Ermelindo Portela97, o resultado do desequilibrio entre poboación e recursos, e tamén por unha poboación enfeblecida polas secas e fames o que fará que os efeitos da peste sexan máis devastadores do normal. No Cronicón Conimbricense relátase as consecuencias da peste: “Era de MCCCLXXXVI. annos por S. Miguel de Setembro acomezou esta pestelencia, foi grande mortaidade por lo mundo, asi que igualmente morreron as duas partes das gentes. Esta mortaidade duraba na terra por espazo de tres mezes, e as mais das doenzas erão de levazones que tiinhão nas virilhas, e so os brazos: e as mais das gentes tambem as que morrerom como as que ficaron, todos houveron estas doores”98. Que os documentos conservados refiran os efeitos da epidemia en vilas portuarias -Baiona e Valença- amósanos o camiño de entrada da peste na diócese tudense: o mar. Polo tanto podemos asegurar que en Tui, tamén cidade portuaria, a peste entrou a través dos navíos que ancoraban no porto de San Xohán e de Lavacuncas. O axente transmisor era a pulga da rata e por suposto, as ratas eran abondosas nas naos e carracas que batían as ondas na Idade Media. Aínda que a documentación tudense non nos fale ou non transmita directamente as circunstancias e aparición da Peste na cidade, si que nesa mesma documentación podemos atopar pegadas da súa actuación. Varios son os síntomas dun acontecemento extraordinario que nos transmite a documentación indirectamente, no periodo entre setembro de 1348 e setembro de 1349. En primeiro lugar temos unha gran escaseza de foros e protocolos realizados con respecto aos meses anteriores e posteriores. En segundo lugar, a curiosa aparición da mención ás aniversarias vellas e ás aniversarias novas 99, reflectindo unha alteración demográfica clara. Tamén as escrituras de foros dos anos 1348 e 1349 no que na descripción da ubicación das casas sinala aos veciños como xa falecidos, nunha incidencia que non aparecerá en toda a documentación catedralicia entre os séculos XIV e XV. Por último a realización do cabido na capela de Santa Catalina entre xaneiro e setembro de 1349100, indicio tamén dalgo extraordinario, xa que o costume de reunión na sala capitular do Claustro catedralicio sempre se ten respetado, e as excepcións case sempre viñeron acompañadas por sucesos extraordinarios para a cidade. Sendo xa bispo de Tui Xoán de Castro, de longo episcopado, outorgou a favor dos dominicos tudenses, no ano 1357, a revogación do oneroso convenio de 1328 entre convento e o bispo Rodrigo que era extremamente gravoso e perxudicial para os frades. Isto foi debido ao moito que traballaron e serviron á igrexa de Tui coas súas predicacións e probablemente a algún tipo de relación amigable co propio bispo para 97

Portela Silva, Ernelindo; op. ciat. 1976, pax. 278. Cronicon Conimbricense, España Sagrada tomo XXIII, pp. 344-345. 99 As aniversarias eran as misas anuais -en número variable- en memoria dos defuntos, que así deixaron constancia no seus testamentos cos diñeiros e doazóns oportunas para soster esas misas ao longo de moitos anos. A mención a aniversarias vellas e novas transmítenos un cambio tan brutal neste apartado da economía catedralicia que só é explicable pola gran mortandade ocasionada pola Peste Negra, que obrigaría ao Cabido a unha reordenación das súas listas de misas para poder cumprir cos derradeiros desexos de centos de defuntos. As aniversarias vellas e novas nunca máis se mencionarán agás neste ano de 1348-1349: “...convem a saber aqela cassa que esta enna crus dos fferreyros qe he da yglesia de Tuy e qe pertençe aas aniversarias vellas...”, Protocolo Pero da Lagea, fol. 41. 2-11-1348. 100 Protocolos Pero da Lagea; fol. 39V, 40, 43v. O costume desde o século XII será na sala capitular do Claustro, xa que alí ficaba o arquivo ou o tesouro, e polo tanto onde se tomaban as decisións. 98

que este permitise mellorar as condicións dos dominicos, principalmente no que era o propio edificio conventual e a igrexa, que a partires de aquí atopará un novo pulo. O instrumento de acordo aprobaríase despois polo Papa Clemente VII101. No ano 1357 atopámonos un pequeno conflicto interno, entre os barqueiros da cidade e o Concello, o máis concretamente un dos seus recaudadores. O caso era que o barqueiro Lucas Peres denunciara a Afonso Ans, notario e moedeiro102 do Concello de Tui, xa que este queríalle cobrar certa cantidade por exercer como barqueiro nunha actividade comercial. A defensa de Lucas Peres era que como oficial103 que era do bispo e cabido estaba exento desta taxa por mor de privilexio que atinxía ao bispo e cabido no que tódolos seus oficiais ficaban dentro desta exección. O barqueiro ficaría dentro, por ser o oficio da barca un dereito episcopal e capitular que aforaban cada certo tempo. A cuestión impositiva sobre a barca de pasaxe a Valença non era un problema simple, porque precisamente por esta exención de tributo, o Concello conseguía que os tudenses non pagasen por utilizar a barca, polo que era unha clara contraprestación de servizos. Igualmente observamos como o Concello tiña competencias bastante amplas e se arredaba en moitas ocasións do control episcopal, polo que mantiña unha autonomía bastante ampla para o que era unha cidade episcopal. O xuíz que dictaminaría o caso, Xohán Gonçalves, cóengo e vigairo xeral do bispo, non tería dúbidas na súa resolución “...julgou que os ditos Lucas Peres et os outros barqueiros que fosem et forem des aquí en deante por los tenpos polo bispo et cabido da iglesia de Tuy enno dito porto que nom seiam postos en moeda nem em talla nem apaguem des aquí endeante et que seiam dela quites et escusados por rasom do dito ofiçio da dita barca et queo dito barqueiro que passe sen dineiro todoslos moradores et vesinnos da dita çidade de Tuy segundo que esta em custume et foy senpre...”104. O barqueiro solicitaría copia da sentencia para evitarse máis disgustos, o dous de marzo de 1357. O 15 de xaneiro de 1361, o mesmo barqueiro solicitaría copia da sentencia, se cadra para asegurarse na defensa de calquera outro abuso, aínda que non pararía aquí a cousa xa que o 28 de marzo de 1377, outro tenente da barca, Lourenzo Esteves, carpinteiro, solicitaría copia da mesma sentenza para defensa do seu dereito, polo que podemos imaxinar que o conflicto reproduciríase de cando en vez, sempre dependendo do recaudador que asumise tal función na cidade, xa que estos procuraban recaudar o máximo posible, xa que nestas partidas estaban os seus beneficios. A Guerra Civil: Tui entre Petristas e Trastámaras A política de fortalecemento real emprendida por Pedro I, non sería vista con bós ollos pola alta nobreza que veía moitas das súas prerrogativas ameazadas e parte da súa influencia eivada. O medio irmán de Pedro, Enrique, retornando desde Francia deporía ao monarca castelán apropiándose do trono en 1366. A partires desta proclamación, Enrique de Trastámara e Pedro I iniciarían unha dura guerra civil que se concatenaría coa rede de alianzas que establecerían os dous contendentes.

101

Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 299. Sería un recaudador sobre un tipo específico de transaccións comerciais. 103 Isto é traballador ou servidor do Bispo e Cabido. 104 AHC, Libro sexto de foros e outros papeis. 14/1, Sentencia sobre as barcas. 102

Enrique controlaría no devandito ano toda Castela, ficando fóra do seu dominio Galicia, sendo aquí forte Pedro I. Este último pediría axuda ao Príncipe Negro, Eduardo de Gales, en troques lle prometía posesións en Castela. Esta axuda sería valiosa xa que permitiría a victoria na batalla de Nájera o 3 de abril de 1367 e a recuperación do trono para Pedro. Nesta situación, o restaurado monarca non cumpriría a parte do seu trato co príncipe inglés, retirándose este da guerra, o que facilitaría a oposición de Enrique de Trastámara e os seus aliados franceses, as compañías brancas de Beltrán Duglescin. O duro ataque lanzado por Enrique contra Pedro I na batalla de Montiel, desencadearía a derrota e morte do rei o 14 de marzo de 1369105. A morte de Pedro I non sería o final desta guerra, senón un paso máis complicado dos engranaxes de alianzas e matrimonios de conveniencia que forzaba moita das accións e alimentaba outras moitas ambicións. Neste escenario, o rei portugués Fernando I (1367-1383) entraría na loita ao reivindicar para si o trono de Castela por ser bisneto de Sancho IV. Deste xeito a área galega lle xuraría lealtade como herdeiro das promesas municipalistas de Pedro I, considerándose este bando como “lexitimista” 106. Entre os apoios con que contaba estaban os importantes cabaleiros Fernando de Castro e Suero Iáñez de Parada. A aparición nos protocolos notariais dun ataque de “galees”, témolo que integrar neste momento: “…que odto Nicolao orvallo e as voses depos el lavrem et aproveytem et refaçam a dta vinna et que alçem a casa que y estava que queimarom os das galees …”107, “…o formal dos moynos coroxinos que estam em esta ribeira de rio de moynos asub o outro moyno cotyneiro que he do cabido os quaes moynos forom queimados et destruidos enna vinda que verom aquí as galees del rrey dom pedro…”108. En aparecendo o nome do rei Pedro xa podemos adscribi-lo ataque a un bando. O problema ven cando queremos precisar o tempo, xa que logo, descoñecemos calquera ataque ou movemento naval do rei castelán, polo que debemos entender a mención ao rei como unha determinación do bando que produxo o ataque109. Pedro I contaba con catro galés/galeras apostadas na Coruña. En 1369 estas mesmas capturarían unha galera genovesa110. Puideron ser estas galeras as que nun ataque rápido contra Tui, baixo bandeira Trastamarista pola fidelidade do seu bispo, fixeran os destrozos narrados nos arrabaldes da cidade. Todo isto non sabemos se sería consecuencia ou efecto da decisión de Tui de pasar á bandeira de Fernando de Portugal. O cronista Fernão Lopes, relata como a cidade tomaría voz polo rei portugués despois da morte de Pedro I en Montiel, xunto con A Coruña, Valencia de Alcántara ou Miranda do Douro111. Poñería en Tui Fernando I os seus tesoureiros e oficiais, de cara a administrar e repartir as moedas que corrían polo reino, sendo algunhas acuñadas en Tui. Tanto a cidade como outras de Galicia obtiñan privilexios do monarca de Portugal, chegando

105

Ver web: http://es.wikipedia.org/wiki/Primera_Guerra_Civil_Castellana. Nome que se adxudica o bando petrista por considerarse os lexítimos propietarios do trono de Castela contra a usurpación efectuada polo irmán bastardo de Pedro, Enrique de Trastámara. 107 A.C.T., protocolos Nuno Gonçalves, 21 xaneiro de 1370. 108 A.C.T., protocolos Nuno Gonçalves,18 de febreiro de 1370. 109 Vila-Botanes, Suso; “Tui, entre Petristas e Trastámaras”, Pórtico nº 101, abril 1999. 110 Elisa Ferreira Priegue, Galicia en el comercio maritimo medieval. Pedro Barrie de la Maza, 1988. pax. 238-239. 111 Fernão Lopes; Crónica do senhor rei D. Fernando. Edición Lisboa 1895. Vol. I. Pax. 93. 106

incluso moitos a reclamar a posesión das propiedades e dereitos daqueles nobres e cabaleiros favorables ao rei Enrique de Trastámara. A terra de Toroño, que pertencía ao reguengo, sería encomendada ao freire Rui de Meira, da orde de San Xoán. O rei Fernando de Portugal se dirixiría a Galicia para procurar a conquista dalgúns lugares que aínda non tiñan pasado ao seu bando. O motivo do monarca, expresado por Fernão Lopes, non era simple vinganza pola morte do seu primo Pedro I, nen sequer por ser bisneto de Sancho IV de Castela, senón que comezara tal reivindicación cando cando moitas vilas e cidades galegas, así como doutros puntos da fronteira luso-leonesa, xuraron lealtade á súa causa. O camiño a Galicia o emprendería o rei portugués por terra, enviando por mar oito galeras ao mando do capitán Nuno Martins de Goes. A chegada a Tui de Fernando I sería apoteósica, sendo recibido entusiásticamente polos seus habitantes e polo alcalde da cidade Afonso Gómez de Lira, fidalgo dunha longa estirpe nobiliar de Tui e comarca. O rei mandaría diante ao seu fillo Lopo Gómez, para comprobar a fidelidade da Coruña. Chegados alí, o rei Fernando podería entrar sen complicacións sendo recebido por Xoán Fernandes Andeiro, o único digno de mención, segundo o relato de Fernão Lopes, xa que A Coruña “porque as outras gentes são d'elle pescadores e outros homens não de grande conta”112. As accións do monarca portugués non se paraban somentes na toma das cidades e lugares que tomaran a súa fidelidade, senón que perante posibles problemas de desabastecimento, ordenaría encher unha nao en Lisboa con trigo, cebada e viño, para abastacer os sitios necesarios. Estando esta nao en descarga na Coruña sería queimada por navios do bando de Enrique de Castela. Ante a situación, o monarca mandaría ao corso varias das súas naos e galeras, tomando pola costa galega alguns navios e un barco en Pontevedra aínda que apreixando cousas de pouco valor113. O acrecentamento da tensión e a previsible resposta do rei Enrique, daría lugar á orde de Fernando de Portugal de correxir e mellorar os muros de Tui e Baiona, en previsión dun ataque. Mentres, Fernando tomaba Monterrei logo do seu asedio. Retornaría o rei portugués á Coruña, e desde alí coñecería a nova da chegada do rei Enrique con todas as súas tropas114, incluidas as bretonas. Fernando I, que só viñera a Galicia a recebir a preitesía e obediencia das cidades e vilas galegas non estaba preparado para combatir co rei de Castela, polo que ordenaría que nas principais cidades e castelos estivesen os seus fronteiros, ficando en Tui Afonso Gómez de Lira, e na Coruña Nuno Freire, mestre da orde de Cristo. O rei Fernando embarcaría nunha das súas galeras e marcharía a Porto.

112

Fernão Lopes; .... D. Fernando. op. cit. pax. 98. Chamo a atención disto, porque mentres o cronista fala de Tui como cidade e do orgullo dos seus moradores de recebir ao rei Fernando, da Coruña menciona que é unha vila, con Xoán Fernandes Andeiro “ que era o mais honrado do logar”, porque o resto da vila estaba chea de pescadores e outras xentes baixas. Hai que tomar nota desta descripción, porque estamos a falar de finais do século XIV, polo que A Coruña realmente non acadará un peso político e urbano ata entrado o século XV. 113 Fernão Lopes;.... D. Fernando. op. cit. pax. 99-100. Chama a atención como en Pontevedra ademais de dez marcos de prata acharan cincuenta dúzias de peles de cobra, sinalandose que era material de pouco valor. 114 Estaba sitiando Zamora cando soubo que Galicia estaba a prestar obediencia a Fernando I.

Enrique de Trastámara, coñecendo a marcha do rei portugués, desandaría o camiño da Coruña e mandaría adentrarse en Portugal a varios dos seus capitáns, como o francés Bertránd Du Guesclin e o seu irmán Sancho, de cara a conseguir obediencias nas terras portuguesas. O rei de Castela dirixiríase por Tui e Salvaterra para cruzar o Miño, avanzaría ata Braga e Bragança, deténdose no cerco de Guimarães. Ante a imposibilidade de tomar a cidade, na que se refuxiara Fernando de Castro, burlando a vixianza persoal imposta por Enrique de Trastámara, ficaría o rei castelán algúns días entre Douro e Miño “faciendo daño en toda la tierra”115. Antes de cruzar o Miño, o rei castelán debeu ordenar ao seu capitán Pero Ruíz Sarmiento o asedio de Tui a fins de xullo de 1369. A destrucción na cidade foi ampla “…et saa aa Rua da Oliveira de huum cabo e do outro aa rua da canicouva as quaes casas forom queimadas et destruydas de quando enna entrada que Pero Xarmento feso em esta vila de Tuy”116. Con isto temos que correxir o que nos conta a Crónica Conimbricense, xa que as datas andan erradas, poñendo todos os acontecementos no ano 1370, cando a realidade compróbase máis complexa. Aínda que incendiase Pedro Sarmiento a cidade, Tui seguiría sendo de Fernando I, tal e como podemos testemuñar pola Crónica de Fernão Lopes, na que logo da toma de Bragança por Enrique I este marcharía a Castela por ter novas da conquista de Alxeciras polos granadinos. O rei portugués reconstruiría a súa rede de fronteiros nos castelos, vilas e cidades que estaban baixo a súa obediencia, permanecendo en Tui Afonso Gómez de Lira117. Na cidade tamén se instalaría Suero Iáñez de Parada, Meiriño Maior de Galicia, que na súa estadía chegaría a provocar graves prexuizos ao bispo tudense, probablemente co apoio do concello, xa que logo, os petristas contaban coa adhesión das cidades na súa loita, producto do apoio dispensado polo rei Pedro I contra os abusos da nobreza e precisamente un dos motivos da guerra civil e da súa derrota. A lealtade da cidade á causa fernandina comprobamolo na sentencia sobre dereitos de ancoraxe no porto de Tui: “...Rodrigo anns juis da çidade de Tuy em lugar dafonso gomes juis da dta çidade por nosso sennor el rey dom fernando...”118. Con esta situación, Galicia fóra do seu control e cun decidido apoio aos petristas, o rei Enrique mandará o seu Adiantado Maior de Castela, Pero Manrique, e ao Adiantado Maior de Galicia, Pedro Ruíz Sarmiento 119, para reconquistar o territorio. Ata o ano 1371 non sería retomada a cidade xa que por estas datas aínda existían algúns reductos petristas en Galicia, non sendo ata estes momentos que sexa botado fóra Fernando de Castro120. O 31 de marzo de 1371 asinábase o tratado de Alcoutim entre Fernando I e Enrique II, no que se pactaba un acordo matrimonial e manter boas relacións co rei de 115

Pero López de Ayala; Crónicas, Ano IV do reinado de Enrique II, capítulo VI. A.C.T., Prot. Nuno Gonçalves,15 decembro de 1369. Este documento claréxanos perfectamente que a destrucción da cidade feita por Pero Sarmiento foi en 1369 e non en 1370. Ben é certo que nese ano Pero Sarmiento puido recuperar de novo Tui, aínda que non nos conste. Tamén é interesante nestos documentos notariais de que malia a total inmediatez do tempo fágase unha clara distinción entre as causas da destrucción, os das galees ou Pero Sarmiento. 117 Fernão Lopes; op. cit. pax. 113. 118 AHT. Protocolo Nuno Gonçalves, fol. 13. 26 de xuño de 1370. 119 Pero López de Ayala; op. cit. Ano V do reinado de Enrique II, capítulo II. 120 Pero López de Ayala; op. cit. Ano VI do reinado de Enrique II, capítulo IV. 116

Francia121. O casamento da filla de Enrique, a infanta Leonor, con Fernando I traería en arras Cidade Rodrigo, Valencia de Alcántara e Allariz cos seus alfoces e fortalezas para Portugal, mentres que o resto de cidades tomadas a Castela serían devoltas á súa obediencia primitiva, pasando por este suceso Tui de novo ao reino de Portugal. O 4 de setembro de 1371 o rei Enrique recompensaría ao bispo tudense Xoán de Castro pola súa fidelidade122 ante os sufrimentos padecidos durante a guerra: “…Nos don Enrique…en uno con la Reina Doña Juana mi muger et con el Infante Don Juan mio fijo primero heredero… Conoçiendo a vos don Johan…obispo de Tuy…et por vos faser emienda de todo el daño e mal que vos el dicho obispo et la vuestra iglesia de Tuy avedes pasadoi por nuestro serviçio de Suer Yanes de Parada e de otras compañas que andavam en nuestro deserviçio teniendo los del Rey de Portugal………Damos vos en donaçion por juro de heredat…e para vuestra Iglesia el castiello d’Entença que es en tierra de Toroño…et qual dicho castiello es nuestro e nos pertenesçe a nos, fecimos merced del en el Real de sobre Lugo. Et otrosi vos damos la villa de La Guarda la qual era de Suer Yañes de Parada… Et otrosi vos damos el coto de Coya con su baylia et la villa de Villa bella de Redondela que fueron de la orden del Temple de que nos aviamos fecho merced al dicho Suer Yañes. Et damos vos mas todos los bienes asi muebles commo rayses que dicho Suer Yañes ha e deve aver en qualquier manera en el dicho obispado de Tuy de las quales villas e cotos e bienes… que fueron del dicho Suer Yañes vos aviamos fecho merçed e donaçion dello por nuestras cartas en el Real de sobre Bragaa,……Et vos damos los dichos castiello d’Entença e villa de La Guarda e coto de Coya con su baylia e la villa de Villa bella de Redondela e bienes… del dicho Suer Yañes…en donaçion pura………mas que fagades e seades tenidos de faser vos e los canonigos e benefiçiados della por el dicho castiello d’Entença de cada año para siempre jamas por la fiesta de Santa Maria de Setienbre un aniversario solepnemente con capas e çebtros… Dada en las Cortes de Toro quatro dias de Setiembre era de mill e quatroçientos e nueve años.”123 A obrigación de celebrar aniversarios por Santa María de setembro na honra de Enrique II, sería cumprida por longo tempo, case que chegando aos nosos días. Era unha celebración solemne que requería moito ritual: “Misa aniversario do cabido pola alma do rei Enrique o vello, con seu responso e ceperios”.124 Non acabarían os problemas para Tui. Un ano máis tarde, 1372, un grupo de cabaleiros e homes de armas que “non amaban o servicio do rei”125 tomarían a cidade. Serían estos Alfonso Gómez de Lira, Pero Díaz Palomeque, comendador de Santiago e natural de Toledo, e Men Rodríguez de Senabria, que estaban en Portugal desde onde se alzaron coa cidade. A resposta do rei Enrique sería inmediata, “e luego que el rey lo sopo partió de Burgos, e fue para Tui, e cercó la cibdad, e estovo y fasta que la cobró: e dexó en ella recabdo, e tornóse para Castilla”126.

121

Ver web: http://www.ricardocosta.com/pub/crono5.htm. Frei Prudencio de Sandoval, Antigüedad de la Ciudad, y Iglesia Cathedral de Tuy y de los Obispos que se save aya avido en ella. Braga 1610. pax. 171. 123 Pascual Galindo; op. cit. documento XXIV. 124 Prot. Lib. VI. Fol. 30. 8 setembro de 1433. 125 Pero López de Ayala; op. cit. Ano VII do reinado de Enrique II, cap. I. 126 Ibidem. 122

A estadía de Enrique II en Tui, aproveitaría para refacer os acordos de Alcoutim. Estos non se tiñan cumprido porque o rei portugués casara en secreto Leonor Telles de quen namorara, lamentando moito este feito o rei de Castela. Mandaría Enrique II embaixadores a Porto, onde estaba Fernando de Portugal. Remitidos os mensaxeiros para acordar novas propostas e solucionar algúns litixios que aínda quedaran de Alcoutim, chegarían a asinar un novo tratado de paz, renunciando o rei de Portugal a Allariz, Valencia de Alcántara e Cidade Rodrigo ademais de certas prazas e castelos que aínda estaban pola voz de Fernando I; pola contra o de Castela devolvería Bragança que estaba baixo goberno de García Álvarez de Osorio, e o castelo do outeiro de Miranda e calquera outro en posesión do rei de Castela e aínda non devolto á obediencia de Portugal. Isto sería feito a fins do mes de abril dese ano de 1372. Pasarían oito días, xa en maio, cando Enrique II mandaría a Porto ao bispo de Ourense Juan Garía Manrique e o cabaleiro Juan Gonzalez de Bazón, para que o rei Fernando fixera os oportunos xuramentos, promesas e homenaxes. Pola parte portuguesa serían o irmán do rei, o infante Dinís, o Conde d'Ourem João Afonso e o bispo de Porto Afonso, que atenderían as promesas e homenaxes oportunas para finalizar o tratado. Este chamado Acordo de Tui, revogaría o alcanzado no Tratado de Alcoutim e se restablecerían as fronteiras luso-casteláns retornando ao status quo de antes do ano 1369. A Cisma de Valença Ademáis dos problemas da peste, fame e guerra, a Tui íanselle sumar conflictos político-relixiosos cuxas repercusións serían transcendentais para a historia da cidade. No ano 1378 comezaría o chamado Cisma de Occidente. Dous Papas, Clemente VII e Urbano VI; un en Aviñón e o outro en Roma, repartíranse fidelidades dos reis e príncipes segundo fosen as inimizades cos países veciños. Deste xeito Castela obedecerá ao Papa de Aviñón e Portugal ao Papa de Roma. Tal e como se prantexa o conflicto, o problema para a diócese tudense estaba claro, o seu territorio dividíase a partes iguais entre a Coroa de Castela e o Reino de Portugal. Pouco tempo pasaría para que entre os cregos tudenses xurdise o conflicto. Como cabe supoñer entre os eclesiásticos debateuse tamén a obediencia a Aviñón ou a Roma. A orientación da obediencia estaría sostida principalmente desde a corte de Lisboa, que impulsaba un proceso de “nacionalización” dos seus territorios eclesiásticos, xa que como Tui, existían outros bispados que administraban en terras do monarca portugués. Baixo este patronato e apoio serían numerosos os cregos que pasarían a Valença no ano 1381127, para constituir a súa obediencia a Avignon, nomeando a seguir a un tal frei Toribio como Administrador do bispado de Tui EntreMinho-e-Lima. Elevarían a vella igrexa de Santo Estevão como Colexiada gobernando sobre 230 parroquias e numerosos conventos e igrexas. A pérdida para o bispo tudense era demasiado sustancial no económico -sumando as almas coas súas carteiras- como para despreocuparse polo asunto.

127

Ávila y La Cueva; op. cit. tomo III, pax. 308. Non esquezamos que a data tampouco é casual no que as relacións luso-casteláns se refire, xa que comeza nese ano a chamada 3ª guerra afonsina, entre Afonso IV e o rei Enrique II, que rematará en 1382 coa Paz de Elvas.

O nome de “chamorros” reservado aos cismáticos designaba aos portugueses despectivamente, e foi o que ficou outorgado á hora de falar dos habitantes de alén Miño. No ano 1398 era nomeado bispo da diócese tudense en Portugal o Arcebispo de Santiago Juan García Manrique, quen mudaría a súa lealtade para o rei portugués João I. O bispo García Manrique, xa despoxado do seu arcebispado de Santiago, morrería en 1416 intitulándose arcebispo de Santiago e administrador perpetuo dos bispados de Coimbra e Tui. As relacións por estes anos foron moi tensas entre Valença e Tui, puidendo existir confrontos armados de carácter local enmarcados pola situación de permanente estado de guerra que vivía Portugal desde 1385 coa subida ao trono do Mestre de Avis, e que non rematará ata os acordos de Segovia de 1411, e no que Portugal volvía ás fronteiras do ano 1297. A continuidade do conflicto, no que o bispo e cabido non renunciaban á metade da histórica diócese tudense, seguía producindo situacións de gran inquedanza e inseguridade. Por este motivo o bispo Xoán Fernandes de Soutomaior II, en 1419, facía chamamento ao concello tudense para aguisar parte dos muros da cidade, “por quanto os chamorros se velavam e çerquavam e estaban aperçebidos nom sabia por qual rasom”128. En 1423 Xoán Fernandes, acadaría letras pontificias asinadas polo Papa Martín V contra os rebeldes de Valença. Pero debido principalmente ao interese político da causa, a Bula resultou totalmente ineficaz129. En 1444, Portugal conseguiría que o Papa Eugenio IV atribuíra o territorio Entre-Minho-e-Lima á recente diócese de Ceuta 130, finalizando a contenda e retornando a normalidade nas relacións sociais131 e económica entre ambas as dúas beiras. Un xesto de asimilación da perda territorial, sería a reducción de canonxías no cabido tudense, reducción que viría acompañada pola agregación de varios mosteiros e conventos espallados polo bispado e practicamente abandonados. A chegada dos ingleses O duque de Lancaster desembarcaría na Coruña o 25 de xullo do ano 1386 con máis dous mil lanzas e tres mil arqueiros, todos experimentados, segundo o cronista Fernão Lopes, mentres que o cronista Pero López de Ayala, viñan máis de 1500 lanzas e outros tantos arqueiros. Viñeran nun flota de “cento trinta vellas bem armadas”132. En Betanzos estaban resgardadas seis galeras do rei castelán, que tiñan feito o corso pola costa inglesa ademais de espiar os movementos das tropas do Duque. Confiados os das galeras de que tardarían en chegar ata Coruña, serían sorprendidos polos ingleses. Xoán de Gante viña a reclamar o trono de Castela por ser a súa muller, Costanza, filla do rei Pedro I de Castela e polo tanto herdeira ao trono. Enrique II xa tiña morto, sucedéndolle o seu fillo Juan I, quen reclamara asimesmo o trono de Portugal por casar 128

Prot. Lib. VIII. Fol. 34. 22 agosto de 1419. Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pp. 57-58. 130 Ibidem. 131 Principalmente normalizáronse as relacións polo lado relixioso, non impoñendo o bispo e cabido sancións relixiosas polos contactos sociais ou comerciais coa outra beira, cuestións que non se detiveron en amba-las dúas beiras a pesar da oposición da igrexa tudense. 132 Fernão Lopes; Crónica del Rey D. Ioham I. Tomo II. Cap. 83. pax. 201. Lisboa 1644. 129

con Beatriz, filla de Fernando I, que ficaba tamén como herdeira por no haber outro sucesor “lexítimo” en liña directa. A invasión que Castela realiza para tomar posesión do reino en nome de Beatriz, resultará un sonoro fracaso, ao disputar o trono portugués un fillo ilexítimo do rei Pedro e de Teresa Lourenço. O rei castelán caería estrepitosamente derrotado por João, Mestre de Avis, na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385, coa participación fundamental do condestable Nuno Alvares Pereira. Castela contaba coa alianza dos cabaleiros franceses, mentres que o Portugal do Mestre de Avis tiña do seu lado aos ingleses. O rei castelán logo desta gran derrota non tiña moita capacidade para reaxir ao pulo do portugués e aínda menos para a nova ameaza inglesa, que reclamaba o mesmo que Juan I fixera en Portugal. O duque Xoán de Gante, malia a capacidade das súas tropas, non puido tomar A Coruña por estar defendida por Fernán Pérez de Andrade. Comezou a moverse por Galicia, conseguindo a defección de Compostela a súa causa e outras vilas e cidades, e aínda que mantiña vencellos co bando pro-portugués, Tui non debeu estar entre estes lugares, xa que non se fai mención da cidade, xunto coa presenza do bispo na cidade, e que Valença fixera obediencia por Beatriz, e polo tanto no lado castelán, sinalando isto que Tui estivo espectante perante os acontecementos, pero se mantivo na fidelidade de Juan I. Desde este punto de vista debemos entender a acción que o escudeiro Lourenzo Correa fixo en xullo de 1386 ao tomar o castelo de Vilanova de Cerveira. Este acto sería coñecido polo rei Juan I, polo que por mediación do bispo Diego, solicitaba a entrega do castelo, porque a nome do propio rei a tiña tomado o señor de Goián. Debido á situación xeral, Lourenzo Correa non debía estar moi á espera de acontecementos, xa que o 30 de xullo aparecerá polos pazos da Oliveira, perante o bispo, para reclamar unha copia da instrucción do monarca castelán, “para recurrir con ella á su Magestad”133. Este curioso feito invítanos a pensar en dúas cuestións: a toma de Vilanova de Cerveira atópase dentro do marco das guerras castelán-portuguesas. Os Correa tiñan intereses ao outro lado do Miño, e polo tanto tamén posibles fidelidades, polo que pedir copia da instrucción de Juan I non era máis que un entretemento para agardar polo vencedor entre os dous bandos. Por outra banda, a presenza do bispo Diego de Anaya en Tui o 30 de xullo, establece o mantemento do status quo na cidade, xa que como señor da mesma, o bispo mantiña un pequeno exército persoal, o que servía de disuasión a calquera cambio de fidelidade. Sabemos que o 19 de xullo do ano seguinte -1387- estaría o bispo tudense xunto ao rei Juan I134. O fracaso de Xoán de Gante sería debido, principalmente, pola fatalidade, malia contar co apoio do mestre de Avis, João I. Contando con amplos apoios en Galicia, non contou coa súa concreción como acontecerá antano cos Castro e Fernando I. Aínda que o motivo principal acabaría sendo a peste que asolaría Galicia no verán e outono de 1386, que dezmaría as súas tropas de élite, ao igual que o fará co exército que desprazara o Mestre de Avis ata Castela. 133

Avila y La Cueva; op. cit. tomo IV, pax. 2. Este extraordinario dato o tirou Avila y La Cueva do propio arquivo da casa solar dos Correa en Goián. Por desgraza a desaparición dos arquivos nobiliares fixo desaparecer tamén unha parte moi importante da historia galega. 134 Idem.

Acabaríase asinando os acordos de paz de Trancoso en xullo de 1387. Os tratos establecían o casamento da súa filla, Caterina de Lancaster co herdeiro ao trono castelán, o infante Enrique -logo rei Enrique III-. O herdeiro á coroa de Castela recibiría o título de Príncipe de Asturias. A guerra luso-castelá Aínda que Xoán de Gante asínase a paz, o que seguiría en guerra aberta sería João I. Aproveitará o efecto psicolóxico que produxo nas tropas e señores de Castela a contundente derrota de Aljubarrota, para recuperar vilas e cidades que seguían obedientes a Beatriz e ao rei de Castela (Chaves, Bragança, Melgaço,..). O rei Juan I lamentaríase da falta de capitáns para o seu exército, o que poñía sobre a mesa a debilidade castelá e a imposibilidade de resposta rápida aos ataques do portugués. Semella que nesta situación recuperara Valença a súa obediencia. Emprendería unha campaña no norte cuxo obxetivo sería primeiro recuperar Melgaço, en mans de Álvaro Paes de Soutomaior e Diego Preto Eximeno, logo de cercala. Neses días informarían ao rei que Salvaterra do Miño, que a tiña no seu poder, fora a pasar a mans de Paio Sorredea de Soutomaior ao lla entregar un tabelião 135 e dous homes de armas. Intentaría enviar un grupo fortemente armado, pero sería inútil o intento. Pasarían 6 meses de tregua acordada entre as partes en conflicto, e rematado este tempo, João I establecería un novo obxetivo, Tui. A cidade episcopal non sería un obxetivo casual, tal e como nolo narra Fernão Lopes, senón que tiña a súa orixe por unha extraña oferta de preitesía lanzada por Paio Sorredea de Soutomaior, isto é, pasarse á obediencia do monarca portugués entregando neste paso a cidade miñota. Curiosamente era unha trampa, da que tiña coñecemento o mesmo rei Juan I, segundo Fernão Lopes, para atraer a João ao norte e teoricamente poder vencelo nestas terras. Por unha cousa ou outra, o rei de Portugal armaría un exército, para render por preitesía136 a cidade, pero en chegando a Tui o 23 de agosto dese ano de 1389 e comprobando o engano, non se retiraría, senón que poría cerco sobre a cidade. O cerco sobre Tui sería duro, o monarca mandaría poñer enxeños137 arredor da cidade, incluso habería un no río, sobre pedras que tiña afundido expresamente para este propósito. O único lugar respetado da cidade era a Catedral, xa que neste se estaba a refuxiar a xente, levando consigo as súas pertenzas.138 Entrementras se desenvolvían pequenas escaramuzas entre os da cidade e os do 139 arraial , con mortos e feridos, o rei portugués escoitaba noticias de que o rei de Castela estaban procurando tropas para liberar Tui, malia estar “muy menguado de capitanes de guerra. E porque non dixiesen que non mostraba algún cobro e non enviaba defender aquella cibdad, envió estonce allá a don Pedro Tenorio, arzobispo de Toledo, e a don Martín Yáñez de Barbudo, portogués, maestre de Alcántara, con cierta compaña; e el arzobispo de Santiago don Juan Garci Manrique, que estaba en Galicia, se juntaría con ellos, para que ordenasen aquello que fallasen que cumplía a su servicio.”140 135

Un notario. A preitesía e o homenaxe sería o xuramento de obediencia ao rei, facendo entrega do castelo ou cidade pacíficamente. 137 Os enxeños serían catapultas, balistas, etc, para lanzar-propulsar grandes pedras que provocaban gran destrucción e pánico nas xentes. 138 Fernão Lopes; op. cit. pax. 306. 139 Arraial, campamento militar. En Tui, no barrio de San Bartolomeu, aínda existe unha rúa co nome de Arraial. 140 Pero López de Ayala; op. cit. Ano XI do reinado de Juan I, cap. V. 136

Perante novas tan preocupantes, João I daría aviso ao Condestable de Portugal que andaba entre o Texo e o Guadiana para que acudise a Tui, e tamén ao Concello de Lisboa, e nel o Doutor Iohão das Regoas, na cidade armarían prontamente seis galeras embarcándose todos por mor da escaseza de animais para o transporte por terra, e en catro días chegarían a Tui. Seguiríanse os combates, ata que na cidade verían a imposibilidade de ser socorridos a tempo, polo que rendirían preitesía ao rei João, e aínda que este non era pola labor, consentiría, sendo o mes de setembro dese ano de 1389. Paio Sorredea xuraría a súa vasalaxe ao portugués, pero antes de catro días o Soutomaior fuxía para ir xunto do monarca castelán, nun acto moi propio do seu carácter e personalidade. Perante isto, João I entregaría a cidade para a súa guarda a Gonçalo Vasquez Coutinho, e marcharía cara Braga. Asinaríanse novas paces entre Castela e Portugal pouco despois, nas Tregoas de Monção, no outono de 1389. O intercambio de fortalezas e cidades sería a peza fundamental deste tratado, entregando João I a Castela Tui e Salvaterra, a cambio de Noudar, Olivença, Mértola, Miranda, etc. Curiosamente, o rei Juan nas cortes de Guadalajara de 1390, perdoaría “a ciertos omes de la cibdad de Tuy, que fueron en fabla e consejo de dar la cibdad al maestre Davis, que se llamaba rey de Portugal”141, o que nos leva a pensar no dobre xogo de Paio Sorredea, e que Juan I non estaba enterado do pretendido engano ao rei de Portugal. Unha cidade como Tui, sometida ao avatar dunha fronteira, entre paises en guerra, procurar a situación máis ventaxosa forma parte da axenda de supervivencia dos seus habitantes, aínda que outra cousa eran as veleidades de Paio Sorredea de Soutomaior, guarda da cidade. A entrega de Tui era un paso lóxico ao sufrimento que esta padecendo, co bombardeo constante e a destrucción que se reflectía sobre as casas, tal e como nolo aseguran os protocolos con varios exemplos como o da destrucción dunha casa na rúa Malega, xunto da porta Vergán “ a qual casa aforaron ao dito Afonso Gago por quanto ficou dampnada e destruyda dos engennos quando o Mestre davis rey que se chama de Portugal tomou esta çidade”142, e nos arredores coa desfeita dun casal na Lagarteira “enna çerca de sobre esta villa que y fezo o Meestre davys que se chama rey de Portugal”143. O Concello máis tarde lembraría esta situación “…reçeberom grandes penas dapnos et meos cabos tanbem ante da çerqua enna guerra que abiam con Portugal como despois enna çerqua en que fforam conquistados dos inimigos”144. E outra sería sobre unhas casas “que estam enna Rua de fecha ao canto indo para o postigo do Ribeyro asy como partem da parte de contra çima com as casa de Johnn fernans reitor da iglesia de Santiago de Maloes et em fondo partem ao longo com a rua que vay para a porta do arquo et topam ennas casas de Stevo domingues do postigo coengo et veem seyr aa dita Rua de fecha, as quaes casas ora forom dapnificadas ena estada que aqui esteverom os chamorros.. 145”, aparecendo por primeira vez a palabra chamorro para se referir despreciativamente aos portugueses. 141

Pero López de Ayala; op. cit. Ano XII do reinado de Juan I, cap. III. A.C.T., Prot. Nuno Gonçalves. De Ermelindo Portela, op. cit. pax. 334. 143 Ibidem. 144 A.C.T., pergamino 2/8, 1393, 23 novembro. 145 A.C.T., Prot. Nuno Gonçalves. Fol. 70. 19-02-1390. 142

O interese desta documentación ven dado por algo que a todos se lle pasa por alto: a utilización de maquinaria de asalto nos asedios, e os conseguintes efectos destructivos no interior da cidade. Feito este que acontecerá en Tui moitas veces. O Preito das Fortalezas Efecto da entrega da cidade ao rei Juan, foi un conflito que se desatou en Tui durante varios anos, no que sorprendentemente a cidade pasou a ser de facto de reguengo e independente do señorío episcopal. O bispo Diego Anaya y Maldonado pasara a ser bispo de Ourense en 1390, pero podémolo ver xa fóra da cidade tudense na primavera de 1390. Neste contexto, sen señor episcopal, debeu ficar Tui, e sen posible señor que a defendese, o único válido era o designado polo rei castelán. O tenente da cidade -o gobernador- sería Ruy López Davellos, quen tería facultades para poñer xustizas na cidade. Isto é, con este acto, o rei retiraba oficiosamente o señorío sobre a cidade aos bispos. Coa ausencia do bispo semella lóxica a actitude do rei para defende-la cidade. Pero debemos lembrar que o señorío era compartido co cabido, e este seica non se opuso a tal medida xa que logo fixo o preito e homenaxe ao rei e tempo despois ao arcebispo compostelán. Pero non contento de reter o señorío episcopal Tui, tamén o fixo con A Guarda, que trala concesión de Enrique II en 1371 pertencía ao Bispo e Cabido. Juan I poñería á fronte do concello guardés e do seu alfoz ao fidalgo Nuno Fernandes Cabeza de Vaca, quen tería facultades para poñer alcaldes e oficiais na vila mariñeira. Seica que non se discute a propiedade de Tui e A Guarda, senón a súa xurisdicción que pasan a ser controladas polo rei, quizais para intentar ordenalas debidamente ante máis ataques dos seus inimigos os portugueses. O tenente da cidade, Ruy López Davellos, poñería como xuíz e xustizas a Afonso Fernandes, Gómez Nunes e Lopo Afonso, estes últimos posuindo as chaves da cidade. Estamos ante un conflito ou contenda moi semellante ao Preito das Chaves de 1287, coa diferencia que alí o rei nomea a uns xustizas pero sen retirar o señorío ao bispo e cun prazo de devolución das chaves e dos seus cargos, prazo habitual aos cargos do concello. E con outra diferencia fundamental, o preito e homenaxe -isto é a promesa de obediencia e lealtade- a fan ao rei Juan I non como hai cen anos ao bispo e cabido de quen recibirían as chaves. Polo tanto, a complexidade do caso vai máis aló da interpretación da lei. O concello e o tenente da cidade teñen como o seu señor ao rei, xa que a el lle deben obediencia e lealtade polo preito e homenaxe realizado, e baixo este feito non poden, nen deben, e por suposto, nen queren, obedecer a outro señor namentres o preito e homenaxe non fose retirado, e como é o propio rei a quen se lle fai, deberá ser el quen o quite. Pero as cousas non paran aquí, xa que logo, o rei Juan I morrería en accidente de cabalo -aos 32 anos de idade- en outubro de 1390. Coñecida a súa morte achegaríase rapidamente ata Tui o arcebispo de Santiago Juan García Manrique pois “al tiempo que sopo la muerte del rey dom johan … (viu) a la çibdat de Tuy por la guardar et poner recaudo en ella … por quanto el dicho electo nin otro alguno quela podiesse guardar et defender non estava en ella”146. 146

A.C.T., pergamino 2/8. 1393, 23 novembro.

O acto era teoricamente unha medida preventiva por se a cidade puidese ser tomada polos portugueses nuns momentos tan delicados para o reino. O arcebispo realizou tal feito para cumprir co seu novo rei Enrique III, pero como non pode estar na cidade xa que outros deberes o levaban a súa dicócese ou á corte do novo rei puxo a Paio Sorredea de Soutomaior como guarda e valedor da cidade, posuíndo as chaves das fortalezas de Tui: Torres e pazos do bispo, Torre Vella e Torre do Concello. Por todo isto Paio faría preito e homenaxe ao arcebispo, e probablemente tamén o farían o concello e os xustizas da cidade. Nesta mesta selva de obediencias ficaría a cidade baixo varios señores, o rei, o arcebispo, e o bispo tudense que ficaría marxinado nesta situación, pero non será ata 1391 cando saia elixido como novo bispo de Tui Juan Ramírez de Guzmán xa que desde fins de 1389 Tui non contará cun bispo que defenda o seu dereito secular sobre o señorío tudense. Cando sae elixido o novo bispo tudense debeu atoparse coa situación descrita arriba. Os prexuízos eran moi graves para o bispo, posto que minimizaba a súa autoridade. Tan cedo como soubo o estado da súa cidade, debeu esixir lealtade aos xustizas, concello, tenente, Paio Sorredea, e todos aqueles que tivesen algo que ver na cidade. A resposta de todos eles sería clara e contundente: non podían obedecer ao bispo porque a cidade xa non era súa senón do rei a quen debían preito e homenaxe, e tamén ao arcebispo, e a todos aqueles que pasaran por Tui menos ao bispo e lexítimo señor da cidade. Desta vez a argumentación era clara, sen chegar a reviradas interpretacións da lei. Sen demora, Juan Ramírez de Guzmán, poñería o interdito 147 sobre a cidade: “por la cossa et agraveo quela dicha iglesia resçebio fue puesto entredicho en la dicha çibdat”148. Esta grave pena eclesiástica non debeu facer recuar ao concello, pois o bispo tudense tería que solicitar do rei Enrique a supresión do preito e homenaxe debido ao rei Juan, e que o rei solicitara do arcebispo a retirada do seu preito e homenaxe. Con todo isto mandaranse cinco cartas dirixidas a cada un dos implicados e que debían ser ensinadas polo procurador nomeado polo bispo, o arcediago de montes Lopo Rodrigues, quen debería facer que fosen entregadas a cidade e as súas fortalezas ao bispo. O caso é que as cinco cartas estaban escritas en marzo de 1391, pero ata o 3 de novembro de 1393 non faría o bispo a saída definitiva para Tui das devanditas cartas. Cando foron recibidas as ditas cartas, estaban presentes Paio Sorredea de Soutomaior quen posuía as fortalezas; o arcidiago de Cerveira quen tiña “ a iglesia cathedral da dita çidade que he huna das mellores fortallezas que estan en ella”; e o concello, posuidor das chaves da cidade. Ensinadas as cartas reais cada un dos implicados foron obedecendo. O concello argumentou sobre a situación acontecida, “diserom que aelles et a esta çidade desla morte de dom Johan Fernandes de Souto maior bispo que fora desta iglesia recresçeram muytos perigos et grandes e graves negoçios assi enna çerqua que os portugueses fezerom ssobre esta çidade como despois enna morte de nosso sennor el rey dom Johan que deus perdom, et que por guardar serviço do dito sennor rey 147

O entredito é unha pena canónica pola que a Igrexa prohíbe a unha persoa ou a un lugar, a asistencia ou a celebración dos oficios divinos, a administración de certos sacramentos e o soterramento no lugar sagrado. Para incurrir na dita censura é preciso que se tivera cometido unha falta externa grave pola súa materia ou circunstancias, que signifique un menosprecio ou rebelión contra os preceptos ou autoridade eclesiásticas. O entredito diferénciase da excomunión en que esta é unha pena que priva de maior número de bens espirituais. 148 A.C.T., pergamino 2/8.

reçeberom grandes penas dapnos et meos cabos tanbem ante da çerqua enna guerra que abiam con Portugal como despois enna çerqua en que fforam conquistados dos inimigos, por las quaes razoons lles aconteçera de fazer alguns pleitos et menajees et pleitos et posturas et prometementos que en outra guissa sselles os ditos negoçios non acontesçeram non fezeram primamente consentido ao dito Ruy Lopez poer alcaldes en esta çidade por lo dito ssennor rey ussando con elles et tomando delles ofiçios et ficando en sseu lugar dos ditos vizinos por ofiçiaas quando daqui partia o dito Ruy Lopez”149. Este relatorio intenta fixar unha data para o comezo dos males sobre cidade, isto é, a morte do primeiro bispo Soutomaior en 1323. Xa vimos como as fames, pestes e guerras mudaran a situación de calma e benestar anterior, o documento do concello corrobora os problemas para a cidade desde o primeiro cuarto do século XIV. O Concello remata a súa argumentación: “et que agora byam as ditas cartas et mandado do dito ssennor rey dom Enrrique que deus mantenna e do dito senor arçibispo et que as reçebiam homildossamente et con aquela reverençia que devyam et reçebiam outrossi o quitamento das ditas menajees”. Dado o carácter das cartas non era posible contrarialas polo que Afonso Fernandes e Gomes Nunes entregaron as chaves da cidade ao procurador do bispo xa que eles fixeran o devandito preito e homenaxe por mandado do Concello. O vigairo do bispo ordena ao Concello que fixesen os seus cobros 150 de cara a poder entregar as chaves das portas da cidade a aqueles que fosen escollidos, desta vez polos modos que dictaba a vasalaxe ao bispo de Tui. Con rapidez o Concello ofreceu os seus cobros: nun a Lopo Afonso e Xohán Collaço, e noutro Estevo Degues e Vasco Martim. Ante tal rapidez “os ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam et cabidoo beendo o bom curaçom et talente dos ditos conçello et homes boos et que foram et eram bem diligentes para conprir o mandado do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo et prestes para todo serviço do dito ssennor bispo et dayam et cabidoo”. Todo transcorría ben, sen rebeldías, algo que polas palabras anteriores debía temer o procurador e vigairo. Xa só ficaba Paio Sorredea de Soutomaior para que fixera preito e homenaxe ao bispo e retirara o anteriormente feito ao arcebispo. Paio obedecía o contido das cartas así que “frontava et requeria ao dito arçidiago de montes que tomasse et reçebesse as fortalezas que el tyna enna dita çidade, convem a ssaber as torres et paaços de morada do dito ssennor bispo para o dito ssennor bispo em espeçial e a torre bella et a torre do conçello para os ditos ssennores bispo et cabido ssegundo que acustumarom deas aver et lle quitasse a menajeem que por las ditas çidade et fortalezas tynna feita”. Erróneamente se ten dito que a entrega das fortalezas por Paio Sorredea foi tardía reténdoas durante bastante tempo -desde 1391 data das cartas ata 1393 data da entrega oficial-. Xa vimos anteriormente como o Concello estaba metido no allo e o asunto era máis complexo, entrando nos devanditos preitos e homenaxes o proprio deán e cabido. Pero como Paio era un “fidalgo et grande e boo e basallo do dito ssennor bispo” e “querendo el estar enna dita çidade et teer as ditas fortalezas que el requeria primeramente aos ditos dayam et cabido et conçello sselles prazia deo dito Paay 149

Ibidem. Son as persoas presentadas polo Concello en dúas parellas para que o Bispo ou o seu vigairo fixesen a súa escolla. 150

Surredea estar enna dita çidade e teer as ditas fortalezas fezendo por elas aquela menajeem que debe fazer home fidalgo et os ditos dayam et cabidoo diserom que em casso que ao dito Paay Surredea proubesse que prazia a elles”. Tal proposición sería aceptada polo vigairo do bispo, cunha serie de condicións “que el collere ao dito ssennor bispo enna dita çidade de tuy et ennas ditas fortalezas quitado et pagado de noyte e de dia con poucos et con muytos quando e cada que el chegasse et a ques oras que el chegasse et o apoderasse enna dita çidade et fortalezas byndo el porssi pessoalmente et nom byndo por ssi pessoalmente et enbiandolle sseu recado çerto com vem assaber sua carta firmada de sseu nome et seelada con sseu seello pontifical e signada de nome et signal de notario en que mandasse entreguar a dita çidade e fortalezas a outro algum et quitandolle o dito ssennor bispo et os ditos deam et cabidoo esta menajeem quelle ora faziam que el collese enna dita çidade aqual que o dito ssennor bispo mandasse”. Debía facer o Soutomaior preito e homenaxe polos bispos que viñesen, e facendo guerra e paz por eles. É curiosa a presenza dos Soutomaior na cidade. Xa vimos como na toma da cidade de 1389 polo rei João acometera a defensa da cidade Paio Sorredea. Entre as cartas mandadas polo rei Enrique en 1391 menciónase a Álvaro Páez, Diego Álvarez e o propio Paio, os tres irmáns Soutomaior, quen xunto con Álvar Fernandes de Valladares rendirían preito e homenaxe ao Arcebispo de Santiago para defender a cidade e acoller nela ao prelado compostelá día e noite, polo que o rei lles pedía a obediencia ao novo prelado tudense Juan Ramírez de Guzmán. Esta masiva presenza dos Soutomaior xunto con outros nobres poderosos na cidade indica xa ás claras como a presión señorial vai tomando unha forma definida en Tui, no que a nobreza xa non se conforma con causar algúns males nos coutos e posesións episcopais, senón e que ademais tomará parte no poder da diócese controlando tributos, coutos, vasalos e a propia cidade. A conquista de Tui por João I Tui seguiría sendo albo do rei João e logo de rematado o período de paz establecido en Monção por seis anos, en 1396, voltarían os combates, tomando João I Badajoz en maio dese ano. Aos ataques portugueses seguiranse saqueos e destruccións no Alemtejo por parte dos casteláns; mentres, a fame se extende en Portugal no período de 1397 e 1400151. Os escenarios da guerra mudarían do Alemtejo e Estremadura para o norte, Minho e Tras-os-Montes. O rei portugués retornaría a facer da marca do Miño un obxetivo da súa campaña, aínda que desta vez a motivación era a defección de varios capitáns e nobres como João Fernandes Pacheco, Gil Vasques da Cunha e João Afonso Pimentel, no que a súa fuxida a Castela carrexaría a mundaza de homenaxes en varias vilas e castelos como Braganza, Vila Maior, Vinhães ou Mogadouro. O rei portugués se dirixiría a Porto para chamar alí ás súas xentes e dirixirse a Ponte de Lima. Nesta vila faría alardo 152, xuntando catro mil lanzas e moitos peóns e besteiros153, dirixindo cara a Monção. 151

Ricardo da Costa; op. cit. Alardo é unha revista de tropas que se facía anualmente ou ben coma neste caso, xente armada preparada para o combate. 153 Besteiro sería o que utiliza a balesta, arma de precisión e potencia moi utilizada na idade media para vencer as armaduras dos cabaleiros e outras defensas, ademais de precisar o seu manexo menos practica e habilidade que o arco. 152

Desde esta vila fronteiriza irían a Chozas, lugar onde pretendía vadear o río Miño. Desta guisa, o 4 de maio de 1398 estaban acampados esperando o paso cara Galicia, cando recibirían novas do gran xuntamento de homes e armas en Salvaterra do Miño, encabezadas polo Adiantado Maior de Galicia, Diego Pérez Sarmento, que sabendo da chegado do rei portugués e da súa intención de cercar Tui, pretendía entrar na cidade e axudar na súa defensa. Pero a intención do Adianto Maior non sería ben recibida en Tui, gardada por Paio Sorredea de Soutomaior, e sería rexeitado o seu ofrecemento xa que na cidade argumentaban que xa eran suficientes para a defender. Diego Pérez Sarmento, escoitando isto, daría volta e chantaría o seu arraial no campo do Louro, á espera de acontecementos. Nisto o rei João quería apurar o paso do río para lanzarse sobre as compañías do Adiantado Maior para segundo el “se os podessem tomar, que sería muy bom começo”154. Cruzar o río Miño non era labor doada. O vadeo requería xentes con experiencia da zona, requerindo do alcaide de Monção, Diogo Dabreu, uns guias para o cruzar. Fernam Daires e João Vazquez serían os encargados de ensinar o lugar do vao, chamado o Vao das Estacas. Era xa o serán e a noite tampouco acompañaba en claridade para pasar por culpa das nubes, pero o rei quería chegar pronto a outra banda para sorprender ao inimigo, polo que ordenaría chamar a un dos guías para que fose á fronte das tropas. O rei cruzaba no seu cabalo, e a auga chegaba a altura do peito do animal. Como o vao non era recto, tiraba cara augas arriba, seguindo o curso do depósito de seixos que permitía o vao. Pero por debaixo da língua de seixos existía un profunda poza, e a corrente era máis forte do que se preveía. Cruzou o rei co guía, pero os seguintes, por falta de luz e ás voces dos que se afundían na poza, seguían tamén rectos, polo que perecían. O drama desatábase pola noite, os que caían na poza por se salvar agarraban nos seus compañeiros e os levaban consigo para o fondo daquel horror, ata que os que viñan detrás decataronse da situación e avisaron ao rei João, que ordenaría parar a marcha. Os que conseguían nadar cos seus animais, tan pronto chegaban ás escarpadas ribeiras quedaban alí atrapados, berrando auxilio, mais impedindo o seu socorro a situación do exército e a escuridade. Ao novo día, coa claridade, o rei puido comprobar con espanto como unha parte importante do seu exército se perdera daquela maneira. As perdas, segundo Fernão Lopes, chegaría ás quiñentas persoas, entre escudeiros e paxes ademais dalgúns capitáns, como Afonso sobriño do rei, ou João Rodríguez Pereira. Despois deste desastroso paso do Miño, o rei tomaría Salvaterra, e encamiñandose por Souto maior155, poñería o seu arraial sobre Tui, nese mes de Maio de 1398. O cerco sería total, non permitía sair nin entrar na cidade, aínda que Tui atopábase abastecida como resultado do coñecemento da chegada do rei de Portugal. En xentes de armas, peóns e besteiros tamén estaba ben fornecida, sendo o seu principal defensor Paio Sorredea de Soutomaior, acompañado desta vez do seu sogro, Pedro Fernandez de Andrade, Pedro Dias de Cordova e Gonálo Açores, xunto con trescentas lanzas, o que permitía unha dura defensa da cidade e un serio obstáculo para o rei João I. O rei poñería os seus enxeños arredor da cidade, cun bombardeo constante e duro, que non conseguía a rendición de Tui. Habería unha solicitude -preitesía- ao monarca de que os enxeños non tirasen durante a noite, e os defensores non tirarían 154

Fernão Lopes; op. cit. pax. 370. Descoñecemos a que Souto maior se refire o cronista, probablemente se trate dalgún lugar por Salceda de Caselas, utilizado como vía de aproximación máis segura cara a Tui. 155

“setas com crua”156. Por isto “El Rey consentio em ello, por que lhe nom prazia per nenhum modo que huma Sé honrada, e antiga, que ha na Cidade, hú he fama que jaz o corpo de Frey Pedro Gonçalvez, recebese nehum dano de sua parte”157. Este acordo provocaría escaramuzas no exterior do recinto fortificado tudense, sobre todo cos besteiros, que provocaban importantes perdas no exército portugués, e debían ser un continxente numeroso e experimentado. Por outra banda, os enxeños do rei luso tamén producían danos severos na cidade, e incluso chegaban a matar persoas158. João I, preparía as escalas para combatir a cidade directamente, escollendo para este primeiro asalto a algúns dos seus principais escudeiros. Entre eles contábase un tal João Preto, protagonista dunha curiosa historia. Este escudeiro intercambiaría algunhas palabras cun afamado besteiro tudense, Gonçalo de Paredes: preguntáballe o tudense ao portugués se ía ir na escala a combatir, respondendo João Preto que si, polo que o de Tui lle diría si “queresme peitar e nom te tirarei?”159. A resposta do portugués sería totalmente despreciativa , afirmando que non apreciaba a puntería do tudense, e incluso sinalaríalle as armas que ía levar para que o identificase mellor. João Preto lle contaría ao rei o feito, e cando chegou o día do combate, o monarca indicaría ao escudeiro que se armase ben, e lle entregaría un bacinete para lle protexer a cabeza, xa que o de João Preto estaba en mal estado. O asalto produciríase sobre unha das torres da cidade, descoñecendo se atacaron polo norte ou polo oeste, e nela xa estaba preparado Gonçalo de Paredes, apuntando para a chegada de João Preto. O portugués iba vestido tal e como lle indicara ao tudense, con follas cubertas de veludo verde e unha banda de trena de ouro. Tan pronto achegouse á escala para pousar na torre, o portugués mirou un pouco para arriba para ter algo máis de vista da que podía, Gonçalo de Paredes dispararía a súa arma, acertándolle a João Preto sobre os ollos, a ferida sería mortal. Representa este feito o fracaso de intento de asalto, con varios feridos e mortos, e unha escala que non chegaba, ademais da cabrita ou máquina pequena para lanzar pedras que desde a torre danaba a escala. Ordenaría a retirada de tropas e escala o rei João, o que provocaría un estoupido de ledicia na cidade, pensando que o rei portugués, polas perdas en homes e danos na escala podería abandonar o cerco sobre a cidade, as palabras, berros e escarnecementos sobre os combatentes saían dos muros de Tui, pero nada máis lonxe da vontade do rei João que afastarse de Tui. Mandaría correxir a escala, e facer unha canizada para protexer o arraial160. Entretanto o cerco se producía, o rei de Castela, Enrique III, ordenaría varias manobras para distraer ao portugués, e mandar un exército que librase do cerco a Tui. Ruy López de Avalos encabezaría o continxente para librar Tui do cerco portugués. En 156

Entendemos que se refiren a un tipo de frecha con punta con ganchos, o que podería ser moi doloroso para os asaltantes porque lles impediría quitar a frecha sen facer unha auténtica chacina na súa propia carne. 157 Fernão Lopes; op. cit. pax. 372. 158 O efecto dos enxeños e maquinaria bélica de asalto, aínda que rudimentario, non é desprezable. 159 Reconozcámolo, os dous eran moi “chulos”, máis o portugués, pero o de Tui propoñer o pago -este é o significado de peitar- de diñeiro para non disparar sobre o individuo concreto, manifestando así a súa boa puntería, pode ser chocante para a nosa mentalidade, pero na idade media, cualquier situación podía ser boa para un negocio, e os dialogos entre defensores e atacantes eran máis que habituais nas longas xornadas dos cercos. 160 O canizo como medio de protección e defensa era moi útil na idade media e incluso despois coas armas de fogo. Trenzábanse os vimbios para facer unha estrutura sólida que protexese do lanzamento de obxetos, como pedras e frechas, o campamento.

canto o rei João soubo desta nova, enviaría recado ao Condestable Nuno Álvares para que coas súas forzas axudase na toma de Tui. O Condestable recibiría a notificación e estaba preparándose en Évora para a marcha, cando recibiría novas preocupantes da preparación dun exército por parte do Mestre da orde de Santiago para entrar pola rexión do Guadiana, mentres na Beira, entraba un exército ao mando do infante Dinís, que se intitulaba rei de Portugal, en acción e alianza co rei de Castela. Nesta situación, o Condestable iría combatir na Beira, por quanto xa estaban a destruir as comarcas de Guarda e Viseu. O Conde de Barcelos, Nuno Alvares, cun pequeno grupo de xentes, seguiría cara o interior na busca do infante Dinís, e achandoo en Covilhão, dirixíuse para alí, pero o que pretendía ser rei de Portugal, sabendo da chegada do Condestable, non prantexaría batalla e retornaría a Castela cos seus. Nuno Alvares, ordenaría o envio dalgunhas tropas para a rexión do Guadiana e a preparación doutras para o cerco sobre Tui. Mentres acontecía todo isto, o rei João en Tui seguía co seu traballoso cerco e os combates, á espera da chegada de Ruy López de Avalos e as súas xentes de armas. O rei estaba presto ao combate, e incluso tiña escollido un campo de batalla. Cando as hostes casteláns estaban a menos dunha xornada de camiño do arraial portugués, retrocederían cara a ponte Sampaio partindo ao día seguinte para Pontevedra. A explicación deste curioso feito, era que en Pontevedra estaba o arcebispo de Santiago Juan García Manrique, que tiña claras desavenencias co rei de Castela. As tropas casteláns, perante a posibilidade de ter un enimigo ás costas, deixaron Tui e procuraron tomar Pontevedra. Un relato deste feito está sinalado na crónica de Pero Niño, primeiro Conde de Niebla, unha personaxe histórica con moitas querencias cabaleirescas: “El rei de Castilla ayuntó su hueste, é enviola con D. Ruiz Lopez Davalos: é llegaron al Padron, é ovo discordia entre los caballeros de Castilla, é si entonces Pero Niño fuera creido, aunqueera mozo, la Cibdad fuera acorrida, é nonse perdiera aquella vez. Pero non la acorrieron, por cuanto D. Juan Garcia Manrique, arzobispo de Santiago , quedaba en las espaldas, que estaba diviso del rei, é abiase alzado con Pontevedra, é fizo alzar otros castillos enaquella tierra de Galicia, si non, non fuera tomada. Ovo de tornar la hueste á pontevedra, donde estaba el Arzobispo”161 A cidade ficaba sen o socorro prometido, e as mostras de ledicia e prepotencia que mostraran contra os seus sitiadores, ante a presencia en Galicia do exército de Ruy López de Avalos, alimentaría a vontade de tomar Tui. Na véspera do día de Santiago, 24 de xullo, o rei João ordenaría combatir. Moverían a ala e a escala, e os peóns e besteiros, traballaría arreo para que pousase nunha torre da muralla tudense. Os defensores prenderon lume na escala, sendo apagado polos portugueses. Pero os tudenses aínda tiñan a cabrita para danar a escala, e así o fixeron, causando algún destrozo na escala e na arca da ala. Semellaban importantes os danos porque se retirararían os sitiadores. A ledicia nos muros da cidade era perceptible, e pensaban que tardarían moito en voltar ao ataque. O rei João, con moito enoxo, ordenaría o arranxo de escala e ala durante a noite. Para sorpresa dos tudenses, o rei portugués retornaría ao combate no día seguinte, día de Santiago, colocando a escala e aos seus homes en posición dun ataque máis contundente que o anterior: “...mandou El-Rey dar as trombetas, e mover a escala, e fazer todos prestes para combater, como no dia passado, e os engenhos nom quedassem de tirar, e pouzou a escala en cima da torre, e os que nella estavão com lanças darmas aos decima, eos 161

Xosé Fortes Bouzan; Historia de la ciudad de Pontevedra. 1983. pax. 204.

da escala a elles ás pedradas, e béstas de torno, fazião grão dano em elles, de guisa que lhe fazião dezemparar o muro, e a torre, e matarom cõ huã setta o Mestre, que tirava cõ o engenho, e o primeiro, que nella saltou, foy hum escudeiro chamado Vasco farinha, que depois foy com o Conde Dom Afonso fora da terra,... que foy o combato tamanho, que dezesperarão dese defender, e começarom de bradar, que estivessem quedos, que se querião preitejar: e sahio Pero Fernãdez d'Andrade fora, e foy falar a ElRey, e fincando os juelhos em terra, disse; que lhe pedia por merce, que se sofese de mais combater, que lhe querião dar o logar, leixandoos ir com seus corpos, armas, e averes. E que lhe nom devia ter a mal de se defenderem por sua honra ser guardada, e outras razões...”162. João I atendía as razóns de Pedro Fernández de Andrade, pero non as compartía xa que “...gentes, que em tão desmesuradas palavras se soltavão, como os que dentro jazião, que nom avia mister outra preitezia, salvo tomalos por força, como elle já tinha prestes, e cortarlhes as cabeças com as lingoas, para mais nom palrarem em outro logar”. O de Andrade lle respondería con tanta humildade e con tan mesuradas palabras, que João I, permitiría a súa marcha coas súas armas. Entraría de novo na cidade Pedro Fernández de Andrade e con isto cesarían os combates por este día. Ao día seguinte, 26 de xullo, “ordenou El Rey de entrar na cidade, e Iohão Gomez da Silva, que era Alferez, sobio pella escala, com a bandeira Del Rey tendida, e muitos con elles todos armados, com lanças nas mãos, e bacinetes postos, e assi entrou a bandeira muito acompanhada per cima do muro, com muitas trombetas, e pipias, e outras alegrias: e ao pè da escala, anteque a bandeira fosse, fez El Rey cavaleiro seu filho Dom Affonso, e doutros bõos ata seis, ou sete, e depois que a bandeira andou pello muro arredor, entrarom na Sé, e pozeraõna nunha alta torre della”. Ao mesmo tempo Gonçalo Vasquez Coutinho entraba polo Porta da Pía con moitos homes de armas, achando na Catedral moita riqueza, por canto servira de refuxio aos habitantes da cidade e o seu termo e con eles os seus averes e pertenzas. Requerían os tudenses ao rei João as súas propiedades, pero o monarca lles contestaba que iso non lles prometera163 e as riquezas quedaban a súa merce. Non habería altercados na saída da xente da Catedral, e só serían escarnecidos con algún apupo polos soldados e escudeiros portugueses. Como fronteiro ou capitán da praza ficaría o Comendador Maior da Orde de Avis, Lopo Vasquez, deixandolle o rei a el e aos que con el ficasen gardando Tui, as riquezas que tiñan atopado na Catedral. Tamén ficaban en Tui os enxeños e outras máquinas de combatir, mentres o rei marchaba para Porto onde estaba a raiña. No Cronicón Cronimbricense tamén se daría conta da conquista de Tui: “Cercou o muy nobre Rey Dom Joaõ de Portugal à muy nobre Cidade de Tuy. em sua ajuda ò muy nobre Conde Dom Nuno dos Reynos de Portugal, è do Algarve, è todos os Capitães Senhores dos dittos Reynos, que fizerão sobre à ditta Cidade muyto por suas mãos por suas onras, è linhages serem exaltadas, è tomou ò ditto Senhor Rey com seu exercito à ditta Cidade por forza de armas dia de Santiago da suso ditta Era no mez de Julho.”164

162

Fernão Lopes; op. cit. pax. 384. A besta de torno sería aquela que recollese a corda con manubrio en lugar do estiramento manual das normais, por iso eran máis potentes. 163 Lembramos que a negociación foi entre o rei portugués e Pedro Fernández de Andrade, e este último só se preocupaba polo seu, e non da sorte dos tudenses. A prepontencia durante o asedio, con insultos, bravuconadas e escarnio, molestaron moitos aos portugueses como se ve da reacción do rei João. 164 Cronicón Conimbricense, España Sagrada tomo XXIII. Pax. 354.

A información que nos ofrece a documentación capitular da catedral tudense 165 amplianos os incidentes desta conquista portuguesa e o cambio de fidelidade operado polo arcebispo de Santiago García Manrique, que se fará patente despois da toma de Tui. Arguméntasenos na renuncia dun foro datado166 o 19 xullo de 1404 na que os foreiros tiñan propiedades en varios lugares do bispado, sobre todo a vila de Baiona, dicindo que “…por rasom que enas guerras que nosso sennor el rey de castella ouvera con o aversario de portugal a çidade de Tuy e as villias de Bayona e da Guarda e de Salvaterra e de Ribadavya e esta terra toda de Toronho por la mayor parte foram tomadas e conquistadas por lo dito aversario e teveram en seu poder a dita çidade e a dita villa de Salvaterra por espaço de çinquo annos e mays e a dita villa de Bayona por espaço de dous anos e que en estas tomadas e estadas que esteverom por los ditos ynimigos e outrosy enna çerqua queo arçebispo de Santiago fesera sobre lla dita villa de Bayona foram dapnificadas e destroydas todalas casas que a dita sua moller y avya e lle pertençia por herança.…” Como se pode apreciar a conquista de João I foi máis importante do que aparentaba ata o de agora estando Tui en mans portuguesas ata a Paz con Castela en 1402. O territorio portugués incluía Salvaterra do Miño e a Terra de San Martiño, isto é, case toda a banda do Miño desde o actual Arbo ata Tui. Todo este espazo ficaría baixo o control e administración do arcebispo compotelán Juan García Manrique, e así se facía intitular nos seus escritos. A entrega de Tui, Salvaterra e San Martiño, sería efectuada a través dunha tregua asinada en Segovia por dez anos o 15 de agosto de 1402, finalizando un longo periodo de ocupación e seguramente de crise para a cidade, na que nen sequera os protocolos notariais amosan información para estes anos. Aínda que en teoría o bispado tudense correspondía por ser electo a Xohán Fernandes de Soutomaior, podemos ter por seguro que os primeiros anos da súa prelatura (1395-1402) non vai estar en Tui, xa que logo a usurpación do arcebispo García Manrique, non lle permitía a posibilidade da súa estancia na cidade. Cando se reconduza a situación, o bispo, comezará a fortificar a Catedral e os seus Pazos da Oliveira, como resposta aos duros momentos de tensión entre Portugal e Castela e as diferentes ambicións que as familias nobres da rexión tiñan postas sobre Tui.

165 166

Prot. Libro VIII, fol. 136. 1424, 4 marzo. Está transcrito este foro de 1404 no devandito de 1424.

O SÉCULO XV A ERA DOS SOUTOMAIOR Producto das diferentes loitas e guerras do derradeiro cuarto do século XIV, e como prolongación da dependencia dos cabaleiros feudais que estableceron Tui como campo das súas ambicións, o século XV consolidará o total dominio da familia Soutomaior sobre a cidade: bispo, cóengos, valedores, señores e opresores da comarca, a súa pegada ficará marcada na lembranza máis profunda da historia tudense. Xa ollamos como Paio Sorredea se facía valer como defensor da cidade contra os portugueses. Este primeiro valimento transformaríase logo nun poder opresor sobre cabido e concello. No ano 1403 temos noticias167 sobre os estragos causados pola peste na comarca tudense. Por tal motivo bispo e cabido terían de se trasladar a Bouzas, pertencente ao bispo, celebrándose por algún tempo os oficios canónicos na igrexa parroquial desta vila mariñeira. Os Xantares do Rei Xa temos visto como o xantar era un tributo pagado en especie ou en moeda no concepto de tránsito do rei polas súas terras. Tamén puidemos ver como no ano 1333 o rei Afonso XI outorgaba ao bispo, cabido e concello a exección de tal tributo. Pois ben, tal privilexio non amedreñou á picaresca dos cabaleiros do bispado que encabezados por Paio Sorredea obrigarían ao bispo, cabido e cidade a pagarlle tales tributos. O camiño polo que Paio obrigaba ao pago do tributo polo ano 1420, era de relación familiar co Adiantado Maior de Galicia, García Sarmiento, ao casar o fillo deste, tamén García Sarmiento, coa filla de Paio; Tareixa168. O Adiantado concedera en graza ao Soutomaior recoller o devandito tributo, non sendo impedimento algún os privilexios que ostentaban bispo, cabido e concello de Tui. Isto expoñíano moi claro o cabido en 1421 cando “Johan de Salvaterra canonigo en nome do dito cabido e como sseu provisor diso que o dito cabido dava e mandava dar os ditos maravedis por força e contra sua vontade e con gran medo do dito Pay Sorredea” xa que logo “o cabido non devia nem era teudo de pagar os ditos maravedis en rasom do dito jantar por quanto o dito cabido era quite del por privillegio que agora cobraram quelle fora levado e roubado (dos chamorros) del rey de Portugal e do çerqo quando tenam esta çidade en seu poder e o qual lle agora fora entregue, e que portestava ao adeantado do seu dereito, e que seos pagavam agora que os pagavam por força e con o dito medo”169. Este relato amósanos os problemas que trouxo a conquista de 1398, xa que ademais dos diñeiros e outros obxetos de valor, tamén se incluirían privilexios que serían determinantes para non pagar certos tributos, o que impediría a inmediata reclamación cando Paio comezou a solicitar o xantar. Ademais, malia se recuperar o 167

Álvarez Blázquez, José Mª, e outros; Vigo en su Historia, pax. 99. Prot. Lib. VIII. Fol. 166. 169 Prot. Lib. VIII. Fol. 79-80. 13 febreiro de 1421. 168

devandito documento, o emprego da forza e o medo que tiña o cabido nas formas e maneiras expeditivas nas que se desenvolvía o Soutomaior, non tiñan máis remedio que pagar, xa que logo, saía máis barato e máis san que a oposición ás pretensións de Paio Sorredea. Extraño se nos fai o silencio do bispo, que curiosamente será tamén un Soutomaior, Xohán Fernandes. Os traballos por el realizados reforzando e ampliando as defensas dos seus pazos episcopais e da catedral, revela a súa desconfianza cara á fronteira e tamén aos seus familiares. Ante as lóxicas dúbidas legais que o cabido prantexaba, no ano seguinte Paio entregará tamén unha carta do adiantado maior de Galicia. Nela dábase potestade ao Soutomaior para que “podesse pedir demandar reçeber e acordar todolos maravedis que o bispo de Tuy e cabido da dita iglesia de Tuy e conçello da dita çidade deviam de dar do jantar del rey ao dito endeantado en cada hun ano e que podese delo e de parte delo cartas e carta de pago e de quitamento”170. Paio Sorredea de Soutomaior morrería a fins de 1424 ou comezos de 1425 171, pero non sería a fin dos xantares xa que estos os cobraría García Sarmiento como meiriño172 de Toroño173. O pago, de douscentos corenta maravedis cada parte -bispo, cabido e concello- seguiría recaudándose sen incidentes agás os de 1426, nos que cabido e concello opoñeríanse de novo. No momento en que García Sarmiento demanda o pago do xantar, tanto cabido como concello argumentaron “que elles quelle non quiserom dar os ditos dineiros por quanto lle non mostrava carta del rey por que os avya daver”174, porén, os dous escudeiros do Sarmiento, Rodrigo da Pressa e Xohán do Outeiro, responderían que se se lles obrigaba a traer a carta do rei, que o cobro penaríase co dobre. Non o debían de ter claro no cabido e concello, desconfiando quizais de que puideran conseguir o proposto ou con algunha outra argallada, que aceptaron o pago dos douscentos e corenta maravedís. En anos posteriores sería a viúva de García Sarmiento, Tareixa, condesa de Santa Marta, quen faría reclamar o pago dos devanditos xantares en 1446, non sen antes o cabido ofrecer resistencia. O preito dos Barqueiros Sendo o río o medio de comunicación máis utilizado, engadímoslle que é divisoria de dous reinos e que hai un conflicto relixioso polo medio, sumaremos uns condicionantes propicios para que xurdan contendas entre os barqueiros de amba-las dúas beiras. No ano 1421, co transfondo do cisma de occidente, desatouse un conflicto entre Tui e Valença. O motivo seica foi o apreixamento do barqueiro do cabido, Afonso Grande, e algúns males a el causados polo que decidiría o cabido prender aos que facían o labor na outra beira: “entom pareçerom os ditos Pero d’Antença e Afonso Barqueiro que tynan presos o dito cabido por injuria, prisom, mal e dapno que disiam quelles deram en faser prender o seu barqueiro que tynan preso em Valença e polos tratarem 170

Prot. Lib. VIII. Fol. 92. 8 xaneiro de 1422. Prot. Lib. VIII. Fol. 166. 12 setembro de 1425. Estos datos aportan máis luz sobre a figura de Paio Sorredea. García Oro acurtaba a súa vida ata comezos do século XV. 172 Meiriño era un cargo administrativo con responsabilidades xudiciais e económicas, exercendo en nome do señor do territorio; Rei, Bispo, ... 173 García vai ser o último meiriño de Toroño do que teñamos certeza documental. 174 Prot. Lib. VIII. Fol. 172-173. 28 maio de 1426. 171

benignamente por que eram vesinos mandaronnos soltar sub estas condiçions convem a saber que os ditos Pero d’Antença e Afonso Barqueiro trabalasem a todo seu leal saber e entendem e podem por faser soltar o dito seu barqueiro Afonso Grande que era presso e outrossi por lle dar aqui preso sem ferida e sem lesiom a Pero de Corape ou a Diego Anns ouriviz barqueiros da barqua de Valença, ou qual quer outro que ande por barqueiro da dita barqua e que sejam presos desta parte aqui de Valença doje este dia a XV dias e outrosi que ponam a barqua quelles tomarom por de Valença en seqo e que non manem con ela nem con outro barquo ata que esta contenda dos barqueiros seja defincada e ajam liçençia do cabido e non fasendo elles soltar o dito barqueiro, ou non dando aqui presos alguns barqueiros da dita vila de Valença ata os ditos XV dias quesse trovam aa dita prejom e aa torre nova 175 en que estavam demandado do dito cabido e nonsse trovando que cayam en fe perjuros e sejam teudos e obligados por si e por seus beens pagar no dito cabido de pena convençional dozentos frolys de boo ourro e de peso do cruno daragon e de resarzir correger e enmendar ao dito seu barquo todaslas terças e dapnos que reçeberom e reçebem por ocasion da dita prisom e juran ennas maos do dito Estevo Lourenço clerigo de missa deo teerem comprirem e aguardarem todo asi”176. A preocupación do cabido era lóxica xa que logo, debía valer tanto á persoa do barqueiro, que era foreira do cabido, como as mercadorías e persoas que el debía transportar, sendo o conflito un grave contratempo nas relacións sociais e comerciais da cidade. Por outra banda tamén debemos atender ás relacións vasaláticas entre barqueiro e cabido, xa que logo, como veciño de Tui e vasalo do bispo -representado polo propio prelado ou por un procurador por el nomeado- debía ser defendido e protexido por este. O conflicto debeuse solucionar prestamente; poucos días despois vemos como o cabido permitía aos dous barqueiros, Pero d’Antença e Afonso Barqueiro, que tomasem a barca e a levasem porque “alçavam o degredo da barqua”177. Déuselle remate á contenda co compromiso de Álvaro de Linares, barqueiro de Valença, causante dos males. Tanto Pero d’Antença como Afonso Barqueiro deberon cumprir o seu cometido cando o devandito Álvaro de Linares se atopaba preso polo cabido. Debeu existir algún acordo, sobre todo económico, xa que “en nome do dito cabido dava por quite e por ben ao dito Álvaro de Linares da dita querela e demanda”178. Finalizaría así o devandito preito chegando a un acordo, pero debendo brotar de novo ao socairo das guerras e conflitos que abalarían Tui no século XV. A fins do século, o bispo Diego de Muros establecería unha concordia que regularía o tráfego fluvial miñoto. Fernán Eáns de Soutomaior Continuando coa progresiva influencia dos Soutomaior aparecerá no escenario un sobriño de Paio Sorredea, Fernán Eáns. A importancia deste Soutomaior é evidente. É o primeiro do que temos constancia de dominar Tui179, e sobre todo por ser o pai dos famosos Álvaro Paes e Pedro Álvares, os dous máis famosos Soutomaior do século XV, señores de Tui. 175

Esta torre nova debía pertencer aos restaurados e ampliados pazos episcopais da Oliveira, realizados polo bispo Xohán Fernandes de Soutomaior. 176 Prot. Lib. VIII. Fol. 78. 11 xaneiro de 1421. 177 Prot. Lib. VIII. Fol. 78. 15 xaneiro de 1421. 178 Prot. Lib. VIII. Fol. 84. 1 maio de 1421. 179 Aínda que tamén o facía indirectamente Paio Sorredea, ben controlando as fortalezas da cidade, ben extorsionando a cabido e concello.

De Fernán Eáns sabemos que era “un muy buen cavallero que en dichos y en echos no era menos que aquellos de quien él desçendía”180, a súa casa formabaa “çinquenta de a cavallo, y de vassallos y beatrías tenía dos mil y quinientos hombres poco más o menos”181. Vasco de Aponte nos dí que “la çiudad de Tuy se mandaba por él”182. O feito de armas máis extraordinario protagonizado por Fernán Eans foi o secuestro de Pedro Díaz de Cadórniga na súa propria casa de Ourense, atravesando territorio do inimigo, presentándose na súa casa e cunha afouteza sen paralelo “puso fuego a las casas donde estaba el Cadórniga, y sacolo preso por la barba, volviendo por los pasos por donde viniera”183 levaríao ata Soutomaior. Este carácter sería herdado polos seus fillos os cales protagonizarían episodios semellantes. Fernán Eans de Soutomaior comezaría a exercer o control sobre a cidade coa morte do seu parente o bispo Xohán Fernandes. No ano 1423, poucos días despois da morte do bispo, o cabido queixábase dos abusos dos señores que ante o baleiro de poder deixado coa morte do señor da cidade e dos coutos episcopais, cairían coma lobos sobre as súas posesións: “Garçia Xarmento jenrro de Pay Sorredea e os seus que con el estavam en Castelo Virgaço se forom aas camaras d’Ulveira e de Sam Mateu e de Frades e levaram dende o pam e o vinno e do al que y sia e que a sisse tenyam deo ao adeante ennas outras camaras e eso meesmo Fernan Anns de Souto Mayor con suas gentes e que por quanto elles eram poderosos que nom podiam coller nem reçeber as rendas do dito bispado queo devyam e que agora quelles cometera o dito Fernan Anns selle queriam arrendar as camaras do dito obispado e que por ende quelles pediam como em maneira de consello quelles disessem se eram bem dello arrendar ante quese perder todo e elles diserom que era bem çelos do que elles disiam e que por seu entender delles quelles praçia que era bem deo arrendar ao dito Fernan Anns... sem maliçia podesse coller ante quesse perder todo”184. O cinismo amosado por Fernán Eáns era habitual para os cabaleiros galegos, e sería practicado no século XV polo sistema da encomenda sobre bispados e mosteiros; cartos a cambio de protección, pero protección dos mesmos encomendeiros e os seus escudeiros. Co control sobre os coutos que pertencían ao bispo185, o Soutomaior dominaría a maior parte do territorio episcopal tudense. Aproveitaríase o cabaleiro da sé vagante prolongada que afectou ao bispado tudense, e baixo esta debilidade exercería os seus abusos na cidade. O caso máis claro foi o do apreixamento dun membro do concello tudense no ano 1425, “entom o dito chantre feso relaçom aos ditos personas e canonigos e homes boos do conçello por como Fernan Anns de Souto Mayor fesera prender seu yrmao Fernando Esteves justiça e vesino desta çidade non gardando as cartas do seu de nosso sennor el rey...que dera ao dito conçello para os vesinnos da dita çidade quelle foram mostrados e apregoados por notarios et os ditos personas e canonigos diserom que era bem deo enviar querelar

180

Vasco de Aponte; Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, Santiago de Compostela 1986. pax. 214. 181 Ibidem. 182 Ibidem. 183 Vasco de Aponte; op. cit. pax. 215. 184 Prot. Lib. VIII. Fol. 119. 18 novembro de 1423. 185 Diferentes eran dos que pertencían ao cabido, aínda que moitos eran propiedade mista.

a nosso sennor el rey e que catasem mensageiro para elo e eso mesmo diserom os ditos omens boons leygos que por si e en nome do dito cabido o fasiam”186. A presión de Fernán Eans sobre Tui continuaría bastantes anos na sé vagante, na que o cabido e concello terían que defenderse da ferocidade do Soutomaior. Morrerá arredor do ano 1440 en Valladolid, xa como un nobre cortesano. Como dí Vasco de Aponte, Fernan Eans “fallesçio de viejo; nunca fue vençido ni preso”187, co que se amosa claramente a súa traxectoria de caudillo señorial, deixando un legado que superarán os seus fillos, cando os seus atrevementos na cidade e no bispado ultrapasen aos do seu pai. O Preito dos Chamorros Xa faláramos anteriormente do que foron as repercusións da Cisma de Occidente sobre o bispado de Tui en territorio portugués. A longa duración da cisma, e as complexidades políticas que concurrían no caso, víu a complicar a situación entrambalas dúas beiras miñotas causando problemas tan dispares como o acontecido en 1423 na que un foreiro do cabido tiña que pagar -ademáis da pensión- un maravedí para o mosteiro de Sta. Cruz de Coimbra pola dita casa que posuía pero “en quanto ho non ouvesse o dito mosteiro por rasom da çisma que os pagase para o lume da dita igreja de Tui”188. O nome de Chamorros foi aplicado indistintamente aos portugueses, sendo nomeadamente pexorativo cara aos rebeldes de Valença, que eran os máis achegados a Tui e onde radicaban a maior parte dos cregos sediciosos. O momento no que máis complicacións terían as relacións entre Tui e Valença será a partires de 1423, aínda que con anteriores episodios de conflitividade como o xa relatado do preito dos barqueiros. A data de 1423 é significativa por canto se vai aplicar as bulas papais asinadas no ano anterior polo papa Martín V, nas que se contiña a sentencia favorable ao bispo Xohán Fernandes, na que os de Valença debían restituir á igrexa tudense canto lle tiñan usurpado, e voltasen á obediencia do seu lexítimo prelado189. As devanditas bulas foran traídas polo mestrescola Estevo Trigo. O custo das mesmas tería que serlle rembolsado, máis os gastos da viaxe e estancia en Roma. Pero para o cabido as contas non saían, xa que as mesmas bulas supoñían un alto custo para as arcas capitulares190, que como logo se vería, os seus resultados serían totalmente nulos. Coa chegada das bulas a acción conseguinte era tratar de que fosen aplicadas, pero coa desobediencia de Valença, a contraofensiva sería o de facer cumprir as penas establecidas nas bulas, que para este caso recomendaban a excomunión dos rebeldes. Esta foi a preocupación primeira do cabido a partires de entón, o total cumprimento da excomunión, avisando repetidas veces ao concello para que se aplicase tal procedemento e se gardase o máximo coidado en non favorecer ou darlles coartada aos excomungados para que incumprisen tal pena canónica. A aplicación da pena sobre a vila de Valença foi a mazá da discordia para que se desataran os problemas en pleno cabido e cidade. A cuestión era clara para algúns cóengos, xa que tiñan relacións abondosas e amigables cos valencianos do mesmo xeito 186

Prot. Lib. VIII. Fol. 169. 17 decembro de 1425. Vasco de Aponte; op. cit. pax. 215. 188 Prot. Lib. XXV. Fol. 178. 189 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 202. 190 Prot. Lib. VIII. Fol. 128. 19 xaneiro de 1424. 187

que o que acontecía en Tui con numerosas relacións sociais, comerciais, familiares, culturais, etc. A severidade no cumprimento da pena provocou a escisión no cabido e serios problemas na cidade xa que parte da poboación tiñan reivindicacións que facerlle á igrexa. En moitos casos as rebeldías foron resolvidas co encarceramento dos sediciosos. Deste xeito se tiña que chamar a atención ao concello sobre o caso, “o dito cabido diso contra os ditos homens boons...que bem sabia como en quatro cabidoos lle rogarom e pedirom frontarom e requerirom que tevesem por bem de faser como os chamorros que eram escomungados por letras do papa e contra elles dadas cartas descomuniom por que non obedesiam a esta iglesia por que se en elas contynna, non viesem aa dita çidade para quese çelebrasem os ofiçios devinos e que elles (...) deo faser que por ende elles estavam çerrados dias avia que puramente non pediam diser os ditos ofiçios e que por ende lles frontavam e requeriam...de por verdade das ditas letras prendesem qual quer persona asi clerigo como leygo que en esta çidade andasem que asa faser excomungado que o prendesem e levasem preso aa torre bella”191. Entón o cabido non só tiña o problema dos chamorros, senón e tamén a sé vagante e a presión que exercía Fernán Eans de Soutomaior, o que obrigaba a encastillar a catedral de cara a protexer o seu tesouro, doazóns e o máis importante: a súa situación como fortaleza privilexiada de Tui. Da división do cabido temos algúns nomes aportados pola documentación. O máis importante era Nicolao Días, mordomo do cabido; Lopo Rodrigues, arcediago de montes; Xohán de Salvaterra e máis outros cóengos que os apoiaban. O primeiro encarcerado sería o cóengo Xohán de Salvaterra, quen estaría preso pola súa colaboración cos sediciosos. As faltas cometidas non deberon ser excesivamente graves pois sería soltado192 da súa prisión na Torre Vella, “et logo o chantre soltou a Johan de Salvaterra da excomuniom en que encorreo por que fallara aos chamorros e esto de consentimento do dito cabido”193. Resulta curioso o proceso a Xohán de Salvaterra, por que aínda que sería soltado e levantada a excomunión non se lle permitiría entrar no coro ata que viñera o novo bispo, e este aínda tardaría en chegar. Como consecuencia da prohibición de entrar no coro, lugar onde percibían unha remuneración os cóengos por asistencia, e polo tanto en moitos casos o seu sustento, Xohán de Salvaterra tiña que esmolar aos seus compañeiros e pedir insistentemente o seu reingreso no coro. O cabido decidiría “que desse a Johan de Salvaterra por caridade e per soportar su proveza tresentos maravedis brancas en tres dineiros”194. Meses despois, reunidos cabido e concello para deliberar sobre a situación do cóengo “os quaes consintirom enno negoçio juso escripto, entom o dito Johan de Salvaterra pediu de merçed e de graçia e vontade aas ditas personas e canonigos que tevessem por bem delle perdoar ao dito Johan de Salvaterra todo o erro e sem rasom quelles fesera en seer cos de Nicolao Dias e de seus conpanneiros enno que feserom contra o dito cabido e conçello e elles por quanto el omyldosamente lle pedia perdom e se covesçia enno erro. Perdoarom o dito todo odio e mal querença quelle por elo avyam e que husase de sua congia que antes do dito erro usava jurando el aos santos avangeos de non yr contra o dito cabido e personas e conçello ennas cousas que fosem seu perjuiso nem ser con os ditos Nicolao Dias e arçediago de Montes e aquelles que con el foram con ninhuna cousa que fose seu perjuiso a seu entender e sola e publico nem ascondido”195. 191

Prot. Lib. VIII. Fol. 145. 23 maio de 1424. Prot. Lib. VIII. Fol. 164. 20 xullo de 1425. 193 Ibidem. 194 Prot. Lib. VIII. Fol. 184. 7 marzo de 1427. 195 Prot. Lib. VIII. Fol. 187. 17 xuño de 1427. 192

Resulta moi interesante a relación entre cabido e concello neste caso, xa que logo, o cóengo debeu pedir perdón a ambo-los dous estamentos da cidade, cando o contencioso tiña un significado netamente relixioso. Quizais debamos pensar na cooperación entre cabido e concello na administración da xustiza, se cadra cunhas implicacións que desbordaban o simple carácter eclesiástico. O bando contrario non ficaría inmóvil. Debeu facer xestións ante os seus superiores, seica que directamente a Roma. A apelación realizada polos cóengos rebeldes encabezados por Nicolao Días obrigou ao cabido a mandar mensaxeiros para seguir a devandita apelación196. O contido das xestións era sen dúbida polo tema da excomunión dos Valencianos, “para proseguir a apelaçom que era contra elles e o arçediago de montes e Nicolao Dias e os canonigos da sua parte e caendo en algun sobrelo que el non fose teudo e elo disendo mays largamente diso o arçediano de mynnor e mestrescolla e cabido e os outros canonigos quelles prasia delo et que catassem mesageiro para elo frontado tanbem e requerindo o dito mestrescolla que ordinassem e fesessem os anos da letras que foran aqui presentadas que el trovera en rasom do bispado que daquela parte estava para que o enbiassem aa corte do papa a quanto y estevesse o bispo...”197. O conflicto debeu rematar coa vinda do novo bispo, Rodrigo de Torres, xa que na documentación xa non aparece ningunha referencia sobre o caso. Si coñecemos como derradeiro dato a prisión do cóengo Xohán Fernandes da Seyra, quen sería liberado por pagar a fianza imposta de mil maravedís ordenada polo cabido198. Sé vagante e entredito en Tui Entre os anos 1423 e 1427 vaise prolongar na diócese tudense un conflito eclesiástico que atinxía ao nomeamento do bispo tudense. O cabido tiña, ata o de aquela, a potestade de elixir un prelado para a diócese e presentalo a Roma. Porén, 1423 será o derradeiro ano no que se poida facer esta elección, a partires de aquí, Roma e o Rei decidirán sobre o nomeamento do bispo tudense -como doutras dióceses-. Á morte do bispo Xohán Fernandes de Soutomaior o 5 de novembro de 1423, o cabido reunido escollerá como o seu candidato ao chantre de Ourense, Pedro Henríquez, que era sobriño do Duque de Arjona. O primeiro paso sería pedir ao duque que intercedese por eles ante o rei para a elección do seu candidato, que favorablemente era o seu sobriño. Os mensaxeiros escollidos para levar as cartas dando cumprida información ao rei da elección do novo bispo, serían elixidos por parte do cabido e do concello, “… entom o dito arçediago de mynnor diso que fora por menssegeiro da parte do dito cabido ao duque darjona e o dito vasco lourenço notario que fora por menssegeiro da parte do conçello da dita çidade con çertos capitulos que da parte dos sobre ditos cabidoo e conçello quello deram para o dito duque para que elles dito cabidoo fosem deligentes en escreveer ou apostular ao chantre dourense seu sobrinno para seen obispo do das igrexas do obispado e que o dito duque quelle respondera ao primeiro capitulo que levavam para el en que fasia mençom que el dito duque tevese por bem deos relevar ou seer ou cumpla de escripvir a noso sennor el Rey sobre rasom da esleçom ou postulaçom quelles enbiava pedir que fesessem ao dito se sobrinno selle aprasia delo ou nom paralle o dito sennor Rey nom poer a culpa e senom atronasse a elles que el quelle non queria escripvir poendo a elo suas escusas disendo que el era 196

Prot. Lib. VIII. Fol. 186. 5 maio de 1427. Prot. Lib. VIII. Fol. 186. 19 maio de 1427. 198 Prot. Lib. VIII. Fol. 198. 22 outubro de 1427. 197

servidor del rey quelle escripvisem elles avaano seu (...)e que entendia quelle prasaria do que elles enbiava demandar se quisessem e logo o dito cabido e homees boons non disendo ninhum queo contra desia diserom que era bem descrevire sobrelo a el rey”199. Seguíronse enviando mensaxeiros para ir a Castela, quizais por fracasar os enviados con anterioridade, tentando que fose algunha persoa do cabido. Escolleríase a Rui Dalván, máis este negaríase totalmente a aceptar tal misión. Finalmente o enviado sería Xohán Lobato, crego do coro “o qual diso que yva de boamente”200. O fracaso ía ser evidente, a elección xa fora feita desde Roma, escollendo como bispo a Diego Rapado, quen nunca pisaría Tui por non ser aceptado como tal polo cabido e concello, isto carrexaría o entredito sobre a cidade. Era ben certo que isto non supoñía senón, un problema máis sobre a cidade, e non o maior. Pronto terían que dispoñer a catedral como unha fortaleza ante a ameaza de expolio de Fernán Eans de Soutomaior e outros cabaleiros. Un cóengo, Gonçalvo Esteves, tería que ficar na igrexa “dez dias con suas noites”, aportándolle “çen maravedis para seu mantenimento”, era o 28 de marzo de 1425201 e os problemas non facían senón comezar. Logo as estadías serán máis prolongadas, así mesmo tamén acrecentábase o número de cóengos vixiantes, “Gonçalvo Esteves e Gonçalvo Rodrigues canonigos que estavam por guarda da dita iglesia outros çen maravedis para ajuda do seu mantenimento”202. A catedral transformaríase definitivamente nunha fortaleza ben abastecida, “… entom as ditas persoas e canonigos por quanto a dita iglesia estava agora ocupada diserom que entendendo que era serviço de deus e de noso sennor el rey e do bispo que aela viesse para seer guardada ata que sobrelo noso sennor el rey mandase ou fosse sua merçed que mandavam aos reçeptores que posessem dentro en ela tresentos açumbres de vinno, dez buseos de pam (terçado) e queo dito cabido se obligava deos quitar e relevar sem perda e dapno do bispo que viesse aa dita iglesia e mandarom ao dito fernando pero que da mesa do dito cabido desse outra rasom vinno e pam”203. Nun peche prolongado como o efectuado polos cóengos na catedral, iría producir incidentes. O máis curioso foi a excomunión e prisión na Torre Vella do cóengo Gómez Correa, logo revogado polas desculpas do crego quen pedira “omylldosamente aos reçeptores que estavam presentes quelle perdoasem por quanto el abrira vinno enno estanqo sem sua liçençia e que el prometia e jurou que nunca outro tal fesesse sem mandado e consintimento do que para elo ouvesse poder o qual foy perdoado da injuria que asi fesera e foy soltoo per lo dito estevo lourenço bacheler per comisiom quelle para elo o cabido e vigario a see vagante da excomuniom en que asi encorreu por la dita rasom”204. Tamén existían problemas en canto ao cumprimento das velas e guardas, “Item logo o dito cabido mandarom que qual quer coengo que non viesse vellar aa iglesia ao seu dia que o moordomo da sua raçom aos que por el vellasem seus conpanneiros XX brancas et ao clerigo que ao dito dia non fosse quando fosse a sua a vela e ouvesse nounsaria que fosse pennorado por IIII maravedis para os companneiros que por el velasem et aos outros clerigos que nounsarias non ouvessem e tevessem casas que eso

199

Prot. Lib. VIII. Fol. 122. 27 decembro de 1423. Prot. Lib. VIII. Fol. 126. 7 xaneiro de 1424. 201 Prot. Lib. VIII. Fol. 163. 202 Prot. Lib. VIII. Fol. 163. 22 abril de 1425. 203 Ibidem. 1 maio de 1425. 204 Ibidem. Fol. 164. 9 xullo de 1425. 200

meesmo fosen pennoradas et aos que non tevessem casas que o cabido remedaria sobrelo seendalle querelado”205. Manter o “encastillamento” da catedral supoñía un alto custo que para o cabido tiña que asumir a partes iguais co bispo que chegara, “…entom o dito as ditas persoas e canonigos diserom porlos negoçios e custos ebudentes que feseram e selle recreçera enna estada que esteveran en esta iglesia de tuy con gentes (darmas e escudados) enviadas que enviaram a castela por defenssom da jurdiçom dela porque era notorio de que eno bispo que viesse aa dita iglesia de boa rasom e dereito era teudo de pagar e susubir a metade dos ditos custos e cargos quesse sobrelo recresçeram e recresçessem ao adeante quelles mandavam aos ditos arçediago de mynnor e mestrescolla e thesoureiro e gonçalvo peres persoas e canonigos sobre ditos reçeptores da dita igreja e obispado que pagassem e sussovissem por la messa obispal a metade de todolos custos e cargos que sobrela dita rasom eram feytas e se fesessem daqi adeante durante a see vagante e por los contadores por lo dito cabido fosse achado que aelle s acresçia de pagar et con elles ditos personas e canonicos obligarom e obligavam os beens da sua messa do cabido aquitar e relevar sem perda e sem dapno aos ditos reçeptores e sus beens do bispo de tuy”206. Todos estes “negoçios por defendemento da iglesia e çídade”207 tiñan por obxecto defender as propiedades episcopais da rapiña dos cabaleiros e escudeiros dos grandes señores como os Soutomaior ou os Sarmiento, quen quixeron aproveitar a falla e baleiro de poder que era a ausencia dun bispo na diócese. Porén, malia os traballos levados polo cabido, nen o bispo designado por Roma quixo vir a defender o que era seu, nen recoñeceu o esforzo efectuado polos cregos da cidade para defender as súas propiedades, xa que logo, como bispo de Ourense, reclamaría as rendas episcopais polo tempo que el estivo nomeado bispo de Tui. As reclamacións de Diego Rapado O sucesor de Diego Rapado, Rodrigo de Torres, tería que apelar esta reclamación, da que esixía o prelado as rendas desde a morte do bispo Xohán Fernandes ata a súa promoción ao bispado de Ourense, entre 1423 e 1427. Os procuradores e provisores do bispo Rodrigo terían nas súas mans en 1428 cartas que “o Bispo de Ourens queria ganar, ou ganara del Rey sobre razon dos bens que fincaron do Bispo D. Johan ultimo Prelado, que estaban en contenda entre o dito noso señor o Bispo, e o dito Bispo de Ourens”208. A mediados do ano 1430 continuaba a contenda, presentando Diego cartas favorables a súa reclamación; “diserom que Pedro Pardo procurador do Bispo de Ourens lle presentara una sentencia e Carta egecutoria por... juez dado por lo Papa en razon dos bens e frutos que o bispado rendera depois que fora proveudo do dito Bispado de Tuy o dito Bispo de Ourens ata que fora trasladado a o dito Bispado de Ourens: e Cartas de nosso Sr. El rey para as Justicias que as fecesen cumplir”209. A pesares dos traballos e penas sufridas polo cabido e cidade durante catro anos, atopáronse indefensos ante a inxusta pretensión de Diego Rapado que grazas a súa privilexiada posición na corte romana puido contribuír eficazmente a súa pretensión de recoller os froitos da diócese aínda que non a defendese, como era o seu deber. 205

Ibidem. Fol. 171. 31 xaneiro de 1426. Ibidem. Fol. 167. 14 novembro de 1425. 207 Ibidem. Fol. 171. 208 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 210. 209 Ibidem. 206

Preito de Porto: o entredito O entredito sobre a cidade seguía sendo un feito polos sucesos acontecidos en San Xoán de Porto -Salvaterra-. No ano 1428 desataríase un preito entre Bispo e cabido de Tui e a orde militar de San Xoán de Rodas. O conflito debía ser xurisdiccional 210 entre as propiedades episcopais e as da orde militar. De datos posteriores á contenda coñecemos a ambigüidade entre ambas xurisdiccións, xa que logo, como argumentaría o cabido, a pobreza de moitas freguesías non permitía soster o pago das décimas ao Bispo e Cabido e á Orde de San Xoán e polo tanto era imposible manter un crego na freguesía211. Bispo e cabido mandarían mensaxeiros ao rei con cartas para tratar do preito sobre “o bispado que jaz en Porto”212, e tamén da canonización de Frei Pedro González, máis coñecido como “Corpo Santo”. Os resultados non deberon ser bos, xa que logo, foi aplicado o entredito sobre Tui, do que só era suspendido no Domingo de Ramos de 1429 e despois da Pascua o último xoves derradeiro día do mes de Marzo no que os provisores do bispo suspenderon as excomunións sobre os de Porto, polas honras fúnebres que debían facer ao arcebispo Juan García Manrique213. O preito non se debeu solucionar totalmente pois anos máis tarde voltaría a aflorar o conflicto. As bulas de anexión dos mosteiros Os problemas económicos para bispo e cabido estaban moi presentes; os grandes dispendios para as bulas contra os rebeldes de Valença, os gastos acometidos durante a sé vagante, os cartos reclamados polo bispo Diego Rapado, e o que é máis importante; a perda de ingresos pola separación da diócese tudense afincada en Portugal, o que supoñía case que a metade das rendas episcopais. Ante o desequilibrio económico habería que poupar e acadar máis ingresos. Sería o novo bispo tudense, Cardenal Juan de Cervantes, quen levaría a cabo unha reducción no número de cóengos. Dos trinta e seis que ata 1435 habería, pasaría ata os vinte e cinco que por bula do papa Eugenio IV 214 quedarían. Logo, en 1444, reduciríase aínda máis o seu número ficando finalmente en vinte e tres215. Non sería dabondo esta reducción de cóengos para equilibrar as arcas capitulares, e o cabido e o bispo tomaron a determinación no mesmo ano de 1435 de incorporar á igrexa varios mosteiros. Eran estos os mosteiros de bieitos de San Bartolameu (Tui), San Pedro de Angoares (Ponteareas), San Salvador de Barrantes (Tomiño), e o cluniacense de San Salvador de Budiño (O Porriño). Esta incorporación, como a reducción de calonxias, supuña un desembolso económico moi importante de cara a pagar as bulas: “por rasom das letras de aneixa com dos moesteiros que lle vieram da Cort de Roma lle conviinna contribuyr outrosy 210

Intuimos os motivos da contenda por que o celme da mesma estaba sen solucionar en 1467, parte da que temos máis datos. 211 E tamén noutras freguesías que estaban na mesma situación de “dobre dominio”, acrecentándolle a presión señorial exercida polos cabaleiros da diócese. 212 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 211. 213 Ibidem. Esta referencia ao arcebispo Juan é certamente desconcertante, xa que a súa morte fora verificada no ano 1416. 214 Ibidem. pax. 215. 215 Ibidem. pax. 224.

algunos dineros et de mays venderem ou empenasem alguna prata da iglesia por que lle custavan acerqua de huuns vynt et cinquo mill et tantos maravedis d emoeda vella et non as podiam aver en otra guisa”216. As custas das bulas supuso a venda e empeño de varios calices e cruces da igrexa tudense para que a través dos prateiros e prestamistas xudeos, Abraam e Jaqo, puidera efectuarse o pago de 5530 maravedis 217, cantidade adevedada polas devanditas bulas. As fames de 1438-1439 As grandes mortandades e fames non deixarían o bispado, e así nos anos 1438 e 1439 houbo grande fame, chegando o prezo do trigo entre cento dez e cento e sesenta maravedís o buceo218. Luis Pimentel e o cabido Logo de episcopados breves e sen presenza na cidade tudense, chegaría un bispo de nobre familia extra-galaica. Luis Pimentel (1441-1467) era fillo do conde de Benavente Afonso. Un dos pasos máis significativos do Pimentel na diócese tudense foi nomear como deán o seu irmán Henrique Pimentel e de razoeiro a un seu sobriño, Juan Pimentel219. Este posicionamento da familia no territorio tudense ameazaba claramente o predominio Soutomaior na zona. Tamén xurdiron enfrontamentos co cabido, quen estaba a disgusto co proceder do novo prelado. Un dos problemas que xurdiron entre bispo e cabido foi a negada dos cóengos para amosar certos indultos pontificios sobre as súas calonxías. Era 1446 e Luis Pimentel decidiría poñer excomunión e suspensión ao cabido, sería levantada a pena o 8 de setembro do mesmo ano220. Non debían estar contentos os cóengos co seu bispo, xa que logo, no ano 1449, realizarían uns estatutos de cara a protexerse contra os abusos do bispo, cabaleiros ou calquera outro poderoso: “...en esto sse continua que quando algunos das personas e canonigos onrrados della mansuenarios ou moradores en esta dita çidade ffose preso do bispo ou represado en sua poussada ou en outra ou lançado fora da dita çidade onde o mandasse o bispo estar por çerto tempo ou en quanto lle prouvese que o tal persona canonigo ou raçoeiros que asy fose apartado sendo dos mansuenarios ou moradores dende que antes proyan enna dita igllesia non fesendo ou procurando contra o bispo ou contra o cabido (…) que fosse contado en todos llos oras aniversarios prosisoons e prebenda...”221. Esta situación favorecía a intromisión de Álvaro Paes de Soutomaior na cidade, xa intuída nese mesmo ano de 1449 por aprobación real, e quizais coa consideración do cabido como un mal menor contra o bispo e as circunstancias adversas do momento pero temendo sempre as suas consecuencias: 216

Pascual Galindo; op. cit. pax. 84. Prot. Lib. X. Fol. 70. 1 novembro de 1435. 218 Henrique Flórez; op. cit. tomo XXII, pax. 221. 219 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 62. 220 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. pax. 62. 221 Prot. Lib. Fernán Gonçales. Fol. 4. 2 agosto de 1449. 217

“...onde nos consyderando as aversydades movymentos gerras e boliços que cada dia acontesçen ennos rreynos e sennorios de noso sennor el rey teste a expirençia e questa çidade agora e guarda por seu mandado con gentes de armas poderosos e padesia adeante acontesçer que as (...) dos personas e canonigos fossem non devidamente lançados dende contra sua voontade por ende avydo açerca dello noso consello diligenten trautado e deliberaçom e en avendo a dita costituiçom...”222. O cabido coñecía perfectamente á familia Soutomaior, xa que tiñan a memoria aínda fresca do pai de Álvaro, Fernán Eans, e a lembranza non moi lonxana de Paio Sorredea, polo tanto, na devandita constitución do cabido temíase que os cóengos e dignidades “foran lançados ou desterrados da dita çidade ou bispado, ou presos ou deteudos en cada hun delles, ou con medo temor ou opresyom”, polo que ante estas eventualidades que tristemente se ían cumprir, todolos cóengos “que sejan contados” como medida que contrareste os danos sufridos e como forza de unión de todo o cabido. As preocupacións do cabido non remataban aquí, senón que cara 1451 tiñan que reunir os cartos precisos cunha cruz de prata que trouxera o tesoureiro de Angoares, o motivo “por rrasom da letera de ausoliçom que o dito mestrescolla trouxe de corte de Roma en rasom dos excomunios que o bispo avia postos contra a cleresia e çertos leigos deste obispado”223. Ante isto debemos supoñer que o conflito de 1446 non ficara resolto ou tamén que outro novo problema xurdira co bispo Luis Pimentel, quen nesas datas xa non estaría en Tui, senón en Santa María del Valle -Astorga- no condado do seu pai. O bispo tampouco tería moita sorte en sinalar ao seu vigairo. O nomeado, Alfonso Rodrigues, crego de Villa Sendino, non tería unha conducta moi axeitada, polo que chegándolle aos oídos de Luis Pimentel mudaría de vigairo, pasando frei Pero de Ribadavia e o mordomo Juan Martín de Zamora, a gobernar o bispado en ausencia do bispo, todo isto co permiso do encomendeiro Álvaro de Soutomaior. A principal función dos vigairos de Luis era administrar os seus bens, procurando que as súas rendas non minguasen, polo que o bispo Pimentel coñecendo que Alfonso Rodrigues estaba “adminitrando mal la renta”, e “arendando nuestras camaras por meenos del justopreçio e a personas que nom eram llanas ni abonadas desatando e desfaciendo otrosy muchos fueros que en el dicho nuestro obispado de tiempo antiguo, estavam en buena tasa los de dinero amenoriendolos por menos de la mietad del justo preçio, otros que estavan de pan e vino e otras cosas… a pequeña contia de dinero”224. Claro que esta non era a primeira vez que o bispo intentaba revogar ao seu vigairo, actuando en certas ocasións o mordomo e frei Pero de Ribadavia en anos anteriores. Desta vez cumpriríase a orde do bispo e frei Pero acadaría a orde e poder para revogar e anular os foros e amaños que fixera o anterior vigairo, tentando recuperar, aínda que fose difícil, as arcas episcopais. Como acto simbólico de acatamento, o cabido asentaría ao novo vigairo “enna cadeira deputada do dito sennor obispo”225. A través dos seus procuradores, o bispo seguiría entrometéndose nos labores do cabido, testemuñado isto polo feito en 1453, no beneficio de San Adriao de Meder, que correspondía ao cabido226. 222

Ibidem. Prot. Lib. Fernán Gonçales, fol. 30. 27 maio de 1451. 224 Prot. Lib. XIII. Fol. 16. 22 xaneiro de 1460. 225 Ibidem. 226 Ibidem. Fol. 54. 23 xuño de 1453. 223

As fames de 1446 Dentro das cíclicas fames e mortandades cabe ubicar a acontecida no 1446, da que temos novas por man do mestrescola Vasco Lourenço: “Anno Domini Mmo. CCCCmo. XLVIº quinta feyra oyto dias do mes de Jullio sse morreu Stevoo Peres dean de Tuy et beneffiçiado da meetada de Santa María de Bayona et foy grand mortandade e poujo pan. Et foy rubada toda sua cassa asy dos seus segondo sayan como dos do bispo et foy Enrique irmao do bispo e scriveu todo o que acheu ennas casas do dito dean cuya alma o Señor Jhu. Xpo. reçeba.”227. Álvaro Paes de Soutomaior: “O Generoso Señor” Herdando do seu pai un dominio sólido sobre parte do bispado e da cidade de Tui, Álvaro Paes aventurarase a guiar o seu destino a cotas nunca antes acadadas pola súa familia. Álvaro Paes debeu comezar a súa camiñada polo bispado tudense desde fins da década de 1430, sustituíndo no mando ao seu pai, Fernán Eans, quen ficaría na corte. Tiña casa de setenta lanzas, con cabaleiros de acostamento como “Diego Sarmiento, señor de Sobroso, con diez de a cavallo, tenía una buena fortaleza con doçientos vassallos, y otros çientos de juzgado que no eran sus vassallos; Gregorio de Valladares, con çinco o seis escuderos poco más o menos, tenía çien vassallos; Tristán de Montenegro, con tres o quatro escuderos, y vasallos; Diego Suárez, tres o quatro escuderos; Gonzalo de Avalle y Francisco de Avalle, ambos hermanos, cada dos escuderos”228. Outras palabras de Vasco de Aponte sobre Álvaro amósanos o seu poder: “tenía en su poder la ciudad de Tuy, como la tenía su padre, y de la renta del obispo tomaba lo que quería”229. A descripción do Soutomaior feita por Vasco de Aponte non ten perda: “…era caballero muy valiente en toda valentía, esforçado y osado en todo esforço y osadía…”230. Álvaro Paes estaría xa por Tui cando o bispo Luis Pimentel comezou o seu episcopado. 1449 será o ano no que o Soutomaior decida botar da cidade e do bispado ao Pimentel. A oportunidade debeulla brindar unha pseudo-concesión real insinuada no documento dos estatutos do cabido en 1449 “e questa çidade agora e guarda por seu mandado con gentes de armas poderosos”231. A mesma data de expulsión do bispo e dominio Soutomaior sobre Tui coincide cos 33 anos de males sobre a cidade que dicta o bispo Diego de Muros no seu sínodo de 1482. Non é extraño os favores do rei Enrique IV a Álvaro de Soutomaior, xa que logo, o rei castelán non se fiaba moito dos Sarmiento polo que aplicaba unha política de amizade con outros nobres. Neste caso Álvaro sentiríase favorecido con cuantiosos xuros de herdade sobre as alcabalas de Tui e Pontevedra. En Tui tiña 5000 maravedís 232, os que trocaría en 1466 co cabido por certas terras e vasalos, que serían nada menos que A Guarda e o seu alfoz, acción denunciada en 1482 por Diego de Muros, xa que non se contara coa autorización 227

Galindo Romeo; op. cit. pax. 62. Vasco de Aponte; op. cit. pax. 216. 229 Ibidem. 230 Ibidem. 231 Prot. Lib. Fernán Gonçales. Fol. 4. 2 agosto de 1449. 232 Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 2. 24 xullo de 1466. 228

do bispo, propietario da metade da vila, ademáis de ser un total abuso por parte do Soutomaior. O cabido tudense, véndose absolutamente só ante Álvaro, non tivo máis remedio que facelo o seu encomendeiro233 no ano 1451. O cabido consideraba que “ ao presente entendian e avyan temor que algunas personas poderosas asy eclesiasticas como segrares lles tomasem e roubassem por força e contra suas vontades sem dereito e justiças alguns seus beens dineiros e prioes movelles e de rreis”234. A persoa ideal para o cabido era “Alvaro Paas de Souto Mayor e vasallo de noso sennor el rey que ende presente estava era sennor natural poderoso para defender os beens e posisoos da dita igllesia”235, polo tanto lle outorgaban “dous myll maravedis...por rrasom de encomenda e defensom”, obrigándose ao “dito Alvaro Paas ffose e seja senpre obligado de enparar e defender os beens movelles e de rreys e posisoons quaes quer do dito cabido asy os que agora ter e poseer como os que dea aquí adeante ouveren”236. En “agradecemento” a Álvaro Paes pola súa encomenda, daríanlle as rendas do mosteiro de Angoares. Para finalizar, un acto que nos mostra ben ás claras, o carácter guerreiro do Soutomaior; “o dito Alvaro de Soutomayor jurou en signal de crus de huna spada de aguardar manteer e comprir o sobre dito este juramento”237, polo que amostra máis importancia a súa espada, onde se concentraba todo o seu espíritu e filosofía de vida, que ao tradicional xuramento sobre os santos evanxeos. Como pago aos seus escudeiros e cabaleiros, Álvaro Paes, acostumaba a cederlle os bens que lle sacaba á igrexa ou a outros señores. Os dous mil maravedis da encomenda, o Soutomaior os cedeu a un seu escudeiro, Pero Fernandes, para pagarllelos seus servizos238. Os Ginitarios Baixo este nome agóchase na documentación tudense a alianza entre Pimentel e Sarmiento. Luis Pimentel quería recuperar a súa cidade e bispado; os Sarmiento querían vingarse das inxurias sufridas e recuperar as súas terras. Mentres o Pimentel era botado fóra do seu bispado, o Soutomaior medíase contra os Sarmiento. Álvaro Paes repetiría as accións emprendidas polo seu pai contra os Cadórnigas ourensáns: “Ansí que Alvaro Páez ajuntó su gente y entró en la villa de Ribadavia, y sacó al Conde de dentro de sus palaçios (a él y a todos los suyos) y prendiolo por la barva y llevolo preso dentro a Sotomayor, y tuvolo preso mientras fue su voluntad. Y al soltarlo que lo soltó, sacole todas los partidos que quiso y todo se lo guardó”239. As proposicións de paz de Álvaro Paes eran moi duras para o conde Diego Sarmiento. Era o ano 1455, e a primeira das cláusulas a anunciaba asi: “primeiramente quel dicho Señor Conde y la dicha señora condesa me den la su villa de Salvatierra con todo su alfoz e sus derechos por el derecho que yo tengo al Castro de Cavadoso”240. 233

Práctica habitual na nobreza galega medieval extorsionando aos mosteiros e bispados, quen se veían obrigados a pagar certa cantidade para solicitar a “protección” do cabaleiro ante os seus proprios abusos, aínda que ao fin os escudeiros e homes do nobre acostumaban a seguir facendo males sobre as propiedades e vasalos eclesiásticos. 234 Prot. Lib. Fernán Gonçales. Fol. 28. 5 maio de 1451. 235 Ibidem. 236 Ibidem. 237 Ibidem. fol. 29. 238 Prot. Lib. Fernán Gonçales. Fol. 38. 14 decembro de 1451. 239 Vasco de Aponte; op. cit. 1986. pax. 218-219. 240 García Oro; La Nobleza gallega en la baja edad media. Pax. 222.

Percibiría co gallo dun casamento seu, unha importante renda en Pontevedra, e esixindo finalmente, a propiedade de tódalas merindades. Ademais o Soutomaior quería deixar claras as responsabilidades civís e criminais orixinadas do seu acto contra Sarmiento. Tanto o Conde como a Condesa deberían perdoar a entrada do Soutomaior en Ribadavia e a prisión do Sarmiento, debendo este procurar carta de perdón ao rei polas accións do revoltoso Álvaro Paes. Ante este panorama tanto Pimentel como Sarmiento tiñan serias gañas de acabar dunha vez con Álvaro Paes. A oportunidade a obtiveron o 22 de febreiro de 1456 cando Enrique IV ordena que sexa devolto o bispado tudense ao seu prelado. Coaligándose ambos nobres dirixíronse cara a Tui coa intención de recuperar a cidade. O sitio fracasou, máis as consecuencias para Tui foron evidentes. Deste xeito renunciaba o cóengo Rui Fernandes a unha viña: “e asi era a verdade, que el tragia aforado da mesa do cabildo da dita iglesia de Tuy por tres vozes o quarto da vinna da Manteigada e que tendoa el ben aportada, o reparada que quando aquí beeu sobre esta cidade o sennor, Dom Luis Pimintel obispo de Tui poderosamente con as gentes de armas, a pee e a caballo, que lle queimara abrira e destroyra a dita vinna”241. Tamén se sentiron os efeitos deste ataque en Riomuíños “una casa que dicho convento (San Domingos) tenía en el arrabal de Riomolinos fuera quemada por los Ginitarios quando vinieron al reedor del ciudad”242. O nome de Ginitarios ten unha orixe incerta, aínda que puidera derivarse da posición do cabaleiro sobre o cabalo, “a la gineta”243, polo que da característica do seu xeito de cabalgar obterían o nome. Estos Ginitarios serían os cabaleiros dos Pimentel e Sarmiento, xa que logo, os ataques do Conde de Benavente e o Conde de Ribadavia e as mencións aos Ginitarios na documentación tudense van parellas. Ambo-los dous Condes tiñan que vingarse do Soutomaior polo que deberían organizar outra expedición para recuperar Tui e Salvaterra. Reuniríanse en Mucientes o 25 de abril de 1458 para preparar a devandita expedición coa que contaría o de Benavente con oitenta de a cabalo e toda a peonaxe que puidera sacar da súa terra; o de Ribadavia contaría con cincuenta de a cabalo e con toda a peonaxe dispoñible. Acordarían que “nunca nuestras gentes serán alzadas de faser guerra al dicho Alvaro de Sotomayor, fasta que sea ganada la cibdad de Tuy... e la villa de Salvatierra e todos los otros bienes que tiene ocupados de mi...”244. O cerco sobre Tui debeu acontecer no verán de 1459, resultando un novo fracaso, xa que Álvaro seguiría en poder da cidade e do bispado. Os efectos do ataque se deixaron sentir de novo nos arredores de Tui: o lagar de Seixo “…que ela (Stevana Nova) trage aforado do dito cabido e lle os ginitarios qeimarom”245; “…mandou o dito deam e cabido e Jacome Rodrigues que diga aos tençeiros do mosteiro de Sam Bertolameu que pagem çem maravedis para ajuda da reparaçom do dito mosteiro onde foy queimado dos ginitarios e que eso mesmo diga ao mordomo do cabido que pague outros çento que ja prometerom aos fregueses del para ajuda do seu corregemento”246. 241

Prot. Lib. Álvaro Vázquez. Fol. 19. 5 xuño de 1456. Ávila y La Cueva; op. cit. tomo I. Pax. 135. 243 A expresión a menciona Vasco de Aponte; op. cit. pax. 249, referíndose a entrada en Galiza no ano 1480 do gobernador Fernando de Acuña quen traía “consigo tresçientas lanças, todos castellanos y a la gineta”, no comentario 428, infórmase que estes eran 300 xinetes capitaneados por Luis Mudarra. O estilo da “gineta” era con frenos ou bocados recollidos e estribos anchos e de cortas accións; diferenciábase da “brida” en que esta consistía en estribos longos e perna tendida, propia da cabaleiría dos homes de armas. Vasco de Aponte; op. cit. nota 287. 244 García Oro; La nobleza... pax. 96-97. 245 Prot. Lib. XIII. Fol. 16. 9 xaneiro de 1460. 246 Ibidem. fol. 26. 17 marzo de 1460. Supoñemos que estas accións reflectidas na documentación de 1460 sexan producto dos ataques de 1459 e non unha lembranza tardía de 1456. 242

As consecuencias do cerco sobre Tui tamén serían sentidas polos freires de San Domingos. Os frades pedirían ao rei portugués a confirmación dos privilexios que de antigo os reis de Portugal lle tiñan outorgado ao mosteiro tudense. Afonso V, en 1462, daría novos privilexios porque “ó Conde de Benavente viera sobre a dita cidade os frades forgiran do dito Moesteyro é se perderan muitas escrituras é outras cousas, entre as quaes se perderan os previllegeos que tinhan dos ditos Reis… pidendonos por merced que lhe desemos outro noso”247. O cabido tudense, obrigado polo Soutomaior, entraría nos xogos dos bandos nobiliarios, como acontecería no ano 1464 no que se negarían a recibir ao vigairo xeral que lles enviaba o seu bispo, Luis Pimentel, alegando para elo “que era da parte dos ynimigos benaventanos”248 A cidade asoballada Aínda que os cercos sobre a cidade non tiveran consecuencias no poder de Álvaro Paes, si sentían serios problemas os habitantes da cidade. Deste xeito vemos que o cabido tudense non contento coa situación chama a atención ao Soutomaior, aínda que sexa timidamente: “que el he noso comendeiro, e nos ha de defender e nosos coutos sennorios jurdiçons beem posisons labradores e todalas outras cousas de nosa mesa capitolar… e garda esta çibdade de Tuy a serviço de noso sennor el Rey, e por seu mandado, e tem goberna e rege o sennorio e jurdiçom della per lo dito sennor el Rey… et el e os seus por seu mandado e consentemento, e sem seu mandado nos tomam usurpam e forçam o sennorio e jurdiçom mero mixto imperio e justiça royal de nosos coutos sennorios labradores e casaes bem feitados libres inmunes e exenptos de todo tributo peito e exartiom e les pom el a elles poem e repartem vacas e almallos pam e vinno dineiros e outras imposiçons subiçons e subpedaçons de dun destas maneiras, e os fazem constrayem adryam servire el e os seus, por seu mandado, ennas vellas e reldas, servir ennas guerras e ajuntamentos de gentes, que el faze con suas armas, e aas suas propias expensas poendolles e levandolles sobre estas ditas cousas e cada huna dellas pennas pecunarias e outros quaes quer pennas quelle a el plaze”249. Álvaro Paes mandaba sobre o bispado tudense, deste xeito podía ordenar ao cabido a defender a cidade, apañar os seus vasalos para levalos as súas guerras, e impoñer novos tributos, todo elo baixo o teórico servizo do rei. Pero o cabido ameazaba con quitarlle a encomenda e “demos querellar del, e aver sobre elo recurso a noso sennor o Papa, e a noso sennor o bispo de Tuy, e a iglesia de Santiago nosa metropolitana, e ao dito noso sennor el rey e a suas justiças delles e de cada hum delles”250. Pero non había caso, o Papa, o bispo, o arcebispo e o Rey ficaban moi lonxe de Tui para valer os dereitos do cabido. Álvaro de Soutomaior expuso as súas razóns ao cabido descoñecendo tódolos feitos que lle foran relatados, polo que deberían dicir qué labregos e en qué lugares aconteceron os males, e se achase que o mal foi feito por algún seu home, que mandaría pagar. O cabido aceptou as condicións, mais non debeu chegar a nada, porque non tardaría en solicitar o valimento do Papa. 247

Actas do II Encontro sobre historia dominicana; Ernesto Iglesias Almeida, “El Archivo de Santo Domingo de Tuy”. Doc. 18. 248 Pascual Galindo; op. cit. pax. 67. 249 Prot. Lib. XIII. Fols. 30-31. 14 xullo de 1460. 250 Ibidem.

Seguindo o camiño de Roma ía o Deán para procurar sobre calquera preito, contenda, questión, etc., que requerise o cabido, cousa que este aproveitaría para solicitarlle cartas favorables do Papa sobre os graves aconteceres de Tui: “…item por quanto esta iglesia de Tuy e seu cabildo son muyto pobres, e esta çibdade, e diocese he en poder deste cavaleiro, e muytas vezes reçebem sin rrazons e agravios, asy del como dos seus complices e era muy neçesaria çerca desto algunha provisom de noso sennor o papa para esta iglesia, ou para o cabildo dela çerca das forças tomas roubos rescates e outros agravios e males, que cada dia aqui aconteçem e que esto viese tambem para os singulares personas canonigos e beneficiados quaes quer da dita iglesia de Tuy, a çerca desto a saz entendees os agravios que se fazem, eo que a çerca delo cumple, pareçeme que se a dita costituiom do papa Calisto se podese aver, o que creo que se avera aquela, avastaria, fazedea sacar examinar.”251 Sobre os resultados de tal ida non sabemos nada, mais o silencio da documentación fainos sospeitar que os resultados foron nulos, sobre todo se temos en conta que as bulas requerían cuantiosos dispendios, e destes non tiña o cabido capacidade para afrontalos. Se tamén temos en conta que estas grandes custas non garantían óptimos resultados, fica claro que para o cabido aínda lle tocaba sufrir moito. As violencias xa non viñan só polos homes do Soutomaior, tamén os Sarmiento facían valer o seu carácter nas terras eclesiásticas. O cabido mandaría en 1460 a Pero de Sevilla, criado de Pero Álvares de Soutomaior, ao Rey para demandar e denunciar civilmente a Diego Sarmiento, señor de Sobroso. Diego fixera “roubos, rescates e pregons domes e molleres e danos que el avia feito ennos seus coutos de bodinno, forcadella, taborda, cabral, e en outros seus lugares terras coutos e sennorios”252. Con tanto problema, o cabido decidiría recurrir a facer unhas constitucións. Recuperaron unhas xa feitas en 1457 e que facían referencia a outras anteriores, co que xa da conta da inutilidade da acción. Nas de 1457 xa se daba un panorama bastante terrorífico da situación que sufría Tui: “…e posissons do dito cabido cada dia se destruiam dissipavam e empeoravam, asy por las guerras pestilençias e mortaldades pasadas comora por las opresioos cassos fortituidos e outros sinistros eventos que afligiram e oprimiram a clerigia e oprimiam esta iglesia e diocese de Tuy”253. Outro problema, non menor, era o das rendas do bispado. Por forza e temor o cabido e abades dos seus mosteiros de Barrantes, Tomiño, Angoares, Budiño, estaban arrendando sustanciosos bens capitulares a un prezo máis baixo do real. Nos estatutos do cabido se decidiría que non se arrendase a ningún “fidalgo grande, nem a escudeiro poderoso nem a dona poderosa nem a outro qual quer escudeiro ou peom revoltoso”254, podería receber as rendas calquera persoa fose o que for o seu estado ou preeminencia. O resultado destas medidas era sempre o mesmo, xa que a forza a tiñan os fidalgos e escudeiros dos Soutomaior. O proprio Álvaro Paes tiña boas rendas da igrexa. A primeira era a da Guarda e o seu alfoz, por cinco mil maravedís que tiña das alcabalas de Tui, cando xa só a parte do cabido rendía máis de quince mil maravedís. Tamén posuiría a renda de San Martiño, a de Angoares, a de Tomiño, Taborda, etc.

251

Prot. Lib. XIII. Fol. 35. 21 xullo de 1460. Prot. Lib. XIII. Fol. 42. 15 setembro de 1460. 253 Prot. Lib. XIII. Fol. 71. 6 agosto 1461. 254 Ibidem. 252

Tamén o Soutomaior estaba “privilexiado” no aforamento de casas e agros. El posuía a finca de Sobreiras, e tiña aforado un montádego para facer viñedos dun tamaño de “çento homens de cava”, cando a media dos terreos de viñas aforadas pola igrexa tudense era de pouco máis de cinco homes de cava. Tiña no seu poder as chaves da catedral, redondeando así o seu dominio coa mellor fortaleza da cidade. Incluso os cregos tiñan que facerlle preito e homenaxe por lle gardar as devanditas chaves como acontecía co mestrescola Vasco Lourenço, o que renunciando á pose das chaves pedía ao Encomendeiro “quelle quitase o pleito e omenajem quelle por elas fizera da dita iglesia”255. O Preito dos Arrianos Un dos conflictos máis longos e que máis afectaron ao bispado tudense foi o dos Arrianos, cuxo alcume debe indicar a propria rebeldía dos labradores e leigos contra a igrexa. O preito debeu comezar coa negación dos labregos e leigos da diócese a pagar o gravoso tributo da “loitosa” e as “camas e panos postomeros” que gravaban sobre as propiedades do defunto. Nunha carta do bispo Pimentel faise a máis antiga mención sobre este tema, 10 agosto de 1458, na que o bispo de Tui expón o seu dereito de ver e executar as mandas e testamentos dos defuntos que non eran nen se estaban a cumprir no prazo dun ano, pero como a súa ausencia impedía a realización deste dereito, deixaría ao seu vigairo, frei Pero de Ribadavia, e ao seu mordomo, Juan Martínez de Zamora, para que fixesen cumprir as devanditas mandas e testamentos, dando para isto plenario poder “para compeler çitar e excomungare e absoltar e relaxar enesta causa”256, poñer xuíz ou xuíces, e co recaudado distribuílo “enna obra da caustra” e “en algunas obras de piedade” segundo a conciencia do vigairo. As seguintes novas documentais do conflicto son máis tardías, 1460, co desenrolo do caso xa avanzado, cousa que xunto cos datos anteriores dános a entender que a contenda levaba tempo producíndose, non sendo ata que os “Arrianos” pasasen á acción apelando ao Rei e aos tribunais eclesiásticos, cando a documentación comeze a falar do preito. Do curso da acción legal o cabido emprenderá o traballo de repartir entre os cregos as custas que supuña o preito, tamén chamado polo seu carácter “dos Testamentos”. Estos problemas ocasionados ao cabido tudense revelaban unha boa organización por parte dos preiteantes rebeldes quen acadarían cartas do Rei257 en 1461. O exame das devanditas cartas foi ordenado ao notario do Rei en Baiona, Juan Fernandes, quen se resistía a ensinar “as cartas del Rey noso sennor quelle presentarom os leygos do obispado que ham o pleyto con seus clerygos e reitores”258. Lidas as sobreditas cartas, o cabido sospeitará da implicación do Concello tudense no asunto, xa que as cartas mentaban a mediación deste. Isto constituía un signo claro de rebeldía contra o mesmo señorío eclesiástico, xa que logo, semellaba non haber problemas na cidade relacionados co Preito, polo que o cabido non tivo máis remedio que preguntar “ao dito conçello se lles aviam feito petiçom ao dito sennor rey ou procuraçom por quelles taes cartas fosem dadas, nom avendo elles feito cousa contra elles de todo o que se nas cartas contynnam”, con rapidez e contundencia respondeu o 255

Ibidem. fol. 106. 3 abril de 1463. Prot. Lib. XIII. Fol. 19. 22 marzo de 1460. 257 Por desgraza o contido das ditas cartas é descoñecido, aínda que polo carácter da resposta do cabido debían ser favorables aos Arrianos. 258 Prot. Lib. XIII. Fol. 59. 14 abril de 1461. 256

incriminado “…conçello a huna viva voz diserom que elles nunca tal queixa aviam feito nem mandarom faser ao dito sennor rey nem gaanarom taes cartas nem fizerom petiçom nem procuraçom”259. O concello para defender a súa inocencia “por quese poderiam perder esta dita çibdade vesinos e moradores dela”, prometería realizar pesquisas para coñecer quen puido “levantar huna falsedade como esta foy”, procedendo contra os culpables coas penas “que en tal caso de dereito meresçer por falsificar tal petiçom”. Para o concello o devandito preito dos Arrianos non os sacaran dos bós costumes que mantiñan e que querían manter como sempre fixeron. A culpabilidade do concello e da cidade debeuse manifestar máis tarde, cando o cabido imporá o Entredito sobre Tui. Pero o cabido tamén tiña problemas na casa. O repartimento para as custas do longo preito, non terá toda a colaboración que debería, sobre todo polo talante do caso. O mestrescola, Vasco Lourenço e os cóengos Martim Anns, Jacome Rodrigues, Vasco Peres e Pero Anns darían conxuntamente unha dobra de ouro cada un 260, estando á espera do que se recaudase polos outros cregos. O problema máis grave sería co bispo, Luis Pimentel, xa que durante varios anos resistirase a pagar, malia das ameazas realizadas polo cabido ao vigairo frei Pero e ao seu mordomo Juan Martínez de Zamora, de non pasarlle-las rendas episcopais. Ademais do que adebedaba o bispo no que tocaba ao repartimento para pagar as custas polo preito, tamén lle tocaba parte duns diñeiros que non pagaba dende uns sete anos atrás. O cabido reiteraría insistentemente aos procuradores do bispo Pimentel, xa que no preito lle ía moito ao Sr. Bispo porque “el leva as luitosas de suas camaras e coutos e dos abades e dellas personas e canonigos”261, e “por tanto justiça he pois leva que page”. Claro que non era ese o único disgusto que ocasionaba o Sr. Bispo, pois existían sospeitas da súa colaboración cos Arrianos, advertindo o cabido para non dar “favor contra elles aos lavradores que eram contra a iglesia”262 e que se o fixese en contrario que eles certificaban de non darlle loitosa de ningunha persoa nen cóengo que se finase, “e quese el fose contra elles, que tanbem seeriam elles contra el”, apercibindo a bispo, vigairo e mordomo. Ademais da rebeldía do bispo, quizais por influencia do seu exilio, tamén estaría unha boa porción de cregos que se negarían a pagar a parte que lles correspondía para o preito dos Arrianos, “mandarom a Vasco Peres canonico que para o primeiro cabido traga o numero dos clerigos revees que nom pagarom seus repartimentos e as cartas e diligençias que çerca delo fez”263. A ameaza para que estos cregos pagasen era a do desconto264. Entre os rebeldes estaba Pero Álvares de Soutomaior, cóengo por eses anos en Tui. O cabido ordenaría en 1463 ao mordomo Ares d’Avale “que dos dineiros da rraçom de Pero Alvares de Soutomaior page o seu repartimento dos dineiros quelle forom postos primeiramente para o pleito dos arrianos”265. 259

Ibidem. Prot. Lib. XIII. Fol. 22. 19 abril de 1460. 261 Prot. Lib. XIII. Fol. 81. 20 marzo de 1462. 262 Ibidem. fol. 171. 14 outubro de 1463. 263 Ibidem. lib. 62. 22 maio de 1461. 264 Que non contabilizarían no coro, polo que non cobraban a retribución que por dereito lles correspondía, e que significaba a maior parte dos seus ingresos. 265 Prot. Lib. XIII. Fol. 117. 30 xuño de 1463. 260

Pero non todos os cregos do bispado aceptarán o repartimento, poñendo a isto argumentacións de moito peso. Nesta liña estaban de acordo o cregos do Ribeiro do Avia porque como explicaba Juan Çebolinno, crego de Berán, “este dito pleito nom vem a elles por quanto nom levam elles pannos nem camas nem luytosas dos que se finam”266. O cabido, para intentar impoñer as súas razóns, aplicará o entredito sobre a diócese, sendo a máxima prexudicada a propia cidade tudense, “qual quer benefiçiado que diser mysa en sua iglesia, sabendo el que pasa por sua freguesia algun excomungado arriano e non guardar o entredito con el como se guarda en esta çibdade de Tuy que por ese meesmo feito ande en desconto por unn mes”267. Podíase retirar temporalmente o entredito e un dos motivos para facelo foi para “execotar da constituiçom do santo padre Arroyo do conçello desta dita çibdade e dos, outros moradores e poboadores do obispado de Tuy, e da Sta. Madre Iglesia enquanto por serviço de Deus por que nom careçesem os ofiçios de vynnaas, relaxou o entredito podia e devya de dereito posto con os leygos interditos, a dita çibdade e obispado salvo en aquelas freguesias villas e logares onde som moradores e abitantes continuamente os nomeados e demandados interditos por suas cartas” e polo tanto “se posam çelebrar e cantar os ofiçios de vynnaas e todos os outros sacramentos”268. Dada a amplitude do espazo xeográfico onde se estaba a producir o conflito, o cabido organizarase para chegar a tódalas freguesías, e aplicar se era conveniente os acordos que fosen precisos para solucionar o caso. No ano 1462 reuniríanse moitos cregos de todo o bispado. O cabido outorgaría seu poder aos “ditos chantre e arçediano de montes en nome das ditas mesas obispal e capitolar, e ao dito abade de Barrantes por Riba de Mynno, e Afonso Lourenço e Juam de Borreiros raçoeiros da iglesia de Bayona por lo dito Val Mynnor, e a Estevo Fernandes bacheler por Val de Fragoso, e a Fernam Troncoso abade de Leirado por lo alfoz de Salvaterra, e a Lourenço Afonso reitor de Sanjurjo e Alvaro Vasques reitor Cristinnade por Riba de Tea, e a Juam de Fonterosa por Terra de Sam Martinno, e Lopo Martines raçoeiro por Terra de Montes, e a Juam Peres alcipreste por lo Ribeiro de Ave, estos fezerom procuradores para que podesem concordar e abyr con os arrianos ou seus procuradores e outorgar e valer contrautos fortes e firmes valados con penna e juramento fortes e firmes sobrela concordia…”269. Con estos datos, seica o conflito estaba remitindo, intentando chegar a algún acordo cos que renunciasen a súa rebeldía, quizais debido á sentencia favorable aos Arrianos. Nembargantes o cabido apelaría ao rei, polo que enviaría a Castela como procurador do cabido ao crego Juan de Borreiros. Polas custas e despesas que lle poidera ocasionar, se pagaría ao procurador dous mil marevedís, alugando para a súa ida a Castela a mula de Álvaro de Porto “en seguimento da çitaçom dos arrianos contra a clerisia”270. O que non podía adiviñar Álvaro de Porto era que a súa mula morrería no servizo prestado ao cabido, polo que “agora andava a pee con gram traballo de seu corpo e nom mellor onrrado”271, polo que solicitaría ao cabido que lle pagasem a súa mula, acordo que aceptaría o vigairo e o 266

Ibidem. fol. 30. 1460. Prot. Lib. XIII. Fol. 89. 23 xuño de 1462. 268 Ibidem. fol. 89. 13 xullo de 1462. 269 Ibidem. fol. 89. 28 xuño de 1462. 270 Ibidem. fol. 89. 29 xullo de 1462. 271 Ibidem. fol. 103. 7 marzo de 1463. 267

mordomo do bispo xunto co cabido e a clerecía xa que a petición “era boa justa e razonable”. O preito debeu ficar a favor dos leigos e labradores do bispado, malia que o cabido conseguiría demostrar certos abusos realizados polos arrianos, demostración que se sumaría aos gastos da clerecía “por lo proçeso e autos feitos ante Alvaro de Soutomayor sobre rasom das forças que os arrianos fizerom, e provança que se sobre elo fiso por carta del rey en quorenta maravedis e com mais oyto maravedis que se beberom enna conta de todo esto”272. Curiosa é a mediación de Álvaro Paes que intercedía en tódolos conflitos e contendas da cidade e do bispado tudense. Estas probas quizais redundaron nunha mellora da sentencia, de cara a que os arrianos polo menos pagasen as custas do preito, tal e como se entende nos “dosentos maravedis vellos para yda que o mandam yr a casa do obispo, que nom de lugar aos arrianos dese absoltarem a menos de pagarem as custas querelle fizerom faser”273. Todo isto indica que o preito se decantaba cara o bando dos labradores da diócese, aínda que todo o seu contido o descoñezamos, pero observamos que o cabido continuaría a contenda coa ida de Álvaro de Porto a “que inpretrase a corte de Roma… de apelaçom que levava do cabido e clerisia”, cousa que agradecía o cabido pola que sería contado “en sua raçom por quatro meses”274. O conflicto, xa emporsí longo, tería un prolongado intervalo. A situación de Tui durante bastantes anos, azoutada por violencias, guerras e fames, non debeu ser favorable para a continuación do caso, do que non teremos novas ata o episcopado do bispo Pedro Beltrán, no ano 1494. Neste ano o bispo ordenaría que “para el pleito de los arrianos” a “clerizia e dignidades canoygos e benefiçiados dos cada huno que toviese seis myl maravedis de renta pagase dos reales e de seis myl maravedis abaxo hun real”275. No mesmo ano o concello e o bispo e cabido chegarían a un acordo para suprimir os panos, camas, dízimos persoais, coroados, etc., que resultaban gravosos para os veciños da cidade, cesión que realizaría o bispo movido polo estado de abandono e despoboación no que estaba a cidade episcopal, logo de tantas guerras. Un acordo semellante realizaríase no ano 1500 no couto de Pexegueiro a petición dos seus fregueses, e co mesmo obxetivo; repoboar o couto. Tamén coñecemos acordos do mesmo carácter para Vigo, Reboreda e Redondela, nos que o bispo sentenciaría a favor da abolición do imposto dos panos e camas en troca de que os veciños seguisen pagando as dízimas e outros dereitos, principalmente sobre o peixe.276 No mesmo sentido que os anteriores acordos, o bispo exaccionaría aos cregos da diócese das camas, panos e luitosas, acordo que será semellante aos devanditos, no que a cambio do favor, os cregos pagarían unha suma anual, un real de prata, que era moito máis levadeira para a maior parte dos cregos, sobre todo os das freguesías, que tiñan que aturar unha maior pobreza.

272

Ibidem. fol. 104. 7 marzo de 1463. Ibidem. fol. 172. 30 outubro de 1463. 274 Ibidem. fol. 172. 10 novembro de 1463. 275 Prot. Lib. XXVII. Fol. 75. 10 xaneiro de 1494. 276 José Martínez Crespo; “Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesiástico: la sentencia arbitral de 1494”. 273

En 1498 o cóengo Garçía de Duratón sería procurador “enna causa dos arrianos para Santiago”277. E en 1505 o mesmo Garçía de Duratón iría desta vez a Braga 278 para o preito do Arrianos. A solución do conflicto resolverase freguesía por freguesía tal como comprobamos polos devanditos acordos acadados con Tui, Vigo, Redondela, Reboreda, Pexegueiro, e como se tiña trazado na organización por terras da diócese en 1462. A continuación do preito en anos posteriores nos asinala, ben a falta de acordos en boa parte do bispado, ben a falta de cumprimento dos acordos acadados para a supresión dos panos e camas a través de cuantías económicas ou o cumprimento do pago doutros tributos, cousa que acontecería en Redondela e Vigo nos primeiros anos do século XVI. Preito dos Faliseus Pouco podemos dicir sobre esta contenda senón polas escasas novas documentais que existen. Seica o conflito se desatara arredor do 1460, orixinado se cadra polas propiedades do cabido que aínda permanecían en Portugal ocasionando un litixio co abade do Mosteiro de Ganfei (Valença). O encarregado de avogar no caso foi o arcediago de Montes, Fernán Vasques, “o dito cabido mandarom ao dito Vasco D’Amyll mordomo do dito cabido, que dea dineiros ao arcediano de montes e aquele que con el ha de yr a Valença ao pleito dos faliseus para suas custas e despesas deste pleito.”279 O preito dos Pelames Este curioso conflicto tudense desenvolveuse no verán do ano 1464, sendo un dos poucos casos onde se resolve amigablemente a fin do preito. A orixe desta contenda viría pola construcción dos pelames 280 e aloques feita polos zapateiros e curtidores tudenses en camiños e accesos ás hortas do cabido. Os pelames ubicábanse en Riomuíños, lugar axeitado para curtir as peles polo aproveitamento do río Tripes, quizais así chamado no seu tramo final por se lavaren os coiros nas súas augas. O conflicto non era novo, xa que logo, acontecera outras veces, mais desta o caso complicaríase por faceren os zapateiros uns “estatutos” contra o cabido, co que tería como contramedida a demanda da igrexa (¿entredito?), embarullándose o asunto. O concello, para defender os negocios dos zapateiros, requeriría os servizos do señor da cidade; Álvaro Paes de Soutomaior. Este rogaría ao cabido para un aveciñamento e cese do preito, os cóengos decidirían deliberar e pospoñer a súa decisión. A resposta do cabido sería positiva; realizarían unha avinza e concordia amigable. Pero ao cabido non se lle pasaría por alto deixar de recriminar aos zapateiros porque “non deveram faser estatutos contra a iglesia”281 e porque eles -o cabido- en 277

Ibidem. fol. 190. 13 xullo de 1498. Prot. Lib. XXIX. Fol. 121. 30 novembro de 1505. 279 Prot. Lib. XIII. Fol. 16. 2 xaneiro de 1460. 280 O pelame ou aloque é a pía na que se pón o coiro para zurralo ou curtilo con tanino (a casca do castiñeiro) e con sal. En Riomuíños aínda existe unha congostra (A Tafona) que conserva o nome de Aloques. 281 Prot. Lib. XIII. Fol. 170. 4 xullo de 1464. 278

particular “fasia sempre graçia enas cousas que lle demandavam de seus foros e rendas”. Ademais, malia o desacostumado comportamento dos devanditos zapateiros e curtidores, “o dito cabido se descendia e descendeo de todalas mandas que avia movido contra os ditos çapateiros sobre raçom dos ditos palamos e aloques e prometia e prometerom dela mais elles nunca os demandar”282, e que “os palamos e aloques agora nobamente feitos que eram en dano dos camynnos e redondava mal a todos camynnantes e carros e bestas que por los ditos camynnos aviam de andare que os ditos omes boos e procurador do dito conçello os fosen logo derribare e defaser en tal maneira que non viese dano por ocasión delles a ningunha cousa que por los camynnos andase endeante enno dito lugare que os fezerem en lugar que non viese dampno nem perjuiço aos ditos camynnos nem aas cortinnas do dito cabido e suas entradas”. O cabido mandaría ao seu notario e ao procurador xunto cos homes bos e procurador do concello para derribar e desfacer os ditos pelames. Álvaro de Soutomaior agradecía a grande honra que o cabido lles fixera, e que llo remuneraría con boas obras. O concello tamén agradecería a mercé que realizara o cabido e que nas cousas que o dito cabido lles fose requerida que eles con pracer, se for posible, llo farían. Entón o notario e o procurador do cabido xunto cos homes bos da cidade “chegando todos de camynno a Ryo de Moynnos”, comezaron “logo de veer en elo… e acharom que Pero Bidal debe lançar e lançe huna campaa de pedra ancha reçea e forte por sima do seu aloque que cubra o terço del e avie as pedras con picos tanto que encase a dita campaa forte e chaa con o camynno que por hi cay en tal maneyra que andem carros carregados e vasios e bestas por çima da dita campaa sem themor dese quebrar”; a mesma operación repetiríase co aloque de Vasco Días, desfacéndolle a metade do aloque, dándolle a opción de acrecentalo contra unha casa do camiño ou que o sacase todo; o aloque de Juam Gonçalves teríase que cubrir a metade cunha pedra para que o camiño fose sen perigo dos camiñantes, carros ou bestas; os mesmos feitos tivo que repetir Afonso de Leiras. Rematado este proceso, o de cubrición dos aloques que resultaban danosos para o camiño, o resto, que entorpecía o paso cara ás cortiñas -hortas- que posuía o cabido, deberían esperar “por quanto estes aloques e palamos todos agora teen seus coyros acortir con casca e nonse podem sacar delles a menos de seerem cortidos por que de outramente se fezese perderianse os ditos coyros que en elles jasiam a cortir”283, polo tanto agardarían para correxir os devanditos palames e aloques ata fins de agosto, remate do curtido. Esta consideración ante a perda dos coiros, déixanos ver a preocupación do cabido polo que era unha das industrias principais de Tui, polo que é lóxico que se agardase ata a fin dos traballos para eliminar os pelames que entorpecían os accesos ás cortiñas e o paso dos camiños. Que se tivese que ocupar os camiños, obrigando -o que se fixo varias veces- ao cabido a requerir e demandar a desfeita das pías de curtido, dan conta da cantidade dos mesmos e a vocación industrial do arrabaldo de Riomuíños. O preito resolveuse cun bó acordo, e o agradecía sinceiramente o concello tudense, porque aos poucos días, e para retribuír a boa avinza co cabido, o concello desembargaría ao cabido sobre o asunto dunha casa na porta do Arco, para que o dito cabido fixese de tal casa o que quisese, desbloqueando un conflito sobre a devandita casa, que quizais xurdira polo comezo do preito dos Pelames. 282 283

Ibidem. Ibidem.

A autonomía do Concello Malia as avinzas e concordias, o concello seguía devezando a súa independencia do señorío eclesiástico. A situación da diócese, coa expulsión do bispo e baixo o dominio Soutomaior, vai supoñer certa autonomía que o propio cabido non podía deter, xa que o concello contaba co apoio explícito de Álvaro de Soutomaior, presente el nos acordos, decisións e arbitraxes do concello, ao que interesaba esta manobra precisamente porque lle restaba poder ao bispo e cabido, e permitía o fácil control sobre a cidade. O nomeamento dos xustizas e oficiais do concello estaba un pouco alterado. En 1460 o cabido denunciaba a intromisión do provisor episcopal neste dereito do cabido. Para 1467, o concello, cos Alcaldes Vasco Camiña e Rui Vasques da Abadesa, poñerían oficiais, usando enteiramente da xurisdicción que tocaba de dereito ao cabido. Este, amolado pola acción do concello, protestaría ante os mesmos alcaldes, demandando o seu dereito que era de usar da enteira xurisdicción da cidade e que “os ditos alcaldes injustamente e contra sua liberdade e posisom, per sy faziam e puynnam os ditos offiçias”284. Pero a protesta, como dí Pascual Galindo285, sería completamente van e estéril, xa que o mesmo señorío que exercía Álvaro de Soutomaior, e polo tanto introducindo no concello elementos fieis, facía secularizar a xurisdicción da cidade. Os choques entre Cabido e Concello eran frecuentes. Un pequeno exemplo disto atopámolo na posesión da casa aforada polo cabido a Gonçalvo Días o Moço, da que o concello lle tirara da súa pose, pedindo o devandito Gonçalvo a defensión á que debía proceder o cabido286. O Preito de Porto Observáramos xa como en 1428 as dificultades entre o Bispo e a Orde de San Xoán sobre a problemática xurisdicción de parte das terras do bispado levara ao entredito sobre Tui. En 1460 rebrotaría a contenda, se cabe con maior fondo social, xa que o dominio de Soutomaior e os seus cabaleiros e escudeiros sobre a diócese empobrecía ao campesinado. O cabido tudense, aproveitando a ida a Roma do seu Deán, solicitaríalle que procurase sobre o asunto de cara a solucionalo aínda que fose medianamente: “…item averedes de noso sennor o papa huna revocatoria do privilegio da ordem de Sam Iohan çerca dos disimos dos seus caseiros labradores inquilinos emphiteutas e outros quaes quer que labran suas herdades de que a dita ordem toma os disimos aos reitores e clerigos das iglesias deste obispado que som muyto pobres e taas iglesias ha y a que leva a metade dos disimos e a outros os dous terços, asy que fica tampouco aos reitores que han de çelebrar os ofiçios divynos, e ministrar os sacramentos eclesiásticos que nonse podem manter por lo que lles fica, ou a menos que impetredes huna declaratoria por la cual noso sennor o papa declare, que o dito previlejio ou indulto non se extenda a benefiçio oo menos de çinqoenta ducados en este obispado que chegen ao qorenta ducados.”287 284

Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 17. 1 xaneiro de 1467. Galindo Romeo; op. cit. pax. 67. 286 Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 26. 26 marzo de 1467. Isto é, o Cabido como arrendador da propiedade tiña certas obrigas sobre o arrendatario (foreiro), como a protección e defensa dese tipo de accións. 287 Prot. Lib. XIII. Fol. 35. 21 xullo de 1460. 285

Esta exposición aclara os motivos de gran parte do conflicto entre a orde de San Xoán e a igrexa tudense, xa que a pobreza das propias freguesías non permitía o reparto maioritario das dézimas, principal ingreso dos rectores ou abades. Poucos días despois de querelar e queixarse sobre o devandito preito, aparecería polo cabido Álvaro Paes de Soutomaior para establecer unha concordia entre a igrexa tudense e o Comendador da orde de San Xoán, frei Sueiro Nogueirol. Álvaro Paes falara co comendador “por rrazom dos fruitos e rendas que diziam por sua querela quelles o dito comendador tomava e de como as despojava contra dereito e justiza”288, e el por honra da dita igrexa acabara co dito comendador deste xeito “que desestia força e esboullo…de todolos beneficios e rendas disimos foros… quelle tomava e ocupava… e que doje endeante para sempre fosem boos amigos con el dito comendador”289. O cabido achaba este acordo “en muyta merçed”, agradecendo así a intervención de Álvaro de Soutomaior. Pero esta concordia non conducía o caso a unha resolución tan amigable, volvendo a xurdir problemas, máis pola actitude do comendador que por unha confusión de xurisdiccións entre coutos da orde e da igrexa. O couto de Porto, por longo tempo do cabido tudense, veríase de novo coa intromisión do comendador de Mourentán (Orde de San Xoán). Aos labradores de Porto Rui Lourenço, Lourenço Fernandes e Joam d’Almeynna lles sería mandado “que daquy en diante non servisen nem desem ao comendador de Mourentan marran nem cabaa de vynno nem fogaça de pam nem o servysem con cousa alguna e seo comendador os pennorase que se leixasem pennorar e se viesem a queixar ao cabido e fazendo eles o contraryo que portestava de perderem a renda e foros que tynnan do cabido”290. Con esta advertencia pronto se presentaría o comendador frei Sueiro de Nogueirol, para ficar nunha concordia sobre o devandito couto de Porto, no que ao mes seguinte amba-las dúas partes -Encomenda de Mourentán e Cabido tudense- enviasen cadanseu home bó para que sacasen pesquisa sobre a propiedade do dito couto. Se eles probasen que era do cabido, o comendador comprometíase a deixar para o cabido o devandito couto, e polo contrario, que o cabido llo deixase ao comendador se se demostrase a súa propiedade, todo isto libremente e sen preito algún291. A pesquisa, se se debeu dar, tivo que ser favorable ao cabido, xa que este seguiría desfrutando das rendas do devandito couto. A revolución Irmandiña: Os gorrións corren tra-los falcóns Dadas as condicións de sufrimento que padecía a maior parte da sociedade galega no século XV, agudizado polas secas, fames e pestes, non sería extraño que a paciencia esgotase os seus fluídos para se alzar en armas contra unha nobreza asoballante, principal responsable das violencias, furtos e mortes que padecían, sendo lóxico o devezo de unión para formar irmandade e con ela acadar a fin do dominio señorial e dos seus símbolos; os castelos.

288

Prot. Lib. XIII. Fol. 37. 26 xullo de 1460. Ibidem. 290 Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 17. 13 xaneiro de 1467. 291 Ibidem. 14 xaneiro de 1467. 289

A pinga que colmaría a paciencia das xentes do común sería as fames do período 1465-1467, con grandes mortandades, polo que xa non cabía aturar máis inxustizas dos señores. A formación das irmandades292, xa introducidas en Castela e en León, contou co apoio explícito do rei Enrique IV, xa que estaba inmerso na guerra civil con Afonso “XII”, polo que lle interesaba dominar á nobreza rebelde. O rei daría provisión para ser pregoada esta Irmandade en tódolos recunchos de Galicia. Os procuradores das vilas e cidades e o común da xente poderían defender as súas casas formando a Irmandade, e que se os cabaleiros non cumprisen a xustiza de derrocar as fortalezas onde se agochaban os ladróns, que tamén lles derrocasen as súas casas e fortalezas. Baixo esta premisa xuntáronse labregos e burgueses baixo o amparo real en Irmandade, percorrendo as terras galegas para tirar aos tiranos dos seus castelos. Tui e o seu bispado non ficaba á marxe da Irmandade. Era sen dúbida un dos lugares máis inestables socialmente, tal e como o demostrou a negación dos labregos a pagar luitosas (1458?-1464?), e tamén os castigos e estragos cometidos polos señores da rexión: os Soutomaior e os Sarmiento. O 14 de marzo de 1467, o cabido e o concello tudense formarían Irmandade, sendo unha das primeiras de Galicia: “Entonçes os sobre ditos personas e cabildo e os ditos homes boos, vezinnos, alcaldes, regedores e moradores da dita çibdade que presentes syan e eram, fezerom juntos todos huuns con outros e os outros con os outros tal pauto uniom en modo e maneira de yrmandade e todos e cada huun por sy sobre huun livro dos santos evangeos que corporalmente con suas maans tangerom, jurarom aalende dos capitulos da santa yrmandade estas cousas que se siguen”293. Desgraciadamente non coñecemos os mentados capítulos, quizais non escritos por precaución ante a violenta resposta de Álvaro de Soutomaior. A unión de cabido e concello para xurar a Santa Irmandade non é tan extraño. Ambo-los dous sufrían as violencias, secuestros (rescates), furtos e mortes perpetrados polos homes de Álvaro de Soutomaior, e polo tanto formar a Irmandade para tentar acabar con tanto desaguisado era un devezo común tanto para concello como para cabido. Este último ademais tiña unha composición que o achegaba ás clases populares, xa que a extracción social da maior parte dos cóengos era da clase media, polo tanto era normal que as inquedanzas e intereses deste grupo social fose afín ao común da cidadanía, e en moitas ocasións en contra dos designios dos bispos. O cabido participaba intensamente da irmandade, tal e como consta pola ida do cóengo Gonçalvo Vasques á xunta irmandiña de Medina (Castela) 294: “entonçes ordenarom constetuyrom por seu procurador a Gonçalvo Vasques, canonigo, que procure enna junta general de medina da Santa Hermandad e ante el rey e en sua corte todo aquelo que for onrra e prol e proveyto desta eglesia e cabildo e conçello de Tuy”295. O intento do cabido sería reclamar o que por dereito era seu; Tui e os seus coutos. O mosteiro de Celanova tamén mandaría procuradores a Medina para tentar a devolución do seu couto de Rabal, devolto logo pola Santa Hermandade. Ante estes 292

Era unha milicia popular encargada de facer xustiza fora das vilas e poboados. Axustizaban asaetando aos culpables. Compúñase dos alcaldes de Irmandade, que recebían unha vara de xustiza como aos Alcaldes das vilas e cidades. Os Irmandiños nas súas campañas, como símbolo de bondade e xustiza ondeaban unha bandeira branca. 293 Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 25. 14 marzo de 1467. 294 Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 26. 26 marzo de 1467. 295 Ibidem. 1 abril de 1467.

feitos debemos supoñer a mesma promesa de acción para restablecer á xustiza na cidade e bispado tudense. As primeiras accións emprendidas polos irmandiños tudenses nestos primeiros meses, fican na escuridade, aínda que debemos supoñer que os Irmandiños uniríanse para cumprir as mandas das xuntas de Medina, e acabar cos delitos en terras tudenses. Non coñecemos moitos máis datos, aínda que as aportacións da Crónica de Santa María de Iria, e o Preito Tabera-Fonseca aportan un chisco de luz ao movemento irmandiño na rexión tudense. Para este ano de 1467, tempo do estoupido irmandiño, as tropas irmandiñas cercarían Tui: …despois desto nostro señor Iesu cristo se vingou ben deles (os cabaleiros e nobres), porque todos eram perversos en maldades contra el, en tanto que foy despois desto moy grande mortalda, asi de moços como de omes e molleres et dos caballeiros que era huna grande maravilla. Durou huun ano continuo esta mortalda en todo o reino de Gallizia… en este encomedio morreu Alvaro Paas de Soutomayor ena çibdade de Tuy; estaba çerquado da Santa Irmandade; serian fasta çinquo mill omes de pee e de cabalo; mandou entregasem a çibdade a Irmandade. Falesçeu enno mes de março, ano domini MCCCC sesagesimo oitavo.296 Temos que imaxinar un longo cerco, ata que Álvaro Paes, xa en perigo de morte, decidise entregar a cidade aos Irmandiños: y tomaron la çiudad de Tuy que tenia tomada Albaro de Sotomaior297. Tan pronto como puideron entrar na cidade as milicias populares, o sucesor de Álvaro na casa de Soutomaior, Pedro Álvares, tería que fuxir precipitadamente a Portugal. As novas documentais falan que neste período de 1467 a 1469, os Irmandiños derrubaron todas as fortalezas galegas, agás algunhas excepcións, como o castelo de Pambre. As fortalezas que se ubicaban no bispado tudense, tanto de propiedade eclesiástica como leiga, serían derrocadas. Lembremos as fortalezas de Santa Helena (Val Miñor), Entenza (Salceda), Tebra, Taraes, Goián, Sobroso,... e moitas máis, algunhas descoñecidas e outras pequenas torres, agocho dos cabaleiros da bisbarra. A derrota Irmandiña Non tardaría en voltar Pedro Álvares para recuperar o que era do seu medioirmán e que por herencia lle tocaba a el. Desde Portugal viría ben pertrechado convertíndose no estratega da contraofensiva nobiliaria contra a Irmandade. Debeu cruzar o Miño nalgún lugar pouco perigoso, probablemente o tradicional vao perto de Salvaterra, xa que o seu obxetivo sería unirse ao Arcebispo Fonseca e a Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente. Pronto se unirían á liga nobiliaria Fernán Pérez de Andrade, Gómez Pérez das Mariñas, Sancho Sánchez de Ulloa e Lope Sánchez de Moscoso298. Tiña Pedro Álvares “çien lanças y dos mil peones poco más o menos”299. En contra do que opina a maioría de historiadores, Pedro Álvares non debeu tomar Tui no seu retorno a Galicia, xa que a toma da cidade provocaría un custo demasiado 296

Anselmo López Carreira; Os Irmandiños. Textos, documentos e bibliografía. Pax. 76. Angel Rodríguez González; Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños. Pleito TaberaFonseca, 2 vol. 1984. 298 García Oro; La Nobleza…, pax., 226. 299 Vasco de Aponte; op. cit., pax. 222. 297

elevado300, no que ademáis chamaría a atención dos Irmandiños dándolles tempo a xuntarse e atacar as súas tropas, que non eran suficientes para vencer abertamente ás multitudes irmandiñas. Vasco de Aponte nos pón na liña certa, xa que os irmandiños dos bispados de Tui e Ourense, apercebidos do intento de Pedro de Soutomaior de xuntarse co arcebispo e demáis nobres, tentaron cortarlle o paso, o que tivo como froito o enfrontamento do Castro da Framela301, do que sairía victorioso Pedro, aínda que podemos desconfiar do relato de Vasco de Aponte, e a victoria non fose tan esmagante, o que obrigaría ao Soutomaior a pasar por Pontevedra -vila Irmandiña- para cruzar o Lérez en marea baixa, conseguindo chegar a Santiago cunha camiñada rápida, co fin de evitar máis encontros. Xuntaríanse os exércitos do Soutomaior e de Fonseca-Pimentel en Balmalige, perto de Compostela, na primavera de 1469. O estratega Pedro de Soutomaior derrota aos máis de dez mil irmandiños comandados por Pedro Osorio sen agardar que estos recibisen axuda, co que a batalla de Balmalige se fai decisiva para os Irmandiños, xa que logo, a partires de agora será o bando señorial quen tome a inicitativa, e os irmandiños ficarán á defensiva e desorganizados. Aínda que a nobreza galega gaña en campo aberto, as vilas e cidades amuralladas seguirán en poder irmandiño por longo tempo. Este sería o caso de Tui, que resistiría namentras Pedro Álvares axudaba aos seus colegas anti-irmandiños para que recuperasen as súas posesións. Cos escasos datos que posuímos, a presenza na cidade tudense en 1471 de dous escudeiros de Sancho Sánchez de Ulloa, Ares Conde e Gonçalo Varela302, fan sospeitar na toma de Tui nese ano, refrendado isto polas verbas de Sancho de Ulloa no seu testamento cando lamentaba “los paños que yo mande tomar a los de Tuy”303. Non sabemos como sería o reaxir contra os Irmandiños tudenses, aínda que cabería pensar nalgunha represalia contra dos Alcaldes da Irmandade e doutros máis para exemplificar, pero o certo foi que este reaxir nobiliario, en Galicia, sería parcial e limitado, xa que logo, os señores vense obrigados a pactar cos seus vasalos, a non reprimilos, a perdoar, porque eran señores de vasalos, sen estos non había poder e dominio. Pedro Álvares de Soutomaior: de crego a guerreiro As sombras sobre a figura de Pedro Madruga 304 aparecen desde o seu nacemento, descoñecéndose a súa nai, aínda que sospeitando o seu parentesco coa poderosa familia dos Zúñiga confirmado isto pola testemuña do seu fillo Álvaro ao mentar á súa avoa Constanza de Zúñiga. Era fillo ilexítimo de Fernán Eáns de Soutomaior e polo tanto medio irmán de Álvaro Paes. No testamento de Fernán Eáns mándase que o pequeno Pedro fose crego, para isto os seus estudos estarían baixo a supervisión de “fray Esteban de Soutelo maestro en 300

Debemos pensar que do mesmo xeito que Pedro non tomaría Pontevedra cando pasou por ela, Tui lle sería imposible pois ademais ocasionaría unha terrible perda de tempo o seu cerco, contrariando a estratexía argallada polo Soutomaior de unirse á liga nobiliaria para cercenar a revolución irmandiña dun só golpe, a derrota dos líderes irmandiños, coa que desmoralizaría ás milicias populares. 301 Vasco de Aponte; op. cit., pax. 223. Este lugar de Framela ten difícil ubicación, alguns o identifican con Famelga en Cotobade, e outros con algún lugar de Salvaterra ou As Neves. 302 Prot. Lib. XXV. Fol. 237. 1471. 303 García Oro; La Nobleza..., pax. 174. 304 Pedro Madruga, o alcume é mencionado por Vasco de Aponte “porque madrugaba mucho quando haçia sus cabalgadas”, op. cit. pax. 219.

Sagrada Theología”305 no convento de San Domingos de Tui. Isto o afirma tamén Vasco de Aponte “que havía de ser clérigo”306. Na documentación do arquivo catedralicio tudense contamos coa absoluta certeza de que Pedro Álvares formaría parte dos cóengos tudenses: “E entonçe Pero Alvares de Souto Mayor coengo de Tuy teençeiro da renda e teença de Sta. Vaya deu e outorgou por fiadores devedores e prinçipaas pagadores de pagar ao dito cabido a dita renda por los preços de cada ano...”307. Como cóengo coñecemos interesantes colaboracións súas coa igrexa tudense: “Pero Alvares de Souto Mayor prometeu para a obra da capella de santandre do obispo dom Johan seu tyo tanto que e começar a obra dela dous myll maravedis de moeda vella e o dito cabido llo tevo en muyta merçed.”308 Pero antes de colaborar en cousas como o remate da capela de Santo André da catedral tudense, tamén incumpría os seus compromisos dinerarios co cabido: “Mandarom a Vasco d’Aamyll canonigo que dos dineiros da calongia de Pero Alvares pague dous sollos que deve da renda de Santa Vaya”309. Igualmente no reparto das custas do preito dos Arrianos 310 estaría entre os cregos rebeldes, aqueles que non pagaban o repartimento efectuado polo cabido. Podemos asegurar que Pedro non se interesaría moito polo cabido, estando quizais co seu medio-irmán Álvaro no goberno do territorio dos Soutomaior. Na maioría das reunións do cabido e para outros efectos, estaría representado polo seu criado Pero de Sevilla quen estaría a cargo en 1460 da demanda efectuada ante o rei polas violencias perpetradas por Diego Sarmiento nos coutos da igrexa tudense. Sobre a súa condición eclesiástica coñecemos o interese, antes de 1460, do rei Enrique IV por facer a Pedro Álvares arcebispo de Santiago. Coa morte do seu medio-irmán, Álvaro, e o cerco dos irmandiños en Tui, Pedro pasará a ser herdeiro da casa de Soutomaior, xa que logo, non existía alguén máis que a súa tía Dona Maior de Soutomaior. Pero non só era isto, grazas ao particular interese de Álvaro por facer de Pedro o seu herdeiro universal, puídose vencer as naturais reticencias de Leonor de Mexía, nai de Álvaro. Tanto Leonor como Maior expresarían nos seus respectivos testamentos, de 1473 e 1480, a Pedro Álvares como o seu herdeiro. Na súa fuxida a terras portuguesas, Pedro Álvares casará, coa mediación do rei Afonso V de Portugal, con Tareixa de Tábora, de importante familia nobiliaria. Será esta familia quen lle axude a recuperar o seu señorío contra a violencia anti-señorial e xusticieira dos Irmandiños galegos. En Galicia converteríase no principal estratega do reaxir señorial, rematando cos últimos reductos irmandiños. Debeu reconquistar Tui -xa que logo, considerabaa súa por herdanza de Álvaropolo ano 1471, aínda que as novas sobre estes aconteceres son fragmentarios e confusos. Pedro Madruga na liga anti-fonsecana

305

Vasco de Aponte; op. cit. nota 329, pax. 219. Ibidem. 307 Prot. Lib. XIII. Fol. 167. 1463. 308 Prot. Lib. XIII. Fol. 175. 1463. 309 Ibidem. fol. 32. 13 xullo de 1460. 310 Nota 100. 306

Inmediatamente despois da derrota Irmandiña a nobreza galaica volveuse a dividir en bandos. O primeiro que se desmarcou da liga anti-irmandiña foi o arcebispo de Santiago, Afonso de Fonseca. Fonseca pactaría cos irmandiños santiagueses de cara a recuperar a cidade e o seu territorio. Pronto uniríase Pontevedra e todo o arcebispado. Non sería extraño que Tui, sen bispo daquela, seguindo unha xa vella tradición, se incorporase á obediencia fonsecana en 1470 procurando un valedor poderoso contra as sen razóns dos Soutomaior e os seus aliados. Como xa dixemos, a presenza na cidade de escudeiros de Sancho Sánchez de Ulloa no ano 1471, puidera indicar que a cidade se houbese incorporado ao territorio da liga asinada contra o arcebispo Fonseca e que estaba formaba polo Conde de Lemos, Juan de Zúñiga, López Sánchez de Moscoso, Diego de Andrade, Sueiro Gómez de Soutomaior, Diego de Lemos, Sancho de Ulloa e Pedro Álvarez de Soutomaior. O arcebispo, ou ben non perdera a cidade tudense ou ben a recuperaría máis tarde (1472?), xa que o novo bispo tudense, Diego de Muros, incorporaríase a alianza anti-fonsecana, loitando xunto con Pedro Madruga. Pedro Álvares titularíase Visconde de Tui no ano 1473, o que podería entenderse como un efecto da toma da cidade antes dese ano. O rei Enrique IV negaría categoricamente tal nomeamento o 27 de outubro de 1473: “Soy informado que en el mi reyno de Galicia han parescido algunas cartas mías por donde dis que yo fese merced de la villa de Bayona de Miñor, ques de mi Corona Real, e de la cibdad de Tuy, ques de la iglesia obispal de Tuy, e de la villa de Pontevedra, ques de la iglesia e arzobispo de Santiago a Pero Alvarez de Sotomayor; e de la villa de Finisterre, ques de la dicha iglesia e arzobispo de Santiago a Lope Sánchez de Moscoso con título de Viscondes”.311 A petición de cederlle a cidade, efectuada por Diego de Muros en 1473 a Pedro Álvares de Soutomaior, podería corroborar a toma de Tui nese ano, cuxa negación de devolverllela cidade a seu dono natural provocaría o cambio de bando polo bispo tudense quen asinaría un acordo co arcebispo Fonseca, 10 de abril de 1474, nos que se estipulaba que “ninguno de nosotros sin consentimiento e sabidoria del otro no se concertara con el dicho Pedro Alvarez et en el caso que se confederare, sera haciendolo saber al otro et con su consentimiento para que esta confederación sea siempre guardada”312. A alianza episcopal anti-Soutomaior era unha acción ofensiva-defensiva bastante ben organizada “considerando los males y dapnos et opresiones et tiranias que las dichas nuestras iglesias padescen en los tiempos de hoy e se espera en el futuro padescer, según la malicia de los tiempos”.313 Mais colleitaría Diego de Muros un novo fracaso con esta alianza, xa que pouco despois concertaría a paz o compostelano co Soutomaior. As paces asinadas o 14 de maio de 1474 en Santiago, outorgaban ao Visconde o poder sobre o bispado tudense mercé as súas victorias no campo de batalla, controlando Tui, A Guarda, Baiona, Vigo, Redondela e Pontevedra. A Guerra de Sucesión

311

García Oro; La Nobleza..., pax. 232. García Oro; La Nobleza..., pax. 231. 313 García Oro; Galicia…, pax. 319. 312

No ano 1475, Pedro Madruga chegaría ao cénit do seu poder. Afonso V de Portugal lle outorga o título de Conde de Camiña, co que amplía a súa influencia e acrecenta o seu poder. Na primavera dese mesmo ano Afonso V emprendería a campaña para defender os dereitos da súa sobriña Juana la Beltraneja ante Isabel a Católica. Comezaría conquistando Toro e Zamora, mais pronto ficaría só o Conde de Camiña como bastión pro-portugués na Coroa de Castela. A campaña de Pedro Álvares sería fulminante, pasando Tui, Baiona, Pontevedra, Padrón, Redondela, Vigo, Caldas, a fortaleza de Castro de Montes, tódolos portos da ría de Arousa e Sobroso a súa obediencia e de Portugal314. No ano 1476 as cousas comezan a se torcer para o Soutomaior, xa que nese ano comeza a fraguarse a contraofensiva castelá, organizándose tamén a campaña para o frente de Galicia. Na primavera do devandito ano achégase ata Galicia a flota biscaíña ao mando de Ladrón de Guevara, quen con trinta naos, tentaría recuperar as prazas perdidas e apoiar a liga nobiliaria que se formou para combatir ao arroutado Conde de Camiña. A flota tomaría Viveiro e Baiona, dirixíndose logo a Tui para poñerlle cerco. Pero tal como lle recriminaban a Ladrón de Guevara, puido ter recuperado Tui si máis calor e forza lle puxera ao sitio da cidade, pero non atendeu aos consellos do navarro Gracián de Agramonte e optou por ir ao cerco de Pontevedra cuxo fondeadoiro estaba protexido por naves lixeiras portuguesas, e polo tanto a vila era case inaccesible ás pesadas naos biscaíñas.315 Estando cercado Pedro Madruga en Pontevedra, e sen que o adversario nen por terra nen por mar puidera tomar a vila, asinaríanse unhas treguas -24 de outubro de 1476- nas que se respeitaría as vilas e cidades tomadas. Por parte dos coaligados: Baiona, Padrón, Noia, Muros, Santiago, A Coruña e Betanzos; por parte do Conde de Camiña: Tui, Pontevedra, Vigo, Redondela, Soutomaior, Sobroso, Fornelos, Castro de Montes, Cambados e Nogueira.316 O 15 de decembro dese ano, Pedro, realizaría o seu testamento. O cerco sobre Pontevedra lle fixo ver a morte de perto, polo que redactaría nos Pazos episcopais tudenses -que o Visconde encargaría de se apropiar- a súa manda testamentaria: “Leixo por meus herdeiros universaes en todos os outros meus bees e no mayoradgo del Condado e Vizcondado e Mariscal de Bayona a meu fillo Don Alvaro de Soutomayor e enos outros bees partibles a o dito D. Alvaro, e a Don Fernando, e a Don Diego, e a Don Alfonso, e a Doña Mayor, e a Doña Costanza de Soutomayor, meus fillos legítimos”317. O ano de 1477 sería para o Soutomaior un ano de humillación. Cooperaría o afouto Conde no intento de tomar A Coruña, devezada polo Conde de Benavente. Ante o fracaso da empresa, e malia estar coaligados, no camiño de retorno o Pimentel apreixaría ao sorprendido Pedro. O Conde de Benavente preguntaría aos irmáns Francisco e Lope de Avalle, inimigos declarados do Soutomaior, polo camiño máis seguro para levar tan preciada presa ata Ourense.

314

Vasco de Aponte; op. cit. pax. 229-230. Vázquez Núñez, Guillermo; Don Diego de Muros, obispo de Tuy…, pax. 48-49., Madrid 1919. 316 García Oro; op. cit. pax. 234. 317 Ibidem. pax. 235. 315

Asi desde Padrón, lugar da celada, pasarían por Cesures, a fraga de Gallamonde, a ponte de Caldas, a Portela, a ponte de Pontevedra; desde a Canicouba ata a ponte San Paio, Redondela, Vigo; á vista de Baiona ata chegar ao Miño e desde alí a Tui, seguindo o río ata o Avia e finalmente ata Ourense318. A pesares das imprecisións do percorrido, si que se aprecia o rodeo que tivo que dar o de Benavente para evitar que os homes de Pedro Álvares o puidesen ceibar, xa que dominaba todo o bispado tudense e tiña fortalezas e vilas no territorio. O Soutomaior tería un longo encarceramento; desde o verán de 1477, ata a primavera de 1478. Aproveitando a prisión e lonxanía de Pedro, o arcebispo Fonseca recuperaría gran parte das posesións arrebatadas, afortalando os pasos de ponte San Paio, e construíndo Castricán e Daravelo para contraponerse a Soutomaior e Cangas respectivamente. Namentras Tui ficaba baixo o mando de Pedro de Mendaña, que fora alcaide de Castro Nuño, defendéndoa baixo as ordes do rei de Portugal. Diego de Muros “en jaula e fierros” A fins de 1477, e aproveitando a ausencia por prisión de Pedro Madruga, o bispo de Tui, Diego de Muros, realizaría un destemido intento para recuperar a súa cidade. Ante o fracaso da acción sufriría longa prisión na veciña Valença: “Veniendo, una vez, en tiempo de la guerra entre Castilla e Portogal, a esta nuestra cibdad, por la librar e tornar al señorío de la Iglesia, fuemos preso e llevado a Portugal, onde estovimos preso quinse meses en jaula e fierros, donde padecimos muchos trabajos”319. A lealtade inquebrantable aos Reis Católicos, foi se cadra o motivo principal para tan longo apreixamento, deste xeito o cronista Hernando del Pulgar coñencendo a situación de Diego de Muros lle fixo chegar algunhas cartas onde menciona tal posibilidade, non sen certo aceno de humorada: “Decis, Señor, que no os hallaron otro crimen, sino haber reprendido en sermones la entrada del Señor Rey de Portugal en Castilla. En verdad, Señor, algunos predicadores la aprobaron en sus sermones, pero yo libres los veo andar entre nosotros, aunque creo que no tienen pena por ser inciertos predicadores quanta gloria vos debeis tener por ser cierto, aunque preso”320. Ante a súa lastimosa situación, Diego de Muros non deixará de recibir cartas de apoio, como a do seu cuñado Vasco Guillermes que lle aconsellaba encomendarse á Virxe, para pedirlle rápida liberación. A isto, Hernando del Pulgar, comentaría con ironía: “Encomendaros a la Virgen María no era mal consejo, si ese vuestro cuñado os lo aconsejara antes que os prendieran; más, consejándolo después de preso, deviarades decir: Ja non poide, según todo buen gallego devia responder. Bien es Señor que tengais devoción en los miraglos de alguna casa de oración, según lo aconseja el cuñado; pero junto con ella no dexeis de encomendaros a la casa de la moneda de La Coruña, o a otra semejante, porque entiendo que allí se facen los miraglos por que vos aveys de ser libre”321. Os quince meses de prisión os sufriría o bispo na praza de Valença -a praza de Santa María?- pendurado de gaiola e enchido de ferros, tortura que entumecía os 318

Vasco de Aponte; op. cit. pax. 235. García Oro; op. cit. pax. 239. 320 Ibidem. 321 Ibidem. 319

membros dos prisioneiros, resultando a quebra da saúde da que se resentiría o bispo máis tarde. Sería liberado a comezos de 1479, pero non ficaría en Galicia xa que logo marcharía a Roma co recado dos Reis Católicos de expoñer as inxurias, males e danos que recebeu na súa prisión e desde a usurpación do seu bispado por Pedro Madruga. O Borrascoso goberno da cidade Namentres acontecían os feitos antes relatados de loitas, encontros e conflitos ao pé dos muros tudenses, o goberno da cidade, dirixida esta polos subordinados cabaleiros de Pedro Álvares, pasaba polos seus peores momentos. A falta de xustiza facíase habitual, e as prisións, secuestros e extorsións sobre habitantes da cidade e o seu couto facíase insoportable, e máis aínda co estado de guerra permanente ao que se veía sometido Tui, provocando a despoboación da cidade. No período aproximado de 1473 a 1479, a cidade será rexida polo meiriño, escudeiro de Pedro Madruga, Álvaro de Cadaval. A súa residencia habitual será as Torres e Pazos do Señor Visconde, que non eran outros que os Pazos Episcopais da Oliveira, apropiados polos Soutomaior desde a expulsión do bispo Pimentel en 1449. As Torres, desde onde acostumaba Álvaro de Cadaval a facer xustiza sobre o territorio episcopal tudense, serviron de cadea para os abondosos presos que se traían dos coutos riba-miñotos. Os apreixados non tiñan moita culpa, quizais a má sorte de estar no lugar inapropiado, envolto en pequenas liortas ou por faltas menores. Os inocentes ou con discutible culpabilidade -por envexas ou odios- que eran apreixados, se lles cobraba un rescate, o que supuña unha práctica moi habitual para os señores e cabaleiros, sendo os “rescates” unha das denuncias de inxustiza máis habituais lanzadas polos labregos e artesáns da terra, un dos factores xunto cos roubos e mortes que provocarían a revolución Irmandiña. Un exemplo destes rescates sería o protagonizado por Estevo Martíns: “… morador en Entença que presente estava disso que ansi era verdat que poderia aver dous meses pouco mais ou menos que andaba el manso e seguro a çerqua de su cassa viera a el Joan Fereiro morador en baiona con gente de pee e o prendera e o tragia ao monte e que o rescatarem por dous myl e tresentos maravedis fasta este dia le fossen dados e cassa de Gonçalo de Gandera enno val de minnor sopena que passado o termino dende en diante pagasse por pena çen maravedis por cada dia ousse fosse meter na pressiom”.322 O obxecto destes apreixamentos, na maioría dos casos, era recaudatorio, é dicir, que as penas impostas facían parte dos ingresos dos señores. A xente debía pagar a súa posta en liberdade cunha multa, ben direitamente, ben a través de fiadores que garantían a súa liberdade cunha fianza. Claro que os devanditos fiadores non as tiñan todas consigo pois de non pagar o adebedado pola persoa apreixada serían eles individuos de cadea: “…moradores de Guillarey, tinnan contenda con Alvaro de Castro por lo qual foron pressos por Alvaro de Cadaval. Prometen non mais lereas e contendas e rogan a Gonçalo Afonso (Tui) e a Martim de Rebordaans que os fiassen para que o dicto meirino fosse seguro de elles. Foron fiadores o primeiro de mil maravedis e o outros myl.”323 322 323

Prot. Lib. XXV. Fol. 247. 23 setembro de 1478. Ibidem. fol. 241. 1475.

Houbo casos curiosos como o de Fernán de Mosende quen iría falar con Álvaro de Cadaval: “…por quanto Ruy Fernandes seu fillo ele o tina presso per algunaas coussas que fesera que le pedia que lo entregase e ho soltasse da qual dia a quinse dias que lo tornaria ali onde ele estaba presso e non lo tornando aquel dia quer saan quer doente quer morto que fosse en obligaçom e pagasse la pena ao señor Conde vinte myl maravedis vellos”324. Cumpriría a súa palabra Fernán de Mosende e Álvaro de Cadaval o nove de xuño “tyna presso ja ao dito Ruy Fernandes e quedava por quyte ao dicto Fernan de Moosende da dita fiança”.325 Non só estarían “pressos en ferros” os fregueses e veciños de Tui, tamén os homes de Pedro Madruga eran castigados cando “erraban” a obediencia a seu señor. Este sería o caso do escudeiro Xoán Fereiro, veciño de Baiona: “…cognosceu confesou e outorgou que por rasom da dita prissiom prometera e prometia que agora nem en ningun tempo el non erraria ao Chincorro que agora aquí esta por capitan enesta çibdad de Tuy nem aos seus nem a coussas do Conde de Camina e estando en alguna maneira qualquera ansi de feito como de dito ou de conssello fasta a vinda do Conde de Camina seendo çerto que el se obligava a pagar ase presentar do dia que errase en des dias enno dito curral onde estava ou çen dobras castillanas de boo ouro e presso ou sua vallia postas en pas ou en salvo ennas maas de Chincorro e non estando aquí o dito Chincorro ennas maans de Peruchon e seendo Peruchon ausente por spaçio de des legoas as entregue ao sennor Conde de Caminna…”.326 É interesante este texto por canto nos amosa a presenza en Tui do capitán Chincorro e de Peruchon, soldados de Pedro Madruga, quen estarían gobernando militarmente a cidade. Pedro Madruga tamén exercía o seu poder contra o cabido tudense. En 1502 o arcediago Lopo Martínez declaraba que: “poderia haver vinte e siete anos poco mas menos en tenpo de las guerras quando don Pero Alvarez de Sotomayor Conde de Camiña tenia tomada la çibdad de Tuy…mandara llamar a los benefiçiados de la dicha iglesia…et en la capilla de santo Andres…et que el hera entonces arçediano de miñor…et que el dicho Pero Alvarez proposiera…et dixiera…que le diesen un poder para vender aquellos casares y bienes que heran del dicho monasterio de Tomiño aquellos que la dicha iglesia tenia en Portugal aquellos que agora trae Martín Pereira…al dicho Martín Pereira et que el daria otros en pago…et que los del dicho cabildo respondieran que el dicho Conde no tenia bienes suyos…que valieren tanto…Et que el Conde tornara a replicar que el los buscaria e daria… Et que ansi se salieran todos del cabildo…e que despues…el dicho Conde se fuera a la villa de Pontevedra et el dicho Lopo Martinez por neçessidad que toviera fuera a veer el dicho Conde y le llevara un presente. Et que falando con el aparte que el dicho conde lle mostrara una scriptura fecha de poder e vendida destos bienes para el dicho Martin Pereira no se le recorda en que forma porque non ge la dexara leer e que le dixiera que la firmase. Et que el dicho arçediano le dixiera como quiere vuestra merçed que yo firme lo que non paso ni paso por mi ni se que dize esta scriptura escusandose que en manera ninguna tal scriptura firmaria, jurando el dicho Conde que si ge la no firmava le tomaria cuanto tenia y lo hecharia en lugar donde nunca saliese. Et que se non partiesse dalli fasta que ge la firmase sino que el veria en que paraba su fecho; et que entonçes le fuera forçado dela firmar con temor corporal que del dicho Conde oviera. Et porque tanbien le viera 324

Ibidem. fol. 242. 26 maio de 1476. Ibidem. fol. 243. 9 xuño de 1476. 326 Ibidem. fol. 246. 7 setembro de 1477. 325

prender el electo que estava para ser obispo et le viera desterrar a Ares da Vale tesorero e prender a Vaasco Colaço canonigo e otros clerigos que prendia y echava en algibes e al dicho obispo a quien tenia tomada la çibdad e el obispado et que luego dixiera que por la fuerça non sabia que se fazer…”.327 O texto amosa unha radiografía dos métodos expeditivos do Soutomaior, como o meter a xente en alxibes, mesmo un o tiña ben perto das súas Torres tudenses, na zona da Oliveira. Este sistema o practicaría co propio bispo Diego de Muros a quen metería no alxibe do castelo de Fornelos. O Conde de Camiña tiña aterrorizado a todo o cabido tudense. O desterro do tesoureiro Ares de Avalle explica que os seus familiares Francisco e Lope de Avalle guiasen ao Conde de Benavente polo lugar máis seguro co apreixado Conde, os mesmos que morrerían no ataque por eles levado durante o cerco da fortaleza de Fornelos. Tamén o cóengo Xoán de Bodiño sufrira as violencias do Soutomaior “que todo esto ansi tyna que fora presso por Dom Pedro de Soutomaior Conde de Camyna e o dexara en ferros e le disera que jurava adeus se enella mais fallava que o mandaria enforçar que ansi estevera forçado o dicto tempo fasta agora con seu medo”328, que iría en 1480, xa máis tranquila a cidade, para reclamar a súa calonxía, abandonada pola devandita prisión e medo. Outros cóengos tamén reclamarían por este tempo a súa posición no cabido pois foran nomeados ben polo Papa ben polo bispo Diego de Muros ou como Xoán de Bodiño polo bispo Luis Pimentel. Un Correxedor para o bispado de Tui Os Reis Católicos tiñan na súa mira o bispado de Tui. A súa preocupación sería aplicada nunha medida extraordinaria; ampliar as funcións do correxedor 329 de Baiona, Juan de Sandoval, constituíndoo no 24 de abril de 1478 en correxedor do bispado de Tui. Os Reis explican con claridade o porque desta medida: a situación anómala pola que atravesa o bispado de Tui e, especialmente, porque “la cibdad de Tuy ques cabeça dese dicho obispado está tomada e ocupada por el adversario de Portugal”.330 A misión asignada ao novo correxedor será “procurar la pacificación e sosiego e buena guarda e defensión desas villa e logares”.331 Asumirá plenos poderes, ficando suspendidos as xustizas e oficiais ordinarios. Poderá nomear oficiais e lugartenentes que administren xustiza pola coroa, requerindo dos concellos axuda de xentes e armas. Por riba de todo terá faculdades para desterrar e remitir á Corte aos cabaleiros e outras persoas poderosas que dificulten a súa misión, sen que estos poidan alegar razón algunha para desobedecer a súa orde: “Otrosy es mi merced que, sy el dicho Juan de Sandoval mi corregidor entendiese ser cumplidero a mi servicio e a esecución de la mi justicia, e a la pacificación e sosiego e buena guarda desas dichas villas e logares e tierras o que qualesquier caballeros e personas vesinos dellas e de fuera parte que en ellas están salgan dellas e que non entren nin esten en ellas, e que vengan e se presenten personalmente ante mi en la corte doquier yo sea, que ge lo pueda mandar e mande de mi parte.”332 327

Galindo Romeo; op. cit. Apendice documento XXVIII. Prot. Lib. XXV. Fol. 48. 15 novembro de 1480. 329 Funcionario real con atribucións xudiciais e gubernativas. 330 García Oro; Galicia…, pax. 329. 331 Ibidem. pax. 330. 332 Ibidem. 328

O correxedor cobrará o seu salario a conta das vilas e coutos do bispado tudense. O control ao que se ve sometido a rexión de Tui fica como un verdadeiro estado de excepción, aínda que coa cidade baixo o control de Pedro Álvares e dos seus homes, pero cun punto de inflexión importante na anarquía tudense. Nese ano de 1478 xa comezaría a actuar Juan de Sandoval, tal e como se ve na súa implicación no caso de Estevo Martíns, apreixado polo “rehabilitado” Xoán Fereiro333. O correxedor liberaría a Estevo Martíns de toda fianza e pena por medio de “duas cartas do corregedor como ho dava por quite e por libre…non comprisse con a dita pena”.334 Esta sería unha medida máis para someter, nunha acción contundente, ao Conde de Camiña, na que entraría polos anos 1479-1480 o gobernador Fernando de Acuña e as “cuadrillas de la Hermandad” entestadas polo seu xefe Antón de Paz xunto cos xa habituais Fonseca e aliados.335 A loita final de Pedro Álvares O Soutomaior, despois de retornar da súa prisión -liberado grazas a mediación de Afonso V que o intercambiara polo fillo do Conde de Benavente, Luis Pimentelrecuperaría posicións no bispado tudense no mesmo ano de 1478. En 1479 o arcebispo de Compostela, Afonso de Fonseca, intentaría un ataque máis sobre Tui: “Y quantas cabalgadas haçia el arçobispo de Pontevedra para Bayona, y para Tui, y para Sobroso, y para ver de ir a Vigo y a Redondela, primeramente se havía de aposentar en Castricán”336. Castrizán era o pesadelo de Pedro Madruga, non pararía ata que a tomase, xa fose chovendo, nevando, treboando, de noite, ou alborexando. Caería a fortaleza nese ano de 1479, o que suporía un alivio para o Soutomaior. Aínda que a súa posición militar se afortalara, no terreo xurídico Pedro Álvares perdía espazo, e máis cando a opción portuguesa non tiña máis posibilidades que negociar a paz. Nestas paces contemplábase o perdón xeral, asinando os Reis Católicos unha cédula de perdón para o Conde de Camiña o 7 de marzo de 1480, pero baixo o período “desde quel dicho Rey de Portogal entro en estos nuestros reynos fasta el día 15 de septiembre de 1479”, extendéndose o indulto a toda clase de delitos “asi contra nos como contra nuestras reales personas, e contra el bien publico destos nuestros reynos, como en cualquier manera”. Do perdón ficaban fóra as arroutadas accións do Conde por terras galegas, o que daba pulo para converter ao Soutomaior no maior problema da Coroa. Aínda ficaban prisioneiros en mans de Pedro Álvares como García Sarmiento, ou as posesións eclesiásticas de Tui. As cartas dos Reis Católicos contra Pedro para que devolvese as propiedades usurpadas a Diego de Muros e liberase aos prisioneiros que tiña no seu poder eran contundentes: “Por esta nuestra carta mandamos al Arcediano de Camaces del nuestro Consejo, e a los corregidores e asistentes, alcaldes, alguaciles e otras justicias qualesquier del nuestro reyno de Galicia que vos constringan e apremien a ello, e se para lo asy faser e complir, favor e ayuda menester ovieren, por esta nuestra carta mandamos a los Condes, perlados, rico-homes, e a los concejos, justicias, regidores,

333

Ver nota 271. Prot. Lib. XXV. Fol. 247. 23 setembro de 1478. 335 García Oro; Galicia…, pax. 330. 336 Vasco de Aponte; op. cit. pax. 244. 334

caballeros, escuderos, oficiales e omes buenos de todas las cibdades e villas e logares del dicho reyno de Galisia… que vos lo den e fagan dar”.337 Na curia romana tiñan unha tebrosa imaxe daquel guerreiro galego que violentara o corpo e os bens do bispo de Tui. Diego de Muros encargaríase persoalmente de levar a denuncia a Roma -ano 1479- en nome dos Reis Católicos, presentándoa deste xeito: “Direys a Su Sanctedad que…Pedro Alvares de Sotomayor, de mucho tiempo aca, tiene por fuerça tiraniçada la yglesia, cibdad, de todo el obispado de Tuy e se intitula Vizconde de la dicha cibdad, ques de la iglesia e obispado della, e provee de las dignidades, calongias e beneficios a personas ynabiles e priva dellas a las que justamente las poseen e encarcela los clerigos e los rescata e fase otras muchas exorbitancias ajenas de modo catholico christiano”.338 Pedírase para o Soutomaior graves censuras eclesiásticas, xa que logo, non resultara ata o de entón a conminación por parte dos Reis Católicos a que devolvese Tui ao bispo, nen tampouco que Diego de Muros declarase contra o Conde a excomunión e o entredito.339 As batallas de Salvaterra e Fornelos foron os dous derradeiros choques bélicos contra Pedro de Soutomaior nas guerras nobiliarias. Na primeira participarían Fonseca e o Conde de Monterrei. Sería no cerco da fortaleza miñota cando serían liberados os prisioneiros do Soutomaior, García Sarmiento e Fernán de Camba. Salvaterra manteríase nas mans de Pedro Madruga. A partires de aquí comeza a intervir no problema Soutomaior o Gobernador de Galicia, Fernando de Acuña, quen entraría en negociacións co Conde de Camiña, pasando varias fortalezas ao control do Gobernador. A batalla de Fornelos (1483) converteríase nun enfrontamento da nobreza local de cara a rematar coa aínda forte posición do Soutomaior no bispado tudense. A coalición formaba por Diego de Muros, García Sarmiento, os Avalle, Montenegro e o correxedor de Baiona, remataría en descalabro, morrendo no seu cerco os irmáns Francisco e Lope de Avalle. Os Acordos Pedro Madruga estaría en Tui o 28 de agosto de 1480, a razón era a doazón que lle facía a súa tía Dona Maior “de todos seus bens de rais que ella ha e ten en todo o reino de Galisa”. Como testemuñas estarían os escudeiros do Soutomaior; Pero Cruu, Álvaro de Cadaval, Xoán de Sequeiros, Sueiro Pero, Alberte e Pandino. De Tui probablemente voltaría as súas posesións, quizais no mesmo ano de 1480 pasase a Portugal desde onde establecería relacións co Gobernador Fernando de Acuña. Co gobernador acordaríanse o intercambio de fortalezas, iniciativa que partía de Acuña para intentar cumprir as paces establecidas entre Portugal e Castela nas que os Reis Católicos outorgarían “cartas porllas quales perdonarom a el (Pedro Álvares) e a todos sus homes e criados todas e quales quer coas e muertes e prision de omens e

337

García Oro; La Nobleza…, pax. 243. cédula do 9 maio de 1480. Ibidem. pax. 241. 339 Ibidem. 338

robos e rescates…fasta quellas dichas pases fueron asentadas”340, restituíndose todos aqueles bens e rendas que fosen tomados. Pero na relación feita polo Conde de Camiña das fortalezas e casas fortes que tiña no reino advertía do recelo cara algúns cabaleiros e outras persoas para que non llas fosen tomar porque “qual se ansi passase reçeberia agraveo”341. Este chamamento ao gobernador Fernando de Acuña e ao alcalde maior o licenciado Gonzalo Lopes de Chinchilla, entraba no temor que no intercambio fosen apoderadas as devanditas fortalezas polo arcebispo de Compostela ou os seus aliados, perdendo unha das súas principais vantaxes nas negociacións. Mais non sería dos outros cabaleiros galegos dos que tiña que recear o Sr. Gobernador senón do propio Pedro Álvares. Na restitución de Tui, Fernando de Acuña non tería en conta o señorío que sobre a cidade ostentaba o bispo Diego de Muros. O gobernador decidiría negociar co Conde para ver de apacificar o Reino, principal obxectivo do seu cargo en Galicia. O acordo entre Acuña e Soutomaior deixaba temporalmente en mans do Gobernador ou un seu subordinado a cidade e fortaleza de Tui arredor da fin do verán de 1480. Era preciso cumprir o protocolo do Preito e Homenaxe, polo que Pedro Madruga, segundo o “código feudal”, acataba e poñíase baixo as ordes dos Reis Católicos. A ocupación da cidade e fortaleza por parte do Gobernador non debía ser todo o pacífica que o cabido tudense desexase, sendo o mesmo caso para Ourense e Compostela. Para este problema resolverán os cabidos das devanditas igrexas unha solicitude á Corte que non debía ser grata aos seus prelados. Os cóengos compostelanos Gonzalo de Ulloa e Alonso García, o cóengo ourensán Macías Afonso e o Arcediago de Montes tudense Vasco de Março, “por sy en nombre de los deanes e cabildos dela dichas yglesias catedrales de Santiago, e de Tuy, e de Orense, nos fisieron relación por su petición disiendo que en el dicho reyno de Galisia están enfortalescidas e encastilladas las dichas iglesias catedrales de Santiago e de Tuy e de Orense e las iglesias de Mondoñedo e Puertomarín e otras iglesias e monasterios, delas quales e de cada una de ellas se han fecho en los tiempos pasados e se fasen de cada día muchas fuerças e robos e muertes e otros delitos e males, de que asy las personas eclesiásticas de las dichas (iglesias catedrales) como los vesinos e moradores de las cibdades e villas e comarcas resciben intolerables fatigas… e dapnos e males.”342 Pero o gobernador, coa misión de acalmar as rebeldías da nobreza continuaría o proceso devolvéndolle Tui a Pedro Madruga nas condicións determinadas. A entrega da cidade prorrogaríase ata o Nadal de 1481: “Pero Arias e Joan Fernandes (escudeiros de Pedro Madruga) disieron que por quanto el dicho señor conde ovo entregado al dicho señor don Fernando la çibdat e iglesia e fortalleza de Tuy para quela el toviese por çierto tiempo para que passado aquel el dicho señor don Fernando seiendo requerido por el dicho señor conde gela ovieste de tornar e entregar conçiertas condiçiones e ençierta forma segundo e como mas complidamente se contenia en çierta escriptura que el dicho señor don Fernando avia fecho e otorgado al dicho señor conde e agora el dicho señor conde por serviçio dellos dichos Rey e Raina nuestros señores e entiendido que complia asi alla

340

Prot. Lib. XXV. Fol. 2. 26 maio de 1481. Ibidem. fol. 1. 26 maio de 1481. 342 García Oro; Galicia…, pax. 344. 341

paçificasion e sosego deste reino avia…de prorogar el dicho tiempo…fasta el dia de navidat primero que verna”.343 As condicións para a devolución da cidade ao Conde de Camiña estaban dispostas en previsión dalgunha das temidas argalladas ou enganos do Sr. Conde: “Entregaria…al dicho señor conde…la dicha iglesia e fortalesa…del dia que fuere requerido fasta veinte dias primeros seguintes el qual dicho requerimento le aia de seer fecho en persona del dicho señor don Fernando se estoviese dentro de veinte e çinquo legoas entorno dela dicha çibdat de Tuy e si estoviese mas lexos que baste que sea fecho al alcalde que por el toviere la dicha fortalesa… le entreguaria la dicha çibdat s eestoviese a su mano libre para la poder entregar pero que non fasia ni procuraria ni daria lugar ni consentimiento directe ni indirecte en manera alguna que la dicha çibdat fuese tomada ni ocupada por otra persona alguna para que se inpidiesse la restituçon e entrega que dela le avia de faser, antes que se por persona alguna en el dicho tiempo fuese tomada ocupada para enpedir la dicha entrega le ajudaria e favoresceria con su propia persona e con todas sus forças a su costa para que la recobrese e tornase aaver e cobrar e que non dexaria de ajudar en elo e quanto el dicho señor conde persegiese la recuperaçion dela fasta quela oviese recobrado e guardaria e conpliria lo susodicho realmente e sin arte e sin engano ni cabtella alguna e que non veinia que ello in contra parte dello a algun tenpo ni por alguna manera sopena de periuro…que fechen la dicha entrega…dentro de dies dias primeros seguintes contados del dia quele fuese entregada al dicho señor conde la non çerquaria ni combateria ni furtaria ni tomeria por la fuerça ni lo consentiria en manera alguna con todo su leal poder antes lo estorvaria con todas su forças e a todo su poder…non la tomara ni tomara ni cometera de tomar ni por taero ni per furto ni por escalla ni por canber ni en outra maneira alguna sin voluntad e mandamento del dicho señor don Fernando…”344. Entre os presentes no traslado do documento na cidade tudense achábanse varios escudeiros da súa alteza; Gil de Varacaldo, Fernán Vasques, Staçisto del Campo, Pedro de Xaramillo; xunto a eles Xoán Fernandes de Aldán, escudeiro de Pedro Madruga. Pero a propia entrega da igrexa e fortaleza de Tui viña xa con engano do Sr. Conde. Pedro Álvares fixera entender a Fernando de Acuña que el estaba apoderado da Igrexa de Tui e que lla entregaría para realizar o preito e homenaxe tornándolla en certo tempo, todo isto polo ben e sosego do reino, algo que cumpría ao servizo do Rei e Raíña. A verdade non era esta, xa que a igrexa estaba en posesión do Deán Pero Martines, co obxectivo de garda-las escrituras, ornamentos e vasos sagrados que en ela estaban. Vindo á cidade o Arcediago de Camaces, Antón de Pas 345, solicitaría en nome dos Reis Católicos ao devandito Deán a entrega da fortaleza da Catedral cumprindo os mandamentos dos ditos Rei e Raíña346, obedecendo Pero Martines ante os documentos presentados polo devandito Arcediago de Camaces. Ante a situación de espera a que Pedro Madruga voltase e tomase a cidade e fortaleza, atoparíase o bispo tudense Diego de Muros, quen xa estaría na cidade o 21 de novembro de 1481. O cabido tiña que prantexarlle ao bispo, co que estaban reunidos na capela de Santo André, o medo e temor que representaba o posible retorno do belicoso Soutomaior, por elo o primeiro era entregarlle a Diego de Muros as escrituras e 343

Ibidem. 24 maio de 1481. Ibidem. 345 Era xefe dos cuadrilleiros da Santa Hermandade, quen se caracterizaban polas súas varas pintadas de verde, encarnado, azul e amarelo. 346 Prot. Fol. 74. 26 novembro de 1481. 344

privilexios que “con grande industria e miedo del dicho Conde de Camina aviam en llo tenpos passados gardado…para que con ellas pudiese demandar e defender llas cossas e señorio de la dicha iglesia”.347 O segundo punto estaba nas posibles consecuencias que presentaba a volta do Conde: “…era y es mui çierto e verissimille que el dicho Conde de Camina si en llos tenpos passados tracto mal al dean e cabildo tomandolles sus bienes prendiendo e desterando llas personas del dicho cabildo tomando e fasiendo por força quele diessem e aforassem llas possessiones e rentas dela dicha iglessia que de aqui adelante lo faria peor e a elos e a sus personas non seeria maturo nin seguro estar nin entrar en la dicha su iglessia mas antes se fasta aqui por miedo e fuerça que el dicho Conde de Camina fasia al deam e cabildo le aviam aforado e dado muchos e la maior parte dellos bienes e rentas dela dicha iglessia”.348 A solución para evitar as represalias de Pedro Álvares pasaban por refuxiarse noutro lugar á espera do que acontecese: “e agora lles seeria forçado dele dar esto que quando e amy con todo esto sus personas e vidas non seeriam seguras por ende que todos juctamente el dicho señor obispo con acuerdo e espresso consentimiento…por miedo que dixierom que teniam de perdes sus vidas personas e fasiendas bienes e rentas… se fuesem e passasem a la villa de Baiona…e estoviesem e ressidiessem en la iglessia de la dicha villa fasta e tanto que todos juctamente obispo e cabildo viesem que seguramente podiam tornar a la çibdat e iglessia”.349 Namentres tiñan que esperar ao recurso enviado aos Reis Católicos sobre a entrega da igrexa ao Arcediago de Camaces, quen viñera en representación dos ditos Rei e Raíña. Baixo un acordo con Pedro Madruga podíase ocultar o ben particular en detrimento ao ben universal e xeral da igrexa, pospoñendo o ben común e xeral da dita igrexa e as súas liberdades, privilexios, rendas e señorío. Ante os posibles males que puideran acontecer estableceron uns estatutos dos que ningún cóengo ou persoa do cabido puidese tornar e residir na cidade de Tui sen o consentimento e outorgamento do bispo e cabido xuntamente e baixo a pena de incurrir “en sentençia de escomuniom e sea privado de qualles quiera benefiçios calongia o dinidat”.350 Esta medida puidera estar en relación a prever unha coartada legal ou política do Conde. O 3 de decembro estableceríase a prohibición de residir en Tui a partires de oito días logo desta data. Pero a marcha dos cóengos e personas da igrexa de Tui retrasaríase ata nova orde de Diego de Muros quen xa estaba en Baiona. Esta medida puidera vir da intención de esperar acontecementos e de se non resultaba mellor a presenza na cidade do cabido de cara a contestar o poder do Conde. En Tui todos agardaban ao Soutomaior, para ben ou para mal. O propio cabido esperaba a súa vinda de cara a que pagase certas débedas; “e deron espaçio ao dito Alvaro Peres (morador na Guarda) fasta vinda do Conde a Caminna ou Valença ou daquel cabo e que estonçes ele dava a todas sua fe de traballar fasta que o Conde pagase aos sennores este anno passado de oitenta e hun e non querendo o Conde pagar que fasta quinse dias despois de sua vynda elle veria pagando ou diçendo aos ditos sennores en como o Conde non queria pagar e que estonçes o cabido os poodesse demandar novamente”.351 347

Ibidem. Ibidem. 349 Ibidem. 350 Ibidem. 351 Ibidem. fol. 78. 23 xaneiro de 1482. 348

Os Acordos de San Domingos Pedro Álvares de Soutomaior retornaría a Tui por facer cumprir o ordenado nas paces feitas entre Portugal e Castela, pero tratando directamente co bispo tudense. O cinco de maio de 1482 sería devolta a cidade e igrexa ao seu señor o bispo, e logo tres días despois comezarían as negociacións. O encontro entre ambo-los dous inimigos sería na Sala Capitular do convento dominico de Tui, nun arrabaldo da cidade. Como testemuñas estaban o Conde de Altamira, Lope de Moscoso, amigo de Pedro Madruga; Fernando de Castro, arcediago de Nendos (Santiago); o Mariscal Suero Gomes de Soutomaior; o arcediago de Montes, Álvaro de Março; e o Prior do convento de San Domingos, frei Álvaro de Tui. O debate discurriría acalorado entre Diego e Pedro. O punto central era a lexitimidade do Conde de Camiña para apropiarse da cidade de Tui, da vila da Guarda e o seu alfoz, os mosteiros de Tomiño, Budiño, Santa Baia e Barrantes; as cámaras de Bembibre, Beade, Parada e Coruxo e mailos coutos de Nigrán e Forcadela. Pedro Álvares estaba na pose destes bens eclesiásticos por un troco co cabido, mais este producírase ilegalmente por non estar presente o bispo, ademáis de que o pago -os 5.000 maravedís de xuro de herdade nas Alcabalas de Tui- era cantidade excesivamente miúda para cambiala polo valor da vila da Guarda e o seu alfoz. A cidade tudense, da que argumentaba Pedro Madruga que fora mercé do rei Enrique IV -desmentido polo propio rei en vida- por ser cidade de señorio episcopal non era posible que obtivera o devandito Pedro Álvares o viscondado sobre a cidade. A tódalas esixencias de Diego de Muros de devolución dos bens e propiedades episcopais, se lle sumaba unha indemnización de corenta mil floríns de ouro polos danos e costas ocasionados a el e ao seu bispado. Non estaba xa en boa posición Pedro Madruga para esixir nada, xa que a restitución das propiedades episcopais estaba baixo a presión dos Reis Católicos, polo que non lle ficaba outra saída que renunciar a todo: “…Conde de Camina dixo que por se quitar de debate e contenda e por descargo de su conçiençia e del anima del dicho Alvaro de Sotomayor su hermano sequeria demitir e dexar e demetia e dexava de todo lo susso dicho e de cada cossa e parte dello, e primeramente por que al tenpo que el dicho señor rey dom Enrique le fesiera la dicha merçed de la dicha çibdad de Tuy el penssava quela dicha çibdad era realenga e que el dicho señor rey le podia faser la tal merçed e agora le constava e sabia quela dicha çibdad era del dicho señor obispo e dela dicha su iglessia”.352 De igual xeito renunciaría ás demáis propiedades da vila da Guarda, mosteiros de Barrantes, Tomiño, Santa Baia das Donas, Budiño; cámaras de Bembibre, Beade, Parada, Coruxo; e coutos de Nigrán e Forcadela. Finalmente rendería Preito e Homenaxe á igrexa de Tui nas mans de Lope de Moscoso, Conde de Altamira. Probablemente guiasen a Pedro Madruga cálculos oportunistas movidos pola conxuntura política, pero en realidade o Soutomaior non renunciaba ás súas pretensións nen ao seu estilo de vida, polo tanto, como dí García Oro, non estamos ante unha conversión do rebuldeiro Pedro Álvares. A Corte acollería con satisfacción este acordo, polo menos íase apagando a fogueira erguida pola nobreza galega. Aprobaríase o acordo entre bispo de Tui e Conde de Camiña mediante unha cédula suscrita en Córdoba o 26 de xullo de 1482. Semellaba que a tranquilidade retornaba ao bispado tudense logo de décadas de opresión e medo. 352

Prot. Lib. XXV. Fol. 88. 8 de maio de 1482.

As consecuencias das guerras na cidade tudense Desde a revolución Irmandiña, 1467, ata as paces entre Portugal e Castela en 1480, a cidade de Tui converteríase no campo de batalla, albo dos contendentes e chave para a dominación da rexión. Xa o diría o bispo Diego de Muros nas Ordenanzas municipais por el promulgadas o vinte e sete de decembro de 1484: “La dicha nuestra çibdad padesçio muchos males e dapnos robos e muertes de vezinos en manera que ha venido quasy en despoblaçion e tan gran disminuçion delo que solía ser que non tiene semblante ni apariençia de çibdad.”353 Estas consecuencias aparecerían tamén no rural, como aconteceu no ano 1477 en Barrantes, cando un testamento, por falta de notario, o tivo que facer o crego de Tomiño, e o xuíz de Barrantes pedía ao notario do cabido, o cóengo Fernán Peres, que autorizase tal instrumento argumentando para isto “que enna terra a non podia autorisar por mingoa de testigos deramados e en guerras e fugidos de suas casas que le pedia que dese a ella sua autoridat.”354 Na cidade certificamos un número excesivo de casas arruinadas, atestiguado tamén no rural: “Casa en Tui, ao canto da rua de fecha,…que coreega a dicta cassaa de pedra tela madeira e pregadura e por quanto a dicta cassa esta dapnificada a correga doje en tres anos a vista de mesteiraas.”355 “E este susso dicto disserom os dictos sennores que por quanto aquella cassa que enno adro junto con a casa de Afonso de Cabanas en que soia de viver Vasco de Marçoo arçediano de montes esta por correger e queimada aqual tynna hun enxido que elles davam o dito enxido a Lianor Alvares por venta do dicto arçediano por que andasse con a outra cassa que a dicta Lianor Alvares tragia aforada do cabido entremente sse as outras nom corregese de todo e corregendosse as outras cassas de todo que sele ornasse seu enxido.”356 Isto sinala un nivel xeral de destrucción con casas derrubadas e queimadas. Nos foros a ubicación dunha casa ou o que ficaba dela -pardiñeiro ou formal- fica descrito por uns arredores totalmente devastados: “Hun pardiñeiro e formal de cassa…ena rua da porta Vergaan o qual parte da huna parte con casa en que mora Enes Calva e da outra parte con cassa que agora jas deribada en que suia de morar Costança Finoa e da outra parte entesta contra cassa que agora jas deribada…”357 Entre outras referencias atopamos unha de 1486: “e presentada ansi la dicha escriptura ante el dicho vicario logo a dita Maria Fernandes diso que por quanto enas guerras que foran enesta çibdad ela perdera outra tal scriptura de foro que da cassa tynna”358, diversificándose as consecuencias da guerra non só na destrucción das casas, senón e tamén por perdas materiais, fuxidas da cidade, mortes… Á hora de sinalar os propietarios ou foreiros dos inmobles e pardiñeiros tamén será un síntoma claro das pasadas guerras a frecuencia das mencións a mulleres, algunhas delas viúvas. Reflicte as levas forzosas, xa apontadas desde tempos de Álvaro de Soutomaior, dos homes da cidade, ademais da súa participación na defensa da cidade 353

Sánchez Carrera, Mª del Carmen; “La Gobernación de la Ciudad de Tui a finales del siglo XV”, Tui, Museo y Archivo Histórico Diocesano, tomo VI. 354 Prot. Lib. XV. Fol. 245. 24 febreiro de 1477. 355 Ibidem. fol.73. 4 novembro de 1481. 356 Ibidem. fol. 73. 4 novembro de 1481. 357 Ibidem. fol. 125. 20 febreiro de 1483. 358 Prot. Lib. XXV. Fol. 178. 5 abril de 1486.

contra os continuos cercos sobre Tui e a súa integración nas milicias populares Irmandiñas. Quen provocaría a destrucción da cidade sería o estado, case permanente, de sitio ao que se estaría sometendo á cidade. Desde tempos de Álvaro Paes, cos ataques conxuntos dos Pimentel e Sarmiento en 1456 e 1459, Tui sufriría continuos cercos, como o dos Irmandiños en 1467; o de 1471-1473 por Pedro Madruga e os seus aliados; o de Ladrón de Guevara en 1476 coas trinta naos biscaíñas; o de Diego de Muros en 1477; ou do arcebispo Fonseca en 1479,…. Todos estes cercos estaban acompañados de armamento “moderno”, isto é, o apoio de artillería, como a empregada por Pedro Madruga, cuxo expoñente era a Bombarda, ocasionando suficientes estragos como para que a cidade tardase varios decenios en se recuperar, aínda que en algúns aspectos non chegaría a facelo completamente. A reconstrucción da cidade Diego de Muros, logo de recuperar a cidade e o seu señorío, tería unha labor dura por diante para devolverlle-la vida á cidade de Tui e ao seu bispado. O primeiro feito por el realizado sería a convocatoria dun Sínodo Diocesano a celebrar en novembro dese mesmo ano de 1482. A intención do bispo era “endereçar e reformar la vida de sus subditos, e apaçentar sus ovejas e animas a el encomendadas en sanctos exenplos e apostolicas doctrinas”.359 Fica claro que os eclesiásticos da diócese xa non respeitaban os preceptos relixiosos, principalmente polo abandono á que se vería sometida a rexión e o relaxamento dos bos costumes: “E considerando asy mismo que ha trinta e tres annos, poco mas o menos tienpo, que la nuestra iglesia cathedral e obispado ha estado y estuvo tiranizado e profanado, e que los prelados e obispos que en este tienpo fueron non entraron ni podieron entrar en el dicho obispado por miedo de los tiranos que lo tenian e tovieron ocupado…e porque los buenos usos e costumbres antiguos e hordenançias de nuestro obispado por disuetud de tanto tienpo eran e son abolidos e quitados, e las constituciones que los nuestros anteçesores antiguamente fizieron en los signodos, unas por non se usar, otras por non se fallar, eran e son de todo punto dadas en olvido”.360 Son cinquenta e seis as constitucións do Sínodo, dispostas para reformar e reorganizar a vida diocesana. Isto encaixaba na política de renovación e reaxuste relixiosos promovida polos Reis Católicos. A xustificación de Diego de Muros era clara e contundente á hora de realizar este sínodo. Entre o establecido ficaba a anualidade da celebración dos Sínodos diocesanos; a celebración dos días 5 e 8 de maio como festa, Traslación de S. Agustín e Sta. Catalina de Siena, respectivamente, que eran as datas da devolución do seu bispado e cidade. Un punto principal, pero no que a súa posta en marcha con anterioridade sería un fracaso, era a prohibición que “los monasterios, cámaras, bienes e rentas…que fueron sacados del poder del dicho conde de Camiña, ni otras posesiones ni bienes…se puedan vender, cambiar, ni aforar, ni enajenar, ni arrendar al dicho conde de Camiña, ni a sus fijos, nietos, descendientes…ni a otros señores cavalleros ni a otros hombres

359 360

Antonio García; Sinodycom Hispanum, Tomo I, pax. 343. Ibidem.

poderosos… mas antes se den a labradores e a personas llanas e abonados que reparen e labren los dichos bienes…”.361 Pretende o bispo armonizar as relacións do cabido e os cregos diocesanos, sobre todo tratando de salvar os enfrontamentos que chegaron a ser habituais nos tempos de Álvaro Paes e de Pedro Álvares. Organízanse os actos litúrxicos e o establecemento das digninidades catedralicias. Estrutura a igrexa de Baiona tra-los graves acontecementos das pasadas guerras entre Castela e Portugal. Establece os modos das vestiduras dos cregos; as desvantaxes económicas dos beneficiados con respeito a outras dióceses; da moralidade dos cregos, dos seus coñecementos, residencia, prohibición de ser mercadores; da administración e recepción dos sacramentos; que non se violente a liberdade eclesiástica. Por derradeiro está a fixación das festas de precepto e días de xexún.362 Estas constitucións sinodais serían a base, polo completas, de posteriores constitucións. Sendo aínda eloxiada nas constitucións feitas polo bispo Pedro de Herrera en 1627. Nese ano de 1482, Diego de Muros resolvería o conflicto entre o Convento de San Domingos e a igrexa parroquial de San Xoán de Porto. Coa fin de dotar de maiores ingresos á comunidade dominica, o bispo determinará a cesión de vella igrexa xunto con algúns terreos e hortas anexas, pasando a igrexa de San Xoán a ermida morta, xa que consideraba o seu mal estado e abandono motivo suficiente. O mestrescola, a quen pertencía a devandita igrexa de San Xoán de Porto, aceptaría tal cesión, aínda que manteríase unida á mestrescolía. Esta cesión, tal e como se indicará nos acordos de 1498 era forzado e con medo da autoridade do bispo Diego de Muros. Este favorecemento por parte do bispo tudense, cando estes sempre estiveron en confronto cos frades dominicos pola súa continua intromisión na vida relixiosa tudense controlada por cabido e bispo, estaría relacionado pola orixe do propio Diego de Muros, frade mercedario e abade do convento de Toxos Outos, polo que comprendía e era afecto da vida monástica e predicadora. En troques desta concesión, obrigaríase aos freires do convento a asistir á misa cantada dos Anxos que o bispo recén tiña establecido na Catedral, e cuxa ausencia sería penada cunha multa dunha arroba de aceite para as lámpadas do altar maior363. Na liña de reorganizar a vida tudense, estaría o 27 de decembro de 1484 establecendo unhas ordenanzas municipais que superasen a anarquía do período anterior. A primeira intención do bispo será aplicar a xustiza como virtud, cousa devezada polo de Muros xa que desde a constitución sinodal en 1482 a situación de presión señorial non debeu mellorar moito tal e como inclina a pensar as proprias palabras do bispo sinalando en dous anos máis a tiranía sufrida: “…considerando el grand defecto de justiçia que ha avido enlla nuestra cibdad de Tuy de trinta e cinco annos desta parte enel qual tiempo la dicha nuestra çibdad padesçio muchos males e dapnos robos e muertes de vezinos en manera que ha venido quasy en despoblaçion e tan grand deminuçion delo que solia ser que non tiene sempblante ni aparençia de cibdad e todo esto por mengua de justiçia que en los dichos tiempos enlla dicha nuestra Cibdad ha 361

García García, Antonio; Synodicum Hispanum, pax. 347-348. Ramón Rodríguez Otero; “Diego de Muros, Mente renacentista en mundo feudal”. TUI-Museo y Archivo histórico diocesano. Tomo VIII. Pax. 280. 363 Aureliano Pardo Villar; El Convento de Santo Domingo de Tuy. Boletin de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 1938-1939. 362

avido estando como ha estado oppressa e tiranizada et apartada de su verdadero e antiguo señorio que es della dicha nuestra igleia e perlado della …”364 Diego de Muros establece ben claro o seu señorío sobre a cidade, que sería total grazas á concesión de Enrique IV en 1473, na que lle outorgaría ao bispo a potestade de exercer por si só a xustiza á cidade.365 Aínda que esta situación era de todo punto contraria ao dereito secular do concello tudense hai que pensar que por este tempo dase a decadencia do dereito local366, engadíndoselle a pouca forza e folgos que puidera ter o concello para lle facer fronte ás pretensións episcopais contra a autonomía municipal. Para acadar o seu obxectivo, o bispo, consultaría as demáis ordenanzas municipais, presentes nas cidades episcopais galegas: “ …queriendonos conformar con los costumbres antiguos que en la dicha nuestra çiudad solian ser y con los buenos usos y ordenanças de las otras çiudades, villas y lugares de aqueste Reyno de Gallizia, que son ansy mismo del señorio de las iglesias comarcanas de Santiago, Lugo, Orense y Mondoñedo”.367 Pero Diego de Muros, como dí García Oro, non quería aprender do pasado e instituiría un réxime municipal no que a estricta e directa dependencia do bispo era a norma absoluta, descoñecendo monumentalmente as parcelas e os estilos de xestión autónoma que practicaban tradicionalmente os municipios galegos de señorío eclesiástico.368 A administración instaurada por Diego de Muros xirará arredor dun xuíz e catro xurados de elección directa e anual polo bispo, engadíndoselle un procurador elixido polos veciños. A fidelidade vasallática ao prelado que deben xuramentar os electos, é un rasgo máis do arcaismo que presidirá o concello tudense, impedindo a reconstrucción e desenvolvemento da cidade. A exacción fiscal aos rexedores, xuíz e notario, xunto coas viúvas que se comporten decentemente -que non traballen- e aos escudeiros -co fin de defender a cidade- será un defecto máis nas ordenanzas municipais tudenses que marcará negativamente o futuro económico, social e político da cidade. A urxencia do bispo Diego era manifestamente restaurar e asegurar o dominio señorial sobre a cidade polo que non entrará nas súas ordenanzas a administración dos bens do concello, nen na relación cos vasalos en canto a establecer ou lembrar a fiscalidade ou certos monopolios señoriais.369 Esta preocupación do de Muros pola señorialización da cidade fronteiriza non agradará aos Reis Católicos que no futuro contradirán as pretensións do bispo suplantando ao xuíz real. A concordia sobre as barcas de pasaxe a Valença Outro dos feitos salientables por Diego de Muros á hora de normalizar a vida tudense tra-las guerras e usurpacións acontecidas no pasado, está o acordo cos veciños de Valença para regularizar o tráfego fluvial entre amba-las dúas beiras. O 11 de marzo de 1485, nos Paços do Concelho de Valença, acordaríase un ordenamento para a boa veciñanza entre os habitantes de Tui e Valença. 364

Sánchez Carrera, Mª. del Carmen; “La gobernación de la ciudad de Tui a finales del siglo XV”. TUIMuseo…, tomo VI. Pax. 49-50. 365 García Oro; Galicia…, tomo II, pax. 130. 366 Sánchez Carrera, Mª. Carmen; “La gobernanción…”, pax. 43. 367 García Oro; Galicia…, tomo II, pax. 131. 368 Ibidem. 369 Sánchez Carrera, Mª. del Carmen; “La gobernación…”, pax. 44.

No acordo, de cara a acabar con preitos e contendas, regularizaranse as normas, límites, horarios e demáis condicións que ordenaban a actuación das barcas nos seus respectivos portos. A barca de Tui só podería actuar desde “o esteyro da ponte de Manioco” -foz do Tripes- para desembarcar na parte de Portugal. A barca de Valença podía igualmente coller xente e carga desde “o esteyro que ven pola ponte pedrina” -na veiga valenciana-. Cada barca actuaría somentes no seu porto.370 Obrigaríase aos veciños e barqueiros que tivesen ben coidados os camiños de acceso aos portos, de xeito que tanto carros como persoas circulasen sen dificultades. Só de día poderían circular as barcas, de non cumprirse tal medida, aplicaríanse fortes multas; 600 maravedís para Tui, e 1000 reais brancos para Valença. Calquera clase de litixio sobre as barcas debería resolverse por mediación da xunta de homes bos, veciños e moradores da cidade de Tui e a vila de Valença. Tamén a aplicación das penas tiña un carácter de relación entre ambas beiras, como cando aqueles que sendo estranxeiros e non pagasen a portaxe “posan yr tras ele una legoa dentro en Galiza e outra dentro en Portugal con tanto que o tomaren en Galiza que o tragan a cidade de Tui con todo o que lle tomaren diante el Juez da dita cidade e que o tomaren en Portugal que o tragan ante o Juyz de Valença con todo o que lle tomaren por que se sayba se pago a aportaje ou he desencamynado…”.371 Seica con este aveciñamento pode darse por concluída as malas relacións oficiais comezadas co Cisma en 1381, sería a continua ocupación e cerco sobre a cidade tudense a que impediría normalizar relacións, desde logo xa reanudadas moito tempo atrás polos veciños de Tui e Valença. Os Veloso, inimigos de Diego de Muros Comezaba o bispo a ver un pouco de paz e calma para facer a súa obra reorganizadora. Parte dos máis graves problemas da cidade ficaban resoltos, só o tempo marcaba os labores reconstructores na urbe episcopal. Pero con todo isto, a tranquilidade non era total. Seguía axexando o seu grande inimigo, Pedro Madruga, quen cos seus escudeiros os Veloso de Baiona, trataría de cortar as accións do de Muros. O bispo achegaríase ata Baiona en xullo de 1485. Curiosamente nun lugar onde tiña tantos inimigos e simpatizantes do Soutomaior. Malia que entrou na vila con escudeiros e peóns, a inxenuidade do prelado levouno a cometer un grave erro: “despidió a los suyos, riñendo con ellos sobre la paga de las quitaciones”. Só ficaría con vinte escudeiros por precaución372. Baiona non estaba moi a favor do bispo. Esta oposición estaba presente en 1483 e fora creada por dous acólitos de Pedro Madruga, o rexedor Diego Veloso e Pedro Ariño. O bispo respondería coa excomunión e o entredito sobre a vila, penas eclesiásticas que non sacaría mentres estivesen en Baiona os dous cabaleiros do Soutomaior. Pero a pasividade non entraba no vocabulario rebelde de Diego Veloso e Pedro Ariño, invadindo a casa episcopal de Aia, queimando, roubando e saqueando todo o que atoparon, cuxo valor ascendía a uns cen mil maravedís. O bispo Diego pediría axuda á Corte porque eran “omes emparentados en la dicha villa e poderosos en ella”.373 370

Iglesias Almeida, Ernesto; Los antiguos portos de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal. 1984. transcripción do texto orixinal e comentario sobre as barcas de pasaxe. Pax. 48-49. 371 Ibidem. pax. 74. 372 García Oro; La Nobleza…, pax. 250. 373 Ibidem. pax. 249.

Os Reis actuarían ordenando ao gobernador e aos seus xustizas o cumprimento das penas impostas polo bispo. Do mesmo xeito Fernando de Acuña, a petición do cabido de Tui, actuaba contra Veloso pola “mitad de la cámara de Coya” que lle tiña usurpada. Aínda que as victorias xurídicas obtidas polo bispo podían significar un cambio na situación, el sabía por propia experiencia que non se chegaría a nada se non actuaba con contundencia, polo que este debeu ser o motivo polo que se sumase ao cerco de Fornelos contra Pedro Madruga en 1483. Pero o fracaso o deixaba na mesma posición. Diego no alxibe de Fornelos A confianza e pouca precaución do prelado tudense en terra que estaba tan na súa contra levaríano a outro apreixamento, desta vez non tan longo, pero sí duro, tendo en conta a súa idade. Baiona como vila reguenga, estaba baixo a administración dun correxedor, e baixo a protección deste axente real o bispo debía ter total confianza, despedindo aos seus escudeiros e peóns, só ficando cuns poucos. Os acontecementos desenvolveríanse na súa contra: “una noche del mes de mayo próximo pasado (1485), estando en la cama, en la casa de su obispalía, a la hora de media noche, poco más o menos tiempo, Payo Veloso, criado de Don Pedro Alvarez de Sotomayor Conde de Camiña, vino a la dicha villa con sesenta o ochenta omes criados e vasallos del dicho Conde con lanzas e vallestas e espingardas e otras armas los quales tomaron e escalaron la dicha casa e iglesia de la dicha villa y se apoderaron della e, asy apoderados, echaron apellido por la dicha villa disiendo Sotomayor, Sotomayor, e fueron a la dicha casa donde él estava, e combatieron e quebraron las puertas, poniéndoles fuego a ellas, e quemaron la dicha casa, e la quitaron por fuerça, le robaron toda su fazienda que ende fallaron, oro e plata e joyas e otras cosas, fasta en quantía de syetecientos mil maravedis, poco más o menos e le predieron su persona, e le llevaron preso, desnudo por el camino público a la fortaleça de Sotomayor, ques del dicho Conde, donde asy mismo llevaron lo que le avian tomado e robado, e en su presencia repartieron las cosas que le avian robado, llevando el oro e plata e lo mas principal que le asy avian tomado en la dicha fortaleza, e dis que llevaron presa su persona a un monte, donde le toveron tres días e después le tornaron a la dicha fortaleça donde el dicho Conde lo ovo en su poder e le tomó preso ochenta o noventa días, trayendole por los montes, dándole pan de centeno e d emijo a comer, a fin que diese la su iglesia e cibdad de Tuy, e dis que dicho Conde le puso en el aljibe de Fornelos trese dias, donde le cayeron los dientes, e dándole otras muy ásperas e duras pasiones, lo qual todo el dicho Conde fase a fin d ele tomar la su cibdad e Iglesia de Tuy.”374 A versión de Vasco de Aponte é máis simple e non engade tantos danos e sinsabores ao bispo: “Y el obispo pensaba que estaba muy seguro; mas no se cató sino quando una noche, estando ençerrado en su casa, llegaron sesenta criados del conde de Camiña, de los quales yo, Vasco de Aponte, questo escrivo, conoçía por nombre a Fernán Pérez (hermano de Pedro Cru), y a Payo Veloso (castillero de Sotomayor), y a Vasco Torto, y Fernán Thomé de Nogueyra, e otros…. Y çercaron la casa con el obispo y encomençaron de meter çinco apellidos: “Sotomayor, Villamayor, Ulloa, Andrade y Moscoso”, y otros apellidos. Y aunque en los de la villa havía diez para uno, nunca osaron salir de su casa; y los del conde echaron fuego a la casa del obispo, y le 374

Cédula de Alcalá de Henares 16 de novembro de 1485, en García Oro, La Nobleza…, pax. 250.

sacaron preso por la barva ençima de una mula o macho, y traíanlo de monte en monte, y de val en val, y de fortaleça en fortaleça.”375 Diego de Muros foi receptor de tan grandes cuitas, que este continuo calvario sufrido ao longo dos seus case quince anos de pontificado o acreditan como un dos bispos máis singulares. A táctica seguida por Pedro Madruga contra o bispo Diego era moi semellante, senón calcada, da que realizara con éxito o seu medio-irmán Álvaro Paes contra outro Diego, desta vez Sarmiento (en 1455). Na procura da liberdade do bispo queixaríanse ao gobernador de Galicia Diego López de Haro, pero o Conde de Camiña escribía aos seus amigos negando os feitos do apreixamento queixándose “de sus criados diçiendo que nunca tal les mandara haçer”376. Pero os seus amigos entendían a verdade e non discutían as razóns do Conde para facer tal acción. Mandaríase ao correxedor de Baiona, o bacheler Fernando Yáñez, e un notario para requerir a liberdade do bispo. Pero Pedro Álvares xa entrara nunha espiral imparable e a resposta sería contundente: “Les hizo prender e les tovo presos dos noches e un día.”377 Os chamamentos da Corte non facían efecto sobre o terror que estaba impoñendo o de Soutomaior. Ante situación tan delicada e véndose gravemente en perigo, Diego de Muros tiña que ceder ás pretensións do Conde: “Por lo qual dis que le fue forçado, por salir de la dicha prisión e perdicion, temiendo que avia de morir en ella, de façer con el dicho Conde de Camiña cierta capitulación que dis que fiço, e que le perdono todo lo que asy le avia robado, e prometido dele aver absolucion del papa e perdon de nos e de la nuestra justicia e de le dar todas las cosas que el dicho Conde de Camiña e su hermano Alvaro de Sotomayor avian tomado de la dicha Iglesia de Tuy, asy mesa obispal como capitular.”378 Pero as capitulacións para o Conde non servían, xa que polo normal non eran cumpridas nen por el nen polos contrarios. Esixiría con inmediatez a Diego de Muros douscentos marcos de prata. En fianzas recebiría outros trescentos máis. De cen marcos faríanse fiadores Lope de Moscoso, Conde de Altamira; e o Mariscal Suero Gómez de Soutomaior. De outros cen marcos respondería Álvaro de Gijón. O cabido tudense fiaría máis cen marcos de prata. Toda a cantidade de prata sería depositada na casa de Juan Rodríguez de Saa en Valença do Minho, na seguridade de ficar ao outro lado da fronteira.379 Suero Gómez o Mariscal, diría a Pedro Álvarez : “Señor primo, haçed de dos la una: o tomad este obispo y ponedle en la seo iglesia de Tui tan honrradamente como nunca trajeron obispo y despedid de vuestro serviçio quantos le prendieron, o tomadlo y echadlo en un poço porque los muertos no saben hablar”, replicaría de novo Suero “Yo digo lo que se me entiende: haçed vos lo que quisierdes, pero séame Dios testigo que este obispo es falsa besta”.380 Tal consello non sería seguido polo Conde, e o bispo de Tui sería liberado. Diego de Muros voltaría a cidade de Tui onde “aperçibió su casa de vitualla, escuderos, peones y lo que le haçía menester”, desde aquí diría ao Soutomaior “que de 375

Vasco de Aponte; op. cit. pax. 256-257. Ibidem. 377 García Oro; LA Nobleza…, pax. 251. 378 Ibidem. 379 Ibidem. 380 Vasco de Aponte; op. cit. pax. 258. 376

cuanto le havía prometido que no lo quería atender… pondría buen recado en sus puertas”381, queixándose aos Reis e solicitando deles a anulación da vergoñosa capitulación, conseguíndoa logo, mais o que non podería anular serían as torturas e humillacións sufridas e tamén os cartos perdidos. Virían a ver ao prelado tudense tódolos seus amigos, e Diego disimularía o seu pesar cunha humorada, “que desque fuera preso que le hiçiera Dios mucho bien al cuerpo, porque antes de preso se sentía mal dispuesto”, a isto comentaría o abade de Conxo, frei Diego de Saldaña “Señor: si un físico (médico) havía de llevar a Vuesa Señoría seteçientos mil maravedís por curarle, lo mismo se es”382. Logo das guerras e loitas entre bandos nobiliarios, aos malfeitores apreixados pola acción da xustiza real aplicada por Gobernador e Alcaldes Maiores sumábaselle un número excesivo e a febleza das probas para condenar aos encausados. Isto engadía grandes complicacións para aplicar correctamente a lei requerindo dun acto de graza por parte dos Reis Católicos para solucionar os problemas existentes no reino e de paso de cara a afortalar a súa imaxe entre os seus vasalos. Serían os procuradores dos municipios galegos quen en 1482 proporían á Coroa un perdón xeral. O perdón sería concedido mais coa precaución que querían impoñer os propios Reis. A concesión faríase realidade o 22 de decembro de 1486 cumpríndose a grande perdoanza e amnistía total sobre os delitos cometidos ata o día da súa entrada en Galicia. Pero ao se realizar o perdón por un poder dado ao gobernador e alcaldes maiores estes poderían conceder ou denegar a devandita remisión, segundo o seu parecer máis conveniente. Os Reis farían un nova e xenerosa perdoanza xeral en 1487, declarando extintos tódolos reatos existentes desde a data de nacemento ata o día 8 de setembro de 1486 para “todos los que fueren a servir a la guerra de los moros, desde el veynte y cinco de março que viene, el tiempo quel Señor Gobernador e los señores alcaldes mayores que (con) su merced se hallaren o la mayor parte dellos mandaren, tanto que no sea menos de quatro meses.”383 Tanta benevolencia tiña as súas excepcións, sobre todo daqueles casos que eran coñecidos por tódolos galegos: “los que fisieron muerte segura con ballesta, o los que fueron en prender al Reverendo Padre Obispo de Tuy e al Conde de Ribadavia o traerlos por los montes”.384 As opinións sobre os cativerios de Diego de Muros Os feitos aquí relatados tomaron un cariz lendario ao pouco tempo, distorsionando a realidade histórica. Fusionaríanse nun os dous cativerios do bispo tudense. Vasco de Aponte só narra o apreixamento de 1485, esquecéndose, non sabemos se intencionadamente, do acontecido en 1477 cos quince meses nunha gaiola e en ferros na praza de Valença. Os sucesos ficaron prendidos na memoria popular, e o cronista e bispo de Tui frei Prudencio de Sandoval relataría en 1610 a versión pintoresca a el descrita dos acontecementos vividos polo bispo Diego de Muros: “Cuentan estas pendencias, y trabajos, que esta Iglesia padecio muchos, que conocieron a algunos que se hallaron 381

Ibidem. pax. 259. Ibidem. 383 García Oro; Galicia…, pax. 378. 384 Ibidem. 382

en ellas. Y la cautela con que don Pedro Aluarez de Sotomayor pidio al Rey don Henrique, titulo de Vizconde de Tuy, y lo alcanço, y vino aqui, y entro de paz en la ciudad, y en la casa del Obispo, y cerrandose con el en vn aposento, con color de visitarle cortesmente, y que queria comer con el vn Venado, que avia caçado. Le prendio, y maniato, y haçiendo señas por las ventanas, a los que dexaua armados en zelada, acudieron, y entraron en el palacio Episcopal, y sacaron preso al Obispo publicamente, deciendo palabras afrentosas: y el Capitan desta prision, y gente, que el Conde traya, fue vn escudero Regidor de Bayona, que se llamaua Pay Veloso, y le lleuo preso al monte con gran vituperio, y deshonra de su persona, y de todo el Clero vniuersal, y Iglesia”.385 A Igrexa de Tui encastillada Coñecida a nova en Tui do apreixamento do bispo por parte dos homes de Pedro Álvares, non habendo alternativa, pecharíase a catedral como precaución ante o posible asalto do Soutomaior sobre a cidade. O cabido debía efectuar os seus oficios na igrexa de Santa María da Oliveira: “seendo en cabildo enna igreja de Sta. Maria d’Oliveira juntos persom de canpaan tangida para faser seus ofiçios segundo seu costume por que a igreja cathedral de Tuy esta encastilada e non se abre por la prisiom do reverendo sennor dom Diego de Muros obispo de Tuy.”386 Malia da volta do bispo á cidade episcopal, a situación debeu continuar ameazante para manter aberta a Catedral: “Estan en cabildo enna igreja de Sta. Maria da Oliveira por que a igreja cathedral non se abria…”.387 O cabido non tardaría en condenar a toda a familia Veloso polas súas malfeitorías, deste xeito o 9 de agosto de 1485, deixaba por nulos os foros que Álvaro Veloso tiña da igrexa de Tui: “…o lugar do Outeiro e o lugar de Curvian e os moinnos de Rio Moinnos que estan junto con os pelames que son da tença de San Bertolameu e o forno cotineiro e as tres casas da praça que esta enna dita çibdat de Tuy…”388 Cumpría o cabido co estipulado no Sínodo diocesano de 1482 en canto ficarían vagos os foros que estaban na pose de persoas que fosen contra a igrexa de Tui: “se continna huna claussula que se o dito Álvaro Veloso ou suas voses fosem contra o dito cabido ou persoas singulares del que por ese mesmo feito perdesen os ditos foros e benfeitorias deles e que porquanto o dito Alvaro Veloso fora contra a igreja e o bispo da dita igreja de Tuy e seus filos Pai Veloso e Joan Veloso prenderam ao reverendo sennor dom Diego de Tuy e que eso mesmo foram con os do conçelo de Bayona que a igreja de Tuy tina no val e que que eso mesmo por quanto acharam que eno sinodo passado que o dito sennor obispo avia fecho pronunciara por vacos todos os foros que o dito Alvaro Veloso do dito cabildo tyna…e que por queeles costava todo seer asi e era verdad que eles asi por o dito Alvaro Veloso seer contra a igreja como por la prisiom que os ditos Pai Velloso e Joan Veloso seus filos feseram ao dito sennor obispo como por non pagar os ditos foros a a igreja como era obligado…”389

385

Frei Prudencio de Sandoval; Antigvedad dela ciudad, y Iglesia cathedral de Tuy…, pax. 187. Prot. Lib. XXV. Fol. 174. 1 agosto de 1485. 387 Ibidem. 9 decembro de 1485. 388 Ibidem. fol. 184. 9 agosto de 1485. 389 Ibidem. 386

Paio Veloso aínda tentaría, continuando o labor de Pedro Álvares de Soutomaior, quitar todo poder sobre Tui ao bispo, pero cun cobizoso plan internacional, o fracaso faríase realidade sendo condenado polo bispo Pedro Beltrán en 1497. Non ficaría moito máis tempo o bispo Diego de Muros en Tui. No ano 1487 sería trasladado á diócese de Ciudad Rodrigo, intercambiando o bispado mirobriguense co seu bispo Pedro Beltrán e baixo a aprobación dos Reis Católicos. Marcharía Diego coa satisfacción de ver caír no esquecemento ao seu máis grande inimigo, Pedro Madruga. O rebelde Soutomaior sería traizoado polo seu fillo, Álvaro, no 1486 cando este, co apoio da súa nai Tareixa de Tábora, ocupe a fortaleza de Soutomaior e os bens e patrimonio familiar. Pedro, en Portugal, xa non podería facer nada, intentando desherdar ao seu fillo no testamento por el redactado en 1486, porén, sen éxito xa que logo, Álvaro, herdaría todo o morgado de Soutomaior. A fin de Pedro Madruga sería escura, alimentando a lenda que xira entorno a esta personaxe capital da historia galega. A súa morte, cando fracasa a iniciativa dun novo perdón real na corte instalada en Alba de Tormes, será tema de suposicións para o mesmo Vasco de Aponte: “Unos dixeron que el Conde muriera allí de unos carbunclos; otros dixeron quel alcalde Proaño entrara… con sus porquerones y que le echara un garrote al pescuezo; unos dicen que fue de una manera, otros que fue de otra; quizá fue de entrambas maneras”.390 Pedro Beltrán O novo bispo Pedro Beltrán era mallorquín de orixe, chegaría a Tui en 1487, e a súa misión sería continuar co labor de reconstrucción apostólica comezado polo prelado anterior. A cidade continuaba nunha situación tensa, producto dos males causados aos seus veciños polas últimas incursións de Pedro Madruga e os seus escudeiros. Os abusos practicados por parte dos nobres e cabaleiros da rexión continuarían algúns anos máis, non desaparecendo totalmente a anarquía na diócese ata ben entrado o século XVI. O labor reconstructor do bispo Beltrán tamén cae sobre as propias edificacións eclesiásticas, moi deterioradas polos ataques das guerras pasadas. Con isto, Pedro Beltrán transformará a absida da Catedral, e comezaría as obras da sala capitular e sacristía. Tamén lle debemos un novo cadeirado do coro e varias reparacións na claustra. Estaría encargado o novo bispo de dotar a igrexa tudense de pezas para o culto, xa que, a excepción das que deixara Diego de Muros, logo dos saqueos perpetrados no século XV, desaparecera toda peza de valor existente na catedral. Entre as pezas doadas polo bispo mallorquín estaba a monumental cruz de prata que só saía -polo seu tamaño- no Corpus e nalgunha celebración especial. Sería roubada polos franceses en 1809. Contenda das Portaxes Logo das guerras, nas que se tiñan abandonado moitas das tradicións e costumes, conviña voltar á normalidade que a memoria, xa lonxana, aínda conservaba. 390

Vasco de Aponte; op. cit. 482-483.

Pero os costumes, senón favorecían aos máis fortes, era mellor deixalos fóra e impoñer nas formas, máis favorables aos intereses particulares que ao ben común. Isto acontecería coas portaxes, tributo non cobrado con anterioridade e que os máis poderosos da diócese querían impoñer. No ano 1489 o Alcalde Maior no reino de Galicia, o doutor Sancho García del Espinal, facía chamamento ao bispo de Tui, Pedro Beltrán; a Álvaro de Soutomaior, Conde de Camiña; e a García Sarmiento, señor de Sobroso, por canto recibira queixas dos moradores da vila de Vigo en relación a “queles estando en paçifica posessiom e costume antigua de pagar los portadgos de Salvatierra e dela puente de las Achas e del porto Felguera e de los otros que son en el obispado de Tuy a los portageros que vos otros e cada huno de vos los aviam de aver de cada carga de pescado seco çinquo blanquas e de cada carga de pam e vino dos blancas e de panos dies blancas, e que agora de dies anos a esta parte poco mas o menos tenpo los dichos portageros que en vuestros nonbres e de cada huno de vos estan en el dicho obispado les han levado e lievan en vuestro nonbre e por vuestro consentimento al dobro de los derechos que de los dichos portadgos se han de pagar…asi mesmo les lievan e han levado portalgos de muchas cossas que nonlo deven nin son obligados a pagarlo…”391 Resulta curiosa a implicación do bispo no caso. Posiblemente non lembrando como eran exactamente os costumes e usos vellos poñeríanse imposicións demais, violándose os dereitos e privilexios que posuían determinadas poboacións. Isto tivoo que facer xa Diego de Muros para a portaxe e dízimas da cidade, na que preguntaría a dous notarios de Tui, sobre a súa memoria, o que se gravaba neses tributos. Non era legal impoñer novos tributos, segundo orde expresada nas cortes de 1464 polo rei Enrique IV. Pero nesta contenda, as xentes denunciaban “que…es puesto e poneies portages nuevos en lugares que nunca se acustumbrarom poner”392. Diego Lopez de Haro, Gobernador de Galicia, faría “pregonar eneste dicho obispado que se gardase la dicha costumbre antigua en que los vezinos e moradores del senpre estovierom çerca de los dichos portadgos”.393 A denuncia non chegaba só aos novos portaxes nen á violación de privilexios senón e tamén aos abusos practicados no cobro forzado da portaxe, tal e como lle acontecera ao veciño de Vigo, Gonzalo Afonso, a quen lle levarían unha capa cuxo valor andaba nos oito reais de prata, na portaxe das Achas, imposta por Álvaro de Soutomaior. A tal inxustiza e contra-dereito, o gobernador de Galicia obrigaba ao Conde de Camiña á devolución da devandita capa, ademáis de apremiar a retirada de tódalas portaxes novas. Diego López de Haro lembraba o dictado polos Reis Católicos, Fernando e Isabel, na súa estancia en Galicia en 1486, momento no que xa se denunciaba “que a caussa de los escándalos e buliçios que en el dicho reyno ha avido e de la poca justiçia que por entonçes avian muchos cavalleros e otras personas del dicho reyno tomaron osadia e atrevimiento de poner inposiçiones asi asus vassallos como a otras personas estrangeras del dicho reyno como a los naturales del syendo proibido e defendido por las leys de nuestro reyno e poniendo nuevos portadgos e otras inposiçiones en partes e logares que nunca se uso ni acostumbro e los vezinos del dicho reyno reçebiam grande agraveo e dapno e nos suplicarom e pediron por merçed açerqua dello con remedeo del dicho reyno.…”394 391

Prot. Lib. XXV. Fol. 197-198. 28 abril de 1489. Ibidem. 393 Ibidem. 394 Ibidem. 392

Para isto, os Reis recurrirán ás devanditas cortes de 1464 nas que Enrique IV “por todos los derechos e leys e ordenanças de vuestros reinos es defendido que non se otorgue ni faga portadgos ni se pidan ni lieven tributos ni inpossiçones so qual quer nonbre e color que sea de mercaderias ni de bestarias ni de pescados ni por otro ni robor ni color que sea…”395 O labor do bispo Pedro Beltrán non só debeu consistir en cumprir as mandas do gobernador, senón e tamén as penas canónicas oportunas aos infractores das disposicións dos Reis Católicos. Neste senso temos varias referencias ás portaxes en anos posteriores, como unha de 1507 na que estaba involucrada a Condesa de Camiña, Inés Enríquez de Monroy, muller que fora de Álvaro de Soutomaior: “…ordenaron que se fezese huna carta de entredito para el de portadgo que se intimase a de portadgo e a la condessa senon en las iglesias mas comarquanas e a los clerigos e se publicasen e troxese la publicaçion enna spaldas ben puesta e ordenada e ordenaron que se citasen la condessa con el mandamento de los señores e dizen que non ousa ninguno de lo fazer, ordenaron que citasen los clerigos que dizen myssa con el de portadgo que esta escomulgado e al que prendeu a condena por que non dizia myssa con os escomungados e que promutor fiscal ponan a demnada contra eles para que den fe do que faz a condessa e faça estromento sobre elo e que con este estromento e con ho aucto de çitaçon vaan aos doutores.”396 O Acordo dos Panos Un dos puntos problemáticos da cidade era a tributación sobre o que se denominaban “panos camas e dizimos personaas e coroados”, gravando sobre diferentes aspectos da vida urbana; a morte, os beneficios, etc,. Era un conflito xa vello, case un prolongamento do preito dos Arrianos. As difíciles condicións de Tui a fíns do século XV, facían destas tributacións unha carga excesivamente onerosa para a poboación na que se creaba tensión e conflictividade. A tal fin o concello, co xuíz Vasco Camiña na testa, solicitarían do bispo Pedro Beltrán un acordo para eliminar as ditas imposicións: “…e diseron que por quanto se esperava seer contenda question e debate de e sobre razon dos panos camas e dizimos personaas e coroados que non se podia bien igoalar con suas curas porque quando se falescia algun que les avyan de pagar o pano e cama enno conçello que os capellans non eran contentes e que demandavam mais e que asi mesmo do dizimo personal e coroados non querian suas curas tomar os dineiros de agora senon coroados antigos ou queles desen por cada coroado quatro brancas en maneira que senpre avya disension e contenda entre ellos e que a las denegadas los escomungavan”.397 As argumentacións do concello para lle tirar tan grande carga eran fáciles de comprender para bispo e cabido. Primeiramente tirar de si a conflictividade social que supuñan os tributos, sobre todo no período de reconstrucción da cidade; logo chamar a atención do bispo e cabido sobre a súa obediencia e vasalaxe; finalmente, a repoboación da cidade, extenuada tra-las guerras pasadas. O bispo aceptaría o pedimento do concello, mais para retirar tan gran beneficio tiñan que ter algunha compensación, quizais como precaución por algunha invalidación legal.

395

Ibidem. Prot. Lib. XXIX. Fol. 145. 7 abril de 1507. 397 Prot. Lib. XXIX. Fol. 8. 18 febreiro de 1494. 396

Finalmente o “cabido acuerdo con el dicho reverendo señor obispo e el obispo con el cabildo por se quitaren de custas dapnos discordias dissensiones e malquerençias e males que por oucassion delo ontre eles verisimelmente podia recresçer…”398, decidirían unha “avinça e amygable composiçion” deste xeito; que “la dicha çibdad non pagasen paño de meenfesto nin cama al tenpo de su finamento nin pagasen dizimos personal nin coroados e fuesen libres e quites de todo ello para sempre jamais”399. Serían beneficiados deste acordo tódolos veciños e moradores de Tui, a excepción dos “peregrinos camyneros e otros honbres que anden a jornal que estos que paguen como senpre pagaron”. En recompensa de tan grande ben que lle facía o bispo e cabido, a cidade estaría obrigada de dar “e den en cada hun año por dia de pascoa de resurreiçon aa dita igllesia e capellans para senpre jamais çinquenta e çinquo reaes de prata que son myl e vinte e tres maravedis vellos… poendoos enno dicto dia de pascoa florida a mysa enno altar mayor da dicta igllesia e chamando para os reçeber os ditos capelans da igllesia que por los tenpos foren”400. Quen se facía cargo e estaba por fiador e debedor e principais pagadores era o xuíz Vasco Camiña e Gomes Mouriño e Gonzalvo de Quantos, os quais o facían libremente e por pracer de facer ben á dita cidade. Remataría así unha longa xeira de conflictividade social, normalizando a vida na cidade e preparándoa para unha mellor repoboación. Os Reis Católicos contra a intromisión episcopal na xustiza da cidade O bispo Diego de Muros ideara un réxime municipal á medida do Señorío episcopal. Xa recibira xesto favorable por parte do rei Enrique IV sobre a suplantación do tradicional xuíz real por un de exclusivo nomeamento episcopal. Os Reis Católicos non estaban dacordo con esta decisión, e xa manifestaran a súa intención cando en 1478 puxeran correxedor para o bispado e cidade de Tui de cara a contrarrestar a usurpación do Conde de Camiña e refrenar as pretensións señoriais de Diego de Muros. O problema tudense presentaríase nos tribunais reais cando o de Muros muda a súa diócese pola de Ciudad Rodrigo. García Oro supón que esta revisión do tema tudense nos tribunais obedécese a algunha iniciativa da cidade, ameazada polo reforzado control episcopal.401 É difícil pensar nalgunha intervención do concello tudense no caso, pois as dificultades que atravesaba a cidade non permitía unha posición de forza e de desafío ao poder episcopal. O veredicto e decisión sobre a atribución do xuíz, sairía o 6 de novembro de 1496. Isabel e Fernando desautorizaban solemnemente os tratos anteriores do bispo Diego de Muros con Enrique IV. Suplantábase ao tradicional xuíz real “que en nuestro nombre administre justiçia”. Segundo o rei Enrique “por ruego del obispo de la çibdad, consintio quel dicho obispo proveyese del dicho ofiçio en cada año, e que como la justiçia se fazia en nuestro nombre se fiziesen en nombre del dicho obispado e ante el se libren e determinen”.402 398

Ibidem. Ibidem. 400 Ibidem. 401 García Oro; Galicia…, tomo II, pax. 132. 402 Ibidem. 399

Para os Reis Católicos era unha intromisión, pero tamén un problema que debían estudar, sobre todo e debido a posición estratéxica da cidade. A Conspiración de Paio Veloso Paio Veloso foi un dos principais implicados na prisión e saqueo do bispo Diego de Muros en 1485. A súa aversión ao bispo viña do tempo da querela habida entrambos. Paio era rexedor en Baiona e fiel aliado de Pedro Madruga. Cando a desaparición do Conde, Paio Veloso asumiría un papel protagónico no bispado tudense. Pedro Beltrán condenaría ao escudeiro revoltoso na Sinodal de 1497: “Item por quanto Pay Velloso escudero, regidor de la villa de Bayona de Minor que uvo preso al reverendo sennor don Diego de Muros obispo que foy de Tuy nuestro anteçesor que santa gloria aya e lo truxo al monte con grande vituperio e desonrra de su persona e de todo el clero e universal iglesia en el qual obispado per la graçia de dios nos don Pedro Beltran suçedimos e somos obispo e el dicho Pai Velloso non seendo contento do mal e dapno que avia fecho al dicho reverendo sennor obispo don Diego de Muros e seiendo forero desta iglesia ha tentado e tento contra nos e nuestra iglesia en tractar como tracto e procurar como procuro de dar desperdida nustro justiçia e possesiones e jusdiçion desta nuestra çibdad e rentas que la dicha nuestra iglesia ha e tiene e nos avemos e tenemos en su nombre… non lo mirando como devia e como deviera bueno e leal forero de la dicha iglesia mirar antes lo mirando como enemigo de la iglesia perdiendo como perde ipso facto todos los fueros e rentas… e encorrendo por ello en escomunion e otras graves pena e derecho…e mandamos porque al dicho Pai Velloso e a los otros que del descenderem por linea masculina sea castigo e a otros exemplo que los fijos de aqueste nin sus nietos e bisnietos usque in quartam generaçonem non aiam benefiçio nin benefiçios nin ofiçio nin honra nin bienes rentas nin fueros en la dicha nuestra iglesia catedral…”403 Paio Veloso entablaría boas relacións coa Corte portuguesa do rei Manuel I. Xa tiña a confianza do anterior monarca, Jõao II, pola detención de certo piloto que Paio Veloso “le prendió e se lo entregó”. Recibiría da corte portuguesa determinadas consignas secretas de grande transcendencia. Pero un dos feitos máis extraordinarios protagonizados por Paio Veloso, foi o intento de entregar Tui, Baiona, Salvaterra, Soutomaior e Pontevedra a Portugal. O apoio dos portugueses ao rexedor baionés materializaríase non só na confianza da corte ao seu proxecto de futuro senón e tamén por unha “carta de creencia a Pedro Gómez de Abreu” co encargo “que lle dese qualquer favor e ayuda, que le fuese menester, para que, séndolle mandado por su Alteza de tomar esta cibdad de Tuy o fazer otra qualquier cosa en este Reyno en Vayona e Salvatierra e Soutomayor”404. Veloso víu propicias as circunstancias estando disposto a cumprir o pactado “despues de tomado avia de dar todo a obediencia del dicho Señor Rey de Portogar e su fijo el Príncipe”. Na corte de Castela descoñecíase toda a conspiración de Paio Veloso, e isto traduzíase na “confianza” posta en el nomeándoo xurado de Baiona. No ano 1499 existían condicións para poñer en práctica o plan. Polo reino circulaban rumores sobre a saúde da raíña Isabel. Tal e como prantexaba Paio Veloso coa morte da raíña produciríase un baleiro de poder no reino, xa que logo, os casteláns non consintirían o goberno en soidade do rei Fernando. 403 404

García García, Antonio; Synodicum…, Sinodal do Bispo Pedro Beltrán 1497. García Oro; La Nobleza…, pax. 257.

Os rumores chegarían tamén á corte portuguesa, na que Paio Veloso aproveitaría para entrevistarse co rei Manuel. As propostas feitas por Paio ao rei serían declaradas ao xuiz de Tui Vasco Camiña o 12 de maio: “ que él fuera a falar al Rey e se le ofreciera de lo servir en algunas cosas cumplideras… diciéndole que el Obispo de Tuy estaba en esta ciudad de Tuy, e que como estava en este estremo no sabía el dicho obispo, ni estaría a su servicio ni del Príncipe su fijo, que sy el dicho Rey de Portugal quisiese, que avería e tomaría la dicha cibdad de Tuy, en manera que la dicha cibdad estoviese a su servicio e del señor príncipe su fijo, e eso mismo que también ternia manera de tomar a Bayona, e a Salvaterra, e a Sotomayor, e que el Rey le agradeciera mucho bien su voluntad, e que le disiera que tobiese cargo de lo servir e que le faria merced, e que quando el semejante oviese d eser, que él le mandaría dar todo el favor y ayuda para ello”.405 Veloso procuraría a colaboración de portugueses como Juan Rodríguez de Saa, Álvaro e Diego Lobo. En Tui, Veloso non dubidaba que se lle abrirían todas as portas da cidade, pasando pola casa do bispo onde contaba cun amigo incondicional. Na cidade confiaba atopar o apoio da colonia portuguesa e nos amigos que tanto Paio como o seu irmán Pedro tiñan. Para Veloso todo aparecía tentadoramente fácil.406 Paio presentaríase de novo ante a corte cos novos plans, recibindo a aprobación e novas cartas de crenza para o cabaleiro Pedro Gomes de Abreu. Este diría “al dicho Payo Veloso que mirase bien en que le ponía, e quel non fose cabsa de su muerte, e quel sabía bien quel dicho Señor obispo era ombre que sabía bien lo que le compria, e que se sabría bien defender, e que les costaría a ambos las cabesas”.407 Replicaría euforicamente Paio Veloso: “No dudes nada de lo que yo fago, que donde yo porne la cabeça, bien podeis vos poner los pies, pues quel Rey de Portogal nos lo manda, e sed cierto que la cosa avera su afecto”. Desgrazadamente para Veloso os cálculos resultaron prematuros e trabucados, o que lle suporía un confrontamento xudicial cando os Reis Católicos souberon a conspiración por carta do bispo Pedro Beltrán o 12 de maio de 1499. Sé Vagante e Entredito sobre Tui O bispo Pedro Beltrán marcharía á corte de Roma polo ano 1504, e alí morrería en 1505, declarándose a diócese en sé vagante. Como en tempos xa pasados, non tardarían en sucederse os problemas ante a falta do bispo e señor na cidade e diócese tudense. A orixe desta prolongada sé vagante estaba na obstinación dos Reis Católicos en defender o seu dereito de presentación ante a Curia Romana, creando dificuldades que prolongaría o problema tudense.408 Roma xa proveera bispo para Tui, nos primeiros momentos de vagar a sé, nomeando o papa Julio II como bispo de Tui a Juan de Sepúlveda, pero nunca entraría no bispado tudense por negarse os Reis Católicos a esta elección.409

405

Ibidem. Ibidem. 407 Ibidem. 408 Hernández Matías, Antonio; “Vacante continuada y entredicho en el obispado de Tuy (1505-1514)”, TUI-Museo y Archivo…, tomo V, 1989. pax. 119. 409 Ibidem. 406

O cabido tudense tampouco recoñecía este nomeamento, alegando no seu descargo que non recibiran letras apostólicas410, aínda que se aprecian preferencias por Martín de Azpeitia. De Martín de Azpeitia existen notas na documentación tudense nas que o cabido proveería a un criado seu, Juan Brandón, como meiriño da Guarda, agardando que Martín de Azpeitia fose prelado de Tui.411 Pero poucos anos despois, observando o cabido que Martín de Azpeitia tiña serias dificultades para ser bispo de Tui, e que o devandito Juan Brandón fora despedido da casa do Mestre de Azpeitia, estando ademáis casado e vivindo en Valladolid, lle retiraría a merindade da Guarda, xa que a vila estaba sufrindo graves inxustizas pola falta dun meiriño.412 Os problemas para Tui comezaron nada máis morrer o bispo Pedro Beltrán ou xa na súa ausencia. O cabido mandará ao tesoureiro Rodrigo Afonso a Santiago a denunciar ao Gobernador os danos e males que García Sarmiento estaba a cometer sobre Torrón, Porto e Zamáns: “…que mandase a Rodrigo Afonso a Santiago sobre certas coussas que Garcia Xarmento fazia de dapno a esta iglesia sobre o Torron e Porto e Çamaans ao denunciar ao gobernador e señores para que manden hun pesquessidor a que vena veer como se garda a carta de enparo de sus altezas desta iglesia e se enforme das forças que Garçia Xarmento e Deego Xarmento le fazen.”413 Ante a previsión dunha prolongada sé vagante o gobernador de Galicia mandaría a Tui ao escudeiro Álvaro de Taboada para tomar posesión da fortaleza-catedral, nomeamento de oficiais e dos froitos que rendía o bispado. O cabido ante esta intromisión que non especificaba as cartas largadas polos Reis, contestarían que eles poñerían oficiais e provisores “segundo que se avian acustunbrado poner sede vacante”.414 Contra-argumentaría Álvaro de Taboada expoñendo que o “gobernador le mandara tomar la dicha iglesia la fuerça della e recrestar los fructos e tomarlos del dicho obispado”415. Non tardaría en voltar o escudeiro do gobernador con máis armas xurídicas e militares coa intención de facer cumprir o mandado polo seu señor: “…Alvaro de Tavoada… por mandado del governador el se crestava e tina tomado en secresto esta igllesia e fructos e rentas… quelle desen o que avian apanado del obispado”416. Malia a posición de forza que tiña Álvaro, o cabido o faría amolar seriamente polo tema das chaves do tesouro, onde estaban os diñeiros do bispado: “…e gonçalo de Duraton respondeu que o que tina apanado do bispado que estava posto debaixo de dos laves que en el cabildo presento e que lo mederian e darian conta a quen devesen e el dicho Alvaro de Tavoada s efue para el en el cabildo e le tomo las llaves e eso mesmo diso el dicho Alvaro de Tavoada que en el tesoro desta igllesia estava trinta e tantos myl maravedis que eran de la obispallia que requeria al cabildo que gelos mandase dar e luego joan collaço e lourenço corea diseron que eles tinan las laves de la arca del thesoro onde presente myn notario avian postos os dictos dineiros que entregavan ali las llaves al cabildo que las mandase gardar a el dicho alvaro de tavoada se alevantou 410

Ibidem. Prot. Lib. XXIX. Fol. 129. 29 maio de 1506. 412 Ibidem. fol. 197. 11 xuño de 1509. 413 Ibidem. fol. 117. 17 setembro de 1505. 414 Ibidem. fol. 118. 7 outubro de 1505. 415 Ibidem. 416 Ibidem. fol. 120. 31 outubro de 1505. 411

rrijo donde estava e tomo las dichas chaves e diso que luego le diesen las llaves de las puertas del thesoro para tomar los dichos dineiros de secresto senon que quebraria las puertas e el dicho cabildo dixo que el fazia grande fuerça a esta igllesia e cabildo e que a las cousas que el rey mandava fazer eles non podian resistir polo que eles protestavan de se queixar al santo padre e onde eles podesen e devesen con dereito e de non ser obligados a cousa eles nen seus beens e fazendas…”417. Sobre a diferencia que existía entre Álvaro de Taboada e o cabido tudense habería un concerto no ano seguinte nos “que los dineros que se cogiese de las rentas del obispado se pongan dentro desta igllesia en huna arca del thesoro de la qual tenga huna lave el dicho Alvaro de Tavoada e otra el sacristan e de la puerta prinçipal del thesoro se tengan tres laves huna Juan Collaço canonigo e otra el sacristan e otra Alvaro de Tavoada”.418 O de Taboada ficaba como Alcalde da fortaleza-catedral e de facto como gobernador militar de Tui, cumprindo unha finalidade que Tui non abandonaría ao longo dos séculos seguintes. Debido á ausencia de bispo na diócese a vida relixiosa relaxábase obrigando ao cabido a nomear como “meirino dos clerigos a Juan do Cadaval por quanto muchos estavan escomulgados e outros asi frades como clerigos fazian excesos e non querian obedesçer a a igllesia nen a eles por estar como estava sede vacante para que o que por eles vicario fose mandado eno exçitamento da justiçia ele ho fezese quando por eles lle fose mandado”419. A peste de 1506 Nestes tempos, non só os problemas relixiosos ou políticos aqueixarían a vida cotiá de Tui, outro máis grave para a poboación desenvolvíase e atacaba por sorpresa. A peste chegou a Tui no verán do ano 1506, que engadiría un problema ao cabido para levar a conflictiva sé vagante. Marcharían da cidade o xuíz e o meiriño apurando aos procuradores a nomear ao Meiriño episcopal e que exercera os labores da xustiza mentres os outros estivesen ausentes: “por quanto asi o jues como ho meirino se foran desta çibdad causa da pestillençia e mandaron a min notario dar hun mandamento desto que mandavan ao dito Juan de Cadaval e lle entregou logo huna vara de justiçia el dicho señor arçediano e o dicto Juan de Cadaval diso que açeptava la dicha merindad e que todo lo que fose serviçio de dios e de la igllesia e justiçia que seendo le mandado por los dichos señores vicario que ele o faria.”420 O cabido querendo cubrir os servizos mínimos na igrexa requeriría dos cregos a estancia nela en troco do pagamento en moeda e en trigo : “Açerca de ressidir enna igllesia que el que fuere a mallar que le sean dados dez dias de sua requiraçon porque a igllesia non fiqase sen serviçio por amor da pestillençia e se non vieren passados os des dias que non gaanen requiriçon nen trigo por la requiriçon e que o diga cada hun quando se fuere.”421 O cabido non ficaría parado no tema do alcalde Álvaro de Taboada. Para Lugo, a falar co Gobernador, iría o vigairo, mais Fernando de Vega proveería dun xeito ao vigairo e doutro (o que lle interesaba) ao escudeiro Álvaro de Taboada. O cabido 417

Ibidem. Ibidem. fol. 133. 8 xullo de 1506. 419 Ibidem. 15 xullo de 1506. 420 Ibidem. 421 Ibidem. 1 agosto de 1506. 418

protestaría abertamente ao alcalde por estas malinformadas provisións do Gobernador “porque non les pareçia ponendo los dineros de la obispallia en manos e poder de juan fernandes nen de ruy lopes nem del dicho alcalde seer cossa segura como el alcalde tenga peones estrangeros e vaia a muchas partes e se poderia seguir dapno asi de robo como de furto e eso mesmo estando la çibdad tanto dapnada de pestillençia que morrendo qualquera dellos se podia todo perder de que el alcalde nen ninguno dellos non podian dar buena conta al rey nuestro señor e la iglesia reçeberia grande dapno e destrimente e a caussa desto ya dias he eneste negoçio el cabildo avia proido de poner lo que se dese la obispallia…”.422 Constatamos a existencia de dous problemas: o primeiro, o temor aos males que puideran causar os homes de Álvaro de Taboada; o segundo, que por razón da peste puidera morrer calquera ficando a cidade en perigo de perderse, síntoma da preocupación fronteiriza e temor a un posible ataque dos portugues aproveitando a feble conxuntura política da Coroa de Castela. Concertarían con Álvaro de Taboada o reparto das chaves do tesouro, a maior parte as tería o alcalde -tres ou catro- e outra estaría baixo o beneficiado elixido por Álvaro. O cabido obedecía o que era do agrado da súa alteza, o rei Felipe I, ficando Tui como un baluarte real na fronteira con Portugal. O conflicto relixioso non remataba somentes na continuada sé vagante, ademáis contaría co entredito de Roma sobre a catedral e cidade a partires de 1507, probablemente para contradecir a decisión real de converter a igrexa nunha fortaleza militar usurpando tamén as rendas episcopais. O cabido debía mobilizarse, non tardando en facelo: “en Sta. Maria da Oliveira en cabildo… que eno entredito que era posto era neçesario inviar a Santiago al consejo huna persona… pois era para defenssion dela dicha iglesia.”423 Neste tempo -13 de febreiro- o alcalde da fortaleza xa era Afonso de Fonseca. Sería requerido polo cabido tudense: “…en Sta. Maria da Oliveira dentro del coro de la dicha iglesia por que estava intredicho puesto en la dicha çibdad estando ai presentes… paresçeu ai el señor don Afonso de Fonseca fidaldo alcalde de la iglesia de Tuy e presente en el dicho lugar a los dichos señores las provisiones suso dichas de parte del rey Fernando e del rey Fillipe reys que fueron de castilla con las quales de parte de la reyna nuestra señora e del ylustre señor don Fernando infante de granada e governador en el reyno de galiza requerio les quisen los dichos señores obedecer e enlas obedeçendo las mandasen conprir segundo e enla forma que enellas se contenian e que de cómo las intimava.”424 O entredito pesaba moitísimo sobre as xentes do común, sendo moi negativo para as festas máis tradicionais, polo que o procurador do concello, Pedro Veloso, pediría ao cabido a suspensión do entredito ata tres días despois da festa do Corpo Santo, cousa que aceptarían os cóengos de bó grado.425 Para máis tarde constaba por unha carta do gobernador Fernando de Vega, o levantamento do entredito o 16 de marzo de 1507, non producíndose máis novas sobre o particular.

422

Ibidem. fol. 136. 28 e 29 setembro de 1506. Ibidem. fol. 143. 2 febreiro de 1507. 424 Ibidem. 16 febreiro de 1507. 425 Ibidem. fol. 144. 23 febreiro de 1507. 423

Como menciona Antonio Hernández Matías426, a situación do cabido debía ser moi precaria. Sen bispo que protexa a diócese e cidade de Tui; a intromisión dos axentes reais nas rendas e fortaleza; a presión social da mesma cidade en tensión por uns feitos políticos que non comprendían, todo isto debeu provocar o “peche de filas” do cabido para defenderse de todos estes problemas: “…dixieron que porquanto algunas los trataban mal e contra justiçia e estavan sen prelado que para conservaçion de la justiçia e enperiuço de dios e del rey e deseu perlado eles fazian como logo fezeron juramento a los santos avangellios que con suas maans dereitas tocaron en hun evangilliorum en lugar de los santos evangellios que eles se ajudaran los hunos a los otros non guardando enemystad que hunos contra los otros tengan salvo limpiamente dando e contribuindo e ajudando del maior fasta el menor asi con dineiro como con sus personas e porvia a la vida e honrra por cada huno e por la desonrra que a cada huno asi sopena de perjuros e desto mnadaron fazer hun contrato tal qual partse signado de meu signo…”427 O ano de 1507 sería crítico para o reino. A morte de Felipe e a ausencia forzada de Fernando o Católico nos seus reinos, creou un baleiro de poder pavoroso. O temor a que a cidade fose tomada ben polos portugueses ben por nobres casteláns aliados seus, faría que a cidade permanecera en “estado de sitio” durante o verán de 1507: “…e mando el vicario Jaimes de Pedroso que se posese grande garda enesta çibdad e que el jues tevese cargo de mandar chamar os omes de fora para vellar que fosen cada noite vinte omes e cadaval chamase os das camaras, soonte o qual fezeron tres cadrileiros huno Pero Fernandes e outro Myguel Sanches e outro Ruy Lopes que repartisen as vellas e chamasen os da çibdad para las roldas e o que non quisesen ir buscase o tal cadrileiro outro que fose por el e lle dese medeo real e que o que non fose fose peñorado por real e medeo de pena hun real e o medeo para quen fose a vella ou rolda eso mesmo que çerrasen o postigo e a porta do louro de pedra fasta o medeo e o fezesen fazer o juez e juan fernandes e que cada noite o juis e juan fernandes e pero fernandes e rui lopes e myguel sandres non saisen do muro fasta as velas seeren postas e as roldas e que a porta que estovese aberta tovese as chaves de la de noite o procurador e das que estevesen çerradas as tovese o vicario e que eso mesmo çerrasen a gurueira”.428 A convocatoria dos vasalos dos coutos episcopais non tería moito éxito, e nalgúns casos, como o de Taborda, a rebeldía dos fregueses acrecentaría a tensión producida polo Interregno: “…mandaron los dichos señores que porquanto la reyna nuestra señora mandara a esta çibdad e el governador a que se posese grande recaudo en la vella e rolda e guarda de la dicha çibdad e que asi para esto se compelesen los vassallos de la dicha iglesia e de su alteza todos venidos e que por quanto el cabildo e vicario avian mandado a los sus vassallosde taborda a que veniesen con los otros de la tierra a roldar e vellar en ajuda de los de la çibdad e serviçio de su alteza como fazian los otros vassallos los quales fueran llamar Garçia de Duraton canonigo e tenençiero del dicho cabildo del dicho lugar los quales los enpenoran e porque non avian querido venyr antes dizindo muchas e feas palabras que fazian a favor e ajuda del conde de lemos segundo dixo el dicho garçia de duraton tençeiro e poseer en tal tenpo de neçessidad dixo el dicho cabildo vicareo e señores que presentes estavan que mandavan asi dela parte de la reina nuestra señora como por su mandado que a los rebeldes e a llororadores que non avian querido venir a provir a la reyna nuestra 426

Hernández Matías, Antonio; “Vacante continuada…, pax. 135. Prot. Lib. XXIX. Fol. 145. 26 abril de 1507. 428 Ibidem. fol. 147. 19 xuño de 1507. 427

señora e a la iglesia cuios eran e a vellar e gardar con los de la tierra la dicha çibdad a juan collaço jues de la dicha çibdad por el obispo e cabildo e juan de cadaval executor de la cameras del señor obispo, los fosen a prender e traer a esta çibdad ondese dellos fora conprimento de justiçia e sesepa quen los en puso a que non aian de obedescer a los mandados dela reyna nuestra señora e de la igllesia de tuy cuios vassalos son testes que foron presentes al dicho mandamiento lopo de montes mercador e los dichos señores del cabildo.”429 Pasado o peor momento da sé vagante ao cabido aínda lle ficaba por explicar a súa situación. O nomeamento do bispo, por unha parte a imposición de Roma, e por outra o candidato da Corte, non ficaba dentro da manobra dos capitulares xa que eles manifestan a aceptación de calquera electo sempre que lles mostrasen as “letras de posesión”, imprescindibles para tomar o cargo, declarando o cabido que ata o 10 de setembro de 1509 ninguén chegara a Tui coas devanditas letras430. Para descargo do cabido, enviaríase o escrito a Roma, para facer ver que a súa rebeldía non era tal, e que só cumprían o que “de dereito e custume se acustuman presentar para dar a possesion da dicta iglesia ao que dela for”431. No ano 1511 temos xa un acto case de institucionalización, a posesión da merindade do Bispado de Tui por orde de El Rei: “Vino en cabildo Pedro de Çagirre criado e continuo del rey e dio huna carta del rey al dicho cabildo e el cabildo dixo que la obedeçia como a carta de seu rey e señor natal e quanto al comprimento della que farian todo aquello que fose serviçio d esu alteça e bien de la iglesia e que en complimiento dello diçeron que davan e luego dieron la meirindade de todo el dicho obispado al dicho al dicho Pedro de Çaguirre segundo que por su alteza era mandado revocando primeiramente todos los otros merinos del dicho obispado de que foron notarios yo e Fernan Gomes tesº que foron presentes … e fezo juramento en forma a manos del señor maestrescuela a huna crus que seeria a par e serviçio de dios e bien de la iglesia e faria justiçia a las partes sen afeiçion ninguna e gardaria la jurdiçion e libertades dela iglesia a todo su leal poder e ponia la persona e vida por ella e que quanto a la torre de la iglesia que la tenia hun escudero de la guarniçion que se llama Diego Flores por el governador que le notificase la carta del rey e oviese su resposta...”432. Os poderes que debía ter Pedro de Izaguirre serían amplos, con atribucións xurídicas, administrativas, económicas e militares. Neste último caso é interesante constatar a presencia dun escudeiro, Diego Flores, posesionado da torre da Catedral -supoñemos que sería a de Santo André xunto coas torres románicas- e que ademais formaba parte da gornición que estaba en Tui. Este feito fainos lembrar o que posteriormente sería a guarnición real permanente na cidade, alzada xa como Praza de Armas, aínda baixo señorío episcopal pero coa xurisdicción militar do Rei, froito da posición estratéxica da cidade. A presenza da gornición real é claro síntoma de transformación da mentalidade medieval, con exércitos particulares -o bispo tiña o seu para defendemento do bispado e cidade- e o paso a un exército real permanente ao que os nobres xa non aportarán

429

Ibidem. fol. 148. 7 xullo de 1507. Hernández Matías, Antonio; “Vacante continuada…, pax. 138. 431 Ibidem. pax. 137. 432 Prot. Lib. XXIX. Fol. 263. 23 abril de 1511. 430

soldados, senón cartos, de cara a fornecer a milicia dos mellores mercenarios do mercado. A fin de sé vagante tan prolongada acontecería cunha nova instancia do Papa León X ao Rei de España, en 1513. Pero a corte continuaba sen aceptar a Juan de Sepúlveda como bispo de Tui, co argumento xa reiterado de que antes tiña que renunciar á calonxía que posuía de Toledo. O rei Fernando seguía sen ceder malia o entredito que se impuña sobre os capitulares tudenses. O desbloqueo do conflicto pasou polo traslado de Juan de Sepúlveda á diócese de Malta, xa en 1514, pasando Martín de Azpeitia a rexer a Diócese tudense, aínda que fose brevemente, xa que morrería en 1516.433

433

Hernández Matías, Antonio; “Vacante continuada…, pax. 119.

A FISIONOMÍA DA CIDADE O Plano Como di Anselmo López Carreira, Tui é a cidade galega que con maior fidelidade nos transmitíu o seu patrimonio urbanístico medieval434. Na alta idade media o proceso urbanizador sufriría unha notoria recesión en toda a península, correspondida polo contexto económico e social europeo. Tude debido ás súas condicións estratéxicas e históricas mantería unha definición urbana ao ter carácter episcopal, aparecendo na documentación como civitas, en clara alusión á súa administración eclesiástica. Fica claro que a presenza dun bispo no aglomerado urbano tudense facilitaría a pervivencia dunha administración e incluso a supervivencia dun mercado local que mantivese a cohesión de Tude como civitas. As necesidades episcopais, alimentación, vestidos, administración, etc, empurraban ao sostemento desta protocidade, malia da situación de crise que sufrían o resto de vellas cidades cristiáns europeas, e na que só os núcleos urbanos con vinculacións eclesiásticas ou rexias podían chegar a denominarse cidades nun entorno seriamente ruralizado. Tude non partía só da súa condición de asento episcopal para manter a faísca da urbanidade, senón que a súa estratéxica ubicación ao pé dun gran río e de camiños rexionais de gran percorrido, facilitaban non tanto a concentración nun núcleo urbano como a súa aglomeración polinuclear, derivado dos restos que a vella cidade romana esparexeu nun espazo de perto de 60 has, e que a recesión do período tardoromano e principalmente do século VIII facilitaría ao dispoñer o habitante dos materiais para a construcción con facilidade e da oportunidade de cultivo en terras gañadas ao parcelario urbano. Será esta realidade polinuclear de Tude a que dificulte coñecer en que condicións estará a civitas a fins do século X. O porto fluvial, a pesca no río, as vides, a administración episcopal e condal, etc, serán aspectos determinantes para ver na vella civitas tudense un núcleo preparado para o salto urbano que se proporá no século XI cando Europa gañe confianza e o comercio sexa unha carta para reactivar economías e sociedades urbanas. A existencia de materiais altomedievais no entorno do edificio catedralicio, de carácter funerario na maior parte das veces, é indicio da ocupación do altiño tudense antes da destrucción normanda entre 1008-1115 que provocaría o baleiro episcopal e a ausencia de pulso urbanizador na primeira metade do século XI. As mesmas sagas islandesas refírense á cidade tudense, Gunvaldsborg, “era grande e antiga”, reflectindo os vellos monumentos romanos e a gran extensión que tiña acadado no pasado a cidade romana, visible perfectamente nos comezos do século XI. Pero esta referencia non nos sinala como era esa civitas destruida máis aló do razoable, descoñecendo se tiña un perímetro amurallado que a defendese desde época tardoromana como en Lugo, ou simplemente partía dun cercado instalado por Ordoño I nunha área moito máis limitada e restrinxida ao altiño e espazo circundante á igrexacatedral, supervivinte do periodo suevo ou restaurada no século X a imaxe do templo compostelán edificado por Afonso III.

434

López Carreira, Anselmo; A cidade medieval galega, A Nosa Terra 1999, pax. 98.

Algún resto de elementos decorativos prerrománicos sobreviviron e incluso forman parte da fábrica do actual templo catedralicio, como o capitel da fachada norte, con motivos xeométricos e vexetais. Igualmente sinalar as lápidas do século XI descubertas unha no claustro e que forma parte dun pilar da arcada da Sala Capitular, adicado a Munio e outra exposta no claustro pero atopada nas obras da catedral e adicada a un tal Velasques; e outro tamén na rúa San Telmo da cidade, da era 1000, isto é ano 962. Todo isto xunto cos sartegos antropoides descubertos nas obras catedralicias, sitúan o centro do aglomerado urbano tudense no altiño actual antes da destrucción do lugar polos normandos e inmediatamente despois da restauración da sé episcopal. O abandono da Sé episcopal, cara Santiago en 1024, e a ausencia total de novas documentais ata perto de 1067, restauración da Sé tudense, inscriben a Tude nun periodo escuro, seguramente resultado dun esparexemento poboacional máis acentuado, afastado da inseguridade que ofrecía o río e a súa proximidade ao mar, isto é a ameazas de novos ataques, o que evidencia nas mentes da época o catastrófico do ataque e saqueo e seguramente a súa continuidade no tempo. O paso dos anos sen que a ameazadora presenza dos normandos voltara a enturbiar as vidas dos tudenses, a organización do seu espazo volveu a ser importante, e para isto a restauración do bispo na súa vella cadeira facilitarán o labor reconstructor e dinamizador da aglomeración poboacional tudense. Malia que a reinstauración da cátedra episcopal tudense formase parte dunha estratexia de fortalecemento do reino iniciada polo rei galego García, non é menos certo que a presenza do bispo Xurxo en Tude tamén reflectía unha realidade social en expansión e inxerida dentro do panorama europeo, grazas ás posibilidades do río Miño como enlace co exterior e como paso renovado dos antigos camiños, agora convertidos en transitados vías de peregrinación, aspecto no que Tude adquiría relevancia desde o sur como Lugo o facía desde o leste. Será precisamente a importancia internacional do camiño que beneficiará ao crecemento urbano de Tude, por un lado ao fomentar o comercio e por outro ao animar á sé episcopal a potenciar o culto en Tude para canalizar ese paso de peregrinos. Vai ser esta necesidade de establecer un culto ás reliquias gardadas na sé catedralicia a que obrigará ao comezo da construcción dun novo templo catedralicio adaptado a estas novas necesidades e a satisfacción de crear un espazo propio e non compartido como en San Bartolomeu. A sinerxia xerada pola construcción catedralicia empurraría máis se cabe o crecemento urbano, deixando claramente, senón o estaba xa antes, ao mosteiro de San Bartolomeu como suburbio de Tude. O comercio e agricultura serán impulsores desta reurbanización tudense. Non podemos esquecernos que ademais dos portos fluviais representados sobre todo pola antiga parroquia de San Xoán de Porto, a agricultura tudense vai soster esta poboación en cremento tanto pola incipiente producción vitivinícola -tamén relacionada coa presenza episcopal- como do sustento diario, o pan, e a numerosa presenza de muíños como testemuña a documentación desde o século XI.

Todo este movemento, complexo, converxerá na aparición do Tui baixo medieval, cando a necesidade de organizar e defender unha ampla poboación obrigaba ao reasentamento nas abas da colina. A escolla era lóxica, aproveitábanse os vellos materiais ciscados tra-la desfeita de séculos de abandono e destruccións, recurríndose a un local estratéxico; defensivo, encrucillada e económico co aproveitamento do río. É tradicional o reservar o asento primixenio para Tui no mosteiro de San Bartolomeu, pero temos que pensar que este lugar -vello espazo urbano de tempos romanos- sería elixido polo bispo e cóengos á hora de instalarse de novo na capital diocesana arredor do ano 1067 non polos veciños dos contornos. Como xa temos explicado con anterioridade, a procura dunha vida relixiosa regular favorecía a instalación do bispo en San Bartolomeu, único lugar que daba cobertura ao prelado e aos seus capitulares, xa que o que ficaba da vella Tude, atestada de poboación, destruída a catedral e sen un espazo axeitado, non permitía a convivencia do bispo na mesma urbe. Por outra banda temos a constancia documental que o mosteiro bieito de San Bartolameu era un suburbio de Tui, tal e como o reflicte a Historia Compostelana. Orabén, o primitivo asentamento altomedieval era máis reducido que as dimensións que chegou a acadar a cidade logo da súa expansión en 1170. A esta primitiva cidade altomedieval podemos lle da-lo nome de burgo vello, seguindo as apreciacións que fai López Carreira435. O espazo que ocupaba ía desde a actual ubicación da catedral ata a rúa da Oliveira -hoxe das Monxas Encerradas-. O límite aproximado ficaba nas actuais rúa Sanz, Entrefornos, vella rúa Corredoira -detrás da igrexa conventual das Monxas-, cinxíndose á muralla polo Paseo da Corredoira. Algúns nomes de rúas, como o de Corredoira ou Castaans, danos unha pista pola que seguir o rastro deste vello burgo, marcado igualmente pola orografía do terreo. O seu alongamento sobre a penichaira do outeiro tudense, amosa a antiga presenza castrexo-romana, que tranformaría o outeiro rochoso nunha secuencia de terrazas e socalcos ata practicamente o río Miño, tal e como os estudos feitos polo arqueólogo Juan Jose Perles Fontao teñen sinalado436. A superficie ocupada por este pequeno centro urbano estaría arredor de 2,5 ha, sendo o seu eixo lonxitudinal de 263 m. A súa largura máxima estaría nos 110 m no secto sur, e a mínima de 58 m no sector norte, formando unha típica améndoa. Dentro do seu perímetro atoparémonos con varias Torres construídas antes da “reubicación” de 1170 e que aseveran a ocupación do lugar ininterrumpidamente desde tempos antigos, con excepción feita aos ataques e destruccións de normandos e sarracenos. Ademais da fortificación da cidade realizada por Ordoño I no 854, a primeira mención dunha fortificación é debida á raíña Tareixa de Portugal, quen en 1125 tomando Tui lle melloraría as súas defensas.

435

López Carreira, Anselmo; “O Burgo Altomedieval”. Historia da Arte Galega. A Nosa Terra, 2007. cap. 34. 436 Débolle esta información a Juan José Perles y ao seu equipo Anta de Moura, cuxos excelentes traballos en Tui permiten albiscar estos indicios da Tude romana.

Unha torre sería construída polo rei Afonso VII cara 1137, logo da Paz de Tui, momento que debeu aproveitar para asegurar a fronteira con esta fortificación, e que sería construída próxima ou cercana do campanario da catedral, que daquela tiña o transepto rematado. Esta torre podemos intuir, seguindo as indicacións de López Alsina, que sería a chamada Torre Vella, na que tanto polos signos lapidarios, S e V, como a súa función e trascendencia ao longo da idade media, é máis que probable a súa consideración como tal. Esta torre, polos restos actualmente conservados -túnel das monxas- era porta de saída cara o porto e parroquia de San Xoán. Dentro do perímetro tamén estarían a Domus Episcopi, que tal e como indica López Alsina sería lugar de residencia do bispo e dos cóengos a partir de 1138, cando o bispo Paio Menendes instaura a canónica baixo a regla de San Agostiño, e lle seguen o arcediago Paio, quen sería primeiro deán baixo a nova regla; os arcediagos Martiño e Afonso, Ramiro, Gonçalvo e Pedro, sacerdotes. Solicitaría o bispo de Teotonio, natural de Ganfei e que fundara o convento de Santa Cruz de Coimbra un tempo antes, que lle enviase algún dos seus cóengos para instruir na nova regla aos tudenses437. Por último temos as mesmas verbas do rei Fernando II en 1170, ano no que amplía a cidade para fortificala mellor. Como xa ficaría dito, Tui sufriría varios ataques e cercos antes de 1170, proba lóxica da existencia dun, alomenos tosco, perímetro amurallado. A Cidade A partires de 1170 desenvólvese o urbanismo medieval en Tui, do que temos mostras no seu trazado e nas súas edificacións. A ampliación da cidade cara o sur e sur-leste, obedecía non só a unha mellor defensa, senón e tamén a poder acoller no interior dos seus muros a unha poboación maior; a que se salfería no seu entorno rural. Outra das motivacións de Fernando II, e non menos interesante, era a salubridade da cidade. O burgo vello polas súas dimensións e caos urbanístico debía ser pouco saudable, efecto que se querería eliminar ampliando a cidade cara a zonas mellor orientadas e supoñemos tamén que coa instalación de rudimentarios sumidoiros e regos de auga. Coa ampliación da cidade, a catedral ficaría desprazada do centro urbano, ficando no suroeste do perímetro amurallado438. Non podemos afirmar que a catedral con anterioridade ocupase o centro do burgo vello, pois aprezamos a existencia da típica améndoa e un núcleo secundario residencial sinalado polo pazo condal ou episcopal: o poder relixioso representado pola Catedral no oeste; e o núcleo administrativo-xudicial-militar de ascendencia suevovisigoda cuxo rastro ficaba no famoso conde Gonçalves quen mandaba na cidade como Conde de Tui cando os ataques normandos de Olav e outros entre 1008 e 1015, representado polo pazo no norte. O privilexio do señorío sobre a cidade, 1095, ampliaba os poderes episcopais. Deste xeito o bispo comezaba a detentar o poder relixioso e o adminitrativo-xudicialmilitar sobre a cidade, polo que é probable que aproveitase en 1138 os restos do vello 437

Este dato, como moi acertadamente descubre López Alsina, é o que nos revela que o bispo e cabido pasan a instalarse na cidade, e abandonan o mosteiro bieito de San Bartolomeu. 438 Aínda que notamos que tampouco orixinalmente, desde a súa construcción ofrecía unha posición central, senón que adaptada ás condicións do terreo, na parte máis elevada do altiño rochoso, pero descentrada con repecto ao burgo, herdanza da etapa altomedieval, como se comproba cos achádegos de necrópoles arredor do templo.

pazo altomedieval e antigo pazo condal da Oliveira para transformala na Domus Episcopi. O plano urbano tudense amosa longas rúas paralelas á beira do río conectadas entre si por curtas rúas travesas. Lonxitudinalmente baixan varias rúas desde a cimeira da urbe, nalgúns casos o forte desnivel obriga a crear escadas como acontece na Canicouva ou na rúa do Louro. No sector sur-leste da cidade, a forma aparentemente cuadrangular das mazás das casas para López Carreira puidera ser indicio do último local urbanizado, xa a fins do século XII, comezos do XIII, aínda que este feito puidera corresponder coa adaptación ao vello trazado octogonal romano, á luz dos restos descubertos na actual rúa Tyde polos arqueólogos de Anta de Moura. Tamén a connotación de camiño cara o porto fluvial e parroquia de San Xoán que tiña esta parte do burgo altomedieval non debía ser casual, aparecendo xa a fins do século XII da capela de San Nicolao. Polo que a teor disto incluso puidera ser un ámbito xa habitado, aínda que de xeito irregular, antes da ampliación e amurallamento da cidade. No exterior, e xa no século XIII como froito do desenvolvemento económico, definiríanse como tales os novos barrios tudenses. A maior parte deles serían arrabaldes portuarios; o de Santa Baia ou Freanxo xunto do porto da barca de Valença no esteiro do Riomuíños; o de San Xoán de Porto logo de San Domingos xunto do porto de cabotaxe de San Xoán; San Bartolameu arredor do mosteiro e xunto da ponte do Louro. Outro arrabalde importante, este de fasquía industrial, sería o de Riomuíños, cuxo nome xa aparece no século XI, será o local onde se desenvolvan as actividades industriais da cidade: os muíños, os pelames,…. Extramuros medraba tamén unha nova Corredoira, na que comezaban a aparecer casas, sobre todo aquelas que daban as súas fachadas ás murallas, ficando o resto, contra as marxes do camiño que ía da cidade para o Hospital dos Gafos e para Riomuíños, con casas e lagares espallados. Xunto do Hospital de San Xiao dos Gafos, establecíase un importante cruce de camiños -cruz de San Xiao- que correspondía cos camiños cara a cidade, Ricamonde e San Xoán de Porto. A MURALLA A muralla marca con nitidez a configuración da cidade facéndoa xurdir de entre o rural que a circunda como baluarte defensivo, social, comercial e administrativo. Nas partidas de Afonso X recoñécense outras finalidades para as murallas: “ca esto la face seer mas noble et mas honrada et mas apuesta”2. A muralla tudense ten a súa concepción en 1170, malia existires outro perímetro máis pequeno con anterioridade. É nesta data cando se planifica en toda a súa complexidade unha muralla para Tui. O intercambio ofertado por Fernando II, autonomía municipal a troco de construír unhas murallas coas súas torres e fosos, dá conta dunha intención máis aló da simplemente defensiva. A cerca intenta contactar todos aqueles puntos que poidan supoñer debilidade ou reforzo defensivo. En Tui a muralla foi realizada en cadeirado pétreo diferenciándose así da maior parte das vilas e cidades galegas nas que os seus muros foron feitos de mampostería ou cachote, calidade esta na que se representaba a súa importancia. 2

López Carreira; op. cit. 1999. pax. 132.

O seu plano acada forma trapezoidal, cun saínte no sector sur-occidental de cara a cubrir mellor este flanco desprotexido da cidade. No resto, agás nos lados norte e oeste, séguese o desnivel do terreo, caendo polo leste cara o río e polo sur cara a conca do río Tripes. Este feito permitíu defender a cidade máis eficazmente non precisando de construir torres para protexer os seus muros. Por outra banda nestes lados tamén se da a coincidencia que apenas existen portas; a dos Ferreiros cara o porto e o camiño de Baiona; e o postigo da ribeira que baixaba ao Miño. Os lados Norte e Oeste da muralla, que fica a rentes do terreo, resolveu a súa defensa con múltiples torres -nove das once existentes no total da muralla-. Nos tramos onde se ten conservado en perfectas condicións a muralla de Tui pódese comprobar que a técnica empregada para a súa construcción é a de cadeirado, aínda que a maioría dos tramos aparecen irregulares, como de cachotería, temos que pensar nas restauracións e reconstruccións que sufríu a muralla tudense desde as súas orixes no século XII, producto dos numerosos ataques e cercos ao que se viría sometida a cidade e por suposto ruina polo paso do tempo. A fins do século XV as novas artes da guerra deberon provocar reformas e reforzos na muralla tudense tal e como nolo amosa o deseño de Duarte D’Armas cun segundo muro defendendo a cidade, e que sería chamado posteriormente como falsabraga, pero que na documentación medieval aparecen como barbacanas defendendo as portas da cidade. As Torres Como xa dixemos, as torres da muralla norte e oeste supoñen a súa maioría, e incluso poderíamola considerar como exclusiva, xa que as dúas existentes nos outros lados, unha non é unha torre e a outra pertencería exclusivamente á defensa da porta. Unha das torres máis importantes, era a próxima á porta da Pía. Nos planos da cidade do século XVIII, ven marcada esta torre, de grandes dimensións, forma pentagonal e propia da muralla antiga, pero por desgraza non temos máis coñecementos sobre ela nen sequera a documentación aporta algún dato esclarecedor. A función desta torre era sinxelamente defender a porta da Pía e esta vertente da cidade que era a máis exposta xunto co lado norte. Outra que segue ocupando o ángulo noroeste, é a torre das Trabancas. As súas dimensións son notables e tiña por función defender a porta homónima que está inmediata á torre. O torreón, ou torrejon na documentación, é outra das torres aínda conservada da muralla. A seguir estaba a torre que gardaba a porta Vergán. Máis ao sur, e conservada parcialmente está a Torre do Xudeo. O seu nome asinala a súa importancia por persoeiros desta relixión vivindo nas súas proximidades 439. A que podemos denominar como Torre da ribeira ocupaba o ángulo noreste da cidade e con semellantes formas a outra conservada na parte suroeste, e que corresponde coa torre do canto, por estar próximo ao postigo do mesmo nome. O postigo do canto tamén estaba defendido polo outro lado, ao finalizarse este tramo da muralla cun ángulo que protexía o espazo morto que deixaba esta parte da cidade.

439

A.C.T. Lib. Johan Rodrigues. Folio 4. 24 de novembro de 1432. “o qual terreo sse comesçava ena escaada que vay para o muro da dita çidade aqual escada estava açequa do pumar de Pero Estevez juiz de Tuy ata a outra escada que estava açerqua da Torre que chaman do Judeu....”

Un dos elementos máis importantes da muralla, e que en parte é un dos poucos que existían en Galicia na baixa idade media, é a coiraza ou coracha. Era esta unha estrutura de gran tamaño e a dobre muro, cos seus parapetos e almenas que remataba nunha torre circular. A súa gran lonxitude permitía o abastecemento directo de auga do río Miño. A importancia da Coiraza tudense traducíase tamén na documentación, xa que en épocas de guerra co veciño país, as barcas de pasaxe do Miño, debían ficar atadas á coiraza: “...Et aconteçendo guerra de rey arrey que deus nom quera que o dto lourenço esteves entregue adta barqua no cabidoo aquí aa coyraça et nom seia teudo de pagar a renda do tempo que durar a guerra...” 440. A coiraza tamén tiña a súa propia porta: “...ao postigo do ribeiro o qual parte da huna parte con o eirado que esta açerqua da porta da coyraça que foy casa...”441. As Portas As portas constituían os principais puntos de acceso á cidade e tamén onde se concentraba boa parte dos dispositivos defensivos da muralla, estando a maior parte delas defendidas por torres. A máis importante porta de Tui era sen dúbida a da Pía, así coñecida por ficar a súa esquerda polo interior a famosa “pía grega” da que falaba Ambrosio de Morales no século XVI, e que probablemente pertencese á sinagoga xudea próxima, e polo tanto fose un baño ritual. Esta porta estaba defendida por unha torre na súa dereita. A porta da Pía comunicaba a cidade cos arrabaldos da Corredoira e de Riomuíños. Aínda se conservan restos da porta na súa cara sur, coas guias para o restrelo e os gonzos da porta, ademais de gran parte do cadeirado correspondente á torre. A porta da Pía tiña unha función máis aló da defensiva, xa que por esta porta os bispos tudenses xuraban os usos e costumes da cidade, sendo o acceso máis significativo xa que comunicaba directamente co mercado da cidade -açougue e a praçae a mesma Catedral. A porta Vergán tamén tiña a súa propia torre, desta vez sobresaíndo da propia muralla, defendéndoa. A significación do nome semella escura, aínda que puidera estar relacionado coa palabra “Verga” -lintel- e o seu sentido sexa o de gran lintel ou padieira resultado do aproveitamento dunha gran pedra que pechase a parte superior da porta. Comunicaba co arrabaldo da Corredoira para ir ata San Xiao dos Gafos camiño de Santa María do Camiño, sendo vía principal do Camiño Xacobeo. Esta porta tamén recibía o nome de Porta da Corredoira quizais por desembocar nela a rúa do mesmo nome ou por sair ao arrabalde da mesma denominación. A porta do Arco comunicaba co arrabalde de San Domingos e co porto fluvial de San Xoán. O seu nome indica a súa configuración, da que afortunadamente temos referencias gráficas. Constaba dunha torre pola que se abría no seu centro a porta, que tiña un arco de medio punto descargando sobre mochetas. A porta dos Ferreiros comunicaba co camiño da barca de Valença e coa congostra que se dirixía a Baiona. Baseaba o seu nome na rúa sobre a que desembocaba, onde estaban os ferreiros da cidade, agrupándose en confraría. Esta porta debeu ter torre a rentes da muralla, ademais de aproveitar o desnivel e o ángulo de entrada, xa que esta facilitaba a defensa. 440 441

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 35. 23 de xuño de 1366. A.C.T. Protocolos Fernan Peres. Fol. 113. 10 de maio de 1371.

Coñecemos, e conserváronse, outras portas e postigos, de carácter secundario e que atallaban o camiño aos veciños da cidade ademáis de servir como vías de escape en caso de necesidade. A porta das Trabancas tiña máis entidade e fica xunto e protexida pola torre homónima na parte noroccidental da cidade. É porta con arco de medio punto que debe o seu nome probablemente a algún mercado establecido nas inmediacións, xa que o nome de trabancas -que tamén se dá en Pontevedra para unha porta e rúa- alude aos postos de venta, feitos de madeira. O postigo da ribeira era a saída de emerxencia cara o Miño, fica no Eirado do Postigo, agora praza da Estrella, e salvaba o desnivel existente mediante un sendeiro que daba reviravoltas ata a ribeira. É porta alintelada, aínda que estragada hoxe a súa visión por culpa dunhas aberrantes escadas cara o actual paseo fluvial. O postigo do Canto comunicaba a súa rúa homónima e a de Traslaobra co arrabalde da Corredoira. É porta pequena que debeu ter escadas de madeira para salvar o desnivel existente. A garda dos muros Non só valía ter uns fortes muros coas súas torres e fosos para defender por si mesma a cidade. Os muros tiñan un coidado, unha vixianza e incluso supoñían un símbolo. As chaves das portas da muralla convertéronse no símbolo por antonomasia dunha cidade. Eran os xustizas os encargados de gardalas chaves da cidade, e estos eran escollidos polo bispo segundo a elección previa que realizaba o concello. Este feito supuxo en moitos momentos da historia tudense o enfrontamento, unhas veces aberto outras velado, contra o señorío da cidade exercido polo bispo. As chaves simbolizaban o control sobre a cidade e polo tanto era normal que o concello en determinados momentos negase a súa entrega ao señor bispo. Conflictos destas características tiveron lugar en Tui no ano 1286 co famoso preito das chaves da cidade na que os xustizas Oeiro e Xohán de Moreira negaban a súa entrega por reviradas argumentacións legais, o que ao fin era un xeito de contestar ao señorío eclesiástico. No 1390 igualmente os xustizas non devolverían as chaves, desta vez con máis peso, ao socairo do preito homenaxe feito ao rei Juan I e logo ao arcebispo de Santiago, co que manifestaban os seus devezos de ampliar a autonomía municipal. O conflicto prolongaríase ata 1393. Nesta mesma liña, isto é, as chaves-cidade eran do bispo, os muros da cidade tamén o eran, e por lóxica non resultaría extraño que os conflictos xurdisen para que fosen reparados estos. No ano 1419442 o bispo de Tui, Xohán Fernandes de Soutomaior, chamaría ao concello para o “reparamento do muro e das vellas e das portas da dita çidade”, pero como di o proprio bispo “ja por muytas veses lle disia que aguisassem e alçassem hun pedaço de muro…que estaba derribado” sendo a negativa do concello reiterada poñendo “a elo secas escusas”, e “o dito conçello diso que elles nom o leixaram de faser o dito muro por que a dita çidade era sua”. A constestación era contundente e siloxística; se a cidade era do bispo e os muros formaban parte da cidade, que o bispo fixera os muros.

442

Prot. Lib. VIII. Fol. 34. 22 agosto de 1419.

Aos cidadáns non lles preocupaba a defensa da cidade, xa que os muros significaban un gasto e un corsé para o completo desenvolvemento comercial dos tudenses. Para o ano 1426 o cabido era requerido a facer unha parte do muro polo alcalde do rei Juan Esteves443. Desta vez a situación competía á defensa do reino. As velas ou roldas da muralla facían parte dun preito tamén longo, no que o cabido tudense ficaba obrigado de o cumprir. O cabido interporía apelación a Roma pola esixencia de contribuir ás velas. O papa Eugenio IV dirixiría unha bula ao Arcebispo de Braga, ao deán da mesma e ao provisor de Ourense para que citados o bispo electo de Tui, o concello e cantos deberan ser citados examinasen a demanda do cabido e se eran obrigados a contribuír “a reparar y rehacer los muros de la ciudad, a hacer velas durante la noche para la guarda de la ciudad y a recibir en sus casas huéspedes que a veces no les eran gratos, de grado o por fuerza, porque así les obligaban el Obispo electo y el concejo”444. O resultado da investigación enos descoñecido pero xa é sintomático que nen concello nen cabido quixeran reparar e velar os muros da cidade. En 1460 o cabido estaría obrigado a velar os muros, probablemente por mandato do seu señor, Álvaro de Soutomaior: “…ordenarom…sobre faser das vellas…e aquel que recusase de yr ou mandar a veella que pague de penna quatro maravedis para o que vellou en sua quodrilla e vella aquella noyte e que esta em…prenda e penora façem enno tal canonigo e benefiçiado Ares d’Avalle e Alvaro Vasques canonigos que …se por sua negligençia, nom poserem en elo boo recabdo, e vier queixa do sennor ou do conçello, e seus quadrilleiros ao dito cabildo que por ese meesmo feito precar de sua raçom os ditos Ares d’Avalle e Alvaro Vasques dez maravedis por quada vez queo nom comprim…”445. Mais o cabido nestes momentos non estaba na total obediencia e vasalaxe ao Soutomaior e tiña xestos como o daquela pedra que estaba xunto da porta da Corredoira “que era mellor quese aproveitase en casa do cabido que a levarem para os muros”446. As obrigacións de reparamento e as súas custas levaban consigo que algúns eludisen as súas responsabilidades: “mandarom ao dito Vasco Peres canonigo que para o cabidoo traga os revees que nom pagarom os dineiros dos muros”447. Igualmente acontecía co mantemento dos muros xa que estaba aparellado con posibles danos á propiedade, e se cadra, tamén por temor ao señor Álvaro Paes: “que proveese sobre a sua codrilla da reparaçom dos muros ante que mais dano selles segise fasendo”448. Un caso de organización das velas e de preparación ante un posible ataque está no episodio do ano 1507, no que ademais de regular as velas, murábanse varias portas como o postigo (¿o da ribeira?) e a porta do Louro (¿do Arco? algún postigo?), ficando unha soa porta aberta a que se pecharía pola noite, ficando a chave dela localizada nas mans do procurador da cidade. Os numerosos acontecementos bélicos sufridos por Tui, sobre todo concentrados no derradeiro cuarto do século XIV e todo o século XV, e non só por ser chave da 443

Ibidem. fol. 182. 21 novembro 1426. Galindo Romeo; Tuy en la Baja edad media…,1923. pax. 52 445 Prot. Lib. XIII. Fol. 31. 14 de xullo de 1460. 446 Ibidem. 21 de marzo de 1461. 447 Ibidem. fol. 61. 9 maio de 1461. 448 Ibidem. 444

fronteira, fixeron da muralla un elemento vital para a cidade. Sen a muralla tudense tanto Álvaro Paes de Soutomaior como o seu medio irmán Pedro Álvares non se poderían manter no poder, e noutros moitos casos non sabemos se fixeron máis mal que ben, e a súa ausencia evitase os continuos bombardeos que afectaron á catedral e ao vecindario ademais das consecuencias de ruina económica que unha entrega rápida puidese permitir. Rúas e Prazas A configuración das rúas e prazas da cidade adaptouse á orografía que permitía o medio urbano tudense. Entre as rúas máis senlleiras temos a rúa da Porta da Pía -hoxe r/ Concello- que comezaba na porta homónima e remataba no comezo da rúa da Oliveira e da Praza do Concello. Tamén aparecía como rúa do açougue, polo mercado que se extendía a través dela ata a praza do Concello. A rúa das Adegas -h. Seijas- alude á presencia nela, pola banda do leste, das adegas das casas que daban á praza do Concello. A rúa máis longa da cidade era a que tiña a denominación doutra das portas da cidade, rúa da Porta Vergán, ou sinxelamente rúa Vergán. A fins do século XV o tramo final da rúa pasaría a chamarse do Corpo Santo, orixe da posterior denominación para toda a rúa de San Telmo. A rúa de Traslaobra, comprendía o tramo descendente sur da cidade, desde o seu sector suroeste ata a embocadura da rúa Triparía. O seu nome derívase das obras do claustro catedralicio no século XIII. Outra rúa que baixaba de oeste a leste cruzando e dividindo a cidade era a rúa da Canicouva que alude a un lugar abrigado no que daba moito o sol. O grande desnivel desde a cimeira da cidade ata ao mesmo borde da mesma, era salvado por escadarías. Na súa última parte recibía o nome de rúa de Fecha449. A rúa da Oliveira -h. r/Monxas- era un espazo heteroxéneo que comprendía os pazos episcopais, a Torre Vella e a igrexa de Santa María da Oliveira. O seu nome viría orixinado pola existencia, antes habitual xunto de moitas igrexas, dunha oliveira, ao ficar relacionada esta árbore con moitos dos rituais cristiáns. A actual rúa de Abaixo ou Cuenca, durante a Idade Media tivo varios nomes segundo fose a confraría de oficios alí instalado en cada tramo. No extremo sur, xa desde a Porta dos Ferreiros estaba a rúa homónima que chegaba ata o cruce coa rúa do Corpo Santo, mentres que ascendendo cara ao oeste e ata a embocadura do rúa da Triparía estaba a chamada Cruz dos Ferreiros450. Outro tramo entre a intersección da rúa da Porta Vergán e o cruce que viña da rúa travesa que chegaba desde a rúa de Castaans era a Zapataria; a partires de aqui ficaba a Pelitaria que ía ata o cruce coa rúa de Fecha; finalizando o último tramo na rúa Carpentaria. A rúa de San Xoán ficaba na parte norte da cidade e comprendía a actual rúa Tyde, desde a rúa da porta do Arco ata a rúa da Porta Vergán. Temos dúas opcións para explicar o nome da rúa; unha que tivese varias propiedades a orde de San Xoán de Acre451, correspondente á chamada encomenda de Toroño que logo pasaría a ser de 449

A.C.T. Nuno Gonçalves. Fol. 70. 19 febreiro de 1390. “... que estam enna Rua de Fecha ao canto indo para o postigo do Ribeyro asy como partem da parte de contra çima com as casa de...”. 450 A.C.T. Nuno Gonçalves. Fol. 22. 16 de maio de 1373. «... ha en esta çidade de Tuy enna rua de trasla obra aqual he das pertenças das aniversarias aqual esta ontre arrua que vay para a porta dos ferreiros da huna parte et ontre arrua que vay para a triparia et topa ennas casas...». 451 Primeiro foi Acre, logo instalaríanse en Rodas e finalmente na illa de Malta.

Mourentán. A segunda explicación sería que esta rúa fose o camiño máis habitual -antes da fortificación da cidade- cara a San Xoán de Porto, tanto cara a igrexa como para o seu porto comercial452. Outras pequenas rúas eran a de Fornos, Corredoira, San Nicolao, Malega, do Arco, dos Praceres, do Canto, da Renconada, Deante o Portal, do Louro, dos Miñotos, da Triparía, da Pedreira,…453. As prazas tudenses eran pequenas, non dispoñendo de moito espazo debido as limitacións da orografía e intensidade da ocupación da superficie útil. A principal era a Praza do Concello que unida ao Outeiro e ao Adro, xunto da fachada norte da Catedral, formaban un espazo moito máis amplo do que hoxe existe. Instalábase nesta praza o mercado diario existindo as correspondentes tendas, que ocupaban os baixos de moitas vivendas e do Hospital de Pobres e Peregrinos, ademáis da disposición de moitas casas para estos mesteres -casas alpendradas-. Na parte norte da catedral, xunto á porta travesa, existía un carballo, árbore que era símbolo das reunións do concello da cidade, e nalgún documento aparece con esta función: “...ante á porta travessa da yglesia catedral da cidade de Tuy que sai contra o carballo da praza...”454 O Outeiro, é un misterioso espazo urbano comunicado coa rúa Carnicería, coa rúa da Pedraría e o Azougue ou Praza do Concello. Pola ubicación semella sinalar o espazo ás costas da Catedral, isto é, detrás da cabeceira, no lugar da actual praza da Misericordia. O de outeiro seica pode deberse á plataforma artificial que aínda hoxe é perceptible na mesma praza e que debeu ser creada para a nivelación da propia Catedral e asento da cabeceira románica, sendo aínda máis elevada na idade media, polo que o paso resultante debía ser pouco convencional, e que aínda hoxe é perceptible a través das escaleiras desde a rúa da Misericordia e o desnivel trala capela de San Telmo da catedral. O Eirado do Portal de Santa María era o espazo dispoñible diante da fachada principal da catedral, existindo unha prolongación cara o oeste, hoxe desaparecida, denominada Eirado do Poço, por ficar neste ámbito un dos pozos que abastecían de auga á cidade. Este Eirado poñía en comunicación o Eirado do Portal coa rúa do Canto, no ángulo suroeste da cidade. O Eirado dos Praceres ficaba no interior da cidade, abrindo un espazo no colmatado recinto urbano. O nome do Eirado e da súa rúa homónima seica non tería que ver co que aparece noutras vilas galegas -Prazer- xa que este, en singular, sería un banco de area, mentres que o nome tudense en plural afastaríase desta acepción. A xustificación para o nome puidera dar por ser este lugar espazo para os xogos ou os divertimentos ou relacionado coa concentración de tabernas e locais de lecer dos tudenses. O Eirado do Postigo lembra o nome da porta secundaria da muralla que baixaba ata a ribeira do río. O Eirado das Torres ubicábase xunto da Oliveira e debía o seu nome por estar entre as torres dos pazos episcopais e a torre Vella. 452

A.C.T. Nuno Gonçalves. fol. 60v. 10 de novembro de 1382. “...çidade de Tuy enna rua que chamam de Sam Johanne oqual parte da huna parte com o formal das casas do mosteiro de Tominno et da outra parte de contra çima com as casas que forom de martim afonso carpenteiro et topa contra a rua do louro enno exido pequeno que esta ontre odto pardinneiro et as casas...”. 453 Pascual Galindo Romeo; Tuy en la baja edad media. Madrid. 1922. pax. 135 e ss. 454 Avila y La Cueva, F; papeis sobre o convento de San Domingos. Documento nº 11. 21 de xullo de 1409.

Polo que respecta á pavimentación das rúas e prazas é de observar como ata hai apenas corenta anos, Tui conservaba unha pavimentación e enlousado na maioría das súas rúas intramuros bastante particular. Non podemos afirmar que este enlousado sexa o medieval pero se lle aproxima moito dadas as súas características irregulares. Sabemos por exemplo que no século XIX a hoxe rúa da Misericordia sería transformada na súa pavimentación, con retirada de terra principalmente en 1824, polo que a actual disposición da rúa coas súas canalizacións exteriores non é tan antiga como se supoñía. Outras rúas, como a de San Telmo, aparecían con aparello mixto en diferentes lugares da mesma, mentres que noutros tramos da rúa -a metade norte- a colocación de grandes laxes predomina. Na parte sur, nunha división que parte próxima á intersección coa rúa da Misericordia, aparece o aparello mixto, con grandes lousas irregulares na banda central e recheos con seixos nas bandas laterais, aparecendo irregularmente lousas dispostas de xeito aleatorio. Os principais accesos e vías de carácter comercial e relixioso puideron ter un maior coidado na súa pavimentación, e incluso o nome de Praza, que tiña por antonomasia a do Concello puidera dar expresar un enlousado completo. A disposición de grandes lousas escuadradas nalgunhas rúas da cidade realizada a mediados do século XIX grazas a pedra extraida da demolición da porta do Arco, convida a pensar na maior preocupación nalgúns lugares, como a rúa da Porta da Pía, cara o Concello, rúa das Adegas -hoxe Seijas-, ou a rúa da Abaixo -hoxe Cuenca-. As rúas secundarias, de peor acceso ou menos relevantes no aspecto comercial, residencial ou incluso eclesiástico -vías procesionais- compartirán unha pavimentación desigual e máis condicionada polo relevo. Este será o caso da rúa Entrefornos cunha rígola central de lousas e as mesmas a intervalos regulares segundo o terreo, mentres que os entrepanos cubriránse de seixos. Polos restos de pavimentación que ata os anos sesenta tiña a parte baixa da rúa de San Telmo, é posible albiscar esa tipoloxía como propia da idade media. As laxes colocadas en paralelo e formando a vía central, teñen formas irregulares, propias da extracción directa da canteira, mentres outras dispostas a tramos desiguais lonxitudinalmente, crean un entramado que sería recheado con seixos fitados verticalmente para unha mellor suxeición. En moitas das rúas non podemos desbotar o chan natural, producto da afloración dos penedos, en moitos casos aproveitados como canteiras e enrasados ao nivel das casas. Un caso particular, xunto o da rúa Entrefornos, é a chamada canella da Soidade, rúa travesa que comunica aquela coa rúa de San Telmo, e que sobre a rocha nun plano continuo, contornease polo desnivel existente e traza unha canle central sobre a pedra como sumidoiro da rúa Entrefornos, e que en orixe servía para desaugar a vella rúa Triparía ou Carnicería. Os fortes desniveis existentes na cidade medieval serían salvados por escadas ou chanzos, aínda que a irregularidade do terreo seica era maior antigamente, hoxe só podemos ver moitos niveis de recheos e transformacións innecesarias. Este será o caso da rúa travesa que partindo desde a rúa San Telmo baixa ata a praza dos Praceres polo lateral norte. Hoxe este espazo fica establecido cun sistema de escadas realizado hai menos de vinte anos. A disposición orixinal partía desde a rúa nun alto chanzo que se salvaba no extremo sur por dous chanzos máis pequenos, e desde alí un gran plano inclinado, rachado nos accesos ás casas ubicadas na parte sur, e salvando o desnivel por pequenos chanzos. O lugar ficaba pavimentado con grandes lousas irregulares.

Outro caso semellante é o que corresponde á rúa travesa que baixando desde o caleixón do túnel das monxas -antes de San Nicolao- chega ata o comezo da rúa San Telmo -antes rúa da Porta Vergán. Desde a parte máis alta da rúa travesa un plano inclinado continuo só era interrompido por unha pequena quebra do terreo que ficaba salvada por un par de chanzos. O enlousado era irregular pero cubría toda a superficie. Actualmente varios planos inclinados rompen a superficie e curiosamente crean un maior desnivel coa rúa San Telmo, modificándose tamén o acceso á vivenda que ocupa o vello solar da capela de San Nicolao, que como acontecía en moitos casos, era salvado por medio de chanzos. Máis complexo é coñecer como sería a vella rúa da Oliveira xunto co eirado das Torres, fronte do túnel actual das monxas encerradas. As contradictorias ubicacións de algúns terreos e casas nestes espazos, xunto coa completa desaparición do entorno, afectado a partires do século XVI pola construcción do conxunto urbano do convento da Concepción, eleva moitas dúbidas sobre o lugar e os desniveis reais que existirían. Lembremos que neste espazo existía a igrexa de Santa María da Oliveira, a Torre Vella e os Pazos e Torres episcopais, nun perfecto triángulo urbano. As fontes documentais, moi parcas á hora de amosar coincidencias con elementos desta rúa, poden ser curiosamente a proba xunto co actual convento, da existencia de fortes desniveis durante a idade media, que partillaban e segregaban este transcendente marco urbano tudense en diferentes unidades. Na documentación danos claras mostras de espazos claramente reglados, non misturados; rúa cara o curral do bispo -o actual caleixón do vello cine Yut- que viña desde a praza do Concello; a rúa da Oliveira que chegando do cruce co caleixon cara o curral do bispo finalizaba na igrexa de Santa María; o eirado das Torres no que confluía a Torre Vella e as Torres episcopais, herdeiras do alcazar construido polo bispo Beltrán en 1179. Estes tres espazos, ben definidos, formaban o que poderíamos denominar xenericamente a Oliveira, e que en parte a documentación así o deixa ver. As dúas primeiras rúas, ao mesmo nivel, topaban co Eirado que estaba nunha localización moito máis baixa, e contrastable no actual acceso polo túnel das monxas -Torre Vella-, realizado por numerosos chanzos, cando na idade media este atopábase a mesma altura que as torres episcopais formando precisamente o chamado eirado. Polo que desde a igrexa a través de fortes planos inclinados quebrados nalgunhas ocasións, desembocaríase no devandito eirado, mentres que o caleixón cegado polo propio curral, ficaba a maior altura e inaccesible. Actualmente este lugar é dominado pola edificación do convento da Concepción, e será nesta mesma construcción na que vexamos a transformación do espazo orixinal. No século XVI derrubaríase a igrexa de Santa María da Oliveira, pero non será ata comezos do século XVII que a panda norte do convento sexa construido, ocupando desde a Torre Vella ata as Torres episcopais 455, e artellando o propio convento. Desde a horta norte do convento, xunto da muralla, é ben visible o desnivel, moi forte entre este lado e o sur, incluso tendo en conta que esta horta está claramente colmatada, perceptible este dato polo soterramento da porta das Trabancas desde o lado conventual.

455

Lembremos que o bispo frei Prudencio de Sandoval a comezos do século XVII aínda observa restos dun “castelo” na zona, o que obviamente correspondía aos vellos pazos episcopais.

ARTE MEDIEVAL Ademais da historia, Tui deixou un legado artístico innegable, non só nas súas edificacións relixiosas, senón e tamén nun patrimonio civil de gran riqueza. Estableceremos aquí a división entre o patrimonio relixioso e o civil, describindo, desde o que nos foi legado, os edificios, e tamén sinalando os detalles que a documentación nos deixou sobre eses outros edificios que non puideron sobrevivir ata hoxe, pero si que deixaron unha fonda pegada na historia da cidade. Igrexas e Capelas A CATEDRAL Non existe dúbida algunha ao respecto que a Catedral foi e é o edificio máis representativo da cidade, e aquel que nos reflicte a historia de Tui. A importancia da Catedral tamén determina a complexidade da súa construcción, evolución e funcionalidade; ao ser todo un referente magnifícase o peso de datar o comezo das súas obras porque estas sinalarán un fito transcendente da propia historia da cidade, xerando consecuencias e sendo ela mesma o efecto da posibilidade material da súa propia construcción. Isto último, malia o enrevesado que pode resultar é simple de explicar. Coñecendo con certa seguridade o comezo da construcción do templo, tamén coñecemos que nese mesmo intre tanto o bispo e a cidade estaban capacitados para esa construcción e polo tanto nun estado de madurez urbana aceptable. É por isto que sinalar unha data arriba ou abaixo pode dar ao traste con algunhas teorías sobre o teórico “nacemento” de Tui en 1170, ou nas propias capacidades económico-sociais de Tui e o seu entorno para realizar un esforzo tan grande. As datas que se barallan e se barallaron para establecer o inicio das obras catedralicias apenas varian, asignándose case por consenso a data de 1120, aproximadamente, como comezo das obras, motivado polos privilexios reais que se outorgan nestas datas á Sé tudense. Son desta percepción J. Rodríguez Blanco, I. G. Bango Torviso, M. Cendón Fernández, entre outros456. A. Fernández Casanova, xunto con F. Avila y La Cueva establecesen non xa unha data diferente senón unha ubicación oposta, manifestando para esa época unha construcción catedralicia en San Bartolomeu, mentres que o templo na cidade se construiría a partires de 1170457. Malia o consenso xeralizado sobre a data de inicio do templo catedralicio 458, o estudo realizado por F. López Alsina, amosa con claridade unha data significativamente diferente en base á documentación existente459. 456

J. Rodríguez Blanco; Apuntes Históricos de la Santa Iglesia catedral, ciudad y antigua diócesis de Tuy. Santiago, 1879. / I. G. Bango Torviso; Arquitectura Románica en Pontevedra. F. Pedro Barrié de la Maza, 1979. pax. 239-245. E tamén: Galicia Románica. Galaxia, Vigo, 1987. / M. Cendón Fernández; “Las etapas constructivas de la catedral medieval de Tuy”. Tui Museo y Archivo Histórico Diocesano, 1994. 457 A. Fernández Casanova; La iglesias medioevales de Tuy. Madrid, 1907. Avila y La Cueva, F; Historia civil y eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado. Consello da Cultura Galega, 1995. Non paga a pena argumentar sobre estas hipóteses xa que temos establecido con claridade a evolución histórica e urbana da cidade e polo tanto as bases para a solidez da nosa tese. 458 Consenso ao que me sometía eu tamén, pero que á vista dos últimos traballos e estudos, a situación mudou obxetivamente. 459 López Alsina, F; “La cristalización de Tui....”. Tui pasado, presente y futuro, 2006.

Para López Alsina fica clara a dicotomía entre a aparición nos documentos do século XI da Sé de Santa María e os que non o sinalan así con anterioridade. Os documentos de 1024 -Afonso V- e 1071 -infanta Urraca- non fan mención á Sé de Santa María e sí claramente a San Bartolomeu. A primeira aparición do termo na carta de doazón dos condes Raimundo e Urraca en 1095, establecería de xeito preciso que as obras catedralicias estaban en marcha, e que serían o obxeto da doazón: “...Todas estas cousas concedovos xuntamente coa miña antedita conxuxe á Sé tudense de Santa María, nai de Cristo e señor noso na man do señor Auderico bispo desta igrexa e aos cóengos deste lugar con este tenor ou fortaleza...”460. O encargado de escomezar estas obras sería o bispo Auderico, nunhas datas que abranxerían entre 1080 e 1095. Como revela o propio López Alsina, se cadra o cambio de rito a partires de 1080 ou o incremento de recursos do propio episcopado impulsen ao bispo Auderico a iniciar unhas obras tan importantes. Este feito marca a revalorización de Tui como espazo urbano en crecemento e seguramente será motivo da atención dos Condes de Galicia na súa doazón do ano 1095, de cara a permitir maior rapidez e consolidación do proxecto catedralicio tudense. Non debemos desbotar que a iniciativa de Auderico puidera estar influenciada polo comezo das obras da Sé Compostelá, que escomezaran arredor do ano 1075 baixo o bispo Diego Peláez. Malia todo isto, hai que sinalar que ao contrario doutras Catedrais e Igrexas, Tui non emprendería a renovación ou modernización do seu templo catedralicio. Para o bispo Auderico partía a total necesidade de crear a Cátedra episcopal no vello lugar sagrado que desde tempos suevos era adicado á Santa María. O mosteiro de San Bartolomeu coa súa pequena igrexa non era o escenario axeitado para dignificar a labor episcopal e extender o poder e influencia dos bispos tudenses mermado por lustros de escuridade e catástrofes. Será esta necesidade perentoria a que obrigue a escomezar as obras catedralicias, axudados de mandas testamentarias, doazóns e privilexios que permitirían prantexar un proxecto complexo aínda que adecuado ás posibilidades da igrexa tudense a fins do século XI e comezos do século XII. Neste senso afondar, como en ocasión da chegada a Tui de Diego Xelmírez no ano 1102, procedente de Braga, remarca o feito que San Bartolomeu ficase como suburbio de Tui, síntoma inequívoco da personalidade e o afianzamento de Tui como centro urbano, cousa que as obras do templo diocesano precipitarían e acelerarían, e incluso poderíase prantexar un apoio do propio Xelmírez as obras tudenses, non alleo aos vellos vencellos entre Santiago e Tui. No privilexio do ano 1112 da raíña Urraca tamén se continúa coa concesión á igrexa de Santa María: “...et concedo una cum filio meo rege domino Adefonso ecclesie sancte Marie de Tuda et eidem episcopo domino Adefonso et canonicis ibi in presenti et in futuro...”. Do mesmo xeito a compensación que fai Ónega Fernandes polo sacrilexio cometido polo seu fillo Paio Dias en 1118 terá como destinataría a igrexa de Santa María: “... episcopo domino Adefonso et canonicis ecclesie vestre sancte marie sedis tudensis facio kartam donationis...”. O privilexio do ano 1124 da raíña Tareixa de Portugal tamén indica o mesmo destinatario: “...concedovos... que o pan, viño, cebada, animais, vestidos, que adquirades xa sexa por doazón, xa por compra, xa pola vosa labor, libremente e sen 460

Apéndice documental I.

pedático sexan levados por todo o meu reino ata a igrexa de Santa María da Sé de Tui...”. O rei Afonso Henríquez, no ano 1137 faría doazón da vila de Vinea: “...illa que dicitur Vinea ecclesie sancte Marie tudensi...”. No ano 1142 será o monarca Afonso VII quen outorgará unha serie de beneficios e dereitos ao bispo e cabido tudense, entre os que estaban unha torre: “...do etiam vobis est in perpetuum confirmo turrem illam quam feci fieri in Tudensi civitate juxta vestrum campanile, propter defensionem regni nostri, tu tam turris illa, quam civitas Tudensis cum toto in ea jure regio nunquam a vestro dominio sit excepta...”461, que non só sitúa xunto dun campanario pertencente ao bispo, senón incluso a ubica en civitas Tudensis, isto é na cidade de Tui, e polo tanto un espazo urbano consolidado que será entregado ao bispo e cabido. No ano 1145 producto da condonación dun tributo episcopal sobre a igrexa de Louçeço pertencente ao mosteiro de Oia, recibiría o bispo Paio e os cóengos unha sustanciosa cantidade de prata para as obras catedralicias: “...duas marcas argenti in opus ecclesiae Sancte Marie faciendum...”462. Finalmente como signo dos aportes económicos extraordinarios para as obras da catedral de Santa María temos o documento do ano 1179 referente a autorización para facer un alcazar xunto da domus episcopi e a recaudación dun porcentaxe dos grans que se vendesen no mercado de Tui para a obras da Sé: “... e recibades unha culler de cada buceo que sexan vendidos na praza tudense tanto de trigo como de cebada como de trigo candeal como millo coma calquer outro grao para face-la mesma fortaleza e a igrexa de Sta. María de Tui...”. O modelo de planta arquitectónica que vai seguir a catedral tudense será unha sorte de exercicio hipotético en toda regla. Se por unha banda coinciden todos os historiadores da arte que o modelo santiagués condicionará o desenvolvimento do edificio tudense, proximidade e lazos relixiosos así o determinarán, aínda que Tui incidirá nun camiño diferente en moitos aspectos. Santiago de Compostela representa un todo, unha edificación románica plena onde xurdirán as máis altas cimeiras creativas do occidente europeo. Será unha fusión e logro de diferentes aproximacións ao románico que se estaban a desenvolver desde época otónida en centroeuropa. Tanto a aparición de elementos singulares como o deambulatorio 463, a tribuna e o portal historiado serán comúns en tempos anteriores en diferentes basílicas e templos europeos, pero será a fins do século XI cando se contemple a creación dun tipo de igrexa especial nacida das necesidades do momento. Son estas necesidades as que obrigarán a establecer o transepto igual as naves lonxitudinais e a súa prolongación na xirola ou deambulatorio. San Martiño de Tours, San Sadurniño de Toulouse, San Marcial de Limoges, Santa Fe de Conques e Santiago de Compostela son os mellores exemplos deste modelo que se denominou de peregrinación pero que resulta de dar solución a un problema emerxente nestes grandes templos e centros de chegada de peregrinos e fieis. Santiago protagonizará a súa singularidade, só adiantada polo pequeño templo de Santa Fe de Conques da que se podería derivar algún tipo de influencia. 461

López Alsina, F; “La cristalización...op. cit. pax. 91. Galindo Romeo, P; Tuy en la baja edad media... op. cit. pax. 102. 463 Deambulatorio ou xirola é o corredor que rodea o altar maior e que permite ao visitante facer un percorrido “arredor” do templo sen necesidade de cruzar o centro das naves, coa obvia intención de achegarse aos diferentes altares instalados na capela maior e absidiolos. 462

Para a catedral tudense, Santiago de Compostela será o principal foco de influencia pero sen esquecernos de Santa Fe de Conques que polas súas pequenas dimensións o aproximan moito ao sentido e finalidade do templo de Tui. O edificio tudense trasladará de Santa Fe e Santiago o transepto coa mesma estrutura que as naves lonxitudinais e unha tribuna de igual sentido agás a comunicación entre os extremos da cruz da planta que se fará a través de estreitos ánditos. A cabeceira tudense supón un auténtico quebradeiro de cabeza para máis de un. A súa desaparición a finais do medievo para establecer un alto e recto paramento eliminan a certeza de coñecer a súa disposición orixinal durante o románico. Bango Torviso falará dunha cabeceira con tres absidas semicirculares 464. Para Cendón Fernández a cabeceira románica tudense ademais das tres absidas semicirculares agregaríanse dúas máis nas extremas do templo para totalizar cinco capelas. Este modelo proposto xeralmente para a cabeceira románica tudense acostúmase a soster sobre os únicos documentos que falan dalgunhas capelas da catedral que se emparellarían coas que logo das reformas da cabeceira en 1499 permanecerían, isto é: Santiago, Santa María e San Pedro. O texto principal e máis antigo sobre estas aparece no testamento do arcediago Fernán Eans en 1264: Item mandat ad cooperiendum ousiam sancte marie virginis, sancti petri, et sancti jacobi de petra CL morabetinos ad cooperiendum claustrum de petra C morabitinos. Item mandat ad vitrendas fenestras de ousia sancte marie et sancti jacobi et sancti petri et sancti vicentii ecclesie tudensi C morabitinos. No documento advírtese a relación de tres capelas principais: Santa María Virxe, San Pedro e Santiago, que se emparellarían coa súa conservación logo da modificación do século XV. A manda testamentaría estipula 150 maravedís para o seu empedrado do mesmo xeito que favorece con 100 maravedis para o empedrado do claustro. Por último tamén outorga con 100 maravedís a realización de vidrieiras nas capelas de Santa María, Santiago, San Pedro e San Vicente. A lóxica revélanos que a realización de vidrieiras enfatiza que estas capelas tiñan unha suficiente luz directa e que razoablemente estarían dispostas na cabeceira. Resulta curioso que a capela de San Vicente non requira de empedrado como as demais sinaladas o que pode ser síntoma das súas pequenas dimensións. A non mención dunha quinta capela, se seguimos a lóxica da cabeceira, suporía un dato revelador, xa que estaría afirmando a súa ausencia, previsible se temos en conta que a Sala Capitular comunicábase co templo a través do seu extremo sur, polo que puido desaparecer e transformarse esa primixenia capela absidial, sen menoscabar a permanencia dun altar neste espazo de tránsito ou funcional da catedral. Con todo isto, pasaremos agora a facer unha descripción da que sería hipotética cabeceira románica tudense. Xa temos falado da influencia de Santiago e Santa Fe de Conques no modelo tudense, un por proximidade e importancia e outro polas súas dimensións parellas ás de Tui. Agora tócanos explicar por qué a catedral de Tui seguiría un modelo que se ten denominado “de peregrinación” ao corresponder no seu momento, fins do século XI e comezos do XII, a unha tipoloxía de igrexa resultado da súa relevancia peregrinatoria e receptora de fieis. Nos casos citados anteriormente, son igrexas ubicadas nos principais camiños xacobeos ás que se lle engade un gran papel de centros de peregrinación 464

Bango Torviso, I. G; op. cit. 1979. pax. 239-245.

rexional. A raíz desta función precisaron resolver os problemas que a afluencia masiva de xentes exercitaba nas labores habituais ou extraordinarias465 dos templos. O resultado sería unha tipoloxía acoutada máis arriba, pero ¿Tui ficaba dentro destos parámetros? A resposta que podemos dar é sí. Tui era un centro importante de chegada de peregrinos e fieis xa que atesouraba importantes reliquias que obtiñan a veneración nun amplo territorio, xa de características rexionais, no que Tui era o centro relixioso e administrativo polo asento do bispo e cabido. A catedral e templos tudenses, puideron conservar reliquias, froito da importancia da cidade desde a antigüidade tardía, que exercerían a atracción a moitos fieis e devotos. Por último a ubicación da cidade nun dos camiños máis importantes a Compostela, desde o sur, e xa descrito polo xeógrafo hispano-musulmán Al-Idrisi no século XII, outorga a Tui un peso relixioso evidente e un interese claro do seu bispo e cabido para lograr un templo que permitise non só solventar senón ademais potenciar e multiplicar o efecto de atracción sobre toda a súa rexión. Despois de todo isto, ¿que modelo sería o máis axeitado para Tui? Loxicamente o que propoñía Santiago adaptado as condicións económicas do bispado tudense a fins do século XI. ¿Que mostras temos da influencia compostelá en Tui? Ao marxe das cuestións decorativas, consérvase un transepto que iguala o esquema das naves lonxitudinais466, e unha tribuna que pretende simular tamén o modelo santiagués aínda que con grandes matices como veremos. ¿Que acontece coa cabeceira? Se temos en conta que as primeiras obras escomezan pola cabeceira do templo467, que se quere imitar a estrutura compostelá e que a continuación conservamos un magnífico transepto de tres naves, a lóxica establecería468 para a cabeceira tudense unha xirola ou deambulatorio con tres capelas absidais, nun caso moi semellante ao de Santa Fe de Conques. Engadiríamos a este plan orixinal a realización de dúas absidiolas nas extremas do templo, permanecendo a do sector norte e desaparecendo a do sur para permitir o acceso á sala capitular e transformarse se cabe en sacristía ou espazo morto entre esta e a xirola. Non existe ningún condicionante nin se esgrime ningún argumento en contra 469 polo que a catedral de Tui dispuxera a súa cabeceira cun deambulatorio. Do mesmo xeito que as catedrais de Lugo no século XIV, Mondoñedo no XVI e Ourense no XVII modificarían cadansúa cabeceira para adaptarlle unha xirola, non existe, nada que poida contradecir a existencia no século XI-XII en Tui dun deambulatorio no testeiro da súa Catedral. Aínda que non é momento de explicalo aquí, a reforma emprendida polo bispo Pedro Beltrán entre 1495-1499 supón unha alteración radical da cabeceira que obedecía máis ao resultado dun deterioro evidente da súa estrutura, orixinado loxicamente por décadas de guerras, que obrigaban a moitas reparacións no templo e claustro 465

Isto é, as misas diarias ou nos días de festa importante. Algo que só Santiago e Tui realizarán en toda a península ibérica, o que é un dato máis que curioso para o haber do templo tudense. 467 É consenso xeralizado que a parte máis antiga correspondería á cabeceira, do mesmo xeito que en Santiago se comezou polo mesmo sitio. 468 Teríamos unha ecuación: contamos con varios factores que suman un resultado, pero non temos un dos factores, as matemáticas determinarán con total seguridade que factor falta. Neste caso, a falta da excavación arqueolóxica que o ratifique só nos queda por aplicar a lóxica. 469 A falta de espazo que esgrime Bango Torviso -aínda que con dúvidas- non deixa de ser curiosa xa que as dimensións da xirola apenas sobresairían da actual cabeceira e unicamente pola absidiola central, ademais que as obras de 1732, na capela de San Telmo alongarían moito máis o posible espazo da xirola, proba que tal carencia non era obstáculo. 466

catedralicio. A ausencia do escudo de armas do bispo nesta obra, convértese en paradigma de obra forzada por circunstancias alleas que terá un resultado estético e funcional realmente pobre470. Da absida e o seu deambulatorio non podemos obter maiores resultados do que nos aporta a documentación, sendo esta moi pobre como xa temos comprobado aínda que nalgúns casos perturbadoras. Unha das referencias curiosas é a que exhibe o relato que fai Fernando III na súa sentencia de 4 de xullo 1250 sobre o conflicto entre Concello de Tui e bispo, no que “...entraron en la iglesia con armas, et encerraron los hombres tras el altar, et vertieron las lamparas et por otras cosas malas et desaguisadas que ficieron al Obispo, et a la eglesia que non debieron facer”. A mención de “tras el altar”, isto é dun trasaltar, non pode senón estar referíndose ao encerramento dos homes do bispo e do prelado no propio deambulatorio, xa que doutro xeito non sería posible facelo no altar maior. En canto a elemento físicos, o único que puidera ser perceptible é a plataforma que prolonga cara o leste o espazo catedralicio e que a partires do século XVI converteríase na Praza da Misericordia, mentres que na documentación medieval obsérvase para o lugar o nome de Outeiro. Sen dúbidas estamos perante unha plataforma artificial creada para acoller a cabeceira da Catedral sendo este o límite sureste que distingue a documentación do ano 1170 á hora de ampliar a cidade entre a catedral e o río. A absidiola central estaría adicada a Santa María Virxe, a lateral norte a Santiago e a lateral sur a San Pedro, orde que condicionaría a posterior transformación da cabeceira e que conservamos actualmente. Das absidiolas norte e sur podemos albiscar algún rastro polos restos hoxe conservados, aínda que totalmente distorsionados por séculos de transformacións na propia catedral. Da absidiola sur pouco podemos mencionar, a apertura desta para dispoñela como porta de entrada da capela de San Telmo ou das Reliquias alterou o que puidera ser acceso á sacristía471 ou un altar aproveitando o nicho da parede. A correspondente á absidiola norte, conserva varios trazos das correspondentes portas que tivo. O arco máis baixo sería a entrada da sacristía do século XVI, mentres que na súa parte superior ábrese un oco cuadrangular que, mediante escaleiras, daba acceso á sala capitular do século XVI. Estas dúas entradas serían tapiadas no século XVIII. Entre medias, xurde un gran arco que podería corresponder á absidiola norte, na que teoricamente estaría o altar de San Vicente. Polo que respecta ao altar maior, este consagraríase a Santa María, titular do templo. A súa disposición sería a dun típico baldaquino, baixo o que estaría a imaxe 470

Hai algún investigador que insiste na finalidade desta obra para a permitir a “nova moda” dos retábulos nos seus altares. Eu polo momento descoñezo de calquera igrexa-catedral de occidente que destruira unha orixinal obra para realizar un pastiche e así poder poñer retábulos. Todos sabemos que as igrexas e os retábulos conviviron pacificamente sen necesitaren a súa destrucción. 471 Como xa temos referido, a sacristía medieval é completamente descoñecida, polo que sería razoable que a mesma aparecese neste sector da catedral, aproveitando o espazo morto da absida e a sala capitular ademais de servir de acceso a esta última. Non descartaríamos, tal e como era habitual, a presenza dun altar na sacristía, aínda que a carencia de datos e incluso de mencións a altares e capelas medievais pouco podemos aportar.

venerada. Temos novas da documentación medieval da veneración a Santa María Grande, cunha lámpada de prata: “...Item çinquo lanpaas de prata as todas com cadeas de prata os quatro lanpaas seem ante o corpo santo e ahuna seem ante o altar de Santa Maria a grande...”472. A adicación nola pode sinalar o testamento do arcediago Fernán Eans en 1264, co altar a Sancta Maria de Rupe Amatoris473, e unha confraría adicada á mesma advocación mariana. Esta interesante advocación, que é a de Rocamadour, perderíase co tempo. Etapas Constructivas Tal e como xa temos expresado, a catedral comezaría as súas obras antes do ano 1095. A continuación das mesmas tería o seu apoio con varios privilexios e concesións realizadas polos monarcas castelán-leoneses e portugueses, favorecendo sobre todo a chegada de ingresos a través de diferentes tributos e dereitos que percibía o bispo e cabido. A chegada dun novo bispo, Paio Menendes -1130-1156- puido estar na orixe nunha modificación do proxecto orixinal ao deseñar unha sala capitular e dependencias anexas adaptada ás condicións monásticas que planexaba o bispo. A creación da canónica, e establecemento da regla de San Agostiño para o cabido no ano 1138 sería a data para ver rematados gran parte dos traballos catedralicios; transepto e sala capitular 474, tal e como en anos posteriores se indica con claridade na documentación: “Ego Pelagius dei gratia tudensi episcopus unam cum consensu totius conventus canonicorum ecclesiae Sancte Marie tudensis...”475. A homoxenidade estilística de ambos espazos sinalan a súa contemporaneidade. E a necesidade da sala capitular o apuramento da súa obra. A presenza do bispo e cabido en Tui, baixo a regla de San Agostiño, só poden ser comprendidos cunha sala capitular rematada e unha boa porción do templo concluido: o transepto, permitindo a litúrxia na súa nave maior. Deste xeito concluiría no transepto e sala capitular unha primeira fase de obras (+-1095-1138). Os traballos continuarían, prolongándose os muros laterais das naves lonxitudinais e as dependencias xunto da sala capitular, no intento de completar o proxecto canonical do bispo Paio Menendes. Tamén deste momento estaría o comezo da tribuna románica, cun proxecto certamente ambicioso ao decir de Bango Torviso e Yzquierdo Perrín476, chegando a iniciar o peche da tribuna no transepto norte, onde a presenza de dous absidiolos e os restos de basas e columnas románicas no triforio evidencian este paso. A morte do bispo Paio, en 1156, e a subida ao pontificado de Isidoro, contribuirán á ralentización forzosa dos traballos senón incluso a súa suspensión. Nese 472

A.C.T. Nuno Gonçalves. 16 de maio de 1379. A.C.T. Pergamiños. 9/16. 474 López Alsina sinala para esta data de 1138 a chegada do bispo e seis cóengos á domus episcopi da Oliveira. Mentres Carrero Santamaría advirte da importancia da sala capitular e o condicionamento que impón ao resto de traballos catedralicios aínda que retrasa para mediados do século a súa conclusión, malia chamar a atención dos paralelismos estéticos composteláns para esta mesma época, só porque retrasa os comezos da obra da Sé tudense outro tanto tempo. Carrero Santamaría, Eduardo; Las Catedrales de Galicia durante la Edad Media. Claustros y entorno urbano. Madrid, 2006. 475 Avila y La Cueva, F; op. cit. tomo III. Pax. 151. Escritura do 19 de abril de 1145 sobre concesión ao Mosteiro de Oia. 476 Bango Torviso, I. G; op. cit. Yzquierdo Perrín, R; “Motivos ornamentales de la Catedral de Tuy”, Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo V, 1989. pax. 89-118. 473

mesmo ano o reparto de bens entre o bispo e cabido patentizan o reparto do poder que se tiña acumulado durante estos anos, principalmente na concesión de Afonso VII en 1142 sobre a competencia de poñer xuíces na cidade, tal e como observa López Alsina. O reparto das propiedades eclesiásticas e dos seus dereitos indica a maiores a separación e finalización do proxecto da canónica baixo a regla de San Agostiño, xa que os cóengos practicarán con maior libertade a súa vida relixiosa pasando a residir en casas da cidade. Este feito pode ser un signo claro de que as preocupacións episcopais e capitulares estaban máis centradas en cuestións internas que na de completar o proxecto catedralicio. Sería tamén a fin do proxecto canonical na mesma catedral e o deseño da residencia monacal no claustro, xunto da sala capitular. Tampouco podemos deixar de lado para este periodo certas incertitumes políticas, como as guerras entre Afonso Henríquez e Fernando II, este último rei de León-Galicia a partires de 1157. Os privilexios de Afonso Henríquez de 1169 e de Fernando II de 1170, xunto coa ampliación e fortificación da cidade, establecerá un novo período nas obras catedralicias. Non debemos esquecer que Fernando II foi un importante impulsor de obras catedralicias, así consta en Ciudad Rodrigo, e se lle ten como difusor do gótico no seu reino polo seu apoio ao Císter no seu asentamento en Galicia e León477. Este apoio á nova arte gótica xunto coa presenza habitual de Fernando II en Tui, sería motivo máis que suficiente para fixar unha nova etapa constructiva, de 1170 a 1200, aproximadamente, sendo moi importante a concesión sobre os grans do mercado da cidade en 1179, xa que suporá un caudal cualitativo xeneroso e motivador para a finalización dos traballos. Nesta etapa completaríase a nave maior, cos seus pilares e cubriríase a meirande parte do templo con bóvedas góticas. Igualmente correspondería a este momento o triforio que modificaría e rectificaría a tribuna románica no seu aspecto externo, aquel que miraba cara a nave central. A última etapa correspondería á fachada occidental, cos seus torreóns e a impactante portada, feito asumible ao patrocinio ou apoio do rei Afonso VIII de León. A datación desta etapa final iría aproximadamente desde o ano 1200 ata 1225, este último ano tradicionalmente asumido como de consagración da Catedral, realizada polo bispo Estevo Egea. Bango Torviso establece unhas etapas constructivas baseadas nos elementos decorativos e ornamentais do templo en comparación coa edificación Compostelá e outras igrexas da rexión. Estas etapas estarían en total consonancia co sinalado anteriormente: 1ª A Cabeceira. 2ª O Transepto. 3ª Muros laterais ata os pés. 4ª Tribuna na súa parte norte e no transepto, a parte sur será máis tardía evidenciado pola diferente ornamentación. Comezo das bóvedas de canón nos extremos do transepto que servirán para as torres e no que xa aparecerán o arranque das escaleiras. Suspensión das obras. 5ª En 1180 reinicio en estilo gótico; naves laterais con bóvedas de crucería e construcción 477

Azcárate Ristori, Jose María; “Fernando II de León y la iniciacióndel gótico”, O Pórtico da Gloria e a arte do seu tempo, Xunta de Galicia, 1991. Valle Pérez, J.C; “La arquitectura en el reino de León en tiempos de Fernando II y Alfonso IX: las construcciones de la orden del Císter”. O Pórtico da Gloria e a arte do seu tempo. Xunta de Galicia, 1991.

da central do cruceiro e nave maior. 6ª Cara a 1200 retorno ao triforio facéndose as partes correspondentes ás naves laterais. Para sostén da nave central e a súa bóveda, tiraránse arbotantes, que apearán nunha columna adosada ao muro exterior do triforio; como estos arbotantes apoian nun punto intermedio da altura das xanelas superiores da nave central, non poderán soportar un tellado, pois taparían as propias xanelas 478. 7ª As obras continuarían, fachada occidental, ata a consagración do templo polo bispo Estevo Egea en 1225.479 O que semella ficar claro son os diferentes traballos e a súa secuencia. Outra cousa é a datación, afinada para o periodo gótico, isto é nun momento moi serodio cando escomeza a nova arte a empregarse na península ibérica. Mentres, a datación para o románico, máis que establecer unha aproximación cronolóxica fica na conveniencia da súa anterioridade a 1145. Isto último é curioso cando na propia secuenciación das obras é evidente un parelelismo no propio Santiago e os seus elementos decorativos e estruturais. A continuación sucederíanse unha serie de obras que completarían a imaxe medieval da catedral de Tui. A mediados do século XIII estaría rematado o pórtico que acubilla a portada. Cara 1264, tal e como se pode advertir pola manda testamentaria do arcediago Fernán Eans, as obras do claustro fican rematadas, só restando o seu empedrado. A homoxeneidade da obra claustral, estilística e estruturalmente, permiten asegurar esta tese. A fins do século XIII comezos do XIV, aproveitando o peche do claustro e o espazo morto existente entre este e o muro sur da catedral, crearíase a capela de Santa Catalina, tal e como a documentación asegura sobexamente. Semella que no século XIV, a situación de crise económica e de guerra afectará á Sé, evitando calquera modificación na estrutura catedralicia. Será como consecuencia das guerras do último cuarto do século XIV que a comezos do século XV cheguen a operarse varios cambios sustanciais na fisionomía da Catedral. En 1408 como resultado dos ataques sobre a cidade, o claustro catedralicio, no seu muro sur quedará seriamente afectado, obrigando ao novo bispo, Xoán Fernandes de Soutomaior, a facer o seu reparamento e consolidado cunha torre no seu ángulo suroeste. Engadiría ademais neste paramento sur dous arcosolios para enterramentos entre os que observamos o único capitel historiado do claustro, producto desta reforma. Do mesmo xeito colocará no mesmo sitio o prelado o seu escudo de armas e varios letreiros co alcance da obra: “Tempore domini Ioannis de Soutomaiori episcopi tudensis fuit reparatum hoc claustrum quod pene totum corruerat, procurator operis Ioannes Michaelis canonicus archidiaconus a Minnor”. O bispo Soutomaior engadiría unha torre máis ao conxunto catedralicio en 14191423, a torre de Santo André, cunha clara función funeraria, deixando a segunda planta da torre para outra función descoñecida, aínda que puidera corresponder a outra capela por el ideada ou incluso o intento de creación dunha nova sala capitular dada a súa comunicación directa coa nave do evanxeo.

478

Como afirma Bango Torviso, esta solución evidencia a súa posterioridade xa que entón o posible tellado taparía as xanelas, existindo aínda sinais da teitume románica que partiría desde enriba das xanelas. 479 Bango Torviso, I. G; op. cit. 1979. pax. 245.

A fins do século XV, o bispo Diego de Muros engadiría unha torre ao costado sur da Catedral e enriba da capela de Santa Caterina como resultado das continuas inseguridades que sufría a cidade nas últimas décadas. O bispo Pedro Beltrán entre 1495 e 1499 restruturaría a cabeceira, establecendo unha nova aliñación e seguramente establecendo os alicerces para a nova sacristía e sala capitular. A obra sería provocada pola inminencia de ruina da cabeceira, loxicamente danada durante as guerras dos anos anteriores, 1467-1482, nas que a cidade tería sufrido unha gran despoboación e un importante nivel de destrucción. Modelo e singularidade Como xa sinalamos, a catedral de Tui asume o modelo de Santiago de Compostela ademais de tomar prestado solucións arquitectónicas de Santa Fe de Conques, sinalando ese emparellamento co seu tamaño. O modelo de “igrexa de peregrinación” xa foi explicado antes, xunto con certos parelelismos estilísticos. Pero certamente ata aquí é onde se poden chegar as semellanzas con Santiago. A catedral de Tui desenvolverá un gran nivel de orixinalidade que dará cabo nunha gran influencia no románico da súa rexión, tanto da banda galega como portuguesa. A catedral desenvolverá, como advirte Bango Torviso, unha comunión entre tradición e novidade. A súa sobriedade e reciedume só é alterada polo xogo de fiestras da parte baixa e da tribuna e a secuencia de contrafortes, algo que a afasta de Santiago, xa que esta propoñerá para o seu exterior unha secuencia de arcos que envolven os seus paramentos ofrecendo unha imaxe nova do templo, pola contra Tui manterá con forza o rasgo estético da sobriedade tradicional só trasladado a un templo de maiores dimensións. Na fachada norte, única da que temos unha visión bastante completa do seu románico, esta percepción víase incrementada no transepto coa parella de torres nos seus cantos e unha sobria portada no seu centro. A torre do oeste transformaríase en campanario, o mesmo que menciona Afonso VII na súa doazón de 1142. A torre do leste, sería completada malia das afirmacións de Bango Torviso, xa que restos da torre aínda aparecen visibles nas estruturas que sobresaen no tellado catedralicio 480. Esta torre puido xa ser desmochada no século XVI coa obra da Sala Capitular. A portada norte, única románica da Catedral, malia da súa austeridade decorativa presenta unha serie de singularidades que a fai orixinal. Primeiramente o xogo de arcos parellos que voltean nunha peza prerrománica ou máis antiga, é cando menos orixinal, sinalando Yzquierdo Perrín que sería un intento, aínda que lonxano de semellarse as estruturas de dobre porta como as das fachadas dos cruceiros de Santiago, mentres que o arco superior que acolle todo o conxunto aínda que manteña a súa orixe pola funcionalidade, como arco de descarga, completa un conxunto singular. Non debemos descartar que os arcos parellos fose o resultado primitivo de realizar unha portada máis complexa, con dobre porta e parteluz e que de resultas da escaseza de fondos ou na simplificación dos traballos se realizase unha soa porta. A sobriedade de esta portada norte, escasa en ornamentos e decoracións, lévanos a pensar

480

Existen aínda muros e contrafortes que apoian esta finalización da torre, ademais de que sería absurdo non ter rematado esta torre e sí as do sur cando estas son posteriores, algo que Bango Torviso non advertíu dos debuxos de 1504 -Duarte D'Armas- e 1669 -Pier María Baldi-.

máis nunha modificación dun programa máis ambicioso que como resultado dunha intención orixinal. A porta ten unha triple arquivolta de medio punto, unha apoiada no muro mentres as dúas exteriores o fan sobre dúas columnas con fuste liso e capitel con follas estilizadas. As xambas rematan nunha cabeza de lobo (dereita) e noutra de oso (esquerda). O borde do lintel está decorado cun sogueado do mesmo xeito que as arquivoltas; o trasdos leva decoración de billetes. Entre os arcos da estrutura superior ubícase a figura dun bispo, atribuida tradicionalmente a San Epitacio, e que corresponde á primeira metade do século XII. A fachada sur vai ser sustancialmente diferente, sobretodo pola presenza do claustro que iría enmascarar e alterar a súa función e obxetivo. Malia que teoricamente esta tipoloxía de igrexa conlevaba portadas nos extremos do transepto, en Tui só o norte pecharíase deste xeito. No transepto sur a ausencia dunha portada ou alomenos dos restos dunha que signifique a rectificación dun proxecto orixinal complica a súa explicación. En principio só nos cabe unha rectificación de proxecto ad cimentis desde o momento que o bispo decide instalar a gran sala capitular e polo tanto reservar este gran espazo do terreo catedralicio para as celebracións e exercicios exclusivos do bispo e cabido, en relación ao que afirma Carrero Santamaría sobre o proxecto monástico do bispo Paio Menendes. A presenza dun gran arco no transepto sur, visible desde a terraza do claustro, non alimenta o cambio de plans xa que debaixo o que ficaría sería unha fiestra románica, actualmente semitapiada por unha pilastra do claustro. Este arco de medio punto témolo que relacionar co da portada norte máis como aparición ao exterior dun arco de descarga e a súa solución estética. A explicación máis acomodada para este caso sería a propia utilización ou clara intencionalidade de empregar o Transepto coas súas tres naves como templo en exercicio a mediados do século XII, isto é aproveitando a súa lonxitude e anchura, algo que ata o século XX a Catedral tudense tiña claro, xa que ao estar a nave maior ocupada polo coro, o espazo máis folgado para as celebracións era o brazo do transepto. Polo tanto, tendo intención de empregar o templo decidiríase non abrir porta algunha no sur -unicamente unha xanela para iluminar- para favorecer a litúrxia do templo en construcción. Pola contra a certificación de ausencia dunha porta directa desde o templo ao claustro, non xa na nave maior do transepto, senón e tamén na lateral, xa que o acceso actualmente existente foi creado polo bispo Diego de Torquemada en 1569, tal e como sinalan inscripción e escudo a un e outro lado da porta, confirmando a vía de acceso ao templo directamente desde a sala capitular a través do sur da cabeceira catedralicia. Esta fachada sur completaríase con dúas torres, como no norte, de sección cuadrangular, acrecentando a imaxe francamente defensiva da Catedral tudense. Tui non segue máis que os modelos centroeuropeos e compostelán en canto a inxertar torres nos extremos do transepto e e fachada principal. Outra cousa é que este programa de torres tudenses sexa moito máis contundente polo que respecta a súa imaxe defensiva aportando o carácter de fortaleza que a marcará ao longo dos séculos medievais e incluso na actualidade. Interior

O transepto aporta unha estrutura sumamente interesante que se enraizan coas formas compostelás. Os arcos de aresta viva, dobrados e peraltados establecen esa comunicación con Santiago, incluso na acusada esbeltez dos arcos nos extremos do transepto. Tres tramos desiguais en cada lado. Os exteriores sufren dunha maior estreitez impedindo que se remárcase máis unha planta que tendía máis á cruz grega que a latina. O último tramo terá unhas dimensións algo maiores que o intermedio ofrecendo unha alternancia irregular nas arcadas. As dimensións do transepto deberon favorecer a súa pronta utilización litúrxica co eixo norte-sur, dunhas dimensións notables, xa que en Tui neses momentos non existía unha igrexa maior, o que puido incrementar as posibilidades non só da utilización, como xa temos comentado, senón incluso dunha rápida execución das obras, que puideron ficar rematadas en cando o bispo Paio Menendes, en 1138 decidíu pasar a residir en Tui despois de crear a canónica baixo a regla de San Agostiño. No cruceiro atopámonos cun espazo que sería rematado en tempos do bispo Diego de Avellaneda -1526-1537- que realizará o ciborio onde colocará os seus escudos de armas cara o interior. A solución románica á cuberta do cruceiro resulta cando menos conflictiva. O deseño de Duarte D'Armas do ano 1504, antes da intervención do bispo Avellaneda, amosa claramente a ausencia de calquera estrutura que sobresaise do tellado o suficiente como para que fora perceptible. Este dato danos a entender que a solución para a cubrición do cruceiro apenas sobrepasaba o tellado da nave maior, e seguramente cunha armadura de madeira. Na liña onde fican actualmente os escudo do bispo Diego de Avellaneda debeu estar o arranque da armadura, aínda que semella lóxico que existisen pequenas xanelas para aportar luz ao interior, carecemos de datos suficientes para asegurar este extremo. Podemos afirmar en consecuencia, que o proxecto orixinal de ciborio románico tudense quedou sen facerse tanto pola propia obra gótica que impedíu executar o plan inicial como pola falta de orzamento para realizar o proxecto que debía constar dunha estrutura máis complexa incluso que a do século XVI. Como restos conservados deste plan primitivo podemos observar os catro atlantes en cadansúa esquina, que corresponden as mochetas que soportaban o arranque da estrutura da cuberta e suxeición do turíbulo ou “botafumeiro”, o incensario que santificaba e perfumaba o interior do templo nas diferentes celebracións litúrxicas. A presenza do turíbulo na catedral tudense debeu ser desde o século XII, aínda que documentalmente a rexistramos no século XIII no testamento do arcediago Fernán Eans: “...It mandat ecclesie sancte marie tudensi per aniversaris suis X aniversaria de X in scilici per populantiam suam et per castrum et mandat per ipsas possessiones II libras de thure que dividant scilic; in die assuptionis btê[sancte] marie et in die purificationicis eiusdem et in diem pasce et in diem natalis domini et in diem omnium sanctorum ad maiorem turibulum annuatim ecclesie tudensi et mandat per ipsas possessiones III denarios ad campanna per anima sua et domini Stephani episcopi tudensi in quolibus domenico annuatim.481”, establecía o arcediago Fernán Eans dúas libras de incienso ao ano para a poboación e cidade de Tui que debía dividirse nas festas seguintes: no día da Asunción de María, no día da Purificación, na Pascua, no Nadal, e no día de Tódolos Santos, incienso que ía ser queimado no turíbulo maior a prol da súa alma e do bispo Estevo Egea, ademais de tanxer as campas por este mesmo motivo. 481

A.C.T: Libro de Executorias....IX. 9/16. Testamento do arcediago Fernán Eans, 1264.

Os atlantes aínda están policromados, ofrecendo diferentes rostros, tanto barbudos como barbilampiños, e con diferentes atavíos. O transepto románico aporta unha riqueza ornamental á catedral verdadeiramente salientable. As tres naves do cruceiro, ademais da súa singularidade arquitectónica aporta un ingrediente máis; a multiplicación de capiteis. Estos capiteis abranxen decoracións e simboloxía de gran riqueza, aínda que botamos en falta un programa definido na acción e ubicación da temática dos capiteis. Agrupamos os capiteis en vexetais, zoomórficos e historiados. Os vexetais emparentan con Compostela, aínda que os tudenses ofrecen follas moi carnosas con nervos ben marcados. Entre estos temos que salientar os que teñen un significado eucarístico amosando espigas de trigo -nave lateral sur- ou un emparrado de vides -capitel esquerdo de entrada á capela de San Pedro-. Os capiteis zoomórficos trazan unha clara visión moralizante xa que forman parte do bestiario medieval: cuadrúpedos mordendo as extremidades de outros conxéneres; bestas con cabezas deformes; bucráneo acompañado de leóns; humanos xunto a aves que cruzan as súas ás; equinos; grifos; saxitarios e arpías; paxaros bebendo da mesma copa; felinos enroscados en cordas; humanos atrapados entre serpes monstruosas; cabezas monstruosas sobresaindo de entre as follas; humanos en actitude de orar. O bestiario medieval responde a uns parámetros sociais e relixiosos moi específicos, xerados por numerosas descripcións fantásticas de fauna de paises lonxanos. A este relatorio de “fauna marabillosa” se lle vencellaban unha serie de virtudes ou vicios dependendo dos costumes destes animais e aplicandoo á unha total visión moral da vida. Por isto os grifos, que tiñan corpo de león e cabeza e ás de águia, gardaban tesouros en lugares inaccesibles, comía aos homes por traizón, e empregábase simbólicamente para gardar a entrada a lugares importantes. Os saxitarios, un centauro armado cun arco e frecha, debido a súa dobre condición, home e equino, representaban a volubilidade e a incapacidade de tomar unha verdadeira vontade cristiá, escollendo o camiño do vicio. A arpía, mulleres con corpo de ave, virtuosas do canto, ofrecían a mesma intención moral que o saxitario, pero aplicandoo a unha vertente feminina, isto é a representación da hipocresía. O bucráneo ou cabeza de boi non deixa de ser unha representación do home mentres que os leóns case sempre son un trasunto de Deus, da súa xustiza. As aves que beben da copa poden representar as rulas e a súa fidelidade, simbolizando que beben da copa de Cristo para a súa unión eterna. Os cuadrúpedos que deboran as extremidades doutro animal, poderían relacionarse con algún pecado como a gula ou ser unha advertencia dos que non seguen o camiño correcto. Os capiteis que amosan animais de carácter felino e atados ou enredados en cordas emparéntanse con outros similares de San Vicente de Ávila, e cuxa interpretación resultaría escura. Os numerosos capiteis que trazan na súa cesta un complexo entretecido rematados no seu extremo por cabezas serpentiformes e atrapando no seu interior a humanos acostuman a corresponder a complexas anfisbenas ou serpes con cabezas en cada extremo do seu corpo, esta sería a súa explicación segundo o bestiario medieval, mais segundo a súa abundancia en Tui e a unha fonda tradición artística podemos sinalar unha orixe máis antiga para estas representacións. A tradicción castrexa do Miño legounos unha cordaxe especial que nalgúns casos podían chegar a formarse como

esvásticas, algunhas delas sendo aínda aproveitadas nas impostas románicas da catedral tudense xunto a trisqueles e outros motivos decorativos preromanos e prerománicos, o que evidencian a súa continúa utilización adaptada iso sí á linguaxe cristiá. Estos entrelazos tiñan en orixe un sentido divino, marcado polo poder do deus pagán cuxo nome tiña un significado semellante 482. Un dos capiteis de San Bartolomeu de Rebordáns, amosa unha figura humana agarrando unhas cordas ou fios que están por riba del, neste caso estaría intentando manterse en contacto con Deus e afastarse do pecado que o acosa. Nos capiteis tudenses a divinidade sería transformada en símbolo do mal, do que os humanos están sempre rodeados e do que se debe afastar. Polo tanto este capitel fundiría o papel da anfisbena coa tradición miñota creando unha iconografía orixinal que terá facilidades para se extender pola rexión do bispado tudense. As figuras humanas en actitude de orar e dispostas nos cantos do capitel entre a vexetación foliácea, que puidera representar a árbore da vida, poden ser un remedo da commendatio animae, necesaria para acadar a salvación483. Polo tanto estaríamos ante unha serie de capiteis, xa que son varios os que tratan este tema, que advertirían da presenza sempre continua da morte e polo tanto da necesidade de encomendar a alma a Deus, tal e como Cristo o fixo, segundo Lucas 23, 46: “Padre, nas túas mans encomendo o meu espíritu”. As demais representacións de cuadrúpedos ou felinos con rostros simiescos virían a afondar no carácter de advertencia de vicios e pecados que estos capiteis amosaban para os fieis, sendo exacerbada a súa visión coas cores nas que pintaban estes capiteis. Os capiteis historiados do templo tudense na práctica circunscríbense a dous: nun na nave lateral leste do transepto norte, amosa varios grupos de persoas en sinal de aperta ou saúdo, mentres nun extremo hai unha angarella cunha figura humana deitada sobre ela e debaixo dispóñense catro pequenas personaxes. A interpretación deste capitel non resulta claro, a única aproximación con sentido a expón Iglesias Almeida 484, explicando o seu significado pola pasaxe evanxélica da resurrección do fillo da viúva de Naím -Lucas 7: 11-16-, no que Xesús conmovido polas bágoas dunha viúva cando esta xunto a unha multitude levaba ás aforas da cidade de Naím a enterrar ao seu único fillo, dicíndolle “non chores”, achegaríase ao corpo para dicirlle: “Mozo, a ti digoche Érguete”, o rapaz levantaríase e falaría, causando un gran temor entre a multitude glorificando a Deus e dicindo: “Un gran profeta levantouse entre nos” e “ Deus visitou ao seu pobo”. O capitel escenificaría o momento da resurrección coa multitude glorificando a Deus, mentres no extremo o mozo incorpórase sobre a angarella. Certamente estamos perante un capitel cunha mensaxe evanxélica, e podería ser perfectamente a pasaxe da viúva de Naím, sendo, como afirma Iglesias Almeida, unha representación pouco habitual na iconografía medieval galega. O outro capitel historiado, no pilar do arco triunfal da capela maior, representa unha triple escena, propia da Natividade do Señor. Aínda que o capitel está deteriorado é doado ver as figuras na parte esquerda que representarían a Anunciación, co anxo e a Virxe; na parte central actualmente só é visible San Xosé mentres que as outras dúas 482

Ver o interesante libro de García Fernández-Albalat, B, Guerra y Religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas. Edicios do Castro, 1990. establece de xeito maxistral a relación entre o deus galaicolusitano Bandua cos lazos e o símbolo místico dos mesmos. 483 Barral Rivadulla, Dolores; “A arte no século X”. Historia da Arte Galega. A Nosa Terra. 2007. Un relevo de San Martiño de Pazó -Ourense- tería unha iconografía semellante, desenvolvendose moito máis no capitel tudense cunha vexetación frondosa. 484 Iglesias Almeida, E; “El románico en la catedral de Tui”, Pórtico, febreiro 1993.

figuras están rotas puidendo reflectirse nelas a Visitación; por último na parte dereita do capitel aparece o nacemento coa Virxe María deitada nunha cama e xunto dela no berce o neno Xesús. Este capitel probablemente realizado cara 1120-1130, é un antecedente sumamente interesante para entender un motivo que se repetirá na portada gótica na representación do nacemento, unha idea que crearía fortuna en Tui replicándose na igrexa gótica de San Domingos. A calidade do capitel motivaría a Bango Torviso a verlle certos rasgos gotizantes, cousa que debemos descartar, en canto que a calidade vai parella a outros capiteis dese lado da cabeceira, na parte sur, coas figuras de leóns -cuadrúpedos- atados por cordas e un dos capiteis que representaría a commendatio animae -o de mellor calidade. Estos capiteis teñen paralelos claros no nártex de Santa María Madalena de Vézelay, principalmente na tipoloxía de figura humana. Tribuna-Triforio O plan da tribuna románica tudense amosaba claros desaxustes co esquema arquitectónico que Santiago de Compostela propuxera. A intención inicial proxectaba para a tribuna tudense a cubrición con bóvedas de canón, e a proxección dunha riqueza decorativa sen replica en Compostela e Lugo. A tribuna románica tudense tenta imitar o esquema de naves da planta do templo, só os problemas técnicos e custes evitarían lograr iso, ficando o paso entre as extremas das naves en ánditos estreitos, tampouco repetiría o esquema da cabeceira que por complexidade debeu ser abandonado pronto. Finalmente a corrección ou transformación do proxecto orixinal obrigaría a rematar esta interesante proposta románica no estilo gótico final do triforio, que pecharía cara a nave maior a tribuna. Malia deste peche gótico, a obra románica é ben perceptible e admirable. Non sabemos que intención tería o bispo e os seus cóengos na proxección da súa idea de tribuna, que sen dúbida tiña un carácter cultual e de uso público tal e como estaba disposto en Santiago. As tribunas non se cubrirían con bóvedas, senón que arcos de cuarto de círculo acomodarían o asento dunha armadura de madeira. Só nas catro extremas do transepto atopamos bóvedas de canón que irán sobre faixóns pousándose en columnas 485. Esta obra ten como obxetivo realizar nos catro cantos do transepto as súas correspondentes torres. Na sala do transepto norte correspondente á cabeceira, as obras da Sala Capitular do século XVI alterarían a fiestra e a porta do seu canto noreste. A porta correspondería ás escaleiras helicoidais -supoñemos en simetría coas do sur- que comunicaban os espazos da tribuna coas naves do transepto e coa torre noreste do conxunto. Precisamente as obras da Sala Capitular moderna alterarían estas mesmas escaleiras, cuxo oco debeu reaproveitarse para adaptalo como acceso á devandita sala e arquivo. A disposición de dous absidiolos cunha clara intención de altares, convida a pensar nun plan de utilización complexo para a tribuna. No interior, semioculto polas obras da Sala Capitular do século XVI, aínda é visible unha xanela románica -en orixe cara o exteriorcoa fileiras de canicelos e metopas decoradas con ornamentacións tradicionais, como entrelazos e flores. No transepto sur, cara a cabeceira, e simétrica á sala dos absidiolos, atopámonos cunha extraña sorpresa, a ausencia na parede de calquera elemento, tanto fiestra como absidiolo que dese continuidade á simetría na cabeceira do templo instaurada na cara norte. Este feito que demostra que o transepto sur é algo máis tardío que o norte, 485

Bango Torviso, I.G; op. cit. 1987. pax. 150.

evidencia unha rectificación do proxecto, se cadra encaixable coa realización da Sala Capitular románica e a súa unión co templo, puidéndose programar a consecución das estancias monásticas para o bispo e cabido no claustro e a súa fusión co templo, ficando cego este paramento e polo tanto inútil a realización de calquera xanela neste ámbito. O proxecto monástico do bispo Paio Menendes non sería rematado e polo tanto non sabemos se chegou a haber algún tipo de utilidade que no século XVI sería reciclada para a bóveda da capela de San Telmo, só a presenza do que semella unha porta, no medio do paramento, pode facer sospeitar nun proxecto máis complexo do que se nos mostra hoxe en día. En canto á parte decorativa, tanto Yzquierdo Perrín como Bango Torviso enfatizan no ambicioso do proxecto tudense. Non hai dúbida, na tribuna románica quíxose incrementar a ornamentación de cimacios, basas e capiteis, sendo algunha das columnas da tribuna dunha colmatación decorativa que non se dará nin sequera nas naves do templo. As basas das columnas aparecen con cabezas grotescas que nalgún caso, como observa Yzquierdo Perrín486, prolongan a súa existencia na parte inferior cunhas garras, aportando un toque monstruoso ao conxunto de basa e plinto, algo que é inaudito na arte galega. Tamén a utilización de “máscaras” para decorar as basas, do tipo teatral clásico, resulta inusual no románico galego. Os plintos, a base cadrada onde se coloca a basa da columna, da tribuna tudense, amosan unha variedade sorprendente na súa decoración. Temos elementos decorativos de ascendencia castrexa como os entrelazos, a xeometría de certas composicións como os botóns, a vexetación xeometrizada como as follas concatenadas, a vexetación en ondulante enramado e por último o arquitectónico con arquiños. Como moi ben indica Yzquierdo Perrín, a desafortunada restauración da tribuna norte engoliría parte dos plintos malia da súa riqueza e interese. Tamén será importante nalgunhas columnas o desenvolvimento dun importante sogueado na súa escocia, tanto, que transformarase nun novo toro. Os capiteis da tribuna tamén aportan a súa orixinalidade. Algún dos capiteis vexetais seguen exemplos da portada das Praterías de Santiago, mentres outros estilízanse, aparecendo entre a vexetación figuras humanas. Nos capiteis zoomórficos sucédense animais mostruosos con humanos, con características semellantes aos das naves do transepto. Tamén aparecerá un capitel co entrelazo, aínda que este máis claramente serpentiforme que o do transepto sur. Outro capitel curioso na tribuna norte representará a Adán e Eva coa representación da árbore da ciencia ou pode que a serpe do mal; está realizado moi sumariamente, sen a calidade do resto de capiteis da tribuna do transepto. O cimacio tamén amosa unha riqueza extraordinaria, principalmente nos restos conservados na tribuna do transepto. A decoración polo xeral disponse en enramado de follas ondulantes, chegando nalgúns puntos a xuntarse coa imposta para xurdir creacións como a dos pavos reais na tribuna do transepto norte. A imposta como vemos no exemplo dos pavos reais tamén terá a súa importancia, salientando a da tribuna dos absidiolos con trisqueles, espirais, flores, etc, nunha combinación curiosa e animada. Aprézanse varias mans nas obras da tribuna, significativo nas diferentes características e calidades dos elementos decorativos. Da a sensación que a tribuna 486

Yzquierdo Perrín, R; “Motivos ornamentales de la Catedral de Tuy”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo V, 1989. pax. 89-113.

quixo acelerarse con máis talleres traballando nela, aínda que finalmente a obra gótica remataría o conxunto. A influencia do románico tudense Se pensamos na calidade e orixinalidade das obras románicas tudenses teríamos suficientes elementos de xuízo para aceptar o peso artístico de Tui ao longo do século XII. Pero ao románico de Tui temos que sumarlle a influencia que irradiará desde a capital diocesana, chegando aínda máis lonxe nalgúns casos. O seguimento do románico tudense realízase polos exemplos decorativos en capiteis, canicelos ou portadas que chegou ás igrexas parroquiais e monásticas do bispado tudense. Deste xeito os capiteis vexetais e certos temas reiterados en Tui poden verse reflectidos en São Salvador de Ganfei, São Fins de Friestas, São João de Longos Vales, São Salvador de Bravães, São Cristóvão de Rio Mau, São Pedro de Rubiães, na banda portuguesa, mentres que na parte galega temos como exemplo San Miguel de Pexegueiro, San Salvador de Sobrada, Santa María de Tomiño, San Salvador de Budiño, Nosa Señora de Casteláns, San Salvador de Padróns ou San Martiño de Vilaboa, entre outras, xa que o ámbito de influencia tudense podería ir máis aló dos límites diocesanos, tal e como podemos comprobar en certas igrexas románicas cuxa filiación pode lembrar ás características tudenses. Non debemos descartar a influencia tudense, sobretodo no seu aspecto afortalado exterior en catedrais portuguesas posteriores como a Sé do Porto, a Sé Velha de Coimbra, a Sé de Lisboa ou a Sé Catedral de Évora, tal e como as relaciona Cendón Fernández487. O gótico tudense Sen tanta fortuna como no románico, o gótico na Catedral de Tui completará o proxecto de templo diocesano quizais antes do debido e en función de patrocinios que aceleraron a introducción das novas artes e estéticas, modificando no último cuarto do século XII o que era un prometedor exemplo románico na rexión galego-portuguesa. Curiosamente a parte gótica da catedral tudense apenas terá atención, agás a portada, non sendo analizados os seus elementos e estruturas para intentar establecer unha fonte de influencia xa que semella obvio que en Galicia non existirá o foco que irradie o gótico que aparece reflectido na nave maior da Sé de Tui e moito menos na súa prodixiosa portada. Como afirma Bango Torviso488 a obra gótica debeu escomezar cara 1180, aínda que debemos considerar a data de 1170 para un relanzamento das obras catedralicias logo do parón que se deduce a partires de 1156, aproximadamente, e que Bango Torviso tamén sinala. O motivo para alegar a data de 1170 como reinicio de obras fica establecido pola ampliación da cidade e privilexios compensatorios ao bispo por parte de Fernando II, aínda que a doazón de 1179 sobre diversos castelos e igrexas e para obtención de tributo sobre os cereais vendidos no mercado da cidade de cara a financiar as obras do novo pazo e torres episcopais e as obras do templo catedralicio poden indicar o comezo das mesmas con anterioridade: “Concédovos tamén a vos o citado bispo e o cabido tudense 487

Cendón Fernández, M; “El arte medieval en Tui: La catedral como foco receptor y difusor del románico y gótico”. Tui: Pasado, presente y futuro. 2006. 488 Bango Torviso, I.G; op. cit. 1979. pax. 245.

para que fagades unha fortaleza xunto a torre perto das casas do bispo en Tui e o bispo teña aquel en paz sen ningunha oposición e recibades unha culler de cada buceo que sexan vendidos na praza tudense tanto de trigo como de cebada como de trigo candeal como millo como calquer outro grao para face-la mesma fortaleza e a igrexa de Santa María de Tui.”489 Debemos ver na figura do bispo Beltrán (1173-1187) o responsable destas novas obras. A iniciativa da construcción da nova fortaleza episcopal xunto coa importante suma de 1100 maravedis que entregara bispo e cabido a Fernando II para as súas campañas bélicas na Extremadura musulmana, fan de Beltrán o protagonista na introducción do gótico en Tui. O bispo acompañara a Fernando II en Ledesma e Salamanca nos anos de 1176 e 1178 respectivamente, polo que se establecera unha relación cortesana que refrendaría o privilexio de 1179. Esta presenza do bispo por terras leonesas e a súa propia estancia con Fernando II, valedor do gótico, crearían as condicións precisas para que na catedral de Tui aparecera o estilo gótico na súa nave maior. Sabemos que cara 1171 comezaría no moesteiro de San Lourenzo de Carboeiro a obra gótica da súa cabeceira490, rematándose pouco despois. Ao mesmo tempo Avila experimenta a arte do mestre Fruchel, na dobre xirola da súa Catedral no periodo de 1172 a 1192. Tamén no mesmo tempo, entre 1170 e 1190 os mosteiros cistercienses experimentarán co gótico, sendo exemplo destas primeiras igrexas Moreruela (Zamora), Veruela (Zaragoza) ou Poblet (Tarragona). Esta primeira corrente gótica que chegará á península no último cuarto do século XII, terá raíz borgoñona, nun influxo que tamén afectará ao primeiro gótico tudense. As semellanzas con Laon, sobre todo no perfil de arcos e nervos, seica sinala eses primeiros momentos do gótico na península aínda que é posible os contactos con Avila a teor das influencias e estadías do bispo Beltrán na corte de Fernando II, e polo tanto en lugares como Salamanca e Zamora que foron receptores da arte do mestre Fruchel. A nave maior divídese en catro tramos. Os pilares teñen podios octogonais con núcleos cuadrangulares que reciben catro columnas adosadas de sección semicircular. Alternándose, os pilares dos tramos segundo e cuarto, presentan arestas con columnas adosadas máis delgadas e de sección circular, mentres que o resto fica a aresta morta cun leve caveto que morre nunha imposta. Os arcos formeros, acusadamente oxivais, manteñen unha sección do arco prismática, con baquetóns percorrendo as súas arestas e marcada nacela resaltándoos. O trasdos tamén ven marcado por un baquetón salientado por profundas nacelas. A excepción dos arcos formeros a constitúen os pertencentes aos tramos segundo e terceiro da nave do evanxeo, cuxa sección prismática do arco teñen a aresta morta por nacelas, mentres que o trasdos repite a fórmula do baquetón do resto de arcos formeros. As bóvedas das naves laterais preséntanse cuatripartitas, con nervos de sección prismática con sendos baquetóns parellos. As bóvedas reflicten os problemas de diferentes alturas entre os muros románicos, coas súas columnas e capiteis a unha altura menor, e a obra gótica de maior verticalidade. 489 490

A.C.T: Privilexio de Fernando II, agosto de 1179. Bango Torviso, I. G; op. cit. 1979. pax. 116.

A bóveda da nave maior, tamén de crucería cuatripartita en cada tramo, presenta perpiaños con perfil prismático e arestas matadas con nacelas, mentres que os nervos manteñen a mesma sección e baqueteonado que nas laterais. Os capiteis góticos das naves lonxitudinais son xeralmente vexetais, cun tratamento nas follas elegante e nalgúns casos de calidade evidenciando a súa arte foránea. Algúns capiteis teñen figuracións humanas, como os que se atopan decorando o triforio norte no transepto, ou a representación dos chamados “homes verdes” no último pilar xunto da fachada occidental na nave do evanxeo, onde aparecen varios rostros transfigurados coas follas do capitel. No lado oposto a este pilar, tamén atopamos outro capitel decorado, pero desta vez con motivos zoomórficos, no pilar adosado ao muro oeste. Neste capitel aparecen un moucho y varias aves en actitude de atacar, que puideran ser merlos, nunha escena bastante habitual entre o lusco e fusco e que puidera identificarse coa interpretación da figura do moucho que se lle dá nos bestiarios medievais, coma por exemplo no de Aberdeen 491. Neste caso o moucho representaría xenericamente ao xudeo ou extranxeiro pola facultade que ten o moucho de afastarse da luz e recollerse nas tebras, nunha alegoría do rexeite da mensaxe evanxélica -a luz-, polo que os merlos puideran representar o intento de marxinación ou expulsión dos elementos que non se acollen á fe e palabras de Cristo. O triforio gótico, que pecha o proxecto de tribuna románica da catedral tudense, armoniza e equilibra a verticalidade das bóvedas coa súa horizontalidade. A secuencia de arcos oxivais, catro por tramo e dous abertos nos extremos, acadan un ritmo e unha elegancia realmente afortunada. Os arcos veñen condicionados pola profunda sección do muro, decorándose a súa aresta cun fino baquetón. O triforio tudense vai verse imitado, probablemente polos contactos episcopais que se van manter nas últimas décadas do século XII e primeiras do XIII entre as dióceses de Tui e as portuguesas de Coimbra, Porto, Évora, etc., por mor da presenza do bispo tudense na corte dos monarcas portugueses, de cara a conseguir privilexios e ratificar os antigos. As Sés de Évora, 1186-1204, e Coimbra, 1162-1185, trazarán triforios cunha clara filiación tudense, o que denota a súa contemporaneidade e as correntes artísticas que fomentaron entre elas. A Portada Occidental A Portada Occidental tudense foi ben estudada por diferentes historiadores da arte que expresaron a significación e importancia desta portada para a arte peninsular. Por desgraza, malia os estudos e as súas contundentes conclusións, a portada da catedral tudense segue a ser unha grande descoñecida na arte española e incluso galega. Os traballos na portada oeste da catedral, a principal e máis monumental, deberon escomezar na segunda década da centuria do XIII, coincidindo co episcopado de Estevo Egea (1217-1239), toda vez que a expresión que emprega para se referir a este prelado o seu sucesor, Lucas, “magnis lapidibus consummavit”492, evidencian o remate das principais obras catedralicias. A orixe do bispo Estevo é de certo descoñecida, o seu apelido Egea, pudiera clarexar algo máis. O máis probable sexa a súa orixe na localidade aragonesa de Ejea

491

Universidade de Aberdeen, reproducción e transcripción do “Aberdeen Bestiary”, datado cara o ano 1200. 492 Avila y La Cueva, Francisco; op. cit. 1985. tomo III, pax. 193.

(Zaragoza), importante centro estratéxico na comarca das Cinco Villas, camiño entre Tudela, Huesca e Zaragoza. Na personalidade do bispo Estevo ben puidera recaer a responsabilidade na execución da extraordinaria portada gótica, sobre todo se temos en conta que en 1218, estando en Santarém co rei luso Afonso II, recibe o privilexio sobre a décima dos dereitos reais que pertencían á coroa na diócese de Tui de Entre-Minho-e-Douro. Esta concesión constituía un incremento considerable en liquidez das arcas episcopais, razón pola que podemos explicar o comezo dos traballos da portada occidental e a súa extraordinaria calidade. Igualmente o apoio do monarca galego-leonés, Afonso VIII, suporía unha axuda inestimable para comprender o alcance da arte reflectida na portada e a súa singularidade. O principal estudo realizado sobre esta portada foi o realizado polo profesor Serafín Moralejo en 1975, estudo no que destaca as particularidades do conxunto escultórico tudense e o seu valor.493 Xa fixamos o medio económico polo que puido xurdir a portada tudense, fixando por este medio a data de comezo -aproximada- da obra, sobre 1218. A oportunidade para realizar unha conxunto artístico da calidade do de Tui non debeu ser provocado tanto pola casualidade de acharse unha parella de artístas en Galicia, xa que logo a total ausencia de paralelos estilísticos non só en Galicia senón e tamén en España, lévanos a pensar nalgún contacto exterior para contratar a polo menos dous artístas con suficiente experiencia do norte de Francia. Non estamos pois, ante dous canteiros que ofrecen os seus servizos ao longo do camiño francés aproveitando as oportunidades que brindaba as grandes construccións catedralicias e monásticas, senón que a súa presenza en terra tudense debémola a un encargo concreto e polo que só reflectirían a súa arte na Catedral tudense, retornando a súa terra ao acabar o traballo. Este feito, que puidera resultar intrascendente, é realmente sintomático do carácter da portada tudense, na que malia o seu valor e extraordinaria calidade non vai ser sentida a súa influencia na rexión. Nunha visión de conxunto, a portada tudense ofrece unha serie de particularidades que a fan única. O desenvolvemento dun programa inconográfico nunha sóa porta vai condicionar claramente tanto o que se adoita transmitir en programas complexos medievais -tres portas- como o mesmo resultado do programa tudense coa que acadará a orixinalidade final. Moralejo Álvarez sinala certo paralelismo coa Goldene Pforte de Friburgo, portada románica que tamén ten que expresar o complexo temario medieval nunha única porta, aínda que é unicamente niso no que se poden semellar Tui e Friburgo. O programa tudense aforra en expresións moralizantes e imaxes escatolóxicas típicas da iconografía medieval e consagra o seu lintel e tímpano ao ciclo do nadal, nunha mensaxe de maior ledicia e menos tremendista. Malia que estamos perante unha

493

Moralejo Álvarez, Serafín; “Escultura gótica en Galicia (1200-1350)”. Patrimonio Artístico de Galicia y otros estudios (Homenaxe ao Profesor Moralejo). Xunta de Galicia, 2004. pax. 71-82.

temática que arraiga en Tui desde o románico 494, tampouco poderíamos descartar unha visión optimista perante a prosperidade que a cidade e a diócese estaba a vivir. As motivacións para a colocación das estatuas-columnas con cadanseu personaxe xa é máis complexa de determinar e sobre todo a súa relación co propio tímpano e lintel. Na súa maioría son representacións veterotestamentarias, unha forma de ligar a mensaxe de Cristo coas antigas escrituras, e tamén nalgún caso aproveitar para establecer simboloxías máis complexas que as aparentes. En primeiro lugar, no lado do evanxeo, está a figura de Moisés, coas táboas da lei e apoiado sobre nimbos, quizais como expresión das tebras 495. Para o cristianismo a figura de Moisés é un referente do contraste entre o xudaismo tradicional e as ensinanzas de Xesús. Do mesmo xeito os evanxelistas acostuman a explicar as palabras e feitos de Xesús comparándoas coas de Moisés. A estatua seguinte corresponde a un profeta, portando a súa cartela e apoiado sobre un monstruo demoniaco, aínda que de difícil asignación debido a ausencia de maiores características. Acostúmase a interpretar como Isaías. Este profeta, considerado entre os maiores, ten unha fonda importancia para o cristianismo ao anunciar a vinda do Mesías en varias pasaxes: Isaías 7:14, “Pois ben, o Señor mesmo/ daraivos un sinal:/ He aquí que unha doncela está encinta/ e vai dar a luz un fillo/ e poñeralle por nome Emmanuel. Na segunda parte do libro de Isaías repítese o sentido de expiación dos pecados do seu pobo por parte de Iavé e a glorificación posterior. A seguir temos a clara presenza do apostólo Pedro, coas chaves do ceo na man dereita e o seu evanxeo apócrifo na esquerda, ficando aos seus pés unha figura monstruosa. A presenza de San Pedro fica clara como sostén da igrexa e da mensaxe cristiana. A última figura deste lado corresponde a San Xoán Bautista co cordeiro nun disco e aos seus pés unha figura demoniaca. San Xoán encarna a predicación e o bautismo. O bautismo practicado a Xesús no río Xordan e o seu recoñecemento como Mesías evidencian a importancia da figura de San Xoán expresado en Tui pola igrexa homónima nas proximidades do porto fluvial. No lado da epístola aparecen máis figura controvertidas. As dúas primeiras, claramente asumibles como “parella real”, teñen sido interpretadas como Fernando II e a súa dona, Urraca; para o profesor Moralejo corresponderían a Salomón e a raíña de Saba, con claros paralelismos en Notre Dame de Chartres e en Notre Dame de Laon. Salomón porta nas súas mans un templo mentres aos seus pés aparece a figura dun anano do que afirma Moralejo que sería a representación de Marcolfo, bufón do rei Salomón que aparece nunha paródica discusión co monarca realizada no século XII 496. A raíña de Saba suxeita coa man esquerda unha cartela que no seu momento debeu ter escrita algunha mensaxe, mentres aos seus pés unha figura mesándose as súas longas barbas semella identificarse coa luxuria. En Chartres, portada do transepto norte, portal 494

Lembremos o capitel dereito do arco triunfal adicado á Anunciación, Visitación e Nacemento, cen anos anterior á portada, polo que podemos desconfiar dun motivo poderoso e representado por algunha tradición tudense, se cadra en forma de reliquia venerada na Catedral. 495 Sobre todo este significado dos nimbos/tebras que aparecen aos pés das estatuas requira unha interpretación negativa, visto que o resto manteñen esta connotación. 496 Moralejo Álvarez, Serafín; “Marcolfo, el Espinario, Príapo: un testimonio iconográfico gallego”. Patrimonio Artístico de Galicia. Xunta de Galicia, 2004. pax. 189.

occidental, aparecen as estatuas de Salomón e raíña de Saba sobre figuras, unha que sería a do anano Marcolfo e outra baixo a raíña sen identificar. Aínda que fique clara a identificación destas dúas figuras coas personaxes do antigo testamento, hai que sinalar que estas imaxes puideran aproveitarse para reflectir aos monarcas contemporáneos, neste caso Afonso VIII e Berenguela, como patrocinadores de tan transcendente portada, nun intento, por outra banda de acadar novos favores cunha medida que ensalzaba a figura do rei comparándoa coa sabiduría e prestixio do rei xudeo. A seguinte estatua do lado da epístola tamén aporta características complexas, polo que se ten aventurado varias propostas sobre a mesma. A figura de longa barba porta entre as súas mans un crucifixo cuxo extremo bacelado chega aos pés. O pedestal son nimbos con incrustacións vexetais. Esta personaxe máis semella a fusión de varios atributos, xa que esta figuración é única e orixinal, polo que é imposible achar no gótico europeo algún precedente. Curiosamente en Tui está representación tivo fortuna pero caracterizándoa como San André, cuxas imaxes temos no exterior da Torre homónima e na Sala Capitular románica orixinaria da capela do santo no interior do templo. Salientan dúas hipóteses para esta figura, a do profeta Xeremías e a do ancián Simeón, ambas moi extendidas no gótico francés. Nin unha nin outra xustificarían a representación outorgada na portada tudense, aínda que desbotaríamos a hipótese do ancián Simeón497 por mor do seu afastamento con esta figura tudense. A interpretación co profeta Xeremías estaría máis acaida á representación que se fai do profeta na portada tudense. A representación que por exemplo se fai do profeta no transepto norte, portal central de Chartres, cunha cruz nun disco, permitiría a evolución da figura para que se inxerise o crucifixo de cara a completar a composición da portada nun xogo iconográfico complexo destacado por Moralejo Álvarez no seu traballo. A figura profética de Xeremías, cunha enorme forza, estaría en correspondencia coa imaxe do crucificado ao proxectar a morte de Cristo como salvación da humanidade polos seus pecados, nunha analoxía clara cos padecementos do profeta subliñados no seu libro. A adopción desta imaxe como San André non debeu ser froito da casualidade, xa que a consagración da Catedral se fixo na festividade do apostolo e que a representación da portada debeu servir como modelo idóneo nos séculos XIV e XV, xa esquecidos os matices da súa xénese. A última figura do lado da epístola corresponde a unha personaxe imberbe que porta unha cartela e baixo os seus pés fica un dragón. Non hai dúvida que con estos elementos temos a figura do profeta Daniel. A representación do dragón está relacionada co episodio do libro de Daniel 14:23, no que o profeta mata a unha gran serpe-dragón que era venerada coma un deus en Babilonia. A argucia que empregaría o profeta sería: “Daniel tomou entón pez, graxa e pelos, o coceu todo xunto e fixo con isto unhas boliñas que botou nas fauces da serpe: a serpe as tragou e reventou.” O lintel, sostido por ménsulas representadas por anxos anunciadores, recrea en altorrelevo a Anunciación, Nacemento e Anunciación aos pastores. O extraordinario valor deste lintel provén do efecto dinámico das súas figuras e do incrible sentido narrativo que o fan unha auténtica obra mestra, ao dicir do profesor 497

O ancián Simeón é representado co neno Xesús aos ombros, como corresponde do evanxeo de Lucas 2:22.40, na visión profética do ancián ao coller ao neno Xesús na súa presentación no templo, polo que transformar esta representación coa presenza do crucifixo sería desvirtuar o texto e a intencionalidade polo que era representado.

Moralejo, que afonda nas propiedades extraordinarias do lintel tudense ao advertir a perfecta conxugación de tan dispares principios ordenadores dos programas medievais como son o compositivo e o ideográfico498. A exposición narrativa do lintel escomeza desde a dereita coa escena da Anunciación, a Virxe dirixe os seus ollos cara arriba onde se apreza a presenza do Anxo dentro dun arco trilobulado e de entre construccións que sinalan as arquitecturas da Xerusalem Celeste. A imaxe de San Xosé durmido nunha ampulosa cadeira márcase como transición ou nexo entre escenas, xa que podería establecerse para a Anunciación como para o Nacemento. Este último co motivo da Virxe María deitada na cama 499, nunha escena que recrea unha habitación de grande riqueza á vista das cortinaxes que se abren e enroscan nas elegantes columnas que enmarcan a cama. Na apertura das cortinaxes, en segundo plano, albíscase a presenza do berce co neno Xesús e enriba del discretamente a cabeza do boi mentres que a mula apenas se traza. Rematando a escena atopamos as mesmas arquitecturas que na Anunciación, con arco trilobulado onde fican varios anxiños coroando á Virxe e ao neno. A última escena representa a Anunciación aos Pastores, onde dúas figuras ataviadas con túnicas curtas escoitan e miran ao anxo que cunha cartela lles está sinalando a chegada do Mesías noutro arco trilobulado. Estos pastores teñen un tratamento moi clasicista, seguramente influenciado o escultor polos Moscóforos romanos. A escena complétase co intento de recreación de paisaxe, cunhas árbores que se alternan entre as figuras, mentres que as ovellas andan aos pés dos pastores, unha delas xa dirixíndose á escena do Nacemento. O lintel lémbranos moito aos vellos sartegos romanos, e é problable que polo tipo de espazo e características da temática, o artista coñecese exemplos clásicos. O tímpano, separado das arquitecturas da Xerusalem celestial por unha imposta de arquiños consecutivos, desmárcase do lintel inferior tanto polos volumes que acadan as figuras como polo diferente sentido narrativo. O tímpano vai significar un simple soporte para a colocación das figuras, que se transforman en estatuas de bulto redondo para desfacerse do incómodo fondo, nun xesto de tremenda afouteza e innovación. A secuencia narrativa comeza a “lerse” desde a esquerda, isto é desde o lado que deixamos a narración da última escena do lintel. Nunha primeira escena atopámonos coa presenza dos Reis Magos perante Herodes. A figura do rei Herodes, sentada e coa perna cruzada intenta transmitir o desprezo cara un personaxe de tinte maligna, mentres un rei mago esta atendendo a indicación de Herodes sobre o nacemento do neno Xesús, outro rei adopta unha posición frontal de cara a establecer a transición e nexo á Epifanía na que un rei mago está axeonllado ofrecendo un agasallo á Virxe María e ao neno Xesús. A Virxe atópase sentada abandoando a frontalidade como observa Moralejo Álvarez, no seu xesto de ollar cara ao rei, mentres ten pousado no colo ao neno Xesús, este facendo o aceno da beizón cos dedos índice e corazón. A Virxe fica coroada polos anxos que saen das arquitecturas superiores que coroan o tímpano, establecéndose como nova representación da Xerusalem celeste. A continuación unha figura dun rei mago cun cáliz na man denota a súa intrusión no conxunto, non pertencendo nin por calidade nin tipo de material. Probablemente, e a exemplo do portal norte da portada occidental de Laon, o lugar estivese sinalado para a figura dun Anxo, desaparecido posteriormente do mesmo xeito que a mesma cabeza do neno Xesús. A última figura do tímpano representa a San Xosé 498

Moralejo Álvarez, Serafín; op. cit. 1975. pax. 72. Habitual representación en Tui, xa que o vimos no capitel románico e o veremos en 1424 no capitel de San Domingos. 499

na mesma actitude que no lintel pero desta vez de pé, expresando así o episodio do soño e dúvidas do santo. Rematando o tímpano aparecen as arquitecturas antes sinaladas da Xerusalem Celeste, nunha mensaxe, que ao dicir de Moralejo Álvarez, completaría a misión iconográfica da portada cunha alusión, aínda que pequena, ao Xuízo Final, completando o ciclo e establecendo unha coherencia e dinámica narrativa sen precedentes na arte galega e española, e que como advirte Serafín Moralejo vai ser o último da súa arte representado, xa que os novos conxuntos monumentais de París e Amiens transformarán completamente o gusto polo narrativo destas portadas para establecer o dominio completo da estatuaria. Os motivos ornamentais que decoran a portada supoñen unha liña estilística diferente que a que amosa a estatuaria. Como sinala Yzquierdo Perrín 500 os paralelos a esta decoración podemolos atopar en Santiago producto dun taller mateino, polo que a autoría como veremos será ben diferente aos artistas que labran o conxunto escultórico. O festón con arquiños que percorre dun lado a outro a portada, ten como referencia o coro do mestre Mateo en Santiago, do mesmo xeito que os capiteis sobrios e elegantes con crochets. Os Anxos con cartelas das mochetas da porta tamén manteñen a ligazón co mestre Mateo ao aparecer por primeira vez no van central do Pórtico da Gloria e difundirse o seu modelo por numerosas portas de igrexas galegas. As arquitecturas da Xerusalem Celeste que rematan o tímpano tamén desmostra Yzquierda Perrín as súas relacións estilísticas con Santiago e en concreto o coro do mestre Mateo. Polo que se refiere ás arquivoltas, estas mostran unha profusa decoración vexetal. Decora o seu intradós con flores mentres que a rosca o fai con cuadrifolias. Na seguinte arquivolta mostra de novo decoración floral. No terceiro arco unhas follas con profundo trépano que fai o efecto de dobrarse cara o centro onde un talo e un froito fican recollidos. O arco que lle segue ten semellanzas co anterior, unicamente muda a distribución das follas colocadas agora lonxitudinalmente. No quinto arco son flores as que percorren o seu trazado. Na seguinte volvese ao motivo das follas semidobradas sobre un froito destacándose máis os talos. No séptimo arco o motivo das follas dóbrase sobre catro puntos para envolver o froito no seu interior. O último arco repite as floreciñas do intradós do arco interior, algo que tamén comprobamos desde o interior do templo. Todo isto fainos ver a diverxencia dos talleres que traballan na portada tudense. Por un lado a parte estatuaria con dúas procedencias estilísticas: unha de Laon que sería o relevo do lintel e as estatuas da parte esquerda (Moisés, Isaías, San Pedro, San Xoán), e outra de Sens con retazos de Chartres para o rexistro superior e as estatuas da parte dereita (Salomón, raíña de Saba, Xeremías, Daniel). Mentres que a estatuaria ten raices francesas, a decoración como vimos ten procedencia rexional, mantendo unha liña de contacto co mestre Mateo. Esta diverxencia de talleres lévanos a pensar que a parte mateína-ornamental estaba feita con anterioridade, incluso antes do ano 1218, e no periodo que abranxe 1218 e 1224-1225 -consagración da Catedral- a parte estatuaria completaría o traballo. 500

Yzquierdo Perrín, Ramón; “Motivos ornamentales de la Catedral de Tuy”, Archivo y Museo Histórico Diocesano, 1989. pax. 89-113.

Isto non quere dicir que o programa iconográfico que se proxecta chegue a acordarse cos artistas franceses, senón que xa estaba imposto con anterioridade, tal e como vemos polas características da Xerusalem Celeste cos seus arcos trilobulados completamente abertos mentres o existentes no lintel amosan unha execución máis pechada, síntoma dun traballo posterior e adaptado a unhas condicións xa impostas con anterioridade. O Pórtico catedralicio completaría o programa trazado na portada prolongando o espazo sacro da catedral nun amplo nártex. Como apreza Yzquierdo Perrín, a decoración do pórtico revela a súa contemporaneidade coa portada, polo que ao remate do conxunto escultórico procederíase a edificar este novo aditamento estético, aínda que non poderíamos descartar un sentido estrutural para conter a fachada occidental. Os capiteis de crochets evidencian a continuidade dos traballos desde a portada ao pórtico. A mediados do século XIII puido estar listo este pórtico, xa que a documentación deste século comezaría a nomear este lugar como Portal Novo. Como prolongación da portada, non xa no sentido litúrxico e cerimonial que evidentemente tivo ao longo dos séculos medievais, senón tamén iconográfica, o pórtico iría incorporar unha talla de Santa María no esteo sur, completando o que noutros portais figuraba no parteluz. Esta imaxe, hoxe descoñecida, era denominada na idade media como Santa María do Portal, e posuía a súa lámpada 501, o que evidencia un culto moi importante. Hoxe en día o que resta e unha pequena peana cónica adosada ao esteo e un capitel de crochet, sinalando o espazo onde estaba esta imaxe de gran devoción en Tui. Completaríase o Pórtico cunha Anunciación no século XIV. O Anxo aparece no esteo do sur baixo doselete e aos pés unha ménsula con figuración humana. No esteo norte, a Virxe expón a súa preñez, nunha fusión de episodios -Anunciación e embarazo-, e nunha devoción, Virxe da O ou da Preñada, que en Tui terá unha gran fructificación malia das prohibicións do Concilio de Trento. A Virxe, como o anxo, tamén se atopa baixo doselete e sobre unha ménsula con figuración humana. No Pórtico aparecen diversas decoracións que teñen un sentido iconográfico obvio. No trasdós do arco occidental, cara o interior aprezase un rostro barbado con cabelos longos, nunha representación do Salvador contemplando a portada. Sobre o arco norte, no seu interior existe unha curiosa imaxe de faccións románicas, que representa a unha dama coroada e sentada nunha cadeira; entre mans porta unha especie de rosca ou círculo sogueado. Trataríase dunha imaxe da Virxe María, trasladada desde outro lugar da Catedral e que completa o conxunto occidental.502 Espazos funcionais e capelas O conxunto catedralicio ao longo do tempo incorporaría unha serie de espazos necesarios para a liturxía, alguns deles xa programados no proxecto orixinal do templo, 501

A.C.T. Protocolos Pero de Lagea. Fol. 16. 15 de decembro de 1334: “Item mando a Santa Maria do Portal para lume hum açumbre dazeyte”, Testamento de Tareixa Peres. Fol. 18. 6 de maio de 1335: “Item mando a Santa Maria do Portal hun cuarto dazeyte em cada hun anno para todo sempre e qello dem pola minna casa de Sam Nicolao en qe ora mora Lourenço Nunes et Marina Iohnes minna filla”, Testamento de Maria Fernandes. 502 A imaxe está labrada sobre unha peza cúbica e encastrada no muro do pórtico. Ten aproximadamente trinta centímetros de altura.

pero outros foron engadidos a medida que as necesidades, as fundacións piadosas ou as condicións do recinto catedralicio contribuisen a precisar e definir o conxunto que hoxe vemos. Sacristía, tesouro e sala capitular Entre os lugares que nun templo catedralicio podémonos atopar, están os citados no epígrafe, e cuxa función era básica para o culto. Para Carrero Santamaría503 a Sacristía estaría entre as absidas da catedral, aínda que constata a ausencia material dunha posible ubicación deste importante espazo xunto co propio tesouro. Xa temos citado con anterioridade, como a cabeceira catedralicia debido á posición da sala capitular debeu modificarse aproveitando o espazo entre a absida e esta sala. Tamén poderíamos velo no contrario, a inclusión xunto da absida e corredor da xirola dunha sacristía, e polo tanto na posición canónica da que fala Carrero Santamaría, condicionaría tamén a posición e estrutura da sala capitular. Non temos ou posuimos moitos restos para avaliar e decidir sobre este feito, aínda que algunhas marcas e pezas convídanos a establecer unha hipótese certamente atractiva e asentada na lóxica. Temos claro que o absidiolo sur non puido realizarse pola existencia dunha sacristía e da sala capitular, e os mesmos restos actualmente existentes na porta da capela das reliquias ou San Telmo, indican máis a presenza dunha xanela -por estreitez e altura- que dunha porta, aínda que non desbotaríamos o seu aproveitamento como nicho-altar. Temos claro que as dimensións deste espazo, parellos en fondo á sala capitular xa existían a finais do século XV coa intervención do bispo Pedro Beltrán a teor da xanela supervivinte no lateral, sobre o gran arco realizado polo bispo Diego de Torquemada en 1578, prelado que reaproveitaría este lugar sen alterar sustancialmente as súas dimensións. O bispo Torquemada adicaría a San Telmo a capela en 1578 pero sen esquecernos que vai estar acompañado das reliquias catedralicias; pervivencia da antiga sacristía-tesouro? Finalmente os restos atopados na década de 1950 por mor de obras realizadas xunto do muro sur da capela de San Telmo, revelan unhas características sorprendentes, máis aló da súa utilización como transición entre estancias e salas. Principalmente son tres os motivos que aquí nos interesan, son un capitel entrego, unha doela con figuración e unha sección de fuste entorchado. Estas pezas estiveron expostas no seu momento en Galicia no Tempo 504, este feito permitíu unha análise rigorosa dunhas pezas esquecidas no museo catedralicio tudense. O fuste entorchado e maila doela ficarían totalmente emparentados cos traballos da portada norte de Santiago de Compostela, isto é a chamada porta Francíxena e correspondendo á segunda campaña constructiva no templo compostelán. Esta magna obra está datada cara os anos 1105 e 1112. Tiña a porta santiaguesa unhas columnas de 503

Carrero Santamaría, Eduardo; La catedrales de Galicia durante la edad media. Claustros y entorno urbano. 2006. pax. 384. 504 Sobre esta magna exposición ver o catálogo Galicia no Tempo, VV.AA. Xunta de Galicia, 1991. Tamén na prensa foron saíndo artigos sobre as pezas tudenses expostas; Faro de Vigo: 5-05-1991, Sofía Quiroga Limia, “Un fragmento del románico de Tui”; Faro de Vigo: 11-08-1991, Aser Angel Fernández Rey, “Imágenes de piedra: un capitel entrego de la catedral de Tui”; Faro de Vigo: 18-08-1991, Aser Angel Fernández Rey, “Tras las huellas de la arquitectura: el fragmento de arquivolta de la catedral de Tui”.

mármore -algunhas aínda conservadas- inspiradas na arte clásica, feito da inspiración do bispo Xelmírez cando viaxou a Roma nos primeiros anos da XII centuria. Nestas columnas observaranse os prantexamentos que logo veremos nas pezas tudenses; fustes entorchados, isto é con estrías helicoidais, e figuras fazulentas con cabelos dispostos en grosos mechóns paralelos e cinxidos á forma da cabeza acrecentando a súa redondez, o tratamentos dos pregos, etc505. Polo tanto, perante estas similitudes, Valle Pérez, afirma que estas pezas tudenses estarían datadas non máis aló do ano 1120, revelando unha grande proximidade as obras compostelás da segunda campaña. Claro que esta datación quedaría inserta dentro do discurso de inicio das obras tudenses, non explicando nin a particularidade destas pezas e polo tanto a súa procedencia e ubicación. Debido ao lugar onde se atoparon estas pezas, isto é no muro sur da capela de San Telmo, e polo tanto obrado no 1578 por Diego de Torquemada, indicaría o seu uso aínda nas primeiras décadas do século XVI, afastadas se cabe da reestruturación que o bispo Pedro Beltrán fixo na cabeceira do templo entre 1495 e 1499. O fuste entorchado posúe as devanditas estrías helicoidais que se decoran con botóns. O fragmento de arquivolta ten forma pentagonal, e destaca unha figura humana agochada portando na man un pano. O rostro da figura, como diciamos, fazulento e con cabelos e mechóns que se adaptan á redondez da cabeza. Diante distínguese o que puidera ser outra figura na mesma disposición. Os resabios clásicos que destila a peza, da que non é allea esa influencia compostelá, afírmase na temática que acolle, xa que estaríamos perante a Comunión dos Apóstolos, da que temos iconografías bizantinas moi esclarecedoras como o Ephitaphios de Tesalónica -Museo Bizantino de Atenaslenzo de notable calidade do século XIV. Como vemos, estamos perante unha temática transcendente nunha peza que formaba parte dunha gran arquivolta, entrada a un espazo de relevo dentro do templo catedralicio. Debido á ubicación das pezas no seu achado, poderían ter algunha relación coa sacristía, tanto se falamos da entrada á sala desde as naves do templo, como de porta de entrada desde a sacristía para a sala capitular. O máis probable é que estivese ubicada no muro de peche da sacristía coa absida e xirola da cabeceira, dando esta monumental porta ao corredor da xirola, curiosamente no mesmo espazo que lle valeu ao bispo Diego de Torquemada para abrir o gran van de comunicación coa capela por el promovida de San Telmo. O que si podemos ter claro é a transcendencia e importancia que estas pezas estaban a dar ao espazo destinado, que pola súa ubicación claramente poderiamos considerar unha segunda fase de construcción das obras catedralicias logo de ter rematada a cabeceira tudense, de aí a temperá datación das pezas e a súa conexión con Santiago. Outra porta comunicaría a sacristía coa sala capitular, isto é, cun sentido ornamental, do que puidera corresponder o capitel entrego. Esta peza mostra unha figura humana apoiando os seus pés no astrágalo do capitel e agarrando coas súas mans o pescozo, se cadra en representación dun vicio como a avaricia. As características do capitel están máis relacionadas co período de obras do transepto, e polo tanto cunha datación máis serodia, quizais cara 1130-1135, datas nas que se obra na sala capitular. 505

Galicia no Tempo; VV.AA. Xunta de Galicia, 1991. J.C. Valle Pérez, pax. 190.

A sala capitular forma unha gran rectángulo na panda leste do claustro, e como indica Carrero Santamaría, debe a súa posición e tamaño á intención do bispo Paio Menendes de establecer a regla de San Agostiño para o cabido, unha adscricción monástica que precisaba dentro do plan do prelado dunhas características monacais nas diferentes estancias do conxunto catedralicio, a principal a sala capitular. A sala ábrese ao claustro actualmente, pero no seu momento, 1138, tiña aberto un enorme cadrado, posiblemente cercado, ao sur da catedral, como cerne dun claustro claramente monástico, feito polo que podamos explicar a ausencia dunha comunicación directa co mesmo, xa que o peche románico polo lado sur non deixa ver acceso algún nos seus muros nesta época. A sala componse dunha gran arcada formada por oito arcos de medio punto dobrados e peraltados, cun gran arco central de acceso á sala. Os arcos apean en capiteis sobre columnas pareadas independentes. Por mor das transformacións e desuso desta sala a partires do século XVI, os capiteis foron deturpados, albiscándose a temática e estilo somentes de algúns. No extremo sur, nun capitel representase a dous carneiros topando as súas testas, símbolo de virilidade. No cuarto capitel desde o norte aparece unha loba amamantando a un lobezno, quizais con conexións simbólicas coa fundación mítica de Roma. O resto de capiteis perceptibles amosan temática vexetal, mentres que os ábacos reproducen decoracións das tribunas ou da portada norte, como os talos sinuosos 506, e algunhas basas as vieiras como decoración xacobea. Para Carrero Santamaría a sala capitular tudense ten orixe na estruturación monástica do cabido, resultando así a construcción dun capítulo de dimensións notables e fachada monumentalizada, sen paralelos entre a arquitectura catedralicia hispánica507. A función da sala, como lugar de reunións do cabido catedralicio, manteríase ata fins do século XV, cando seguramente polas condicións das súas dimensións e mal estado, decidiríase unha nova ubicación. A sala empregaríase con normalidade ao longo dos séculos medievais para derimir sobre as cuestións de interese do cabido como os foros e as tenencias, ou audiencia que en nome do bispo realizaba os xuizos dependentes da xurisdicción eclesiástica. Unicamente nos momentos conflictivos da idade media o cabido deixaría a sala do claustro para escoller outros lugares, como o coro, a capela de Santa Catalina ou incluso a igrexa de Santa María da Oliveira. Outro punto interesante vai ser o mobiliario, xa que como o actual que ocupa a sala capitular, cadeirado do ano 1712, na idade media a sala capitular románica estaba fornecida por asentos e recubrimentos de madeira, armarios para gardar os arquivos e papeis, etc. Tal extremo está perfectamente recollido na documentación: “ e presentada a dita carta e instromento do dito sennor obispo por lo dito frey pero ante os ditos sennores e lyda como dito he, entonçe o dito mestrescola vigario do deam personas e canonigos que presentes eram, diserom que a reçebiam e obedeçiam como carta e mandado do seu sennor e perlado e quanto ao comprimento dela, asentarom logo o dito frey pero enna cadeira deputada do dito sennor obispo no dito cabido e diseronlle que husase enno ofiçio da vicaria, como sempre husarom todolos outros antecesores do dito sennor obispo”508.

506

Bango Torviso, I.G; op. cit. 1979. pax. 245. Carrero Santamaría, Eduardo; op. cit. 2006. pax. 387. 508 A.C.T. Protocolos lib. XIII. 22 de xaneiro de 1460. fol. 17. 507

Do mesmo xeito que existía una cadeira especial do bispo, as cadeiras asignadas ás diferentes dignidades catedralicias tamén debían ofrecer diferencias tanto na forma como na orde onde estaban ubicadas. Mentres, os cóengos de menor idade debían ficar probablemente en asentos corridos, adaptados ás bancadas pétreas actualmente existentes na sala. Quizais como resto destas cadeiras poda ser o lintel con arcos xeminados e decorados cunha flor con botón central na unión dos arcos, con claras semellanzas co coro mateano, aínda que no caso de Tui deberon ser só algunhas cadeiras as que tivesen algún tipo de ornamentación. O tesouro era un espazo necesario dentro do conxunto catedralicio, outro problema prantexa onde estaba ubicado en Tui. As referencias documentais non nos aclaran moito se existía na catedral un lugar concreto para o tesouro, xa que as mesmas poden entenderse tanto para o continente como para o contido. Algúns documentos, nembargantes, poden estar amosando un espazo físico para o tesouro, xa que nalgún caso están no lugar onde se gardaba o devandito tesouro catedralicio: “Era de mill et quatroçentos et XVII annos XVI dias do mes de mayo sabeam todos que seendo Martim Apariçio peres thesoureiro da iglesia de Tuy Martim Barreiros joham fernans Stevo Domingues loppo fernans coengos de Tuy eno thesouro da dita iglesia os sobreditos Martim Barreiros Joham Fernans Stevo Domingues loppo fernans por mandado do dayam et cabidoo da dita iglesia derom e entregarom ao dto thesoureiro tres caleses dourados”509. Na documentación, en ocasións o tesouro semella non estar alonxado da sala capitular, polo que ou ben estaba na mesma sacristía ou ben tiña un pequeno espazo debaixo da mesma aproveitando o desnivel existente entre esta e a sala capitular. Do contido do tesouro temos bó coñecemento polos datos que aporta a documentación dos protocolos notariais da catedral. A primeira relación importante provén do testamento do bispo Rodrigo no ano 1335 que deixa á catedral unha interesante colección de pezas: entre as primeiras varios ornamentos como capas e mantas que pertenceran ao bispo Xoán de Soutoumaior -1286/1323- de varias calidades como cendal ou “hum manto qe mandou o dto sseñor bpo de tartari em qe anda a ymagen de Santiago et dous scudetes de leoens dous en fondo et dous en çima oqual derom derom logo parao altar”, tamén outros ornamentos como unha “mitra vella da iglesia com pedras de Vidro” e outra mitra que pertencera ao bispo Xoán de Soutomaior. Interesante serían “humas tavoas de reliquias qe mandou obispo aayglesia” non sabemos se para a súa exhibición no templo ou para ser gardadas no tesouro. Había tamén unha cruz de ouro que fora do arcediago Estevo e de Fernán Eans de Montor. Menciónase un caliz da “iglesia de Santa María”, non sabemos se referíndose a Oliveira ou a mesma catedral. As pedras preciosas tamén eran estimadas e gardadas, neste caso no testamento do bispo aparecen dous zafiros grandes tendo un deles unha esmeralda pequena incrustada no medio, definíanse como “da igrexa” polo que debían utilizarse como material de adorno para calquera tipo de ornamento. A lista de pedras continuaba cun zafiro claro, un “leytoro grande”, unha cornalina con letras ao seu redor e unha figura, un camafeo pequeno que estaba sobre unha calcedonia, dous zafiros pequenos cor do ceo, unha “iagonça rubillada”, un lector, un zafiro pequeno claro, outro zafiro pequeno e longo furado polo medio; todas estas pedras estaban engastadas en ouro. Unha cornalina vermella grande e redonda engastada en prata. Unha pedra amarela semellante ao “leytorio” engastada en prata. Tamén había aneis ou 509

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 52. Ano 1379.

sortellas, unha delas non tiña pedra, estaba feita en prata con tres escudetes e letras escritas ao seu redor. 510 Na mesma data do testamento e por doazón do bispo Rodrigo, entregarían ao arcediago de Deça -Santiago- Sueiro Eans, un pano de ouro que for a manto do rei Afonso X, coa condición de facer capa e acudir as festas principais da igrexa tudense, en canto el morrer a devandita capa pasaría a mans da igrexa de Tui. Do século XIV temos dous interesantes inventarios, practicamente iguais, un correspondente ao ano 1379 e outro de 1390. O tesoureiro do cabido, Martin Aparicio Peres, xunto con outros membros do cabido, estando no tesouro, aquí como espazo físico, recibirá o tesouro -como novo tesoureiro que era- facendo inventario do contido das súas pezas para realizar un mellor control sobre as posesións capitulares xa que era habitual prestar calices e outros ornamentos a outras igrexas, polo que en ocasións se podía descoñecer o seu paradeiro ou o dereito de propiedade do cabido sobre esas pezas. Deste xeito entregarían ao tesoureiro “...tres caleses dourados dos quaes chaman hum deles vertudeyro et os dous som grandes et tem hum deles hum esmalte enno pee et çinquo caleses de prata chaaos. Item hum teysto. Item çinquo lanpaas de prata as todas com cadeas de prata os quatro lanpaas seem ante o corpo santo e ahuna seem ante o altar de Santa Maria a grande. Item huna crus grande de prata dourada. Item duas cruses douradas com pedras preçiosas. Item huna crus pequena que tem hun cristal vermello enno pee. Item quatro bagoos cubertos de prata com caletas. Item dous candeeyros grandes de prata. Item dous ençençaas de prata. Item dous avangiliore cubertos de prata e hun ha meos de prata de huna das tavoas. Item çinquo huchas de rreliqas tres brancas e duas pretas e huna delas verde. Item a capa u o bordom do corpo santo. Item tres capas indias das mays fracas das peores. Item duas capas vermellas das boas. Item tres capas brancas desta mesma rrasom e huna delas tem feguras de pasannas douro. Item duas capas capas douro e de seda. Item huna capa vermella. Item seis capas dominicaas et huna pequenina. Item huna vestimenta conprida o manto dela branco e verde e vermello. Item outra vestimenta conprida o manto dela forrado de çendal verde et he de tapete vermello con coro. Item huna vestimenta conprida que deu lopo gomes de manto dourado et forrado de çendal verde. Item hun manto con castellos et leoes. Item hun manto de çendal indio con huna estola de bollis. Item hun manto dourado de seda com pasannos douro e de de seda. Item hun manto vello. Item outro manto vello branco. Item dous cotibaldos brancos. Item duas pedras com que açendem o lume em vespera de pascoa. Item des justas. Item hunas toallas brancas. Item trese sortellas douradas et duas castanas et huna plancha pequena de prata que tem hum estrelin que andam ontre ellas. Item dose vestimentas as tres de çendal forradas da outra parte de pano de seda et duas vestimentas huna preta com que canta enna qoresma et outra com que canta enna cappela de Santiago et as sete vestimentas brancas todas see acabadas. Item huna caldeyra en que beyse a agoa para a proçiçom. Item dous pichees destano. Item dous cutibaldos hussaas. Item outros dous cotibaldos feriaas. Item outros dous cotibaldos para moços pequenos. Item tres raçeyroos de sobre altar. Item hum livro oraçoeyro de sobre altar. Item hum 510

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 17. 1 de maio de 1335. Testamento do Bispo Rodrigo. Os tipos de pedras preciosas ou semiprecisosas a que se refire o testamento como a iagonça rubillada -encarnadaou o lector -leytoro- deben corresponder a variedades de corindóns, vermella ou amarela. Mentres que os nomes dados á cornalina, calcedonia ou zafiro -çafil- son facilmente identificables, resulta máis difícil para as outras, aínda que se pode sospeitar que as calificacións feitas na idade media tampouco eran moi precisas.

avangelorum et hum pistoleisto. Item hum pano douro et de seda com cunchas de santiago arredor. Item huna paula branca de sobre altar louda de huna cadea ennos cabos. Item tres panos que poem ennas estantes aas festas. Item seis raçoeyros. Item dous cotibaldos forrados de çendal. Item hum cotibaldo de bocaro. Item hum manto rroto. Item hun conselia que trage hun cruçifixo dourado com tres corporaas. Item huna paula de sobre altar. Item huns mantees grandes com cruses de sygo. Item tres justos saans et quatro rotas. Item tres mantoos de vestimentas. Item sete dalmaticas et hum proio em que seem enbruladas. Item huna ara daltar de sobre o coro. Item vynte e dous volumes de livros ontre pequenos et grandes. Item hum que demo do elementaçoes. Item vynte e tres capas de clerigos. Item tres rrodomas de vidro para oleo e para crismas. Item mays dous caleses hum que deu lopo gomes et outro que deu branca ans. Item huna crus de prata cs que andam a a proçiçom cada sesta feira. Item hun caales dourado com que cantam sobre lo altar. Item hum cales de prata chaao. Item huna copa de prata com hun cales pequeno com que comungam. ... Item lle entregarom mays os sobre dtos huna naviola de prata quese fes de hum cales. Item tomou o cabidoo destes caleses que entregarom ao dto thesoureiro çinquo caleses que somarom em prata oyto marcos et duas onças et quarta dos quaes mandarom faser castaçaas para o altar.”511 É probable que algunhas das pezas aquí descritas correspondan a pezas doadas no testamento do bispo Rodrigo en 1335, aínda que por exemplo coas pedras preciosas e outras materias de valor era habitual reutilizalos en ornamentos concretos, como en calices e cruces. No ano 1390 habería unha revisión con motivo da entrega dos ornamentos feitos polo dean e cabido en 1379, que como non estaban todas as pezas e como algunhas se mandara recompoñer facían “inventario daquellas cousas que syam enno thesouro de que o dito thesoureiro tyna as chaves et entregarom lle enno dito thesouro” unha serie de ornamentos que a continuación se citaban, “....primeiramente huna cruz grande de prata dourada, item duas cruses douradas com pedras preçiosas, item huna crus pequena que tem hun cristal vermello enno poem, item quatro bagoons cubertos de prata com cabeças salvo que diserom que o dito cabidoo tomaram huna das cabeças dos ditos bagoons et amandara poer em pennor çem mor, item dous evagelioroos cubertos de prata et hun delles ha meos da prata de huna das tavoas, item çinquo huchas de reliquias duas brancas et duas pretas et huna verde, item a capa et o bordom do corpo santo, ..., item trese sortellas douradas et dous testamentos et huna plancha pequena de prata que tem hun strelim que anda ontre elas, ..., item hun quaderno das elementaçoes,... item huna copa com hun calez pequeno que andam acomungar, item tres caleses grandes hun que chamam overtudeyro et o outro que tem hun esmalte enno pee et outro que tem enna maça scudos com varas, item tres caleses pequenos chaaos et hun delles he dourado, item outro calez pequeno que deu gonçalo martim, item seys lanpaas de prata com duas que deu amadre de Gonçalvo Vaasquez quando os portugueses tomarom esta villa, todas com cadeas et destas lanpaas posso o cabido huna em penor et jaz por dusentos et sassenta morabetinos, item dous candeyros, item dous ençençaas, item huna manicola com huna cullar; destes ornamentos diserom que meteram hun cotibaldo ao bispo dom Johan, item diserom que mandaram meter por amor de deus a Miguell Sanches clerigo quando morrere huna das ditas vestimentas, eles quaes cousas o dito thesoureiro disso que sya enno dito thesouro et quesse dava et outorgava delas por entrego et os ditos dayam et cabido diserom que davam o dito inventario por çerto et que o dito 511

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 52. 16 de maio de 1379.

thesoureiro nom tyna delles mays ornamentos nem mays cousas que estas que em este inventario que ora com elle fasiam eram contiudas et se outro inventario pareçese em queo dito thesoureiro mays caleses ou candeeyros ou outra mays prata ou ornamentos reçebese que estes em este inventario contiudos que nom valese et o dito thesoureiro nom fose tiudo de dar conta de mays que desto quelle ora entregavan porlo dito inventario et todoo mays que y pareçese confesarom os ditos dayam et cabido queo reçeberam do dito thesoureiro et feserom delo que entenderom que era prol do dito cabidoo et derom de todo por livre e por quite o dito thesoureiro salvo destas cousas em este inventario postas et contiudas et espaçificadas...”512. Nesta interesante relación aparecen máis ornamentos, principalmente calices, que no feito en 1379, quizais ocasionado este incremento pola morte do bispo Xoán de Castro en 1385 e do que puidera pertencer o caliz con escudos con varas na maza, peza heráldica que corresponde ao enterramento existente na capela de San Pedro e que puidera pertencer a este bispo. Outra cuestión interesante son as dúas lámpadas de prata doadas en ocasión da toma da cidade polos portugueses, feito acontecido en 1389 polo rei João I. Estos inventarios confirman claramente o espazo físico para o tesouro e non como supón Carrero Santamaría uns arcóns para tal efecto perante a ausencia de restos arquitectónicos. Xa falamos con anterioridade como a transformación da sacristía medieval na cabeceira sur en capela de San Telmo e sobre todo das reliquias podían evidenciar a continuidade do lugar para o mesmo fin, deste xeito a visita do bispo Miguel Muñoz á catedral ao realizar a visita ás reliquias dí claramente que estas están no tesouro513, nunha data na que aínda non se tiña producido a obra do bispo Diego de Torquemada para facela capela de San Telmo. O inventerio de 1390 é realmente valioso xa que nos dá a referencia dos obxetos e ornamentos acumulados na catedral probablemente desde o século XII. En 1398 teremos o saqueo do templo catedralicio polas tropas portuguesas de João I, no que ademais do propio tesouro episcopal e capitular tamén apropiaríanse dunha extraordinaria cantidade de diñeiro e pezas de valor dos veciños de Tui que se refuxiaran na catedral ao abrigo dos seus muros. No século XV, malia dos numerosos problemas que se sucederán en Tui, intentarase recuperar o tesouro, significativamente no apartado de ornamentos litúrxicos, necesarios para os oficios. Seguramente os portugueses deixasen algunhas pezas para tal finalidade, pero na maior parte dos casos o proceso resconstrutivo sería costoso e longo. Algún dos motivos para a lentitude deste proceso serían as letras e cartas que desde Roma tentaban conseguir nas primeiras décadas o bispo e cabido de cara a restablecer o bispado tudense en Entre Minho-e-Lima, cousa que fracasará pola acción dos reis protugueses pero que ao cabido suporía a venta de varios calices de prata do seu tesouro. Na década de 1430 temos numerosas referencias a estas ventas pero tamén a traballos de refundición de materiais vellos para facer unha nova cruz. Esta cruz a estaría realizando o prateiro xudeu Abraam xunto co seu xenro Jaco: “... esto dito dia o dito thesoureiro deu a Abraam dous calezes de prata con sus pateles hunn delles era 512

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 71. 19 de marzo de 1390. Gómez Sobrino, Jesús; “Inventario artístico de la catedral de Tui, del siglo XVI, a través de las visitas pastorales”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo IV, 1986. pax. 183. 513

chao con vias enno baso e a mançaa dourada e o outro todo branco e chaao, os quaes pesavam dous marquos e dez rrayaas e foron dados para a cruz que fasia segundo que llo o dito cabido mandara dar”.514 De 1434 sabemos dun roubo no tesouro, polo que sería penado Xoán Esteves e Martin Muniz, coengos de garda. Xoán Esteves pagaría vinte reais de prata, destinándose estes cartos para un caliz que se estaba a facer.515 É problable que este mesmo caliz sexa un dourado que mercan a Abraam na mesma data, e polo que o cabido necesitou de diferentes ventas para poder adquirilo. 516 E tamén se puña todo o coidalo para gardalo, polo que tiña que ser unha obra de gran calidade, que tiña a súa propia caixa para se gardar.517 Da cruz realizada por Abraam sabemos por unha descripción do ano 1463 como estaba realizada. A entrega ao tesoureiro Ares d'Avalle de varias pezas bríndanos a oportunidade de coñecer unha obra que debía ser de gran calidade: “huna crus de dez ou doce marcos de prata dourada con sua maçaa froleada de boa obragem et huna ymagen de Santa María et outra de San Juan enxiridas con a dita crus cada una ymagen a sua parte”.518 Outras pezas do tesouro van aparecendo en diferentes documentos ao longo do século XV. Unha mitra con banda vermella dunha parte e doutra, con corenta pedras de cores. Tamén había un manto de seda de ouro con pasariños sen forro e que dera o arcebispo de Compostela Lopo de Mendoça. Un mando grande de seda prata bordado con “bolanças do Infante don Pero de Portugal” que dera Fernán Peres de Soutomaior e que cubría a tumba de frei Pedro Gonzalez. Un cáliz de prata que doou Elvira Garces e que estaba no altar maior “sua maçana espoçados de esmaltes et brocado douro et sua patena”. Un caliz de prata dourada “por la veira de çima chaano que enno pee huna crus doirada et sua maçana froleada et huna crus dourada enna pas para servir o altar de Santiago”.519 Algunha destas pezas xa se botaban en falta en 1463 pero para 1482 pouco existía tal e como se lamenta o bispo Diego de Muros perante a ausencia de ornamentos na catedral, feito que irán suplindo con novas obras tanto este bispo como o seu sucesor Pedro Beltrán, derradeiros bispos do século XV en Tui. Nas visitas do bispo Miguel Muñoz á catedral o 12 de setembro de 1540520 temos importantes referencias a diversas pezas deixadas polos bispos Diego de Muros e Pedro Beltrán. A principal peza de finais do século XV vai ser a doada polo bispo Pedro Beltrán, a cruz grande ou cruz do Corpus por ser practicamente na única festa que se sacaba en procesión polo seu tamaño e peso. Esta cruz sería entregada polo cabido aos franceses en 1809, nun intento de librarse da extorsión que lle impuñan os soldados napoleónicos. A cruz chegaba a pesar máis de corenta e sete marcos de prata, vinteun e medio a aspa e vintecinco o pé. En 1540 xa lle faltaban á cruz unha imaxe de San Sebastián e 514

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 30. 4 de setembro de 1434. A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 38. 12 de febreiro de 1434. 516 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 7-38. 12 de febreiro de 1434. 517 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. 11 de decembro de 1434. 518 Galindo Romeo, Pascual; op. cit. 1924. pax. XXXIV, apendice documental. 519 Idem. 520 Gómez Sobrino, Jesús; “Inventario artístico de la catedral de Tui, del siglo XVI, a través de las visitas pastorales”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo IV, 1986. pax. 169-210. 515

cinco santos e as cabezas de serpes que tiña botábase en falta as súas linguas. Tamén faltaban dous manzanetas ou relevos do Santísimo sobre a cabeza do crucifixo do brazo esquerdo. Diego de Muros tamén fixera doazón doutra cruz grande, desta vez de “cristal” co pé sobredourado. Outra cruz de prata doada polo mesmo bispo de gaias, co pé de imaxinaría de castelos e máis labores, dourados o pé e o crucifixo, faltábanlle tódalas cabezas dos castelos do pé que sumaban dezaseis, pesando cinco marcos e medio. O bispo Diego de Muros tamén deixara un pequeno cetro para o porteiro da catedral que tiña as armas do bispo con seis imaxes pequenas entre escudo e escudo máis un castelo enriba de todo, pesando un marco e tres onzas. Unhas vinaxeiras de prata do mesmo bispo tiñan esmaltes coas armas do prelado, cun peso de dez onzas e medio. Do mesmo bispo era un báculo con mazá redonda cun león de prata dourado e a hasta gornecida con seis pezas nas que figuraban as armas do bispo, pesando a mazá dous marcos e medio. O bispo Pedro Beltrán deixaría unha mitra de fio de prata con vintedous pedras engastadas en prata dourada. Outros ornamentos deixados por estos dous bispos eran un manto carmesí de brocado cunha cruz do mesmo tecido, pertencente este a Pedro Beltrán. En 1540 aínda existían diferentes ornamentos que doara o bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, á súa morte en 1423; un manto de damasco branco con cenefas de ouro, e dúas dalmáticas de damasco branco. Outras pezas de interese eran os frontais e tapices que decoraban a catedral e que hoxe en día a non ser os frontais barrocos que aínda se gardan, non temos ningún exemplo de esta importante arte. Entre os panos de parede había un con figuras que era do bispo Diego de Muros, xunto con outro “de arboleda grande”. Dúas pezas sobreviviron da idade media. Falamos do cáliz gótico e do copón de coco. O cáliz gótico fora entregado polo cóengo Rui García en cumprimento da manda testamentaria do arcediago Vasco de Marçó, polo tanto sendo unha peza do último cuarto do século XV, ou anterior. O copón de coco é unha das pezas artísticas máis extraordinarias do tesouro catedralicio actual. A copa está formada por un coco, supónse como exotismo ou rareza dos primeiros descubrimentos americanos a partires de 1492. A carabela a Pinta desembarcaría en Baiona o 1 de marzo de 1493, este contacto cos primeiros obxetos traidos do continente americano, puido dar consigo a peza de coco traida a Tui como cousa exótica das Indias, e utilizada inmediatamente como obxeto de valor, do contrario tería perdido tal condición. O coco así aproveitaríase na súa forma para realizar un relicario adicado a San Pantaleón, con tampa decorada con estrías helicoidais e mazá e pé finamente ornamentados con flores e vexetais. En 1540 sabemos que servía orixinariamente así, como relicario, cun dedo de San Pantaleón engastado en prata dentro da súa copa. No século XVIII o copón de coco, xa no altar relicario de San Telmo, servía para gardalas chaves da urna do santo dominico, perdéndose a reliquia de San Pantaleón, e a utilidade orixinal que tiña esta peza.521 As capelas catedralicias 521

Valga esta hipótese para explicar a existencia desta peza única.

A documentación tudense non abunda nin afonda sobre este importante capítulo como son a disposición das diferentes capelas e altares que existían no seu interior, e advocións que se destacaban no templo catedralicio. Coñecemos polo testamento do arcediago Fernán Eans en 1264 algunha das capelas principais, xa que doa diñeiro para o seu empedrado e as súas vidrieiras. Estas serían as capelas de Santa María, Santiago, San Pedro e San Vicente, e cuxa disposición xa expusimos cando falamos da cabeceira da catedral. O altar maior, estaría consagrado a Sancta María de Rupe Amatoris, tal como temos comentado e que é sinalado polo arcediago Fernán Eans no seu testamento de 1264, e que a mesma tiña confraría, o que reforza o papel principal e destacado desta advocación. O culto á Santa María de Rocamador -lembremos que en orixe é unha Virxe negra- debeu decaer ou modificarse sutilmente, quizais coa chegada da talla gótica na primeira metade do século XIV. Outros documentos testamentarios posteriores aportan matices sobre o altar maior, como no testamento de Xoán de Padrón en 1330 “item mando ao altar mayor de Santa Maria dous mrs ”, e o testamento de Tareixa Peres en 1334 “Item mando ao pee do altar mayor de Sta. Maria çinquo llibras pequenas em prata”522, ademais de posuir unha lámpada de prata para o seu lume tal e como o inventario de 1379 nolo da a coñecer: “e ahuna seem ante o altar de Santa Maria a grande”. Seguindo coa apreciación anterior a manda do bispo Xoán Fernandes de Soutomaior en 1419 “...et em quanto adita capela et altar em ella non fose feyta nen acabada quelle disesem sopllenemente enno altar grande de Santa Maria huna mysa de Santo andre por dia de santo andre que entende de seer invocaçon da dita capela con capas et çeptros et fosen todos ofereçer...”523, todo o cal afondaría na oposición entre altar grande e outro no absidiolo central da xirola. O altar maior, segundo a súa preeminencia no centro dun deambulatorio, tiña un baldaquino no que se asentaba a imaxe de Santa María 524 e que a partires do século XIV sería a imaxe da Virxe chamada logo en Tui a Patrona, talla que se conservaría en bó estado ata hoxe. En 1248 ou 1249 produciríanse os sucesos que levarían ao preito entre Concello e Bispo, e que sería arbitrado polo rei Fernando III. No relato dos acontecementos o rei conta que o Concello e os seus homes “...entraron en la iglesia con armas, et encerraron los hombres tras el altar, et vertieron las lamparas et por otras cosas malas et desaguisadas que ficieron al Obispo, et a la eglesia que non debieron facer.”525 O término empregado de “tras el altar”, co mesmo sentido que trasaltar, só é posible entendelo pola presenza do deambulatorio, lugar onde sí cabería a posibilidade de encerrar ao bispo e xentes do cabido. Pechando o altar maior había unha reixa da que remataba a imaxe dun Cristo cuberto de prata. A referencia máis antiga data de 1269, na que o cóengo de Santa Cruz de Coimbra Rodrigo Eans doa para o Corpo Santo e o Crucifixo catro marcos de prata para dúas lámpadas a colocar en cada lugar designado: “it mando Ecce tudensi predicte IIIIº marcas argenti pro duas lampadas unam scilici que ponatur ante corpus úliº 522

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 5v. Fol. 16. A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 22v. 22 de novembro de 1419. 524 Iglesias Almeida, Ernesto; “La catedral de Tui en los siglos XIII al XVI, mobiliario litúrgico”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo VIII, 1998. pax. 132-133. Mágoa que non mencione o lugar onde está a imaxe do sello seco e a datación do mesmo. 525 Sentencia de Fernando III, 4 de xullo de 1250. 523

sanctisimi confessoris et aliam que ponatur coram ymagine veri crucifixi”526. Outro testamento, desta vez de Tareixa Peres, en 1334 “It mando ao cruçifiço dessa iglesia para o lume do çiral que see ante el amyña leyra de viña con sua herdade que eu ey em louro em fondo que ias so amyña viña et que se parte coña viña de Nicolao do viño da huma parte, et da outra parte coña viña de Oeyro Moniz”. Estos datos son sumamente reveladores porque comprobamos que a primeira lámpada que vai ter o Crucifixo será posta en 1269, tendo un gran culto a súa imaxe. Na visita á catedral realizada polo bispo Miguel Muñoz detállase as características deste cruxifixo: “hallo sobre las rejas del Altar mayor un crucifixo de palo cubierto de plata con su corona de plata y los pies y manos dorados y la falda del pano de plata dorada y en la corona tiene una cruz pequena de cristal y alrededor d ela dicha corona ciertas piedras y ciertos coraçones colgados por los braços”527. O crucifixo tiña unha enorme devoción en todo o bispado tudense, tanto en Galicia como en Portugal. Desaparecería esta imaxe a partir do século XVII que sería sustituida polo Santo Cristo da Agonía. Segundo o traslado dos restos de San Telmo en 1529 polo bispo Diego de Avellaneda, o novo lugar era a antiga Capela dos Bispos e lugar acostumado para o seu enterramento no transepto norte, nave oeste, baixo a torre das campás. Cando o chantre Lope García Sarmiento decida facer fundación e dotar dun retábulo adicado á Virxen da Preñada, escollerá o remate do transepto sur, que estaba adicado con anterioridade ao Santísimo. Ao ser trasladado este en 1600 a antiga capela de Santo André, ficaría este espazo sen un culto definido polo que sería autorizado o chantre para dispoñer o novo altar e o seu enterramento. Non sabemos se esta foi a ubicación da capela do Santísimo durante a idade media, aínda que a importante disposición do transepto como nave máis espaciosa do templo fai pensar que probablemente a mesma estivese en tan estratéxico lugar nos século medievais. Para a capela de Santa Eufemea contamos con algún dato máis, aínda que a ubicación semella imprecisa. Nun documento de 1461 o cóengo Álvaro de Porto tiña concedido dereito de enterramento na devandita capela por parte do cabido, e el “pintara a capella de santa Eufemea da dita iglesia e lavrara de madeira e tiinna en voontade de a procurar e reparar o mellor que podesse”, o cabido obrigaríalle a contribuir aínda máis coa devandita capela, xa que a súa cuberta estaba en mal estado xa que o seu tellado danaba a torre que tiña ao seu lado -verquía a auga contra os muros-, polo que tería que contribuir con cen maravedis para a súa reparación “para ajuda de cobrir de madeira e tella a torre da dita capela de santa Eufemia”, o procurador da obra andiantaría o diñeiro para pagar “os mesteyraas para que podesse cobrirse aquella capela de santa eufemia ante que mais dampno se lles segisse”528. Se ten adscrito esta capela á cabeceira, en simetría coa de San Vicente, pero como xa temos explicado ese lugar estaba ocupado pola sacristía. A torre da que fala o documento ten que ser algunha das do transepto sur, xa que no norte a torre das campás e capela de San Vicente non permiten suxerir ningunha capela con tellado propio que danase as torres. Sabemos das reparacións das torres do sur en 1460 con anterioridade ao documento da capela e polo tanto en clara alusión a esa mesma obra: “…acordaron que 526

A.C.T. Pergamiños, 11/3. Gómez Sobrino, J; op. cit. 1986. pax. 183. 528 Galindo Romeo, P; op. cit. 1924. pax. 109. 527

era ben e serviço de deus que começase a faser algun ben e reparaçom en estas torres da iglesia que estam descubertas, e se destruen as paredes delas en que se sigue gran danno e perda, e se cobrisen per los dineiros da obra para o qual derom poder ao mestrescolla que cate os mesteiraes e tenam cargo da dita obra das torres para que se reparem e corregam”529. Pola parte leste non había posibilidade de capela algunha coas condicións anunciadas xa que a sacristía evitaba tal cousa. Tamén cabe a posibilidade que a capela ficase baixo algunha das torres, isto é nos extremos das naves do transepto sur, no que hoxe é porta ao claustro e a capela da Soledad. Dado que o documento de 1461 subraia que é o tellado da capela quen fai dano á torre, non é posible determinar este extremo. Só nos queda indicar que esta capela estivese no espazo que ficaba entre a capela de Santa Catalina e o muro do transepto, espazo que pon de relevo Iglesias Almeida nun traballo sobre a capela de Santa Catalina e as obras emprendidas en 1726 para a ampliación da mesma530. Esta ubicación proposta encaixaría coa escuridade documental sobre a capela, xa que a non ser este documento de 1461, non aparecerá máis referencia, nin sequera na visita pastoral do bispo Muñoz en 1540. As obras da torre-pazo do bispo Diego de Muros entre 1482 e 1487 deberon afectar á luz desta capela e deixala practicamente a escuras, de aí que na obra de 1726 mandaríase labrar a xanela actual sobre a panda norte do claustro para iluminación do altar da capela. Igualmente sería oportuna esta ubicación á luz do documento citado, ao ficar o tellado desta capela á altura precisa para afectar cunha mala canalización das augas de chuvia á torre que no seu costado se erguía. A porta de acceso á capela era a actualmente tapiada e que ten un relevo coa lamentación de Cristo morto, tapiado realizado en 1726 cando se rompe o muro que dividía esta capela da de Santa Catalina e que era o soporte do muro superior do pazo de Diego de Muros. Un altar certamente privilexio e de gran devoción e culto na catedral era o que estaba xunto da tumba de frei Pedro Gonzalez, o Corpo Santo. Estaba ubicada no trascoro, isto é tralo muro de peche do coro catedralicio. O enterramento do santo dominico en 1246 é a data de inicio do seu culto, tanto diurno como nocturno, xa que moita xente velaba o seu sepulcro polas noites tal e como revelan os milagres recollidos polo bispo Gil Peres de Cerveira en 1258. Xa vimos que tiña lámpada propia en 1269 por doazón do cóengo de Santa Cruz de Coimbra Rodrigo Eans “it mando Ecce tudensi predicte IIIIº marcas argenti pro duas lampadas unam scilici que ponatur ante corpus úliº sanctisimi confessoris et aliam que ponatur coram ymagine veri crucifixi”. Varias lámpadas de prata máis tería o seu sepulcro avanzada a idade media, como nos indica o inventario de 1379 “Item çinquo lanpaas de prata as todas com cadeas de prata os quatro lanpaas seem ante o corpo santo e ahuna seem ante o altar de Santa Maria a grande”. Tamén indicar como nos testamentos é habitual ver doazóns para manter encendidas estas lámpadas, “Enton o dto vaasco dyaaz et sua moller derom et outorgarom para sempre por jur de herdade aa dta iglesia de Tuy especialmente para o lume do crucifixo et de sta maria do portal et do corpo santo [frey pero gonçalves] asua casa quelles am ena dta çidade de Tuy ena rua dos çapateiros.”531 Non podemos descartar que do altar do Corpo Santo sexan orixinarios os frontais de altar con estrelas de oita puntas de raigame musulmana. Estes frontais 529

A.C.T. Lib. XIII. 11 de febreiro de 1460. Iglesias Almeida, E; “Obras en la capilla de Santa Catalina”. Pórtico, nº 56. AA. Amigos da Catedral. 531 A.C.T. Protocolos Fernán Peres. 23 de xullo de 1362. fol. 47v. 530

actualmente no altar maior, segundo Murguía, estaban no altar do Cristo, como está a describir o claustro supoñemos que fala do Santo Cristo das Batallas. Murguía está a describir a catedral na segunda metade do século XIX, e nesa época no claustro tamén ficaba o sarcófago de mármore atribuido a San Telmo.532 O frontal ten unha decoración como dicíamos de estrelas de oito puntas e lazos de catro entre elas. Entre as estrelas represéntanse flores con botón central, sendo datadas estas pezas por analoxías con outras ourensás, no primeiro cuarto do século XIV.533 As pezas, divididas en catro partes, de un metro cada unha, serían correlativas, aínda que é difícil adiviñar un altar na catedral cunha fronte tan ampla para acoller tal composición. A correspondencía co altar do Corpo Santo, viría pola conservación das pezas -algo raro se non son especiais- e que ficaban próximas ao sepulcro de San Telmo, outra peza conservada non por casualidade, e tamén polas dimensións, xa que os catro metros que ocupan en total poderían ter estado enrasados na fronte que ocupaba o trascoro. Unha devoción especial, pero importante á luz da documentación é a que se tributaba a Santa María do Portal, unha imaxe con lámpada de aceite no pórtico catedralicio e que temos visto contribucións de moitas mandas testamentarias, moi habituais no século XIV: De Tareixa Peres en 1334 “It mando a Santa Maria do Portal para lume hum açumbre dazeyte”, de Maria Fernandes en 1335 “it mando a Santa Maria do Portal hun cuarto dazeyte em cada hun año para todo sempre e qello dem pola miña casa de Sam Nicolao en qe ora mora lourenço nunes et Marina iohns miña filla”; de María Peres en 1361, “It mando que dem outro quarto et meyo porla biña de caaes a Sta Maria do portal et pagase por sta maria dagosto”534. A imaxe e o seu culto deberon manterse polo menos ata comezos do século XVI no que aínda se fan mencións a Santa María do Portal, pero descoñecendo a data da súa desaparición. Entre os altares que existían na catedral na idade media temos novas dun adicado a Santa Lucía, no que se manda preparar “de tavoa de tal xeito que se puidesse descender cando quissese”535, nunha clara alusión a súa utilización nas tribunas románicas, espazo que tamén era de culto e no que comprobamos que podía haber máis dunha adicación, xa que o de Santa Lucía non debía ser a única. Outro altar que debía existir e do que temos coñecemento para as primeiras décadas do século XVI é o da Madalena, no que en 1540 estaba a dicir do bispo Miguel Muñoz en parte escura, mandandoo mudar de sitio e pintalo. No século XIV temos referencia a unha cofradia da Madalena, concretamente no ano 1330, polo que é posible a existencia dun altar adicado a esta emblemática figura. Por suposto arredor da catedral tiveron que existir moitos altares, sobre todo nas súas naves, tal e como insinua a visita pastoral de 1540 aínda que por desgraza non concreta ningún. Botamos en falta, e debía existir obrigadamente, un altar a San Xoán 532

Murguía, Manuel; Galicia, Barcelon, 1888. pax. 819. Yzquierdo Perrín, R; “La decoración de estrellas de ocho puntas en el arte medieval gallego”. Museo y Archivo Histórico Diocesano, tomo IV, 1986. pax. 137-167. 534 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea, 15 de decembro de 1334, fol 16. 6 de maio de 1335, fol. 18. Protocolos Fernán Peres, 12 de novembro de 1361, fol. 47v. 535 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues, 9 de novembro de 1436. 533

Bautista xa que había importante festa e feria en Tui na idade media, principalmente na venta do monopolio do viño por parte do bispo. A capela de Santa Catalina revélase como unha das máis importantes da catedral na idade media á luz das varias noticias que dela aparecen ao longo dos séculos XIV e XV e das dimensións da capela. Como froito da construcción do claustro a mediados do século XIII, pecharíase o tramo que ía desde o transepto ata a portada, deixando un espazo rectangular ao costado da catedral. As dimensións e a circunstancia de ficar cercado practicamente por tódolos seus lados, facía deste espazo o lugar idóneo para realizar varias capelas, a exemplo doutros templos catedralicios como Santiago, Lugo ou Ourense. Non sabemos cando se decidíu elevar a capelas de devoción este lugar do costado da catedral, aínda que a segunda metade do século XIII puido ser un bó momento tanto no económico como no político, con bispos influíntes e de longos episcopados; Gil Peres de Cerveira (1250-1274), Fernado Arias (1276-1285) e Xoán Fernandes de Soutomaior (1286-1323). Xa vimos como a capela de Santa Eufemia podería ocupar o local que tocaba a parede da capela da Soledad, con porta aberta no terceiro tramo da nave da epístola. A capela de Santa Catalina ocuparía a parte occidental, abríndoselle un acceso desde o segundo tramo da nave da epístola. A documentación dos protocolos notariais tudenses semellan ser claros á hora de sinalar a existencia da capela desde polo menos o século XIV. En 1349, como froito da desolación que causaba na cidade a peste negra, o cabido tudense reunirase durante varios meses no interior da capela. A última alusión de reunión na sala capitular do claustro é do 8 de setembro de 1348, a partires de aquí non teremos novas ata primeiros de 1349, no que o cabido comezará a reunirse na capela de Santa Catalina quizais por seguridade: 20 de xaneiro de 1349 “...sabeam todos que seendo o cabidoo da iglesia de Tuy juntado per ssom de campaa dentro enna capella de Sta Catalina segundo seu custume....”, 9 de febreiro de 1349 “...seendo enna capella de Sta Catalina o vigario do Dayam et cabidoo da iglesia de Tuy..”, 2 de marzo de 1349 “...Sabeam todos que seendo o vigario do dayam et o cabidoo desse lugar juntado per som de canpaa dentro ena capella de Sta Catallyna husse agora acustuma de faser o cabidoo presentes y martin borreiros vigario do dayam estevo martin...”, 4 de marzo de 1349 “Sabeam todos que seendo o cabidoo da iglesia de Tuy juntado per som de canpaa dentro enna capella de Sta Catalina segundo seu custume presentes y afonso gomes arçidiago de minor domingo domingues arçidiago de alabrugia...”, rematando coa volta á normalidade o 24 de decembro de 1349 “...Sabeam todos que seendo o vigario do dayam et do cabidoo da iglesia de Tuy juntados per som de campa enno cabidoo da caustra desse lugar segundo seu custume...”536. No século XV as referencias documentais á capela serán producto das propiedades que tiña a mesma ou incluso a aparición dun capelán perpetuo como o que a aparece en 1418: “... Johan peres clerigo do coro da iglesia de Tuy et capelam perpetuum da capela de Sta Catalina que he dentro enna dita iglesia de Tuy por si et em nome da dita capela aforou deu et outorgou a foro et por nome de foro a Juan esteves de cornelle que he en terra de Mylmanda et a sua moller ynes eans a anbos e dous en suas vidas... convem a saber o lugar que chamavam de dovelle que he da dita capela con todas suas casas vinnas herdades soutos devesas montadegos et resios 536

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea: fol. 39V; fol. 43V; fol. 40; fol. 40; fol. 42v.

entradas seydas dereitos et pertenças salvo quelle non aforava os carvallos et devesa que estavan deslo regueiro que esta contra antença des çima ata o fondo asi como vay o dito regueiro contra o dito lugar dantença...”537, o que evidencia a importancia da capela de Santa Catalina ao se constituir con propiedades moi diversas e lonxanas, síntoma dunha importante actividade litúrxica. Outra evidencia documental aparece en 1426 cando se sinala un terreo que pertencía a devandita capela de Santa Catalina, “...peça de herdade que jazia açerqua do lugar que chaman o cardeal que he a pa da dita çidade de tuy conpartia ao longo contra çima con herdade da capela de sta. Catalina e con herdades...”538, sinalando un terreo pertencente á capela cercano ao camiño público que ía da cidade a Riomuíños. Os documentos mostran categóricas evidencias sobre a existencia desta capela desde o século XIV, pero, existen restos desta primitiva capela antes das transformacións do século XVIII? En 1683539 sabemos que estaban derrubadas as súas bóvedas, feito polo bispo Fr. Simón García Pedrejón, quen o fixera un tempo antes (1678-1681) deixando a parte inferior da torre ou primeiro andar inservible, cando neses anos estábase a empregar como cárcere, ficando así ata varias décadas despois. As obras emprendidas polo bispo frei Anselmo Gómez de la Torre en 1707, sendo o mestre de obras frei Pedro de San Bernardo, enmascararían toda obra precedente, xa que logo, a bóveda de canón do seu primeiro tramo e a de arestas do seu segundo tramo, coas correspondentes pilastras agochan calquera indicio de bóvedas anteriores. Incluso a idea de facer a bóveda de arestas ben por evitar que a luz que tiña a capela minguase, o que indica que a abertura que aproveita algunha das xanelas da torre-pazo de Diego de Muros, xa estaba rasgada con anterioridade á obra do prelado frei Anselmo.540 A obra estaría rematada cara a 1712, incluidos os retábulos barrocos, pero en 1726 darase cabo da ampliación da capela ao derrubar o muro de separación coa antiga capela de Santa Eufemia, facer unha bóveda de canón e recolocar o retábulo na nova parede oriental.541 Polo que respecta ás portas existentes para as capelas deste costado da catedral, deberon ser modificadas con anterioridade ás obras do bispo frei Anselmo, xa que as mesmas ofrecen unhas características decorativas propias do século XVI, non sendo descartable unha intervención do bispo Diego de Torquemada que ampliaría estas portas que en orixe deberon ser máis estreitas e de menor altura. O único que nos resta da capela de Santa Catalina vai ser curiosamente o chan, que non sería modificado en 1707 tal e como revela o contrato de obra, mentres que sí sería empedrado a súa ampliación de 1726. Os restos do enlousado medieval da capela de Santa Catalina, o chan máis antigo conservado na catedral tudense, amosa un deseño sinxelo principiando polo resto de aspa no primeiro tramo da capela correspondendo a súa entrada, a continuación o outro 537

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues: fol. 72. 26 de outubro de 1418. A.C.T. Protocolo lib. VIII. Fol. 177. 16 de xullo de 1426. 539 A.C.T. Libro de actas capitulares tomo I 1559-1687. fol. 225v. 1 de outubro de 1683 polo que se amosa a preocupación do cabido polo estado da capela mentres o bispo frei Simón xa estaba trasladado en Oviedo. 540 A.C.T. Libro de acordos capitulares, tomo 11. fol. 285. Protocolos Francisco Giráldez, fol. 175. 22 de decembro de 1707. 541 Iglesias Almeida, E; op. cit. 538

tramo cúbrese con dúas fileiras que acollen no seu interior unha disposición das pedras oblicúas, ficando o resto da capela ata o muro de peche occidental -polo que toca á parte visible actualmente- en lousas ben dispostas. Aquí non remata a descripción deste enlousado, xa que na parte media poden advertirse unhas riscaduras formando deseños xeométricos. Estos sinais son parte das técnicas que existían -e que ata hai ben pouco se seguían a aplicar- para realizar unha bóveda ou cuberta, xa que marcaban o chan para indicar por onde ían as traves e nervos que serían a estrutura principal da cuberta. Os riscos conservados na capela evidencian unha bóveda gótica coas súas nervaduras, iso si, non sabemos a que data corresponderían xa que a bóveda puido ser posterior a propia realización da capela como froito dunha mellora. Outro misterio a resolver é coñecer a que altura estaba esta bóveda, xa que o muro de peche do claustro non evidencia resto de xanela algunha -algo extrano por certo- e polo tanto de cara a ter luminosidade -a suficiente- debía estar a cuberta por riba da bóveda do claustro. Outra cousa é coñecer como quedou a capela cando o bispo Diego de Muros realizou a súa torre-pazo transformando e adaptando este local. Pola visita pastoral do bispo Miguel Muñoz non se realiza mención algunha a que estivese escura a capela, mentres que si se fai para o altar da Madalena. A devandita visita pastoral de 1540 indicaba a presenza dun altar de madeira coa imaxe de Santa Catalina e enriba un crucifixo e unha imaxe de Santa María e San Xoán, todo sen pintar. É curioso resaltar a vinculación desta capela co convento de San Domingos xa que o procurador do convento, o cóengo Lope Coton, capelán da mesma, levaba as misas que o convento dominico tiña obrigado de facer na devandita capela de Santa Catalina, probablemente froito dalgún dos acordos e avinzas que se deron entre o século XIV e XV entre o convento de San Domingos e o Cabido tudense.542 Finalmente si ata o de aquí non quedase clara a orixe da capela de Santa Catalina, baseada nos documentos obrantes no arquivo catedralicio, dicir para desmontar dunha vez a fantasiosa teoría da atribución ao bispo Diego de Muros en 1482 da creación desta capela por mor de ser liberada a cidade o día 5 de maio, festividade de Santa Catalina de Siena, e día de festa promulgado polo prelado, que curiosamente non existe en toda a catedral de Tui -e iso que é grande- imaxe algunha consagrada a esta santa dominica, e sí consta repetida e teimudamente a imaxe de Santa Catalina de Alexandría, con tallas do século XVI, XVIII e pintura do século XVII -moi fermosa por certo, na sacristía- polo que resulta obvio por non dicir absurdo que o bispo Diego de Muros non puido facer capela algunha é si realizar a súa torre-pazo sobre a preexistente capela de Santa Catalina cuxa devoción comprobouse que procede da primeira metade do século XIV. O Coro Catedralicio Un lugar sumamente importante dentro do contexto catedralicio foi o coro. A función do coro era acompañar musicalmente a liturxía, e isto o facían bispo, dignidades e coengos, xunto cos cregos do coro e os mozos do coro, estos dous últimos máis especializados. Dentro do cabido existía unha dignidade que se ocupaba directamente

542

O bispo Miguel Muñoz advertía aos capeláns de Santa Catalina a obriga dos dominicos, polo que o costume debía estar moi relaxado en 1540. Tamén indicar que era unha capela do bispo, o que explicaría que tampouco tivesemos tantas referencias a esta capela durante a idade media, debido sobre todo aá procedencia eminentemente capitular da documentación.

do coro, o Chantre, que tiña o encargo de comezar o canto na liturxía e polo tanto lle competía a organización do coro. O lugar que durante a idade media ocupou o coro catedralicio sería o mesmo que o utilizado para o barroco, a nave central lonxitudinal. Isto o sabemos por varios datos indirectos, o primeiro o lugar de enterramento de San Telmo, realizado entre a porta principal e o Trascoro, e o enterramento do bispo Xoán Fernandes de Soutomaior en 1323 no centro do coro. Desde a primeira nave do transepto, o coro ocupaba tres tramos da nave central, nunha ubicación típica para este tipo de funcións. Pechaba o seu recinto polo oeste co chamado muro de trascoro, onde se podían ubicar altares, como así se fixo co do Corpo Santo. Polo cruceiro cerrábase cunha reixa, ficando un espazo entre esta e a reixa do altar maior que testemuña a documentación con reunións do cabido ou con concello. Polo menos desde a primeira metade do século XIII podemos asegurar a presenza do coro na catedral aínda que resulta de todo imposible coñecer como era o primitivo coro gótico. A súa estrutura debía ser en madeira, xa que os pilares da nave só foron alterados cando a construcción do coro de 1699. Incluso é posible que o propio trascoro estivese feito en madeira a teor das referencias sobre o altar de San Telmo e as madeiras que se atopaban no seu entorno. Existían cadeiras especiais para bispo e dignidades, gardándose unha orde para o resto e unha disposición en altura para evidenciar as diferentes categorías e dentro do mesmo coro: mozos, capeláns, cregos, razoeiros, coengos, dignidades, bispo. Existían outros aderezos como armarios para gardalos libros de coro ou o facistol onde se colocaban para o canto na liturxía. A finais do século XV, o bispo Pedro Beltrán realizará un novo cadeirado para o coro. Deste cadeirado coñecemos varios paneis por se reaproveitaren no chan do novo cadeirado de 1699. Estos paneis serían descubertos a comezos do século XX e conservados en diferentes lugares como na catedral e Museo Provincial de Pontevedra. O cadeirado do coro puido estar feito cara 1492, segundo un documento capitular que nos fala do pago final realizado ao mestre Henrique d'Alemania, polo que se pode sospeitar a súa atribución a esta obra.543 Os paneis conservados mostran un baixorelevo pouco profundo, con arquerías conopiais e sobre elas a proxección dunha atestada tracería de cuadrifolias. Por debaixo dos arcos penden catro cuadrifolias con botón central, deixando o resto do respaldo liso. Seica algúns dos paneis amosaban a presenza de escudos heráldicos, e que debía sinalar o financiamento da obra por parte do bispo Pedro Beltrán. A conservación dos paneis como sollado do coro en 1699, debeu ser facilitado polas dimensións das táboas, case dous metros de longo, e que deberon pertencer ao cadeirado alto. O que correspondería ao cadeirado baixo e as posibles cadeiras episcopal e de dignidades non nos quedou mostra algunha. En 1608 xa desaparecería a cadeira episcopal xunto con algunhas das dignidades, xa que nese ano o bispo frei Prudencio de Sandoval manda realizar unha nova cadeira episcopal, con respaldo de San Paio mártir, e dúas para ambos lados, ao mestre Xoán Dávila. O Claustro Non sabemos se no proxecto orixinal do templo catedralicio estaba contemplado a realización dun claustro. A conclusión da sala capitular en 1138 si que debeu convidar a trazar un programa de claustro, aínda que a ausencia de entradas directas cara ao 543

A.C.T. Libro 27. fol. 49. 12 de outubro de 1492.

templo semellaba indicar a planificación dun claustro monástico ou entorno aillado para a residencia e culto privado do bispo e cabido. A edificación da catedral no punto máis elevado do altiño tudense, deixaba cara o seu costado sur un amplo espazo que xa estaba consagrado desde antigo como cemiterio544. Este lugar configurado pola irregularidade do terreo rochoso e os seus desniveis na liña oeste-leste, debeu estar cercado ou murado para garda-la privacidade da sala capitular e outras dependencias catedralicias. Co remate das grandes obras da catedral, no primeiro cuarto do século XIII, debeu xurdir non tanto a necesidade como a estimación de deixar un entorno que contribuise a dar dignidade á nova catedral. A realización do claustro debeu ser un proxecto custoso, xa que as dimensións do mesmo o van constituir nun claro expoñente da arquitectura claustral en Galicia. O estilo a emprender nesta obra sería o gótico cisterciense, as sobrias caraterísticas que se impoñían nos mosteiros da orde do Císter, orde que tiña dous extraordinarios representantes na diócese tudense desde mediados do século XII; Santa María de Oia e Santa María de Melón. As obras claustrais deberon producirse con relativa rapidez, tanto a homoxeneidade do recinto como as características ornamentais así o fan sinalar. A decoración floral dos capiteis, nalgúns casos moi conceptuais, lembran aos capiteis do triforio da nave lonxitudinal, mentres que o tratamento de follas nas mochetas lembran a decoracións semellantes nas pilastras interiores da portada catedralicia. O claustro está formado por 26 tramos, cubertos con bóvedas nervadas cuatripartitas. O terceiro tramo da panda leste é o maior dimensión e único cunha arquería triple, e cuxa utilidade estaba orixinada en dotar de luz á sala capitular. Cara o interior do patio os lados das pandas leste e sur estarían divididos en cinco arcos apuntados, mentres que as pandas norte e oeste terían seis cada unha. Estos arcos presentan unha aresta baquetoneada, e un trasdos marcado por un caveto e un fino surco. Os arcos fican separados por grosos contrafortes. Cada arco acolle dous arcos xeminados con aresta viva que apean os seus arcos oxivais en columnas pareadas. Ás variacións do terreo e irregularidade das dimensións do claustro tudense debemos apuntarlle a presenza de irregularidades nas proporcións dos arcos, malia as numerosas obras producidas sobre el, como o pazo episcopal moderno, non descarta desproporcións e falta de simetría, que como dicimos puideron estar provocados directamente por un terreo sumamente irregular e de gran tamaño. A presenza arredor do claustro de signos e marcas moi homoxéneos, ademais de amosar unha inscripción de carácter ofrendístico, en letra carolina, datan con claridade o claustro e o fan rematar antes do último cuarto do século XIII. A favor disto temos a manda testamentaria do arcediago Fernán Eans en 1264, que doa 100 maravedis para enlousar o claustro: “...ad cooperiendum claustrum de petra C morabitinos”545, o que sinalaría claramente o fin das obras estruturais e que empataría coa súa homoxeneidade.

544

X. do Tamuxe, G. Sobrino, A.G. Santiso; “Necrópolis germánica en el claustro de la catedral de Tuy”. Tuy Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo II, 1976. pax. 157-159. 545 A.C.T. Pergamiños, 9/16.

Para Moralejo Álvarez, a obra claustral sería de mediados do século XIII por concordar no ornamental coa degradación do gótico importado e casar o proceso constructivo coa manda testamentaria antes referida 546. Chamoso Lamas a obra do claustro correspondería ao século XIII polo desenrolo artístico dos tramos 547. E Bango Torviso incide na mesma datación, século XIII, como continuación inmediata ás obras catedralicias. Para Cendón Fernández548, que apunta a mesma data para as pandas agás a sur, que sería do XV, amosando a secuencia de signos lapidarios como proba estudada por Iglesias almeida. Cendón Fernández tamén incide nas semellanzas entre o claustro tudense e outros da orde do císter como claras, principalmente coa abadía de Fontenay en Francia, cuxo claustro en estilo románico evoca de xeito conciso un forte paralelismo co claustro tudense, como son os arcos xeminados apeados sobre columnas pareadas, a sinxeleza dos tímpanos sen calado algún a excepción dalgún óculo, ou o esquematismo dos capiteis vexetais, o que pode trazar claros vencellos con Santa María de Oia, gran devedora de Fontenay, e que xa vimos colaborar coa sé tudense na súa construcción no ano 1145. Tamén se pode sinalar outros paralelos, a maioría en claustros conventuais: Santes Creus, Valbuena (Valladolid), Huerta (Soria) o Iranzu (Navarra). Aínda que un dos exemplos máis cercanos e máis interesantes é o do claustro da Sé Velha de Coimbra. Este claustro amosa paralelismos claros con Tui no que respecta a súa estrutura, só diferenciándose na aparición de rosáceas de sinxela tracería en cada tímpano549. O claustro conimbricense escomezaría cara 1218, polo que a influencia no claustro de Tui ben puidera estar suxerida polos contactos que os bispos tudenses tiñan en Portugal e na corte de Afonso II sobre todo. As irregularidades do terreo que comentabamos puideron ocasionar a falta de simetría no claustro tudense, aínda que o que máis incidirá o terreo vai ser nas diferentes alturas ás que estén as pandas. Desde o lado oeste o terreo descende, ocasionando que na panda leste, a da sala capitular, exista un desnivel de máis de metro e medio con respecto á panda oeste. Isto resultou nun acceso á sala capitular e dependencias contiguas seguramente a través de rampas desde o oeste para solucionar o desnivel. Outra continxencia estaba na panda sur, cuxo desnivel, en forte pendente, obrigaría a asentar potentes muros e contrafortes. Do mesmo xeito que pasaría na catedral, o claustro tamén sufriría os efectos das guerras da segunda metade do século XIV e os bombardeos sobre a cidade dos anos 1389 e 1398, que ocasionaron un serio colapso na estrutura do claustro. Deste xeito o bispo Xoán Fernandes de Soutomaior emprendería a restauración do claustro en 1408, concretamente na panda sur, a máis exposta aos bombardeamentos e máis sensible polo seu desnivel. Como proba da obra, o bispo colocaría o seu escudo de armas xunto con dúas inscripcións ao longo do muro sur. Nunha pequena inscripción colocaría a data da obra: anno domini millessimo cuatrocento octavo. Noutra inscripción, xa practicamente perdida pola erosión da pedra pero recollido polo bispo Manuel Lago González en 1924 nunha nova: (tempore): domini: Johannis: de: Soutomaiori: episcopi: tudensis: fuit: 546

Moralejo Álvarez, S; op. cit. 2004, “Escultura gótica en Galicia”. Pax. 75. Chamoso Lamas, M; Tuy. León, 1981. pax. 98. 548 Cendón Fernández, M; op. cit. 2006. pax. 135. 549 Ver Wikipedia portuguesa: http://pt.wikipedia.org/wiki/S%C3%A9_Velha_de_Coimbra. 547

reparatum: hoc: claustrum: quod pene: totum: corruerat: pro curator: operis: Johannis: Michaelis: (canonius): archidiaconus: a: Minnor. Segundo a inscripción a obra realizada polo bispo Soutomaior tería como obxetivo evitar unha ruina total do claustro, feito que reforza a idea dunha obra restauradora na panda sur, e que tería como referencias os dous enterramentos alí realizados, de estilo gótico, con chambrana decorada con puntas de diamantes representado follas e fentos na rosca interna do arco. Os xacigos están baleiros, xa que os arcosolios foron empregados como altares en época moderna; a Santa Ana e a San Lourenzo. O principal aditamento na obra do claustro de 1408 sería a Torre do ángulo suroeste, torre que reforza o papel defensivo do conxunto catedralicio e que á luz das pasadas guerras e asedios sobre a cidade verían como necesario os bispos tudenses. A torre, denominada de Soutomaior polo bispo que a construiu, elévase poucos metros sobre as pandas do clasutro, xa que será principalmente o desnivel do lado sur o que potencie a súa función defensiva. A torre conta cunha escada interna que accede ao adarve das pandas claustrais e ao piso superior da mesma torre, rematada con merlóns góticos, algún deles co escudo dos Soutomaior gravado. Conta igualmente con completo sistema de matacáns que imprimen un carácter aínda máis castrense a esta torre. Do deseño de Duarte D'Armas en 1504 advertimos como a torre estaba cuberta con acusado tellado que perdería na evolución do pazo episcopal moderno. A homexenidade da panda sur co resto do claustro, a excepción feita de pequenos elementos decorativos, constitúen a proba das obras restauradoras do bispo Soutomaior, e dentro destas principalmente no tocante ao muro sur. As únicas partes producto das obras son estilísticamente moi diferentes, tanto no que respecta aos arcosolios, no gótico tudense do século XV, como no único capitel historiado do claustro, o recolle os nervos do tramo onde se ubican os enterramentos. O capitel resulta unha mostra sumamente interesante da arte do bispo Soutomaior e que vai estar reflectida noutras obras como na Torre de Santo André ou en San Domingos de Tui. O capitel amosa varios dragóns contorneándose e mordéndose mentres no marxe dereito un cabaleiro con longa lanza semella atacalos. Puidera corresponder a unha representación de San Xurxo e o dragón, pero a ausencia de culto en Tui a este santo pode indicar máis unha acción de cabaleiria propia dos relatos do ciclo bretón, e relacionada sen dúbida cos capiteis de San Domingos que mostran unha curiosa colección de escenas de caza, da que debía ser amante o bispo Soutomaior. Resulta fácil aprezar os capiteis ou ménsulas novas, imitación das vellas, xa que xunto dos arcosolios atopámonos cunha ménsula decorada con motivos vexetais moi carnosos, en exceso e ben diferentes no seu efecto ás que amosan no resto do claustro, un signo máis de que é posible determinar onde chega a obra de restauración de 1408, que debeu estar realmente limitada ás estruturas e non ás partes ornamentais e arquerías do claustro. As numerosas referencias que recolle Galindo Romeo ao longo do século XV sobre obras no claustro deberíamos inscribilas dentro de reparacións por problemas estruturais -contrafortes, arcos, adarve, ...- máis que transformacións no ámbito claustral xa que evidentemente este non sufríu variación algunha na súa homoxeneidade. Hai que pensar nos numerosos ataques sobre a cidade ao longo do século XV e que puideron provocar estes arranxos do mesmo xeito que afectarían ás torres catedralicias do sur en 1460 sendo reparadas tempo despois.

A opinión de Carrero Santamaría550 para a construcción do claustro resulta nunha lenta evolución desde o século XIII co ángulo noreste construido, ata o seu remate practicamente no século XVI no tramo do costado sur da catedral. Tales etapas constructivas que darían nun claustro rematado en trescentos anos (¡¡¡!!!) non se sostén nin en base ao estilo da obra, nin á documentación existente. Un período tan amplo de tempo outorgaría unhas diferenzas notabilisimas en canto a ornamentación e estilo das estruturas, incluso na obra de restauración do bispo Soutomaior os cambios son obvios malia de querer mimetizarse co que estaba construido. É por todo isto que podemos afirmar que o claustro da catedral de Tui é unha obra do século XIII, que sufríu desperfectos pola inestabilidade política dos séculos XIV e XV en Tui tal e como ningún outro edificio puido sufrir en Galicia e incluso no reino castelán. Polo tanto serán lóxicos os arranxos que ao longo da centuria se colixen da documentación conservada. A Torre de Santo André O bispo Xoán Fernandes de Soutomaior iniciaría a obra dunha gran torre no costado norte da catedral, xunto da torre das campás, co obxeto principal de establecerse como capela funeraria súa e da familia Soutomaior. O bispo, que fóra cóengo en Tui polo menos desde 1384 551, permanecera na corte do rei Juan I (1379-1390) e Enrique III (1390-1406), facendo amizade cos infantes Juan e Fernando, futuros Juan II de Castela (1406-1454) e Fernando I de Aragón (14121416), o que lle reportará unhas sustanciosas rentas por ambos e que o bispo tudense empregará para facer importantes obras en Tui. Sabemos de certo que era fillo de Inés Álvares 552, que tal e como a tratan na documentación capitular, non debía provir do estamento nobiliario, o que establece a seria sospeita da orixe ilexítima do bispo, de aí a súa carreira eclesíastica. A nai morrería en 1409 e sería enterrada no convento de San Domingos de Tui, nun dos xacigos do brazo norte do cruceiro da igrexa dominica, feito que traerá consigo a importante contribución do bispo ás obras da igrexa. Xoán Fernandes de Soutomaior, o vintedous de novembro de 1419 faría doazón da cantidade de 20.000 maravedis ao deán e cabido xunto con algunhas importantes propiedades na Várcea e en San Miguel de Cabreira, condicionando ao cabido a invertir o diñeiro en bens raices. A obriga que impoñía o bispo por estas doazóns sería a de doce aniversarios cada ano pola súa alma... Et seendo a sua capela acabada que ora el comesça a faser et o seu corpo y sepultado que fose sobre el con proçison a a dita capela segundo acostuman da iglesia de Tuy553. Será este o dato o que nos brinde o comezo das obras neste ano de 1419 e a clara intención funeraria da capela do primeiro corpo da torre.

550

Carrero Santamaría, E; op. cit. 2006. pax. 390 e ss. A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 62. 14 de marzo de 1384. 552 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 46. 5 de maio de 1423. “...topava con herdade que suya de trager Ines alvares madre que foy do sennor dom Johan bispo...”, non a mencionan con tratamento de Dona como era habitual comprobar na documentación. Outra cousa interesante ademais da orixe burguesa da nai do bispo será o seu claro nacemento tudense. 553 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 22. 22 de novembro de 1419. 551

O bispo será enterrado na súa capela o 15 de novembro de 1423 554, “en sua capela nova que el comenzara a facer en a dita yglesia”, o que indicaría que polo menos polo que respecta á mesma esta estaba xa feita neste ano. De 1425 sabemos da presenza dun capelan da capela de Santo André e polo tanto as obras deste primeiro corpo da torre perfectamente concluidas555. É probable que o segundo corpo da torre sobre a capela estivese concluido polo mesmo tempo a teor da súa coherencia estética e estrutural coa capela. En 1464 completaríase a torre co terceiro corpo e remate, baixo o financiamento de Pedro Álvares de Soutomaior “Pero Alvares de Souto Mayor prometeu para a obra da capella de Santandre do o bispo dom Johan seu tyo tanto que e começar a obra dela dous myll maravedis de moeda vella e o dito cabido llo tevo en muyta merçed”556. O mestre de obras encargado dos traballos sería Martín de Paredes que asinaría contrato co cabido para o remate da torre, o 5 de novembro de 1464, durante o inverno prepararían a pedra e esta sería colocada no verán seguinte, isto é 1465, ano de finalización das obras. Pascual Galindo apunta un documento de 1464 no que estaba baixo ameaza a capela “da bobeda de çima que se quer queir se non he socorrida”557, aínda que semella lóxico pensar que sería o remate da torre a solución dos problemas non sendo necesario a nova composición dunha bóveda para a capela. Aínda que esta sería o esquema básico da construcción da torre e as súas etapas, seica outras reparacións se tiñan producido como a que aparece o 19 de maio de 1452 na que o mestre Martín de Paredes “...que presente era se obligou quedardelle todosllos cousos quelle mester fesesem e poer delles ao par da obra de apostar e reparar todo o paaço da dita igllesia que vay sobrelas portas travesas e sobrela capela do bispo e queda que ata VIII dias he do o sobre dito e quelle logo meteria mais a otra e para esto dito cabido he quedou de dar 800 maravedis logo bem pagados ou boos prendas por elles e asy se obligarom...”558. A torre de Santo André ten base cuadrangular, con tres paredes exteriores xa que só aproveita o muro norte da catedral e separa da torre das campás para formar un corredor seguramente de iluminación. A torre desde o seu exterior salienta co seu conxunto de contrafortes que escalan o seu volume e lle dotan do seu sentido ascendente. En cada lado dos contrafortes serían colocados escudos da casa de Soutomaior remarcando así o carácter patrimonial da torre. No primeiro andar, as xanelas oxivais da cara norte marcan a fachada e dotan á capela de luminosidade, curiosamente resultará a capela mellor iluminada e con vans de maiores dimensións da catedral. As xanelas fican divididas por un contraforte que rompe en forma piramidal cuxa punta da paso a unha peana na que se apoia unha imaxe de Santo André baixo doselete gótico. Chambranas con follas simulando puntas de diamante acubillan as xanelas moi abocinadas, os seus cantos van dispostos en finos baquetóns. No lado oeste unha xanela con arco de medio, hoxe tapiada e ocultada pola sacristía realizada en 1788. Esta xanela destácase e sepárase completamente das xanelas dispostas no lado norte. 554

Avila y La Cueva, Francisco; op. cit. 1995. tomo IV. Fol. 35. A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 67v. 3 de xaneiro de 1425. 556 A.C.T. Protocolos lib. XIII. Fol. 175. 1464. 557 Galindo Romeo, P; op. cit. 1925. pax. 110. 558 A.C.T. Protocolos Fernán Gonçales. Fol. 41. 19 de maior de 1452. O pazo sería, como me ten indicado oportunamente D. Roberto Pérez Besada, a parte da tribuna-triforio norte e a sala superior da torre. 555

Ademais de constituirse con arco de medio punto, a chambrana debuxa motivos taliformes que ondulan en todo o seu percorrido. A rosca interior do arco fica decorada por once personaxes, todas iguais, que apoian os seus brazos na rosca. Un tímpano acolle unha serie de escenas que nos retrotraen ao século XII, aves monstruosas mordendo unha besta, serpentiformes mordéndose ou dúas cabezas -un serpentiforme e unha ave- abrindo as súas fauces cunha cabeza humana no medio. A rosca apoia sobre sendos capiteis vexetais, mentres o que se adiviña da xanela amosase con unha estreita seteira máis que as amplas fiestras do lado norte. Esta xanela occidental, tan chamativa e discorde co resto do exterior, puidera corresponder a un plan primixenio dotando ao exterior dun aspecto aínda máis afortalado, pero modificado posteriormente, aínda que sen saber cando xa que nas poucas décadas nas que se puido facer tal corrección, por exemplo a aparición dunha inscripción no lado norte sinalando Martin de Paredes 1444, estilísticamente non se diferenciaría. O segundo andar, máis sinxelo, ábrese con xanelas de maineis, isto é división cruciforme da xanela, mentres que no lado oeste sería unha partición vertical simple. Remátase a torre cun paramento liso e no lado norte unha fileira de matacáns. No deseño da cidade realizado por Duarte D'Armas en 1504, apreciase a cuberta da torre, a catro augas e acusada pendente. O interior da capela amósase coma a máis importante da catedral, xa que de por sí é a única capela medieval conservada no conxunto catedralicio. O carácter funerario da capela fica marcado nos lados oeste e norte por parellas de arcosolios oxivais. O primeiro xacigo do oeste corresponde ao bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, xacente e vestido de pontifical, o frontis representa unha serie de arquiños cos escudos dos Soutomaior entre os dous primeiros arcos e flores nos seguintes. O arcosolio decórase con follas simulando puntas de diamante na chambrana, mentres que a aresta do arco fica persorrida por grosas e abultadas follas de vide. Os salmeres deste arcosolio fican decorados por unha sextifolia no lado esquerdo e unhas curiosas personaxes que enlazan os seus pescozos; unha con cabelo longo semella feminina, mentres que a outra con cabelo curto masculina, van tocados con chapeus planos, e podería ser unha representación da lascivia. O outro arcosolio, hoxe aproveitado para acceso da sacristía da capela, puido ter servido como enterramento dalgún outro membro da casa de Soutomaior, como Inés de Soutomaior, tal e como suxire Cendón Fernández. A tipoloxía do arcosolio é semellante ao que fica o bispo enterrado, coas puntas de diamante e follas de vide. Os salmeres mostran no lado esquerdo a un freire dominico cun bastón e o evanxeo que ben puidera representar a frei Pedro González. No outro lado un anxo porta unha cartela e que se podería emparellar coa figura do dominico. No lado norte os arcosolios amosan unha decoración diferente na chambrana, emparellándose coa que aparece na xanela oeste. Decoración taliforme serpentea pola chambrana. Os salmeres mostran características semellantes con representación curiosas. No lado esquerdo do primeiro arcosolio, unha figura feminina con entallado vestido e cabelos ondulantes puidera representar a vaidade. No lado dereito, unha cabeza mosntruosa e sorrinte ten enriba unha figura humana, en representación doutro pecado. No arcosolio seguinte no lado esquerdo, unha enigmática figura que xunta as mans en sinal de oración mentres que se cubre a cabeza cun extrano tocado que tamén cubre o papo; semella ter un carácter feminino e quizais represente a unha monxa ou

freira, de devoción en Tui, mentres no lado dereito unha figura ergue os brazos á cabeza. Un dos arcosolios ten xacigo con cuberta a dúas augas, e escudos dos Soutomaior en toda a fronte visible, doutro lado varios escudos con representacións de dragóns e leóns, descuberto polo lembrado Plácido Méndez Cruces, leva as conexións da familia Soutomaior a Portugal, onde tiñan intereses e alianzas. A campa pertencería a Álvaro Paes de Soutomaior, e orixinalmente tivo que estar no medio da capela para que fosen visibles todas as súas armas heráldicas. O outro arcosolio non ten xacigo, e emprégase actualmente como altar mariano. A bóveda da capela é un fermoso exemplar estrelado con varias ligaduras que recrean un cadrado. Esta bóveda correspondería á orixinal de 1424 xa que aínda que conste que ameazaba caer, este feito non se produciría, e menos se tería feito un deseño tan complexo, sobre todo visto o sinxelo acabado da torre en 1464. Os nervos da bóveda apean en ménsulas-capitel con motivos moi interesantes e calidade diversa. No canto suroeste, a representación dun home con grosas fazulas, boca aberta e mesándose as barbas lévanos directamente á figura da portada occidental, e polo tanto coma interpretación da lascivia. O outro capitel visible amosa un cuadrúpedo. As outras dous ménsulas áchanse ocultas polo retabulo rococó, pero na restauración do mesmo puidose comprobar no lado suroriental a presenza doutro cuadrúpedo, e doutro lado unha figura semellante. Hai que facer notar que tanto as ménsulas como os nervios da bóveda aínda manteñen a pintura, algo destacable nunha catedral que perdeu practicamente o seu colorido orixinal. A antiga porta de acceso á capela, aínda hoxe visible, é un van con arco de medio punto que cae cara o centro do muro. As imaxes de culto desta capela, totalmente transformada, que eran Santo André, Santa María en maxestade e Santa Cecilia, ningún nos resta, xa que a figura de Santo André moi deteriorada que se conserva na sala capitular do claustro, semella proceder máis da fachada que do interior.559 Na restauración do retábulo rococó da capela, descubríronse pinturas que semellan corresponder á capela orixinal gótica, por desgraza non se procedería ao seu estudo e análise para verificar este punto e a composición da pintura, que semellaba atoparse con algún repintado de 1600, data que sinala o cambio de titularidade da capela para ser a do Santísimo.560 O segundo andar da torre, sobre a capela, ten acceso directo desde a nave lateral do evanxeo, nunha porta que fica a tres metros de altura e que antigamente tiña unha escada adosada ao muro. A escada fica iluminada por tres fiestras no lado leste, e a súa largura e accesibilidade directa desde o templo permiten entrever a importancia da sala. Un bóveda cuatripartita cubre a estancia. Os nervios apean en ménsulas-capitel como os da capela. Nun canto volvemos a ter a figura do personaxe barbudo mesándose as barbas, sen fazulas e a boca pechada, pero simbolizando a luxuria. No lado oposto dúas aves, da mesma tipoloxía que vimos na xanela occidental da capela, enroscan os seus pescozos. No canto noroeste representase unha extrana flor, que quizais poida 559

Isto apréciase na erosión da peza e como Murguía antes de 1888 non víu figura algunha na fachada, polo que a actual poida ser de factura máis moderna e sustituta da que se conserva no interior. 560 Restos de pintura tamén aparecen detrás dos altares da Expectación e da Soledad, lamentablemente en lugar de preocuparse por recuperar e recoñecer o noso patrimonio hai xente que procura unicamente o lucro.

corresponder a unha rosa de Xericó. A ménsula nororiental, fica a representación dunha anfisbena, animal fantástico do bestiario medieval, que tiña dúas cabezas, unha maior, e outra menor no extremo da cola. Este animal porta un colar no que pon a palabra “aspero”. A sala conta cun gran nicho con arco semicircular, sobre chanzo de medio metro de altura no que se dipón un banco corrido. No interior dispóñense varias mochetas, se cadra para a colocación dun retábulo, e flanqueada por sendos segmentos de banco corrido. Na parede sur da sala, un gran arco apuntado serve de reforzo á parede, mentres que unha porta permite o acceso directo á tribuna-triforio do templo. A función desta sala segue a ser descoñecida. Que morrese o bispo en 1423, pouco antes de finalizar e darlle utilidade a este segundo andar da torre, debeu ser o principal motivo, aínda que o acceso directo desde o templo permiten albiscar a importancia do lugar, ben como sala capitular561 ou como capela, a teor do gran nicho que preside a sala. Este lugar serviría como cárcere de coengos nos séculos XVI e XVII. O terceiro corpo da torre, rematado entre 1464 e 1465, tería acceso desde a escada que se atopa no costado oeste da torre, e accesible desde a tribuna. A sala, baleira e sen nada destacable, só presenta algunha pequena seteira para iluminación, mentres fica directamente abrigada pola cuberta, polo que orixinalmente debeu ter unha armadura máis complexa, para soster o pronunciado tellado que se apreza no deseño de 1504. No costado oriental ábrese un gran van pechado por un arco escarzano. Actualmente corresponde ao paso entre as torres, de Santo André e das Campás, pero primitivamente este van debía ter unha finalidade diferente, xa que a torre das campás se achaba nun nivel máis baixo, polo que é posible que fose realizado para recoller un voadizo con finalidade defensiva xa que existen chanzos que levan directamente a este van. A Torre de Diego de Muros O bispo Diego de Muros (1471-1487) sería un importante protagonista da historia tudense no último cuarto do século XV. As guerras nobiliares e de sucesión á coroa de Castela impedirían a súa presenza en Tui, prolongándose así a ausencia de bispo na cidade desde tempos do bispo Luis Pimentel en 1451. A súa loita contra Pedro Álvares de Soutomaior pola posesión de Tui e do bispado, facéndolle pasar moi malos momentos como o seu encadeamento en Valença entre 1477 e 1479, e logo en 1485 no alxibe de Fornelos, forxarían en extremo o seu carácter. Tan malas experiencias fixeron ao bispo temeroso das accións dos cabaleiros e nobres da rexión, primando un programa de fortalecemento da catedral como lugar máis apropiado perante situacións de perigo. Debemos facer notar que cando o bispo Diego de Muros toma posesión da cidade e bispado no ano 1482, non tiña na cidade pazo ou fortaleza na que asentarse, xa que as vellas e significativas torres episcopais, na Oliveira, estaban ruinosas logo das 561

A sala capitular do claustro estaba sobre dimensionada, debía ser incómoda e ter problemas ao longo do século XV, feito que motivará a construcción da nova sala no costado norte, xunto da cabeceira entre 1517-1521 rematada polo bispo Luis Marliano.

recentes guerras, polo que obrigaría ao bispo a preparar un novo espazo, sendo o escollido o costado sur da catedral. Sobre a vella capela de Santa Catalina, que pertencía aos bispos tudenses, Diego de Muros edificará unha gran torre-pazo, para residencia na cidade. A construcción da torre estaría datada entre 1482, 5 de maio no que recupera a cidade e igrexa e o 8 do mesmo mes o bispado, e 1487, ano de traslado á sé de Ciudad Rodrigo. A torre ten unha composición moi simple. A súa planta é rectangular, abranxendo o que eran as capelas de Santa Catalina e a de Santa Eufemia 562, e dous andares. Os muros son paramentos de mampostería. Na fachada que dá á praza ábrese unha porta balconeira563 de arco apuntado, doelas regulares e o escudo do bispo na chave. O piso superior dispón dunha xanela corredoira enriba da mesma colócase outro escudo de armas do bispo. A fachada sur, ao claustro, abríase con tres seteiras, dous con arquiño semicircular e outra recta. Unha porta na parte central daba paso ao andar inferior da torre; a porta debía ser como a da fachada, arco apuntado e escudo episcopal na chave, tal e como se ven os restos da mesma polo interior 564. O andar superior constaba de tres xanelas corredoiras da mesma tipoloxía da fachada oeste, e o escudo de Diego de Muros no medio das dúas primeiras xanelas. A fachada ficaría deturpada pola elevación das bóvedas da capela de Santa Catalina en 1707 e a súa ampliación en 1726, rasgando as vellas seteiras e eivando a porta. Na parte superior dúas xanelas ficarían tapiadas. O remate da torre era almenado e probablemente con matacáns tal e como se apreza polo deseño de Duarte D'Armas do ano 1504. Polo que respecta ao interior poucos son os elementos conservados trala ampliación e elevación de bóvedas da capela de Santa Catalina. A torre dividíase en dúas estancias polo muro que viña da separación das capelas de Santa Catalina e Santa Eufemia. No primeiro andar a comunicación entre as dúas habitacións practicaríase a través dunha porta con arco apuntado das mesmas características que a da fachada oeste, e ubicada no centro do paramento. Debido a deturpación de gran parte deste andar os únicos elementos visibles serán as partes superiores de arcos de portas e xanelas. O segundo andar, coa mesma división que o primeiro, prantexa diferencias. A comunicación entre a estancia pequena, cuadrangular, e a habitación maior, rectangular, será a través dunha pequena porta practicada no lateral sur do muro divisorio, coa única característica das mochetas nas que se apea o lintel. As xanelas corredoiras contaban con poios en ambo-los dous lados. A estrutura máis salientable do andar superior serán os arcos oxivais repartidos dous na sala grande e un na pequena. Estos arcos cumpren unha función estrutural, de sostemento da armadura da cuberta, e compróbase que foron posteriores á realización do edificio en xeral, xa que un dos perpiaños dun arco da sala grande tapia a xanela máis occidental do conxunto. 562

Xa comentamos a hipótese sobre esta capela. Nas restauracións da catedral nos anos sesenta retiraríase a escada ao pazo episcopal moderno, isto provocaría que no ano 1967 caese parte deste muro, polo que a parte inferior da porta está reconstruida, descoñecendo se puideron haber elementos significativos que fixesen pensar nunha estrutura voada sobre a praza. 564 Fica o que sería o arco escarzano interior cos buratos para os gonzos, o mesmo estilo que se verá na porta de comunicación do primeiro andar. 563

O recurrido deseño de Duarte D'Armas en 1504 reflicte unha construcción sobre o claustro e inmediata á torre de Diego de Muros. Tal como vimos, non semella posible atribuir calquera construcción no claustro ao bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, principalmente con carácter residencial, polo que é posible que esta construcción fose complementaria á torre, sobre todo no sentido de permitir a accesibilidade á terraza do claustro, polo que resultaría interesante ver neste edificio a orixe das escadas exteriores do pazo episcopal moderno. Aínda que estas son simples conxeturas xa que non consta a utilización da torre como residencia, e a súa total ausencia de ornamentos ou acabados evidencian un emprego limitado unicamente á cárcere, tal e como nolo fan notar os documentos do século XVII. De tódolos xeitos, é posible achegarse á intencionalidade do bispo cos restos que fican da torre. O primeiro andar, accesible desde a terraza norte do claustro, debeu estar disposto como “sala de Audiencias”, mentres que o andar superior estaría destinado claramente a residencia. Outra cousa é saber como se accedía a este andar, xa que non consta presenza algunha de escada, e desde as xanelas románicas da tribuna sur non semella posible ningún acceso, xa que estas se mantiveron no seu lugar ata o presente. Polo que só nos resta pensar nunha escada desde a sala grande do andar inferior, xa que as estancias pequenas deberon permanecer como uso máis privado e polo tanto inadecuadas como espazo de tránsito. Por todo isto, podemos comprobar como o bispo Diego de Muros, apurado polas circunstancias vitais, idearia unha torre xunto do costado sur da catedral e sobre a capela de Santa Catalina e Santa Eufemia. O período constructivo abranxería 1482 e 1485, para o remate dos traballos, mentres que o periodo 1485, liberación do seu encarceramento no alxibe de Fornelos, a 1487, cando marcha a Ciudad Rodrigo, debeu corresponder á colocación dos arcos diafragma do interior, seguramente perante o temor de que a armadura da cuberta botase abaixo os muros oeste e sur. Non cremos que o bispo desfrutase da súa residencia, xa que a súa marcha ao bispado de Ciudad Rodrigo evitaría quizais completar o seu proxecto e consolidalo como residencia episcopal, cousa que os seus sucesores irían facendo pero xa sobre as pandas do claustro. A cabeceira gótica O bispo Pedro Beltrán emprenderá a fins do século XV unha obra difícil, e cuxo resultado non debeu convencer nin ao propio prelado. Xa comprobamos que a situación da cidade tralo remate das guerras era especialmente preocupante; poboación disminuida, casas arruinadas, os pazos e torres episcopais da Oliveira destruidos, a economía empobrecida e a relixión abandonada. Realmente un panorama negro para a cidade da que non dará moitos signos de recuperar, senón máis ben adaptarse a unha nova situación política e económica que non permitiría a volta ao pasado máis vizoso. O bispo Pedro Beltrán atoparíase cunha situación lamentable, e tamén debeu comprobar como no mesmo templo catedralio os estragos das guerras lle tiñan pasado

factura. A catedral de Tui, como temos visto, cun deambulatorio delicado estruturalmente565, tería unha situación comprometida. O bispo tomaría a decisión de desfacer a cabeceira románica nun claro intento de solución circunstancial. A planta da nova cabeceira, rectilínea, intentaba reaproveitar o vello espazo deixado pola cabeceira románica, polo que ficaría nunhas dimensións desproporcionadas. O comezo das obras ficaría grabado baixo a xanela da capela de Santiago na súa cara exterior: año: dni: mº: cccc: lxxxxv. O final das obras estaría marcado na documentación, o 18 de outubro de 1499, día de San Lucas566. Cara ao exterior, os sucesivos contrafortes marcan e determinan as correspondentes capelas. A iluminación prodúcese a través de xanelas abertas no entrepano e nas que predomina a verticalidade e estreitez. Teñen arcos de medio punto e o seu derrame vai decorado por sucesivos baquetóns. As fiestras correspondentes ás capelas de San Pedro e Santiago serían deturpadas para abrir ollos de boi no século XVII. No interior as capelas teñen planta rectangular, o que lles outorga un espazo escesivo e demasiada profundidade. As capelas de Santiago e San Pedro cúbrense con bóvedas nervadas cuatripartitas. A capela maior cubriuse cunha bóveda estrelada. Como diciamos, o sentido desta obra sería o de restruturar unha cabeceira en estado ruinoso, e o resultado, pobre no estético e sobrio no plantexamento estrutural, tería como curiosidade que o bispo non colocase o seu escudo de armas, cousa que si fixo para outras obras por el feitas. Entre os anos 1517 e 1521, anos do episcopado de Luis Marliano, médico de Carlos I e milanés de orixe, teríase rematado as obras da nova Sacristía e Sala Capitular. É probable que o bispo Pedro Beltrán tivese preparado os alicerces e gran parte da obra, e que chegado o mandato do prelado Luis Marliano este finalizase as obras da Sala Capitular deixando constancia deste feito co seu escudo de armas sobre as xanelas da sala. A composición destes importantes lugares era sinxela. Á sacristía accedía desde a vella entrada da capela de San Vicente, cunha porta de arco de medio punto. Dúas xanelas iluminaban a estancia, unha cara o leste e outra cara o norte, ambas con arcos de medio punto e un amplo derrame. A Sala Capitular tiña acceso a través dunhas escaleiras xunto da mesma porta da sacristía, pasando por riba desta cara o van practicado no muro, e que sairía no paramento oeste da sala, hoxe ocupada pola librería. A sala cúbrese cunha bóveda cuatripartita, e as xanelas orixinais deberon de ser modificadas en época moderna. O Ciborio tardogótico

565

Dubidamos de que a presenza na cabeceira dunha triple absida tivese sufrido tanto a catedral, xa que ese tipo de estruturas, tal e como se ven no noso rural, son máis macizas e aptas para soportar malos tempos. 566 A.C.T. Protocolos lib. 27. fol. 215.

Xa fóra do noso marco cronolóxico, aínda que polo seu interese e innegable importancia, tratamos o ciborio do cruceiro catedralicio, obra realizada polo bispo Diego de Avellaneda entre os anos 1526 e 1530567. A cuberta do cruceiro da catedral en época románica e gótica debía ser moi simple a teor da falta de restos, e non sabemos si coas guerras do século XV tamén tiña danos que obrigasen ao seu adecentamento e reforma. O bispo Diego de Avellaneda realizaría unha obra de mérito. No exterior a planta cuadrangular coróase por unha fermosa crestería e parapeito calado. Oito pináculos distribúense como remates da crestería. Unha sinxela xanela rectangular aporta luz ao interior. No interior o primeiro destacable é a bóveda estrelada, a máis fermosa da catedral. Catro escudos de armas do bispo Avellaneda campean nos entrepanos dos catro lados do ciborio. Alternanse así dous escudos con lobos e unha ovella na boca, e dous escudos con trece roeles, propios da familia Avellaneda, orixinarios de Aranda de Duero. Malia que non sexa esta unha obra de grandes dimensións, si ten un resultado digno para as posibilidades de Tui no primeiro cuarto do século XVI, e polo tanto é unha obra que aporta algo positivo ao balanzo artístico da catedral tudense. Conclusións A Catedral de Tui é un exemplo de construcción alterada por un contexto histórico moi particular. Un proxecto orixinal románico veríase truncado por outras expectativas e sensibilidades para rematar o templo en estilo gótico. O plano da catedral segue en liñas xerais o modelo compostelán, no só no que respecta a un transepto desenvolvido con tres naves, senón que tamén polo que se refire á escolla dunha cabeceira lóxica e funcional para ese modelo que hoxe conservamos. Malia a que se fomente unha cabeceira románica con triple absida -e dous absidiolos secundarios- os vestixios no resto do templo non beneficien esta hipótese, e mesmo a documentación semella aproximarse máis a existencia dunha xirola -sentenza de Fernando III en 1250, altar grande de Santa María,...-. A obra do bispo Pedro Beltrán para a cabeceira a fins do século XV foi circunstancial, non ampliou cousa algunha o seu espazo, ficando máis como un simple “peche” que como un espazo de culto transcendental para a liturxia. As obras do transepto románico tamén semellan estar feitas con certa precipitación, principalmente observable na porta norte e na ausencia da mesma no sur. A portada norte corresponde a unha solución rápida, xa que a presenza do dobre arco para imitar o modelo de portada de Santiago pretende amosar un intento fallido de portada monumental, orixinada sen dúbida polas presas do bispo Paio Menendes en ter unha igrexa útil para a canónica recén fundada en 1138, e da que xa tiña unha monumental sala capitular. Será por isto, o emprego do transepto como espazo litúrxico, que o muro sur do mesmo non conte coa correspondente porta, e o seu peche cunha xanela obedeza a colocación dun altar na súa ubicación.

567

A partires de 1530 será presidente da Chancillería de Granada e terá como residencia esta cidade, polo que é de supoñer que a obra a fixera neste tempo, xa que morrería en 1537 nese mesmo lugar.

Debemos a un importante parón nas obras a mediados do século XII, que o reinicio das mesmas, favorecido por novos privilexios e ingresos económicos no derradeiro cuarto do século XII, se estableza no estilo gótico que se estaba a introducir na península. Será deste xeito que vexamos os arcos oxivais trazarse na nave maior e laterais, e as súas bóvedas altas, cinxirse con nervios. O triforio gótico pecharía o ambicioso proxecto de tribuna románica, detido sen dúbida polo cambio de plans observado en tempos do bispo Paio Menendes. A finalización das obras do templo no primeiro cuarto do século XIII, coa culminación dunha portada occidental de carácter excepcional, tanto no eido galego coma penínsular, non marca a fin do periodo senón as extraordinarias circunstancias e coxuntura económica pola que pasaba Tui, que favorecería a rápida construcción do pórtico e do claustro. Nos anos seguintes só contemplamos obras menores, sen dúbida amparadas en época desafortunada para a cidade tanto no político como no económico. A obra da capela de Santa Catalina, a comezos do século XIV o fins da anterior centuria, sería un dos espazos máis importantes para o culto, aínda que sen dúbida será a construcción da torre de Santo André en 1419 o fito artístico máis importante da catedral desde mediados do século XIII. O final do periodo medieval, rodeado de problemas sociais e económicos para a cidade e os seus bispos, só traerán pequenas modificacións como a torre-pazo de Diego de Muros no costado sur do templo, sendo a obra da cabeceira o feito decisivo da fin do periodo e que marcará curiosamente o peche dun ciclo: o comezo das obras catedralicias no fin do século XI, principiando pola cabeceira, e a destrucción da mesma a fins do século XV para ser reemprazada por un espazo morto, disfuncional, en paralelo co que lle sucedía a cidade, unha ampla superficie urbanizada, moitas igrexas e capelas, portos, murallas, pero poucos habitantes e sen esperanzas de voltar á prosperidade comercial e social que distinguiría os anteriores séculos, xa que a construcción dos estados modernos e a usurpación de todas as esferas de poder por parte dos bispos, afogarán calquera intento de rexurdir da cidade.

O MOSTEIRO E IGREXA DE SAN BARTOLOMEU DE REBORDÁNS San Bartolomeu de Rebordáns conta cunha historia e importancia artística innegable para Tui. O mosteiro e igrexa da orde de San Bieito ten unha orixe incerta. As excavacións arqueolóxicas dirixidas por Manuel Chamoso Lamas en 1970 descubriron unha necrópole tardorromana e altomedieval, xunto co que semellaban restos de muro e peristilo dunha casa. O mosteiro debémolo considerar operativo a partires do século IX, cando a consolidación administrativa do espazo tudense baixo o reinado de Ordoño I. A primeira referencia documental seria aparecerá no diploma do ano 1024 do rei Afonso V de anexión da sé tudense á compostelá, logo da destrucción e saqueo normando sobre a cidade. A única mención a San Bartolomeu, como afirma López Alsina568, como igrexa pertencente a sé tudense sostén tanto a súa supervivencia logo da traxedia como o seu especial carácter de igrexa superior ás demais que se puideran ter conservado, sinalando así a interesante hipótese da súa orixe episcopal baixo o católico Neúfila e en contra do arriano Gardingo, con residencia e Sé no altiño tudense. A restauración da Sé tudense polo rei García (1065-1071) supuxo un cambio e restruturación administrativa no seu reino. O novo bispo, Xurxo, semella establecerse nunha data indeterminada do reinado de García, pero seguramente cara 1067, ano de consolidación de García en Galicia e artífice dunha política de apoios nos diferentes prelados, de aí a necesidade de recuperar o asento episcopal de Tui. A primeira referencia documental do bispo Xurxo será en agosto de 1068 cando establece o censo a pagar do mosteiro de San Salvador da Torre -Viana do Casteloindicio claro dos avanzados traballos de reorganización do bispado tudense569. Como anota López Alsina, á falta do diploma de restauración da sé, dous diplomas do ano 1071 aportan información sobre onde estaba a residir o bispo Xurxo. O 1 de febreiro de 1071 o rei García fará doazón de Vilar de Mouros ao prelado no que o destinatario serán oito santos baixo os que está consagrada a basílica: San Bartolomeu e a Virxe María; os mártires Sixto -bispo-, Lourenzo -arcediago-, e o duque Hipólito; o mártir San Xurxo; o bispo e confesor Martiño e San Xoán Bautista. A basílica ubícase entre o Miño e o Louro baixo o monte que toma nome do lugar Tude570. O 13 de xuño de 1071 a infanta Urraca, irmán de García, tamén fará doazón á sé tudense. O diploma de Urraca repite basicamente a narración de feitos do diploma do ano 1024. Como sinala López Alsina a inclusión desta narratio non sería casual, tendo como intención enfatizar o progreso da sé tudense desde os malos momentos da destrucción normanda á restauración da sé e traballos realizados polo bispo Xurxo. Será a través deste documento o que nos revele o avanzado estado de consolidación da cadeira episcopal e con ela da propia Sé de San Bartolomeu. A instalación do bispo no mosteiro bieito non será casual, a destrucción da cidade e polo tanto da antiga catedral, obrigará a esta situación que se podía considerar transitoria aínda que remarcando o importante papel que tiña San Bartolomeu para os bispos tudenses. Ata o ano 1072 estaría á fronte da diócese o bispo Xurxo, sendo sustituido por Auderico quen ata febreiro de 1072 será abade de Samos. Non sabemos se houbo falecemento do bispo, pero todo pode indicar a súa destitución cando o rei Afonso VI

568

López Alsina, F; op. cit. 2006. pax. 65-66. Idem. 570 Idem. Pax. 70. 569

asuma o poder de todo o reino, e nunha clara acción de sustitución dos aliados de García571. Auderico continuaría no mosteiro de San Bartolomeu no seu longo episcopado aínda que establecendo o proxecto de reconstrucción da Sé de Santa María no altiño tudense. Deste xeito a fins do século XI, antes de 1095, o bispo acometería o importante proxecto constructivo, motivo polo que os condes de Galicia, Raimundo de Borgoña e a Infanta Urraca doarán un novo couto á sé con determinados dereitos tributarios e ampliando certas competencias administrativas do prelado, sendo dirixida claramente á sé tudense de Santa María, en clara alusión a nova construcción. Afonda López Alsina nesta liña botando man da historia compostelá, e do acontecido no pío latrocinio feito en Braga polo bispo Diego Xelmírez, cando o arcediago que leva as reliquias as deposita no cenobio de San Bartolomeu situado “no suburbio da cidade de Tude”. Se antes, no diploma da infanta Urraca de 1071, Tude era só o nome do outeiro, agora algo mudou esa percepción, e como afirma López Alsina será considerada xa a aglomeración urbana que se establece arredor da Sé de Santa María en construcción, aínda que habería que matizar, posto que será a nova basílica catedralicia a que ubique no mapa as casas que existían no lugar. A construcción da nova catedral aínda non mudará a condición de Sé de San Bartolomeu, e será a reorganización que emprenda o bispo Paio Menendes en 1138 coa creación da canonica baixo a regla de San Agostiño a que estableza a separación entre o mosteiro e o prelado. O asentamento na “domus episcopi” e a construcción da sala capitular, nese mesmo ano de 1138 marcará novos camiños para o mosteiro bieito. San Bartolomeu vivirá o seu momento de esplendor nestos anos, desde 1067 ata 1138. En 1092 sendo abade de San Bartolomeu Cresconio, sería nomeado bispo de Coimbra. Este era ademais tio materno de Teotonio, que fundaría o Convento de Santa Cruz de Coimbra e sería declarado como o primeiro santo portugués. Xa comentamos o paso polo mosteiro das reliquias traidas desde Braga polo arcediago de Xelmírez, pertentences a San Frutuoso, San Silvestre, San Cucufate e Santa Susana. Tamén serían celebrados varios concilios nas primeiras décadas do século XII, o que reflectía a intensa vida do mosteiro. Debemos supoñer a decadencia que traería consigo a marcha do prelado e do cabido do mosteiro, sostida ademais pola escaseza de bens, xa que non era un gran cenobio, e por outra banda estaba coartado polo poder señorial dos bispos, que coa súa proximidade impedía desenrolar unha vida monástica autónoma e autosuficiente. Diferentes testamentos deixarán ao mosteiro diñeiro e propiedades aínda que estas non serán moi cuantiosas. No ano 1199 Urraca Fernandes doará “ad tudensem episcopum VIII. Mrs. et I. sortilia. Ad canonicos XII mrs. Sancte Bartholomeo X sls.”572. No testamento do arcediago Fernán Eans en 1264, establece unha manda para o mosteiro: “It mandat ad monasterium sancti bartholomei unum aureum per vineam suam de Ricamundi que -- petri nuni civis tudensi per suo anniversario annuatim et alium morabitinos per aniversario fernandi fernn canonici et consanguinei sui annuatim ecce tudensi et abbas sancti bartholomei teneat ipsam vineam et aliam qua emit de clientulis pelagii nuni civis tudensi cum suo torculari que vinea habe iacem -iuxta vineam que fuit petri sede canonici.”573 571

López Alsina, F; op. cit. 2006. pax. 67. Bango Torviso, I.G; op. cit. 1979. pax. 233. 573 A.C.T. Pergamiños. 9/16. 572

O testamento de Tareixa Peres, de 1334, tamén aporta numerosas referencias a San Bartolomeu e sobre todo a un frade do mosteiro: “It mando a Martin Iohans de Revordaos frade do moesteiro de Sam Bertolameu o meu chouso da viña con seu lagar que eu ey eño lugar que chaman palães que iaz apos da viña do dto moesteiro en sua vida, que esse martin iohans en toda sua vida que cante cada año por miña alma vinte missas, et assaymento do dto martin iohans que essa viña et lagar que fiquen ao moesteiro de Sam Bertolameu, que me façam por ella tres aniversarias cada ano por miña alma de qorenta st de prata pequena cada huma”.574 E tamén sobre os lugares de culto na igrexa: “It mando ao altar de Sam Bertolameu medio açumbre dazeyte para lume. It mando ao altar de Sam Lourenço para lume medio açumbre dazeyte.” Igualmente interesante é a sentencia sobre a reparación do mosteiro, obriga que recaía nos veciños do couto de Rebordáns, e nos que estaban incluidos Paredes, Santa María do Camiño e Santa Eufemea. O abade do mosteiro, Pero Gonçalves, querellarase contra os veciños e fregueses do couto de Rebordáns por non acudir á obriga que tiñan de reparar o mosteiro e igrexa de San Bartolomeu. Entre os argumentos sinalados polos habitantes do couto “que alegarom de avinça que ouverom com o dito Abade et de prescripçom em que diserom que estavam de aver confraria outrossy em que pynan acada huun fregues çerta contia de pam cada anno para refasemento do dito moesteyro as quaes excepçoes de parte dos ditos Abade et convento dellas forem negadas”575, algo que o Xiraldo Eans, deán e vigairo xeral do bispo Xoán, que xulgaba o asunto non atendería, dictaminando a favor do mosteiro: “mando queos ditos fregues retellem et reparem as Naves do dito moesteyro ata as capelas em que estam os ditos Altares aasua custa dos ditos fregues de tella et de madeyra em tal guisa que nom chova enno dito moesteyro et queo dito Abade os traute benynamente quando aguisarem odito moesteyro et quelles faça prestança et amor da sua vianda amorosamente et cartatuiamente”. A sentencia, dictada o 4 de xullo de 1379 ademais do interese polas relacións do mosteiro co couto de Rebordáns, implica tamén a existencia dunha comunidade eclesiástica aínda saudable por este tempo, cousa que nas décadas posteriores a situación tornarase outra. As guerras da fin da centuria, isto é a toma de Tui en 1389 e 1398, deixarían a cidade nun estado de ruina e desmoralización acentuada, e o mosteiro de San Bartolomeu non estaría á marxe da destrucción acontecida neses anos, máxime que o mosteiro non tiña defensas para evitar os danos nen protección suficiente para evitar saqueos. Así, a comezos do século XV, o 8 de setembro de 1418, o abade de San Bartolomeu, frei Gómez, era o único que ficaba no cenobio: “Sabean todos que...dom frey Gomez abade do moesteiro de Sant Bartholomeu da ordem de Sant Bieyto da par da cidade de Tui per sons de campana tanjuda por si e en nome do dito seu moesteiro e convento e de seus subcesores por quanto dixo que y agora nom avia frades...”576. Perante esta situación a fin do mosteiro como tal estaba trazada, e para iso tivo que acontecer unha serie de desgrazas económicas para o bispado tudense, que viñan desde o cisma de Occidente e segregación da parte portuguesa do bispado, para acadar as devecidas bulas papais de volta á unión territorial ou os diñeiros que reclamaba o bispo de Ourense Diego Rapado na súa efímera etapa tudense, e para solucionar isto levarían a cabo a reducción de prebendas, isto é o número de cóengos, de trinta e seis a vinte e cinco, en 1435, pasando a vinte e tres en 1436, e como isto non era suficiente o 1 574

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 16. A.C.T. Pergamiños. 14/24. 576 Galindo Romeo, P; op. cit. 1925. pax. 84. 575

de xuño de 1435 o Papa autorizaba a incorporación dos mosteiros de San Bartolomeu, San Pedro de Angoares, San Salvador de Barrantes, San Bieito e San Salvador de Budiño. A agregación á mesa episcopal destos mosteiros acadaríase pola influencia que o bispo tudense, Xoán de Cervantes, cardeal de San Pedro, tiña na curia romana, tanto durante o concilio de Basilea como no resto do pontificado de Uxío IV. Desaparecida a súa función orixinal, establecida como igrexa parroquial, San Bartolomeu e as súas rentas pasaban agora baixo control episcopal e capitular, arrendándose ao mellor postor, co perigo que iso supoñía de non cumprimento de obrigas, tanto eclesiásticas como patrimoniais. Será deste xeito que o cabido tudense ordenará durante o século XV a restauración de mosteiro e igrexa, para a súa conservación aínda que as desgrazas do século tamén golpearían o cenobio, así en 1460: “...mandou o dito deam e cabido a jacome rodrigues que diga aos tençeiros do mosteiro de Sam Bertolameu que pagem çem maravedis para ajuda da reparaçom do dito mosteiro onde foy queimado dos ginitarios e que eso mesmo diga ao moordomo do cabido que pague outros çento que ja prometerom aos fregueses del para ajuda do seu corregemento.”577, en referencia aos ataques dos Sarmientos e Pimentel contra a cidade e os seus arrabaldos. A igrexa do mosteiro, o único conservado do conxunto monacal, fica hoxe en día como exemplo de románico primitivo na rexión. É recurrente a comparación e semellanzas con San Martiño de Mondoñedo, aínda que só no plano iconográfico, por que no resto as diferenzas son claras e notables. A igrexa ten tres naves e cabeceira de abside central semicircular e rectangulares os laterais. Como fai notar Bango Torviso, a igrexa sufríu moitas restauración ao longo dos séculos, o que fai difícil ver as diferentes etapas constructivas e unha orixe determinada ao templo. Como xa vimos San Bartolomeu debeu chegar en condicións aceptables ao século XI, principalmente de cara a receber o asento do bispo. Este primitivo templo prerrománico contaría con cabeceira rectangular pero non moitos elementos máis. Non temos dúbida que a chegada do bispo Xurxo cara 1067 sería a data para a transformación do edificio, labrándose sobre a anterior construcción prerrománica un templo románico aínda inmaduro. Este edificio aínda visible, destácase pola cabeceira rectángular e os pilares rectangulares das naves, con columnas adosadas que reciben os arcos formeros. Curiosamente na igrexa non atopamos arcos torais ou perpiaños, que tracen na nave lonxitudinal os tramos correspondentes para o traballo das bóbedas. Nos ingresos das capelas laterais, arcos de medio punto dobrados e en aresta viva. As súas bóvedas de canón, coa parte central rechea de cachote e tixolo. O máis interesante e realmente valioso neste periodo, 1067-1072, estarían nos capiteis historiados, de gran primitivismo e recurrentes seguramente dunha linguaxe aínda prerrománica. No capitel da absida norte, lado esquerdo, representaríase na fronte un banquete, mentres que na cara esquerda aparecería unha personaxe degolada por un coitelo que porta un dos comensais. Por semellanzas iconográficas con San Martiño de Mondoñedo sabemos que este capitel recrea a banquete de Herodes e a degolación de San Xoán Bautista. No lado dereito desta absida o outro capitel amosa outra escena, con dous cuadrúpedos, seguramente equinos, no que semella que están devorando a unha persoa, mentres dous personaxes con coitelo na man agardan no outro extremo. 577

A.C.T. Protocolos lib. XIII. Fol. 26. 17 de marzo de 1460.

Na absida sur, no seu lado esquerdo, o capitel semella inconcluso, con diferentes figuras, como anxos, aínda que imposible de precisar máis detalles. No lado dereito, o capitel amosa tres figuras suxeitándose a unha serie de bandas que discorren e se entrelazan na parte superior, mentres a figura central soporta dous sapos mamando dos peitos. Os sapos serían unha clara representación do pecado, e as figuras pecadores que pretenden acollerse á representación da divinidade que son os entrelazos, de longa tradición prerromana e prerrománica, e como xa temos observado na mesma catedral, aínda un recurso románico. Existe outro capitel inacabado na nave lateral norte, segundo tramo, e semella tentar representar outro tema de entrelazo. O arco triunfal, de medio punto, dobrado e en aresta viva, tamén apea en sendos capiteis, un historiado e outro vexetal. O primeiro, no lado esquerdo, varios personaxes tocan olifantes, mentres que o capitel remata nunha franxa con decoración de estrelas moi semellantes a San Antolín de Toques, e nunha extrana marca ou signo circular. No lado dereito un capitel vexetal con elementos moi abstractos suxere máis a escritura alxamiada e polo tanto unha pequena influencia musulmana na decoración. Debemos atribuir ao falecemento ou destitución do bispo Xurxo en 1072 un parón nas obras de San Bartolomeu, detectable nos capiteis inacabados. O parón no proxecto da igrexa, provocaría que tempo despois quixérase modificar ou adaptar o templo ás novas modas que Santiago estaba impoñendo no territorio. Deste xeito a absida central, orixinalmente rectangular, modificaríase para ser semicircular, acollendo unha bóveda de cascarón. O mellor detalle para comprobar esta transformación seria a xanela, con arco de medio punto dobrado pero coa aresta acabada en baquetón. Os capiteis desta xanela amosan unha evolución evidente sobre o resto dos existentes no templo; no lado dereito tema vexetal, mentres que no lado esquerdo represéntase un felino. Hoxe en día a xanela fica ocupada por unha extraordinaria talla de San Bartolomeu do século XII e coa pintura orixinal. Esta figura fora atopada nas excavacións e restauracións da igrexa nos anos setenta do século XX. A evolución do templo non remataba na absida central, os pilares da nave, os dous primeiros, recibirían podios circulares para preparar pilares cruciformes, ao xeito que tiña Santiago. Estas transformacións, que proxectaban un paso máis alá do románico precompostelán, e que seguramente trazaban o abovedamento pétreo das naves, estarían facéndose unha ou dous décadas despois das obras do bispo Xurxo, e sería responsabilidade do bispo Auderico. Pero estas obras serían sempre anteriores a 1095, cando temos constancia do comezo das obras catedralicias de Santa María, e polo tanto este sería o principal motivo para deter as obras e abandonar o proxecto, xa que estaba marcada unha nova ubicación para a Sé episcopal, e polo tanto o mosteiro e igrexa de San Bartolomeu pasarán a ser un asento temporal e por isto sen intención de invertir no seu edificio. A igrexa ficaría como exclusiva da comunidade monacal a partires do século XII, e as obras a acometer serían arranxos do que non veremos grandes modificacións ata o século XV. Cando o templo e mosteiro de San Bartolomeu pasan á mesa capitular, esta será responsable dos seus arranxos ademais do propio arrendatario. Xa comprobamos como en 1379 os fregueses do couto de Rebordáns tiñan a obriga de arranxar con madeira, trabes e tella o mosteiro e igrexa, aínda que non sabemos moito do alcance destas obras.

En 1446 o cabido marca o arranxo da igrexa como obxetivo do novo arrendatario, síntoma do non bó estado de conservación do edificio. Malia as obrigas do arrendatario do edificio, seica este non estaría arranxado, e en 1449 ordenaría a Martín de Paredes xunto con varios mesteirais a reparación do mosteiro, realizado entre xuño e setembro dese ano 578. En 1451 coñecemos traballos realizados nas capelas da igrexa: “Item mandarom ao dito thesoureiro que desse hun cales de prata a johan rodrigues para poer en prendas aos mesteyraes que repararom as capellas de san bertolameu.”579. A esta última obra, responsabilidade de Martín de Paredes, teremos que atribuir o muro norte da igrexa, aprezablemente transformado e cunha tipoloxía afastada do románico da igrexa. Este feito obsérvase pola diferenza do muro e as súas fiadas, a tipoloxía das cobixas, unha xanela con derrame encaixada no lugar e nos canicelos que se dispoñen no beiril. Estos canicelos estan decorados con motivos que vemos no gótico tudense, principalmente catedral, e que nalgún caso como a figura barbada enlázase co mesmo tipo de personaxes que vimos reproducirse na torre de Santo André como imitación da figura que sustenta á raíña de Saba na portada occidental, e que é unha representación da luxuria. A perda da fachada da igrexa, en 1776, condiciona o análise da mesma, do mesmo xeito que o propio mosteiro, que semellaba ter capelas no claustro. Así e todo descoñecemos como era, as características do mesmo, e incluso o claustro como estaba formado e decorado, porque incluso a ausencia de pezas materiais procedentes de achádegos casuais se nos teñen negado. A única esperanza deberá recaer nas excavacións arqueolóxicas, que poidan recuperar do silencio o mosteiro bieito. A IGREXA DE SAN XOÁN DE PORTO San Xoán de Porto non era unha igrexa máis no espazo tudense. Era unha igrexa parroquial, e polo tanto cun territorio propio do que sabemos pouco. O máis probable é que a parroquia se extendese nunha área pequena, entre o que sería a entrada o actual barrio de San Bartolomeu, fonte de San Domingos e o Hospital de San Xiao dos Gafos, hoxe cruce do Rollo. Se cadra o máis importante desta parroquia era a densidade de habitantes, volcados ao porto fluvial, e polo tanto ás posibilidades do río, tanto comerciais como de recursos alimentarios. A primeira mención á igrexa de San Xoán de Porto farase en 1156 no reparto de bens entre a mesa capitular e o bispo: “in tudensi ecclesia Sancti Johannis de Portu, ende foris paratas et prandia ad ipsam sedem spectantia”, correspondéndolle ao bispo a súa propiedade aínda que logo veremos que o mestrescola posuía dereitos sobre ella, síntoma dalgún intercambio posterior. A existencia da igrexa nesta época, subraiada polos restos dunha necrópole tardorromana e xermánica nos seus arredores, evidencia a importancia da mesma. Os testamentos tamén sinalan como beneficiaría ao longo dos séculos XIII e XIV a igrexa de San Xoán: “It mandat ecclesie Sancti Iohanis de Portum viridarium suum que emit de fernando petri judice tudensi quod iacet ante portam ipsius ecclesie tali conditionen que fiat indem ei anniversarium annuatim de (?) sl per anima sua et 578

A.C.T. Protocolos Fernán Gonçales. Fol. 3 e 6. 31 de xuño, 29 de xullo, 26 de setembro, 5 de novembro de 1449. 579 A.C.T. Protocolos Fernán Gonçales. Fol. 30. 27 de maio de 1451.

ipsa ecclesia habeat illud semper per hereditate et si non fecint anniversarium recipiat illud prepinquior clericus ex parte matris sue et faciat inde persolvi anniversarium superdictum annuatim.”, para 1264, na que o arcediago Fernán Eans manda a igrexa unha horta que fica diante da mesma, coa obriga de aniversarios pola súa alma. Tareixa Peres en 1334, da que temos recurrido nalgunhas ocasións, tamén fai interesantisimas aportacións a San Xoán, mencionando algunhas capelas da mesma igrexa: “Item mando a Sam Johane do Porto medio açumbre dazeyte para lume. It mando a Sant Steveo dessa iglesia medio açumbre dazeyte para lume. It mando a Sam Treeçom medio açumbre dazeyte para lume. It mando a Sta Crus medio açumbre dazeyte para lume.”580, o que quere indicar un abraiante número de espazos de culto importantes e transcendentes para os tudenses. Das características da igrexa só podemos dicir, por comparación coa de San Domingos edificada a partires do século XIV, que tería unha dimensións aproximadas de dez metros de largura por uns vinte metros de longo, proporcionalidade que se apreza no deseño de Tui en 1504. Tampouco podemos adscribir pezas ou restos materiais a este igrexa, nin sequera o relevo da portada sur de San Domingos, tradicionalmente sinalada como de San Xoán de Porto, aínda que xa veremos como isto non é posible. Un dos principais problemas da igrexa, e que motivará a súa desaparición, será a construcción da igrexa e convento de San Domingos. A igrexa dominica irase construindo paralela a vella igrexa parroquial, pero polo que respecta á cabeceira, os freires terían serios problemas na súa construcción por mor dos terreos pertencentes á igrexa de San Xoán e que de facto compoñían un extenso cemiterio de gran antigüidade. Os dominicos conseguirían acordos co rector de San Xoán en 1415 que favorecerían o proxecto dominico de ampliar e construir a capela maior. Para isto era necesario a cesión dunha casa e terreo ás costas da igrexa de San Xoán, propietario das mesmas e que impedían a construcción da nova capela maior e dunha lateral. En 1482, o bispo Diego de Muros, nunha concesión ao convento de San Domingos, cedería propiedades e dereitos sobre a igrexa e de facto a deixaban nas mans dos dominicos como ermida morta e anexa á igrexa conventual. En 1498 o mestrescola Morguet Juan, denunciaría o convenio de 1482, xa que malia que a igrexa de San Xoán de Porto estaba adscrita á mestrescolía, o bispo tiña abusado do seu poder, e o anterior mestrescola, Álvaro de Porto, tiña cedido nos seus dereitos. Para evitar os “pleytos causas demandas debates contiendas et questiones de et sobre razon da yglesia de San Juan del puerto unida et encorporada a la dicha maestrescolia et sobre los Resios et salidas et huerta questa junto dela dicha yglesia de San Juan et pardiñeyros e sobrelos dizimos de çiertas vinnas” tiña co convento de San Domingos. O acordo con “el dicho sennor obispo nolo podia fazer ni quitar los dizimos ala dicha maestrescolia pues la dicha iglesia era curada et tenia parrochianos a que avia dedar los sacramentos et que el maestrescola pasado no avia consentido sinon con miedo et fuerça del dicho sennor obispo”, por iso para evitarse males maiores, ambas partes chegarían un acordo, repartindose algunhas propiedades do convento no outro lado da cidade, mentres que o convento ficaban coas rentas de San Xoán.581 Grazas a este acordo, sabemos que San Xoán aínda contaba con parroquianos malia do seu mal estado a fins do século XV, e que o convento de San Domingos empregaría para o seu propio proveito a vella igrexa. 580 581

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 16. A.C.T. Libro Becerro. Fol. 98. 1 de febreiro de 1498.

Aínda que non conservemos restos materiais, si que temos bó coñecemento das capelas existentes no seu interior grazas ás mandas outorgadas para as lámpadas dos seus altares. Así temos o altar principal adicado a San Xoán Bautista, outro altar a San Estevo, tamén un ao Santo Cristo, e finalmente a San Treeçom. Este último santo, por demais enigmático pero polas referencias que tiña Avila y La Cueva a súa veneración era moi ampla tanto a unha beira como na outra do Miño. As súas reliquias ou corpo estaba depositado no seu altar, o que indica o seu óbito en Tui. O seu nome, extraño e nada habitual pode obedecer a algún vello santo do alto medievo tudense. San Treeçon acabaría corrompéndose en San Terson e incluso nunha serodia asimilación con San Xoán, San Xoán Terson. Isto último froito sen dúbida do descoñecemento da orixe do santo. O dato máis revelador sobre a importancia de San Treeçon será a cantiga de amigo con mención da romería do santo, datada no século XIII, e que provén dun enigmático xograr tudense, Golparro, cuxo alcume, que significaría algo así como raposeiro, dá motivos da extracción social e polo tanto da súa pertenza á clase dos xograis. A cantiga está conservada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa e o da Vaticana, e asígnase por número o 1283: GOLPARRO Mal faç’ eu velida, que ora non vou veer meu amigo, pois que me mandou que foss’ eu con el ena sagraçon fazer oraçon a San Treeçon, d’ ir ei coraçon a San Treeçon E non me devedes, mha madr’, a guardar, ca, se lá non for, morrerei con pesar .......... ca, u s’ el ia, disse m’ esta razon: “d’ ir ei coraçon a San ”

Faltan alguns versos, 11-12, de aí a liña de puntos, aínda que factible a súa recomposición, e así o fai José-Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo, que fai esta proposta582: Mal faç' eu, velida, que ora nom vou veer meu amigo, pois que me mandou que foss' eu com el[e] ena sagraçom fazer oraçom a Sam Treeçom. D' ir hei coraçom a Sam Treeçom! E nom me devedes, mià madr', a guardar, ca, se lá nom for, morrerei com pesar, ca, u s' el ia, disse-m' esta razom: [que foss', u al nom há, esta sazom]. D' ir hei coraçom a Sam Treeçom! 582

Portal galego da língua: http://www.agal-gz.org/modules.php?name=Biblio&rub=mostra_libro&id_livre=343

A transcendencia e importancia de San Xoán de Porto percíbese no só no aspecto histórico-artístico senón incluso no cultural legando unha fermosa cantiga de amigo dun misterioso xograr tudense. No ano 1543 temos novas dun conflicto que xurdiría entre convento dominico e concello tudense. Neste ano os dominicos decidirían tapiar a porta da igrexa por considerar que se tiñan cometido moitos sacrilexios na mesma por ficar en sitio apartado e escuro. Percibindo o concello e os veciños da cidade que os freires tal fixeron, irían prontos ata a igrexa de San Xoán e alí botarían abaixo o muro que tapiaba a porta. O gran escándalo e impiedade que esta acción tiña producido entre os eclesiásticos, e a fin de acadar unha resolución satisfactoria, deixaríase por acordo entre as partes que resolvese a pena a impoñer aos membros do Concello e veciños o Vicario Provincial da orde de Predicadores en Galicia. A sentencia chegaría o 6 de maio de 1544, e entre as sancións o Concello tería a obriga de “...tejen e reparen la dicha nuestra hermita desta manera, que cerren los arcos colaterales de la capilla de tal manera que la Reliquias se pongan en la capilla que esta frontera de la puerta de la hermita, y hagan una puerta buena y recia de buena madera que tenga unas berjas largas de madera en la dicha puerta, o en oa parte por donde se vea el altar donde estubieren las reliquias, y hagan una cerradura fuerte con su llave...”583. Con esta sentencia podemos comprobar como a igrexa de San Xoán tiña tres naves -arcos colaterales-, e que a partires desta data ficaría de tal xeito que só era posible o seu acceso e veneración desde o interior da igrexa dominica, só abríndose durante as festas de San Xoán. No ano 1730 eliminaríase o que quedaba da igrexa de San Xoán, paralelamente coas obras que se estaban a facer na igrexa dominica desde 1728, e que resultarían no acurtamento da nave e deste xeito do amparo ao que estaba afeita a vella igrexa polo norte. A CAPELA DE SANTA EUFEMEA Ubicábase esta capela no couto de Rebordáns, dentro da freguesía de San Bartolomeu, e formaba unha pequena aldea cuxos habitantes tiñan obrigas de reparación e arranxo no mosteiro bieito. Non temos máis datos, aínda que a sospeita dunha orixe antiga para esta capela semella fundamentarse nos diferentes achádegos arqueolóxicos na zona, xunto da actual rúa Loureiro e que o historiador tudense Avila y La Cueva, en pleno século XIX xa tiña atopado moitos vestixios de muros, enterramentos e inscripcións, algunha delas xa parte da historia arqueolóxica da cidade. A ERMIDA DE SANTA BAIA Atopámonos con outra capela de orixe antiga, e que polos restos dos que fala Avila y La Cueva -tégulas, tixolos, etc.- tamén puidera ter unha orixe tardorromana. Ubicáse esta importante capela sobre o espazo que hoxe ocupa o Parador de Turismo, un altiño que a deixaba libre das cheas do Miño e vixiante dos camiños da barca a Valença e a Guarda. No reparto entre o bispo e a mesa capitular en 1156 xa aparece esta capela. Nos séculos medievais a mención á capela vai ser constante por ter unha tenencia con viñas e agros próximos á cidade, e polo tanto de gran valor. 583

A.C.T. Avila y La Cueva, F; Papeis de Conventos. San Domingos. Doc. Nº 25.

Puido esta capela ter un amplo territorio parroquial envolvendo o que sería o couto de Arcos, actualmente Randufe. No século XVII sería derruida dentro do proxecto de abaluartamento da cidade e eliminación de moitas casas e edificios nas proximidades dos perímetros murados para a mellora da defensa de Tui na guerra de Restauración da monarquía portuguesa, 16401668. A IGREXA DE SANTA MARÍA DA OLIVEIRA Estamos perante a máis importante igrexa medieval de Tui despois da Catedral. Santa María da Oliveira responde a unha devoción extendida na rexión galaicoportuguesa, aínda que non debemos deixar a posibilidade da presenza dunha oliveira, propia do seu carácter evanxélico, e que na rúa onde se ubicaba a igrexa, a existencia de hortas e enxidos faría posible tal feito para dar cabo do topónimo. Isto último, o topónimo de Santa María da Oliveira ou Oliveira simplemente, transmite a importancia da igrexa, xa que tal denominación abranxía un extenso espazo na parte norte da cidade, no sector máis alto e antigo do burgo medieval. Nesta rúa e praza instalaríanse as casas e pazos episcopais ou a Torre Vella, síntoma da relevancia da zona. Descoñecemos a orixe da igrexa, xa que as primeiras mencións documentais aparecen no século XIV, aínda que como suxire López Alsina, o comezo dos traballos catedralicios no altiño puido supoñer o acondicionamento a fins do século XI de Santa María da Oliveira, e sobre todo a partires de 1138 cando o bispo e cabido se instalen na domus episcopi. Pola disposición das rúas actuais e desniveis existentes podemos intuir unhas dimensións aproximadas para a igrexa de 15 metros de largura na fachada principal, e 30 metros de longo. Ademais da relevancia da igrexa hai que facer notar o carácter funerario da mesma, cun exemplo interesante, polos poucos que teñen aparecido en Tui, de sartego medieval, século XIV, con escudos heráldicos, representando cinco flores de lis, sendo difícil determinar a familia nobiliaria á quen pertencía 584, armas que tamén aparecen no que semella lousa ou lápida nun muro da rúa Entrefornos. As numerosas referencias documentais aportan unha boa idea da importancia da igrexa durante a idade media: 1333, testamento de Johan de Padrón, manda aceite para a lámpada do altar de Santa María da Oliveira. 1334, Tareixa Peres “Item mando a Santa Maria da Oliveyra medio açumbre dazeyte para lume.” 1335, María Fernandes “It mando a Santa Maria da Oliveira medio de un Quarto dazeyte en cada hun año para todo sempre et qello dem em cada hum dia de Sta Maria de febreiro et qello dem pela miña casa qe esta aa ousia de Sam Nicolao.” 1381, Fernán Cachaza e Estebaina Martínez “Yten mandamos para o lume de Santa Maria da Oliveyra duas arrobas de aceyte para esta que saque aquel que de nos ficar vivo despois do outro que faza deitar ese aceyte en cuanto durar en as lamparas 584

Pode ser a familia Aldao ou Maldonado, aínda que non consta na documentación o seu paso por Tui, polo que ben puidera pertencer a algún cóengo ou dignidade da catedral.

da dita yglesia da Oliveyra e que o poña en cas de johan chato que o dea en as lamparas da dita yglesia da Oliveyra el ou sua muller según comprir.”585 O valor de Santa María da Oliveira tamén residía nas súas atribucións episcopais, xa que pola patente ausencia de documentos e arrendamentos de propiedades que tiña a igrexa no arquivo capitular, resulta obvio dicir que era esta unha igrexa pertencente ao bispo. Neste senso resulta interesante a noticia da reunión do cabido tudense en 1485, momento que o bispo Diego de Muros estaba apreixado no alxibe de Fornelos, na igrexa de Santa María da Oliveira, por estar pechada e afortalada a catedral polo suceso do secuestro do bispo: “...seendo en cabildo enna igreja de Sta. Maria d'Oliveira juntos persom de canpaan tangida para faser seus ofiçios segundo seu costume por que a igreja cathedral de Tuy esta encastilada e non se abre por la prisiom do reverendo sennor dom Diego de Muros obispo de Tuy.” e “Estando en cabildo enna igreja de Sta. Maria da Oliveira por que a igreja cathedral non se abria, paresceu ay Fernan Peres raçoeiro e diso que por quanto el tynna as aniversarias do cabildo e segundo costume...”586. Igualmente interesante é notar a presenza dun coro na igrexa, e deste xeito entender a importacia litúrxica de Santa María da Oliveira: “...en Sta. Maria da Oliveira dentro del coro de la dicha iglesia por que estava intredicho puesto en la dicha çibdad estando ai presentes, ..… peresçeu ai el señor don Afonso de Fonseca fidaldo alcalde de la iglesia de Tuy e presente en el dicho lugar a los dichos señores las provisiones suso dichas de parte del rey Fernando e del rey Fillipe reys que fueron de Castilla...”587 Este feito lévanos a pensar na posibilidade de que San María da Oliveira se configurase como igrexa parroquial de Tui, aínda que algúns datos na documentación non permiten tal aserto. Unha misteriosa capela, inmediata a igrexa, acrecentará as dúbidas da súa posible antigüidade, tendo en conta da existencia no lugar dunha celosía dificilmente encuadrable, ou se pola contra estamos perante unha capela engadida posteriormente, o que daría conta non só da importancia de Santa María da Oliveira senón da súa relevancia cultual: “...e a outra casa que estaba en a rua da Oliveyra en que moraba Estevoo fehe a qual partia da hua parte con hua capela que y a a cerca da egllesia de Santa Maria da Oliveyra contra o engido e pumar de Johan Miguelles arcediano de Miñor en a yglesia de Tuy, e da outra parte con casa en que mora Gonzalvo Eans Camaño coengo de Tuy, e entestaba contra fondo en casa de Lope Afonso veciño de Tuy, et say por portas a a dita rua da Oliveyra...”588 Neste senso indicar que a celosía provén do convento da Concepción e que orixinalmente formaba parte na xanela que miraba cara o leste sobre o pasadizo. Esta peza foi tida como gótica por Gómez Sobrino cando foi instalada no Museo Diocesano nos anos setenta do século XX. Sería ao seu entender unha peza do século XIII. Mentres

585

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea; 1333, fol. 5v. 1334, fol. 16. 1335, fol. 18. Avila y La Cueva, F; Papeis de Conventos, San Domingos; doc. Nº 9. Testamento de Fernán Cachaza e Estebaina Martínez, 6 de setembro de 1381. 586 A.C.T. Protocolos lib. 25. fol. 174. 1 de agosto de 1485 e 9 de decembro de 1485. 587 A.C.T. Protocolos lib. 29. fol. 143. 16 de febreiro de 1507. 588 A.C.T. Avila y La Cueva, F; papeis de conventos, San Domingos. Doc. Nº 13. 20 de agosto de 1415, documento de acordo entre o convento de San Domingos e o rector de San Xoán de Porto.

Iglesias Almeida sostería que a peza fose prerrománica, por semellanzas co estilo asturiano. Nesta tese tamén se embarcou Blanco García589 que indica a interpretación “solar” da peza, cunha ubicación no testeiro, concluindo que a celosía sería obra de prerrománico asturiano e datada sobre os séculos IX a X. O mellor estudo feito ata o de agora o realizou Pérez Besada590, cunha fonda análise da celosía, o que lle levou á conclusión dunha celosía tardogótica e pertencente ao púlpito de Santa María da Oliveira. A peza ten unha rosácea central, sextifolia, e arredor sen simetría algunha e de forma coidadosamente caótica o que puideran representar un conxunto de follas que rodearían a rosácea. A ausencia dunha mínima simetría leva a pensar nunha peza máis tardía, e máis en liña da tese de Pérez Besada, aínda que a pobre execución da celosía polo menos ao que respecta á rosácea, lémbranos elementos románicos semellantes. De estar perante isto último teríamos un traballo totalmente inédito no seu estilo, non existindo comparación posible e desta forma unha obra excepcional; mentres, unha peza gótica que emprega un gran poder de abstracción aínda que de execución mediocre tería máis posibilidades de encaixar. O certo é que as dificultades non só de datar senón adscribir a un determinado tipo artístico resulta complexo, polo que as teorías terán que agardar a aparición de novas pezas no recinto conventual que poidan soster unha datación e filiación máis fiable. O resto de pezas atopados nas diferentes restauracións da igrexa do convento da Concepción, son máis doadas de determinar. Afortunadamente contamos cun bó número de elementos desta igrexa, e sería probable contar con máis no convento de ser realizado un traballo arqueolóxico e arquitectónico. Varias doelas, capiteis, canicelos e cornixas serían achados na igrexa e nas súas inmediacións. Gómez Sobrino no seu extraordinario traballo sobre Santa María da Oliveira e o seu entorno591 establece esta igrexa como románica, aínda que tal extremo non o poderíamos desbotar, á luz dos elementos que temos e baixo a cautela que os mesmos puideran ter pertencido a unha parte concreta da igrexa, como unha capela, podemos dicir que estamos perante unha igrexa plenamente gótica. As doelas, pertencentes a unha portada, posiblemente lateral polo seu tamaño, mostra decoración lobulada que se enlaza con elementos vexetais e na rosca dos arquiños ubícanse secuencias de botóns. A chambrana amosa unha interesante decoración con puntas vexetais que se abrirían no extremo. A cornixa conservada decórase con flores de botón central na nacela, mentres que esta fica remarcada por sendos baquetóns. Os canicelos, cinco en total, mostran variadas decoracións, desde motivos vexetais e fructícolas, a algunha caracterización zoomorfa como un morcego, outro ten un elegante entrelazo con bolas nos espazos baleiros, e unha representación humana de certa calidade e clara percepción vexetal. Os capiteis descubertos son de tipo vexetal e con traballo en crochet, e polas súas proporcións deberon pertencer a portas e xanelas. Con todos estos elementos podemos asegurar que Santa María da Oliveira, polo menos nunha parte, era unha igrexa gótica, restaurada ou traballada na primeira metade 589

Blanco García, Rosa Mª; “Una celosía pre-románica en el Museo Diocesano de Tui”. TVDAE, abril de 2001. 590 Temos que agradecer o interesante traballo de Roberto Pérez Besada: “La iglesia de Santa María de la Oliveira”, Rutas cicloturistas del Románico Internacional. Nº 4, 2004. 591 Gómez Sobrino, Jesús; “Santa María da Oliveira de Tuy, Una iglesia románica desaparecida.”, TuiMuseo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo II. 1976. pax. 49.

do século XIII, xa que amosa claros paralelismos cos traballos no pórtico e no interior catedralicio para esta época. Isto non quere dicir que a igrexa teña orixe no século XIII, senón que as partes conservadas mostran un claro exemplo gótico, incluso algún elemento visible no muro da horta pódese aprezar como xamba con baquetón dunha porta, e incidir na mesma datación. Está clara unha cronoloxía de polo menos o século XII para Santa María da Oliveira, e seguramente partes da igrexa puideron pervivir como románicas, pero na primeira metade do século XIII, nunha extraordinaria febre constructiva na cidade, realizaríanse traballos serios sobre a igrexa, non sabemos se nunha capela en exclusiva, tal e como comprobamos na documentación, ou en xeral unha renovación do conxunto, que levaría consigo a creación do coro, cuxa existencia reflicte os acordos capitulares. Se cadra como parte deste coro, teñamos que sinalar os linteis que na horta leste do convento se dispoñen en gran número, linteis que representan arcos xeminados nun estilo próximo tamén ao século XIII.592 Outra cuestión son os restos conservados in situ no actual convento da Concepción. Desde o exterior e ben visible unha liña de sillares que marcan a ubicación orixinal da igrexa. No interior, o paramento que pecha no exterior a sacristía e accesos ao campanario, aparecen arcos con aresta achaflanada, nunha posición que puidera ter dado a unha nave lateral da igrexa de Santa María da Oliveira. Confiamos en que moitos outros restos se teñan conservado dentro da estrutura do convento, e así poidamos coñecer máis datos dunha igrexa tan relevante para a historia tudense. No ano 1542 a igrexa sería utilizada pola recén fundada Santa Casa da Misericordia, e tres anos despois trasladaríanse trala catedral. O convento da Concepción, neste tempo decidiría votar abaixo a igrexa por ser demasiado grande para a congregación, curiosamente a pequena capela feita no século XVI ficaría miúda para a actividade do convento ampliándoa en 1688, coa actual capela. A CAPELA DE SAN NICOLAO Perto da Porta Vergán, da muralla medieval, ubicábase esta curiosa capela, con rúa propia e unha orixe advertible como saída da parte alta da cidade cara o porto e arrabaldo de San Xoán. As pequenas dimensións da capela, 15 metros de longo por 7 e medio de largura, aínda percibible na casa que ocupa o vello solar da capela, non é motivo para lle restar importancia, sobre todo si a mesma, como se pode intuir poida ter algunha motivación “gremial” ou en xeral seglar, xa que non vemos á sé tudense, mesa capitular ou bispo, ter algún tipo de responsabilidade sobre a mesma. A capela de San Nicolao amósase na documentación medieval tudense, tanto de forma directa, como indirectamente polo propio nome da rúa: “It mando a Santa Maria da Oliveira md de un Quarto dazeyte en cada hun año para todo sempre et qello dem em cada hum dia de Sta Maria de febreiro et qello dem pela miña casa qe esta aa ousia de Sam Nicolao”593. É tremendamente interesante a mención á “ousia”, isto é unha 592

Aquí dicir como Roberto Pérez Besada sinala estos curiosos linteis como parte dos extintos pazos episcopais, sen dúbida estamos ante un quebracabezas, que só as escavacións arqueolóxicas e os estudos sobre o actual convento poderán aclarar. 593 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 18. 6 de maio de 1335. Testamento de María Fernandes.

absida, xa que nos amosaría unha capela de pequenas dimensións pero cun trazado e ornamentación máis complexa. No século XV as referencias seguen a aparecer: “hua casa pequena que esta na dita cidade a tras San Nicolao”, “hun formal de casa que esta nesta cibdade enna rua da Corredoyra que partia de hua parte con rua que vay pra San Nicolao”.594 Desta capela temos restos decorativos, dous capiteis, e algunha excavación arqueolóxica próxima, con materiais tardorromanos595. Os capiteis atopados na restauración da vivenda e entregados polos seus propietarios ao Museo Diocesano, son dous exemplares historiados con figuración de rostros humanos. Nun dos capiteis altérnanse rostros humanos, con cabelo modulado en rulos, con rostros onde as orellas puntiagudas poden facer denotar características “demoniacas”. Estos capiteis mostran claros paralelismos con outros da catedral, en concreto os capiteis do triforio, no transepto noroccidental, onde existen os únicos capiteis non vexetais deste espazo. É por iso que San Nicolao sería datable no último cuarto do século XII, trazándose xa como unha capela gótica por traballar nela algún dos talleres que obraban na catedral neste tempo, e polo tanto con coñecemento da linguaxe gótica e os seus elementos máis representativos. A capela desaparecería cara 1664, cando se constrúa a Santa Bárbara, murando para iso a antiga Porta Vergán. Neste tempo a imaxe de San Nicolao pasaría ao convento da Concepción onde aínda permanece, sendo talla xa do século XVI. A CAPELA DE SAN MARTIÑO Esta capela, practicamente descoñecida, senón é polas poucas mencións documentais. Ubicábase a espaldas da catedral, e debía ser de pequenas dimensións, uns sete metros de longo por uns tres e medio de largura, e quizais sexa a mesma que se apreza no debuxo de Pier María Baldi en 1669 xunto a capela da Misericordia. A posición da capela, xunto da cabeceira catedralicia, xunto coa importancia da súa advocación, fai posible ver nesta capela un complemento do conxunto catedralicio, xa que a mesma dependía da mesa capitular. A máis antiga mención documental corresponde ao ano 1376: “Entom o dto dayam com acordo et consentymento do dto cabidoo proveeu a Afonso Pelaes clerigo do coro de Tuy et reitor da iglesia de Sam Martim de crasto de huna rrasom enna dta iglesia. Aqual rrasom he da mesa do dto dayam. Et instituyo o dto Afonso Pelaes pessoalmente por seu barrete em rraçoeiro da dta iglesia de Tuy com todoslos dereitos que perteençem a arraçoaria E asignoulle stallo enno coro em aquel lugar hu o dto Martim Afonso acustumava de seer e meteunho logo em posse da dta raçom...”596, comprobamos a presenza dun rector da capela. En 1421 outra referencia sobre esta 594

Sánchez Carrera, Mª. del Carmen; El Bajo Miño en el siglo XV…, 1997. pax. 178. Equipo Arqueológico del Bajo Miño; “Excavación de urgencia en la calle de Santa Bárbara”. Tuy Museo y Archivo Histórico Diocesano. Tomo IV. Pax. 426. Tamén para maior aclaración sobre o achádego: Fermín Pérez Losada, “Entre a cidade e a aldea”, Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia. Brigantium, volume 13, 2002. 596 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 58. 22 de decembro de 1376. Supoñemos que se trata da capela tudense, xa que é un crego do coro que logo nomean razoeiro na catedral. No bispado tudense só temos atopado unha parroquia que se designe así, San Martiño de Castro, e fica en Viana do Castelo, se cadra un pouco lonxe para un crego de coro. 595

capela: “…entestaban contra o fondo con ho forno de Basco Martiz e de Alvaro Vaazquez vezino de Tuy asi como ian topar a a capela de San Martiño.” Referencias máis tardías pero necesarias para precisar a ubicación desta capela son de 1611, “se hizo en el presente año la Cárcel del Cabildo en la capilla de San Martin y corral que dice a la parte de la Misericordia según notas de un curioso Anónimo597”. En 1652 temos máis precisión sobre o particular: “que el Señor fabriquero haga adereçar la puerta de la Capilla de San Martín poniendola un trabatel por la parte de atrás. Asimismo haga adereçar la pared que sale azia la Misericordia y todo lo que fuera menester en el estudio.”598 A desaparición da capela procedería da construcción da capela de San Telmo en 1732, obra que ademais tiña a obriga de comezar desde a Misericordia e cruzar a rúa coa bóveda de canón que actualmente forma o pasadizo. Quizais provinte desta capela sexa unha lousa ou lauda colocada no muro que dá á rúa Entrefornos, con escudo no que figuran cinco flores de lis e datable no século XIV. Igualmente no interior do solar que dá a espaldas da capela de San Telmo da catedral son observables varias laudas sepulcrais, polo que se pode supoñer un uso funerario bastante activo desta capela. UNHA CAPELA DESCOÑECIDA Mentres que de moitas capelas e igrexas medievais tudenses conservamos referencias documentais, coa súa advocación, neste caso temos un resto arquitectónico como é unha portada, pero descoñecemos completamente a súa filiación, xa que nin na documentación nin nos restos conservados aparece pista algunha pola que poidamos precisar algo máis. A portada conservada ubícase na rúa de San Telmo, perto da rúa travesa que comunicaba esta co eirado dos Praceres, e da rúa Canicouba. As súas dimensións comprenderían un rectángulo de 10x15 metros, aínda que a vivenda actual ocupa uns 10 metros de largura por 8'50 metros de fondo, polo que é posible posteriores segregacións do núcleo orixinal. Que unha antiga capela se teña transformado en vivenda é de todo punto lóxico, xa comprobamos como a capela de San Nicolao logo de desaparecer será unha vivenda, mentres que a igrexa de Santa María da Oliveira transformarase en convento de clausura. É probable que esa transformación se tivese operado xa na baixa idade media, producto da ruina do edificio polas guerras sufridas na cidade ao longo dos séculos XIV ou XV, e o feito de ser unha humilde capela, non ficar constancia na documentación capitular, que como xa vimos é en exceso parcial e aporta moita información indirectamente. A portada que hoxe contemplamos, resultado da restauración do inmoble nos anos setenta do século XX, é un dos maiores acertos realizados en rehabilitación en Tui, sobre todo acostumados como estabamos á desaparición habitual de elementos singulares do noso patrimonio. A única lamentación que podemos expresar sería a falta dunha excavación arqueolóxica para aportar certezas sobre esta capela. 597

Avila y La Cueva, F; op. cit. 1995. tomo I. Fol. 394. Equivócase seguramente Avila ao interpretar as notas do curioso, xa que o Cárcere faría enfronte da capela de San Martiño, xa que esta seguía existindo con posterioridade. 598 A.C.T. Actas Capitulares, tomo I. Fol. 128. 15 de novembro de 1652.

Esta portada presenta arco de medio punto, con aresta achafranada e bolas. As doelas resultan moi irregulares, bastante propias da baixa idade media599. Esta tipoloxía de portada, de adscripción románica, podería ser datada cara a segunda metade do século XII, ofrecendo paralelismos, aínda que non moi exactos, cunha porta de San Salvador de Albeos ou coa porta meridional de San Salvador de Meis. O resto da edificación conservada, podería corresponder igualmente á capela, xa que o tipo de aparello empregado, mampostería ou cachotería, poden establacer esa correlación cunha capela modesta. Do mesmo xeito advertir como as xanelas actuais non existían antes da restauración, o que enfatiza esta construcción como unha máis que probable capela transformada no século XV ou XVI en vivenda. A IGREXA E CONVENTO DE SAN DOMINGOS Os dominicos, logo dun tempo paralizados nas súas fundacións por mor da crise que tiñan pasado na segunda metade do século XIII, puxeron os seus ollos en Tui, chamados polo Concello, “...opportune duxerit ad eandem Civitatem Tudensem devote vocandos,...”, e facilitada a súa chegada e asentamento pola xenerosa doazón do terreo, “...et ipsi in ea quendam locum habeant pro construenda Ecclesia et officinis aliis pia eis cujusdam Civis Tudensis largitione donatum...”, xa sexa por parte de cidadáns de Tui ou polo mesmo Concello600. Sería no ano 1272, e tanto bispo como cabido non compartían o mesmo sentimento de hospitalidade que mostrara o concello e os seus cidadáns. Poñerían serias trabas para a instalación e construcción do convento, xa que baixo a excusa de que se fixera sen o seu consentimento palpexaba a desconfianza e o temor por un colectivo relixioso competitivo e obxeto de doazóns, servizos funerarios e culto polo que a catedral tiña importantes liñas de crédito. O bispo Gil Pérez de Cerveira suspendería a fundación dominica na cidade a instancias do cabido, polo que os freires non lles cabía máis recurso que o Papa de Roma, habida conta de ter cesado no cargo de xuíz conservador da Orde o bispo de León. A bula do Papa Gregorio X, a chamada Suam nobis dilecti filii, expedida o 1 de outubro de 1273, favorable aos intereses dos dominicos, permitiría a continuación da fundación do convento. O terreo doado ficada na chamada Corredoira, isto é, un espazo extramuros da cidade que era o resultado do cruce de varios camiños, desde a saída das portas da urbe, ata San Xiao dos Gafos, o arrabaldo de Riomuíños ou cara San Bartolomeu e San Xoán de Porto.601 Contamos con dous documentos do século XIV que indican a posición deste convento: “...et eso mesmo topa contra o lugar onde estevo o mosteiro de Sam Domingo o vello que ora he de gonçalvo martim notario et entesta em fondo em outra herdade que he do lume do cruçifixo et topa et emtesta em camino pubrico que vay da porta da porta (sic) da corredoyra para Sam giaam dos mallatos et contra çima entesta

599

Advertimos isto, xa que Chamoso Lamas afirmaba que era este un elemento do século XV para unha vivenda privada, cando nin a probreza dos materiais nin a execución da portada permiten tal cousa. 600 Pardo Villar, Aureliano; En Convento de Santo Domingo de Tuy. Boletín de la comisión de monumentos de Orense. 1938-1941. Apéndice, documento 1º. 601 Con isto deixamos fóra as teorías que indicaban a Misericordia como primeiro asentamento, ou perto da Porta dos Ferreiros, nas proximidades do arrabaldo de Freanxo, xa que a documentación no deixa lugar a dúbidas.

eno camino pubrico que vay da dta çibdade para o dto sam giaam et parte com a dta eira vella por vallado que topa enos dtos caminos de çima et de bayxo.”602 O outro documento será máis explicito se cabe sobre a ubicación do primitivo convento dominico: “Entom os dtos dayam et cabidoo ordinarom que a proçisom et chamom que de custume suyam de faser hu esteve o mosteiro de Sam Domingo o vello a par da corredoyra por la sesta feira dante Ramos que a fesessem aa iglesia de Sam Giaaao dos gaffos et que a pregaçom que suyam de faser hu esteve o carvallo que a façam enna eyra de Sam Giaao.”603 A oportunidade do documento ven dada pola procesión que se facía ata o convento no venres antes do Domingo de Ramos, e a mudanza para facer esta cara San Xiao dos Gafos, un pouco máis lonxe, o que nos revela a posición do convento na actual Praza de Galicia ou vello cemiterio municipal, lugar por onde pasaban varios camiños para sair da cidade cara San Xiao e Compostela, camiños que desaparecerían en grande parte polas obras das fortificacións do século XVII. Os dominicos construirían o seu convento e igrexa cunhas modestas proporcións, adaptadas ao terreo ofrecido e polo que se vé sen expectativas de crecemento, xa que as demais leiras, viñas e hortas eran propiedade da mesa capitular ou da episcopal, e estos non estaban dispostos a vender nada aos freires. O conflicto con bispo e cabido prevalecía, o convento estaba fundado dentro da parroquia tudense, que chegaba desde a catedral ata o alto de San Xulián, onde se veneraban as reliquias do mártir nun antigo santuario. A problemática principiaba cos enterramentos, xa que os que morrían en Tui tiñan obriga de doar non só certos tributos do cariz das loitosas, senón que na demarcación da parroquia o defunto soterrábase no cemiterio de Santa María, xunto da Catedral, e deste xeito esta percibía cuantiosas mandas polos aniversarios e misas que o defunto consignase no seu testamento. Os dominicos o recibir enterramentos de xentes do común ou de nobres da rexión, pelexaba directamente nun “mercado” que a parroquia da catedral tiña case en exclusiva. Tamén as predicacións e confesións que practicaban os dominicos eran unha tarefa molesta para cabido e bispo, xa que estaba a restar posibilidades a outras formas de ingresos como eran as bulas e indulxencias, das que tiraba un bó anaco a mesa capitular e episcopal. Do ano 1283 conservábase no arquivo do convento unha concesión realizada por trece prelados: os arcebispos Tello de Braga, Reinaldo de Mesina, Lorenzo de Conza, e os bispos Almerico de Coimbra, Bartolomé de Asti, Rodrigo de Segovia, Vicente de Porto, Turedolo de Le Puy, Sevi de Pogia, Andrés de valona, Bartolomé de Silves, Esteban de Lisboa, Juan de Lamego e Gerardo Agnani, e no que se establecían 40 días de indulxencias a todos aqueles fieis que visitasen a igrexa dominica tudense en determinadas festividades e contribuísen con esmolas á súa fábrica: Santísima Trinidade e da Santísima Virxe, San Miguel Arcanxo, San Pedro Mártir, San Agostiño, San Domingos, Santa María Magdalena, Santa Catalina Mártir e Santo Patrono.604 Esta concesión evidenciaba o avance notable das obras da igrexa e convento, obras que deberon ser finalizadas e o templo consagrado arredor de 1285, tal e como advirte Manso Porto, pola conservación no convento da Bula do Papa Honorio IV Ex parte vestra, 25 de novembro de 1285, e na que se sinala as facultades para os prelados

602

A.C.T. Protocolo Nuno Gonçalves. 53v. 16 de outubro de 1369. A.C.T. Protocolo Nuno Gonçalves. Fol. 59. 4 de abril de 1371. 604 Pardo Villar, A; op. cit. 1º parte. 603

na colocación da primeira pedra nas igrexas dominicas e para a súa consagración, feito que fai supoñer que correspondería para esta segunda cerimonia.605 Como xa temos advertido, o lugar de ubicación do mosteiro dominico, sen posibilidades de ampliación, e as dificultades e preitos movidos entre cabido e convento polos enterramentos, predicacións e confesións, determinaría o camiño para o traslado do convento a outro lugar da cidade, no que un convenio ou acordo entre as partes sería obrigado tanto para permitir a ampliación das instalacións dominicas como acabar coas liortas que non debían favorecer a ningunha das partes. Os desexos de ampliación do convento deberon ser tratados e conducidos polo bispo Rodrigo, de cara a solucionar a conflictividade entre dominicos e cabido. A iniciativa episcopal tamén é perceptible na sinalización da nova ubicación xa que esta ficaba fixada antes da compra da mesma, nun intento de controlar a nova instalación para que esta non xerase conflicto coa parroquia tudense. Tamén debemos indicar o apoio que o arcebispo frei Berenguel de Landoira debeu ofrecer neste caso, xa que estaba un frei Bernardo parente do dominico como procurador dos freires tudenses, e asinándose o convenio na Rocha Forte, fortaleza do arcebispo compostelán. O primeiro acordo achegaríase o 3 de marzo de 1328 nos pazos episcopais da Oliveira, onde o bispo Rodrigo prantexaría as condicións para a nova ubicación do convento con frei Bernabé, mestre xeral da orde de predicadores, frei Martín de Valença, prior provincial, e frei Rodrigo de Pontevedra, prior do convento de San Domingos de Tui. Descoñecemos se neste achegamento as condicións do bispo eran inamovibles ou era posible a negociación, só nos chegaría a aceptación destas por parte dos dominicos. O 9 de marzo de 1328, en San Domingos de Bonaval, Compostela, frei Bernabé e frei Martín de Valença nomearían aos respectivos procuradores aos que lle autorizaban asinar os acordos e condicións para a nova ubicación de San Domingos de Tui, serían estes frei Bernardo, parente do arcebispo frei Berenguel de Landoira, frei Nicolao e frei Lopo Afonso, doutores do convento de Bonaval e polo tanto coa capacitación suficiente para establecer o punto no que as condicións poderían ser demasiado onerosas para os dominicos ou para aceptar a renuncia a posibles reclamacións e preitos posteriores. O último acto dos acordos sería asinado na Rocha Forte, fortaleza do arcebispo compostelán, o 26 de marzo de 1328. O procuradores do bispo e cabido eran García Prego, cóengo en Tui e Santiago, e Gonzalo García mestrescola en Lugo. As composicións, expresión empregada para falar das condicións e imposicións que se establecían ao traslado do convento dominico, detallaban moitos aspectos do novo mosteiro e das actividades que poderían exercer os freires. Entre as primeiras obrigas estaban as constructivas. Aínda que podían facela igrexa e convento segundo o seu costume, a primeira imposición sería o lugar asignado que pasaba por decidilo o mesmo bispo tudense. A continuación acoutábase cal era ese costume dominico e o que non poderían facer, “...Et que façam essas casas et a yglesia et claustra sem fortalleza nem huma de maneira que as casas non seiam mays altas que agora he o dormidoyro do seu moesteyro de Sam Domingo de Pontevedra. Et a yglesia que seia mays alta comunalmente sen fotallesa de guisa que non possa ende vyr mal nem dapno a ayglesia et çidade de Tuy, nem aos moradores della.”

605

Manso Porto, C; op. cit. tomo I. Pax. 335.

Non estaba pola labor o bispo de que unha igrexa nas inmediacións da cidade puidera ser aproveitada como fortaleza dos nobres da rexión nas súas pretensións e ataques contra os dominios episcopais. As limitacións pola ubicación ampliábanse na prohibición de mercar calquera tipo de terreo nas proximidades de San Xoán, definíndo así un control total sobre o posible crecemento do convento no futuro a non moi longo prazo. “...Et que esses frades por sy nem por outro non aforem nem gaanem nem compren por manda nem en outra maneira nem huma en aquel logar quelles for asignado para faser o dito moesteiro salvo aquello quelles ora for limitado para as ditas yglesia et claustros casas ortas et saydo como sobrado he y et que esses frades non gaanem nen comprem nen tomen por sy nem por outro nem aforem herdade de sam Johane nem parte della...”. As condicións tamén chegaban a un dos aspectos máis importantes da orde dominica, as predicacións e confesións, algo que os distinguía e os facían innovadores en materia relixiosa, cousa que tamén facía temer ao cabido, “...Et esses frades aiam pregaçoes et confessoes assy como as agora am en este logar hu esta sacada ende a villa de Tuy et a parrochia da yglesia cathedral en que non deven aaver pregaçoes nem confessoes nem entra jurisdiçom nem huma...”. O freires dominicos non poderían predicar nin na cidade nin na súa parroquia, algo que coa nova ubicación, na parroquia de San Xoán de Porto, podería facilitar máis as cousas que complicalas tal e como debía acontecer no anterior emprezamento, situado dentro da parroquia do Sagrario da Catedral. O conflicto económico era a base dos preitos entre cabido e convento, e así o expresaba o acordo aclarando e permitindo as situacións nas que lle tocaba percibir ao convento de San Domingo: “... mays por que sobresto sol aver grande scandalo et contenda entre os do cabidoo et os frayres ... et que os frayres aviam as sepulturas de todos lo que se hy mandarem deytar de todo bispado de Tuy, tam bem de Galliza como de Portugal, et das outras terras onde quer que se hy manden soterrar salvo da çidade de Tuy et da freguesia da see et dos casares de meira et dos torrechaos et de cérveyra et de sobrada et dos outros que acustumarom a tomar sepultura enna dita yglesia cathedral...”, pero establecendo a abusiva condición de que a metade das mandas e cousas dos que se enterrasen no mosteiro tanto si foran feitas por si ou por outros, en vida ou en morte, ao mosteiro ou aos freires, tanto se o mandasen para a obra ou para libros, calices, misas, vestimentas ou outros ornamentos, pitanzas dos freires, etc. Ademais disto corresponderíalle á igrexa tudense tamén a metade das herdanzas deixadas ao convento de San Domingos de Tui. Estas extraordinarias condicións económicas que afectaban ao futuro desenvolvemento do convento, e aceptadas pola orde, só era posible polos amargos conflictos que se deberon xerar desde a fundación do mosteiro en 1272 e pola precariedade das instalacións. A nova ubicación permitía polo menos maior libertade e de forma máis tranquilizadora a ausencia de preitos e outros problemas co cabido tudense. Entre as últimas cláusulas do documento, ficaban as legais, sobre todo unha descarada blindaxe por parte de bispo e cabido xa que debía ser habitual o incumprimento de contratos e acordos e máxime as que se establecían entre os dominicos e o bispo e cabido tudense, polo que a desconfianza destes últimos ficaba trasladada ao pergamiño, “Primeiramente porque os frades da dita ordem et os de Sam Françisco seem faser suas conposiçoes contralas yglesias cathedrales et despoys procuram de outra contra elles por privillegios de Papa ou por constituiçoes da yglesia de Roma ou por pagos de Reys ou de Raynas ou de infantes ou doutros grandes sennores...”, e para evitar iso, o bispo e cabido obrigaban aos convento de Tui á

renunciar a calquera acción legal, tanto relixiosa ou civil, que puidese invalidar o acordo. Por último, o cabido e bispo, lembrándose de que os freires eran seres humanos, e tiñan familia, tamén dispoñían sobre as herdanzas que dos seus pais, avos ou parentes puidesen recibir, deixando neste apartado a codicia, e permitindo a recepción íntegra destas herdanzas, a excepción feita dos tributos e décimas que a parroquia de San Xoán de Porto lle correspondese percibir.606 O único xeito que o convento de San Domingos de Tui tiña de librarse de condicións e obrigas tan negativas para o seu desenvolvemento, era por decisión episcopal, e por fortuna para os freires dominicos esta chegaría uns anos despois. Como xa temos anotado, o bispo Rodrigo establecera xa un lugar para o traslado do convento dominico, e o lugar asignado era xunto da igrexa parroquial de San Xoán de Porto. O 13 de abril de 1328 obterían o permiso e autorización do bispo Rodrigo para que tomasen posesión do terreo que mercaran a Estebaina Eans, viúva de Domingo Martiz da Canicouba. Para o vinte de abril de 1328 estarían presentes no agro e viña da devandita Estebaina Eans, frei Francisco de Bergantiños, tenente do convento en sustitución do prior, e frei Xoán Rodrigues doutor, e frei Lourenzo de Camoens entrarían no agro e tomarían posesión física do terreo logo de ler a autorización episcopal perante o notario, e despois procederían a ler a carta de compra do devandito agro mercado o 6 de abril de 1328. O terreo debía estar apalabrado desde tempo antes, froito das conversas e necesidade do convento de San Domingos de se trasladar da Corredoira para a parroquia de San Xoán. O agro, que supoñía unha dimensión notable, xunto con varias viñas, custaría duascentas e cincuenta libras de prata portuguesa, un prezo que sospeitamos inferior ao de mercado, tendo en conta que o terreo era propiedade con tódolos seus dereitos de Estebaina Eans, polo que se intúe un acordo a prol de celebración de aniversarios pola alma da doante, xa que de ter feito a doazón é probable que o cabido pretendese ficar con parte do terreo. O agro ficaba xunto da igrexa de San Xoán de Porto, ... “así como jas murado da una parte de contra o camiño de Sam Bartholameu que ven da la para o dito porto e da outra como parte por muro con o cimiterio da Yglesia de Sam Johane e como outro si parte pelo vallado e silvar que está entre o dito agro e a viña de Sam Johane e como entesta no dito camiño que ven de Sam Bartholomeu da una parte e da outra no dito valado da viña de Sam Johane con sua pedra e muros...”607. Era unha boa ubicación xunto do porto fluvial, un camiño transitado tanto cara San Bartolomeu como para San Xiao dos Gafos, e sen o aporte incómodo dos conflictos co cabido. O Papa Xoán XXII o 26 de novembro de 1329 confirmaría a traslación do convento dominico de Tui. Na Bula, o Papa lembra os conflictos polas sepulturas, predicacións e confesións que obraban os freires no Oratorio por eles construido, e como a necesidade dun convento de maiores dimensións fixo posible a concordia entre as partes en litixio. Non pasarían nin trinta anos dos acordos establecidos entre bispo e cabido e a orde de San Domingos, cando un bispo, Xoán de Castro, revisaría as súas condicións e gravosas claúsulas. Non sabemos o por qué o bispo tería unha iniciativa semellante, aínda que poidamos sospeitar certa afinidade coa orde dominica, xa que era o cabido o realmente perxudicado. Tamén podemos tomar nota como os acontecementos do século, 606 607

A.C.T. Protocolo Pero de Lagea. Fol. 1. Pardo Villar, A; op. cit. 1938-1941. apéndices, 3º e 4º.

as guerras e sobre todo a peste negra, deberon afectar grandemente na mentalidade do bispo e incluso non sería descartable algunha acción positiva por parte do convento tudense de cara a ser favorecido polo bispo e o cabido. Sería o sete de agosto de 1357 cando o bispo Xoán tomase a decisión e expresase estos motivos “...por ser contra o dereyto comunal, e por facer gracia, ben, e merced o prior e convento, e por relevalos de alguns agravios, e premiar que asi en pregazoes, como en confesoes, e en outras cousas convenentes ao obispo, e cavidoo, e querian e otorgaban, que o dito mosteiro, e frayres ayan aquelas gracias, e lebertades, quelles da o dereyto comunal, e tiñan por ben de usar tanben con elles enas sepulturas, enas pregazoes, como enas outras cousas, según, que as outras yglesias, e parroquias usan coa dita orden pelas outras partes do mundo. E que os ditos frayres ayan libremente as sepulturas de todos aqueles da dita cidade e yglesia de Tuy, como dos outros lugares, que se conelles -taren entarrar, salvo ende dos casares de Meyra, e dos Torrichaos e de Cerveyra, e de Sobrada, conven a saber aquelles, que descenden dos ditos casares por liña dereyta, salvo con zenza do bispo, ou do cabidoo en vacante. E queren e outorgan que os dtos frayres de aquí adeante non lles den mais de aquello quelles da o dereyto comunal da sua parroquia da Se, salvo que o dito dean e cavido ayan as camas dos seus parroquianos, que se enterraren no dito mosteiro, según que as antes avian, y a sua parte de obradazoes, e das outras cousas, según, que lles da o dereyto comunal. Los ditos prior e convento por nome de si e do seu mosteyro prometeron, e outorgaron aboafe de non defraudar a dita yglesia de Tuy...”608. Isto é, o convento ficaba coas herdanzas e doazóns na súa totalidade, sen ter que dar a metade á igrexa de Tui. O único, e que se aplicaba noutras partes, era as décimas e outras obrigas tributarias. O cambio era notable, e nestas circunstancias o convento podía ter mellores perpectivas cara o futuro, e unha consecuencia sería o novo proxecto de igrexa dominica, que lles permitiría maior altura e tamaño, máis propia da orde. En 1393 o Papa Clemente VII confirmaría a nova concordia entre bispo e orde dominica, o que non deixaba de ser unha ratificación importante dos avances realizados para que os dominicos puidesen levar a vida de predicación e oración a que estaban afeitos con total normalidade. Con maior normalidade sucederíase a vida do convento coa edificación da igrexa, máximo obxetivo a conseguir, e polo que recibirían recursos económicos de mandas testamentarias. A nova igrexa absorbía recursos económicos e tamén terreo, tanto que o proxecto para a nova cabeceira requería dun entorno que tiña un propietario, a parroquia de San Xoán de Porto. O cemiterio da parroquia máis un casa, rodeaban gran parte do sector sureste do convento dominico, esto ocasionaba un enorme inconvinte, xa que se precisaba de afondar nos alicerces e de extender as capelas da cabeceira de xeito harmónico. Perante esta necesidade o convento de San Domingos recurriría á parroquia veciña para intentar chegar a un acordo de ocupación de terreos. O vinte de agosto de 1415 chegaría o acordo entre o convento e o rector de San Xoán de Porto. Os argumentos dos freires dominicos estaban claramente expostos “...querian facer e levantar o coro e capela mayor do dito moesteiro con outra capela menor...e para se acabar e alzar a dita obra lles era necesario e facia muyto mester o terreo e lugar onde estaba feyta e alzada hua Casa que era da dita egllesia que estaba dentro en o curral dela con outra algua parte de terreo da dita egllesia que estaba en o dito curral cerca da dita casa segundo Andre Martiz maestre que era da dita obra dicese que era 608

A.C.T. Tumbo de Santo Domingo. Fol. 177. Tamén en Pardo Villar, documento 5º, no que se conten máis largamente a eliminación das claúsulas.

necesario para se tomar para fondimentos das ditas capelas...”609. A cambio do terreo necesario para edificar as capelas, os freires ofrecerían dúas casas que posuían na cidade, unha na rúa da Zapatería e outra na da Oliveira. O rector aceptaría e os dominicos poderían proseguir coas obras da súa igrexa. Os dominicos tudenses tiñan sido favorecidos polos monarcas portugueses, nada de extrañar se temos en conta os vencellos que na fundación do novo convento existían con Portugal, en especial o prior provincial frei Martín de Valença, o prior do convento frei Domingo, ou a nai do primeiro, Durancia Peres. Ademais debemos contar cos numerosos freires que viñan da rexión do Miño a profesar no convento tudense. Por desgraza só coñecemos os privilexios reais concedidos ao longo do século XV, e solicitados para confirmación dos anteriores, por se ter perdido os outros, en especial por motivo das guerras e conflictos que afectaban á cidade tudense. En Évora, o rei Afonso V concedería privilexio de confirmación de anteriores favores o 10 de xaneiro de 1450. En Valença do Minho, na estancia do rei por terras minhotas, correspondería outro privilexio o 2 de xullo de 1462 confirmando as franquicias e o paso libre de todo o se de doase en concepto de esmola aos freires dominicos de Tui. O último privilexio que nos consta sería o de Manuel I, o Venturoso, realizado en Évora o 19 de xuño de 1497, no que confirmaría tódolos privilexios outorgados polos monarcas portugueses ao convento. En 1482, rematada a xeira destructiva de guerras e conflictos que afectaban á cidade de Tui desde mediados do século XV, o bispo Diego de Muros concedería ao convento unha solicitude por eles feita, como era a de exención no pago de décimas por unhas viñas que labraban os mesmos freires coas súas mans dentro da parroquia de San Xoán e a anexión da propia igrexa xa que a mesma estaba ruinosa. Álvaro de Porto, mestrescola, e responsable de San Xoán de Porto, faría renuncia de tódolos seus dereitos en mans do bispo o 4 de maio de 1482. O bispo Diego de Muros o 10 de maio do mesmo ano establecería a concesión dos dereitos sobre San Xoán de Porto e facéndoa ermida morta “y assi fecha hermita la unia e anejaba e unio e anejo para agora e para siempre jamas al dicho monasterio...”610. Os inconvintes que os dominicos tiveran coa igrexa parroquial durante tantos anos ficaban agora eliminados cunha anexión e desaparición de facto dunha rival, debido ao culto que se practicaba no seu interior e á devoción a San Xoán, a San Treeçon e outros santos que tiña a igrexa. Agora o convento de San Domingos pasaba a controlar este fluxo devocional e a preparar a súa extinción paulatina. A concesión episcopal de 1482 semellaba ter tódalas garantías posibles, pero seica o bispo Diego de Muros utilizara procedementos pouco honrosos para favorecer ao convento dominico. Deste xeito, o 1 de febreiro de 1498 o mestrescola Morguet Juan, xunto co prior de San Domingos, frei Benito, establecerían un novo acordo, para solucionar certos preitos e conflictos que xurdiran con posterioridade á doazón episcopal, porque “...heran pleytos causas demandas debates contiendas et questiones de et sobre razon da yglesia de San Juan del Puerto unida et encorporada a la dicha maestrescolia et sobre los Resios et salidas et huerta questa junto dela dicha yglesia de San Juan et pardiñeyros e sobrelos dizimos de çiertas vinnas”611. O mestrescola informaba tamén que o bispo “...avia fecho la dicha yglesia de San Juan hermita muerta et dada al dicho monasterio según mais largamente avia 609

Avila y La Cueva, F; Papeis do Convento de San Domingos, documento nº 13. Idem. Documentación nº 20. 611 A.C.T. Libro Becerro I, fol. 98. 610

pasado por contrato presente notario et testigos et dezendo el dicho Morguet Juan maestrescola que el dicho sennor obispo nolo podia fazer ni quitar los dizimos ala dicha maestrescolia pues la dicha iglesia era curada et tenia parrochianos a que avia dedar los sacramentos et que el maestrescola pasado no avia consentido sinon con miedo et fuerça del dicho sennor obispo”612. É interesante do documento advertir como o bispo Diego de Muros non era trigo limpo e aínda que se producise a anexión de San Xoán ao convento, existían aínda parroquianos da mesma aos que había que dar os sacramentos e outros servizos relixiosos. Se cadra eran estos argumentos para chegar ao acordo definitivo que eran as propiedades, terreos e viñas, da parroquia e polos que percibía uns réditos a mestrescolía. A cesión por parte do convento dominico dalgunhas herdades e viñas noutros lugares de Tui, como Riomuíños, arranxaría o preito e os problemas do Mestrescola, e por suposto a definitiva desaparición dos parroquianos de San Xoán de Porto. Un aspecto sumamente interesante tratado na obra de Pardo Villar, se refire aos estudos que existían no convento nos séculos XIII, XIV e XV. Para os comezos da fundación dominica na cidade aparece un doutor, frei Afonso da Coruña, que estaba na pose dunha cátedra de sentenzas. No século XIV a aparición de varios doutores tamén sinala a existencia de estudos, aínda que descoñecendo o seu alcance; en 1328 frei Xoán Rodrigues, en 1357 frei Gerardo, en 1381 frei Pedro de Mira. No século XV semella que se ampliaron os primitivos estudos e aparecen máis doutores; en 1409 frei Domingo de Leirado e frei Fernando Afonso. En 1415 aparecerán tres; frei Xoán de Pallans, mestre en Filosofía; frei Xoán de Monção, e o xa citado frei Domingo de Leirado, doutores en Teoloxía os dous últimos, sendo frei Domingo prior do convento. No ano 1424 aparecerán frei Estevo de Petra ou Pena da Raiña, como prior, frei Gonzalo Paz, frei Mateo e frei Domingo de Leirado. No mesmo ano, 10 de outubro aparecerán dous doutores máis, frei Xoán de Cusanza, mestres en Filosofía, e frei estevo de Soutelo, mestres en Teoloxía. Aparecen outros nomes, asociados a priores e que tamén poderían ser catedráticos en activo como sinala Pardo Villar, pero fica claro os estudos que existían no convento tudense e a súa importancia, apreciándose tamén unha crise na segunda metade do século polo que se advertirá claramente nos propios estudos os efectos das guerras que asolaran Tui durante a centuria.613 O convento e a igrexa de San Domingos Polo que respecta á parte constructiva, no que se refire ao convento, as obras na nova ubicación, xunto de San Xoán de Porto, deberon escomezar tan pronto chegou a bula de ratificación dos acordos co bispo e cabido en 1329. As obras ecomezarían nos primeiros días de 1330, data que ficou gravada no chamado relevo fundacional que estaba xunto da entrada da sala capitular polo claustro. Este relevo coa inscripción correspondente establece os principais responsables da nova fundación: “EST/E: HE/ FREI/ MAR/TINO/ DE:/ VAL/ENCI/ A”. “EST/A: HE / DVR/ ANC [I] /A: PE/RES / FRA[I]RA: D[E]/ SA[N]: D[OMING]O”. “[I(ST)E:/ E(ST): FR(ATER)/ DO(MINICUS)/ D(E): V/A(LENCIA)]”. [ISTA(M): DOMU(M): FECIT: FIE(R)I F(RATE)R: DO(MINICUS) / [DE: VAL]E(N)CIA: A(NN)O: D(OMIN)I: Mº:CCCº:XXXº[:]/ [P(RO): A(N)I(M)A:] DURA(N)CIE: PET(RI): ET: P(RO)/ [A(N)I(M)A: F(RAT)RIS]: MARTINI: Q(U)O(N)DA(M): P(RI)ORIS:/ 612 613

Idem. Pardo Villar, A; op. cit. 1938-1941. capítulo IX.

[P(RO)VI(N)CIAL]IS: FILII: P(R)EDI(C)TE: D(V)R(ANCI)E: // ET: P(RO) A(N)I(M)A: F(RAT)RIS: DO(MINI)CI: (CON)SUB(R)INI: P(R)ED(IC)TE: D(URANCI)E[:]/ A(C)CO(G)NATI: P(RO)VI(N)CIAL(IS): P(R)ED(IC)TI: ET: ISTE[:] / P(RO)VI(N)CIALIS: FVIT: FLOS: ONESTATI/S: ET RELIGIO(N)IS: ET: FVIT: [SPE]C(U)L(U)M[:]/ [P(RE)LA]TORV(M): IVSTICIE: (ET): HVMILITATIS:”614 O primeiro relevo correspondería a un carácter funerario, coas figuras orantes de frei Martín e Durancia Peres, a súa nai, mentres dous anxos tratan de levar sendas figuras de nenos que simbolizarían as almas dos orantes, e dúas figuras máis, orando, no centro sobre o sepulcro. A continuación estaría a inscripción antes transcrita. A segunda parte, amosaría a figura dun freire sinalando a inscripción, seguramente frei Domingo, co ano da fundación, e a dedicación polas almas de Durancia Peres e do seu fillo frei Martín de Valença prior provincial da orde dominica. Esta referencia fundacional, establece a construcción do convento en 1330, rematándose cara 1357, coincidindo coa revocación do acordo. Neste periodo de 1330 a 1357 non só as dependencias conventuais estarían rematadas, senón que a primitiva igrexa debía estar trazada e cuberta. Isto último sería posible grazas ás sinxelas liñas constructivas do templo dominico, sen moitos detalles ornamentais e a cubrición de madeira da súa longa nave. A cabeceira proxectábase polos límites do agro mercado en 1328, trazando unha liña recta de norte a sur, para virar en ángulo recto cara o oeste e seguir a liña dos paramentos actuais da nave. O convento a mediados do século XIV debía estar practicamente completo polos restos que aínda se conservan do mesmo. As estruturas funcionais como a sala capitular estaba disposta no ángulo suroeste do convento, xunto do cruceiro, e tiña unha sinxela disposición de arcos rebaixados para permitir o sollado superior. Descoñecemos como se abría ao claustro, aínda que a desordeada disposición actual dos panos externos, fala claramente da intervención do século XVIII para a transformación en sacristía e a eliminación dos arcos de ingreso, polo menos á vista, xa que no interior permanece cuberto dunha preparación de morteiro de cal mentres que polo exterior a existencia dunha edificación moderna -comezos do século XX- que ocupa a antiga panda sur do claustro impide a comprobación da existencia dunha arcada de ingreso a esta sala capitular. A estrutura xeral do convento, que debía adaptarse ás condicións impostas no convenio de 1328, é aínda perceptible nos panos actuais, polo que a superficie ocupada non variaría ao longo da idade media. O edificio, coas celas, refectorio, estudo, cociña, sala capitular, etc, ocupaba tres lados: leste, norte e oeste. O lado sur, xunto dos muros da igrexa, só era unha galería do propio claustro, onde ficaban os enterramentos importantes xunto con algunha capela. As imposición de 1328 determinarían as dimensións do convento no periodo 1330-1357, con xanelas de pequeno tamaño, aínda visibles, e nunha liña máis baixa que as actuais, para que o edificio fose das mesmas dimensións que o convento dominico de Pontevedra. O claustro sería a parte máis ornamentada do conxunto. Segundo Manso Porto615 os restos conservados sinalan os paralelismos con outros claustros dominicos, aínda que apreza moitas conexións co claustro de San Francisco de Ourense, que tanto pola tipoloxía como cronoloxía (1325-1350) estarían emparentados. Malia dos grandes 614 615

Manso Porto, C; op. cit. tomo I. Pax. 351. Idem. Pax. 350.

puntos de contacto entre o claustro tudense e o ourensán, os restos conservados semellan falar de algúns matices ornamentais que os diferencian. A rica decoración tudense, con motivos florais nos basamentos, e capiteis dobres con interesante decoración zoomorfa, ademais dos restos de chambranas coas características puntas de diamantes, convidan a establecer un proxecto conventual ambicioso, que só o convenio de 1328 impediría con maior forza na igrexa e outras dependencias. Cara o interior do actual patio616, aprécianse aínda varias portas góticas, algunhas abertas. No lado oeste, xunto do canto noroccidental, unha porta con arco apuntado, aresta con baquetón e decoración de estrelas de catro puntas no seu trasdos, mentres o intrados ornaméntase con botóns. No lado oposto, canto nororiental, arco apuntado con chambrana de puntas de diamantes, o trasdos orlado de flores octifolias con botón central, ao seu carón ubícase actualmente o relevo funerario-fundacional, que debeu estar no outro extremo como entrada da sala capitular. No parte suroeste, semitapiada, atopámonos cun arco oxival con aresta achafranada, mentres que no lado xunto o muro da igrexa un arco apuntado de sección prismática revela outra entrada ao edificio polo claustro. Finalmente no canto suroriental, consérvase aínda a Porta de Gracias, pola que se entraba á igrexa, e tiña función procesional. A porta, coa aresta baquetoneada, debuxa no seu trasdos secuencias de motivos xeométricos. O claustro non estaba abovedado, instalándose un sollado para o piso superior. Restos das mochetas que acollían a estrutura lígnea do clasutro, son algunhas interesantes pezas, como as que están decoradas con piñas ou vieiras no lado leste, ou a que representa a San Domingos cun libro aberto nas mans no que pón AU/E: M/(aría): G(ratia): P/LE/NA.617 A partires de 1357, derogado o acordo anterior, os freires dominicos pensarán en mellorar a propia igrexa, que ficara deslucida por falta de fondos e de espazo. Aínda que estaba claro que as intencións de proxectar unha nova igrexa estaban nunha previsión non moi lonxana, os enterramentos e capelas de fundación privada van constituir o fundamento da segunda metade do século XIV. En 1366 sabemos do enterramento dentro da igrexa e en 1381 da construcción dunha capela aos pés do templo, a capela de Santa Catalina. Fernán Cachaza e Estebaina Martínez farían testamento o 6 de setembro de 1381, no que indican que construiran unha capela adicada a Santa Catalina e preparada para o seu soterramento. Era pois unha capela funeraria dotada coas rentas necesarias para o seu mantemento e que desaparecería en 1730 no acurtamento da nave dominica. Seica estaba abovedada, e restos dos seus nervos son visibles no muro de peche da igrexa sobre o coro. Nestas datas o Convento de San Domingos terá novas obras, como os catro arcosolios funerarios do claustro e seguramente se esté traballando no novo proxecto de cabeceira. De 1385 temos a manda testamentaria do pedreiro Xoán Mouro, “It mando para obra do dto mosteiro de Sam domingo çem mor.”618. O que indica que se está a traballar no mosteiro aínda que sen precisar que parte do mesmo. Entre esta manda e os seguintes datos que posuimos, sobre 1409, non existen referencias documentais e cremos que tampouco traballo algún xa que estamos nun momento tenso nas relacións castelán-portuguesas, coa conquista da cidade por João I 616

O actual patio é producto do seu uso como cuartel de infantería, desaparecendo o claustro dos séculos XVI-XVII a comezos do século XX. 617 Manso Porto, C; op. cit. 1993. pax. 352. 618 A.C.T. Pergamiños, 11/17. 5 de outubro de 1385.

en 1389 e en 1398-1402, con consecuencias graves sobre a cidade e os seus arredores. Será a partires do comezo do novo século, e sobre todo coa presenza persoal do novo bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, cando se lle outorgue o definitivo impulso á obra da igrexa dominica. O facelemento de Inés Alvares, nai do bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, determinará se cabe unha nova xeira de traballos no igrexa e a creación do proxecto para a súa cabeceira. O enterramento da nai do bispo sería no convento dominico, pero o seu fillo quería que antes fose levado á catedral para honras fúnebres. Os freires non estaban dacordo con este feito, xa que temían polos seus dereitos económicos e que tal suceso fose precedente negativo para o convento, así o 21 de xullo de 1409 presentarían un recurso xudicial o prior frei Fernando Afonso e o Doutor frei Domingo de Leirado, cuxas alegacións baseábanse nos prexuizos que se lles podía ocasionar nos seus dereitos. O bispo lonxe de querer ofender aos freires manifestaría perante os notarios Xoán Rodrigues e Rui Martínez que o único que pretendía era honrar o cadáver da súa nai sen que tal feito, o de levalo á catedral antes do seu entarramento no convento, constituise un precedente en contra dos dereitos da comunidade dominica para levar directamente desde a casa mortuoria os cadávares que tivesen que recibir sepultura na igrexa de San Domingos. Con esta explicación os freires ficarían satisfeitos e a cuestión rematada.619 O enterramento de Inés Álvares sería no cruceiro norte, no arcosolio do muro occidental. O arco oxival, decorado con chambrana de puntas de diamantes, ten ornamentación vexetal na rosca. A chave do arco figura o rostro do Salvador, xirado cara a xacente, nun detalle de gran calidade e orixinalidade. O xacigo de Inés Álvares, coa súa estatuta xacente, as mans xuntas en oración, revela demasiada horizontalidade, co xogo de pregos do vestido en paralelo. Debemos sinalar a data de 1409-1410 como probable inicio do proxecto da nova cabeceira. No ano 1415 o acordo entre o convento e o rector de San Xoán de Porto permitirá a continuación das obras nun espazo máis amplo, o que fai indicar un comezo inmediatamente anterior, se cadra a manda testamentaria de Inés Álvares e o apoio do seu fillo o bispo tudense, desen o pulo definitivo para dar forma á cabeceira da igrexa. A cesión de terreo que fai a parroquia de San Xoán de Porto o 20 de agosto de 1415, porque no convento dominico “...querian facer e levantar o coro e capela mayor do dito moesteiro con outra capela menor...e para se acabar e alzar a dita obra lles era necesario e facia muyto mester o terreo e lugar onde estaba feyta e alzada hua Casa que era da dita egllesia que estaba dentro en o curral dela con outra algua parte de terreo da dita egllesia que estaba en o dito curral cerca da dita casa segundo Andre Martiz maestre que era da dita obra dicese que era necesario para se tomar para fondimentos das ditas capelas segundo requere o fondimento que estaba comenzado da capela grande...”620, expresa que as obras estaban avanzadas -alicerces, capela do evanxeo feita, ...- e que existía un mestre de obra, André Martiz, que será o primeiro mestre de obras na idade media tudense que vexamos dirixir unha realmente e polo tanto ser el o responsible do proxecto e o seu deseño. Antes do ano 1419, sabemos da manda testamentaria de Guimar Lourença de Cabreira, que deixaría un terzo das súas propiedades ao convento, parte mercada polo 619 620

Pardo Villar, A; op. cit. 1938-1941. capítulo III. Avila y La Cueva, F; Papeis Convento de San Domingos. Doc. Nº 13. 20 de agosto de 1415.

bispo Xoán Fernandes, que correspondía a terreos, viñas, devesas e casas na freguesía de Santa María de Salceda621. Cos diñeiros recaudados semella posible o seu destino ás obras da cabeceira. No 1419 seguían a traballar na capela maior, pero a falta de fondos obrigaba ao convento a vender propiedades coa fin de acadar a cantidade certa para poder rematar a obra principal da igrexa. As propiedades do mosteiro, adquiridas a través de doazóns e mandas testamentarias da nobreza rural da diócese tudense estarían principalmente nas parroquias de San Miguel de Cabreira, San Pedro de Retorta e San Paulo e San Martiño de Caldelas. A venta destas propiedades se faría ao único capacitado en toda a diócese con liquidez suficiente, o cabido, ascendendo a cantidade a nove mil maravedis de moeda vella, alegando o convento para se desfacer destas propiedades: “Entom os ditos prior et convento diserom que elles por quanto lavravam de cote enna capela mayor do dito moesteyro et non tynnan dineiro con que lavrar et por ende quelles era forçado de vender alguns beens de reyz do dito moesteyro por ende que elles avudo ontresi deligente trautado para esto quesse segue que por si et em nome do dito moesteyro et de seus subçesores vendian et em jur et em mao metiam para todo senpre ja mays por jur de herdade ao dito arçidiago et ao dito martim moniz em nome do dito cabidoo da dita iglesia de Tuy et parao dito cabidoo”622. A cantidade non sería suficiente para rematar a gran obra que tiñan comezado anos antes polo que para rescate dos problemas económicos do convento de San Domingos viría o bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, quen en 1424, o 18 de outubro, no mosteiro dominico se lle entregaría o que tiña ordenado no seu testamento “...avia de dar çerta contia de maravedis en esmola et por lo amor de deus para fazer et acabar a capela grande do dito mosteyro”623, a cantidade ascendía a trinta e dous mil maravedis, practicamente o necesario para rematar a obra, a cambio desta xenerosa oferta, os freires estaban obrigados a ir á capela de Santo André, construida polo bispo, nos aniversarios que cada mes ordenara no seu testamento Xoán Fernandes de Soutomaior. Esta inxección económica serviría para rematar as partes altas da capela maior, como sinala Manso Porto, e seguramente para finalizar o peche do cruceiro sur, peche que partiría orixinalmente desde o muro da capela absidial da epístola ata o arranque da torre das campás. Este peche do cruceiro, máis pequeno en dimensións do que ata o de agora se pensaba, é ben visible no deseño de 1504 e sobre todo o de 1669 de Pier María Baldi. El 1730 ampliaríase o cruceiro ata as dimensións actuais, colocando a porta no lateral e o rosetón no hastial aínda que tapiado e aberto nunha xanela alintelada. A parte máis antiga conservada dentro da igrexa serían os xacigos do cruceiro norte. Dun xa falamos, correspondería a Inés Álvares. O outro, da mesma tipoloxía, un cabaleiro da casa de Soutomaior, cos escudos familiares campeando na fronte da campa. A figura incorpora tódolos detalles da panoplia guerreira: cota de malla, armadura, espada longa, daga de misericordia, e aos pés o seu can de guerra. O xacigo tense atribuido ao home de Inés Álvares e pai do bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, pero como descoñecemos quen era o seu pai, debemos descartar tal extremo, porque como xa temos sinalado, o bispo era fillo ilexítimo da casa de Soutomaior e a súa nai unha burguesa de Tui. Polo tanto só é posible adscribir tal enterramento a un membro da 621

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 22v. 22 de novembro de 1419. A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 24. 27 de novembro de 1419. 623 A.C.T. Libro Becerro I. Fol. 286v. 622

familia Soutomaior morto nas dúas primeiras décadas do século XV, e seica que o único do que non coñecemos onde se soterrou e verdadeiramente vencellado a Tui e guerreiro implacable, sería Paio Sorredea de Soutomaior. A cabeceira estaba formada pola sacristía na parte norte, accesible por unha porta con arco ovival e sección prismática. Esta sacristía de pequenas proporcións sería mudada á vella sala capitular no século XVIII. Xunto do muro sur da sacristía adosábase a capela absidial do evanxeo. A planta desta capela, cuadrangular afástase das capelas poligonais do resto da cabeceira. O motivo para esta disonancia está na construcción desta capela con anterioridade á capela maior e polo tanto á obriga de adaptarse ao espazo limitado que tiña as súas costas. Esta forma ven corroborada pola imposta conservada no lado sur, que percorre recto parte do fondo da capela. A capela sería afectada en 1539 por un raio, e reconstruida en 1543 cunha nova bóveda e restauración da fachada posterior, con elementos desparellados como o arco xeminado que debía pertencer a unha única xanela lonxitudinal. Esta capela ten interesantes decoracións, desde a imposta, rematada nun serpe monstruosa, ata os capiteis no arco de ingreso. No lado esquerdo a representación do martirio de San Pedro de Verona. E no lado dereito curiosas representacións cinexéticas. A capela, coa presenza do capitel representativo, debeu estar orixinalmente adicada a San Pedro Mártir de Verona, cousa que era habitual en moitas igrexas da orde. A capela maior, comezada en 1415 e rematada cerca de 1425, acolle o coro conventual coas arcadas oxivais decoradas no pano interior con arquiños trebolados. O banco corrido soportaba unha estrutura sinxela de madeira, tal e como se pode aprezar polos buratos practicados para instalar as traves de madeira. A planta da capela é heptagonal e cúbrese por unha fermosa bóveda de abano, hoxe parcialmente oculta polo magnífico retábulo maior do mesmo xeito que as longas e verticais xanelas. O arco de ingreso, apuntado, apea nunha colección sorprendente de capiteis, non tanto pola calidade, que non é moita, como pola orixinalidade. O capitel esquerdo amosa a representación do nacemento, coa Virxe nunha cama e neno Xesús, mentres que o boi e a mula desenvolvense en maior tamaño e calidade. A epifanía fúndese na escena do nacemento o outro lado dun escudo da casa de Soutomaior, indicativo do patrocinio das obras polo bispo Xoán Fernandes. Un rei mago en pé sinala a escena, mentres outros tres pasarían a formar parte do episodio da viaxe dos reis magos, aínda co extrano detalle de portar lanzas curtas, propias para a caza da xabarín e que enlazan co resto de capiteis da cabeceira, con escenas cinexéticas variadas, tanto en animais como en momentos da montería como o ocultamento entre o mato, etc. A capela absidial da epístola, de planta heptagonal e bóveda de abano, completa coas mesmas escenas nos seus capiteis de materia de caza; xabaríns, aves, dragóns, etc. A capela estaba adicada ao Bon Xesús, aínda que descoñecemos a que Crucificado podería referirse xa que conservamos dous, un de fins do século XIII e outro do XIV. O cruceiro sur, acurtado con respecto ao norte pola imposibilidade de espazo, tería unha porta que se conservaría na ampliación de 1730. A porta no lateral actualmente, mantén os motivos propios que aparecen no resto da igrexa e convento. Unha chambrana con puntas de diamente. A rosca ven ornamentada con motivos vexetais, anxos anunciadores, unha man bendicindo, e un anxo en actitude de bendecir. Os capiteis onde se apea o arco da porta, mostran signos claros da súa relación coas obras da capela de Santo André na Catedral tudense, aves enlazando os pescozos ou simios, figuran nestos elementos. O máis curioso vai resultar

no tímpano, cunha peza que descansa sobre as mochetas da entrada. O tímpano está seriamente erosionado, ata o punto que as figuras son inintelixibles e só o contexto e a obra en conxunto nos fan ver que estamos perante unha epifanía. Pola esquerda tres figuras, unha cun xeonllo no chan están a ofrecer obxetos ao que semella unha representación da Virxe sentada e co neno Xesús no colo. Mentres no lado dereito unha figura solitaria semella ver a escena; esta coas dúas mans nun bastón, ben puidera estar a representar a un dominico, neste senso a San Domingos de Guzmán ou ao fundador do convento. Sobre o conxunto da escena unha decoración de arquiños, e no interior destos arcos trebolados. Este tímpano se ten sinalado como procedente de San Xoán de Porto, pero non hai ningún tipo de proba ao respecto, xa que a igrexa, aínda que ruinosa, mantívose en pé ata o século XVIII, e a porta lateral é das dúas primeiras décadas do século XV. A decoración de arquiños que amosa esta peza ben puidera ser anterior, xa que establece certas conexións románicas lembrándonos a composicións en portadas do século XII, aínda que a aparición dos arcos trebolados e a súa mistura semella indicarnos unha data serodia, moi emparentado coa portada conservada de Santa María da Oliveira. É por isto que quizais o tímpano puidera ser reaproveitado, pero non de San Xoán de Porto, senón do vello oratorio dominico en Tui, na Corredoira, e que tería unha datación como vimos a finalización da igrexa sobre o ano 1285, data á que perfectamente puidera corresponder o tímpano. Sería totalmente lóxico que os dominicos na súa marcha do primeiro emprazamento en Tui levasen todo o posible para ser reaproveitado, xa que tampouco contaban con moitos recursos ademais do carácter devocional que puidera ter esta peza624. A súa ubicación ao sur desde o século XV ao XVIII incrementaría o efecto erosivo sobre o tímpano, labrado en pedra de mala calidade e polo tanto sensible ás adversas condicións meteorolóxicas que nesta orientación tería que soportar. Varias imaxes se ten conservado nesta igrexa. A primeira é unha imaxe de San Domingos de Guzmán, en pedra, e que hoxe está colocada na porta que daba acceso ao campanario no cruceiro sur. Esta peza de fins do século XIV, de gran calidade e orixinalidade representa a San Domingos cun rostro xove e sorrinte, a súa man dereita alzada en sinal de saúdo e amizade, mentres na esquerda suxeita un báculo en tau no que se pousa un paxariño. Dous Crucificados se conservan da igrexa dominica. Un actualmente exposto no Museo Diocesano de Tui, segundo Manso Porto, sería peza datable xa na segunda metade do século XIV. Trátase dun Crucifixo articulado propio para as cerimonias de Venres Santo. Ten unha dimensións notables, e mostra os signos de sofrimento de Cristo na Cruz, con numerosas chagas e o rostro xirado á dereita. O xeonllo dereito avanza cara o espectador para unir os dous pés no mesmo cravo. O perizonium ou pano de pureza chega case ata os xeonllos e mostra pregos en V. Polo tanto estamos perante unha figura da segunda metade do século XIV, aínda que non sexa unha peza de calidade si que ten o valor do seu emprego cerimonial. O outro crucificado ubícase na capela absidial da epístola, e denomínase tradicionalmente como Santo Cristo das Augas. É un crucificado con moita tradición en Tui e do que se chegou a xerar unha interesante colección de lendas. A primeira sería a súa chegada a cidade a través do río, e que o relaciona con tantas imaxes devocionais traídas polo mar. Outras lendas falan do carácter patético da figura, nunha intención crúa e realista da paixón de Cristo que pretendía mover á devoción. O estado actual do 624

Lembremos que o relevo fundacional tamén sería trasladado no seu momento da porta de entrada á Sala Capitular desde o claustro ata ao canto contrario, polo que os dominicos tudenses estaban moi acostumados a reaproveitar os seus materiais.

Santo Cristo, en lamentables condicións por ter estado exposto á chuvia e humidade na súa propia capela, deixannos ver hoxe en día unha figura bastante arruinada e sen parte do estuco e pintura orixinal. O Santo Cristo ten cabelo e barba naturais, e unha representación das chagas e feridas que pretendía ser realista. As pernas van paralelas, cos pés en rotación interna para unirse nun só cravo. O perizonium ou pano de pureza é o orixinal da peza aínda que esta estaba pensaba para se cubrir con outro tecido, e deste xeito estaba ata a resturación do retábulo barroco onde está fincado, feita nos anos noventa. Os pregos do perizonium amósanse moi paralelos. O rostro de Cristo, lixeiramente cara a dereita mostra os ollos pechados, na representación da dor e da morte. Na cabeza cinxe unha coroa sogueada de espiñas longas. Os brazos exténdense e as mans ábrense no xesto de entrega. O Santo Cristo das Augas, segundo Manso Porto, estaría en relación co Santo Cristo de Ourense e o de Fisterra, como representación dos crucificados articulados, propios da área xermánica de onde son orixinarios este tipo de imaxes. Para Manso Porto sería unha peza de mediados do século XIV.625 Grazas á inestimable colaboración dunha especialista neste tipo de representacións, os crucificados articulados, María José Martínez Martínez, podemos descartar totalmente a vinculación do Cristo das Augas a este tipo de imaxes xa que non porta as características axeitadas. O Santo Cristo das Augas é unha peza singular, dun valor inestimable, de procedencia norte europea, e que é posible datalo a fins do século XIII, isto é, na primeira fundación do convento dominico en Tui.626 Semella que existían outras imaxes e relevos na igrexa, polo menos ata comezos do século XX, tal e como nolo describe Pardo Villar, pero estas, un santo dominico e un relevo dado como románico desaparecerían. O relevo representando á Virxe co nenos seica sería vendido a un anticuario estadounidense nas primeiras décadas do século XX. A CASA DO CORPO SANTO O falecemento en Tui no ano 1246 do freire dominico Pedro Gonzálvez, logo dun tempo de prédicas no bispado tudense, e de ter captado a atención e devoción de milleiros de fieis de toda a diócese, o facto dun culto non autorizado pero si consentido polo Bispo e Cabido, farían de frei Pedro un dos vértices da relixiosidade popular en Tui. O ilustre dominico falecera na Pascua de 1246 na casa dun bó veciño de Tui. O seu enterro na catedral, con toda a solemnidade do prelado e dignidades ademais dun sepulcro destacado entre a porta principal e o trascoro, non minguarían a importancia da casa na que morrera e na que por tradición popular estivera vivindo algunha tempada. O feito de que o seu lugar de descanso o realizara nunhas incómodas penedas existentes no interior do edificio, e que semellan que proporcionaban un abrigo natural, aínda que incómodo e austero cunha intención claramente penitencial dacordo co carácter do frade dominico, incrementaría se cabe a importancia da casa e a súa transcendencia. Tal feito abrigaría a decisión, de xeito popular, de adicar a devandita casa como lugar de oración e culto ao venerable freire do que se comezaba a chamar Corpo Santo. 625

Manso Porto, C; op. cit. 1993. pax. 357-358. Sinalar que o Santo Cristo de Burgos ten datado a primeira referencia en 1308, mentres que os de Ourense e Fisterra son doazón do bispo ourensán Vasco Pérez Mariño entre 1333-1343. 626 Agardamos que a imaxe sexa restaurada, aínda que lamentablemente o seu estado de abandono xunto co resto da igrexa de San Domingos non convida a moitas esperanzas.

A casa en cuestión, na rúa da Porta Vergán, no seu tramo intermedio, e marcada pola rochosa orografía tudense, era un humilde inmoble coas características propias das casas do século XIII. Os muros perimetrais serían de cachote e aproveitando os alicerces que configuraban os propios penedos que rodeaban parcialmente o edificio. O tellado é probable que incluso fora de colmo e non de tella para esta época, mentres que a estrutura interna era en madeira. Sería unha casa sobradada, baixo máis primeiro andar, con fachada superior en madeira. A planta era estreita e moi fonda, as súas dimensións abranxían desde os pouco máis de tres metros de largura no fondo, tres metros e medio na parte central e catro metros na fachada, ata os pouco máis de once metros de longo; a altura non chegaría aos catro metros e medio. Como oratorio ficaría a casa durante toda a idade media, co fervor por aquelas penedas onde morrera en arrecendo de santidade frei Pedro Gonzálvez, aínda que este oratorio, por ficar fóra do control episcopal e capitular e ter un eminente carácter popular, non terá o vislumbre documental e atención que o altar do Corpo Santo da Catedral tiña, polo que poucos datos sobre posible transformacións na edificación para a súa adaptación ao culto aparecerán. Só os datos aportados nos procesos de canonización en 1732, con descripcións fiables de como era a capela antes da súa ampliación e metamorfose, sinalan a capela como humilde e con intervencións moi concisas na idade moderna, polo que é lóxico pensar nunha mínima adptación do espazo -eliminación do sollado do piso superior- e colocación dun altar. As referencias ao oratorio son poucas, a maioría sinalando co nome de rúa do Corpo Santo ao tramo inferior da rúa da Porta Vergán, xa en pleno século XV. A única referencia directa atopada data de 1417 “...que as casas travesas em que morava o dito deam que partia da huna parte com a Rua publica que ya para o forno da enfesta et da outra parte com casa do corpo santo et com casas de constança nunes moller de vasco martins vesino de Tuy et entestam de hun lado contra o dito forno et da outra contra a camara travessa das ditas cassas...”627, indicando a rúa cega que ficaba por detrás da capela. Para a fin do periodo temos novas de obras no vello oratorio. O bispo Pedro Beltrán (1487-1505) empregaría parte dos seus recursos económicos en dotar de certa dignidade aquel humilde oratorio do Corpo Santo. O prelado faría importantes obras, que coincidirían coas opinións dos peritos do proceso de canonización de 1732, apreciándose aínda nestas datas a obra acometida polo bispo. No ano 1503 Pedro Beltrán faría a porta da capela, en arco de medio punto. Unha imaxe de frei Pedro Gonzálvez, aínda conservada na entrada na cripta da igrexa de San Telmo, correspondería a esta obra, xa que se trata dunha representación co báculo e evanxeo, ademais dun rostro envellecido, propio dunha forte tradición que sería vencida anos despois coa representación do santo co barco, a vela e con aspecto xove. O altar da capela tamén correspondería á obra de 1503, do mesmo xeito que algunhas imaxes máis de devoción do santo dominico e de María Madalena. O importante da intervención do bispo Pedro Beltrán viría non só pola obra en sí senón e tamén polo acompañamento dunha fundación de 600 maravedís anuais, que obrigaba a dicir misa semanal cada venres na capela, sendo o primeiro capelán designado o portugués Gonçalo da Teença628. 627

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues, fol 2v. 16 de novembro de 1417. Actas Capitulares, libro 29. fol. 68. 15-09-1503. “Esta mesma ora e dia él señor obispo e los benefiçiados presentes él señor obispo fezo titulo e colaçom de consentimiento dos suso dictos benefiçiados da Capela do Corpo Santo onde sua señoria fazia huna Capela que era enna Porta Vergaan, a Gonçalo da Teença portugués con cargo de huna myssa cada sesta feyra que diga ena dita Capela e non ena Igllesia mayor e noutra parte porque o al todo he da Igllesia, o dicto reverendo señor 628

PATRIMONIO CIVIL Ademais do patrimonio relixioso construido, legado e sinalado pola documentación, tamén posuía Tui un patrimonio civil salientable, só que padeceu máis os designios das modas e das guerras. Entre as edificacións medievais tudenses, temos que contar cunha serie de construccións, con funcións diversas e importantes e que marcaban co seu perfil a cidade. Os inmobles privados e a súa tipoloxía na cidade tudense tamén é importante para tratar de subraiar diferenzas con outros lugares de Galicia. A Domus Episcopi ou Torres episcopais Se no relixioso a catedral era o edificio máis importante da cidade, no civil emanado do poder señorial que tiña sobre a cidade e as súas xentes, o pazo episcopal era o edificio máis destacado de Tui. A súa orixe resulta escura, aínda que é posible establecer a súa conexión coa residencia dos condes da rexión, en consonancia co centro adminitrativo tudense. Esta función de pazo condal, no alto medievo, casaba co dobre polo de poder que tiña a cidade tudense; nun extremo a catedral, e no outro a residencia condal. Cada un fixaría os seus ámbitos de influencia que no urbano traducíase en edificios importantes tanto en funcionalidade como en dimensións. Síntoma do atractivo desta residencia condal sería a concentración de diveros edificios e igrexas, que facían deste punto do burgo alto medieval nun lugar de gran interese. Por desgraza nin a documentación nin a configuración actual deste espazo urbano fai transcender algo máis da súa disposición e carácter. Será sen dúbida as posibilidades que brinde a arqueoloxía as que amosen a verdadeira imaxe de tan salientable lugar. O privilexio sobre o couto tudense, trazado e deslindado en 1095 polos condes de Galicia Raimundo de Borgoña e Urraca, sería o momento chave para a reinxección urbana no vello burgo altomedieval coa construcción da catedral. As concesións doadas por Raimundo e Urraca son en realidade os dereitos condais que tiñan sobre o territorio cedido ao bispo e cabido, e estos dereitos condais tamén traerían consigo a vella edificación que fora residencia dos condes da rexión. A decisión do bispo Paio Menendes de constituir a canónica baixo a regla de San Agostiño atraería á observancia na nova institución de seis cóengos: o prior Paio, os arcediagos Martiño e Afonso, e os sacerdotes Ramiro, Gonzalo e Pedro. Nese ano de 1138 na que se constitúe a canónica, a residencia do bispo e dos seus cóengos xa non será o mosteiro de San Bartolomeu, senón o edificio e solar da residencia condal, no lugar chamado da Oliveira, dentro do burgo tudense. A separación de bens entre bispo e cabido, realizado en 1156 baixo o novo prelado, Isidoro, deixaría sen efecto a canónica e a residencia dos cóengos na chamada Domus Episcopi. Os cóengos habitarían en diferentes casas da súa propiedade, nunha obispo constituio enna mesa obispal cada ano seissentos maravedis que ouvesse o que ali fosse capellan”.

vida máis relaxada, mentres o bispo mantiña a propiedade e se cabe a residencia na vella Domus. A primeira referencia documental sobre a Domus Episcopi, traenos unha transformación profunda e a creación dun complexo residencial no barrio da Oliveira. Sería o ano 1179 e o bispo Beltrán recibe do rei Fernando II o privilexio para fortificar a carón da Domus Episcopi e recolectar un imposto sobre os grans vendidos na cidade para a súa construcción. O texto orixinal en latín se expresa así “Concedo etiam vobis prefato episcopo et capitulo tudensi tu faciatis alcazar ad turrem iuxta domos episcopi in Tuda et episcopus habeat illud in pace absque ulla contradictione et accipiatis singula coclearia de singulis buzenis que vendentur in foro tudensi tam de frumento quam de ordeo quam de siligine quam de milio quam de quolibet alio grano ad reficiendum ipsum alcazar et ecclesiam sancte Marie tudensis”, correspondendo a traducción “Concedovos tamén a vos o citado bispo e o cabido tudense para que fagades unha fortaleza xunto a torre perto das casas do bispo en Tui e o bispo teña aquel en paz sen ningunha oposición e recibades unha culler de cada buceo que sexan vendidos na praza tudense tanto de trigo como de cebada como de trigo candeal como millo coma calquer outro grao para face-la mesma fortaleza e a igrexa de Sta. María de Tui”. É interesante a apreciación do texto latino ao usar o termo árabe “alcázar” para sinalar a fortaleza que quería construir o bispo, quizais máis significativa á hora de sinalar a presenza de torres no proxecto episcopal. Tamén é preciso sinalar como a ubicación desta fortaleza ou alcazar establecíase entre unha torre e as casas episcopais, isto é entre a Torre Vella da muralla da cidade e as casas, proxima entón a fortaleza a mesma porta e nunha situación que se correspondería actualmente ao mirador do convento das Encerradas. Este dato de 1179 é interesante na maneira de comprobar como a residencia do bispo vai incrementar a súa superficie e establecer un perfil acastelado, propio do crecemento de poder e influencia que van adquirir os bispos, e pola contra co medre da lista dos seus inimigos. O plano deste conxunto residencial e defensivo é moi aproximativo, principalmente adquiriría semellanzas con outros pazos episcopais, como os de Ourense e Santiago. A fortaleza tería unha planta rectangular e orientada de oeste a leste. Adosado á fortalezas e as súas torres o vello edificio da domus, seguramente con planta en L, e un pequeño patio interior cara á muralla, e baixo cunha altura. Diante da Domus existía un elemento máis do conxunto residencial, o Curral, unha horta pechada cun muro para lecer do bispo. As guerras da XIV centuria, principalmente no que se refire aos bombardeos sobre Tui dos enxeños portugueses en 1389 e 1398, afectarían aos pazos episcopais da Oliveira, o que debeu obrigar ao bispo Xoán Fernandes de Soutomaior a facer unhas importantes obras de edificación, feito que traería consigo na documentación o calificativo de “novos” cando se mencionen os pazos episcopais. Dentro da obra na residencia episcopal, o prelado engadiría algunha torre máis ao conxunto, tal e como se pode entender na documentación no ano 1421 “...ou non dando aqui presos alguns barqueiros da dita vila de valença ata os ditos XV dias quesse trovam aa dita prejom e aa torre nova en que estavam demandado do dito cabido...”629 en relación a un conflicto 629

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 78. 11 de xaneiro de 1421.

cos barqueiros de Tui e Valença. No século XV existiría unha dicotomía entre pazos novos e pazos vellos, pero non cabe dúbida que están no mesmo espazo, tal e como se advirte polas complexas referencias dos documentos notariais. Non podemos deixar de pensar que esta mesma torre nova sería a utilizada cincuenta anos despois para prisión por parte de Pedro Álvares de Soutomaior e o seu meiriño Álvaro de Cadaval. Nas últimas décadas do século XV a evolución do pazo episcopal vai ficar clara, dominada a cidade polos Soutomaior, os pazos e torres serán propiedade de Pedro Álvares e exercerán o seu control sobre a cidade. A fin das guerras producirían o ocaso do pazo episcopal da Oliveira, xa ruinoso só contemplamos na documentación o declive, de pazos e torres derribados a monterron das torres. A entrega do solar dos pazos polo bispo Pedro Sarmiento á recente fundación do mosteiro da Concepción, na primeira metade do século XVI, establecería o punto e final da súa importancia e transcendencia. O bispo e historiador frei Prudencio de Sandoval no ano 1610, aínda sinalaba a presenza no lugar dun castelo que se acaba de arruinar, sen dúbida unha referencia, aínda que o bispo non o soubese, aos vellos pazos episcopais. A cronoloxía dos pazos episcopais amosa a súa propia evolución: 1179; “...faciatis alcazar ad turrem iuxta domos episcopi in Tuda...”.630 1287; “...esto foy ennas casas do bispo...”.631 1328; “...todos juntados enna camara das casas da Oliveyra hu esse dito sennor bispo mora agora...”.632 1334; “...actum et datum Tude in domibus de Olivaria, ubi modo moratur dictus dominus episcopus...”.633 1337; “Saiban todos que no ano do nasçimento de noso Señor Iesu Xpto de mill e trezientos e trinta e sete anos sesta feyra vinte dias do mes de setebro estando Payo Sorreda de Soutomayor enos paços da Oliveyra de dita çibdade de Tuy que agora ele pousa en presençia de Vasco Martiz notario de dita çibdade”.634 1393; “...a saber dos paços e torres do dito sennor bispo...”, “...a ssaber as torres et paaços de morada do dito sennor bispo...”.635 1410; “...a casa que dito cabildo ten ena Rua da Oliveira dentro e na dita cidade...e entesta eno curral do Bispo...”.636 1437; “...enna rua da Oliveyra que partia de hunna parte con os paços novos do bispo e da outra con casa do dito gonçalvo do canal e entestava cara fondo enna neçesaria dos ditos paços e ha entrada por a dita rua...”.637 1460; “...terreno que entesta e nos Paazos vellos do Bispo e da outra parte entesta ena Rua da Corredoira...”.638 630

A.C.T. Pergamiños. 3/11. A.C.T. Pergamiños. 14/42. 9 de abril de 1287. 632 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 1. 5 de marzo de 1328. 633 Avila y La Cueva, F; op. cit. 1995. tomo III. Pax. 283. 634 Prot. Andrés Ferreira (3), 1597, fol. 37. 635 A.C.T. Pergamiños. 2/8. 23 de novembro de 1393. 636 Gómez Sobrino, J; “Santa María da Oliveira de Tuy”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. 1976. Tomo II. Pax. 55. 637 Iglesias Almeida, E; “En torno al primitivo núcleo urbano de Tui”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. 1989. tomo V. Pax. 147. 638 Gómez Sobrino, J; op. cit. 1976. Tomo II. Pax. 55. 631

1464; “...en que mora mençia de oliveyra e outra parte con a asinega çega que soya de yr para as torres e de huma testeira entestaba contra o curral do dito sennor obispo...”.639 1474; “...Ennos paaços do sennor Visconde Pero Alvares de Soutomayor...”.640 1476; “...Estando enas torres do bisconde pero Alvares de Souto maior estando de presente alvaro de cadaval meirino do dito bisconde e estando pero de mendan ennas ditas torres presso sobre question que aviam el e joan de mendan sobre palabra...”.641 1476; “...Enos paaços do sennor bisconde...enas ditas torres e paços...”.642 1477; “...dentro do curral das torres...”.643 1486; “...e da outra parte entesta ena rua que vay para os paaços derribados...”.644 1492; “...parte de hunna parte con cassa que foy de Lourenço calvo e da outra parte con camynno e rua publica que vay da praça para as torres derribadas e da outra parte...”.645 1494; casa na rúa da Oliveira que “...entesta enno mouterron das torres...”.646 1506; “...este dia aa porta das travancas para o mouterron descontra a corredoira lopo de montes fezo seu procurador...”.647 Non podemos deixar de referir as contradiccións ou imprecisións que ás veces a documentación amosa á hora de ubicar determinadas cousas. A este repecto a sinalización dos pazos vellos próxima da rúa Corredoira -a intramuros- está en colación con outro documento de 1415 no que amosa unha casa baixo os pazos episcopais na rúa da Corredoira. Isto debémolo entender de xeito aproximativo xa que a existencia da igrexa de Santa María da Oliveira e da Torre Vella non permite arrimar ningunha gran edificación sen que agrome algunha referencia máis a estas construccións, polo que é probable que a ubicación dos pazos estivese máis centrada e por fronte da igrexa de Santa María. Do mesmo xeito debemos desbotar a teoría da ubicación dos pazos novos na mazá de casas entre a rúa da Porta da Pía e a rúa da Oliveira, no solar da casa-pazo dos Montenegro, xa que as referencias documentais aportadas, a fuer de ser moi posteriores, son representación dunha denominación xenérica, apropiada ao uso dun edificio por unha familia nobre e polo tanto unha construcción maior e máis suntuosa que as humildes casas dos arredores.648 O Pazo Grande Esta é a denominación que achamos na documentación, aínda que tivera orixe nun vástago da familia Soutomaior, e os restos conservados así nolo fan asegurar, o pazo era propiedade do cabido tudense e era arrendado a diferentes personaxes, principalmente aos deáns e arcediagos tudenses, de tal xeito que unha das últimas 639

A.C.T. Protocolos Afonso Fernandes. Fol. 185. A.C.T. Protocolos Fernan Peres. Fol. 238. 1 de novembro de 1474. 641 A.C.T. Protocolos Fernan Peres. Fol. 242. 16 de febreiro de 1476. 642 Idem. 643 A.C.T. Protocolos Fernan Peres. Fol. 246. 7 de setembro de 1477. 644 A.C.T. Protocolos libro XXV. Fol. 175. 22 de setembro de 1486. 645 A.C.T. Protocolos libro XXVII. Fol. 45v. 26 de maio de 1492. 646 A.C.T. Protocolos libro XXVII. Fol. 98. 22 de maio de 1494. 647 A.C.T. Protocolos libro XXIX. Fol. 141. 20 de decembro de 1506. 648 Por outra banda a edificación pacega tiña que ser altamente referenciada no documentación dos séculos XV e XVI, xa que existen numerosos foros nesa zona que non fan referencia algunha a un pazo episcopal. 640

transformacións, no século XVI, deixou mostras fermosas da arquitectura renacentista, nun exemplo único en Tui. O pazo, o seu solar, ubicábase perto do eirado de Santa María, próximo á catedral e ao claustro. Era parte dun espazo urbano caótico, herdeiro sen dúbida do burgo altomedieval, e que aínda hoxe rastrexamos o seu intrincado conglomerado de casas e edificios. A orixe do edificio pacego, que marcaría a documentación medieval, estaría no primeiro cuarto do século XIV. Con anterioridade, as casas que formaban o conxunto e no que se incluía o paaço grande, estiveran arrendadas a importantes membros do cabido, coma por exemplo o arcediago de Cerveira. Sería no ano 1334 cando o arcediago de Alabruxa, Fernán Aras -de Soutomaior?- solicita do cabido o arrendamento do pazo e a diminución nas rendas do cabido polo custe que supoñía a reparación e obra no devandito pazo. Seica o edificio estaba en malas condicións, tal e como exprexa o arcediago: “...disse que aquelas casas que estan ao portal novo em que suia morar o arçidiago de çerveira? Pos que el arrendara desse cabidoo con condiçon que as lavrasse en aquella gisa que os fillara que estavan danadas e por caer en tal guisa que selle çedo non acorresse que caeria e que seeria grande perda do cabido et por que custara muyto deas correger e deos faser adubar pedia aesse cabidoo que fesese y sua prol e sse por boo tevesse delle leixarda rrenda por que as tinna arrendadas...”. Para tratar de convencer ao cabido na diminución da renda do pazo, explicaba as obras que ía emprender, mellorando as condicións previas do edificio: “...que el faria enas ditas casas a parede de fundamento da camara do sobrado que esta enno muro contra a orta e faser que aya o ssoto huma humeyra e a ssobrado huma feestra boa e faser terra contra o outon que y non ha item disse que fasia dous outoes ao paaço grande terreo hun contra as casas que ten john martin e o outro contra a camara hu esta a figueyra e este paaço fara huna festra grande larga que de lume ao paaço et porria en este paaço IIIIº traves et madeyralo ben. Item ena outra camara de ssoo paaço disso que faria hun outon que y non ha et porria y traves e tiraria ende aparede que esta enno reego. Item disse que faria a parede da casa pequena que caen cabe desse paaço e portaria a outra camara farialle a parede que ven ontre esta casa e a casa delvira fernans das adegas et disse que este lavor que o mostrara e duurara ya con meesteyraes...”.649 Deste xeito, a obra adquiría grandes dimensións e cuxo coste, preguntados os mesteiraes polos cóengos, non baixaba de cinco mil maravedís, unha cantidade que estaba ao dispor de moi poucos. O cabido accedería ás peticións do arcediago de Alabruxa, retirándolle da primeira renda, que ascendía a 30 libras de branca, obrigando o cabido a facer as obras desde San Miguel de setembro dese ano, ata tres anos. Os restos do pazo grande son poucos, aínda que sintomáticos da súa importancia. Conservamos un lintel in situ, entre as casas actuais que son do século XVI, cos remates do que sería unha xanela xeminada e ornada con motivos vexetais e no centro nunha orla circular o escudo dos Soutomaior. Correspondendo as características desta peza á primeira metade do século XIV, e polo tanto probable resto das obras de 1334. Ao longo do século XIV e XV o pazo arrendaríase a outras dignidades catedralicias, chegando ata o século XVI, no que unhas importantes obras, 649

A.C.T. Protocolos Fernán Eans. 18 de xullo de 1334. Outón é un contraforte.

afortunadamente conservadas actualizou o pazo en estilo renacentista, cun fermoso patio porticado renacentista. A Torre do Concello Existe bastante controversia á hora de identificar a ubicación da torre de Afonso VII, aquela que doara ao bispo tudense en 1142, e que construira probablemente en 1137 trala Paz de Tui co portugués Afonso Henríquez. Algúns historiadores colocaron a torre de Afonso VII xunto do campanario catedralicio, no lugar onde se edificaría a torre de Santo André no século XV, ou incluso na actual torre das campás tudense. Este tipo de conxeturas, sen fundamento algún, sería desbotado por Iglesias Almeida, afirmando que a torre do rei Afonso correspondería a que logo sería chamada como Torre do Concello, e cuxos restos aínda pervivían nos anos cincuenta do século XX nas obras do novo consistorio. A ubicación da Torre do Concello, en paralelo coa torre das campás catedralicia, tiña perfecta disposición para casar co afirmado no documento de doazón: “...do etiam vobis et in perpetuum confirmo Turrem illam quam feci fieri in tudensi civitati juxta vestrum Campanile, propter defensionem Regni nostri, tu tam turris illa, quam civitas tudensis cum toto in ea jure regio numquam a vestro dominio sit excepta”.650 A preposición latina “iuxta” indica cercanía, proximidade, nunca inmediatez ou superposición a un elemento, nunca adosada ao campanario catedralicio, isto é próxima, cercana ao campanario. López Alsina propón ubicar a torre de Afonso VII xunto da muralla e inmediata á Domus Episcopi, xustificándose así a construcción da propia casa episcopal xunto da fortaleza real. Incluso suxire López Alsina que esta torre puido pasar a ser a denominada Torre Vella, cun meiriño e cárcere capitular, e ubicada na muralla altomedieval, adquiriría a importancia sobranceira que tivo ao longo da idade media. A lóxica na que obra López Alsina estaría reforzada polos signos lapidarios que a Torre Vella aínda mantén -na súa parte visible- no túnel ou pasadizo, e que poderían casar perfectamente co tempo no que Afonso VII construíu a torre. Deste xeito, perante a dúbida, a Torre do Concello, perfectamente documentada e contrastada polos restos que perviviron ata o século XX, puido ter unha orixe diferente, marcada pola iniciativa real ou episcopal, pero construida no século XII, tal e como se podían aprezar polos muros atopados na cara leste do Concello. Na documentación capitular non son numerosas as mencións á torre do Concello, e normalmente cando aparecen o fan de xeito indirecto, como referencia topográfica dalgunha casa na rúa Canicouba, principalmente, e que mostraría que a torre, polo menos na idade media, ficaba bastante aillada das demais edificacións da cidade. A máis importante mención a esta torre probén do preito de 1393 entre o bispo Juan Ramírez de Guzmán e Paio Sorredea de Soutomaior sobre a posesión das fortalezas da cidade. Paio Sorredea estaba en posesión das fortalezas da cidade e representando ese poder estaban as chaves das mesmas; “... et requeria ao dito arçidiago de montes que tomasse et reçebesse as fortalezas que el tyna enna dita çidade, convem a ssaber as torres et paaços de morada do dito ssennor bispo para o dito ssennor bispo em espeçial e a torre bella et a torre do conçello para os ditos ssennores bispo et cabido ssegundo que acustumarom deas aver... con acordo dos 650

A.C.T. Libro Becerro. Fol. 38.

ditos dayam et cabidoo et conçello fiasse a dita çidade e fortalezas do dito paay surredea querendo el estar enna dita çidade et teer as ditas fortalezas que el requeria primeramente aos ditos dayam et cabido et conçello sselles prazia deo dito paay surredea estar enna dita çidade e teer as ditas fortalezas fezendo por elas aquela menajeem que debe fazer home fidalgo...”651. É interesante como a propia torre do Concello non é entregada aos homes do Concello senón que ao bispo, deán e cabido que seica as tiña en guarda, polo que é probable que o Concello usase a torre para os seus oficios; cárcere, arquivo, audiencia,..., pero o poder real e garda da mesma residía directamente no cabido e prelado, aínda que as chaves da cidade, as súas portas, as tiñan o Concello, sendo posible o reparto de responsabilidades. A fins do século XVII o Concello tería unha primeira transformación, na que se ampliaría a súa superficie. No século XIX, as obras do edificio do Concello serían máis profundas, e xa afectaban na súa fachada principal. Sería cara 1952, cando se operase a reedificación total do Consistorio, aproveitándose a obra para ampliar considerablemente o solar orixinal. Nestas obras, na parede leste, aparecerían importantes restos dun muro, que pola súa tipoloxía e ubicación pertencerían á torre do Concello medieval, por desgraza desfaríase o muro, e xunto coa ausencia de calquera control arqueolóxico eliminaríase a oportunidade de coñecer máis datos sobre este edificio emblemático da cidade. A Torre Vella Era esta a máis importante torre da cidade, non polas súas dimensións senón polo seu carácter e función. Os diversos datos que na documentación teñen aflorado, ademais dos restos conservados in situ, establecen a ubicación desta torre dentro do perímetro amurallado alto medieval, perto dos pazos episcopais e de Santa María da Oliveira. Tal e como temos dito ao falar da torre do Concello, o razoamento de López Alsina para asimilar esta torre coa realizada por Afonso VII en 1137, resulta bastante apropiado e determinante sobre todo para explicar o obxeto e función que vai ter a Torre Vella ao longo da idade media.652 A Torre Vella sinalarase sucintamente no privilexio de 1179 cando Fernando II ubique a fortaleza que quere construir o bispo Beltrán entre a torre e as casas episcopais, cousa que encaixaría aproximativamente ao complexo episcopal da Oliveira e a ubicación da Torre Vella.653 A Torre Vella tiña como función principal o de “... ena cadea et torre vella do bispo ondesse custuman poer et enquarçerar os outros clerigos climinossos...”654, isto é o de cárcere de cregos, función que faría ao longo da idade media con frecuencia. Esta función de cárcere eclesiástico o vimos no episodio do preito dos chamorros en 1424 con cóengos encarcerados na devandita torre como Xoán de 651

A.C.T. Pergamiños 2/8. 23 de novembre de 1393. A conxetura que establecera para asimilar esta torre cos traballos feitos na cidade por Tareixa de Portugal en 1125, e a correspondencia entre a Torre do Concello e a de Afonso VII, ficaría desprazada perante os argumentos lóxicos establecidos por López Alsina. 653 Desbotamos a idea de Iglesias Almeida no seu traballo “En torno al primitivo núcleo urbano de Tui”, op. cit. en canto Fernando II non consta que construise ningunha torre, e a referencia no seu privilexio -en latín- ad turrem, sinala o lugar non para construir torre algunha, xa que o bispo vai facer xa un alcazar ou fortaleza. 654 A.C.T. Pergamiños. 9/23. 14 de novembro de 1437. 652

Salvaterra, ou a ameaza de excomunión e prisión aos que tivesen tratos cos escomulgados, “quelles mandava sub pena descomuniom en ajuda de por verdade das ditas letras prendesem qual quer persona asi clerigo como leygo que en esta çidade andasem que asa faser excomungado que o prendesem e levasem preso aa torre bella.”655 Importante será o dato no que se vexa unha das vías de ingreso que tiña a torre para o seu mantemento: “...que qual quer navyo grosso que trouvesse ancora de ferro que veesse ao porto desta çidade de Tuy et y posesse ancora que pagasse por rasom dancoragem ao cabidoo de Tuy et ao que tevesse a torre vella que esta en esta çidade de Tuy des et oyto libras de brancas que fasem quarenta y oyto morabetinos de brancos de dos dineiros cada moneda...”656. Esta correspondería ao preito que en 1370 o baixel Santa María de Baiona cargado de viños tiña co cabido por non pagar a parte que a este lle correspondía pola ancoraxe, isto é que calquera navío que levase e botase áncora de ferro pagaba un tributo no porto tudense. O baixel baionés pagará as oito libras correspondentes á Torre Vella, pero non a outra parte que era do cabido tudense. Do portádego da cidade, recollido polos notarios Soeiro Perez e Afonso Eanes, por encargo do bispo Diego de Muros entre 1482 e 1487, aparecerá o tributo de ancoraxe máis cun prezo diferente, “...Yten nabio que biera este porto e lançar ancora de ferro a de pagar una libra de pimenta e quarenta maravedis porella”657. Sería esta unha actualización cara un valor de mercado máis seguro, e polo tanto non suxeito ás devaluacións da moeda. Na relación do portádego de Diego de Muros, que recolle os costumes tudenses antes das guerras que asolarían a cidade nas últimas décadas do século, aparece outra vía impositiva na que se facía tamén pago á Torre Vella: “...Yten os arocheiros que carrejan pescado e sardina de cada carrega dos coroados estes coroados a si da sardina como dos coyros e un da (to)rre bella e otro do cabildo...”. E logo o sistema de reparto “...Estes dineiros desta portaje e dizima se rreparte esta maneira de doze dineros a de aber o cabildo un dineiro que ande con o mayordomadego e outro dineiro ao de aver o merino da torre bella porlo obispo e finca ansi dez dineiros que son del Rey e do bispo de medio e ao ansi o bimos e oimos anosos anteçesores, soeiro perez notario alonso yanz notario alvaro nunez.”658 Serán estos ingresos os que determinen a importancia da torre, pero tamén que a mesma estivese baixo un meiriño659 nomeado polo bispo. Este meiriño, un escudeiro e polo tanto nobre e home de armas, gardaba a Torre, como lugar estratéxico da cidade e o seu carácter de prisión e cárcere. Sabemos de Álvaro Gil, escudeiro, meiriño da Torre Vella e do couto de Salceda polo bispo en 1423 660. Coa morte do bispo Xoán Fernandes de Soutomaior, e en Sé Vagante, o cabido solicitaría a chave da torre, isto é a súa entrega a Álvaro Gil en 1425, “…alvaro gil escudeiro entregou a chave da torre vella ao cabido seendo ende o chantre arçediago e outros canonigos et logo o cabido a entregou a johan esteves canonigo procurador do cabido”661. Pero era esta unha simple 655

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 145. 23 de maio de 1424. A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 13. 26 de xuño de 1370. 657 A.C.T. Fondo Hospital, mazo 1, nº 15. “Espediente en que se hallan diferentes Documentos sobre el derecho que tenía este Hospital de percibir una tega (ferrado) de Sal de cada Barca que benia cargada con dicha especie paralos Alfolies Reales de esta Ciudad”. Fol. 1. 658 Idem. 659 Meiriño, era un xuiz especial con carácter militar que podía gobernar un territorio ou un castelo, neste senso sería unha especie de gobernador ou responsable perante o bispo da Torre Vella. 660 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 120. 20 de novembro de 1423. 661 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 164. 20 de xullo de 1425. 656

formalidade, en canto a cumprir o rito do preito e homenaxe, isto é fidelidade ao procurador do cabido en Sé Vagante, e tornarllela responsabilidade á mesma personaxe. Eran precisamente as sés vagantes, sen bispo, as que facían perigar a seguridade da cidade, e no que o control dunha fortaleza importante como a Torre Vella podería recaer en individuos pouco apropiados. Sería nun destos periodos tumultuosos da historia tudense cando a Torre Vella ficaría suxeita a unha personaxe da casa de Soutomaior, aproveitando o confuso dos preitos e homenaxes practicados desde o rei Juan I, en 1390, ao arcebispo de Santiago Juan García Manrique en 1391, e desembocando no preito que mantería o bispo Juan Ramírez de Gúzman sobre o control das fortalezas da cidade e en definitiva da súa propia diócese. Neste curioso episodio da historia tudense, Paio Sorredea de Soutomaior, home de armas, cunha sólida posición no bispado tudense, estaría na pose das fortalezas da cidade: Torres e Pazos Episcopais, Torre Vella, Torre do Concello e portas da muralla. A devolución por outro preito e homenaxe ao bispo de Tui, en concreto nas mans do seu procurador, restablecería a cadea de obediencias, “...em espeçial e a torre bella et a torre do conçello para os ditos ssennores bispo et cabido ssegundo que acustumarom deas aver...”. Un dos feitos históricos relacionados coa Torre Vella e a súa función de cárcere tería un interese especial ao establecer as diferentes relacións entre cabido e concello, e os seus diferentes ámbitos xurídicos, e polo tanto de aplicación o caer nun cárcere ou noutro. O suceso viría a resumirse porque “...prenderam porlo corpo et tynam preso en cadea et carcere publico da dicta çidade non sabia por que causa et ocasiom a fernam gonzales clerico de coroa bieyta et ordeens menores notario da çidade et obispado de Tuy...”, o xuiz Pedro Esteves, e o xustiza Lopo Gómez de Chenlo, apreixaran a Fernán Gonzales “...por quanto elles tinam presso em sua cadea ao dicto fernam gonçales clerigo por alguas denunçiaçoes que ouveram por parte de alguas persoas...”, denuncias que se baseaban “...el aver sido asy como factor ou prestante favor et aiuda enna morte do dicto Ruy de Nugueyra que ena dicta çidade fora morto em huum aruido conflicto ou tumulto que ende ontre o dicto Ruy de Nugueyra et alguas outras personas als se rendiera onde diziam que elle morrera enno qual disiam o dicto fernam gonçales aver sido como dicto he...”. Tales feitos obrigaran ao xuíz e ao xustiza da cidade a obrar deste xeito, pero un parente do devandito Fernán Gonzales, o mercador e “çidadado” Nuno Gonçales denunciara tal apreixamento á Nicolao Domingues, cóengo e provisor do bispo, o cardeal Juan de Cervantes. A base da denuncia estaba nun concepto hoxe descoñecido, que o xulgamento do dito Fernán Gonzales non podía ser a través da xustiza do concello, isto é civil, senón a través da xustiza eclesiástica, xa que o notario era crego de menores -non era sacerdote, era clerigo aaprimeyra clerical tonsura et quatro ordines minores tirte et canonicamente promovido-. Probada a súa calidade eclesiástica o provisor do bispo ordenaría ao xuíz e xurado da cidade que “...entregrassem realmente et con efecto ao dicto fernam gonçales clerigo saaa et salvo et sem firida ou lessiom ou detrimento vituperio ou jniuria de seu corpo et persona amim odicto vicario bem preso et recaudado et apressem enna cadea et quarçere publico onde os clerigos so acustuman poer climinosos en a maneyra queo tomaram et prenderam et me dessem et presentassem todas las querelas et auçoes climinales ou çiviles quasquer personas contra el em qualquer maneira ante eles aviam movido...”, e “...Et logo os dictos juiz et justiça me entregarom presso o dicto fernam gonçales clerigo et eu o reçebi et tive presso et recaudado ena cadea et torre vella do bispo ondesse custuman poer et enquarçerar os outros clerigos climinossos...”.

Perante a ausencia de querelantes ou denunciantes contra o dito Fernán Gonzales, este, que xa tería sufrido bastante no cárcere do concello solicitaría do provisor a garantía de fiadores para non ter que ficar na prisión, “Et por quanto non paresçeu ante mim acussante querelante ou denunçiante em alguma maneyra do dicto crimem do dicto fernam gonçales reçibi dele entonçe fiadores carçereyros... ... enterguey o dicto fernam gonçales presso et recaudado em huma cadea de ferro fechada com sua chave aos dictos fiadores os quaes o reçeberom asy presso em ella et sse obligarom subçertas penas deo entergarem asy presso et recaudado enna dicta cadea et enna dicta Torre et carçere eclesiastico quando et cade que por mim lles fose mandado...”. O sistema de fiadores permitía a Fernán Gonzales estar fóra do cárcere mentres non houbese xuizo, pero coa responsabilidade dos fiadores, xa que agora o preso ficaba ao seu cargo, con cadeas e todo. O notario sería xulgado na xurisdicción eclesiástica, na audiencia xudicial que era a sala capitular do claustro catedralicio. O procedemento era agardar a chegada de testemuñas dos feitos imputados, o crime de Rui de Nugueira, ou denunciantes, convocados a través de edicto que se colocaba á porta travesa da Catedral, por dez días cada unha das tres admonicións que se farían, “...et se enno dicto termino de trinta dias non paresçeram a conminaçom que sua aussençia conumaçia et rebeliom acuda et reputada por presençia selles mandase faser outro çitaçom ou requisiçiom alguma proçederia enna dita causa aadeante segundo devesse de dereito et mandey affigir et publicar a dita letra çitatoria enna porta travessa da dita iglesia de tuy et estevo ende afixa et pregada os ditos trynta dias conplidamente et despois desto paresçeu ante mim o dito fernam gonçales clerigo ao dito termino dos ditos trynta dias et presentou ante mim a dicta letra çitatoria...”. Pasados os trinta días que sen que persoa algunha denunciase ou querelase sobre os feitos criminais aos que se lle tiña acusado a Fernán Gonzales, o defensor deste presentaría o alegato para que fose libre e tido como inocente. Lendo a mesma, o provisor, establecendo tódalas garantía procesais, “...com madura deliberaçom et consello com doctos et peritos em dereito em audiençia publica et solemnemente alta et inteligible voz por lo porteyro et official da dta audiençia fize pregoar se avia ende algunas personas que quisessem querelar acusar ou denunçiar do dto clerigo que ende estava ante mim...”. Como non se presentaría persoa algunha, o provisor dictaminaría e establecería a sentenza definitiva o 14 de novembro de 1437. “... pronunçio deçerno et declaro o dto fernam gonçales clerigo dever seer libre et quito da dta infamea do dto homiçidio et dever seer inmune del et a dta infamia penitus abolida et porla dta sentença pronunçio deçerno et declaro el odto fernam gonçalves seer libre realmente et quito et inmune da dta infamia do dto crimem do dto homiçidio et morte do dto Ruy de Nugeyra ...”662. Este suceso non debía constituir un feito aillado, senón ser bastante habitual, non tanto o choque de competencias xudiciais entre o bispo e cabido e o concello, senón de procesos eclesiásticos abertos a curas, capeláns, cregos ou cóengos, e que non só eran recurrentes na idade media senón e tamén con posterioridade, nos séculos XVI, XVII e XVIII, e que deixaron constancia nos múltiples cárceres eclesiásticos e capitulares aínda conservados na actualidade. En moitas ocasións os conflictos persoais ou a mesma personalidade do bispo, un señor feudal, permitían unha maior actividade do cárcere, como comprobamos nunha constitución feita polo cabido tudense, e na que se insinúa os problemas co bispo Xoán de Castro: “...Esses dayam et cabidoo diserom que por Rasom que os señores bispos que ata aqui foram et este que ora he aas vezes por 662

“ A.C.T. Pergamiños 9/23. Para todas as referencias ao caso. 14 de novembro de 1437.

queixumes et denunçiaçoes que aviam de alguns pessoas ou coengos ou raçoeyros desta yglesia os huuns mandavam prender et teer em sua prijom... et alguuns padeçeram por denunçiaçoes nom verdadeiras et outras veses padeçiam por cousas ligeyras...”663, por isto, perante a ameaza de non poder concurrir ás horas de coro, vía de ingresos principal de cóengos, establecían o acordo que en esos casos fosen contados como normalmente e así evitar o empobrecemento de capital ademais da súa magoenta estancia no cárcere da Torre Vella. As características da Torre Vella aínda permanecen bastante ocultas, aínda que un documento de 1437 amosa a reparación do seu cárcere: “...o tronquo da Torre Vella para que os que y tivessen pressos fossen ben aprijoados e guardados...”664. O tronco correspondería ao cepo ou madeiros grosos aos que por medio duns buratos se fixaba o preso. A estrutura da torre debía abranxer máis que unha típica planta cuadrangular e unha altura superior aos edificios veciños. No entorno da torre existirían edificacións que complementarían a súa función defensiva. Dentro destas características, a torre contaba cun eixido, ou espazo baleiro propio, “... assy como partem da huna parte com as casas altas dalvam rodrigues de salvaterra et da outra com as casas que forom do dayam domingo domingues en que ora mora Branca gouda et entesta em çima enno exido da torre Vella et ssaam aarrua publica da oliveira...”665. Dos restos conservados da Torre, no eixo actual do convento da Concepción, salienta o chamado pasadizo ou túnel das Monxas. A súa parte central correspondería á obra románica, isto é unha bóveda de canón, no que aínda son visibles os signos lapidarios S e V. Este pasadizo correspondería a unha porta do recinto altomedieval, para comunicar esta parte do burgo coa parroquia e porto de San Xoán. O actual desnivel existente na cara o oeste, salvado cunhas escadas, non se correspondería á configuración medieval, no que estaría ao mesmo nivel todo o chamado Eirado das Torres e o camiño que comunicaba coa porta das Trabancas da muralla. No lado leste do pasadizo aínda son visibles os muros da torre por debaixo do engadido que supuxo o paso do convento no século XVII. É posible seguir ata practicamente cinco ou seis metros de altura a configuración orixinal da torre nos seus lados leste e norte. A cara oeste estaría integrada no interior do edificio conventual, mentres que o lado sur aínda é visible na escada de subida ao locutorio do convento. O mesmo paso do século XVII se faría para comunicar as dúas partes do convento, xa que os potentes muros da torre dificultaban esta operación, polo que a solución sería a través das aberturas e xanelas coas que contaba a torre. Iglesias Almeida sinala a presenza dunha porta, con arco de medio punto e sección prismática, cunhas características propias do século XII666, o que indicaría un acceso á torre desde o exterior a través dalgunha estrutura adicional. Igualmente no lugar son visibles materiais que poden provir da torre, como unha seteira. A Torre Vella, arruinada como os pazos episcopais polas guerras do século XV, pasaría no século XVI a se integrar no conxunto conventual da Concepción, as chamadas Monxas encerradas, que aproveitarían os sólidos paramentos da torre, e se cabe obrigadas para conservar o pasadizo que comunicaba a cidade alta co río, para

663

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 61. 16 de decembro de 1382. A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. 1435-1438. 665 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 37. 4 de novembro de 1376. 666 Iglesias Almeida, E; El monasterio de las hermanas clarisas de Tui. 2002. pax. 14 e fig. 3. 664

establecela como eixo vertebrador do edificio relixioso, desaparecendo desde o século XVII como tal Torre Vella. O Hospital de Pobres e Peregrinos A necesidade de atender a pobres da cidade e aos viaxeiros, preferentemente peregrinos de camiño a Compostela, e na que se insertaba Tui desde antigo, facía obrigado a creación dun centro asistencial de carácter público. A presenza do Hospital da cidade está testemuñada desde o século XIV, aínda que a documentación principal está recollida desde 1453, con escrituras e censos en pergamiño, e co instrumento máis antigo do ano 1436, o que evidencia a perda dos antigos foros e rentas que o hospital puidese ter acumulado en tempo anterior. O concello facíase responsable dunha labor que debía considerar fundamental, en atención aos pobres e peregrinos, sen distinción moitas veces. Será por isto que debemos pensar nun hospital público desde o século XII, aínda que non teñamos documentos que sinalen tal extremo, o que podería indicar a existencia humilde da mesma institución tal e como se apreza no século XV. Non debemos tan só centrármonos no propio hospital como único lugar asistencial que houbese na cidade. Para os séculos XIII e XIV a existencia doutros espazos para a atencións dos pobres e peregrinos era unha realidade fomentada por diferentes personaxes e mecenas que veían nesta vía un xeito de descansar as súas conciencias. O testamento do arcediago Fernan Eans, mostra por exemplo a doazón anual de 4 maravedis ao “hospital de rocide vallii”, isto é, o hospital de Roncesvalles, ademais de “It mandat ad hospitale de rocide vallii xxx morabitinos”. Este mesmo arcediago tiña fundado un hospital perto da cidade, nunha propiedades que tiña no lugar denominado de Santa María de Mungoi/Bongoi, e que correspondería ao actual O Anxo. Este hospital que terá un efímera vida, xa que no século XIV xa non vai aparecer formando parte das propiedades de Bongoi, tería unha notable capacidade e unha importante dotación “... et ipsi capellam teneant hospitale suum de Mungoy ... et teneant in ipso hospitali cotidie XII lectos aptos de XII feltris et de XII almucelis et de XII pulvinaribus et paleam et ligna et aqua et sal, satis ad omnes qui volverint ibi albergare et fuerint pauperes et peregrini qui verint in romarias et dat ipsis capellanis quantum habet in ipso hospitali de mungoy cum omnibus pertinentiis suis et partum habet in villa de paredes cum omnibus pertinentiis suis et domum suam... et mandat ad ipsum hospitale suum lectum cum una culcita et una almucela et duobus pulvinaribus et uno fasceyroo et duobus linteaminibus...”667, isto é doce camas, coas súas mantas, cabeceiras, sabas, colchas, todo ao coidado dun capelán, para a atención dos pobres, peregrinos e romeiros. Non era este o único lugar de atención aos pobres. Dentro da cidade existían albergues que cumprían esta función, rexentados moitas veces por mulleres -albergueiras- e que se ubicaban indistintamente pola cidade e cuxa pervivencia era irregular. Un dos albergues dos que temos constancia é o chamado albergue de Dom Balugas, alcume do personaxe que levaba o lugar. No testamento de Tareixa Peres, en 1334, dase conta da súa intención “... It mando a Dominga Amanca que mora enna albergaria de dom Balugas hum leyto con huma almoçella et con huma colcha et hum 667

A.C.T. Pergamiños, 9/16. 1264.

chumaço por esta condiçom que o tena esta Dominga en sua vida et aseu saymento que fuque aadita albergaria por miña alma...”668. A primeira referencia ao hospital da cidade ben de fins do século XIV, no testamento do cóengo Xoán Gonçalves, que o era por volta de 1380, “... Yten mando ao hospital da çibdade de tuy un coçeza das duas que eu tenno qual quiseren meu herdeyros et mays dous cabeçaas et una manta daragon das duas mellores a menor et dous lançoos que cubran a dita cama.”669. Outra doazón feita ao hospital sería o dunha herdade que doaría o notario tudense Xoán Sius “...herdade do dito cabido que jasia enno lugar de ricamonde que parte da huna parte con herdade que ora tragia lopo afonso vesino de tuy e da outra parte con outra herdade que foy de estevo dias do postigo coengo que foy de tuy que johan sjus notario de Tuy deu ao espital da dita çidade e entestava de hun lado con herdade de johan garçia porpe vesino da dita çidade e da outra unna congostra que onde esta a fonte que chaman de ricamonde...”670. A ubicación do hospital, que non variou ata os nosos días senón é só polo tamaño do edificio, ficaba na Praza do Concello, moi próximo á catedral, “...Foro de casa na Praça…como parte de huna parte con ho ospital da dita çibdade e da outra parte con outra casa e torre de sua mesa...”671. O hospital era moi pobre por volta do século XV, e como tal recibía doazóns por esta causa “... Para senpre ja mays en cada huun anno quese gastaren asemade et por esta rason el entendia queo espital desta çidade de tuy era prove et se en el fasia moyto proviço a deus et obras de myºa aos proves caminnantes asi de camas como de boos fogos ou outras obras mensorias...”672. Igualmente interesante a referencia de 1441 sobre as rentas do mercado “... diseron que por quanto o espital desta dita çidade de Tuy era prove et non tyna tantas rendas por que congrua et ovesa en podesse sosteer et proveer os romeus et peligryns que a el de diversas partes do mundo cada dia vynam a o dito espital seen repado das cousas que a reparamento del perteneçian...”673, sinalando a internacionalidade do mesmo hospital e a súa atención a todo tipo de pobres e camiñantes. As propiedades coas que se constituía o Hospital e coas que se podía manter e atender as necesidades de pobres e peregrinos, cama e alimento, sumaban un pobre balanzo polo que se ve na documentación conservada. Para arranxar os problemas do hospital, o concello entregaría as rentas do peso do mercado da cidade, isto é, o marxe fiscal que existía cando se aplicaba o peso ou medida estándar 674 dentro do mercado tudense, a diferencia do mesmo xeito que multas por incumprimento, etc, era adquirida polo concello ou neste caso o hospital: “...que davan ao dito espital da dita çidade a rrenda do peso da dita çidade, per que se en ella vendiam et conpravam as mercadorias que de pessar eran, segundo que delos tempos antigos ataqui se 668

A.C.T. Protocolos de Pero da Lagea. Fol. 16. A.C.T. Libro Becerro I. Fol. 134v. O testamento non ten data, pero tanto polo estilo como polo cóengo sabemos que sería das últimas décadas do século XIV. 670 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 62. 6 de maio de 1420. 671 A.C.T. Protocolos libro XIII. Fol. 50. 5 de decembro de 1460. 672 A.C.T. Fondo Hospital. “Libro de escrituras y documentos antiguos de este hospital” (242). fol. 2. 14 de xaneiro de 1453. 673 A.C.T. Fondo Hospital. Idem. Fol. 6v. 21 de marzo de 1441. 674 Non existía unha medida de peso ou de capacidade universal, cada mercado arbitraba na medida, neste caso Tui contaba cun peso propio que variaba co de outras partes. A función do peso era controlar que os mercaderes e vendedores non enganasen aos compradores, facendo o control sobre o peso aplicado e que este se correspondese coa realidade. 669

acostumou levar et husar pello dito conçello et per outros en seu nome, para sustentaçom dos proves et peligriins que ao dito espital veeren et rreparaçon das casas et cousas del et non en outra maneira...”. A entrega da renta do peso do mercado, en 1441, viña a supoñer un ingreso adicional e constante para a atención do hospital, “...dandolles liçençia, poder et autoridade que daquí en deante podese husar livre et desenbargadamente do dito peso en nome do dito espital et para el et outro qual quer que ao dito espital veese por oveençal et procurador do dito espital; et reçebir, rrecadar, aver et cobrar os fruitos et rrendas del et poerlas et converterlas ennos proprios husos et prol do dito espital et dos ditos proves et peligriins et rreparamento del et non en outra maneira daqui en deante para todo senpre, et que supricavam et supricaron a noso sennor el rrey et a nosso sennor obispo de Tuy et a seus vigairos ou a outro qual quer que poder et jurisdiçon ouuvese para ello que loasen, confirmasen et aprovasen esta dita doaçon...”675. Como se apreza dous eran os responsables ou administradores do hospital: o obenzal e o mordomo. O ovenzal tiña como función o de inspeccionar o mantemento da institución, mentres o mordomo ou procurador encargábase de administrar os bens do hospital. A partires do episcopado de Diego de Muros é probable que o hospital da cidade, e polo tanto baixo responsabilidade do concello, pasase a mans eclesiásticas, e cuxo síntoma máis evidente será a edificación do novo hospital polo bispo Diego de Torquemada (1564-1582) cuxo escudo e unha hornacina para unha imaxe da Virxe aínda se conservan no actual edificio, do século XVIII, e adicado a Museo Diocesano. O Hospital de San Xiao dos Gafos Dentro das necesidades asistenciais na idade media estaba unha que tiña un sentido moi especial; a atencións aos gafos ou leprosos. Esta doenza, con reminiscencias bíblicas e evanxélicas, contiña un rexeite social especial, producto das condicións e evolución da propia doenza. Na relación de milagres de San Pedro González Telmo, recollidas en 1258 polo bispo Gil Pérez de Cerveira, aténdese a varios casos de leprosos, indicativo da incidencia da enfermidade en Tui e comarca. Entre os casos están os milagres 1º, 2º, 4º, 114º e 121º. Os leprosos víranse na obriga de esmolar publicamente, ademais de sufrir consecuencias sociais graves, como a marxinación e con esta a mesma prohibición de entrar nas igrexas. Debido á consideración especial desta doenza, que é pouco contaxiosa, merecía durante a idade media unha atención medida, polo que nacerían lugares sinalados para que estivesen os leprosos ou gafos nel para supostamente evitar o contaxio, cousa que se creía daquela. Incluso nesta liña adaptaríase unha vella orde militar relixiosa, fundada para protección dos peregrinos a terra santa, e que de paso ficaría determinada para a atención dos leprosos, a de San Lázaro, baixo cuxo padroádego se fundarían moitos hospitais e incluso daría nome á propia enfermidade, os lacerados ou mal de San Lázaro. En consideración á importancia da enfermidade, en Tui, como lugar onde se emprendían diversas vías a Compostela e ao interior, do mesmo xeito como 675

A.C.T. Fondo Hospital. “Libro de escrituras....op. cit.” fol. 6v. 21 de marzo de 1441.

emprazamento de importantes romerías e lugares de culto, instalaríase un hospital para a atención ou acollemento de leprosos. O tan utilizado testamento do arcediago Fernán Eans en 1264, tráenos a doazón aos leprosos da cidade “... Item leprosis tudensis L sl...”676. De 1334 está manda de Tareixa Peres “...Item mando a Sam Juyao dos Gafos medio açumbre dazeyte para lume. Item mando aos gafos desse logar quatro libras de prata pequena para pitança et huma almotaçella et hun chumaço...”677. Avila y La Cueva aporta outro documento tirado do arquivo do Convento de San Domingos de Tui e datado o 18 de agosto 1358; “...Ruy Dominguez home bon da casa de Sam Giaaom vendió a Gonzalvo Martinez quatro leyras de heredad en Barros a la parte de Pallaas, otorgose la escritura en o dito lugar de Sam Giaaom, y fueron testigos de ella entre otros Juan Lorenzo mayordomo de dha casa, Lorenzo Perez y Gonzalo Rodriguez razoeyros de la misma casa”678. Do testamento do cóengo Xoán Gonçalves nas últimas décadas do século XIV temos unha doazón “...Yten mando aos lazerados da casa de san giaao de Tuy un almadraque (colchón pobre) et un cabeçal et duas mantas de burel das que andan ena casa se alguns lazerados ende vieren a morar.”679 Fernán Cachaza e Estebaina Martínez en 1381 farían outra xenerosa doazón para o hospital de gafos; “...Yten mandamos a a malacaria de Sam Giaaom dos gafos da par de Tuy hua peza de herdade que jas hu chaman cea bay apar doutra herdade do dito Sam Giaaom salvante a herdade que nos cambabos ao dito afonso lobato des lo marco contra pallaes que lle non mandamos. Yten mandamos aos homes bos leprosos da casa do dito lugar de Sam Giaaom cen mors para vestir comben a saber cinqoenta morvis depois do finamento do primeyro de nos finar, e os outros cinqoenta morvis deis do finamento de ambos. Yten mandamos que a roupa da cama que de nos ficar ao finamento de nos ambos que a aia o dito lugar de Sam Giaaom en que durman os lacerados dendo”680. A ubicación do hospital virá determinada por unha serie de factores. O primeiro seria nas aforas da cidade, o segundo nun cruce de camiños apto para que camiñantes e veciños puidesen ter en consideración a institución e ofrecer unha esmola, e terceiro a accesibilidade para os leprosos que viñeran ata o lugar. San Xiao dos gafos estaría ao noroeste da cidade, no lugar no que a partir do século XVI se instalaría a Picota ou Rollo para os axustizamentos públicos, e que daría paso a un arrabalde da cidade, nun século XVI que vería o total ocaso da institución como tal. As referencias do século XIV sobre o hospital fican claras “...et emtesta em camino pubrico que vay da porta da porta (sic) da corredoyra para Sam giaam dos mallatos et contra çima entesta eno camino pubrico que vay da dta çibdade para o dto Sam Giaam et parte com a dta eira vella por vallado que topa enos dtos caminos de çima et de bayxo...”681. Tamén transcendencia ten que o cabido, en 1381, tivese en consideración o hospital e realizase unha das súas procesións anuais, ata o mesmo en sustitución do vello emprazamento do convento de San Domingos e o carballo próximo que utilizaban para as oracións, e que mudarían pola eira de San Xiao: “...ordinarom que a proçisom et chamom que de custume suyam de faser hu esteve o mosteiro de sam domingo o vello a par da corredoyra por la sesta feira dante Ramos que a fesessem aa 676

A.C.T. Pergamiños, 9/16. A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 16. 678 Avila y La Cueva, F; op. cit. 1995. tomo I. Pax. 198. 679 A.C.T. Becerro I. Fol. 134v. 680 A.C.T. Avila y La Cueva, F; Papeis do Convento de San Domingo. Doc. 9. 6 de setembro de 1381. 681 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 53v. 16 de outubro de 1379. 677

iglesia de Sam giaaao dos gaffos et que a pregaçom que suyam de faser hu esteve o carvallo que a façam enna eyra de Sam giaao.... para aproçiçom de sesta feira dante lasaro em que vam a Sam Joham et para dta proçiçom de sesta feira dante domingo de Ramos em que am de yr aa dta iglesia de sam giaao...”682. Os ingresos que tiña o hospital consistían en diferentes terreos e leiras que eran aforados e que aportaban unha renta, non moi grande e que debía ser suplida polas esmolas e mandas testamentarias que ofrecían materiais importantes como as camas, colchas, cabeceiras, etc, imprescindibles para o propio funcionamento do hospital. Un dos ingresos máis importantes será a teiga de sal que tiña dos navíos que traían este prezado mineral ao porto tudense. Na relación sobre o portádego e décimas do porto de Tui, reinstaurado entre 1482 e 1487, se sinala tal costume: Yten de sal quese aquí descarrega no al de pagar dizima salbo cada nabio una teiga de sal a San Giao do gafos porque del carrega este Reino683. Este costume aínda era lembrado en 1568, no preito que se establecía co recaudador do portádego, e do que por fortuna podemos coñecer a devandita relación sobre os mesmos recollida en tempos do bispo Diego de Muros. Os encargados de administrar e manter o hospital eran como no da cidade, o ovençal e o mordomo, ademais dalgunha función secundaria máis que debía estar repartida entre os propios enfermos, como o de sineiro/campaneiro, que menciona Avila y La Cueva, e os razoeiros e homes bos, isto é, leprosos integrantes do hospital e que mantiñan algún tipo de función especial. No que se refire ao edificio pouco sabemos, aínda que polo feito de que o bispo Diego de Torquemada tamén rehabilitara o hospital dos gafos, facendo as súas constitucións en 1568 coñecemos que o mesmo tiña capela, restaurada polo prelado. Avila y La Cueva aporta datos de un apeo de 1571 no que nas casas estaban telladas e maderadas coas súas apartacións -estancias, cuartos- e a capela de San Xiao. Dun documento do 12 de setembro de 1428 fálase “eno alpendre da malataria de Sam Giaao da cerca desta cidade de Tuy”684, o que evidencia unha estrutura aberta, se cadra cara o interior do recinto e propiedades do hospital e a súa fábrica en madeira. A capela pola contra sería en pedra. En 1601 ficarían suspendidas as misas mensuais instauradas polo bispo Diego de Torquemada por non ficar xa enfermos, desaparecendo a fins do século XVII, e incorporándose as súas rentas e terreos ao Concello. A casa común A documentación medieval ofrece aspectos polos que podemos guiarnos á hora de establecer unha tipoloxía da casa medieval en Tui. Os protocolos notariais, inciden en certas características que en xeral apuntan a un tipo especial de casa en Tui ao marxe das excepcións e singularidades que logo comentaremos. A ocupación e urbanización da cidade en 1170, fixo unha ordenación rápida e precisa, marcando unha planta característica que viña a ter unha medidas aproximadas 682

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 59. 4 de abril de 1381. A.C.T. Fondo Hospital. Mazo 1, nº 15: “ Espediente en que se hallan diferentes Documentos sobre el derecho que tenía este Hospital de percibir una tega (ferrado) de Sal de cada Barca que benia cargada con dicha especie paralos Alfolies Reales de esta Ciudad”. 684 Avila y La Cueva, F; op. cit. 1995. tomo I. pax. 198. 683

de 10 metros de longo por 4 metros de largura. Sobre esta planta a casa edificábase sen alicerces, sobre o terreo xa rochoso da cidade, e con paredes de cachote nas medianeiras. Moita da pedra sería reaproveitamento das antigas construccións altomedievais e tardorromanas, e tamén da utilización de moitos dos penedos de Tui como canteira. O peche da fachada principal observárase en pedra predominantemente. En principio a maioría das casas -século XII e XIII- serían dunha única planta ou andar, as denominadas casas chas, isto é baixas. Isto non quere dicir que o aproveitamento do inmoble non fora total, do mesmo xeito que acontecía no rural, cunha parte baixa do edificio para moitas das funcións cotiás -cociña, taller, etc.- mentres que un pequeno espazo baixo o tellado, a diferente altura e aproveitando as traves da armadura do tellado, ficaría como cuarto de noite. Imaxinámonos que en moitas ocasións empregaríase os desniveis naturais do terreo, cousa que en Tui ofrecíase en abundancia, ficando a parte máis alta da casa, no fondo e contra un socalco, como lugar reservado para durmir, e ao que se accedía por unha escada de man. O modelo de casa chan, orixinado nos séculos XII e XIII, era unha adaptación rápida, cómoda e económica das necesidades da vida familiar e laboral, polo normal feitas fóra do ámbito da casa. A evolución e colmatación doutras necesidades máis complexas faría que nacesen casas con maior superficie habitable. A falta de terreo, provocada por unha alta densidade de poboación nun momento de gran apoxeo na cidade, obrigaría a construir en altura. Esta necesidade de reorganizar o espazo interior da casa, separar o lugar de traballo e o familiar, faría que a construcción dun sobrado fose a solución máis habitual da casa tudense nos séculos XIV e XV. A documentación chamará a este tipo de inmoble casa sobradada, o que permitía duplicar a superficie útil do edificio. O sobrado ou segundo andar, caracterizábase por ser de madeira, isto é, un cerre deste material sobre o muro pétreo da parte inferior. Os materiais os aportaba o medio, a pedra e a madeira -preferentemente castiñeiro- eran practicamente os únicos empregados nos labores constructivos, nin sequera o morteiro de cal, e as técnicas de albanelería tiñan cabida. A cubrición do teito malia da tradición romana -coa tégula- abondaría no emprego do colmo, material tradicional e barato. Só cando o colmo resultaba un perigo para a integridade do conxunto urbano, xeralizouse o uso da tella, obrigado a partir do século XIV como resultado das guerras e desatres do século. En Tui o emprego da tella non sería dificultoso grazas aos depósitos de caolín no val do Louro, o que facilitaría a presenza de telleiras para abastecer o mercado urbano. Con isto a estrutura da casa urbana ficaba nunha primeira planta á que se accedía a través de dúas portas, unha permitía o acceso á vivenda na segunda planta, mentres a outra, con máis largura, daba paso ao obradoiro se o dono oficiaba algún traballo na propia vivenda; ou tamén podía ser unha adega, resultado das labores agrícolas dos propietarios -con vides e leiras no exterior do recinto amurallado- e adicada tal adega para a comercialización do viño. O segundo andar, adicado esclusivamente a vivenda, dispoñía da súa lareira -aillada da madeira do sollado por unha pedras fitadas no muro lateral ou medianeiro- e do cuarto para durmir, aínda que o máis probable e que as diferentes estancias non estivesen separadas por paredes e só nalgúns casos un taboado puidera establecer unha división física. Como concesión puidera haber un pequeño oratorio, burato cuadrangular practicado no muro, e no que se colocaba a imaxe do santo/a de devoción familiar e cunha sucinta decoración, na maioría dos casos con cores fortes.

Sen dúbida o momento constructivo máis intenso de Tui será en 1170 e anos seguintes, propio da reurbanización do altiño. No século XIV, entre os anos 1330-1348 tamén notamos un periodo activo na construcción producto dos problemas coxunturais da cidade, problemas que se acrentarían na segunda metade do século coas guerras do periodo que abordarían un ciclo reconstructivo entre 1370 e 1390 aproximadamente. No século XV varios serán os momentos nos que se observe un alto nivel constructivo, resultado sen dúbida da decadencia da cidade e da disponibilidade de espazo e solares que crear edificios máis grandes. Entre 1414-1450 e 1480 e 1500 serán os momentos con maior número de referencias constructivas na documentación, aínda que ao longo do século observárase bastante actividade neste eido. En canto aos propietarios da terra, debido á orixe da documentación -episcopal e capitular- descoñecemos o funcionamento das casas que tiñan unha titularidade seglar. O cabido e o bispo eran os máximos propietarios en Tui pero non os únicos. Incluso entre a documentación só a que se refire ás propiedades do cabido son abondosas, xa que a outra parte, a episcopal, estará practicamente desaparecida. Entre os protocolos notariais capitulares, principalmente nos aforamentos, é perceptible a existencia de propietarios burgueses aínda que é difícil cuantificalos, sobre todo debido ao proceso de concentración que se observará ao longo da idade media na que as mandas testamentarias con terreos e casas terán como destinarios ao cabido e á realización de misas pola alma do finado/a. O cabido como propietario obrigará nos seus arrendamentos aos moradores a cumprir co estipulado, principalmente se atanxe ás condicións presentes ou futuras do inmoble. Será nestas obrigas onde é salientable as características básicas da casa tudense: “...façam a dita casa que ora esta derribada de paredes, de madeyra, que a alçem de sobrado”685. “...façam a dita casa de parede, de tella, de madeira (pela carreyra que vay para o posigo, enna testeyra de fondo et ontre sy a su casa, esta faser tavoado) e deve faser a meadade da dita casa de sobrado segundo suya estar ou mellor”686. “...et devem alçar huma camera de sobrado sobrela adega da casa en que ora mora...”687. “...et devem a façer dous arcos de pedra tallada enna Rua hum contra a carniçaria, outro contra o outeiro, sobre ditos arcos fasera huma camera de sobrado sobre la rua”688. “...por esta condiçom qe o dto garcia peres fesese eña dta casa huma camara alçada en çima de paredes en guisa qe fose huma parede contra a casa do arçidiago et a outra contra cas pero duran et fose alçada por traves et por madeyra et cuberta de tella et qe fose asobradada et solada de tavoas et qe --- o balcon della contra a rua...”689. Esta tipoloxía tudense, coa fachada superior de taboado, aínda perviviría no século XIX con moitas casas conservadas con este sistema e cuxa falta de mantemento provocaría non poucos problemas, con ruinas e ameazas que irían sustituindo senón a meirande parte delas sí a parte de taboado con pedra. De 1834 temos unha advertencia a este respecto “...dimanado sin duda de su antiquisima construccion, y ser de medio cuerpo arriba formada de tablado, lo mismo que aparece con otras varias en la propia ciudad...”, e a petición para a súa solución xa que se veía como antiestético; “...deseando el Ayuntamiento evitarlos en tiempo, y promober la hermosura y buena vista de las calles; acordó se oficie al Sr. Governador civil de la Provincia haciendole 685

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 12. 14 de outubro de 1331. A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 13v. 9 de novembro de 1332. 687 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 14v. 1334. 688 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 15v. 21 de abril de 1334. 689 A.C.T. Protocolos Gonçalo Eans. Fol. 57v. 3 de xaneiro de 1344. 686

una manifestación tanto de la ocurrencia como de lo mas que queda espuesto sobre evitar los peligros que puedan ocasionar con los temporales y otras contingencias que no es fácil preveer afin de que en vista de ella, la combeniencia de una reforma de policia urbana en muchos edificios que afean las calles, imposibilitan el paso, y necesitan una medida fuerte para remediarlos...”690. Non sabemos se sería esta medida a que acabase coas casas sobradas con taboado ou a mudanza dos gustos e rehalitación das vivendas, pero actualmente só ficou en Tui unha casa con esta tipoloxía tan peculiar, rúa San Telmo, aínda que cunha pésima restauración das autoridades competentes, tal e como se aprezan polas imaxes. A casa tudense non só se circunscribía a unha tipoloxía xeralizada, senón que dentro da trama urbana existían matizacións e diferenzas fomentadas desde a capacidade económica do propietario, e do seu sentido de ostentación. É nesta esfera onde temos que encadrar a aparición de múltiples torres na cidade; “... Gonçalvo peres notario e a sua muller Estevayna gonçalves, viven naasa torre que he camara das casas do dto Gonçalvo Peres, e aforan unha casa pequena na canicouva na que estaba a escada por hu entran aas casas do dto Gonçalvo Peres...”691. Neste caso un notario é propietario dunha torre na rúa da Canicouba próxima da rúa da Corredoira e que arrendarán ademais unha casa cha xunto da torre para permitir un mellor acceso. Na praza do Concello existía outra; “Foro a Diego de Barrantes…casa con sua torre na praça de Tui…parte de hun cabo con cassas en que mora Çesilia Afonso e do outro con cassas en que mora mestres Joan e da outra van topar aa rua das adegas…e sole e cubra a dita torre dela de tella madeira e pregadura.”692. Actualmente consérvase unha torre na rúa de San Telmo -da Porta Vergán na idade media- moi modificada no século XX aínda que o portalón é do século XIV con arco apuntando e sección prismática, no muro norte unha porta con arco de medio punto abríase cara un enxido que se convertiría nunha ampliación do inmoble no século XVI. A esta mesma torre incorporaríase no século XV un pasadizo sobre a rúa, con cámara enriba e arcos oxivais. Outro pasadizo faría o escudeiro Gómez Correa, “para que elles ponam as traves para salia que querem faser da parede das suas casas porçima da rua enna parede das casas do dito cabido que ficarom de Alvaro Gill…”693. E un pasadizo conservado, modificado no século XVIII dentro do conxunto do pazo dos Condes de Mos na rúa Entrefornos -rúa Triparía- no que aínda se apreza parte da súa estrutura en madeira. Elementos máis simples e utiles serán os soportais ou alpendres, empregados para o mercado como tendas e que seica eran máis habituais do que se teñen conservado; “...convem a saber huna cassa que estava ao canto da rua de trasla obra en que lavrava fernan annes meesteyral que partya da huna parte con hun caminno que ya da dita iglesia para sub alpenderadas cassas em que morou pero de varaas canonico que foy de Tuy...”694. Na praza do Concello existían tamén estos alpendres, na mesma ubicación que os soportais actuais -que son do século XVI- e incluso na praza da Catedral, cara o

690

Arquivo Municipal de Tui. 19/27. 18 de xullo de 1834. A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 26v. 30 de novembro de 1376. 692 A.C.T. Protocolos lib. XXV. Fol. 157. 1484. 693 A.C.T. Protocolos lib. XIII. Fol. 98. 19 novembro de 1462 694 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 70. 11 de outubro 1425. 691

oeste, a que se denominaba eirado do Poço, tamén semella a súa disposición con alpendres ou soportais.695 As casas ademais do seu aspecto funcional tamén podían acadar un valor estético, pola preocupación do propietario/morador en destacar a súa vivenda da dos seus veciños, tanto por cuestións profesionais, económicas ou sociais. As estruturas complexas destacan nunha fachada, elementos que aportan maior riqueza e distinción; os arcos, tanto de medio punto como apuntados forman parte dun edificio con maior preocupación polo estrutural pero tamén polo estético. Os notarios en Tui chegaban a un importante nivel económico e social, feito transmitido pola súa propiedade sobre “torres” ou como no caso de Afonso Eans en 1384 de colocar esteos e arcos sobre o cemiterio da Catedral -na parte norte- para alzar o sobrado e cámara da súa casa que daba á Canicouba: “... affomso fernans fesesse dous esteos de pedra contra o dito çemiterio e huun arquo do esteo de contra a casa em que mora o dito johm paaz para a casa del dito affomso fernans, et que sobre estos esteos e arquo sse alçasse tanto em sobrado como ante vnna a dita casa, et que enno soar em que asy levantasse os ditos esteos e arquo nom podesse faser outra casa nenhuna por que o apropiasse aa dita casa nem podesse çarrar nem toller ahuso del aos que hy quissessem seer ou estar nom tollendo ao dito affomso fernans de husar do dito soar sobre que alçara o dito sobrado para usar del em cousas onestas et perteençentes teendo toda uya aberta segundo dito he...”696. Outras notas de distinción sobre a casa eran máis sinxelas, con mochetas ou arcos gravados sobre a pedra nunha imitación do modelo orixinal, máis cun resultado simplemente decorativo. O emprego de mochetas para alixeirar a largura do lintel e incrementar o van de portas e xanelas. Os arcos decorativos, que responde de matar a aresta de xambas e lintel cun chafrán, e que no lintel pode chegar a materializarse en motivos máis complexos como arcos xeminados ou arcos conopiais, dos que Tui aínda da bastantes exemplos en moitas casas da cidade. Nalgúns casos a decoración extralimítase a simples arcos e poden chegar a facer deseños complexos con motivos zoomórficos e vexetais de gran beleza como acontece na casa da rúa do Arco coñecida pola chamada “vara de medir”, no seu canto unha columna decora elegantemente o conxunto de arcos conopiais decorados. A datación dos elementos medievais máis abondosos de Tui, os arcos conopiais, compréndense nos dous periodos constructivos do século XV, entre 1420-1450 e 14801500. O último grupo de elementos diferenciadores nas vivendas medievais tudenses son de tipo social, a pertenza a un determinado sector privilexiado, que para salientar esa posición manifestaba o seu estado na fachada da súa casa coa colocación da súa ascendecia familiar a través duns curiosos símbolos chamados escudos ou brasóns heráldicos. En Tui a nobreza non tiña moito acollemento. A situación da súa carta foral non ofrecía facilidades ou privilexios aos nobres, xa que ficaban en igualdade de condicións cos veciños/as da mesma. E esta singularidade de Tui a que definirá un modelo medieval sen practicamente nobreza, e polo tanto sen representacións heráldicas ornamentando as fachadas dos seus inmobles na cidade. Unicamente os escudeiros, 695 696

Estos soportais, aínda visibles nos planos de 1777 da cidade, desaparecerían no século XIX-XX. A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 63. 14 de novembro de 1384.

baixa nobreza, cun oficio moi determinado polo servizo ao bispo ou a nobres concretos -casa de Soutomaior- podían ofrecer a súa distinción social na fachada da súa vivenda. O único escudo medieval conservado, na actual rúa do Concello -vella rúa da porta da Pía- sinala ben ás claras a súa antiguidade, e a ubicación no lugar dun casa importante, que no século XVI sería alterada e reaproveitado o elemento heráldico. Trátase dun lintel cun escudo no centro e dúas vieiras aos lados. A súa cronoloxía podería achegarse ao século XIII. O escudo porta tres paos heráldicos, nunha composición moi simple para poder establecer un vencello familiar. O máis probable é que estemos perante o escudo dunha dignidade do cabido -deán, arcediago,..- ou incluso cóengo de familia nobre. Debido ao exemplo do pazo grande, onde a existencia do escudo dos Soutomaior é aplicable a un membro da familia nobiliaria adscrito ao cabido tudense, tamén aquí ficaría esta relación e incluso debeu ser habitual que as dignidades do cabido nas súas casas da cidade ostentasen os seus signos heráldicos, propios das súas familias; Soutomaior, Soga, Prego, Correa, Cerveira, Sobrada, Lira,....

AS INSTITUCIÓNS POLÍTICAS O Señorío1 O bispo tudense tiña a xurisdicción no espiritual e no temporal. Os vasalos do bispo eran todos os habitantes da cidade e dos seus coutos. A orixe do señorío episcopal sobre a cidade tudense provén da doazón dos condes Raimundo e Urraca no ano 1095. Os privilexios dos reis posteriores afortalan o poder da Igrexa sobre a cidade de Tui e extendían ese señorío sobre os dereitos realengos ademais de numerosos aspectos que recaían no económico: pesca no río, portádego, inmunidade xudicial, poñer xustizas, monopolios económicos (viños, panos, …); toda unha serie de poderes que permitían dominar sen trabas sobre os seus vasalos, aínda que estes nunca estivesen conformes. O símbolo do señorío sobre a cidade estaba formado polas chaves das súas portas, en posesión do bispo e cabido e que cedían nun acto de vasalaxe aos xustizas por el designados. Os conflictos de 1287 ou 1393 confirman que a devolución das chaves ía máis aló do que unha simple contenda legal senón que se debatía o señorío episcopal sobre a cidade. O bispo, no ámbito municipal, tiña unhas capacidades minguadas polos privilexios e costumes do Concello, só ficando coa elección de autoridades, administración da xustiza coa recollida de multas ou fundación de mercados, e aínda estos case máis como ratificación de decisións que por iniciativa episcopal.2 Non temos moito coñecemento da labor exercida polo bispo no seu señorío. No momento histórico no que dispomos de maior información, séculos XIV e XV, os bispos aparecen mudos debido á orixe da documentación, capitular. A ausencia de documentos da chancillería do bispo impide saber como actuaban estos e que iniciativas tomaban na cadeira episcopal tudense. Só a fins do século XV temos novas certas do exercicio de poder dos bispos, en concreto de dous: Diego de Muros e Pedro Beltrán. Do primeiro coñecemos as Ordenanzas municipais por el promulgadas e únicas coñecidas, e a celebración dun importante sínodo, polo tanto estamos ante un bispo que exerceu todo o seu poder e incluso se extendeu sobre as atribucións municipais e probablemente tamén sobre as capitulares, algo que as circunstancias político-sociais do momento lle permitiron. O Cabido O capítulo é o goberno catedralicio, estará presidido polo bispo, que será a cabeza visible do señorío sobre a cidade. Estaba formado por un número de cóengos e dignididades, que serían 36 ata 1435, a partires de aquí baixaría ata 25 e logo 23, xunto cun número indeterminado de razoeiros, que en tempos de Diego de Muros, 1482, serían 4 e que este mesmo prelado subiría a 6, o que leva a pensar que antes de 1435 tamén tivesen ese número.

1

Para ver o nacemento do señorío eclesiástico tudense: López Alsina, Fernando; “La cristalización de Tui como espacio de poder señorial entre 1095 y 1157”. pax. 57-95. Tui, Presente, Pasado y Futuro. 2006. Deputación de Pontevedra. Tamén o estudo de Mª. del Carmen Sánchez Carrera: El Bajo Miño en el siglo XV, el espacio y los hombres. 1997. pax. 227 e ss. 2 Ibidem.

O cabido tudense reuníase no claustro da catedral. A sala capitular, aínda conservada, ten a súa orixe no século XII. Durante a idade media e debido á coxuntura política ou social mudaríase circunstancialmente o lugar de reunión, producíndose no coro, na capela de Santa Catalina ou na capela de Santo André e incluso fóra do recinto catedralicio como a igrexa de Santa María da Oliveira. A convocatoria ás reunións do cabido facíase mediante o tanxir das campás. Os días habituais de reunión eran os venres -polo menos no episcopado de Diego de Muros- e moi importantes eran os cabidos do 1 de agosto e do 1 de xaneiro, nos que sabemos que de non asistiren os cóengos serían descontados por oito días, mentres a falta do cabido dos venres significaba o desconto por aquel día.3 A composición capitular estaba formada polas seguintes dignidades: o Deán, quen presidía o cabido; o Chantre encargado do coro; o Tesoureiro quen gardaba e administraba todo canto houbese de valor; o Mestrescola realizaba funcións de Chanceler e estaba a cargo de todo o referente ás ensinanzas; os Arcediagos ocupábanse do goberno da diócese por circunscripcións, coñecemos catro, o de Miñor e o de Montes, es o de Cerveira e o de Labrugia, estos dous últimos para os territorios de Entre-Minho-e-Lima; no derradeiro degrao estaban os cóengos que axudaban ao culto catedralicio no coro, finalidade pola que cobraban o beneficio ou prebenda, o que significaba ser contados -para cobrar- pola súa presenza no coro, polo contrario de non asistir non percibían remuneración ou de realizar algunha falta eran “descontados”, non percibindo o que lles correspondería por asistencia.4 Entre os cargos auxiliares -oficios- do cabido estaban o de mordomo, notario, avogado, procurador, procurador da obra, contador do libro da mesa capitular, contador das aniversarias e o luminario. Estos cargos eran nomeados o 1 de agosto de cada ano. As relacións entre cabido e prelado non son en moitos momentos amistosas. Debido á extracción social de parte dos cóengos -da burguesía urbana, fillos de conversos, nobreza- podían existir choques entre estes e o bispo. O cabido aínda faría elección de bispo ata 1423, morte do bispo Xohán Fernandes de Soutomaior, a partires de aquí a súa decisión xa non se tomaría en conta e Roma escollería prelado entre os seus afíns. Os enfrontamentos cos bispos foron claros en tempos do bispo Xoán de Castro, cando o cabido realiza unha constitución coa fin de contar aos prebendados ou dignidades que fosen obxecto de algún encarceramento: “... Esses dayam et cabidoo diserom que por Rasom que os señores bispos que ata aqui foram et este que ora he aas vezes por queixumes et denunçiaçoes que aviam de alguns pessoas ou coengos ou raçoeyros desta yglesia os huuns mandavam prender et teer em sua prijom...et alguuns padeçeram por denunçiaçoes nom verdadeiras et outras veses padeçiam por cousas ligeyras por ende que estabelesçiam et poynan ontressy por constituiçom por syr por seus susessores...”5. Co bispo Luis Pimentel, fóra de Tui practicamente en toda a súa prelatura, e aínda na distancia os choques co cabido serían habituais tal e como se comprobou no preito dos Arrianos. Con Diego de Muros existía certa desconfianza, como se comproba en 1480 con Xoán de Bodiño xa que, rematadas as guerras e pedida a reincorporación a súa calonxía da que fora botado por Pedro Madruga, o prelado promovera esa calonxía a outro, e no cabido non confiaban das formas do bispo e polo tanto non querían enemistarse con el outorgando, o que consideraban por xustiza, a calonxía a Xoán de Bodiño: “...e os dictos señores do cabildo responderon que eran enformados que o 3

A.C.T. Prot. Libro 27. Fol. 191. 31 xullo de 1498. Mª. del Carmen Sánchez Carrera; El Bajo Miño…, 1997. pax. 229. 5 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 61. 16 de decembro de 1382. 4

señor obispo seu perlado avia provido daquela calongia a Afonso da Nespereira e que non se querian enbaraçar con elle que o reçeavan muito porque mais o querian teer por amigo que non como quera que prima facie lles paresçia aver e teer justiçia o dicto Joan de Bodinno.”6 Tamén vemos o “medo” que Diego de Muros provocaba no cabido na doazón da igrexa de San Xoán de Porto en 1482, na que o mestrescola seguinte, Morguet Juan, explicará o por qué de tal cesión de Álvaro de Porto, mestrescola en 1482, “... et que el maestrescola pasado no avia consentido sinon con miedo et fuerça del dicho sennor obispo...”7. As rendas capitulares -de coutos, mosteiros, capelas, etc.- eran o principal ingreso do cabido. Encargábase da súa cobranza aos chamados “tençeiros” que recaudaban na chamada “tença”. As tenencias non eran regulares pois podían ser a dalgún mosteiro, capela, portádego, ou lugar máis o menos concreto que non formaba parte dun couto ou dos bens dalgunha capela. O mecanismo de adxudicación das rendas eran as poxas sendo ao mellor postor en tres cabidos. Nas poxas era normal que entrasen os mesmos beneficiados e arcediagos xa que eran eles das persoas con maior poder adquisitivo. O cabido, ante a heteroxeneidade dos seus compoñentes debía impedir calquer traición contra el e as filtracións dos seus segredos. En 1510 o cabido constituirá ante este tipo de continxencias que tres beneficiados fixeran pesquisas nun período de oito días probados os cargos contra o infractor que se descubrise, se lle retirase as tenencias e foros que posuise do cabido e descontarlle por tempo indeterminado: “e asi esta constituçion se fezo juraron todos os benefiçiados sobre seu sacerdocio de o ter comprir e guardar e punir o tal deliquente”.8 O desenvolvemento das sesións do cabido non debían ser moi tranquilas, sobre todo durante o convulso século XV: “o chantre ordena que todos falem de cada vez e nom todos a mesma vez, senon estan calados pena de desconto”9; “O dito deam mandou a Alvaro de Porto e Vasco D’Aamyll que calem e çesem de suas questions que ora ha en cabido, supenna de desconto por hun anno ao que non calar.”10 Non só se requería o silencio para estar en cabido senón e tamén a vestimenta, moitas veces inapropiada. En 1461 prohibíase aos cóengos por razón de honestidade que non trouxeran o “capuço cuberto” pois era hábito de leigos. Nas constitucións sinodais feitas por Diego de Muros en 1482 ordenábase aos cregos do bispado que non vestisen con cores e roupas chamativas porque “la vestidura e habito de fuera es senal de habito e vestidura de dentro”.11 Foron varios os conflitos, máis ou menos importantes, que se desataron no seo do cabido. En 1449 o cabido enfrontaríase aos cregos do coro por canto estes desde algúns días atrás non dicían misas nen outras cousas que eran obrigados na igrexa catedral, por esta míngoa, neglixencia e culpa dos ditos cregos, a devandita igrexa carecía dos oficios divinos. O cabido expulsaría aos cregos do coro tanto si entrasen co hábito clerical 6

Prot. Lib. XXV. Fol. 48. 15 novembro de 1480. A.C.T. Becerro I. Fol. 98. 1 de febreiro de 1498. 8 A.C.T. lib. 29. Fol. 243. 1 agosto de 1510. 9 A.C.T. lib. VIII. Fol. 122. 20 decembro de 1423. 10 A.C.T. lib. XIII. Fol. 32. 21 xullo de 1460. 11 A.C.T. fol. 62. 22 maio de 1461. / Sánchez Carrera, El Bajo Miño…, pax. 282. 7

como se non, e deixarían de percibir calquera privilexio que tiveran do dito cabido, “e esto ata que elles e cada hun delles venna a obediençia mandada do dereito do dito cabido”.12 Os cóengos Jácome Rodrigues e Vasco d’Aamyll tiveron que ceder a súa enemistade por ameaza do cabido de ser postos en desconto e entreditos por oito días “e perdou a penna que selles estava ordenada, perdoa unn ao outro, o outro ao outro, i o dito cabido lles mandou que fosen boos amigos de ally adoante por que mal paresçia a todos ser contra eles taas escandalos.”13 Curioso sería o enfrontamento entre os cóengos Vasco Peres e Afonso Fernandes. Vasco Peres encargábase de contar as horas de asistencia dos cregos e beneficiados ao coro. No momento en que Vasco Peres estaba no coro achegouse a el Afonso Fernandes a preguntarlle por que lle descontara, a resposta do primeiro sería que non pagara o repartimento dos dineiros para o preito dos Arrianos, a contestación de Afonso Fernandes non sería moi educada, “disera desonestas palavras e arreganara os dentes contra el como fazen os caans”, Vasco Peres solicitaría outro oficio pois non quería volverse a atopar con Afonso Fernandes. Nas pesquisas do cabido para esclarecer as culpas do caso, Vasco Peres fora o culpable de comezar o escándalo “dizendo que non falava con sandeces”, respondéndolle Afonso Fernandes “que non cria por deus nem por Sta. Maria selle non sacava a sandeçe da cabeça”. O cabido sancionaría a Vasco Peres con oito días de desconto, mentres que Afonso Fernandes estaría en desconto por un mes pois arrenegara publicamente, polo que lle aplicaban as penas que impoñían as contitucións do cabido.14 De Vasco Peres sabemos que era fillo de converso -Pero Judeu- e a actitude de Afonso Fernandes fainos sospeitar doutro tanto, o que lle engade un maior interese a este caso. Por suposto que todo isto non significa que os conflitos fosen habituais no interior do cabido, aínda que si se daban as condicións para que tales feitos se producisen, sobre todo ao longo do século XV e o dominio dos Soutomaior sobre a cidade e bispado, cousa que provocaría unha gran diminución das rendas capitulares e polo tanto a conseguinte tensión liberada por medio dalgunhas contendas e rifas. O Concello Non temos moitas novas dos primeiros tempos do concello nen da súa constitución como tal. Coidamos que, parellamente a outras cidades e vilas, a orixe do concello estaría nunha asemblea de veciños quen puideron nomear a uns representantes que procurasen nos asuntos da cidade. O concello non só tiña responsabilidades sobre a cidade, senón e tamén sobre un territorio xurisdiccional -diferente do eclesiástico- que tiña a súa orixe no couto anterior a 1095 outorgado ao bispo de Tui polos condes Raimundo e Urraca, e que probablemente abranxese a parroquia da Catedral, ata o Monte Aloia e algúns ámbitos próximos como San Xoán de Porto e Santa Baia. As Cartas Forais non facían senón que aceptar os usos e costumes dos veciños. A máis antiga Carta Foral para Tui sería a de 1142 concedida por Afonso VII. En realidade tratabase dunha concesión de dereitos reais outorgados ao bispo tudense e

12

A.C.T. lib. Fernán Gonçales. Fol. 38. 3 novembro de 1449. Ibidem. lib. XIII. Fol. 11. 18 outubro de 1459. 14 Ibidem. lib. XIII. Fol. 24. 5 maio de 1460. 13

entre eles a capacidade do bispo de poñer xustizas xunto con algún privilexio comercial para os veciños da cidade. Na Carta Foral de 1170, o rei Fernando II atende aos dereitos consuetudinarios dos veciños de Tui ademais de engadirlle unha serie de potestades aínda que non fala dos xuíces nen do señorío sobre a cidade. O movemento organizado na cidade contra a anulación dos foros é síntoma da organización dun concello preocupado polos seus dereitos e autonomía municipal contra o crecente poder episcopal tanto no político coma no económico. Na contenda de 1211 Afonso VIII outorgaría algún foro para mellor poboar a cidade pero retornaría ao contemplado por Afonso VII en 1142. No preito entre o Concello e o bispo Lucas, o rei Fernando III decidiría sobre o señorío da cidade -segunda parte da contenda-. Logo de ver mostradas as cartas duns e doutros comprobou que nos Foros de 1170 non se tollía o señorío do bispo, polo que restableceu o seu contido. Pero o concello ensinou unha, descoñecida para nos, Carta de Afonso VIII na que mandaba a homes sinalados da cidade para facer xustiza “metiera el poder de recabdar e de prender omes, e de facer justicia”15, co que restaba forza ao señorío do bispo sobre a cidade aínda que non o suplantaba senón que aceptando o bispo que el era vasalo do rei a xustiza debería de se facer no seu nome. Fernando III concluiría que “por mio Padre dar poder de facer justicia a omes señalados de la Villa, entendiendo que la Villa era mal parada, o por que el Obispo non podie, o non querie, o non sabie, o non se atrevie a facer justicia ante omes poderosos de la Villa”16. O señorío sobre a cidade continuaba sendo episcopal mais a xustiza ficaba do lado veciñal. Con esta sentencia ficaría unha situación curiosa para Tui, a súa xustiza se facía no nome do rei pero o señorío da cidade era episcopal, o que era unha situación insólita. En Tui existía un xuíz ou alcalde e dous xustizas 17, un número descoñecido de xurados18 e un procurador: “Afonso Fernandes juiz, Pero Anns, Nicolao Gonçalves justiças”19; “Pero Esteves, ius ordinario da dita cidade, Juan Dabansa, Lorenço Calvo iustiças”20. O xuíz era de designación real podendo repetir no cargo segundo o apoio do concello. Así vemos Afonso Fernandes como xuíz dende 1393 a 1419.21 Isto ten a súa orixe na sentencia de 1250 pola que a xustiza de Tui se facía en nome do rei, así o concello podía oficialmente dicir: “Rodrigo anns juis da çidade de Tuy em lugar dafonso gomes juis da dta çidade por nosso sennor el rey dom fernando”22 para 1370; “Fernando Gonçalves alcalde da çidade de Tuy por noso sennor el rey seendo en audiençia publica oyndo os pleitos causas e negotios enno seu lugar e 15

Henrique Flórez; España Sagrada. Apéndice XVIII. Ibidem. 17 No preito de 1393 aparece Afonso Fernandes como xuíz, aínda que non expresado, xunto cos xustizas Gómez Núnez e Lopo Afonso. A confusión entre termos é máis que evidente. 18 Mentres noutros concellos galegos o número de xurados podían ser 12 (como na Coruña ou Santiago) e 8 ou 7 (para Pontevedra e Ourense respeitivamente). Só sabemos que as Ordenanzas de Diego de Muros escolleranse catro xurados ou rexedores, pero coidamos que é efeito de reducción efectuada polo bispo e tamén polo facto de estar a cidade moi despoboada como resultado dunhas cruentas guerras que afectaron grandemente á cidade. 19 A.C.T. Prot. Lib. VIII. Fol. 34. 22 agosto de 1419. 20 Sánchez Carrera, Mª C; El Bajo Miño…, 1997. pax. 311. 21 Talvez sexa unha coincidencia provocada pola falta de documentación entre eses anos que nos amose o xuíz elexido. 22 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 13. 26 de xuño de 1370. 16

ora acostumbrados”23 en 1452, ou en 1454 “presente Pero Marrao, alcalde da dita cidade por nos sennor el rey”24. Os xurados, nun número indeterminado ocupaban máis unha función consultiva. No século XIV observamos a aparición do termo “çidadao” a algún veciño de Tui sen establecer ningún paralelo coa súa residencia na cidade -esta era veciño ou moradorsenón como cargo orgánico. Se isto fose certo teríamos unha explicación para o descoñecemento desta importante base do concello, xa que o termo xurado non aparecerá ata fins do século XV: “...e con eles vasco camyna juis e juan fernandes de morgadans procurador da dicta çibdad e estevo lourenço, bastian, ruy fortes, ruy casa regidores e jurados...”25, xa asimilados ao concepto de rexedores. É posible rastrexar a estos “cidadáns” no testamento do arcediago Fernán Eans en 1264, no que o termo “civis” temos que entendelo como cidadán cargo público e non como simplemente veciño: “... petri nuni civis tudensi...de clientulis pelagii nuni civis tudensi...”26. Para o século XIV a referencia semella máis clara: “...aqual ffoy de duram peres çidadao que ffoy de Tuy ...”27, “...qe afonso peres çidadão de tuy mandara ao dto cabidoo...”28. De 1504 temos unha aclaración sobre a condición de “cidadán”, xa que se establece unha comparación cos beneficiados do cabido e polo tanto nun posto de responsabilidade e importancia claro: “... en la cossas çevyles ningun benefiçiado nen çidadan non sea preso en la carçel...”29 senón que sexa presa na súa propia casa, privilexio que atinxía a personaxes de calidade o que nos afirma en contemplar unha designación diferente sobre os chamados xurados, chamandose en Tui cidadáns, o que non deixa de ser outra particularidade de Tui. A base do sistema municipal eran os “homes bos”, nun número indeterminado e representantes dos oficios e profesionais da cidade. Os vemos no preito das fortalezas en 1393, e na doazón do peso do mercado ao hospital da cidade en 1441. Semella que estas reunións tiñan como escenario o carballo que ficaba próximo á porta norte da catedral. A función do xuíz era administrar xustiza na cidade e couto de Tui, mentres que os xustizas tiñan como competencia principal gardar as chaves da cidade, cometido trasladado por Diego de Muros en 1484 aos xurados e procurador. Descoñecemos outras funcións atribuíbles aos xustizas xa que as mesmas áchanse moi confusas coas do xuíz. O xurado, cargo vitalicio, tiña como función a de auxiliar nas determinacións do concello como por exemplo nomear os cobros dos xustizas, asumindo a representación da corporación en casos concretos, aínda que en xeral fican na sombra da documentación. Tanto o xuíz como os xustizas non pertencían a unha élite urbana; Pero Marrao era sarralleiro e sería ovenzal ou procurador do hospital de San Xiao dos Gafos, e Pero Esteves, xuíz en 1441, era carpinteiro. Os xustizas, en número de dous, eran designados polo bispo e cabido mediante cobros, consistentes estos na eleición entre dúas parellas de xustizas propostas polo concello. 23

Sánchez Carrera; El Bajo Miño…, 1997. pax. 215. Ibidem. pax. 324. 25 A.C.T. Protocolos lib. 27. fol. 196. 1 de xaneiro de 1499. 26 A.C.T. Pergamiños, 9/16. 27 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 55. 20 de decembro de 1369. 28 A.C.T. Protocolos Gonçalo Eans. Fol. 55. 27 de novembro de 1344. 29 A.C.T. Protocolos XXIX. Fol. 91. 12 de abril de 1504. 24

Deste xeito cumpríase o señorío episcopal pero mantíñase a autonomía municipal. De facto os cobros tudenses eran os que máis limitaban o señorío episcopal, pois no resto da Galicia o seu número era superior: ata os seis pares de xustizas en Santiago e Pontevedra, ou aos catro pares en Ourense. En Tui temos exemplos destas eleicións, aínda que en situacións complexas. En 1286, o famoso preito das chaves da cidade, dous xustizas néganse a entregar as chaves ao deán e cabido, non dando Oeiro e Xohán de Moreira “os coblos seus e elles que deram os seus para façer as justiças segundo que mandam seus privilegios e como est de uso e de costume”30. No preito de 1393 para regularizar a situación o procurador do bispo e o cabido ordenarían ao xuíz e homes bos “quesse fossem fora do dito cabido et levantassez e erguessez em sseu conçello dous cobros” os cales presentaron “aos ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam et cabidoo dos cobros segundo que ham et ovidom ssenpre de ussu et custume, convem assaber em hum dos cobros Lopo Afonsso e Johan Collaço et em outro cobro Stevo Degues et Baasco Martim et diserom…(que)…tomassem hum daquestes ditos cobros qual quissessem et fezessem et duas justiças que ussasem de sseus ofiçios…”31. Estos dous conflitos reflicten a loita pola autonomía municipal, nunha simbolizada polas chaves da cidade e noutra polo preito e homenaxe ao rei Juan e ao Arcebispo García Manrique para fuxir do señorío episcopal e actuar con plena independencia. No século XV o concello estará entre luces e sombras. O dominio dos Soutomaior sobre a metade do século puido ser un bó momento na independencia do Concello, xa que logo, a falta de bispo e a presión de Álvaro Paes, deixaba unha posición comprometida para o cabido, mentres Álvaro debía apoiar as pretensións autonomistas do concello xa que estas tamén o beneficiaban a el ou unicamente a el. O acontecido en 1467, no que o cabido protestaba ao concello por poñer oficiais inxustamente, reflicte o apoio de Álvaro Paes de Soutomaior. Este mesmo sería continuo mediador entre os sucesos do concello e os do cabido, como no preito dos Pelames, noutros conflitos nos coutos tudenses ou no preito dos Arrianos. Tamén o veremos presente nalgunhas reunións do concello, amosando así a vontade de interferir totalmente na vida da cidade. Deste modo, “desfasiendo entuertos”, a imaxe que debía ficar na mente dos veciños do bispado tudense non debía de se afastar do título que ostentaba nas escrituras, “O Generoso Señor”. No tempo en que Pedro Álvares de Soutomaior se apodera da cidade de Tui dentro do clima bélico que vai das guerras irmandiñas ata a guerra de sucesión, máis de dez anos sufriría a cidade a ruína e a despoboación. Rematadas as guerras, Diego de Muros aproveitaríase da falta de ánimo e forzas do Concello para facilmente introducir unhas ordenanzas que contradecían a tradición municipal de case trescentos anos. O bispo contaba co apoio anterior dunhas cartas do rei Enrique IV outorgando ao bispo a elección do xuíz de Tui, feito que desautorizarían oficialmente os Reis Católicos en 1496, pois se suplantaba o tradicional xuíz real “que en nuestro nombre administre justiçia”. O rei Enrique IV consintíu por rogo do bispo Diego de Muros que provese en cada ano o dito oficio “e que como la justiçia se fazia en nuestro nombre se fiziesen en nombre del dicho obispo”32. 30

Pergamino 14/42. Ibidem. 2/8 32 García Oro; Galicia en los siglos XIV y XV, tomo II, pax. 132. 31

Diego eliminaba aos xustizas, reemprazándoos por meiriños, elixía directamente o xuíz e os xurados, controlando totalmente o concello. A complicada situación vivida pola cidade no século XV fai moi difícil aclarar como era verdadeiramente o goberno da cidade, e non só falamos das usurpacións e dominacións dos Soutomaior e das guerras, senón e tamén, dos cambios efectuados polo bispo Diego de Muros quen trastocará o concello mudando unha tradición baseada na autonomía municipal obtida gracias a privilexios reais uns trescentos anos antes. As ordenanzas municipais A promulgación de ordenanzas municipais efectuadas polo bispo Diego de Muros en 1484, virá a resolver o baleiro existente na gobernación da cidade, mermada polas guerras pasadas. As ordenanzas establecidas polo prelado son as únicas que coñecemos para a Idade Media tudense, e por desgraza non nos aclara cousa algunha dos regulamentos da cidade tanto se son económicos como de orde pública ou ordenanzas urbanísticas. Diego de Muros intenta explicar a realización das ordenanzas pola gran falla de xustiza que de trinta e çinco annos desta parte padeceu a cidade e os problemas derivados da opresión e tiranía dos Soutomaior. Para elaborar as ordenanzas confórmase con los costumbres antiguos que en la dicha nuestra cibdad solian ser e tamén coas ordenanzas e usos existentes nas demais cidades galegas de señorío eclesiástico. Debemos pensar que os vellos usos e costumes da cidade eran os de carácter económico e urbanístico, pois na regulación interna do concello e da súa autonomía pesarían máis os propios criterios do bispo e as ordenanzas das outras cidades galegas. O concello estruturaríase entorno a un xuíz e catro xurados, todos de elección directa do bispo cada 1 de xaneiro. A xuntanza dos veciños da cidade decidirá sobre un procurador que vele polo ben común. O xuramento dos cargos facíase sobre os medos do propio bispo Diego: “e non seran en dicho fecho ni consejo quel obispo prelado desta iglesia sea preso sendo ni mal tratado ni pierda el señorio desta cibdad…antes seran en un serviçio e ayuda e donde quiera que vieren o sopieren ser dapno que lo descubriran e revelaran lo mas ajina que puideren segundo buenos e fieles e leales vasallos de fazer e procuraran la honra e pro de nuestra iglesia cathedral e beneficiados della e el bien publico desta çibdad vezinnos e moradores della”. Co anterior podemos comprobar como se antepón o ben da igrexa e os seus integrantes ao ben común da cidade, síntoma inequívoco do intento de acadar unha vasalaxe total, a que non fora conseguida nos séculos anteriores pola loita mantida con éxito polo concello. Cada ano, polo 1 de xaneiro, o xuíz debía entregar a vara da xustiza e os xurados e procurador as chaves da cidade de cara a poder entregalos aos novos cargos, aínda que podían repetir no posto as mesmas personaxes. Para facer concello, isto é, reunir a xuíz, xurados, procurador, oficiais e homes bos da cidade, os únicos autorizados para o facer eran o lugartenente ou o xuiz elixidos polo bispo e cabido, pero en caso de necesidade os xurados ou o procurador podían comunicarllo aos devanditos lugartenente e xuíz. Se no concello se trataba algún aspecto que tivera que ver coa igrexa, os seus beneficiados ou as súas rendas, terían a obriga de consultalo co cabido para que eles fixesen o seu acordo e consentimento.

As últimas disposicións das ordenanzas teñen que ver coas exaccións que disfrutaban o xuíz, xurados, procurador e notario do concello, estos non pagarían “renta ni talla ni otra imposiçion ninguna en quanto tuvieren los dichos oficios ni les den huespedes ni los repartan para camiño ni para guerra ni para vela ni para otro serviçio ninguno”, todo isto preciaba os cargos municipais, sendo devezados pola élite urbana. Tamén premiaba Diego de Muros aos escudeiros “que tuvieren armas e cavallo” coas mesmas exaccións, cun fin claramente defensivo de cara a non repetir o funesto pasado do bispo e que provocaría a chegada da baixa nobreza á cidade e aos cargos municipais, cousa que con anterioridade non sucedera. As viúvas tamén terían execcións pero coa condición “que vivieren honestamente en su viudez e non se entrometieren en tratar mercaderias e otros oficios non pertenesçientes a su estado”, cousa que cortaba a antiga traxectoria laboral das mulleres no mundo urbano tudense -no rural non haberá tales medidas-. Esta manifestación do bispo reflicte a situación tudense logo das guerras, gran número de viúvas traballando en oficios teoricamente varonís. Podemos resumir estas ordenanzas municipais como totalmente retrógradas, froito das aspiracións señoriais de Diego de Muros e dos seus medos a que se repetisen os sucesos do pasado. Mentres que as demais cidades galegas “modernizan” os seus estatutos municipais para se adaptar a unha situación completamente nova, os de Tui ficarán estancados, fixando o lastre que padecerá a cidade en toda a Idade Moderna, puidendo seguir incluso algúns dos seus peores defectos ata os nosos días.33 Diego de Muros institucionaliza a figura do “rentista” en Tui, escudeiros que non aportan nada á producción material ou intelectual de Tui ficando como auténticos vampiros da sociedade tudense. Coñecemos o nome de varios xuíces ou alcaldes e xustizas tudenses como Pedro Meléndez en 1249, un dos responsables da rebelión contra o bispo Lucas; Afonso Gómez de Lira en 1370; os xustizas Oeiro e Xohan de Moureira en 1286; os xustizas Gómez Núnez e Lopo Afonso en 1393; o alcalde Pero Esteves en 1427; Pero Marrao en 1454; Pero Froes en 1463; Vasco Camiña en 1467. Estes son algúns exemplos producto da aparición esporádica na documentación tudense. É interesante constatar como Vasco Camiña sendo xuíz en 1467 o atopamos en 149134 e renunciando do seu cargo en 1504. Desta primeira composición completa do concello: “ordenou o dicto reverendo señor obispo con os dictos señores dean e cabido e fezo os ofiçias que administrasen justiçia enna dicta çibdad e primeiramente entregou o dicto señor obispo ofiçio d ejuis ao dicto Vasco Camynna e deron el ofiçio delos regidores a Fernando Spadeiro e a Juan Gomes e Afonso Fernandes e Antonio Agulla, procurador Gomes Mourino, alcaldes da Hermandad Antonio Agulla ee Juan de Bouça, almotaçeles do cabido Fernan Neto e da çibdad Juan Çitraan.”35 O protocolo cada ano levaba sempre a entrega dos símbolos do cargo: “… entregarom as chaves da çibdad Gomes Mourino e entregarom as varas Vasco Camyna de juis e Lopo de Montes de meirino e do algocil Fernando de Marochena e da Hermandad Juan de Bouça e logo as tornou al sennor obispo aos quaes tynan e fizeron 33

De facto non será ata fins do século XVII cando mude esta situación, cun concello máis autónomo, sen que a elección fose feita polos bispos e cunha capacidade económica independente. 34 A.C.T. Protocolos. Lib. XXVII. Fol. 19. 1 xaneiro de 1491. Supoñemos que estaría con anterioridade pois repetirá no cargo durante varios anos. 35 Ibidem.

regidores Juan Gomes e Afonso Fernandes e Agulla e Fernan Spadeiro e almotaçel os que eran os anos passados”.36 Era normal a repetición dos cargos, sempre na decisión do bispo. Non tanto debía ser no pasado na que mudaban con máis asiduidade os cargos, polo menos dos que coñecemos. Os símbolos de cada cargo era a vara da xudicatura polo alcalde e tamén polo meiriño37; as chaves das portas da cidade polos rexedores ou xurados e o procurador; as varas da Irmandade38 aos alcaldes da mesma; o alguazil puidera ter como símbolo algúnha arma que o caracterizase; os almotaceles39 tiñan os almotaçamentos. Síntoma da muda dos tempos e do cambio de talante do concello é a eleición de 1499, ausente o bispo Pedro Beltrán; “por quanto el non era en la çibdad ele provysor enno nome do señor obispo con el señor deam e dignidades e benefiçiados dela dicha iglesia queria, ordenar e fazer os ofiçios en presença dos vezinos e moradores da dicta çibdad…que presentes estavan… o dicto Vasco Camyna juis diso que verdade era que ele era juis por lo dicto señor obispo e su iglesia e que a vara que tragia que el dicho señor obispo don Pedro lla dera o ano pasado que entregava ali o dicto señor provisor que adesen a quen sua merçed quisese”.40 Era unha actitude ben diferente do que acontecera no pasado, na que o Concello aproveitaba momentos como este para desafiar ao poder episcopal. O significado de xuíz o explica o provisor cando “tomou a vara ao juys Vasco Camyna e lle mandou que ussase do dicto ofiçio bem como se del esperava fazendo justiçaas partes asi aos pobres como aos ricos igoalmente”.41 Atribucións do Concello Ao non chegar ata nos ningunha referencia directa do arquivo e libro de actas e privilexios que o concello tudense debía posuir, non sabemos con exactitude os bens, institucións e rendas que rexía o concello. Desde o concello debíanse recaudar as chamadas rendas, tallas e imposicións. As rendas estaban nas propiedades pertencentes ao concello como casas, terreos; as rendas sobre os servizos do mercado; sobre as carnicerías; sobre o peso do concello. Para os gastos ordinarios o Concello impoñía un “peito” á poboación sobre os pedidos reais e servizo episcopal. Como medida extraordinaria estaba a “sisa”, imposto indirecto sobre determinados productos como podían ser o viño, o peixe e a carne. Por derradeiro ficaban os ingresos por penas e multas que eran o resultado da xustiza municipal. O xeito de rexer estes ingresos sería mediante uns oficiais municipais arrendadores. Todas estas rendas destinábanse aos gastos ordinarios do concello, como o pago de salarios dos seus oficiais, alguazís, adeis, mantemento dos muros da cidade, etc.42 36

Ibidem. fol. 39. 1 xaneiro de 1492. En principio era un xuíz que administraba xustiza no territorio episcopal en nome do bispo e cabido sendo designado por eles, pero podían existir roces co xuiz da cidade. 38 Serían os axentes que velasen pola seguridade dos camiños e rural do couto tudense. 39 Os almotaceles vixiaban os pesos e medidas no mercado tudense, os almotazamentos debían ser os instrumentos de medida para definir o peso a aplicalo correctamente. 40 Prot. Lib. XXVII. Fol. 196. 1 xaneiro de 1499. 41 Ibidem. 37

O notario era un dos oficiais máis imprescindibles xa que el daba validez ás actas capitulares e ás diversas actuacións e traballos do concello. Nas ordenanzas de Diego de Muros ficaba obrigada a presenza do notario no concello. Non sabemos se con anterioridade existía notario en plantilla, aínda que existe algún caso onde se ve solicitar axuda ao notario do cabido coa conseguinte represión por parte do cabido: “…o dito bigario de consentimento do dito cabido suspendeu a Estevo Fernandes notario da entrada da audiençia ata que o dito cabido o mandase entrar e vyr aa dita audiençia por quanto fora en ajuda do conçello enno ajudar a faser rasoes contra huna carta mortuoria que deram contra el”43. Este apartado fiscal é moi descoñecido pois a maior parte de ingresos e monopolios estaba ocupado pola igrexa tudense como eran os portádegos, actividades industrais (pelames, muíños,…), etc. Unha das poucas testemuñas documentais na percepción polo concello dalgunha imposición está nun preito do século XIV entre o barqueiro do cabido e o recaudador das “moedas e tallas da cidade”, que se aplicaba sobre toda actividade profesional. O caso era que o barqueiro por se considerar como “oficial” do cabido ficaba exento deste tributo: “os homes do bispo et das pessoas et seus offiçiaas que eram quitos de talla et de moeda et queos nom puinam en ella ena çidade de tuy nem as levavam delles os colledores et moedeiros que colliam et reçebiam as moedas et tallas da çidade de Tuy et como chegara novamente odito afonso anns notario fosse moedeiro da çidade...et o dito afonso anns disso que el era moedeiro et que collia et reçebia as ditas moedas por nosso sennor el rrey et que as tynna arendadas et que enna carta? do dito sennor Rey se continna que por qual que ouvesse contia de moeda que a pagase ”.44 De 1502 temos unha carta executoria sobre os décimos de carga e descarga do portos de Tui e da Guarda efectuado en favor do Concello de Tui. No documento faise memoria -de máis de sesenta anos, que memoria de onbres non avya- de que os arrendadores das alcabalas de Tui levaran os décimos de todo o que se cargaba e descargaba no río Miño, tanto na cidade de Tui como noutros lugares do río: “…la qual dicha diezma de continuo pagaron e han pagado e pagan a los arrendadores de las alcabalas de la dicha çibdad de Tuy todas las naçiones que bienen a cargar e descargar…”45. Alcabalas, décimas e portádegos que recaudaban polo concello os arrendadores e que se repartían entre Bispo e Rei, portádegos e décimas que logo veremos recollidos en tempos do bispo Diego de Muros. Entre os bens do Concello podemos asinalar o contido na Carta Foral de 1170, na que os veciños poderían dispor dos pastos e leña a non ser en lugares cultivados ou defendidos. Por unha noticia tardía, a documentación municipal máis antiga da que dispoñemos, de 1597, sabemos que o Concello tiña como propiedade a chamada Fraga da Costa de Oia, na que puña gardas e realizaba plantíos.46

42

Estes parágrafos adicados á fiscalidade do concello están baseados nos de Pontevedra, aos que se tiña que semellar. José Armas Castro; Pontevedra en los siglos XII a XV, 1992. pax. 289-290. 43 Prot. Lib. VIII. Fol. 163. 17 maio de 1425. 44 A.C.T. Pergamiños, 14/1. 2 de marzo de 1357. 45 Iglesias Almeida, Ernesto; Notas Históricas del Bajo Miño, 1988. pax. 96. 46 López Gómez, Pedro; “Tui y su archivo en el siglo XVI según el Libro antiguo de la ciudad”, Actas do coloquio celebrado na Rábida, Sevilla, do 14 ao 19 setembro de 1981 sobre “La ciudad hispánica durante los siglos XIII al XVI”. Pax. 215.

Un dos cometidos prioritarios do Concello era o abastecemento de productos no mercado local sobre todo dos básicos como o pan e a carne. O único dato que posuimos sobre o particular é un xesto excepcional do cabido para dotar de carne as carnicerías da cidade: “…estando presente Rodrigo Vasques por parte do conçello da dita çibdade, entonçe o dito cabido por faser ajuda ao dito conçello derom de ajuda para os carniçeiros per honrra da dita çibdade por quese obligarom por dous annos darem carne que avonde, por ende graçiosamente lle outorgarom cabido e clerigos que mantea casa enna dita çibdade cada anno dozentos e trynta maravedis e mandaromno asy escripvir.”47. A propósito deste último dato, podemos sospeitar que o bispo e cabido mantivesen unha carnicería propria para controlar os prezos da carne (cometido que asumía o Concello): “casa na praça parte con cassa que trage Costança Fernandes e da outra parte con a carnyçeria que he do dicto sennor bispo e sua messa obispal”.48 Probablemente este feito esté relacionado co excedente de carne dos pagos das dízimas, foros e demáis imposicións, polo que o bispo daba saída a través da carnicería pública. Imaxinamos que o Concello tiña o seu cargo o mantemento das vías e fontes da cidade, aínda ningunha noticia temos ao respecto incluso a ausencia dunha fonte pública no interior do recinto amurallado resulta sorprendente, aínda que non podemos descartar que como tal se aproveitasen os pozos e alxibes existentes. A conservación de viais e pontes puideron estar repartidos entre o señorío eclesiástico e o concello, tal e como se daría na reconstrucción da ponte de Santa María do Camiño. As principais fontes fóra do recinto da muralla eran a de Reimiro -San Domingos-, fonte do Ouro ou de Santa Baia -no arrabalde de Freanxo-, fonte da Encoirada -Riomuíños-, fonte do Bufón -San Bartolomeu-. No interior da cidade coñecemos algúns pozos. O que estaba ubicado no chamado Eirado do Poço -xunto a praza da Catedral-, na rúa de Sanz -xunto da muralla-, na rúa de Abaixo -no patio dunha casa-. A maioría puideron ser de particulares pero deberon abastecer comunmente á poboación. Por último temos o caso das cisternas ou alxibes. O máis interesante é o conservado no interior da horta das Monxas de Clausura, xunto da porta das Trabancas. Semella ser unha cisterna de grande capacidade, polo que debía ser o grande abastecedor de auga á cidade en caso de asedio. Outro dos cometidos do concello era a vixianza da normativa urbanística. Aínda que esta non estivese escrita si que existían uns usos e costumes que estaban dirixidos a impedir que se dificultase o paso da luz solar á rúa, ocupación de vía pública, etc. Sabemos que o concello non permitía o desenvolvemento de grandes balcóns ou o bó funcionamento das canles de auga dos tellados de cara a non estragar as casas veciñas. A casa que o escudeiro de Álvaro de Soutomaior, Gómez Correa, ía construir dispoñendo dun pasadizo sobre a vía pública o cabido o deixa a súa aventura se “o conçello desta çidade se moverem para desfaser ou mandarem desfaser a dita obra ao dito Gomes Correa”49, non tendo obrigación o cabido de defendelo como foreiro seu que era, xa que o advertían, que el corría o risco pola súa propia ventura. 47

Prot. Lib. XIII. Fol. 81. 13 abril de 1462. Ibidem. Lib. XXIX. Fol. 58. 12 abril de 1501. 49 Prot. Lib. XIII. Fol. 98. 19 novembro de 1462. 48

Tamén vemos esta función urbanística do concello na casa embargada a Gonçalvo Días o Moço quen dirixindo ao cabido, de quen era foreiro, pedía a súa defensa: “ao cabido chegou Gonçalvo Dias o moço e diso como a esa ora o conçello desta dita çibdade o foram tirar da pose da casa da praça quelle o dito cabido aforara…”50, por desgracia non se nos aclara do porque deste embargo. Asumido o señorío total sobre a cidade o bispo regulará tamén medidas contra “edificacións indesexables”: “Mando el señor obispo que mandava sopena descomunon que non poda fazer cassa nin otro edifiçio ninguno persona alguna que sea poderosa asi de Sotomayor como Sarmento como de otro qual quer señor que seja maior que huno de cavalo non se le consentise estar en la çibdad passados tres dias.”51 O concello tiña o seu cargo os Hospitais da cidade; o de Pobres e Peregrinos e o de San Xiao dos Gafos. O Hospital de pobres, na praza da cidade, tiña rendas propias como eran propiedades deixadas en doazón e probablemente parte dos bens daqueles que morrían no Hospital. Entre os ingresos está o peso da cidade, doado polo concello o 21 de marzo de 52 1441 . Nesta data o concello en pleno se reuníu (a única vez da que temos nova do feito), baixo o carballo do outeiro (entre a Torre do Concello e a Catedral) representantes profesionais estaban presentes para decidir sobre a cesión do peso da cidade ao Hospital para que este se puidera manter porque “diseron que por quanto o espital desta dita çidade de Tuy era prove et non tyna tantas rendas por que congrua et ovesa en podesse sosteer et proveer os romeus et peligryns que a el de diversas partes do mundo cada dia vynam a o dito espital seen repado das cousas que a reparamento del perteneçian”53. Constatamos por estas palabras o frecuente uso das instalacións do Hospital e o carácter internacional do mesmo. Igualmente o Hospital posuía a renda das tendas da Praza, recollendo por cada unha delas cinco maravedís anuais. Para rexer os bens do mesmo ficaba o seu cargo un procurador e un “ovençal” administraban o Hospital. Do mesmo xeito á fronte do outro Hospital da cidade, o de San Xiao, un ovenzal e un procurador exercían o papel de administradores dos seus bens. San Xiao dos Gafos, no exterior da cidade adicaba os seus servizos hospitalarios a atender aos aqueixados polo mal do gafo ou lepra, do temos referencias documentais desde o século XIII. En San Xiao temos a existencia dunha capela adicada ao santo e dun posible campanario ou espadaña tal e como se dedude polos campaneiros ou sineiros “Rodrigo Eanes labrador sineyro que foy de Sam Giaam”54. As instalacións, excepto a capela, debía ser unha sinxela contrucción de cachote e madeira; “eno alpendre da malataria de Sam Giaao da cerca de esta Cidade de Tuy”55. O cárcere era outro dos cometidos que debía gardar o concello. O lugar do cárcere público correspondería á Torre do Concello, quizais no soto. O concello actuaba 50

Ibidem. Lib. Luis Vieira. Fol. 26. 26 marzo de 1467. A.C.T. Prot. Lib. XXIX. Fol. 91. 12 abril de 1504. 52 A.C.T. Fondo Hospital. Nº 242. fol. 6v. 21 de marzo de 1441. 53 Idem. 54 Ávila y La Cueva; Historia Civil y eclesiástica… tomo I, pax. 199. 55 Idem. 51

nos delitos civís e criminais, e sempre e cando non afectase a eclesiásticos ou á igrexa tudense. Un escrito de 1504 pón unha curiosidade sobre este apartado: “…e que eso mesmo que en la cossas çevyles ningun benefiçiado nen çidadan non sea preso en la carçel por cossa çevil e se fore criado de qual quera benefiçiado e o vezino que abonandolo su amo non sea preso e a los hunos e a los otros en estas caussas çevyles le sea dado su cassa por carçel”56. Estamos ante os primeiros “arrestos domiciliarios”, se cadra por que os delitos non debían ser graves dabondo para meter ao culpable no cárcere ou ben a falta de carcereiro facía máis eficaz esta medida. Relacionado co cárcere e a imposición de penas temos a picota ou cadalso. A picota de Tui, como noutros lugares, estaba nunha ubicación visible, preferentemente nalgunha das entradas á cidade. Sabemos que o arrabalde que posteriormente chamouse “do Rollo”, tiña como signo distintivo a Picota ou Rollo, noutros lugares tamén Pelouriño. Durante a idade media o lugar de escarnio público sería perto de San Baia, xunto do porto da barca: “... foro de X maravedis por seys anos da rreleira da forca fasta a outra relleira de Sta. Vaia...”57. No documento de acordo das barcas entre Valença e Tui fica máis clara a súa preeminencia; “E da parte de Galiza do outeyro donde esta a a forca para baxo...”58. En lugar tan privilexiado, a Picota tiña o significado de exemplarizar. A súa construcción podía ser complexa tal e como se precisa en Santiago; “escaleiras de madeira, fechadura co seu ferrollo, utilización de cal, trabes, corda, cable, guindaste”.59 O verdugo tiña o singular cometido de axustizar “enforcando et açoutando ou degolando ou deçepando”60. En resume podemos comentar que ao contrario do que acontecía en concellos como os de Pontevedra ou Ourense, Tui carecía dunha fidalguía urbana que dominase os postos clave do concello. Sabemos que algúns dos alcaldes que coñecemos da documentación eran artesáns, como Pero Marrao que era sarralleiro, pero a este mesmo antes de ser alcalde o vemos como procurador do Hospital de San Xiao dos Lacerados, se cadra como unha especie de carreira edilicia. O igualitarismo que emana da Carta Foral de 1170, debeu de ser aplicada, en certa medida e con excepcións, polo concello. Só a escuridade documental nos afasta de realizar un estudio máis pormenorizado sobre as actividades e funcionamento do concello, cuestión que temos que lamentar ao non poder coñecer máis das singularidades tudenses.

56

A.C.T. Prot. Lib. XXIX. Fol. 91. 12 abril de 1504. A.C.T. Prot. Lib. 27. fol. 184. 1498. 58 Iglesias Almeida, E; Los antiguos portos de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal. Tui 1984. Documento nº 2, pax. 72. 59 López Carreira, Anselmo; A cidade medieval galega. 1999. pax. 131. 60 Idem. 57

A ECONOMÍA O medio físico tudense é privilexiado. Pasa o seu carón a mellor vía de comunicación do noroeste peninsular, o río Miño; eixo norte-sur a través do paso natural da depresión Carballo-Tui. As terras, pola súa orientación e ubicación permiten colleitas proveitosas malia os condicionantes climático-edafolóxicos que son amortiguados polas accións benéficas do Miño: reserva de auga para as secas cíclicas; fertilizador dos campos polas cheas periódicas. Con todo isto Tui tivo en contra un condicionante que marcará a súa historia: a fronteira. Aínda que unha fronteira é un lugar con faculdades benéficas sobre a economía local, e Tui se desenvolveu nestes eidos, a privilexiada ubicación da cidade -centro dunha rexión natural extendida a amba-las dúas marxes do río- permitía unhas condicións máis óptimas de desenvolvemento que as posibles vantaxes que se puideran orixinar da fronteira, sempre deixando de lado os seus efeitos negativos como as guerras e as desconfianzas veciñais. Durante a Idade Media a condición fronteiriza de Tui non a condicionou tanto como puidera pensarse, xa que, afastadas as guerras, o bispado nas dúas beiras miñotas e as relacións amigabeis con Valença -ata fins do século XIV polo menos- e toda a ribeira miñota amortiguaban o carácter fronteirizo do río. Tamén debemos pensar que por este tempo a organización territorial dos estados aínda é feble polo que a centralización aínda non afectará ás nosas rexións relegándoas á marxinación e a unha economía típica de fronteira fornecida polo tráfego ilegal de mercadurías. Un dos problemas que padeceu Tui e que a marcaría para a Idade Moderna, foron as guerras e violencias do século XV que provocaron o despoboamento radical da cidade polo que chegado o fin da centuria a reseñorialización da cidade trabaría calquera recuperación da mesma, e nos niveis en que o fixo, a cidade deixou de ser productiva e competitiva marcando a súa existencia ata os nosos días. A Climatoloxía Un dos aspectos que máis chama a atención é a distinción entre dous períodos claramente diferenciados polos seus efectos climáticos. Os séculos XI-XIII foron extremamente bos en canto á climatoloxía -excepción feita do ano 1172 do que nos fala o Cronicón Conimbricense como ano de grandes fames no mundo como non había memoria con grandes mortandades de homes e animais- con temperaturas altas e chuvias abondosas e un segundo período que comeza no século XIV -coincidentes coas apreciacións dos tudenses en 1393 “... desla morte de dom johan fernandes de souto mayor -1323- bispo que fora desta iglesia recresçeram muytos perigos et grandes e graves negoçios...” para os conflictos bélicos pero consecuencia estos de sucesivas fames e pestes- cun descenso paulatino das temperaturas que se acrecentaran a medieados do século XV, e incluso con comportamentos erráticos das chuvias, con abondosas secas e asulagamentos. No Atlas Climático de Galicia exponse as condicións do paleoclima gelago na baixa idade media: “O episodio cálido baixomedieval, centrado en hai uns 1000 anos, con temperaturas que puideron ser ata 3'5º C superiores ás actuais. Este parece que foi tamén un período bastante húmido nos sectores atlánticos. A continuación as temperaturas baixaron para estabilizarse arredor de 1ºC por enriba das presentes, para finalmente entrar nun dramático descenso que deu lugar á denominada Pequena Idade do Xeo. Este último episodio climático, para o que algúns autores marcan o seu

inicio cara a mediado do século XV, coincide cun mínimo na formación de manchas solares (o mínimo de Maunder), e supuxo unha das épocas recentes de maoir intensidade do frío...”61 A explicación climatolóxica aos fenómenos medievais, como fames e pestes, resulta a máis apropiada sobre todo á hora de explicar a clara diferencia entre dous subperíodos. Estos mesmos fenómenos poderían ser factores desencadeantes de moitas das políticas guerreiras dos séculos XIV e XV e que non deixaban de xerar un círculo vicioso, no que semellaba que a única solución aos males climáticos era a eliminación dunha parte da poboación: pola guerra, a peste a fame. En canto a fenómenos concretos, para os séculos XI a XIII poucas son as referencias a desastres, mentres que a partires do século XIV a documentación aporta datos relevantes. Temos novas dunha seca en 133362, da famosa peste negra de 1348, ano seco en 135563, pestilencia en 1403, en 1425 coñecemos a existencia de cheas catastróficas: “por quanto os muynos que chaman da ponte manoqo que he en rio de muinnos açerqua desta çidade e foram ja por duas veses aguissados por lo dito chantre e avenidas dagoas que avieram entanto que estava et que por ende despoblados e destruidos…”64. En 1438-39 grandes fames e mortandades e o alto prezo do trigo e o centeo foron producto dalgunha gran seca ou ano excesivamente chuvioso. En 1446 outra gran mortandade e falta de pan. No ano 1463 unha serie de anos con xeadas tardías provocaría unha forte baixada na producción vitivinícola: “huna vynna… de Sombraboa junto con o Rio dos Moinnos, e que a lavravam avavam atavam guardavam cada anno, como a mellor vynna que estava a redor desta çibdade e ela asy lavrada que vynna a giada cada anno e a queimava cada vez fasta o vello entanto que dela non aviam outro proveito senom perderem con ela o que gaanavam en outra parte”65, decidindo cultivar outro tipo de productos con maior rendabilidade. Entre 1466 e 1467 outra gran mortandade afectaría á rexión, cuxos efeitos provocarían a Revolución Irmandiña. En 1506 a peste voltaría a causar estragos en Tui. Por suposto non son estes os únicos casos de cheas, xeadas, secas, pestes ou fames que nos amosen a impredicibilidade do tempo atmosférico, pero a documentación tudense ou galega non as reflicte, acaso pola súa menor incidencia na poboación considerábanse como un elemento máis de convivencia na Baixa Idade Media. Os camiños e portos A xeografía tudense permitía boas comunicacións naturais coa toda a rexión noroeste da península. En plena idade media os camiños empregados non debían diferir en exceso cos trazados viarios romanos, destacando a vía XIX que comunicaba Brácara Augusta con Lucus Augusti pasando por Tude, e que desde a alta idade media servira de medio de comunicación coa tumba do Apóstolo en Compostela, tanto polo leste como polo sur. A rede de camiños secundarios romanos e tardorromanos deberon pervivir sen moitos atrancos aínda que esta infraestrutura debeu perder importancia en moitos casos a medida que lugares importantes medraban noutros emprazamentos, o que obrigaba á 61

Atlas Climático de Galicia, coord. Antonio Martínez Cortizas e Augusto Pérez Alberti. Santiago de Compostela, 1999. pax. 182. 62 Cronicón Conimbricense; España Sagrada, tomo XXIII, pax. 343. 63 Ibidem. pax. 344. 64 A.C.T. Prot. Lib. VIII. Fol. 179. 9 novembro de 1426. 65 A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 102. 4 marzo de 1463.

creación de novas calzadas e pontes para dotar de viabilidade os novos núcleos habitados, santuarios ou centros comerciais. O mantemento desta infraestrutura era moi importante e incluso chegada a recibir doazóns para a súa conservación malia a que a súa propiedade ou titularidade fose controvertida. Deste xeito é bó lembrar a labor dominica de reparación de pontes coa figura de San Pedro González Telmo protagonizando a rehabilitación da ponte de Castrelo de Miño, entre outras. O monarcas marcaban moita da iniciativa neste senso pero as doazóns de particulares, tal e como conseguira San Telmo, tamén suporía unha importante base para a mesma, sinalando a transcendencia que pontes e camiños tiña na orde económica e incluso relixiosa. O testamento do arcediago Fernán Eans en 1264 é exemplo deste tipo de iniciativas: “...It mandat ponti sancti pelagii xxx sl, ponti de auria xx sl. It calciate de rivulo de eyca x sl...”. As pontes de Sampaio e de Ponteareas eran importantes dentro da rede rexional na que estaba inserta Tui. Ferreira Priegue establece un subsistema viario arredor de Tui 66. As principais vías de comunicación enlazaban Tui cos portos de mar do bispado: A Guarda, Baiona, Bouzas, Vigo, Redondela. Cara o interior o camiño máis importante ía cara Salvaterra, Ribadavia e Ourense seguindo o val do Miño, mentres que unha rede secundaria comunicaba coas terras interiores e coutos tudenses. Tamén aquí era importante o enlace entre diferentes mosteiros e vilas que establecían un camiño salientable cara Compostela: Salvaterra, Angoares, Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Sampaio. As saídas de Tui, cercada por varios ríos ademais do Miño, obrigaba á construcción de pontes. Estas infraestruturas complexas e costosas requerían un mantemento debido ás consecuencias das condicións meteorolóxicas. A ponte Mañoco, sobre o río Tripes, comunicaba a cidade, na súa saída pola porta dos Ferreiros, con San Baia, o camiño a A Guarda e o porto das barcas a Valença. Era unha pequena ponte dun só ollo que desaparecería no século XX por mor das obras da nova estrada á ponte internacional. No arrabalde de Riomuíños, outra ponte sobre o río Tripes permitía a comunicación co couto de Arcos e As Valiñas e o principal camiño a Baiona. Chamabase na idade media ponte da levada: “... aforaron o aloque da ponte da levada de rio de moiños para baixo...”67. Tamén era unha ponte dun só ollo. Na actualidade a ponte conservada data do século XVIII. En Santa María do Camiño -hoxe Virxe do Camiño- a tradición dunha ermida adicada a unha Virxe do Leite permite albiscar este enclave como un importante nó de comunicacións tudenses. Neste lugar de gran tradición e de salientable romería anual, a construcción dunha ponte sobre o río Louro facíase imprescindible así como o regato Rebordáns para o camiño que ía por Ribadelouro e Mosende e que evitaba as gándaras. Da ponte de Santa María do Camiño coñecemos unha rehabilitación ou reconstrucción en 1434 a cargo de “... mestre Stevoo de Soutelo que presente sia tomara cargo desse faser aponte da çerqua de Santa Maria do Caminno...”. O cabido co provisor do bispo Juan de Cervantes arbitrarían os medios necesarios para financiar a obra. Así deste xeito absolvíanse aos excomulgados por incumprir días de festa sinalados se axudaban á construcción da ponte ou incluso aqueles que tivesen terras e propiedades alleas sen que se coñecese o dono coa aportación da metade deses bens ficaban libres e 66

Ferreira Priegue, E; ''Los caminos medievales de Galicia''. Boletin Avriense, Anexo 9, Museo Arquelóxico Provincial, Ourense, 1988. 67 A.C.T. Protocolos lib. 29. fol. 64. 1503.

desembargados: “... Entom o dito mestrescolla como vigario deu poder ao mestre frey Stevo de absoltar atodos aquelles et aquellas que ata aquí quebrantaron as quatro tenporas et os domingos et festas espiçialmente aos que fossem ajudar a faser obra para a ponte de santa maria do caminno oou lle esmolla para os que y andasem....”68. Sen dúbida a ponte máis importante do entorno tudense era a ponte da veiga ou ponte do Louro. Esta ponte cruzaba o río Louro na súa foz, xa cando se atopaba co río Miño. A falta dun antecedente romano 69 que explique unha calzada ou vía cara Paramos e Salvaterra, a xustificación desta importante obra de enxeñería medieval radica na comunicación co couto de Paramos70 e a súa transcendencia económica para a cidade e para o cabido tudense. Os cultivos en paramos non só se circunscribían ao cereal senón que era recoñecida a producción de viño. Tamén temos que engadir que a ponte puidera ter servido de comunicación con Salvaterra, aínda que a presenza inmediata do Miño e as súas crecidas dificultan explicar a aparición dunha ponte destas características coa calzada ou vía pertinente senón fose por unhas condicións meteorolóxicas moi favorables ademais dunha configuración fluvial máis marcada e segura para as ribeiras. Na documentación tudense é habitual sinalar a presenza da ponte, en concreto relacionada con leiras, cortiñas e vides; “...E con o castanal do dito mosteiro e por lo camynno que soya de yr desta çibdade para a ponte de Louro...”71, “... da dita iglesia lles aforara huna herdade que estava enno castro do louro e a sobre a ponte de louro por que partia da huna parte ao longo con vinna que foy...”72. A ponte segundo se pode aprezar ten varias agregacións ou ampliacións. O cerne orixinal esta formado por tres ollos con arcos de medio punto. Esta parte correspondería á segunda metade do século XII, na que os numerosos signos lapidarios amosarían características semellantes aos da catedral. Unha ampliación realizada seguramente no século XV aportaría un ollo máis, desta vez cun arco apuntado, cara Paramos. Esta ampliación debeu ser orixinada polas variacións de caudal e modificación do curso do río Miño e do Louro, o que obrigaba para salvar os posibles asulagamentos a prolongar a ponte cara o norte. Unha última ampliación, se cadra xa do século XVI, prolongaría a ponte bastantes metros para evitar o corte da calzada polas crecidas do río. Non nos debemos esquecer doutras pontes menores dispostas no territorio tudense como a famosa ponte das Febres en Ribadelouro, a ponte da Madalena -século XIII- en Orbenlle ou a ponte do bispo en Sambade -Pexegueiro- entre outras. Os portos fluviais constituían unha fonte fundamental para as comunicacións a curto e longo percorrido e como sustento e base dunha economía local en expansión. Os portos tudenses desde o período romano resultaban da máxima competitividade, expresada nun tráfego comercial importante e cerne do peso estratéxico da cidade ata a baixa idade media. Os portos fluviais resultaban máis practicos para os antigos navíos, evitaban o seu deterioro e ficaban con maior seguridade perante tempestades. Só será na idade moderna cando o calado do navíos precisará a instalación de infraestruturas portuarias para un maior rendemento da carga do navío e unha optimización do porto, polo que se abandonarán moitos dos antigos portos fluviais como o de Tui, aínda que neste caso as 68

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 40 e 40v. 10 de maio de 1434. Grazas as pesquisas arqueolóxicas realizadas polo equipo de Anta de Moura. 70 O couto de Paramos comezaba nesta ponte, a parroquia de Guillarei ampliará a súa superficie a costa de Paramos xa máis tardíamente. 71 A.C.T. Protocolo Luis Vieira. Fol. 4. 4 de agosto de 1466. 72 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 56. 25 de febrero de 1435. 69

causas sexan máis complexas e fomentadas desde unha ubicación conflictiva como era a mesma fronteira. Tui contaba con varios portos, a maioría coa súa ermida ou igrexa. O máis afastado, o de San Martiño, na foz do río do mesmo nome e que tiña perto a ermida de San Martiño: “...derom et outorgarom a foro a Joham Fernandes ourives morador em Tuy et a sua moller Maria Rodrigues ... a hermida de Sam Martino com todas suas pertenças assy casas como vinnas e devesas a montes, a fonte, que pertence ao dito cabido...”73. Tiña o nome xermánico de Savarico, o que podería unha vella vila tardoromana no seu entorno e apropiada por algún xefe suevo no século V ou VI. O chamado porto das barcas non tiña unha ubicación moi precisa, e podía ficar no esteiro da ponte mañoco, isto é xunto a ponte sobre o Tripes, mentres que para desembarcar estaba na ribeira ao pé dos camiños que subían para Santa Baia, nos arredores do esteiro do río Tripes. “...seendo oie este dia o terçeyro cabido para sse rematar arrenda da barqua do porto a tuy Et metida a dta barqua em pregom enno dto cabidoo segundo segundo que ham de costume por quanto Lourenço esteves carpenteyro vesinho de tuy poiou a dta rrenda enna mayor monta em quinentos et quinse mor de brancas...”74. “... o dito ioham lourenço diso aos sennores do cabido que selles prouvese delle aforarem o dito porto da pasajem por vynte annos, que o reçebia e lles prometeu por el trezentos e çinquoenta maravedis de moeda vella cada anno...”75. “... Item mandarom logo a johan esteves canonigo que despoys vero que demandase a estevo damorim en rasom da barqa e renda dela...”76. Como se comproba, apropiedade dos portos tudenses correspondía ao Bispo e Cabido polo privilexio de Tareixa de Portugal en 1124 ratificado polos monarcas sucesivos. Arrendábase varias partes, nesta en concreto ficaba o propio porto da barca máis a barca de pasaxe a Valença, isto complementaba un servizo público, xa que os tudenses ficaban exentos de pagar o paso na barca, nun acordo non escrito entre bispo, cabido e concello e no que este último non percibía as tallas e moedas, o imposto correspondente pola actividade profesional a cambio do interese xeral dos tudenses. Outro porto ficaba perto deste das barcas, o de Lavacuncas cun caracter máis comercial. Debía ficar xunto do esteiro do Tripes, e polo sentido do nome debía ter case en exclusiva a carga e descarga de viños tal e como nolo indica o preito entre o cabido e o baixel Santa María de Baiona en 1370: “... Et o dto stevo rodrigues veesse com o dto Baixel carregado de binhos aquí ao porto a lavacuncas de cerca a dta çidade de Tuy et lançasse y ancora et descargasse y et estevesse y aynda agora...”77. O preito comezara porque o capitán da Santa María, Estevo Rodrigues, pagará polo concepto de ancoraxe nove libras á Torre Vella, aínda que ficaba outro tanto por pagar ao cabido, segundo o costume que había. O caso remataría coa condena do Santa María a pagar tamén a parte que lle correspondía ao cabido pola ancoraxe, isto é, calquera navío que trouxera áncora de ferro, nunha idea, quizais imprecisa, de comprobar o calado e capacidade do barco a través do peso e consistencia da súa áncora. Queda totalmente clara a ubicación do porto de Lavacuncas pola documentación medieval: “... o lugar que esta aaporta dos fferreiros que rende ao lume do corçoffiço da iglesia de Tuy co sua vina et herdade assi como sse parte de hum lado da herdade 73

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 5. A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 35. 23 de xuño de 1376. 75 A.C.T. Protocolos lib. XIII. Fol. 16. 18 de xaneiro de 1460. 76 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 164. 12 de xullo de 1425. 77 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 13. 26 de xuño de 1370. 74

que tem enno camiño que vem para ontre a dta vinha et aoutra vinna que o dto Nicolao orvallo ffes em lavacuncas et em çima sal ao camino publico que vay para valença...”78, e que Ferreira Priegue tamén sinala a ubicación neste lugar xunto do actual Penedo e non como se viña supoñendo erroneamente no actual embarcadeiro de San Domingos. O porto de San Xoán seica representa o principal porto tudense, tanto por antigüidade como por utilización. Calificouse este porto como de cabotaxe, isto é como porto empregado para refuxio e roteiro nas navegacións costeiras, técnica habitual ata a baixa idade media aínda que tamén tería un uso para as barcas tudenses. O porto de San Xoán contaba coa igrexa parroquial homónima, e na que o seu emprego e utilización como santuario “mariñeiro” fica intuido polo culto a San Treeçom e incluso ao Santo Cristo das Augas. O porto de San Xoán debeu decaer no seu emprego a partir do século XV xa que non atopamos referencias documentais sobre o seu uso. A mellor mención ao porto é a que consta na escritura de venta do agro e terreos para a construcción do convento e igrexa de San Domingos o 6 de abril de 1328: “...o qual agro e jascenza, assi como jas murado da una parte descontra o camiño de San Bartholameu que dalló para o dito Porto de San Johane... o agro da herdade e a viña que eu ey no logar que chaman de San Johane do Porto de Tuy assi como jas murado da una parte de contra o camiño de Sam Bartholameu que ven da la para o dito porto e da outra como parte por muro con o cimiterio da Yglesia de Sam Johane...”79. Con estos datos sabemos que existía un camiño público que topaba coa igrexa e o cemiterio de San Xoán para baixar cara a ribeira en liña recta xunto de leiras e cortiñas. Este camiño e acceso modificaríase xa no século XIX para crear o actual embarcadeiro de San Domingos nun lugar afastado do orixinal. O porto de San Xoán recibía as augas do Louro na súa fusión co Miño o que posibilitaba unha canle profunda, apta para navios medievais de gran capacidade como eran as cocas e naos. A este porto recalarían as naves que viñan do cantábrico -vascos e gascones- de Bretaña, Flandes ou Inglaterra, e na que algún exemplo de falecido desas nacionalidades aínda ficou rexistrado en Tui80. Estos eran os principais portos tudenses81 pero dos mesmos pouco máis sabemos. Algo tan importante como a infraestrutura dos portos resulta totalmente escuro. No referente ao porto das barcas unha pasarela ou peirao que facilitase a carga e descarga do gando que intensamente pasaba o Miño para Portugal desde toda a rexión tudense era necesario, mentres que en lavacuncas unha plataforma para a carga e descarga tamén debía resultar algo preciso. No porto de San Xoán, segundo o deseño de pier María Baldi en 1669, era posible a presenza dun embarcadoiro ou escada que facilitase o acceso no desnivel existente na ribeira. De tódolos xeitos infraestruturas sólidas e resistentes non debían existir, xa que tampouco para o resto de Galicia se rexistran nos 78

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 12. 21 de xaneiro de 1370. Pardo Villar, A; “El convento de Santo Domingo de Tuy”. Boletin de la Comisión de monumentos de Orense. 1938-1941. Documento nº 4. 80 Principalmente os casos de John Weston a fins do século XV e de Domingo Bonome de Urrugne/Urruña en 1271. O tráfego con Flandes tamén está documentado polas relacións comerciais. 81 O de San Bartolome, xunto da ponte da Veiga témolo que poñer en dúbida malia dos comentarios de Joaquín Fernández de la Granja xa que atopamos no arquivo municipal, “Algunos Señores han hecho presente los robos que se cometen en las Parroquias limitrofes por la nueba Barca havilitada de la Vega del oro efecto de la facilidad que esta havilitacion proporciona a las Gavillas, y unanimemente se llamó la atención del Sr. Presidente como encargado de Proteccion y seguridad publica sobre la necesidad de adoptar medidas que pongan a cubierto la propiedad y seguridad publica ...”, e debido a ausencia de información medieval sobre a súa existencia poñémolo en entredito. 79

seus portos peiraos e outras instalacións, síntoma tamén de certa precariedade. En Tui non sería descartable a pervivencia dun peirao de orixe romana que fora desaparecendo cos cambios do río e a súa falta de mantemento. Sabemos que nas cortes de Jerez de 1268, na aplicación dos décimos da mar, regularíase a carga e descarga de mercadorías a escala xeral para o reino corresponderían en Galicia a súa apertura ao tráfego exterior os de Ribadeo, Viveiro, Betanzos, A Coruña, Santa Marta de Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Baiona, A Guarda e Tui. Os décimos da mar era o tributo polo que se percibía os dereitos de entrada e saída, coa súa organización estable, considerandose porto aqueles “logares donde se an a ayuntar las mercaderias”, levándose a cabo as actividades con carácter oficial, isto é “fazer porto”. Que Tui fose porto indica a importancia das súas instalacións e a embergadura do seu comercio.82 Para fins do século XIV Tui desaparecerá como “porto” propiamente dito, isto é á categoría daquel onde de xuntan as mercadorías e se fai tráfego co exterior, pero xunto con Salvaterra do Miño, se incluirán tamén como puntos de percepción dos décimos da mar83. Algo que Ferreira Priegue non ten en conta, é que para este período Tui converterase nun lugar inestable políticamente; os conflictos bélicos co veciño Portugal, que manterán durante décadas unha grande inseguridade, provocarán sen dúbida a caída no valor dos portos tudenses como centros comerciais e do tráfego internacional. Só a súa ubicación como fronteira favorecerá o mantemento das estruturas tributarias do reino co fin de fiscalizar o paso de mercadorías na rexión galaico-miñota. O uso do porto tudense seguiría activo no século XV malia os problemas fronteirizos e iso ficaría confirmado coas referencias documentais a estranxeiros e a mercadorías foráneas. Curiosamente Tui será o único porto galego en conservar a relación dos seus aranceis. Dentro das comunicacións, era vital o paso do río cara Valença. Esta comunicación facíase a través das barcas e como xa temos visto con porto propio. O dereito das barcas ou o seu privilexio sería concedido por Tareixa de Portugal en 1124: “...fágovos couto sobre o río Miño desde a vila de Lazoiro ata a foz do mesmo Miño, así que ninguén se atreva pescar no río sen mandato voso e ninguén teña no porto de Tui nave conductiva senón vos...”. Este dereito sería confirmado en 1142 polo rei Afonso VII: “...douvos o portádego do porto da cidade e vos fago couto no río desde a foz do miño ata a vila de Lazoiro, que ninguén nel empeñe sen o voso mordomo... e ninguén teña nave conductiva no porto fora de vos”.84 A barca de pasaxe era un fundamental vehículo da economía tudense e incluso rexional. A ausencia de ponte sobre o río Miño 85 obrigaba a cruzalo río a través de barcas. Estas tiñan unha gran amplitude e quizais correspondese á tipoloxía que sinala Ferreira Priegue sobre as barcas, con fondo plano, que incluso eran empregadas para transporte oceánico. A orixe destas barcas e a súa estrutura son claramente nórdicas, lembranza das numerosas aparición dos normandos polas costas galegas.

82

Ferreira Priegue, E; Galicia en el comercio marítimo medieval. Pedro Barrie de la Maza, 1988. pax. 378 e 380. A Guarda debeu ser un porto moi relacionado con Tui, en previsión de non poder remontar o río ou outras continxencias semellantes, dese xeito comprenderíase que tamén desaparecera logo da categoría de portos. 83 Idem. Pax. 382. 84 Galindo Romeo, P; op. cit. 1925. pax. 35-37. 85 Se cadra os romanos desbotaron a súa construcción por considerar máis importante o tráfego portuario.

O control da barca de pasaxe polo bispo e cabido obrigaban a unha atención para unha servizo que ía máis aló do puramente comercial ou arrendaticio. Coa barca pasaban os tudenses ao outro lado de xeito gratuito o que fornecía os vencellos e as particularidades da rexión. O bispo e cabido arrendaba a barca ao mellor postor por unha cantidade anual e por un período de dez anos. O tenceiro da barca, non tiña porque ser directamente o barqueiro, xa que comprobamos como en moitas ocasións o arrendado ten outro oficio, polo que semella lóxico pensar nun negocio completo, no que o bispo e cabido evaluaban nunha cantidade fixa o custe da barca e o tenceiro pagaba logo os servizos dun barqueiro, ademais de facerse cargo do mantemento da barca e do propio porto: “... durantes estes dez annos queo dto Lourenço esteves refaça et adube esta barqua que quea reçebe co cabidoo et acabados os dtos dez annos que leixe barqua enno dto porto que dure et prova en el çinquo annos...”86. Isto último pode levar a confusións, aínda que na documentación do século XIV, os arrendamentos máis antigos e polo tanto máis próximos a unha realidade non alterada por conflictos bélicos nin bispos gobernantes, semella ficar claro que o que se arrenda é a barca de pasaxe e o porto onde ficaba a barca -isto é o chamado porto de Santa Baia ou do esteiro da ponte mañoco, etc-, cos dereitos que este porto e barca tiñan de por sí pero ningún máis. Para Ferreira Priegue a confusión de térmos no arrendamento da barca que refire a dúas rentas separadas que seguramente fagan referencia aos documentos de arrendamento de 1483 e 1493. Estos arrendamentos xa tardíos e en plena decadencia dos portos tudenses, arrendan a barca e porto da mesma con todos os dereitos que tivesen, portádego e ancoraxe, sen que se refira aos conceptos impositivos xerais, non indicarían unha administración fiscal pouco desenvolvida ao dicir de Ferreira Priegue xa que a cantidade en que se arrenda a barca e porto é ridícula, só posible para o concepto de pasaxe e non para a fiscalidade de todo o portádego e décima tudense que estaba baixo a responsabilidade do Concello tal e como aparece en documentación contemporánea. O arrendamento da barca e porto da mesma en 1376 establecese con claridade esta cuestión: “... Et arrendarom lle a dta barqua com todas aquelas rendas et pes et dereitos que aa dta barqua pertençe segundo que a ouverom os outros barqueiros quea ata aquí teverom....”87, isto é, todo o referente á barca e ao seu porto. Do ano 1357 temos o conflicto xurdido entre o barqueiro e o colector das moedas, o notario Afonso Anns, xa que o barqueiro era considerado como oficial, ou no mesmo senso, empregado do bispo e cabido, e como tal ficaba exento da taxa e imposto das moedas, que eran aplicadas a canta actividade profesional se exercese en Tui. A sentenza outorgada nese ano serviría para os barqueiros sucesivos e incluso como advertencia e autorización ao barqueiro en canto o Concello pretendese gravalo con algún imposto os veciños e moradores de Tui pagarían o prezo habitual por utilizar a barca. Para fins do século XV o arrendamento seguía na mesma liña: “... a sua barca do porto da çibdad de tuy con todo ho a ela pertencente e con ho dineiro que o dicto cabido ai ten da portajem e mordomadego e ancoraje que o dito cabido perteçe e segundo que aa dita barca sempre trouxo e mais se mais for achando que aa dicta barca e porto perteeçer en nome do dito cabido sacando que sese o dicto porto faser de 86 87

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 35. 23 de xullo de 1376 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 35. 23 de xullo de 1376.

pescaria de saveles outro qual quer pescado que esto non vaa enno dito arendamento...”88, coa precisión que era aquilo que pertencese ao cabido. A excepción feita nos arrendamentos é a que se facía en caso de guerra: “... Et aconteçendo guerra de rey arrey que deus nom quera que o dto lourenço esteves entregue adta barqua no cabidoo aquí aa coyraça...”89, non pagando a renda no tempo que durar a contenda bélica. O prezo da renda variou apenas ao longo de cen anos, xa que as variacións que se poden observar son devidas a unha devaluación evidente da moeda. Para 1376 o prezo acadado chegaba aos 515 maravedís de brancas. En 1460 pasaban a ser 350 maravedís de moeda vella90. En 1483 a cantidade chegaba a 1100 maravedís vellos, pero que cada un deles facía tres dos anteriores, isto é 366 maravedís dos de 1460. En 1493 ficaría a cantidade en 1.000 maravedís91. Por último, pasar o río ás veces era difícil e estaba moi condicionado a quen tiña o poder nas ribeiras. Sería o caso do viaxeiro alemán Roszmithal, en 1466, na que nos describe Tui e os seus camiños “a la orilla opuesta -narra su acompañante- está situada una ciudad con su castillo, que se llama Tuy, y pertenece a unos caballeros a los cuales tienen que pedir salvoconducto los que desean visitar el sepulcro de Santiago. Al salir de Valença hay que atravesar un Monte [en nota: ''Monte de Hoya''?] muy alto y pedregoso, por donde no pueden ir los caballos y aun para los peones apenas es transitable; los caballos tuvieron que hacer un rodeo de dos millas de tan mal camino que no podia ser peor”92. O viaxeiro está a falar de cando Tui estaba en poder de Álvaro Paes de Soutomaior, e cousa interesante é o control que exercía no paso do Miño, probablemente como medida de ingreso económico -a petición dun salvoconducto- e de dominio político sobre a rexión. A Agricultura Os cultivos nos arredores da cidade tudense baseábanse prioritariamente nas vides, cuxo producto, o viño, era unha devezada mercadoría, principal elo do comercio tudense. Aínda que a vide semella un monocultivo nos arredores de Tui debemos pensar no abastecemento do mercado da cidade como producto alimentar básico da poboación. En 1179, ano do privilexio de Fernando II ao bispo Beltrán no que se lle concede aplicar un imposto sobre a venda de grans no mercado da cidade, nel enuméranos algúns cereais dos que alí se vendían: “…unha culler de cada buceo que sexa vendido na praza tudense tanto de trigo como de cebada como de trigo candeal como millo coma calquer outro grao…”. Un dos espazos caracterizadores do medio agrícola tudense son as “cortiñas”, pequenos terreos ou hortas que ficaban ben abonados o que permitía unha gran variedade de productos horto-fructícolas, entre os que tamén cabía a vide. Como exemplo do cultivado en Tui temos a referencia dun documento de 1463, no que se solicita ao cabido modificar o cultivado, viña, pois as xeadas estaban danando 88

A.C.T. Prot. Lib. 25. fol. 142. 21 de abril de 1483. A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 35. 23 de xullo de 1376. 90 A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 16. 18 de xaneiro de 1460. 91 Iglesias Almeida, E; Los antiguos portos de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal. 1984. Doc. Nº 3. 92 Ferreira Priegue, E; ''los caminos medievales de Galicia''. Boletin Avriense, Anexo 9, Museo Arqueloxico Provincial, Ourense, 1988. 89

as colleitas, polo que se pedía “por merçed quelles desem consentimento para que a lavrasem de pan e linnos e myllo e nabal”93. Importante para a producción agrícola e o seu rendemento estaban as leguminosas, que grazas á fixación do nitróxeno atmosférico permitía a pronta recuperación da terra para labradío coa sistematización da rotación dos cultivos. Entre outras especies vexetais salientaban os pumares, de cuxas mazás elaborábase a sidra, tal como consta pola presenza de lagares e o seu partillamento co viño. A figueira, a oliveira, o castiñeiro, a pereira, o pesegueiro; son árbores habituais na documentación e na toponimia tudense. Estas árbores non só facían parte da paisaxe rural de Tui, senón e tamén da súa paisaxe urbana. Dentro da cidade, e non só como resultado da presenza de espazos verdes dentro do seu entramado urbano, senón e tamén como aproveitamento agrícola de vellas construccións, desfeitas como resultado das continuas guerras e despoboamentos da cidade, aparecerán retrincos de verde vexetación para compensar a dieta e o bolso. No interior da cidade será ata normal ver aparecer laranxeiras, figueiras ou maceiras, ademáis de se cultivar o seu solo con variados productos hortícolas. Pero arredándonos de todo isto, temos que facer constar a abafante presenza da vide no rural tudense. As videiras extendíanse desde os arrabaldes de Santa Baia, Riomuíños, San Xiao, Corredoira, San Domingos e San Bertolameu como se dun monocultivo se tratase, só máis aló deste perímetro suburbano podíanse albiscar devesas, pumares e carballeiras acompañando a outros cultivos. As vides estaban presentes na propia cidade cando en 1170 Fernando II amplía ao perímetro habitacional cara o río. Os terreos mercados polo rei eran vides do bispo e cabido e dun tal mestre Raimundo. Entre as numerosas mencións documentais podemos ofrecer algúns exemplos: “…a vinna de Frei Anjo que esta çerqua desta çibdat junto con a ponte de Manoco segunda toda esta çircundada e valada sobresi”94. “Herdade e vinna de Borneta, cerca da Hermida de Santa Vaya”. “Foro do lagar e vinna en Sta. Vaya, segundo parte de hun cabo con a vynna do pineiro que foy de Vasco d’Amyl coengo…e do outro cabo con a congostra que vay para Cota de Gayo, e entesta enno baçelo.”95 “…huna herdade que estava enno lugar da valinna que parte de huna parte con chousso de vinna que foi …”96. En canto as variedades das vides a documentación reflicte varios tipos: “e esta vinna he queynna et parte con vinna…”, “hua heredad que parte con vinna verdella que era de Marinno Gomes…”, “e dessen a quarto do vinno das vinnas queinnas e octavo do vinno das vinnas pardellas”97. Sobre o viño o señorío eclesiástico tiña unha imposición que recaudaba a través de rendeiros coa chamada “renda do viño”: “renta do vinno que esta en 5000 maravedis e 5 buseos de trigo, don Rodrigo de Orduna (dá) 6500 maravedis vellos e buseos de 93

A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 102. 4 marzo de 1463. A.C.T. Prot. Lib. XXV. Fol. 60. 22 xuño de 1481. 95 Ibidem. fol. 170. 14 xaneiro de 1485. 96 Ibidem. lib. VIII. Fol. 174. 10 xuño de 1426. 97 Iglesias Almeida, Ernesto e Méndez Cruces, Plácido; Evocación Histórica de la ciudad de Tui…, 1990, pax. 79-80. 94

trigo”98. Unha renda elevada para ser nun momento recesivo -vides estragadas polas guerras e recuperación lenta- para a producción e exportación do viño. Como resultado da actividade vitivinícola tudense, na que participaba toda a súa sociedade pola rendabilidade que se acadaba coa súa explotación, estaban os numerosos lagares, e a denominación dunha rúa de Tui como rúa das Adegas. Da relevancia comercial do viño tudense falaremos máis adiante. O Monte Baixo esta denominación mencionaremos non só aos espazos incultos senón e tamén ás formacións vexetais efecto da acción antrópica como son as devesas, carballeiras, soutos, pumares, etc. O rural tudense significábase polas devesas: “foro a Ares d’Avale…a saber a devesa do dito mosteiro de Sam Bertolameu que parte con ha herdade…que he do dito mosteiro e doutra… e con o castanal do dito mosteiro e por lo camynno que soya de yr desta çibdade para a ponte de Louro”99, “…a leira de herdade da Longanra que he do mosteiro de San Bertolameu…e entesta por onde foy o ryo de Louro enna foz do Mynno e outra parte enno montadego, devesa e silveira do dito mosteiro…”100, “terreo que xacia en Soutovellos a cerca da cidade partia con vimareiro do camiño e congostra publica que ia contra o Loureiro, tamén tiña aforado duas pezas de devesa, unha estaba perto da dita viña e outra devesa estaba a cabo do muiño de campo do rio Niminos”101, “…con sua devesa que esta en Ryo de Muynnos…”102, “Foro de herdade en Sta. Vaya, xunto a unha devessa que esta alende da Borneta e parte con caminnos publicos…”103. A devesa era un terreo acoutado, con árbores predominantemente autóctonas (carballos, castiñeiros, …) cuxo cometido principal era o pasto, combinándose co aproveitamento da madeira, pero existindo casos nos que se aproveitaba o solo para chantar viñas. A madeira das devesas, carballeiras e castanais, era racionalizada, pois o seu uso principal era para leña, as viñas ou os canizos: “que non corte a devessa por pes senon sobre toro”104, “San Bertolameu…veer a madeira do dito castanal e mandem cortar a madeira de dous e tres anos arriba e toda a que virem que he de hun anno que a deixem cair enno dito castanal para os rendeiros.”105. Un exemplo do aproveitamento para leña o atopamos no “Libro da Dizimaria”; “Item me deve un moço de Paços de Reis un carro de lena”106. Isto é o que se chama hoxe aproveitamento sostido dos recursos naturais, algo que no pasado era o medio de subsistencia e entraba na lóxica da súa vida, hoxe a lóxica arrédase para obter un suspostos rendementos que son miudizados pola ineludible razón do tempo. O monte, a secas, é un espazo totalmente descoñecido para nos, pois por tal nome dase unha denominación xenérica da que carecemos calquera outro dato.

98

A.C.T. Prot. Lib. XXVII. Fol. 134. 1494?. A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 179. 1464. 100 Ibidem. fol. 94. 23 outubro de 1462. 101 A.C.T. Prot. Lib. Johan Rodrigues. Fol. 24-25. 3 agosto de 1433. 102 A.C.T. Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 4. 4 agosto de 1466. 103 Ibidem. lib. XXV. Fol. 116. 1483. 104 Ibidem. 105 A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 102. 12 febreiro de 1463. 106 Ibidem. lib. XXIX. Fol. 234. 1475. 99

Sánchez Carrera107 nos describe este monte como degradación do antigo espazo boscoso. Acostuma a estar cuberto de xestas e toxos, pero malia deste feito non era un espazo improductivo, senón polo contrario un medio utilizado para pasto, aproveitamento do toxo para cama do gando, materia para a cestería, leña, etc. Pero o monte, debido ao seu carácter xenérico, podía dar cabida a rodeiras de árbores autóctonas misturadas coas toxeiras, incluso nas altitudes máis baixas dar lugar a fragas de propiedade comunal tal e como xa mencionaramos anteriormente para a chamada fraga da Costa de Oia -o que sería hoxe o lugar da capela de San Fins en Rebordáns-, xa que a documentación, toda ela eclesiástica, non menciona ás devanditas fragas, tan arraigadas no imaxinario popular galego, polo que podemos acreditar que en lugares afastados dos cultivos -que non se sinalan nos foros- podíase chegar ás formacións boscosas, extremo asinalado pola testemuña de Fernando Colón, na que nos dí que desde O Porriño ata Tui ha “cinco leguas llanas de robledales y castaños”108, extremo totalmente lóxico pois estamos a falar dun espazo de gándaras (A Louriña), e polo tanto pouco acto tanto para os cultivos como para as xentes. Nas proximidades de Tui tamén existían “selvas” no sentido de florestas ou fragas mestas sen intervención antrópica. Nas Valiñas, xunto do río Muíños, existía unha: “... huna herdade que estava enno dito lugar da Valyna que parte da huna parte con chouso de vina que ende fes o dito thesoureiro et descontra fora con o camyno que vay do lougar para a barqa de Valença et entesta em çima enno lugar et vinna que trage domingo de santa maria que he do dito lugar da valina et em baixo enna silvaan et que ontre a silvaan et a dita herdade que seja et aja entrada para a vinna que fezo domingo de soutelo sarraleyro et em çima que aja camino de carro et de besta para o dito chouso do dito thesoureiro.....”109. Perto de San Xoán de Porto existía outro, esta sinalado no contrato de compraventa do agro para facer o convento de San Domingos en 1328: “...e como outrosi parte pello vallado e silvar que esta entre o dito agro e a viña de San Johane...”110. Como se comproba por estas dúas referencias, o “silvan”, correspondía a espazos inaccesibles e improductivo, marcado por un forte desnivel pero que non ficaban como baleiros, senón como “reservas naturais” nas cercanías da cidade. A Gandeiría Asinalamos anteriormente como o monte era aproveitado como pacigos ou pastos para o gando. A actividade gandeira tivo que ser productiva nunha comarca como a tudense con espazos montañosos e devesas nas proximidades da cidade como para ser un producto de exportación. Os animais máis comúns nas trasaccións comerciais eran os bois, os becerros, as vacas, as ovellas, carneiros e cabritos; os porcos, galiñas e capóns; os poldros e eguas; etc. Aproveitábase todo dos animais, obténdose desde os productos lácteos, a propia forza de tracción animal, os coiros, a lá, as crinas, a carne ou o esterco, este último imprescindible para o bó rendemento agrícola en cortiñas e hortas. 107

Mª del Carmen Sánchez Carrera; El Bajo Miño…, 1997. pax. 74-75. Ibidem. pax. 72. 109 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 72. 10 de xuño de 1426. 110 Pardo Villar, A; “El Convento de Santo Domingo”. Boletin de la comisión de monumentos de Orense. 1938-1941. Apéndice documental. 108

O libro da Dizimaria111 rexistra o pago dos dízimos entre os anos 1473 e 1478, efectuándose a maioría deles en diversos animais, describindo as súas características e incluso o nome da súa nai: “…un beserro que ficou dora dous anos louradino fillo da Loura; “un porco preto de hun ano; “medeo beserro fillo da vermella e medeo beserro fillo da fremossa; “un quarto de hun beserro fillo da Loura e hun porco preto de huna orela fanado; “un anno…; “metade de hun beserro fillo da parda; “porco de hun anno branquisimo; “medeo cabrito…; “e hun porco de hun anno vermello; “e hun quarto de hun beserro fillo da bragada e a metade de hun porco al quedo rabichon; “hun medeo beserro dora hun anno fillo da garida; “hun quarto d ehun beserro fillo da bragada…e a metade de hun porco preto de huna maan calcada; “hun porco de huun anno que tem as maans alvas fanado; “un beserro fillo da moreyra e hun quarto de hun beserro fillo da mocheca e huun anno boon; “a metade de un beserro fillo da morada; “medeo beserro fillo da vaca grande; “hun quarto de hun bacoro dora huun ano; “a meetade de hun poldro dora tres annos pardo”. Os grandes animais, como os bois, pastaban polo monte; “huun boy…que andaba no monte…”112, ou en lugares de pastos específicos; “…o prado do ameal e o prado da ponte de carregal aforados en cada huun anno por dous busios de trigo e huna galina por XX annos… o prado da ponte pedrina e a de dar en cada huun anno a San Miguel quatro çeremyns de millo”. Tamén era abondosa a cabana cabalar, da que se aproveitaba a carne -os poldrosa súa forza de tracción e medio de transporte, o aproveitamento das súas crinas, coiro, etc. Amósase curioso un documento no que andan a pastar as égoas do cóengo Fernán Peres na insua da veiga do Louro -pasaba pola veiga o Miño formando un amplo meandro, a foz do Louro atopábase nas proximidades da Ponte da Veiga- “Anno domini 1475 enno mes de agosto a XXV dias andavan certas minas egoas cinco ou seys enna insoa da veiga de Louro e saindosse para a veiga veen o fillo d’Alvaro Ingres, Nuno e o fillo de Froillan (¿?) neto de Maria Gonçalves con que ora fas morada e despantaron as e correron con ellas ental maneyra que deron con huna dellas en huun tremedal que vay da vina de Joan Mouro…”113. O gando acae moi ben para multitude de conflitos; entre labregos e gandeiros por aproveitar terra de pasto ou de labradío ou o furto ou perda das reses. Deste último caso temos unha contenda desatada pola aparición duns bois entre Porto e Caldelas, a adxudicación destos traería quebradeiros de cabeza ao meiriño de Tui por Pedro Álvares de Soutomaior, Álvaro de Cadaval. Un dos puntos máis interesantes deste caso é o costume de vender os animais en Portugal, exportación que continuaría ata o noso século: “Ante a porta de Sta. Maria da Oliveira o meirino Alvaro de Cadaval. Afonso das Porreiras morador en Coira. Sobre tres bois que apareceron en Porto, e que se levavan a Portugal. Un boy era fusquino e que levava huna bragadurina açequa da prisaleira, e ho outro era hun boy vermello redondo galego ben feito e ho outro era hun boy vermelo delgado que era maior que os outros. Pero da Portella declara que son seus e que os conprara a Fernan Lopes morador a ponte da mestas eno reyno de Portugal.”114 Iranse sucedendo as declaracións sobre o caso; cada parte que reclamase os ditos bois tiña que describilos -manifestando así a súa propiedade sobre os mesmos-. 111

Prot. Lib. Fernan Peres XXV e XXIX. Anos 1473 a 1478. Ibidem. 113 Ibidem. 114 A.C.T. Prot. Lib. XXV. Fol. 239. 30 setembro de 1474. 112

Probablemente este tipo de situacións fosen habituais, mais carecendo das actas capitulares do concello e das actuacións dos seus xustizas non sabemos a incidencia normal destes sucesos. A Pesca O río Miño supuña un ecosistema extraordinariamente rico. Moitas eran as especies collidas nas súas augas, sobre todo as sobranceiras culinariamente. O bispo e cabido tiñan como monopolio o río. O privilexio da raíña Tareixa de Portugal en 1124 acoutaba o río dende a vila de Lazoiro ata a foz do río que ninguén tente pescar nel sen a autorización do voso mordomo. Ante este privilexio confirmado polos reis leones e casteláns posteriores, a igrexa tudense controlaba os portos e pesqueiras da cidade. As pesqueiras era un dos sistemas máis antigos e enxeñosos para capturar a lamprea: “Entonçe aforaron Alvaro Vasques canonigo desde esteyro de ryo de muynnos fasta o camynno que vay de Santa Vaya que topa ennas barroqueiras que posa ende fazer huna pesqueyra para lançar rede de cabaaças ou de caneyro, por tres vozes e pague por Sam Martino en cada hunn anno ao cabido dous maravedis de moeda vella.”115 O aforamento de un tramo da beira do Miño para pescar con outro tipo de artes de pesca tamén era corrente: “…entonçe aforaron Ares Mendez tesoureiro desde o penedo de Sam Joam fasta a relleyra de vynna do parayso que posa en ele pescar e fazer sacada con aljarife ou con outra rede barredeyra a el en huna voz e a duas vozes depos el e pague en cada hun anno ao dito cabido doze maravedis de moeda vella por dia de Sam Martinno e de ao dito cabido o primeiro sollo que cayr e sacar enno dito porto. Testigos os susos ditos e con condiçom que nom posa quitar de lançarem redeiro nem concos e barcos e barca”.116 A advertencia final aclaranos que estes aforamentos só permitían a pesca desde a propria ribeira, ben desde o sistema da pesqueira ou con outros trebellos. A pesca desde barcas, no medio do río debía ser obxecto doutro tipo de foro, descoñecido por nos. O sistema de pesca con “aljarife” obrigaba a participación de varios homes e barcas117, aínda que neste caso en particular as operacións debíanse facer desde a beira. A rede “barredeyra” facía grandes estragos no río, pois non discriminaba o tipo de peixe ou o seu tamaño, o que debía ocasionar cíclicas escasezas de capturas no Miño. O aforamento de pesqueiras por parte de dignidades e beneficiados tudenses debe ser o resultado da rendibilidade económica das devanditas pesqueiras e da calidade do peixe (sollos, salmóns, lampreas,…), pratos devecidos polos señores pola súa esquisiteza culinaria. Por suposto que os cóengos e dignidades non traballarían directamente no río, sendo traballo delegado a varios homes, se cadra pescadores profesionais contratados mediante determinadas condicións, pecunarias ou en capturas. Curiosamente na documentación non aparece referencia algunha aos pescadores, cousa extraña pois a súa actividade era fructífera, e manifestada polos proprios foros. Sabemos polo privilexio do rei Sancho IV en 1287 dos vinte pescadores enviados, a

115

A.C.T. Prot. Lib. Luis Vieira. Fol. 26. 26 marzo de 1467. Ibidem. 117 Sánchez Carrera; El Bajo Miño…, 1997. pax. 63. 116

suxerencia do favorecido polo privilexio que era o mosteiro de Oia, a Carregal e Amorín. A importancia do peixe na dieta alimenticia dos grandes señores está na obrigación do pago dun sollo118 ou un salmón como entrada nos aforamentos das rendas capitulares. Tamén podemos asinalar a pesca do abondoso savel: “aforamento desde o penedo de San Juan ata o rigeiro do esteiro a ribeira para sacar savelles con rrede barredeira, 112 maravedis vellos”.119 Intuimos a presenza dos secadeiros que consistirían en trebellos de vimbio para seca-lo peixe -coñecemos a lamprea seca- ou os aparellos de pesca. Estarían ubicados xunto ao Miño nas proximidades do arrabalde de Freanxo e Bornetas. Estos secadeiros poden asimilarse ás chamadas “rilleiras” empregadas como sinalazadoras ou ubicadoras de tramos do río para o seu aforamento; “Vasco de Marçoo renuncia a tença que tinna do porto de Tuy desde San Juan fasta a rrilleira debaixo da forca”120, “foro de X maravedis por seys anos da rreleira da forca fasta a outra relleira de Sta. Vaia”121. Tamén a presenza do topónimo “As Corvaceiras” pode indicar, tal e como acontece máis significativamente en Pontevedra122, actividade cesteira (banastería) dirixida á pesca. As Corvaceiras partía “con caminno que vai de Tui a Cota de Gaio”, moi próximo ao porto de Santa Baia. O Comercio Coas condicións naturais de Tui, vía fluvial, cruce de camiños Norte-Sur, viños prestixiosos, agricultura autosuficiente, pesca abondosa e de calidade, etc., é lóxico que o comercio fluíse con rapidez. O bispo e o cabido tamén formaban parte do motor económico, xa que arredor deles existía un mercado de clara raíz cultual -viño, panos, aceite, etc.- pero que podía extenderse e de feito o fixo a sectores profanos da sociedade canalizando a través destas vías outros productos comerciais. As barcas que pululaban polo río cando a raíña Urraca chegou coas súas tropas en 1121 amosan a realidade sobre o temperá desenrolo comercial na rexión. A presenza dun mercado (a praza) en 1179123 reflicte que a cidade tudense tiña xa unha vida completamente volcada cara ao comercio, tanto interno como externo. As viñas que estaban polas abas do outeiro tudense en 1170 amosan un producto destinado, ademáis de para o autoconsumo, para a exportación. Tui converterase non só nun porto exportador dos seus propios productos senón que tamén reexportará os productos do interior da rexión como os famosos viños do Ribeiro do Avia cuxa saída máis cómoda era polo Miño e o seu val. Podemos dicir que Tui era o centro dun mercado rexional, sinalado por ser a Sé catedralicia, centro relixioso dun bispado que abranxía as dúas beiras miñotas.

118

O sollo, chamado tamén sollo rei (cast. Esturión, do que se extrae o famoso caviar), é un peixe de grandes dimensións (podía acadar os 300 kg.), adaptado á auga doce e salgada, precisa de ríos profundos, factor que provocaba a súa inexistencia en toda Galiza excepto no Miño no que era abondoso. Coa colmatación do río o sollo debeu desaparecer das súas augas. 119 Prot. Lib. XXIX. Fol. 114. 2 maio 1505. 120 Prot. Lib. XXVII. Fol. 133. 121 Ibidem. fol. 184. 1498. 122 Armas Castro; Pontevedra en los siglos XII a XV, 1992. pax. 117. 123 Imposto sobre os grans que se vendan na praza de Tui outorgado por Fernando II ao bispo D. Beltrán.

No privilexio de Afonso VII en 1142 cando refrenda a concesión ao bispo “...douvos o portádego do porto da cidade e fágovos couto no río desde a foz do Miño ata a vila de Lazoiro, que ninguén nel empeñe sen o voso mordomo e todolos mercaderes coas súas mercadorías vaian seguros e veñan seguros á cidade..” apréciase claramente que a cidade xa se estaba fornecendo dunha intensa actividade comercial. Nos foros concedidos por Fernando II á cidade en 1170 amósanse as trazas dun comercio sólido: a exección do portádego do sal, a exección de impostos sobre as viñas, garantías de seguridade aos mercadores tudenses ou protección das súas naves se naufragan entre a foz do Miño e o porto de Barcela -Carregal- e pago dun cuarto do contido da nave ao rei se naufraga noutro lugar pero con seguridade e protección para volver a Tui co resto. Estes últimas concesións é o recoñecemento da dinámica actividade portuaria de Tui acadada desde os comezos do século XII. Na resolución da contenda de 1211, Afonso VIII asinala o detallo e relego -venda ao por menor e en exclusiva- que posuía o bispo, salientando este dato que o bispo mantiña un lucrativo monopolio económico en Tui. Fernando III o Santo limitará en 1250 a sustancia deste monopolio económico motivo polo que protestaba o concello tudense. Deixará o rei que o bispo venda o viño en exclusiva desde San Xoán a quince días, pero de achegarse barcas a Tui os veciños podían vender os seus viños aos estranxeiros. O detallo ficaba circunscripto aos oito días da feira de Pascoa e outros oito días da feira de Santa Maria de Agosto, o detallo só podería ser de panos. Fernando III rehabilitaría os vellos foros do seu avó, confirmando o carácter comercial de Tui. A existencia de dous feiras anuais (Pascoa e Santa María de Agosto) asinalan o forte pulo comercial de Tui. Se para o mercado diario tíñamos sen dúbida a praza do Concello a que disporía de lugares axeitados para a venda da mercaduría -soportais ou alpendres- para as Feiras resulta máis difícil sinalar un lugar -non precisado na documentación- mais polas características destas feiras -gran tamaño e polo tanto necesidade de espazo amplo- é posible intuir a súa ubicación no arrabaldo da Corredoira, extramuros da cidade. A Corredoira se significou como un lugar de celebración de mercados e feiras tal e como no-lo amosa a documentación dos séculos XVII e XVIII, polo que non sería alleo este espazo para a instalación das feiras anuais. Outro dato interesante para asinalar é o nome chamativo dado a unha das portas e torres da muralla, a das Trabancas, que dan precisamente cara a Corredoira. O nome de Trabancas -que xa aparece en Pontevedra para designar rúa e porta- semella indicar os trebellos ou armazóns dos tenderetes de venda de mercadurías. Tui non contaba cunha flota comercial propia -polo menos no século XV- como as vilas mariñeiras máis importantes de Galicia. O motivo debeu estar no monopolio comercial dos bispos tudenses e sobre todo pola condición “internacional” do Miño polo que non o facía moi apto para manter unha flota permanente ante a ameaza de guerra fronteiriza e a súa inseguridade. Pero malia esto último, os mercaderes tudenses exportaban e importaban productos ao abeiro dos privilexios que os seguraban nas súas vidas e mercadurías. Un dos mercadores máis importantes do século XIV en Tui sería Nicolao Eans. Esta personaxe tiña o alcume de Nicolao do Viño, o que asume o seu principal obxeto de comercio. O vemos en moitos documentos tudenses: “... Nicolao eans do vino

mercador de Tuy e asua moller johana vaasques ...aqel agro do estreyro...ora ya o dto nicolao eans tynna chantado de vina...”124, e en moitas delimitacións de leiras e cortiñas ademais dalgunhas casas na cidade -principalmente na Zapataria e na Pedraria-. Morrería arredor de 1356125, e no leito de morte doaría ao crucifixo da Catedral, para o seu lume, a casa que tiña na rúa da Zapataria, que a tiña aforado por 10 libras de renda anual. Un interesante caso dun mercador tudense sería o de Gonçalvo fillo de Gonçalvo Martin xuíz que fora da cidade nas derradeiras décadas do século XIV. Esta familia tiña aforada do cabido o lugar de Bongoi, que deixara en 1264 o arcediago Fernán Eans. As destruccións das guerras de fins do século XIV obrigaban a reparar constantemente o lugar, e Gonçalvo como fillo segundón que tiña tal arrendamento, coa morte do seu pai, seguramente en 1389, deixaba o dito lugar ao cabido e expoñía os motivos: “... Gonçalvo fillo de Gonçalo martim juis que foy da çidade de Tuy disso que el seendo odito seu padre vivo aforara do dito Cabido por mandado do dito seu padre o lugar de Santa Maria de Bonjoy que ante ante tragia aforado Vaasco Martim notario seu yrmaao aqual lle aforara aapartida quesse daqui partiram os chamorros et que o dito lugar ficara defruytado et dapnificado et que el em vida do dito seu padre começara arreparar o dito lugar Et que ora o dito seu padre era finado et que el era moço et entendia de husar de mercadaria et andar por outras partes et nom podia rreparar o dito lugar segundo a ese lugar pertesçia et por esta rasom que demetia o dito lugar de bonjoy...”126. Resulta interesante a explicación e como polo oficio de mercador lle obrigaba a ir a outros lugares. É este o único documento no que se pon en claro que os mercadores tudenses usaban do seu oficio a longa e media distancia, e non simplemente como sinónimos de tendeiros. Ferreira Priegue aporta un preito establecido entre un mercador tudense e o seu transportista en Barcelona. O mercador tudense Afonso Eans e o patrón de Porto Viçente Domingues, en 1394 procurarían a arbitraxe de dous mercadores de Barcelona para resolver o seu conflicto. A razón do desacordo entre o de Porto e o de Tui radicaba no pago dos fletes. A fórmula dos árbitros Bertomeu Mir e Gabriel de Basterres determinaba que “...tanquam in arbitros et occasione diversarum tonelladarum quas dictus Vicentius onerare...tenebatur cum dicto Alfonso in dicta navi in Pontuvedre...” e ampliando a súas facultades “etiam super omnibus excepcionibus et deffensionibus quas pars contra parte facere posset”, facéndose isto perante o notario Bernat Nadal e figurando como testemuña o Consul dos casteláns en Barcelona 127. Sendo este un exemplo de arbitraxe nun porto lonxano e no que comprobamos como o mercador tudense tiña unha gran capacidade económica como para asumir os riscos dun transporte a longa distancia en solitario. En 1461 tamén comprobamos como algún mercador tudense, en alianza con outros da rexión -Pontevedra, Baiona- e incluso de Barcelona, cargaban 249 botas de viño de Murviedro nunha nao do pontevedrés Johan Crú para a súa distribución en todo o litoral occidental galego.128 O comercio do viño era vital na economía da rexión pero compróbase que non só con carácter exportador senón que tamén importador, con viños da rexión de Lisboa ou os mentados viños cataláns e valencianos. Tal e como advirte Ferreira Priegue, o suceso de 1370, na que o baixel chamado Santa María de Baiona cargado de viño, só 124

A.C.T. Protocolos Gonçalvo Eans. Fol. 62. 25 de xaneiro de 1342. A.C.T. Protocolos Fernan Peres. Fol. 45. 25 de outubro de 1356. 126 A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 77. 18 de outubro de 1390. 127 Ferreira Priegue, E; Galicia en el comercio..... 1988. pax. 367. 128 Ferreira Priegue, E; Galicia en el comercio.... 1988. pax. 181. 125

paga a metade do dereito de ancoraxe, a procedencia do viño resulta ignota, non correspondendo pola época a viño da rexión -26 de xullo- e puidendo corresponder aos do Mediterráneo, principalmente cataláns e valencianos. O porto de descarga dos viños era o de Lavacuncas, tal e como sinala o preito de 1370: ... veesse com o dto Baixel carregado de binhos aquí ao porto a lavacuncas de cerca a dta çidade de Tuy et lançasse y ancora et descargasse y et estevesse.129 Os panos eran outro producto moi popular para a súa exportación-importación na idade media. Os panos de Flandes eran os de mellor calidade, segundo a cidade, e logo podían proceder de Aragón, de Castela ou de Inglaterra. O bispo e cabido, como xa dixemos, eran importantes demandantes destas pezas, xa que eran moi empregadas na litúrxia e nos ornamentos eclesiásticos. Incluso o bispo mantiña en ocasión dos privilexios reais un monopolio sobre a venta ao por menor de panos o que significaba un lucrativo negocio. O tipo de pano máis popular era a “valençina”, un tecido feito en Valenciennes, de calidade media e moi utilizado como producto de transacción. No testamento de Xoán Mouro en 1385, este establece a obriga de comprar este pano para facer un pelote, isto é un abrigo groso: “... Item mando aa dta minna moller que merque seys aldas de balançinia de biaus dos meus bees movylles e dos seus para hun pelote....”130. Na liña do Miño Valença era o principal centro comercial de panos con Galicia e Castela, e neste senso en 1444 presentarán os habitantes da vila unha información nas cortes de Évora na que nesa altura “os mercadores galegos e castelhanos que ali costumavam trazer ferro, aço, panos, etc., deixavam de vir, mercê das violências de que eram alvo por parte das autoridades fiscais portuguesas, seguindo-se daí grave quebra no comércio local e no rendimento das sisas. Pediam, por isso, os procuradores de Valença faculdade para proteger os mercadores que ali chegassem por via fluvial ou terrestre, com todas as suas mercadorias, navios e bestas...”131, o que indicaría tamén un importante tráfego a Tui. O comercio co norte de Portugal, principalmente a área de influencia tudense a través do seu bispado ata o río Lima, reflicte tamén a intensa vida comercial de Tui tal e como nolo sinala Jose Marques nun documento de 1457: “...o corregedor Gonçalo Afonso, fizera de que nenhum navio português carregasse no rio Minho, com destino à Flandres e Aragão, mercadorias procedentes de toda a ribeira do Minho, e para o efeito concentradas em Valença e em Tui”.132 Malia o privilexio de Juan II de Castela outorgando aos portos reguengos da Coruña e Baiona ser os únicos de Galicia que puidesen realizar intercambios co extranxeiro133 o porto tudense manterá a súa actividade, sobre todo gracias o pulo que a mesma fronteira mantiña. As vila e pobos do norte de Portugal e as vilas e cidades galegas solicitarían dos reis portugueses a confirmacións dos antigos privilexios de veciñanza, xa que as queixas pola violencia que os axentes reais e as autoridades locais contra os mercadores galegos afastaban e diminuían os intercambios comerciais constantemente, en detrimento da 129

A.C.T. Protocolos Nuno Gonçalves. Fol. 13. A.C.T. Pergamiños. 11/17. 5 de outubro de 1385. 131 Marques, Jose; “Relações económicas do norte de Portugal com o reino de Castela, no século XV”. Brácara Augusta, 1978. pax. 32. 132 Marques, Jose; “Relações económicas do norte de Portugal com o reino de Castela, no século XV”. Brácara Augusta, 1978. pax. 18. 133 Sánchez Carrera, Mª del Carmen; El Bajo Miño en el siglo XV…, 1997. pax. 248. 130

prosperidade da rexión. É nesta liña que Afonso V na súa estadía no norte do país confirmará estes privilexios, non só para os habitantes das súas terras senón e tamén para os galegos, como os tudenses, que precisaban e se veían prexudicados polos contínuos abusos na fronteira e nas feiras minhotas. Aínda que neste senso, unha das vías comerciais máis fructíferas era a do contrabando, e este intentaba ser resolto polo guardas fiscais. Afonso V en 1455 intentaba deter este problema que afectaba aos ingresos fiscais no seu reino e para iso ordenaría ao Marqués de Valença e Conde de Ourém de por “guardas das coisas defesas que passam deste reino para Castela, nos portos da vila de Valença, contra a defesa del-rei”134. As queixas dos valencianos en 1462 evidenciaban que existía un libre comercio en pan, viño, carnes e pescados, bois e bestas, etc, dentro da base dun comercio tradicional e de orixe antiga. O rei, confirmaría os antigos costumes incluindo orde aos guardas dos portos para que non interferisen na veciñanza. Como indica Jose Marques a eficacia do privilexio tamén debía incluir aos moradores da cidade de Tui e o seu termo, “com os quais as gentes de Valença mantinham contactos mais estreitos, sendo uns e outros atinxidos pela pressão fiscalizadora das autoridades portuguesas”135. Deste xeito o 2 de xullo de 1462 os tudenses tamén verían confirmado o privilexio d eveciñanza con Valença. Pero a fronteira era tamén, ademáis de fructífera escala mercantil, un lugar conflictivo polos complexos gravámenes fiscais. Un exemplo de este tipo de incidentes o temos no ano 1494, comprobándose que o contrabando a partires do reinado dos Reis Católicos vai estar máis vixiado, principalmente na activa fronteira miñota: “Morgued Juan provisor vendio Afonso Fernandes çiertas bestyas que foran tomadas alos portugueses por quarenta reas los quales portugueses estavam presos por que las passavan a Portugal contra la defessa de sus altezas, los quales quarenta reales luego pagou en dos doblas de oro e por la demasia pusso huna çita de plata e se obligo el dicho Afonso Fernandes que ellos non la furtaran e se se fallase el contra reo que el las queria pagar e estar a todo lo que mandase el provysor.”136 Unha disposición do bispo Pedro Beltrán do ano 1504 intentaba dinamizar o comercio tudense: “Eso mesmo mando sua señoria que non se varease paño de castilla por los forasteros senon por los de la çibdad senon por o corpo santo e por sanbertolameu e ferias e mercados dous dias antes e dous despois de cada huna destas festas e asi mandou sua señoria que senpre goase, e que dos paños finos que venieren de sobre mar que se podan verear trinta e tres dias ora veñan de bayona o de redondella o da guarda o de pontevedra o de vygo o vengan del mar o destos lugares como quera que venieren de sobre mar quer sean forasteros quer de la tierra las tales personas e que sobre esto se guarde lo que esta asentado por el señor obispo e conçejo que paso por juan vasques”.137 Como noutros coutos vilas e cidades, Tui contaba cun peso ou medida propios. Coñecemos algunha modificación sufrida por este peso da cidade probablemente dentro do período de reconstrucción da cidade realizado polo bispo Diego de Muros: “Por tres buzeos de pan medido por la medida de don Diego de Muros medeo çenteo e medeo myllo.”138 134

Marques, J; “Relações económicas do norte de Portugal...”. Bracara Augusta. 1978. pax. 8. Idem. Pax. 9. 136 A.C.T. Prot. Lib. XXVII. Fol. 83. 26 maio de 1494. 137 A.C.T. Prot. Lib. XXIX. Fol. 91. 12 abril de 1504. 138 A.C.T. Prot. Lib. XXIX. Fol. 43. 12 setembro de 1502. 135

A navegabilidade do Miño permitíu un intenso tráfego comercial. Aínda que hoxe a acumulación de sedimentos no río non permite o calado suficiente para a navegación pesada, na antigüidade e Idade Media isto non foi así. Se cadra a erosión do interior do país pola tala indiscriminada dos bosques no século XVI provocaría a sedimentación e a perda progresiva de profundidade no Miño. Lembremos que foron varias as flotas que se achegaron ata Tui, como as galeras de Fernando de Portugal en 1369, ou sobre todo a flota de trinta navíos do biscaíño Ladrón de Guevara, flota que en 1476 non puido atacar Pontevedra por falta de calado do seu porto pero si curiosamente o puido facer contra Tui. O condicionante da fronteira (guerras, tensións políticas, etc.) trabaría o maior e mellor desenvolvemento do porto de Tui, prexudicando o desenrolo da propria Galiza ao non permitir que a súa mellor e máis direita vía de comunicación co interior funcionase como o auténtico motor económico da rexión. Ademais dos mercadores tudenses, moi numerosos nas diferentes relacións e documentos dos séculos XIV e XV, tamén notamos a aparición de mercadores e mariñeiros extranxeiros, incluso enterrados na nosa cidade. Unha lápida pertencente ao cemiterio de Santa María da catedral, datado en 1271, aparece o mariñeiro Domingo Bonome de Urunhe139, correspondendo á actual Urrugne-Urruña, no Pais Vasco francés, moi próxima a Hendaya. A presenza de franceses era abondosa tendo en conta os contactos coa rexión de Burdeos desde antigo: “item me deve o arçediano de montes huna carga de Pipa que levou o seu fillo e hun franses para sua cassa nova”.140 Unha noticia sumamente interesante para coñecer as relacións sociais e económicas de Tui co exterior é a que fai referencia a presenza de dous ingleses, veciños de Exeter, para recoller os diñeiros e pertenzas de John Weston, veciño de Northam, quen morrera en Tui, en nome da súa moller e de varios mercadores -que supoñemos compañeiros- de Topsham: “…perescio de presente Richal Qorenta vezino dela çibdad de Sestre e con el Jacome Gaston e el dicho Richal Qorenta presento dos poderes de la muger Johana muger de Juan Veston vezina e moradora en la villa de Nortan del reyno de Ingraterra e presento en el dicho cabildo dos poderes huna delos mercaderes Tomas Monre e Matheu Monre e Rogel Mychel mercadores moradores en la villa de Topo Santo de Ingraterra e demando çertos dineiros que son çinquenta cruzados excepto o que se gasto en el enterramento e exequias e çenta de su enterramento para o qual presento çertos poderes el treslado de los quales es este que se sigue, e aliende delos dichos poderes obligo su persona bienes e fazenda e dio consigo por fiador e prinçipal pagador a Jacome Gaston que presente estava e se obligo e otorgo huna obligaçon forte e firme tal qual perestese signada de my signo de sacar a paz e a salvo al dicho vicario e cabildo a paz e a salvo e el dicho richal qorenta se obligo de sacar a paz e a salvo al dicho Jacome.”141 Como vemos John Weston, mercador, morrera en Tui en relación cuns negocios que levaba en nome de Thomas e Matheu Monroe e Roger Mychel de Topsham. Os poderes e cartas eran importantes á hora de desembargar os diñeiros, xa que estos, na morte de John Weston seguramente sen testar, ficaban en poder do cabido. Debe ser este mesmo John Weston o que vemos na relación de buques ingleses a Galicia. O 30 de maio de 1451 saía no barco Trinity de Darmouth, propiedade de J. 139

A lápida atópase actualmente na sala superior da torre de Santo André, xa que formaba parte da bóveda da capela. O signo en frecha correspondería aos mariñeiros tal e como se ten constatado amplamente en Noia. 140 A.C.T. Prot. Lib. XXIX. Fol. 234. 1475. 141 Ibidem. fol. 113. 18 abril de 1505.

Weston, Rich e Towear, partindo do porto de Darmouth con licencia para transportar a corenta peregriños a Santiago.142 Como fronteira, Tui tiña o comercio de corto percorrido máis intenso coa outra beira do río, Valença, e para iso era preciso o tráfego de barcas, que permitisen o paso das persoas e das mercadurías. O tráfego fluvial tiña os seus problemas de convivencia. Como xa sinalamos as contendas e rifas entre barqueiros de Tui e Valença facíanse perigosas para o bó rendemento do porto, que debía ser ben concurrido para o paso do río, non só para os tudenses senón e tamén os habitantes de toda a rexión do bispado de Tui e incluso extranxeiros. Ademais dos conflictos entre barqueiros ou as guerras entre reis que impedisen o tráfego normal, tamén os rendeiros da barca podían non cumprir coa súa parte de contrato: “Item mandarom logo a Johan Esteves canonigo que despoys vero que demandase a Estevo D’Amorim en rasom da barqa e renda dela.”143 No ano 1485 faríase o acordo para regulamentar a pasaxe das barcas entre Tui e Valença, alterada logo das sucesivas guerras da segunda metade do século e o poder dos Soutomaior na cidade. A iniciativa restauradora correría a conta do bispo Diego de Muros, e na que se delimitaría as zonas de carga e descarga -para Tui o esteiro do Tripes e para Valença a súa veiga- regulándose o paso do río só polo día sendo pola noite efectuado o paso só para os habitantes de Valença e Tui pero por un barqueiro contrario para non provocar as desconfianzas. O sal era un dos productos vitais para o reino. En Galicia, debido ao seu tempo, era preciso salgar case todo, desde as carnes e peixes ata os queixos. Como a dificultade de producir salinas en Galicia era obvia, facíase preciso importalas de Aveiro ou Setúbal, lugares relativamente próximos por mar e tamén de maior calidade. Esta consecuencia levou consigo un extraordinario comercio dirección surnorte, tanto por vía marítima como terrestre. Tui contaba desde 1170 coa exención de portádego sobre o sal no porto tudense, cando antes pagábase a metade ao castelo de Entenza e a outra ao bispo. Isto permitía á cidade abastacerse deste producto e contar cunha vantaxe moi sustancial sobre o resto da rexión. En 1338 o rei Afonso XI instaurará o monopolio do sal no reino, canalizado a través dos seus estancos, os alfolies. Tui non aparecerá na primeira relación de alfolies do reino, aínda que debemos supor que non tardaría moito en constituirse dado o papel que tiña a cidade no transporte do sal portugués. O comercio do sal ficaba de feito en mans de calquera mercador da localidade que tivera os medios de traela sempre que a vendese ao prezo oficial e pagase ao “alfolinero” uns “dereitos de alfolinar”144. Ferreira Priegue sinala máis datos sobre os alfolies: “Sobre las condiciones de estos arendamientos tenemos un solo cuaderno: el redactado en portillo a 10 de febrero de 1452, para el período 1451-1456. No es como sucede en el caso del se se conserva para los diezmos de la mar, y que, al igual que éste, sirvió d epatrón y modelo definitivo. Para esta fecha vemos como habían proliferado los alfolies desde 1338: Los

142

Ferreira Priegue, E; Galicia en el comercio....1988. Pax. 600. A.C.T. Prot. lib. VIII. Fol. 164. 12 xullo de 1425. 144 Ferreira Priegue, E; Galicia en el comercio... 1988. pax. 162. 143

había en la ciudad de Tuy, importante plaza colectiva de las rutas salineras del norte de Portugal”145. O ámbito do alfolí tudense era amplísimo, desde a foz do Miño ata Ourense, o que de facto era un territorio extensísimo, que obrigaba a tódolos lugares comprendidos nel a recoller o sal no alfolí de Tui, o que xeraba unha dinámica comercial e social moi importante. Dos “alfolíes reales” que existían en Tui pouco se pode dicir, a non ser para época moderna a aparición da rúa dos Alfolies, na vella rúa de San Xoán, o que indica a existencia para unha época posterior de instalacións ou depósitos. Sobre o sal o Hospital de San Xiao dos Gafos percibía unha teiga por cada barco de sal que viña a descargar tal producto para os Alfolíes reais da cidade. Nun documento, excepcional para a historia tudense, de mediados do século XVI faise un relatorio dos aranceis tudenses con ocasión dun preito no que o devandito Hospital demandaba o pago da acostumada teiga de sal. O contrabando do sal sería un problema bastante notable. Este “matute” do sal, cuxa procedencia era Portugal, rebasaría o ámbito local, e así se entende nun memorial a Juan II, escrito por 1429 e tamén no caderno de alfolies de 1452, na que se proibe expresamente aos fronteirizos esta práctica que danaba o monopolio real. En 1505 unhas portestas dos arrendadores contra os particulares que directamente cargaban en Portugal o sal en vez de collela en Tui, agravandose o problema xa que non só era para abastecemento propio senón que se chegaba a revender na rexión miñota.146 Neste senso Valença era un centro distribuidor de sal para toda a rexión de gran relevancia. Sería no século XV cando os problemas acosen o tráfego do sal valenciano. As protestas de Valença antes de 1459 viñan polos prexuizos causados polas violencias do Alcaide de Melgaço Fernão de Castro quen do mesmo xeito que o seu antecesor, Martin de Castro, impedía o tráfego co interior, non só portugués senón coas vilas galegas o que causaba un gran estrago no comercio valenciano. Indicativo de que os problemas do comercio do sal de Valença non remataría aquí ou que non sería solucionado sería a constitución que o concello e veciños de Valença realizarán para pedir do rei portugués en 1480 a fin dos conflictos: “Joan paas juis, vereadores, procurador, e garçia rodrigues, juan espadeiro, gomes afonso e ruy fernandes e gonçalo martis de bieite e rodrigo esteves e deego alveres mercador e alvaro esteves e joan de revello o vello e fernan colardo e todo o poboo miudo, gil vasques e jacome gomes e afonso rodrigues e vasco de castro e martim gonçales e gomes peres, tinamos costume devenderemos como podessemos como os mais denos outros teemos alfoliis estes feseron esta costituyçom ontresi e por virtude della seperden os direitos de vossa altesa por quanto de ourens, ribadavea, alaris, mylmanda, caldellas, baiona e da maior parte de toda galisa vinan por sal e nos vindiamos e en maior numero fasiamos barato e agora por estes faseren este estatuto ontresi enosso permiso nos somos perdidos e toman por vintiun do dicto contrato os que veen a vender o sal e lo facen levar por força e senon queren le acuitelan os sacos e lles fasen outras injurias e vilipendios e por asi venderen ontresi defraudan vuestros derechos que onde se venden quatroçentas teigas de sal senon conta dellas çento porque nos non ajamos lugar de vender e seperdem nossos alfolins e salinareas e sedara lugar por o thenor destes se vossa altesa non remedea por donde parte do lugar sse despoboara das sissas, da rentas mande tomar conta sse renta tanto como dantes e o que sse desfalcou dellas e faltaram mais ao diante, que todos sse van aos alfolins (de 145 146

Idem. pax. 163. Idem. Pax. 165.

valença) da galisa e nos mandees dar segurança delles por que son omens poderossos de que nos tememos e no oussamos tomar por scriptura publica e por esso escripvimos a vossa altesa apartadamente”147. Proba da capacidade e comercio de Valença está o episodio do mercador Afonso Lourenço en 1453, quen fará unha barca no porto de Valença para ir a Setúbal a cargar sal. A barca tiña unha capacidade de cincuenta toneis. Na viaxe de volta, á altura da Berlenga, uns corsarios ingleses apreixarían a barca e mercadoría. Os danos os evaluaba Afonso Lourenço en máis de oito mil reais, que valia barca e sal cargada.148 O exemplo valenciano é importante para entendermonos o comercio tudense e o tráfego nos seus portos, xa que o porto de Valença caerá en decadencia como o de Tui ao longo do século XV, e como indica Marques non sendo alleo desta crise nen as guerras e conflictos nen a acción dos funcionarios reais para acabar co contrabando. Alcabalas, décimas do mar, portádego e ancoraxe Como froito da actividade comercial de Tui, e non só no que atinxe a un tráfego ou relacións de longo percorrido senón aquela que tiña como obxetivo o paso do Miño a Portugal, na cidade estableceríanse ao longo de baixa idade media diferentes tributos e impostos que tiñan como obxeto o control da achega e saída das mercadorias tanto no porto fluvial como na fronteira fluvial. Como destaca Ferreira Prigue para organizar a recaudación e vixianza fiscal precisabase unha alfándega que curiosamente Tui terá, “La casa de Aduana que en 1506 hay en Tuy -de tiempo ynmemorial acá- no está documentada para ninguna otra población”149. Os diferentes tributos e fiscalidade que ao longo dos séculos medievais foron impoñéndose serían as Alcabalas, décimos do mar, o portádego e a ancoraxe, ademais da alcabala. Todos eles tiñan diferentes destinatarios segundo os privilexios, pero requerían da mesma adminitración e control. A Alcabala, establecida desde 1341, impoñía unha porcentaxe sobre a compraventa no mercado da cidade. O Concello recolectaba a Alcabala para o rei, e sabemos que Álvaro Paes de Soutomaior tiña 5.000 maravedis sobre as alcabalas da cidade e que permutara co cabido por un terreo: “... enno dito dia e oras em ese cabildo costituyrom e cryarom por seu procurador a gonçalvo vasques canonigos que presente estava para que fose a corte de noso sennor el rey e en seu nome pudese reçeber cobrar e aver de Luys de Mesa vasalo del rey hum privilegio de çinco myl maravedis de pares de brancas de juro de herdade que o dito sennor Alvaro de Souto mayor tynna por pryvilegio e avyam salvados ennas alcavalas da dita çibdade de Tuy para que elles os ouvesem por sempre por çerto troque que davam de terra e vasalos do dito sennor e para lle dar delo conoçimienro e pago testes os susos ditos...”150. O non se conservar ningún caderno de actas do Concello para este período, descoñecemos a contía das alcabalas tudenses e polo tanto a súa importancia en comparación con outras cidades e vilas galegas.

147

A.C.T. Prot. Lib. 25. fol. 248. 19 de maio de 1480. Marques, J; “Relações economicas.....”. 1978. pax. 28. 149 Ferreira Priegue, E; Galicia en el comercio.... 1988. 150 A.C.T. Prot. Libro Luis Vieira. Fol. 2. 24 de xullo de 1466. 148

Os décimos do mar, imposto establecido a partires de 1268, nas cortes de Jerez, regulaba a carga e descarga de mercadorias nos portos establecidos para o comercio exterior no reino. En 1268 os portos galegos que se abrían para o comercio e polo tanto no que se impoñía o tributo eran Ribadeo, Viveiro, Betanzos, A Coruña, Santa Marta de Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Baiona, A Guarda e Tui. A fins do século XIV, Tui, aínda que non conste como porto como tal, si que se manterá xunto con Salvaterra do Miño, como lugares onde se perciba os décimos do mar, e polo tanto indicativo da súa actividade comercial, senón portuaria no senso de contacto con outros portos extranxeiros, si no senso de paso comercial portuario con Portugal. O portádego era o tributo aplicado ao paso polo porto, sen necesidade de ter unha relación comercial. O paso do Miño establecía un portádego que supuña unha notable vía de ingresos, que neste caso correspondía ao bispo e cabido como dereito que tiñan dos privilexios reais. A ancoraxe era outro concepto tributario e grababa sobre os navios que tivesen áncora de ferro, isto é, de dimensións e características relevantes. Esta taxa a vimos aplicada en 1370 ao baixel Santa María de Baiona e que se dividía entre a Torre Vella e o Cabido nunha cantidade de 18 libras ou 48 maravedís. Que se indicase claramente os diferentes tributos e taxas de caracter portuario, como o eran os décimos do mar, portádego e ancoraxe, sinala a importancia do tráfego por Tui, aínda que é posible intuir a decadencia do mesmo polos conflictos e guerras do século XV, responsible da crise do porto tudense. Para Ferreira Priegue que se aplique a fins do século XV os tres tributos indicaría unha administración fiscal pouco desenrolada, cousa que debe estar moi afastada da realidade xa que curiosamente non atende a excepcionalidade da recollida do chamado arancel de Diego de Muros, feito que por outra banda Ferreira Priegue indica como único no panoráma fiscal galego na idade media. O arancel dos décimos, portádegos e ancoraxe fora recopilado polo bispo Diego de Muros entre 1482 e 1485, obrigado pola desaparición de rexistros fiables polo abuso e apropiación que os Soutomaior fixeron de moitas rentas episcopais. Lembremos que Pedro Álvares de Soutomaior facíase pasar como Visconde de Tui, e en tal guisa é doado pensar na reclamación e control dos diferentes tributos e taxas. Os notarios Soeiro Perez e Afonso Eanes serían os responsables de lembrar o contido destos aranceis, como persoas máis apropiadas non só pola idade, senón e tamén por ter coñecido no mesmo directamente. Conservamos este relatorio do arancel por casualidade xa que o mesmo corresponde ao Concello, responsable da súa recaudación ou arrendamento 151, e só un preito que entablaría o Hospital de San Xiao en 1568 contra o arrendador do Alfolí polo dereito que recibía o hospital dunha teiga de sal por cada descarga nos alfolís da cidade, e como proba presentaría os documentos nos que se contiña a relación dos aranceis ou portádegos e décimas. É interesante observar que o documento presentado contiña varios escritos de datas diferentes, un de 16 de maio 1522 no que se contén a relación do bispo Diego de Muros, seguramente de 1485152, e un derradeiro documento datado o 151

Por iso mesmo non conservamos ningún arrendamento feito polo cabido. Do mesmo xeito que Diego de Muros intervise no mesmo é lóxico co proceder do prelado xa que instaurara unha ordenanzas municipais e impusera o seu poder e control sobre un Concello enfeblecido. 152 Decimos 1485 porque nese mesmo ano dará as ordenanzas municipais e realizará o acordo das barcas, accións moi emparentadas con esta recolección de datos.

27 de marzo de 1503, tamén de grande interese por mor da intervención do Alcalde maior do reino a requerimento de denuncias feitas, no referente a que os recaudadores en Tui collían máis do que se correspondía en dereito, algo que se establecía na relación do bispo Diego de Muros, dato que sinala claras diferencias entre as décimas e portádego de Tui e o de outras vilas cidades portuarias galegas. A importancia deste arancel das décimas e portádego tudense transmitese a través da relación dos productos comerciais e habituais no tráfego miñoto. Transcribiremos íntegro o documento para sinalar a súa transcendencia: “Esto he lo que que senor don diego de muros nos fizo pregunta anos Soeiro perez e afons eanes notarios quello declarasemos y o escriviesemos por nosas conçiençias do que sabiamos açerca do portadgo e diezma desta çiudad porque heramos antiguos e ja colleramos e toberamos a dita portaze e dizima a qual según as nosas boas conçiençias son estas seguientes ena maneira quese Reparten----------✔ primeiramente dos Panos de flandes de cada pano que pasar para portogal o de portogal para galiçia binte brancas por dizima e portaze. ✔ Yten do pano daragon quatro mrs. ✔ Yten cada pano de castilla tres mrs. ✔ Yten carga de pano de lenço seis mrs. ✔ Yten carga de canabo seis mrs. ✔ Yten de carga de pez quatro mrs. ✔ Carga de rezina tres maravedis. ✔ Carga de açeite seis maravedis. ✔ Carga de miel quatro maravedis. ✔ Carga de pilitaria quatro maravedis. ✔ Yten de las bestas que ban para bender e pasan a este porto seis maravedis. ✔ Bois o bacas que pasaren para portogal o de para aca quatro brancas por cabeça. ✔ Yten das obellas e carneiros de cada cabeça çinco dineiros. ✔ Yten da carga de sebo quatro maravedis. ✔ Yten casa mudada que for para portogal dez e seis maravedis bellos e si bier de portogal a este Reino no a de pagar nada. ✔ Yten de carga de congrio seis mrs. ✔ Yten de carga de pescado seco pescada rrayas e caçons de cada carga quatorçe dineiros. ✔ Yten carga de sardina seca e berde quatro brancas. ✔ Yten carga de pescado fresco quatro brancas. ✔ Yten das mantas que ben das feiras quatro brancas cada una. ✔ Yten de cada caldensa quatro brancas. ✔ Yten dos retallos dos panos que tragen das feiras asse dedescontar segundo do pano de que he porel ten so do pano enteiro a de pagar. ✔ Yten de carga de çera seis maravedis. ✔ Yten cada Quintal de açero dos mars. ✔ De cada quintal de ferro quatro brancas. ✔ Yten nabio que biera este porto e lançar ancora de ferro a de pagar una libra de pimenta e quarenta maravedis porella. ✔ Yten de sal quese aquí descarrega no al de pagar dizima salbo cada nabio una teiga de sal a san giao do gafos porque del carrega este Reino.

✔ ✔ ✔ ✔ ✔ ✔

✔ ✔ ✔ ✔ ✔ ✔



Yten da carrega das olas a mellor que bier na carrega e si bier en nabio que pague a respeto das carregas. Yten da carrega dos allos una rreste e se biere en nabio que se pague a respeto das cargas. Yten pan nen bino que bier de portogal para esta çiudad que seja dos vezinos no a de pagar nada. Yten se amos ou amigos troxiere presente alguno desta çiudad que no pague nada. Yten os carniçeiros desta çiudad de quantos bois e bacas mataren an de pagar de cada coiro dos coroados. Yten os arocheiros que carrejan pescado e sardina de cada carrega dos coroados estes coroados a si da sardina como dos coyros e un da (to)rre bella e otro do cabildo. Yten dos coyros cortidos que pasan para Portogal a de pagar de cada coyro sete dineyros. E otros sete dos coyros salgados. Yten dos coyros secos çinco dineyros de cada coyro. Yten de cada carga de bino que sacaren desta çiudad quatro brancas ese for en pipa que conten por cargas. Yten qual quera coyro que se bier vender a çidade quatro dineyros. Oro plata e bellon e armas e ferro e açeiro e cabalos son defesos que no pasen pero se algun quyser dezimar rescrivir o que leba para pasar seguro o se der fiança ou penor que faça çerto que p meten en o rreino que pase seguro. Estes dineiros desta portaje e dizima se rreparte esta maneira de doze dineros a de aber o cabildo un dineiro que ande con o mayordomadego e outro dineiro ao de aver o merino da torre bella porlo obispo e finca ansi dez dineiros que son del Rey e do bispo de medio e ao ansi o bimos e oimos anosos anteçesores, soeiro perez notario alonso yanz notario alvaro nunez.

Procuracion ___ Yo el licenciado Jhoan Rodriguez de mora del consejo del rey y de la Reina nuestros senores oidor de la su Audiençia e su Alld mayor este dho rreino de galizia hago saber a vos el concejo juez rregidores procurador e honbres buenos desta çiudad de Tui e cada uno de esta otra qual quiera persona que cogiere en renta o en fieldad o en otra qual quiera manera la rrenta del dizimo e portage desta dha çiudad que por quanto amy fue fecha rrelaçion quelas dhas personas que negocian y recaudaban el dho dizimo e portazgo lebaba mas de los derechos que les heran debidos yo pedia algunos delos del dho conçejo me diesen la costumbre que se abia tenido enel recaudar de los dhos derechos, fueme presentado un memorial firmado de sueyro perez e alvaro yanez notario cuyo treslado es este escripto e nesta hoja deese pligo de papel que ba firmado de alvaro nunez escrivano de la audiençia Real del dho Reino por el qual memorial antiguamente sellebaron los dhos derechos, porende de Parte del rey e dela Reina meos senores bos mando que ahora e dende en adelante beais el dho memorial y al tenor del llebeis los dichos derechos, de dezima e portazgo de las cosas enel contenidas e deaquellas enel declaradas las quantias de maravedis e de cada cosa femda, e dize que se a de llebar e nomas contra guardandolo e conpliendolo en todo e contra ello no bais ny paseis ny consintades yr ni pasar En tiempo Alguno ny por alguna manera so pena de diez myll maravedis a cada uno que lo contrario hiziese para la camara e fizco de sus altezas e de pagarlo que mas se llebare con el que otro tanto, sola qual dha pena mandamos por qual quiera escribano que para esto fuere llamado que de testimonio de lo que el fuere pedido fecha en la çiudad

de Tui a beinte e siete de março de quinentos y tres anos, e mando que se ponga dello un tres lado en el lugar donde juzga el juez desta çiudad y que es resignado de escrivano e firmado del juez”153. A Actividade Artesanal A cidade constitúe un centro económico liderado por un artesanado especializado que a diferencia do seu entorno, rural e baseado na actividade labrega. Na cidade o habitante dela non precisa de traballar na terra para se alimentar e enriquecerse aínda que casos como o tudense esta máxima non se cumpre toda vez que a agricultura especializada era obxeto de negocio, as viñas. Os oficios que atopamos na cidade son moi diversos, de cara a cubrir tódalas necesidades da poboación, con especialización naqueles ámbitos onde os recursos dispoñibles o permitían, vexase a madeira cos carpinteiros e toneleiros, ou co coiro cos zapateiros, peleteiros, correeiros, talabarteiros, etc. A presenza de varias rúas co nome dos oficios nelas practicados inciden na especialización do traballo e o seu corporativismo. Rúas como a dos Ferreiros, Pelitaria, Zapataria, Carpentaria, Pedraria, poden sinalar unha ordenación planificada desde a ampliación da cidade en 1170. A relación de oficios practicados ou realizados na cidade é incompleta. Depende totalmente do carácter da documentación conservada, e esta pola súa parcialidade só nos amosa un reflexo distorsionado da realidade, deixando sen dúbida fóra moitos oficios de carácter marxinal ou polo simple feito de que residían en vivendas doutros grandes propietarios154. Aínda e todo, a relación tudense de oficios é bastante ampla, pero faltan algunhas profesións importantes que por lóxica deberon darse en Tui como o fixeron noutras vilas e cidades galegas; boticario, albeitar, bufón, gaiteiro, meloneiro, recobeiro, sangrador, seleiro, tundidor, vareador.155 O listado de oficios que aparecen en Tui amosan unha gran diversidade, o que pode ser un indicio do seu desenvolvemento urbano, destacando polo seu número os zapateiros, os alfaiates, os ferreiros, os carpinteiros, os sarralleiros e os notarios, entre outros.

153

A.C.T. Fondo Hospital. Mazo 1, Número 15. “Espediente en que se hallan diferentes Documentos sobre el derecho que tenía este Hospital de percibir una tega (ferrado) de Sal de cada Barca que benia cargada con dicha especie paralos Alfolies Reales de esta Ciudad”. 154 Neste senso incidir como as propiedades que tiña o bispo apenas saen á luz, xa que estaban a administración do seu provisor ou procurador, e co falecemento ou traslado do bispo, esta documentación semella ter sido sensible e froito dunha lamentable desaparición. 155 López Carreira, Anselmo; A cidade medieval galega. 1999. pax. 216. Estas profesións amosan o exemplo recollido na abondosa documentación municipal de Ourense.

Acicalador

Capador

Ferreiro

Parteira

Serventa

Adegueiro

Capataz

Físico

Pedreiro

Signeiro

Alfaiate

Carpinteiro

Forneiro

Peliteiro

Talaberteiro

Alguazil

Caldeireiro

Lavandeira

Pescador

Tanxedor do órgano

Ama

Cambeador

Labrego

Pintor

Tecelán

Aparellador

Carniceiro

Manceba

Porteiro

Telleiro

Armeiro

Cirurxián

Mensaxeiro

Prateiro

Tendeiro

Arroncheiro

Colcheiro

Mercador

Pregoeiro

Toneleiro

Avogado Bacheler Balesteiro

Correeiro Escribán Escudeiro

Muiñeiro Naveiro Notario

Prestamista Reloxeiro Reposteiro

Torneira Xograr Xornaleiro

Barbeiro

Espadeiro

Ourive

Retellador

Xubeteiro

Barqueiro

Estalaxeira

Panadeira

Sarralleiro

Zapateiro

O artesán tudense non só baseará a súa actividade no seu oficio, moitos artesáns aforarán terras -cortiñas, herdades- da Igrexa de Tui para chantar e cultivar viñas cun claro obxetivo comercial debido ao alto rendemento económico desta actividade exportadora como complemento aos seus ingresos. Noutros casos onde o aforamento dalgunha cortiña manifesta unha actividade -que só podemos intuír- non adicada á comercialización do producto, estamos somentes ante a complementariedade dos recursos familiares e non -como se podería presupoñerante unha cidade “ruralizada”. Debemos lembrar que a proximidade a Tui de terras con alta capacidade de producción agrícola -fertilidade dos campos polas cheas do río e clima benigno- facía lóxico e normal a presenza na cidade de labregos ou de artesáns con dobre actividade -tendo en conta a parcialidade da documentación-. Nalgún caso -e non poucos- o aforamento das cortiñas e chousos non se facía para a explotación directa da terra polo foreiro, pois moitos dos foros de viñas serán propiedades de cregos ou de mercadores e fidalgos, polo que entraba en xogo o xornaleiro: “en nas vinas quando se podaron guastaronse duas lampreas e mays doze maravidis de dous homens que andaron por alugueyro…despoys quandose cavaron en primeyro andaron tres omens a cavar con Gonçalo e esto foy quando eu estive en Vayona presso, e doutra vez foron quatro e doutra foron oyto e na comyda delles se gastaron tres sabeles e a contia dos omens se montava qada un dez rayas de Purtugal”.156 Un oficio como o de arroncheiro -arrieiro- levaba consigo certas dificuldades e preitos: “…presente Pero d’Almon morador en terra de Montes e Afonso Rodrigues aroncheiro morador enna çibdat de Tuy e demanda posso o dicto Pero d’Almon contra o dicto Afonsso Rodrigues en como le devya dosentos satenta mrs. de huna besta quele vendera e o dicto Afonsso Rodrigues alegou por sua parte que a besta que le vendera que non era tan noa como le el disera que la faria e o dicto vicario a consentimento delles anbos a dous mandou ao dicto Pero d’Almon quele quitasse os satenta mrs. e quele pagasse dose fasta nove dias primeiros siguintes.”157 Ao toneleiro Martín Esteves lle debía o cóengo e notario Fernán Peres: “huun jornal e fondadura de huun tonel e pipas e dous arcos novos.”158 156

A.C.T. Prot. Lib. XXV. Fol. 256. 1474. Ibidem. fol. 210. 8 xullo de 1475. 158 Ibidem. lib. XXIX. Fol. 233. 1475. 157

Interesante é saber o tipo e variedade de producto ofertado polos artesáns tudenses como no caso duns apontamentos do cóengo Fernán Peres sobre o que lle devía a un zapateiro159: “Iten devo a Rodrigo o fillo de Lopo Alvares huuns çapatos meus dobrados e trinta mrs./ Iten devolle mais hunas cabecaduras de huuns borceguys e des mrs./ Iten devolle mais huuns çoqos de mariqas (¿?) e huuns çapatos dobrados e vinte e çinqo mrs./ Iten devolle de Lianor dous pares de çapatos dobrados e sasenta mrs./ Iten devole de Alvaro dous pares de çapatos singellos e huuns dobrados e sasenta e sete mrs./ Iten desto todo deyle medeo florin e de huun coiro sassenta e çinquo mrs./ e de outro coiro vinte mrs. e de dous çeremyns de trigo trinta mrs.” O ensino do oficio era a través de aprendices, que en moitas ocasións eran deixados polos pais para que aprenderan o traballo establecéndose unha especie de contrato entre artesán e pai do aprendiz: “…ennas casas de morada de Gonçalo Afonso alfaiate…, Afonso Vasques teçelan veçino da çibdat de Tuy disso que por quanto ele tina seu fillo Vasco que estava presente que ele o dava a Gonçalo Afonso por quatro annos para que ele lavrasse con el por seu ofiçio de sastre e que faça todas as coussas licitas e honestas quele o dicto gonçalo afonso mandar e que o dicto gonçalo afonso le ensine o ofiçio o mellor que el souber e o moço quisser trabalar o qual asi jurou a deus e este sinal de + asi ho padre como o moço de o asi comprir e previr o millor que el podesse e gonçalo afonso deo ensinar asi como el disia e qual quer que contra elo passar que peite a parte non agardarem dous myl moravedis de moeda vella branca en tres dineiros des dineiros por nuno e de mais que le non valla rey nen reyna ne sennor nem outro cousa ninguna que en seu favor pode elegir nele vale edat menor nem outra causa…e que enestes quatro anos le de una capa de morilla e huna saia de morilla de segovea e hun gibom de fustan e huna caseira de maan…”.160 Podía existir o problema que o cidadán vise moi caro o prezo do artesán polo que decida buscalo fóra. A igrexa tudense establecerá esta medida, tan pouco dada ao desenvolvemento económico local, para que o custo das obras na catedral non exceda dos recursos dispoñibles: “Mandarom ao bacheler que vaa aas Lageas de Pousada de aquel cabo catar se achara canteiros mais de barato que os de aquesta parte para carregar os cantos para a obra.”161 Existían profesións, como as de físico -médico- nas que era mellor pagalas a escote -entre todo o cabido- como se dunha primitiva e medieval asistencia social se tratara: “Este susso dicto dia e dahi en diante tomaron a mestre Guyleme por físico do cabildo, para quando o casso acaeçesze curasse as personas e canonigos e familiares ses de cassa e ouvesse en cada hun anno seyçentos pares de brancas pagos por llos terços do anno”.162 A “actividade industrial”, ou por así dicilo de maior abranxemento e importancia, eran os Pelames, ubicados no exterior da cidade por ser unha actividade con moitos inconvenientes e que precisaba de espazo. 159

Ibidem. fol. 25. 1478?. Ibidem. lib. XXV. fol. 242. 12 novembro de 1475. 161 A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 30. 1460. As Laxeas de Pousada están en Valença do Miño, probablemente se refira a San Fins de Friestas. 162 Ibidem. lib. XXV. Fol. 56. 19 xaneiro de 1481. 160

O de Riomuíños era o lugar dos Pelames e Aloques, trebellos onde se desprendía a peluxe e curtían os coiros, tanto para os zapateiros como para os peliteiros da cidade, ademáis doutros oficios derivados deste subproducto da gandeiría. Existía precisamente neste arrabalde tudense unha fonte -hoxe de Riomuíñosdenominada “da Encoirada”, probablemente por se lavar nela os coiros. Tamén o nome do río, o Tripes, o temos documentado para o século XV polo que tamén puidera ter relación cos devanditos pelames. Os aloques e pelames eran igualmente aforables como calquera outra propiedade: “aforaron o aloque da ponte da Levada de rio de moiños para baixo que entesta enna ponte por sete maravedis vellos…”. Polo prezo marcado podemos intuír un aloque moi amplo e rendible, ubicado xunto da actual ponte de Riomuíños -ponte da Levada no documento- no espazo que hoxe ocupa o vello matadoiro municipal. Coñecemos o famoso preito dos Pelames de 1464, pero de certo seica este tipo de conflitos debeu facerse habitual cando se enfrontaban poderosos intereses económicos, representados pola corporación de zapateiros e curtidores que eran defendidos polo concello e denunciados polo cabido, ao que se lle tollían algúns dereitos e se lle impuñan determinados inconvenientes. Seica a orixe do preito non estaba tanto na ocupación que os pelames e aloques facían de terreos propiedade do cabido e incluso ocupando parte de camiños públicos, senón que perante a demanda do cabido os zapateiros xunto co concello establecesen un estatuto contra o cabido “... aos ditos çapateiros polos palamos e aloques que tynnam e por los outros que novamente fasiam na terra da iglesia e por que os de mandasem por justiça non lles fasiam na terra da iglesia e por elo non deveram faser estatutos contra a iglesia sendo elles seus vasalos...”, o calado das sancións feitas polo cabido debían ser o suficientemente duras -non só excomunións- como para que os zapateiros pedisen a retirada dos preitos e demais accións realizadas polo cabido, “... lles prouvese de quitarem escandolos rigores e os pleitos que aviam novamente movidos contra os çapateiros vesinnos e moradores da dita çibdade sobre rasom dos palamos e aloques que estam en ryo de muynno...”. A resolución final sería o derrubo dos pelames que impedisen o tránsito polos camiños “...a derribar e desfaser os ditos palamos e aloques novamente fiçerom que achasemos danosos e perjudicabeles aos ditos camynnos...”, e esperar a que rematasen o proceso de encurtido nos pelames que ocupaban terreos do cabido para non perxudicar económicamente aos zapateiros.163 Nun conflito pola posesión dunha devesa no lugar de A Valiña, amósanos a utilización da devandita devesa para facer os Pelames: “…unha devessa que avia ben trinta e çinquo anos que cortara a rrama della con seu padre e que a levavam a vinna de çerdeira e que a tina seu padre por sua e que fasia nella os caniços para o pelame que tina en Ridemoinnos…”.164 Dos pelames e aloques cobrábase unha abondosa décima, síntoma da súa importancia. Da do ano 1473 (única que coñecemos) o importe ascendía a cento oitenta marevedís: “ouve dos palãs XV raias de prata”.165 Outra actividade que se concentraba nos arredores da cidade eran os muíños. De tal denominación que indica unha alta concentración destas instalacións está o Riomuíños, nome xa mencionado pola raíña Urraca no privilexio de 1112.

163

A.C.T. Prot. Afonso Fernandes. Fol. 170. 4 de xullo de 1464. Ibidem. lib. XXV. Fol. 238. 1475. 165 Ibidem. fol. 257. 1473. 164

Aínda que coñecemos varios muíños en San Bertolameu, no Seixal -unha Aceña- ou en Areas, os máis significativos, pola súa proximidade á cidade, eran os de Riomuíños. Varios son os nomes dos muíños que nos transmite a documentación medieval, e que pola súas características xeográficas practicamente os podemos ubicar hoxe, principalmente sustituído por outro máis moderno -con casa- ou coa súa vella sinxeleza medieval: “…aforamento dos muinnos que chamavam da cova perto da vinna do Salgueiral…reparem aguisem façam e refaçam os ditos muinnos de tella madeira e pedra novos cecales e rodicios e de todalas outras cousas… que fosen moentes.”166 “...foro a Pero de Parada e a sua moller Maria Domingues… do moinno Cotineiro que esta en Riomoinnos a çerqua desta çidade de Tui, enno lugar da çerqua de rapaconinos, que correge o dicto moino de pedra colmo madeira tavoado e pregadura e terminado moos e redusio.”167 “…os muynnos que chaman da ponte a manoqo que he en rio de muinnos…”.168 “…aforamento…o formal dos moynnos coroxinnos que estan en esta ribeyra d erio de Moynnos a sub o outro moynno coorneyro que he do cabidoo…”169 “…aforamento a Alvaro Velloso meirino da çibdat de Tui e alcalde de Monte de Boy… os moiños que estan xuntos os pelames que pertencen a San Bertolemeu…”.170 A importancia dos muiños está testemuñada pola súa abundancia, froito dunha intensa actividade e pola súa diversidade; deste xeito a documentación fálanos dos muíños cotineiros, coroxiños, coorneiros,... Outras actividades menores, aínda que non menos importantes, eran as adegas, fornos e lagares. As adegas presentes abondosamente pola cidade expresan a importancia da actividade vitivinícola na comarca. Prestarían nome a unha rúa tudense, a das Adegas, por mor das traseiras das casas da Praza do Concello ou máis correctamente por edificacións realizadas para esa actividade, logo unidas ás casas da praza ou ás da mesma rúa, perdendo así a súa independencia e personalidade. Os fornos constituían unha actividade numerosa en Tui. A denominación do forno non nos aclara a súa actividade; de ferro, de tella, de pan. Esta última, por ser a máis necesaria como alimento básico que era, constituiríase como maioritaria. Coñecemos varios fornos na rúa da Triparía, na dos Miñotos, na de San Xoán, etc., e unha rúa co seu nome, a dos Fornos, entre a rúa Corredoira -intramuros- e a rúa da Oliveira. A súa tipoloxía debía ser moi simple, na maior parte das ocasións para albergar somentes a actividade, mais noutras ocasións atopámonos que podía ter vivenda propia, o que non deixaba de ser perigoso pola alta probabilidade de incendio. Os fornos non deixaron de lado as contendas como acontecía cos pelames. Un preito de carácter claramente económico foi o que se pasou co “forno da Enfesta”, no que entraría o cabido tudense e os propietarios do forno; Álvaro Veloso e Vasco de Sebeo no ano 1466. A orixe do problema provén da intención de Álvaro e Vasco de abrir unha porta a un pardiñeiro pertencente ao forno. O cabido achaba esta acción como danosa para o 166

A.C.T. Prot. Lib. VIII. Fol. 149. 7 xullo de 1424. Ibidem. lib. XXV. Fol. 101. 1482. 168 Ibidem. lib. VIII. Fol. 179. 9 novembro de 1426. 169 Ibidem. lib. Nuno Gonçales. Fol. 10-11. 18 febreiro de 1370. En Ermelindo Portela; La región del Obispado de Tuy…, 1976. pax. 437. 170 Ibidem. lib. XXV. Fol. 69. 1474. 167

Forno que tiñan na mesma rúa da Triparía e colindante co dos devanditos Álvaro e Vasco. Ao escudeiro e mercador de Tui “lle avyam posto embargo ena porta que agora eles começaron de abrir enno forno denfesta”171. Outro problema que acrecentaba o preito era o que debían Álvaro e Vasco polos tres oitavos do forno, que ían aparellados co devandito pardiñeiro e a viña de Reimiro -San Domingos- cuxo pago destinabao o cabido para os aniversarios pola alma do bispo Xohán Fernandes de Soutomaior II. Tanto Álvaro Veloso como Vasco de Sebeo non discutirían o pago dos tres oitavos, xa que recoñecían o dereito do cabido aos mesmos, o problema centrábase na porta que se quería abrir e que para o cabido prexudicaba seriamente o forno que tiñan xunto do de Enfesta. Para o caso decidiuse que varios homes bos, escollidos por amba-las dúas partes, visen a porta e achasen o que mellor fose. Os enviados polo cabido “diserom aos ditos sennores como foran veer a dita porta e forno segundo lles fora mandado e levarom consigo a gonçalvo afonso alfayate e alvaro fernandes sarralleiro e lopo fernandes e vyrom todo, e por min lles foy dado juramento en hum livro de evangeos e jurarom e fez o dito juramento afirmarom que a dita porta non fazia dano nem perjuiço ao outro forno que trazya a Lyanor Vasques moller que foy de Alvaro Gomez de Chenlo, e os ditos sennores acordarom que para… cabido viesem os ditos Alvaro Veloso e Vasco de Sebeo e lle fariam foro de teereo e pardieyro”.172 O problema da porta solucionábase mais o tema do foro polos tres oitavos co terreo e o pardiñeiro non ficaría moi claro. Os devanditos Álvaro Veloso e Vasco de Sebeo deberían pagar corenta e dous maravedís: “…e querendo alevantar o dito pardieyro que o posam façer de tal maneira que nom faça nojo nim ma vesinança ao outro forno que he do cabido…a vista de homes boos e de ofiçiaas e sejam obedientes que yndo contra o cabildo e personas del que percam o dito foro e cavando ou achando en ele ouro plata ou outro metal ou mynnea alguna del que seja do dito cabildo e os ditos foreyros nom ajam delo nada salvo raçom achadego o que lle quiserem dar e mays nom e se obligarom segundo a forma dos outros foros e asy outorgarom.”173 É sumamente curioso este último requisito por parte do cabido, pois non se contén en ningún outro foro, cousa no que se intúe a sospeita do cabido para cos foreiros, ou outra cuestión semellante. A falta de pago do devandito foro tornou a complicar a contenda e preito, debendo de se acadar serios contratempos para Álvaro Veloso e Vasco de Sebeo, os cales propoñerían un trato co cabido pois “nom convynnam andarem en muytos pleytos nem contendas quanto mays con elles ditos sennores a que desejavam servyr mays que os enojar, porende que elles pediam por merçee que os nom mandasem mays mays sobre ello fatigar e elles fezesem mercee de toda a a pena pagada do dito encomyso e os ouvesem por relevados de qual quer auçom que contra elles por razom do dito encomyso tevesem e ouvesem e que eles de aquy adeante se obligavam pagar pagar a pensom ao dito cabido por lo dito … forno denfesta”174. Os lagares, aínda que existían no interior da cidade -por exemplo na rúa de Fecha- eran loxicamente máis habituais no rural. As numerosas viñas e pumares 171

A.C.T. Prot. Luis Vieira. Fol. 5. 9 agosto de 1466. Ibidem. 173 Ibidem. fol. 6. 11 agosto de 1466. 174 Ibidem. fol. 13. 6 decembro de 1466. 172

obrigaba á construcción dun pequeno cuberto, tal e como e indican as fontes, separado ou independiente da propia casa. A súa tipoloxía non os afasta dos que aínda hoxe vemos no rural. Unha actividade, na que noutros lugares tiña un edificio especial, era a exercida pola prostitución. Coñecemos o pago das décimas desta actividade efectuadas ao cabido: “ouve do do alcouçe XVIII mrs.”175. O nome de “alcouce” é de orixe árabe e ten o significado de prostíbulo. A súa ubicación non se precisa, pero noutros lugares coma Pontevedra axeitábase un local no exterior da vila para acoller esta lúbrica e mal vista profesión. As Confrarías Por desgracia, en Tui non nos chegou a información sobre confrarías medievais como as que disfruta, por exemplo, Pontevedra. Conservamos os diferentes nomes de confrarías que agroman na documentación como obxeto de mandas testamentarías. As confrarías son as organizacións asociativas de traballadores, tanto artesanais como comerciais, que en principio agrupan a todas as persoas dunha mesma profesión, isto é, tanto aos que hoxe denominaríamos empresarios como aos asalariados. A estrutura non vai ser totalmente ríxida pois podía abranxer unha mesma confraría máis oficios, sobre todo aqueles cos que contaban certas semellanzas.176 A confraría poñíase baixo a advocación dun santo/a, e dentro dun marcado acento relixioso exerce a súa función: actividades asistenciais “a onra dos vivos e proveyto dos finados”177. Un capelán, pagado pola confraría, recollería esmolas e oficiaría varias misas. Segundo o que se coñece doutras cidades, unha das máis importantes obrigacións dos confrades é a asistencia e conducción do cadáver dun colega ou familiar no seu enterro así como nas honras fúnebres.178 Outras funcións asistenciais son menos coñecidas como a axuda en caso de enfermidade, ou auxilio aos orfos e viúvas.179 En canto á participación das confrarías no goberno da cidade, a situación de Tui semella ser ben diferente das demáis galegas, pois aquí non rexe o concello unha minoría, tal e como o demostra a entraga das chaves no preito das fortalezas en 1393 ou a presenza de varias profesións na xuntanza do concello para a entrega das rendas do peso ao hospital da cidade en 1441. Nesta relación menciónanse agrupados aos notarios, sarralleiros, alfaiates, carpenteiros, mercadores, ferreiros, zapateiros, etc., coñecendo ademais que un cerralleiro como Pero Marrao foi alcalde da cidade durante varios anos.180 Unha das meirandes manifestación públicas dos gremios e confrarías eran nas festas patronais, ou no Corpus. Cada gremio exhibirá na procesión os seus máis peculiares atributos181 ou danzas especiais. 175

Ibidem. lib. XXV. Fol. 257. 1473. López Carreira, Anselmo; A Cidade Medieval Galega, 1999, pax. 238-239. 177 Ibidem. 178 Ibidem. 179 Ibidem. 180 Sánchez Carrera, Mª C., El Bajo Miño…, 1997, pax. 311-312. Pero Marrao sería xuíz de Tui nos anos centrais do século XV. 181 Lembremos as memorias chegadas ata nos do século XVIII, onde os gremios tudenses exhibían á popular coca, os xigantes e cabezudos, as danzas singulares, etc., sendo levado polos tecedeiros, 176

Afonso X proibiría as corporacións profesionais en 1252, aínda que isto non sería obstáculo para que as mesmas existisen. A máis antiga referencia a confrarías tudenses será de 1264, no testamento do arcediago Fernán Eans: “... Confrarie sancti petri VIII sl. Confrarie sancte marie de rupe amatoris VIII sl, per suo tretenario ad confrariam clericorum C sl....”182. As confraría de San Pedro e de Santa María de Rocamador estaban formadas para esta data xunto cunha confraría dos cregos. O razoeiro Xoán de Padrón en 1330 manda “... Item mando aa confraria da Madanella dous libras pequenas....”183. Do testamento de Tareixa Peres feito en 1334 temos máis confrarías: “... Item mando aaconfraria de Sta Maria Madanella des libras de prata pequena. Item mando aaconfraria de Sancti Steveo des libras de prata pequena. Item mando aaconfraria do Corpo Santo des libras de prata pequena. Item aaconfraria de San Pero corenta st de prata pequena....”184. En 1381 Fernán Cachaza e Estabaina Martínez outorgarán , “... Yten mandamos a cofraria do Corpo Santo cada hun de nos doce morvis por cada hun. Yten mandamos as cofradias de San Pedro e de San Bieyto cada hun de nos hua libra de cera a cada hua....”185. O pedreiro Xoán Mouro no ano 1385 doará a dúas confrarías ás que el pertencía, “...It mando aas confrarias de sam pedro e de sam viçente acada huna dez morabitinos et que me benan faser onrra enna enterraçom como seu confrade et aia parte delas como confrade...”186. Do século XV existen algunhas referencias máis ás confrarias aínda que seguen a ser pobres: “…que o dito cabydo tem enna rua de Sam Juan que o bacheler de Sam Mateo tragia em renda que parte de huna parte con seu outro con casa e pardiñeiro que he das confrarías de Sam Pedro e Sam Viçente que trage en foro Rodrigo Afonso mesteiral...”, “...Mandaron que Gonçalo Afonso e Bartolomeu demandasem conta a Juan de Bodiño da confraria de San Sabastian e escripvisen todos los confrades e dineiro que ai avia e o que se avia gastado...”.187 Avila y La Cueva aporta unha serie de documentos sobre a confraría do Corpo Santo extraida dos foros e testamentos existentes no arquivo de San Domingos, logo desaparecido188:“… Basco Pardo dela propia vecindad por su última disposición que hizo en 24 de febrero de 1479. ordenó entre otras cosas lo siguiente: Ytem mando á a cofradia do Corpo Santo cinquenta mrs (maravedis), é que os cofrades me vaan honrrar ó meu corpo segundo costume. …Alvaro Parcero mercader vecino dela misma ciudad tambien por su disposición testamentaria otorgada en 27 de marzo de 1510 dispuso esto: Ytem mando a la confraria del Corpo Santo cen pares de blancas, é me honrren los confrades según su buen costumbre: y ultimamente Lope Mesteyro dela propia vecindad en su testamento que hizo en 21 de febrero de 1511. entre otras cosas ordenó: Ytem mando a la confradaria del Corpo Santo dela Yglesia de Tuy cen pares de blancas asemade.” zapateiros, carpinteiros, etc. 182 A.C.T. Pergamiños. 9/16. 183 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 5v. 184 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 16. 185 Avila y La Cueva, F; Papeis de San Domingo. Doc. Nº 9. 186 A.C.T. Pergamiños, 11/17. 5 de outubro de 1385. 187 Ibidem. lib. XIII. Fol. 182. 1464. Ibidem. lib. XXIX. Fol. 114. 2 maio de 1505. 188 Francisco Ávila y La Cueva, Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado. Consello da Cultura Galega, 1995, edición facsímil. Tomo I, pax. 203-204.

Con todas estas referencias podémonos facer unha idea do panorama asociativo tudense. Neste senso fica claro que as confrarías tudenses comportábanse do mesmo xeito que outras máis documentadas para o mesmo período: tiñan propiedades, honraban aos cofrades mortos, etc. Aínda que non temos ningunha atribución oficio/confraría, nalgúns casos resulta evidente a súa relación. A confraría de San Pedro correspondía aos pedreiros -testamento de Xoán Mouro- e a súa relación coa confraría de San Vicente fainos ver que era outro oficio moi relacionado, polo que resulta lóxico establecer que fose dos carpinteiros.189 A confraría de Santa María debeu estar relacionada cos mercadores, aínda que a aparición da confraría do Corpo Santo arrastraría a esta non só aos mercadores senón e tamén a barqueiros e afins.190 Do resto de confrarías só podemos conxeturar, con maior ou menor fortuna. A de San Bieito, debido á súa constitución en 1687, baixo os xastres da cidade, non semella ilóxico a súa tradición e protección sobre os alfaiates medievais. A confraría de San Sebastián, do mesmo xeito que a anterior, a súa constitución de 1686, agrupando aos teceláns, expresa unha relación clara coa confraría medieval. As confrarías de San Estevo e da Madalena resultan moi complexas de relacionar con algún grupo profesional dada a completa desaparición do seu culto por confrarías tudenses en época moderna. Só se poden sinalar paralelismos con outras localidades, en Santiago a confraría de San Estevo era dos correeiros, polo que non sería extraño un vencello cos zapateiros e peleteiros da cidade. Mentres que a confraría da Madalena aparece en Ourense asociada aos carniceiros. Faltarían confrarías que agrupasen a importantes colectivos profesionais, como os notarios ou os ferreiros, sarralleiros, caldeireiros, etc. Neste último caso no podemos deixar pasar por alto a confraría moderna, con constitución feita en 1687, adicada a San Lourenzo, e tampouco o culto que recibíu este santo na cidade -altar na catedral e en San Bartolomeu- onde a representación que aínda se conserva de San Lourenzo corresponde ao século XV ou anterior, e polo tanto a máis que segura existencia desta confraría na idade media.191 A ausencia na documentación destas confrarías ou outras non resulta da súa inexistencia, unicamente o carácter parcial e moi limitado da documentación conservada impide un mellor estudo e comprensión deste fenómeno en Tui. De tódolos xeitos, o número de confrarías existentes -dez- e a antigüidade dalgunhas referencias, comproban o estado de desenvolvemento profesional en Tui polo menos ata o século XIV, que como xa temos reiteradamente advertido, as guerras e inseguridade social e política implicarían a clara decadencia da cidade e polo tanto dos seus habitantes. 189

Xoán Mouro debía ser mestre de obras e os carpinteiros e pedreiros tiñan que traballar nas grandes obras en común. Do mesmo xeito notar como a aparición de propiedades en común resalta ese papel relacionado coa construcción. 190 Segundo os documentos aportados por Avila y La Cueva semella lóxica esta relación e incluso que o lugar habitual de enterro fose San Domingos. Fernán Cachaza e Estebaina Martínez en 1381 tamén debían adicarse ás mercadorías, tanto pola súa capacidade económica -tiñan capela propia en San Domingos e non eran nobres- como a importancia que lle dan ao Corpo Santo. 191 As confrarías que se constituiron no século XVII, todas elas contemporáneas, son claramente descendentes das medievais. O Concilio de Trento, como en tantas outras cousas, obrigaba a regular as confrarías e a establecer estatutos e constitucións que fosen aprobadas polo bispo. Serán estas constitucións a que permiten un novo punto de partida, nalgúns casos cunha advocación moderna, e noutros casos na continuación da vella protección. Unicamente a desaparición da maioría dos arquivos das confrarías -que eran particulares- impedíu un maior coñecemento.

SOCIEDADE Pouco podemos precisar sobre a evolución demográfica de Tui, mais os datos e testemuñas indirectas poden levarnos a establecer a grandes trazos os altibaixos da poboación tudense. Tui era un espazo en expansión desde fins do século XI, tal e como demostra o retorno dos bispos á cidade e os comezos das obras catedralicias. No século XII consolídase este crecemento, evidenciado polos signos de comercio e construcción, coa ampliación da cidade en 1170, ordenada por Fernando II en troques da concesión de dereitos á poboación. A partires de aí, a ocupación do espazo urbano farase con prontitude, sendo quizais o primeiro cuarto da centuria do XIII cando esté practicamente rematada a súa parcelación e ocupación polos moradores do entorno tudense -procedentes do campo, ante as expectativas que ofrecía a cidade- os suburbios e arrabaldes -Santa Baia, Riomuíños, San Xoán de Porto, San Bartolameu, a Corredoira, etc.- aínda que moitos destes últimos cunha existencia pretérita reflexo dos restos da vella urbe romana. A fase de expansión demográfica nos séculos XII e XIII, testemuñada pola roturación de novas terras e dos bosques, a creación de novos lugares de asentamento -as aldeas, vilanovas, etc.-, ven apoiada, en Tui, en tres pilares; o comercio, o viño e o peixe. As vantaxes tudenses estaban fomentadas pola estabilidade climática deste período, reforzado pola case ausencia, no século XIII, de guerras na fronteira1. O comercio -privilexios reais- como porto fluvial e encrucillada de camiños -norte-sur, leste-oeste- a forte producción vitivinícola, os peixes do río -con especies de calidade como os sollos, salmóns, lampreas, etc.-, e diferentes productos da rexión -gando, coiros, liños,…-, fixeron medrar a cidade ata acadar unha poboación -no seu momento álxido, marcado pola memoria do propio concello en 1323 2- que situaba a Tui como a segunda en importancia de Galicia. As fames e pestes do século XIV -1333, 1348, 1355,…- xunto coas guerras civís e de fronteira na segunda metade do século fixeron decrecer espectacularmente a poboación. Pero en realidade, a crise que padece o rural coa perda de rendibilidade dos campos recén gañados aos bosques e montes, e polo tanto terreos pobres e os primeiros prexudicados polas alteracións climáticas, fixeron que moitos labregos se achegasen á cidade como lugar onde acadar mellores perspectivas de vida. Esta achega de inmigrantes a Tui, desde calquera punto do bispado e terra de Toroño -incluso de fóra, tesmuñado polo topónimo que acompaña ao nome-, compensou en parte a perda de poboación ocasionada polas guerras e pestes na segunda metade do século XIV e primeiros lustros do XV. As reconstruccións de casas no primeiro cuarto do século XV sinalan este momento de recuperación da cidade, mais os anos centrais da centuria, aínda que non serán excesivamente violentos, coas fames e pestes cíclicas -1438-39, 1446, 1467…estancan a poboación e sobre todo, coa dominación de Álvaro Paes de Soutomaior e a

1

Aínda que temos que notar que as guerras do período son pouco cruentas e afectan escasamente ás poboación, e no caso de excesos, os propios monarcas dun e doutro lado encargábanse de evitar que os efectos fosen maiores coa concesión de numerosos privilexios. 2 No preito de 1393 o concello poñerá como argumentación para os preitos e homenaxes realizados a Juan I e ao Arcebispo de Santiago, Juan García Manrique, que dende a morte do bispo Xohán Fernandes de Soutomaior, acrecentáranse os males para a cidade.

usurpación de bens do cabido e expulsión do bispo, mantén unha situación de tensión pouco proclive para a recuperación e consolidación comercial e demográfica da cidade. O período comprendido entre 1467 e 1480 -aproximadamente, entre as guerras Irmandiñas e a fin da guerra de Sucesión e os seus confrontos colaterais-, podemos afirmar que será o momento de ruína e despoboación definitiva da cidade, padecementos que sufrirá Tui en moita maior medida que o resto das cidades e vilas galegas, o que traerá como consecuencia que esta inseguridade fronteiriza remarcada pola opresión señorial marxine en grande medida a cidade como emporio comercial de nivel rexional, desprazándose ao nivel de urbe con boas perspectivas dentro do comercio trans-fronteirizo, pero lonxe da intensa actividade do pasado. Este feito está tamén subliñado na decadencia do porto de Valença e como a vila miñota tamén vai sufrir as consecuencias do deterioro tudense, afirmandose así nunha historia paralela, e na que os momentos de declinio non tiñan fronteiras. A lenta recuperación da cidade nas dúas derradeiras décadas do século XV, cun alto número de reconstruccións dentro da urbe, non fará posible a recuperación demográfica de Tui, que entrará tarde na Idade Moderna -aínda que Galicia non conte moito na Coroa de Castela-, cunha poboación mínima -lonxe do que poderíamos calificar como cidade- e transformándose nunha fortaleza militar coa súa gornición, gobernador, oficiais reais, etc., reducíndose o seu comercio ao intercambio positivo que trae consigo a posición na fronteira, pero que se verá gravemente diminuído a mediados do século XVII, producto das más relacións con Portugal. Os primeiros datos que temos da sociedade tudense proveñen do propio contido das Cartas Forais de 1170. A intencionalidade igualitadora que os foros de Fernando II querían imprimir á sociedade tudense, lexitimados por Fernando III en 1250, fálanos do acceso aos postos concellís de calquera veciño da cidade, sen necesidade de pertencer a unha elite ou a un oficio “honrado”. A propia sustancia dos foros fernandinos garantíu a gobernación da cidade en igualdade de condicións para tódolos veciños, sen que ningún ficase marxinado pola prepotencia dun grupo predominante economicamente, tal e como acontecía en Santiago, Pontevedra, Ourense…. A mudanza dos tempos e a re-señorialización da cidade por parte de Diego de Muros trocaría a situación, acadando o goberno os grupos privilexiados -escudeirosfidalgos- favorecidos por unhas ordenanzas municipais que exaccionaban fiscalmente aos escudeiros polo feito de vivir na cidade o que sinalaba unha igualdade anterior dentro da cidade, visible en canto ao pago de tributos entre “nobres” e “xente do común” e que se facía máis que evidente pola abraiante ausencia de fidalgos ou baixo nobreza na cidade.. O predominio social da clerecía era obvia en Tui. Bispo e cóengos, encabezados estos polas dignidades -deán, tesoureiro, mestrescola, arcidiagos, etc-, repartían a súa influencia na cidade a través de grandes propiedades ou aforamentos de casas e rendas, ademais da preeminencia social baseada na vasalaxe da cidade ao señorío eclesiástico. Os cregos tiñan tamén unha importante influencia cidadá a través dos seus fillos -a maioría declarados- mancebas, criados, e outros parentes. A nobreza carece de presenza na cidade, un efecto claro dos foros de 1170. As estadas máis numerosas son protagonizadas polos Soutomaior desde comezos do século XIV, que tiñan parentes no cabido, e que chegaban a arrendar grandes

propiedades como no caso de Álvaro Paes casas e terreos, ficando como un dos máximos terratenentes de Tui. Xunto cos Soutomaior no século XV engadíanse os seus escudeiros como os Correa, con casa aforada na cidade, ou a presenza ocasional dos Valladares, Falcón, etc. A única familia nobre con claros vencellos urbanos vai ser a dos Lira. Esta familia con patrimonio e raices nas terras de Salceda e Salvaterra, irán diminuindo en propiedades desde o século XIV a medida que as doaban en mandas testamentarias á igrexa tudense. Pero por outra banda a súa sinalada orixe nobiliar e a carreira de armas facían destes Lira o sostén militar do cabido. As relacións coa cidade cimentabanse coa presenza dun xuíz desta familia -un dos coñecidos- quen en 1369 honrará ao rei portugués Fernando I co preito e homenaxe da cidade, Afonso Gómez de Lira. Logo veremos algúns membros da familia no concello ou dentro do cabido. Entre os datos interesantes sobre esta familia temos a petición de María Afonso “filla de Lopo Gomes de Lira neta de Afonso Gomes de Lira e irman de Pero Marinno de Lira como ela era moller de honrra e estado e filla dalgo pobre pediu ao cabido axuda por cuanto seu pai e seu irmao deixara en testamento todaslas posisons da familia”3. O cabido vendo o seu estado lle deixa só pola súa vida as posesións do seu pai para que labre, repare, etc., pero non puidendo vender nen allear. Polo xeral a nobreza tudense tiña como asento o rural, celme das súas posesións e orixe do seu poder. Neste senso indicar como os enterramentos catedralicios vencellados á nobreza da zona e defendidos polo bispo e cabido contra o convento de San Domingos sinalan as poucas liñaxes con algún vencello con Tui; Torrichao, Cerveira, Sobrada, Meira. Sobre os Sobrada un documento de 1342 sobre unha capela ordenada por Tareixa Fernans de Sobrada, e na que o capelán que non cumpría coas súas obrigas era destituido por outro familiar da casa nobiliar, tal e como ordenara a mesma Tareixa no seu testamento: “... por razom qe afonso gomes fillo de Vasco gomes de padroeso qe foy tyna delles a cappella qe dona Tareiga ffernans de sobrada mandara teer ena iglesia de Tuy con os beens et perteenças della et esse affonso gomes non era clerigo do coro de Tuy nen andava em habito de clerigo segundo devya aandar aqel qe tivese adta cappella et segundo mandara a dta dona tareiga em sua manda ante andava publicamente en habito de leigo. Et outrosy non aministrava os beens qe pertençia aadta cappella nen fazia dizer as missas nen as oras segundo era contuido ena manda nen pagara as aniversarias qe mandara por ellas a dta dona Tareyia...”4. Os escudeiros e fidalgos predominarían na fin do século XV, acrecentándose coas disposicións efectuadas nas Ordenanzas Municipais de Diego de Muros. Será este motivo, a ausencia de fidalgos e nobres na cidade durante a idade media, a que non existan casas brasonadas ou restos de tales na cidade, e igualmente que o goberno do concello non fose ocupado por elites fidalgas como no resto das vilas e cidades galega. Nun degrao máis abaixo, socialmente falando, estaba a burguesía, diferenciándose ela entre os máis ricos e os que menos posibilidades económicas tiñan. Os primeiros serán logo promovidos á fidalguía abandonando -por cuestión de prestixio- os seus oficios de mercadores adiñeirados ficando xa no século XVI como rendistas urbanos.

3 4

A.C.T. Prot. Lib. VIII. Fol. 161. 25 febreiro de 1425. A.C.T. Protocolos Gonçalvo Eans. Fol. 58v. 31 de xaneiro de 1342.

As profesións “liberais”, notarios, escribáns, avogados, disfrutaban dunha condición prestixiada, aparecendo na documentación como testemuñas de crédito e compoñedores maioritarios do concello. Os artesáns, o grupo máis numeroso, era tamén o máis homoxéneo. Noutro plano estaban os pobres, vellos e nenos. Os pobres non só eran os da propia cidade, ou sexa veciños ou moradores, senón aqueles que vindo de fóra, peregrinos prioritariamente, amosaban a súa pobreza. O cabido exercía con estes caridade, sobre todo se pertencían á clerecia: “…mandarom a Jacome Rodrigues canonigo tençeiro das aniversarias que dese a hun clerigo françes de esmolla para ajuda de seu caminno dez maravedis.”, “esmolla de çem maravedis vellos por amor deus aos cavaleiros de Costantinopla.”.5 O hospital de pobres e peregrinos da cidade acollía a tódolos necesitados que andaban polos camiños e atendían as propias necesidades da cidade. A importancia de Tui no camiño a Santiago está certificada na cita do xeografo árabe al-Idrisi -s.XII- na que pón a Tui como unha das principais cidades do Camiño desde o sur. Tamén é esclarecedora a referencia de 14416 na que o Concello expresa que “diseron que por quanto o espital desta dita çidade de Tuy era prove et non tyna tantas rendas por que congrua et ovesa en podesse sosteer et proveer os romeus et peligryns que a el de diversas partes do mundo cada dia vynam a o dito espital seen repado das cousas que a reparamento del perteneçian…”. A expresión máis habitual para renunciar a un foro era comentar a vellez, pobreza e doenza que o aqueixaba, o que era norma para todos incluso para os cóengos: “entom enno dito cabidoo vasco peres canonigo propos e diso aos ditos sennores como bem sabiam que ele muyto enfermo e apasyonado de dolor de parlasia de que jouneira en cama per muytos dias e tempo e que agora era quasy tollido das pernas da maneira que non podria andar e como enbicava que logo caya, por lo qual elle non podia vyr aos matyns que lle pedia de merçede que usando con ele de caridade e guardando o boom custume que sempre con outros teverom que o ouvese por relevado dos matyns e o mandavan contar e llo avia en graçia e merçede, e os ditos sennores diseron que por quanto eles eran çertos do que el dezia e el era homen que des quarenta annos aaca avya ben servydo a eglesia que lles prasia e mandaron a gonçalvo esteves contador das oras e a qual quer outro que o fose daqui adiante que o contase residente en ora aos matyns posto que a ela non vyese e que sobre a conçiençia del leixavam o cargo se aeles nin vyese quando podese, diso que llo avya en merçede”.7 A caridade era practicada con bastante frecuencia, e nas mandas testamentarias temos este exemplo: en 1334 “... Item mando que dem çem varas de burel a pobres por mina alma, et daqueles endeo eu ende et que o dem hu viren que mays conpre. Item mando que despoys que me soterrarem que dem por miña alma a pobres en pam et en viño, en pescado vinte libras de prata pequena....”8, e cara 1380 “... Yten mando que eno dia de minna sepoltura ou eno outro dia siguente dende comer a vinte pobres aun jantar...”9.

5

A.C.T. Prot. Lib. XIII. Fol. 11. 19 outubro de 1459. Ibidem. fol. 79. 25 xaneiro de 1462. A.C.T. Fondo Hospital. Libro de escrituras y documentos antiguos de este Hospital de Tuy (nº 242), 21 marzo de 1441. 7 A.C.T. Prot. Luis Vieira. Fol. 17. 2 xaneiro de 1467. 8 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 16. 9 A.C.T. Becerro I. Pax. 134v. Testamento de Juan Gonçalvez. 6

Unha categoría especial de pobre correspondía aos pobres vergonzosos, algo que o cabido tiña que escoitar de cando en vez. Sería o caso de Estabaina Soares, moradora en Gondomar na freguesia de Perellos. Pola súa condición fidalga “... pedio por merçe aos ditos dayam, cabido que se amerçeasem della polo amor de deus et que vissem em como ella era çega et pregeada...”, era pobre vergonzosa, e solitaba o perdón da déveda por unhas rendas que tiña sen pagar ao cabido, polo que en troques de continuar cos terreos que posuía en Tameiga -Mos- o cabido lle perdoaba a débeda, obrigandoa a pagar desde ese momento.10 A condición de pobre vergonzoso só podía ser manifestada por aqueles de orixe nobre que caísen en desgraza por motivos dispares. O cabido acostumaba a apiadarse da súa condición e perdoarle débedas ou os foros que posuían. Os nenos sufrían a dureza dunha época na que pasaban a traballar deixada apenas a infancia, non tendo dereitos algún. A morte era unha das constantes neste período, puidendo morrer nunha familia varios vástagos tal e como no-lo testemuña a documentación: “Maria Entroido que pague as carnotas dos tres seus fillos menores que se finaron, ela diz que era prove”, “Ruy da Lagoa Constança Fernandes moradores… tinan fillos çinquo fillos e fillos tres fillos e duas fillas, Fernan Rodrigues (XVII anos) e Pedrino (VI) e Tareiga (IX) e Maria (X) falesceu Ruy da Lagoa padre destes menores e feço sua manda con sutituiçom e morendose todos que se destisse por sua alma e daquelles cujos foran, morreuse logo Maria, logo Fernan Rodrigues e despois os outros todos”, “…Afonso do Avellao morador en freguesia de Santa Marina de Areas obligouse de dar e pagar a myn Afonso Fernandes notario en nome dos sennores deam e cabido XXIIII maravedis de tres carnotas de tres moços pequenos que se finaron seus cando fillos de sua moller Maria e mo ha de pagar doje a dez e seis dias aqui en Tuy so penna do dobro”11. A inmigración é un factor a ter en conta na cidade. Aparecen apelidos que referencian a procedencia da persoa. De Galicia ou fóra do reino temos numerosos datos: Fernán de Alcallá, Joán de Gigón, Ruy de Noia, Pero de Sevilla. Tamén os extranxeiros son habituais, moitos asentados e indicando co seu apelido a súa orixe, como os Franco. De orixe inglesa era Álvaro Ingrés (en 1475) que evidencia, polo facto de ser veciño da cidade, unha remota chegada dos seus ancestros desde a illa a Tui. Un seu fillo, Juan Ingrés, será alcalde da Hermandade a partires de 1499. A Muller É pouco preciso o que podemos falar do papel da muller tudense na Baixa Idade Media. Podemos apuntar certa independencia e liberdade transmitida pola ocupación da muller en profesións e unha determinada protección que lle dispensaba a lei. A muller compartía igualdade xurídica -relativa- con respeito aos homes. Á hora de aforar certas propiedades era preciso a autorización de ambo-los dous cónxuxes, aínda que na maioría das veces só estivera presente para asinar o contrato o home, feito quizais explicable pola necesidade de atender aos fillos ou ao traballo. En moitas ocasións a muller accedía ao traballo por necesidade de manter a familia, principalmente cando se producía a viuvez ou o abandono forzado -ou non- da casa por parte do home. 10 11

A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 14. 3 de febreiro de 1333. Ibidem. lib. XIII. Fol. 26. Ibidem. Ibidem. 17 maio de 1460.

Son variados os oficios aos que accedía a muller en Tui: candieira, lavandeira, parteira, estalaxeira, forneira, panadeira, tecedeira, tendeira, rendeira, etc. “…en que mora Ynes Anns estalageira…”, “…na rúa de Traslaobra, casa de Catalina Afonso paandeira.”, “…da outra parte con cassa da cavaleriça que trage Maria Fernandes tendeira.”.12 Outros oficios dentro da propia igrexa se cadra sorprende máis: “... pareçeu porante o dto vigario Maria Cabeça obeençal et rrecadador do lume do çiral do cruçifixo et das lampas da iglesia de Tuy...”, “... pareseu perante o dto juis Maria Peres dta cabeça recadador do lume das lanpaas da iglesia de Tuy presentou perante o dto juis hun testamento que fesera Maria Peres...”13. Tamén atopamos mulleres en posicións importantes adxudicatarias de rendas do cabido como a que levaba María de Casquaas en 1474 da renda de Guillarei por douscentos maravedís. A dama nobre tampouco ficaba desamparada dentro da familia. Transmitía a fidalguía e partillábase a herdanza familiar. Existían personaxes femininas de familias nobres que adquirían moito peso e protagonismo, como eran o caso de Dona Maior de Soutomaior ou Tareixa de Távora (muller de Pedro Madruga). A lei amparaba á muller en casos de extorsión, sobre todo cando se lle obrigaba a renunciar a algunha propiedade en favor dos seus familiares ou home. Neste tipo de protección entraba a muller de Xoán Afonso das Eiras, quen renunciaría e faría doazón duns foros en Arcos, a partir da fonte da Encoirada, en descargo da súa conciencia e do seu home quen destruíra os foros (probablemente como escudeiro de Pedro Madruga): “…a doaçom e renunçiou e quitou expresamente a ley do veliano e do divo adriano dadas a favor das mulleres como çerta e sabedora por personas entendidas da dictas leys e aqual quer raçom e excepçon e defenson que porsi oou por outro en seu nome podese seer posta dicta e alegada contra esta dicta doaçon.”14 O cabido recibiría a devandita doazón en satisfacción dos danos que Xoán Afonso das Eiras fixera no dito foro. O dictado por Diego de Muros en 1484 nas súas Ordenanzas Municipais para que as viúvas non paguen fiscalidade na cidade sempre e cando “vivieren honestamente en su viudez e non se entrometieren en tratar mercaderias e otros oficios non pertenesçientes a su estado”15, significa a fin dun modo de vida social máis dinámico e competitivo que debeu ser máis habitual do que a documentación deixa ver. O grande número de viúvas na cidade, producto das guerras Irmandiñas e de Sucesión, provocaría unha maior incremento na súa adicación nos “traballos dos homes” -na maioría dos casos con habilidade e destreza- cousa que non gustaba a un bispo conservador como Diego de Muros, aínda que este feito significase unha grave perda económica e de competitividade. Á muller correspondíalle no seu casamento unha dote, pertencente exclusivamente a ela, na que moitas veces ficaba testemuñada a súa entrega ou promesa por un notario: “Ante as portas da casa onde vive agora o dito Juan Rodrigues (prateiro), con sua muller Eness Eanes aqual le entregaron o dito dia por sua muller ele prometheu en dote aa dicta sua muller quatro marcos de plata…”, “…enna 12

Prot. Lib. XIII. Fol. 177. Ibidem. fol. 63. Ibidem. lib. XXV. Fol. 172. A.C.T. Protocolos Fernán Peres. Fol. 47 e 47v. 1 de xaneiro de 1360 e 12 de novembro de 1361. 14 A.C.T. Prot. lib. XXV. Fol. 127. 1483. 15 Sánchez Carrera, Mª C; “La gobernación de la ciudad de Tui a finales del siglo XV”, en Tui, Museo y Archivo histórico diocesano, tomo VI, pax. 52. 1992. 13

zapataria deu ho fillo de Juan Parçeiro a Enes filla de Afonso Lourenço quando cassou con el en arras hun marco de plata e ficou por fiador Fernan Gonçales e ho irman do noveo.”16 Aínda que o casamento podía ser por interés: Açerca da praça de Tuy a porta de Lourenço Rodrigues que deus perdoe, paresçeu Gonçalo de Peregal morador en Santo Estevo de Negros e Maria Afonso moradora enna freguesia de Pontellas, anbos presentes disto o dito Gonçalo de Peregal que por quanto ele estava soo sem muller por quanto sua moller sele fora e que sua fasenda que seya perder que el rogara e rogava a dicta Maria Afonso que fosse para elle e que estevesse con elle en sua cassa e quelle pormetia que avendo fillo ou filla delle que fosse herdeiro de todos seus bens e non no avendo que de quanto gaanare fosse a metade delle e que esto le prometia e outorgava… e a dicta Maria Afonso disso que le prasia e que asi o reçebia.”17 Podía acontecer o contrario, e a fuxida era o medio máis habitual: “Enna ribeira de Minno, termino da çibdat de Tuy onde sai a barqua de Valença, eno reino de Galigia. Margarida Gonçales non quere estar con seu marido en Entença, ela esta en Gondomil.”18 O problema do consentimento podía ter maior gravidade; “Constança Martis moradora en Varcea de Mera que Lourenço da Ermida morador enna freguesia de San Martin de Verdosido, avera des annos que casou con ella, menor de sete annos ou oito, casou por força, quando feso a voda eu le dixe que non fecese a voda, tomoua e levoua para sua cassa e nunqua conmygo consumou a copula carnal, fugiu da casa logo incontinente, tornaronna e fugiu outra ves”.19 Un caso excepcional polo protagonismo que vai conxugar, será o de Elvira García de Taborda. De orixe fidalga, emprenderá antes de 1377 a viaxe a Xerrusalen, en peregrinación e poderá estar de volta dunha viaxe tan perigosa para calquera nesa época en setembro de 1377. O episodio do seu retorno sorprendería ao cabido, xa que non o esperaba, pero sobre todo ao rendeiro das propiedades de Elvira García das que se estaba aproveitando sen rubor ao mal supoñer que pasado o tempo non retornaría. A razón de empregar as propiedades de Elvira García era o acordo que tiña acadado esta co cabido antes da súa marcha. O cabido prestaba mil doscentos maravedís de brancas para a ida de Elvira a Terra Santa, en troques ella ficaría coas posesións ata a súa morte. Debido ao moito tempo que transcurrira, o cabido deixara a renda das ditas posesións a Gonçalvo Nunes, que a rogo do cabido deixará as propiedades. O arranxo final outorgaría o desfrute das súas rendas a Elvira García ata a súa morte cunha renda anual baixa en compensación do emprego das mesmas en todo ese tempo: “... os dtos dayam et cabidoo rogarom ao dto gº nunes que huna renda quelle o dto cabidoo fesera dos beens que elvyra garçia de taborda que presente sya leixara et dera ao dto cabidoo quando se fora a jerusalem, os quaes o dto cabidoo reçebera por la gram tardança quea dta elvyra garçia fesera enna dta yda creendo que aviam com ela çerto tempo declarado aqueos podesem tomar nom vyndo ela et os arrendaram... Et logo en esta era feserom avinça com adta elvyra garçia sob los dtos beens en esta guisa conven a saber, que por rasom quea dta elira garçia quando dera os dtos beens ao dto cabidoo reçebera delles mill et dusentos mor de brancas para dta yda et ouvera de teer os dtos beens em sua vida...”20. 16

A.C.T. Prot. Lib. XXVII. Fol. 200. 16 abril de 1499. Ibidem. lib. XXIX. Fol. 45. 4 decembro de 1502. A.C.T. Prot. Lib. XXV. Fol. 236. 7 agosto de 1474. 18 Ibidem. fol. 238. 24 outubro de 1474. 19 Ibidem. lib. XXIX. Fol. 210. 1475. 20 A.C.T. Protocolos Nunes Gonçalves. Fol. 39. 26 de setembro de 1377. 17

Un dos apartados máis curiosos da devoción medieval que aínda que tamén atinxía a homes eran máis proclives as mulleres, será o do fenómeno das emparedadas. Semellan ser as emparedadas un fenómeno medieval peninsular. De certo en tódolos reinos da península existía esta práctica piadosa. Para fr. Joaquim de Santa Rosa Viterbo estas emparedadas habituais en Portugal entre os séculos XII e XV, “... Eram mulheres varonis que, desenganadas inteiramente do mundo, se sepultavam em vida numa estreita cela, cuja porta, no mesmo ponto da sua entrada, se fechava, com pedra e cal e só, por morte da inclusa, se abria, para ser levada finalmente á sepultura. No lugar da porta, e ao tempo de a tapar, ficava só una pequenina fresta por onde se lhes ministrava o indispensavelmente necessario para a vida, que poucas vezes passava de pão e água, recebiam o corpo de Cristo e falavam ao seu confessor únicamente no que respeitava á sua consciência. E de se fecharem entre paredes ou emparedando-se se chamaram emparedadas....”21. De feito en Portugal existían numerosos casos, en Lisboa, Santarém e Coimbra, sendo moi numerosas tamén en Porto. O bispo dispensaba a estas mulleres de oir misa, nun acto de penitencia voluntario aínda que extraordinario. En Castela o fenómeno tamén era abondoso. Existen referencias de emparedadas en León en 1304. En Salamanca as había nas igrexas de San Sebastián, San Juan del Alcázar, San Juan el Blanco e San Juan de Barbalos. En Toledo, a ermida de San Pedro de la Vega de San Martín serviría de casa de emparedadas.22 Temos que observar que a presenza de emparedadas xunto de igrexas era o máis habitual en Castela. A muller que escollía este camiño penitencial, construía de facto un cuarto xunto da parede dunha igrexa, e desde alí podía escoitar a eucarística. Estos lugares tan pronto foron empregados, ficaban reservados para emparedadas posteriores. A orixe das emparedadas temos que advertila quizais no poema de Gonzalo de Berceo Vida de Sancta Oria, redactada no século XIII, aínda que son probables os antecedentes latinos sobre a vida desta santa de San Millán de la Cogolla, a obra de Berceo debeu divulgala na península. Santa Oria xunto coa súa mestra Urraca, decidirán a escolla da mortificación da carne a través do seu encerramento entre estreitas paredes, a recompensa da santa vai ser a contemplación de visións celestiais durante o seu emparedamento23. Este exemplo beatífico motivaría sen dúbida a moitas mulleres desencantadas da vida a escoller esta forma de espiritualidade próxima ao eremitismo cristián pero nunha vertente extrema de aillamento urbano. En Tui a presenza de emparedadas fica testemuñada por unha rica documentación. “... aqella sua casa qe o dito cabidoo han enna rua da qe chaman porta vergaan asy como se parte da huma parte connas casas qe foron de estevo barreyros et da outra parte connas casas de stevaina rodrigues da oliveira aqual entesta enna casa da enparadinada et...”24, “... Enna rua qe chaman da porta vergaan por tal pleito et condiçom qe façam aqel sobrado em essa cassa qe esta ia començada viinaa afem con esse sobrado ao outon qe esta contra a enparedeada...”25, “...arendarom a fernan peres luminario da dita iglesia de Tuy et a sua moller Maria anns huna casa chaan que esta açerqua de Sta Maria do Portal que parte con casas das inparadinhadas et da outra con o curral das casas que tem o dito stevo domingues 21

Santa Rosa Viterbo de, fr. J; Elucidario das palavras, termos e frases... Volume II, 1ª edição 1798-1799. edición critica, 1966. pax. 213. 22 Sánchez Herrero, J; Las Diócesis del Reino de León, 1978. pax, 332, 333, 334. 23 Rich Greer, Margaret; Maria de Zayas Tells Baroque Tales of Loves and the Cruelty of Men. Pax. 428. 24 A.C.T. Protocolos Pero da Lagea. Fol. 27v. 12 de xullo de 1346. 25 A.C.T. Idem. Fol. 31v. 24 de abril de 1349.

da dita iglesia de Tuy e por lo cabido del et topa contra fondo en ellas meesmas et saay por portas contra a dita iglesia ...”26, “... enna rua das Adegas que partiam ao longo con resio et eyrado que estava contra as casas onde mora moor gomes et outras enderredor et do outro cabo con cassas em que morava o dito stevoo domingues canonico et entestava em casas das empardinadas et saam por portas aa dita rua as quaes eram da dita iglesia et anadavam en renda con a teença das cassas do curral que forom do dayam giralde anns....”27 ,“... Entom o dito Johan Afonsso renunçiou ennas maaos do dito cabidoo a teença das casas do curral que forom de girald ans deam segundo que as agora el dito Johan Afonsso tragia et lle forfam dadas em teença Et que pedia quelle arendassem a el et ao dito Rodrigo yans as ditas casas novamente em suas vidas delles segundo que as elles ontre su tinan partidas, convem a ssaber el dito Johan afonso avia partido con o dito Rodrigo ans as ditas casas em esta gissa que el dito Johan Afonso ficava enna parte contra as casas das jnparadeadas et que avya de dar por renda foro et penssiom em cada hun anno çem mrs et o dito Rodrigo yans que ficara enna parte da outra meatade das ditas casas contra as casas da dita iglesia ...”28. Tamén era habitual a caridade coas mesmas, como a realizada polo cóengo Juan Gonçalvez a fins do século XIV na súa manda testamentaria: “... Yten mando que conpren a minna custa un pano pardo et o den a pobres vergonçosos os quaes sejan as enparedadas que esteveren enesta çibdade de tuy coseytas et talladas paraseu vestir....”29. Con todo isto temos a presenza de polo menos dúas casas de emparedadas en Tui desde o século XIV. Unha estaría ubicada na rúa das Adegas, xunto da muralla e perto ou inmediata da praza da Catedral. A outra estaría na rúa da Porta Vergán -hoxe de San Telmo- seguramente na parte máis septentrional e cercana á capela de San Nicolao. A fins do século XV as guerras e desastres sociais consecuentes provocarían unha situación de crise e decadencia da cidade. O número de viúvas era elevado e un dos xeitos de canalizar a espiritualidade que nace en ocasións catastróficas e críticas era a vocación relixiosa nun convento. A ausencia dun convento feminino en Tui que atraese as viúvas e mulleres desesperanzadas tralos saqueos, violencias e opresións que sufríu a cidade nas últimas décadas do século, facía doado o retorno á devoción penitencial das emparedadas. O cerne seguramente ficou constituido por algunha muller encerrada nunha casa na rúa da Oliveira, e pronto se xuntarían varias máis. A casa, ao dicir de Avila y la Cueva, correspondería a unha próxima á igrexa de Santa María da Oliveira, e que as Monxas do Convento da Concepción anos máis tarde terían como propia dos seus capeláns, e que actualmente se se segue a conservar. Estas mulleres serían o núcleo fundador do convento de Santa María da Concepción, isto é das chamadas popularmente “monxas encerradas”, que tiveron como orixe o concepto medieval de emparedamento relixioso. A bula do Papa León X, do 13 de novembro de 1515, na que se concedía que seguisen a regla da orde terceira penitencial de San Francisco, sería a fundación do convento, pero a bula será explicita á hora da orixe das devotas mulleres, “Leo Papa X. Dilectis in Christo filiabus sororibus Oratorii, sive Domus de las Emparedadas 26

A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 45v. 5 de maio de 1423. A.C.T. Idem. Fol. 81v. 28 A.C.T. Protocolos Johan Rodrigues. Fol. 77v-78. 13 de xaneiro de 1436. 29 A.C.T. Becerro I. Fol. 134v. 27

nuncupate Sancte Marie Conceptionis Tudensis,...prout vivitis de present i absque emissione alicuius professionis et in eodem oratorio un capella cum altare ubi Missas audiebatis et eclesiastica sacramenta recipiebatis penitus habebatis et deinde bone memorie Petrus, olim episcopus tudensis...”30. Isto é, que era a casa das Emparedadas, e que comezaran a facer vida piadosa, con capela na casa para recibir os sacramentos, desde tempos do bispo Pedro Beltrán, o que supón unha data anterior a 1505 e non como supón Avila y La Cueva e outros sobre 1508. O bispo comezara o seu episcopado en 1487 e morrerá fóra da cidade en 1505. A intervención do prelado vai ser de carácter regulador tal e como se entende polo documento, seguramente autorizando e patrocinando a capela e demais necesidades sacramentais. Un documento de 1480 pode estar a sinalar o comezo desta congregación de mulleres piadosas en Tui baixo o vello modelo das emparedadas medievais: “...aquela cassa en que morava Maria Loureira que deus perdoe con seu enxido asi como todo esta junto e parte d ehun cabo con cassas de Pedro Rey e da outra parte con pardiñeiro que esta açerca da cassa de Gonçalo Peres e entesta encima ena parede da caustra das privadas e entesta ena rúa publica que vai para a plaça de Tuy...”31. A ubicación, próxima a casa en cuestión polo dato da rúa pública á praza do Concello, e o sentido de “claustra das privadas”, puidera ser a transformación dun pequeno enxido en parte da clausura das emparedadas. A mulleres que se congregaban na Oliveira en penitencia claustral eran en 1516: Biolanta de Santa María, Mariña Rodríguez, Leonor de Christos, Ana da Cruz, Ginebra Pereyra, María Francisca, Ana dos Santos, María Gonçalez, María Vázquez e Inés do Spíritu Santo. O 13 de novembro de 1517, instruidas nos rezos e oficios divinos e demais obrigacións que a regla á que se abrazaban impoñía, e dous anos despois da data da bula de León X, as relixiosas suxeitaríanse á obediencia e xurisdicción dos bispos tudenses32. Deste momento correspondería, tal e como indica atinadamente Bouzón Gallego, a inscripción que existía na portería do convento -actualmente museo da catedral- e na que sinala Presulus 1517. Resulta interesante a evolución que tomou en Tui o fenómeno das emparedadas, e que noutros lugares tamén remataría na realización de conventos, xa que este tipo de devoción iría desaparecendo para obrigar ás piadosas mulleres a canalizar os seus fervores e sentimentos na clausura dun convento. Finalmente, aínda que poidamos describir a situación da muller no medievo baixo un prisma positivo, non nos debemos esquecer que seguirá tendo un status un degrao máis baixo que o home, desprotexida, malia as leis, e marxinada dos foros económicos e administrativos, principalmente coas ordenanzas de Diego de Muros en 1485. Só a afouteza da muller ao emprender un oficio ou posicionarse nun mundo de homes, puido facerse respeitar, posibilidade esta que merece a nosa consideración para esta época pois con posterioridade o papel da muller na cidade non terá nen tan sequera esta opción.

30

Gómez Sobrino, J; “Santa María da Oliveira de Tuy”. Museo y Archivo Histórico Diocesano. 1976. tomo II. Apéndice I. 31 A.C.T. Prot. Lib. XXV. Fol. 48. 11 de novembro de 1480. 32 A.C.T. Avila y La Cueva, F; Papeis do Convento da Concepción. Tomo VI, s/p.

Os Xudeos Serían moitos os séculos de convivencia entre xudeus e cristiáns na península ibérica. Este status quo social permitiría un desenvolvemento cultural e demográfico da poboación hebrea moi superior ao que existía no resto de Europa. As particularidades relixiosas e culturais dos hebreos son un fenómeno chamativo que desde o punto de vista actual sorprende pola riqueza que esa interrelación social cos cristiáns e mulsulmáns puido aportar á sociedade medieval. En realidade a poboación xudea non constitúe un caso excepcional dentro do panorama social na península ibérica. Os hebreos formaban parte desa sociedade medieval e se inxerían dentro das súas singularidades presentándose como un todo coherente dentro da mentalidade medieval. Un dos feitos máis característicos da comunidade xudea -e que de feito a distanciaban dos musulmáns- era a súa orixe bíblica, isto é, forman parte do pobo elixido, do pobo no que naceu e predicou Cristo, e polo tanto Xesús tamén era hebreo. Relación esta que se esquecía para sinalar máis -e con crueldade- a crucifixión de Cristo, “feita polos xudeus” ou “pobo deicida”, tal e como gustaban lembrar os cristiáns durante os momentos máis tensos da longa convivencia e incluso en calquera oportunidade que se presentara entre os veciños que se toleraban pero que coñecían as súas diferencias. En Galicia, o número de xudeus semella ser escaso -sobre todo en relación co sur peninsular con alxamas máis poboadas-. As referencias documentais son poucas e na maior parte dos casos só manifestan casos aillados, simples pegadas dunha poboación hebrea de non moita relevancia tal e como sinalan as recaudacións impositivas de fins do século XV. Os primeiros xudeus documentados van a estar en Celanova nos ss. X-XI, co seu importante mosteiro, e relacionados coa actividade mercantil. En Galicia os hebreos van ser un grupo predominantemente urbano -tal e como era no resto da península ata o século XV, cando se esparexa a poboación polo rural, fuxindo das persecucións e matanzas-; así os principais núcleos urbanos comerciais como A Coruña, Betanzos, Ourense, Lugo, Pontevedra, Baiona, Rivadavia, Allariz ou Monforte de Lemos, albergarán poboacións xudeas, non moi numerosas que seguindo o mellor caso documentado -o de Ourense- non deberon nunca pasar do 2% do total de habitantes, aínda que referencias históricas como a de Rivadavia -polo cronista Froissart para a toma da vila en 1386- puideron dar unha poboación maior en determinados momentos. A excepción de casos aillados -polo menos no que se averigua na documentación conservada- a convivencia entre xudeus e cristiáns nas vilas e cidades galegas debeu ser pacífica, posto que non coñecemos que se producisen altercados e pogromos33 contra as xuderías tal e como se produciron no resto da península a fins do século XIV e principios do XV. Os problemas máis habituais deberon producirse máis Esta é unha palabra rusa que quere dicir “movimento popular”, sobre todo fai referencia ás matanzas e saqueos do século XIX nas xuderías rusas, en moitas ocasións promovidas polos mesmos zares e que podían ir acompañadas por leis antisemitas. 33

como roce de vecindade -insultos mutuos contra as dúas relixións- que como froito dun latente antisemitismo. É probable que o pouco número de hebreos en Galicia ou incluso a súa colaboración en moitas rebelións urbanas34 lles puideron carrexar o respeto da poboación cristiá. A pacífica convivencia nestes séculos non significa que non existisen medidas de apartamento e marxinación da poboación xudea, arbitradas tanto polos monarcas como pola igrexa. A primeira referencia a este último caso é a do Concilio de Letrán de 1215, na que as medidas antisemitas aludían á distinción a través de signos entre hebreos e cristiáns entre outras. Para o ano 1233, o arcebispo de Compostela trata de impoñer as prescripcións de Letrán, sendo probable que fracasase tamén esta imposición, toda vez que os monarcas protexían a unha poboación que lles reportaba sustanciosos dividendos a través de impostos especiais capitados directamente sobre os xudeus, estaban polo tanto baixo a vasalaxe do rei. Máis importante sería o intento de 1313 polo arcebispo de Compostela, Rodrigo, quen convocaría un Concilio provincial en Zamora, ao que acudiría un coengo tudense, Alfonso Pérez. Entre as disposicións antisemitas deste concilio se poden comprobar as queixas que neste tempo se presentaban contra os xudeus, queixas transformadas en prohibicións: defensa contra os cristiáns con privilexios, preeminencia social, trato cotiá cos cristiáns, recoñecemento xurídico, mancebas e amas cristiáns, facían escarnio da paixón de Cristo, non tiñan diferenciación cos cristiáns por sinais recoñecibles, exercicio da medicina cos cristiáns, hospitalidade cos cristiáns, non satisfacían o dezmo, restauraban sinagogas, prestaban diñeiro con usura35 e non gardaban as festas cristiáns ou o que é o mesmo: traballaban domingos e festivos.36 Ante as disposicións antisemitas propugnadas pola igrexa, por outra banda pouco eficaces, se comezaría a elevar un clima social enrarecido, tanto a peste coma as crises económicas ou as guerras -todo un- serán un factor determinante á hora de establecer unha culpabilidade directa sobre os xudeus -“o pobo que matou a Xesús”-. A situación sería tal que as incendiarias proclamas dalgúns cregos provocarían matanzas e saqueos nas principais xuderías do sur en 1391, extendéndose o fenómeno ao resto da península, agás en Galicia. Será o momento de predicación de San Vicente Ferrer, frade dominico, que acadaría grande sona precisamente polas conversións acadadas nas xuderías de Aragón e Castela, non sendo alleo a este feito Galicia, por ter andado San Vicente por estas terras. Será para 1432 cando os xudeos dos reinos peninsulares intenten refacerse de tan graves danos e redacten uns estatutos para regular as alxamas e xuderías, nun periodo de reconstrucción que tamén atinxe a Galicia que puido ter visto elevado o número de hebreos moradores nas súas cidades e vilas polas constantes fuxidas dos núcleos orixinarios en Castela e León.

A maior parte das cidades e vilas galegas estaban baixo o señorío episcopal, só casos puntuais ficaban baixo poder real -A Coruña e Baiona- e dos señores laicos -Ribadavia e Monforte-. 35 Isto é, con interese, a usura é un termo pexorativo, pero que en orixe tiña unha simple connotación económica. 36 José Ramón Ónega; Los Judíos en el reino de Galicia, pax. 282 e 283. 34

As Cortes de Madrigal (1476) renovarían as vellas prohibicións, e principalmente o de marcar a súa confesión cunha rodela vermella de seis pernas. Sendo secundado polas cortes de Toledo de 1480 cunha das medidas máis antigas, o de apartar aos xudeus a un espacio aillado da cidade -xudería- cousa que será aínda difícil de aplicar nun lugar coma Ourense, xa que poucos anos antes da expulsión seguía sen facerse efectiva a segregación. A expulsión decretada polos Reis Católicos o 20 de marzo de 1492 37 provocaría un éxodo de xentes da lei mosaica cara o exterior, non sendo tan significativa a cantidade de xudeos que escollan o exilio 38, máis ben o fenómeno viría con moitas conversións aparentes e coa problemática posterior que xurdiría coa Inquisición. As comunidades hebreas de Galicia é probable que estableceran vínculos entre elas, principalmente observado pola mobilidade de moitos dos seus compoñentes. Poderíamos establecer claramente dúas zonas para as “xuderías” galegas: norte e sur. A zona norte se establecería na liña costeira de Ribadeo, Betanzos e A Coruña con comunicación con Santiago de Compostela. A zona sur é unha ruta que ven desde o interior ata a costa: Ourense, Ribadavia, Tui e Baiona, con relacións con Monforte e Allariz. A escaseza documental e arqueolóxica da Galicia urbana medieval, coa excepción do caso ourensá, impide coñecer o papel dos xudeus na Galicia baixomedieval e só as referencias a impostos ou as noticias ailladas dalgunha personaxe hebrea nos sinala a súa presencia; a existencia de sinagogas e cemiterios xudeus en varias vilas e cidades de Galicia indica que a poboación hebrea aínda que escasa, foi activa e participativa na sociedade galega. Coa expulsión e a aparición dos conversos se vai creando un clima hostil alimentado polas envexas e as accións do Santo Oficio contra moitas familias criptoxudaicas. O poder acadado, tanto económico coma social, por familias conversas de orixe portuguesa, acenderán moitos odios nas diferentes vilas e cidades de Galicia, principalmente aquelas nas que se concentraban estas “novas comunidades” de conversos, con tendencia á endogamia entre as diferentes familias establecidas na rexión -Pontevedra, Tui, Ribadavia, Baiona, Vigo, ...-. As fuxidas de moitas destas familias, integrándose nas comunidades hebreas da Europa -Paises Baixos, Florencia, Pisa, Salónica, Estambul, etc.-, fomentarían a certeza entre moitas capas da sociedade de que todos os conversos xudaizaban e polo tanto non eran de fiar. Tamén se alimentaba a desconfianza sobre aqueles que puidesen ter unha maior curiosidade intelectual, por mor da gran presencia de médicos entre os conversos, ou de persoas interesadas na lectura da Biblia -algo normal entre os xudeus e logo tamén entre os protestantes- ou formadas culturalmente.

En secreto agardaban Isabel e Fernando que se materializase unha conversión masiva da poboación xudea nos seus reinos. 38 Calcúlase actualmente unha poboación hebrea do 2% sobre o total dos reinos aragonés e castelán, e destes a metade marcharían, supoñendo un total aproximado de 50.000 os xudeus que obten por abandonar a península ou instalarse en Portugal; en moitos casos se viron na obriga de retornar e noutros, xa conversos, retornarían de Portugal. 37

Malia das investigacións e os procesos inquisitoriais en Galicia, esta non se convertiría nun país antisemita, e algúns brotes anti-cristiánsnovos obedeceron máis a envexas locais contra o poder e a influencia de diferentes familias conversas. A Comunidade xudea de Tui Coma noutros casos en Galicia, o aporte documental para a presencia hebrea en Tui é máis ben escaso e se reproducen semellantes dificultades á hora de enxuizar unha poboación que existe pero da que non sabemos case nada da sua organización, participación nos problemas do Concello ou a súa relación co señorío episcopal. A Alxama Malia de non termos moitos datos, as comparacións con Ourense39 e outras mencións nos arquivos medievais galegos, fan ver á comunidade xudea de Tui como un punto importante no panorama social galego nos séculos medievais. Alxama é unha denominación xurídica medieval que rexistra a presencia dunha organización comunitaria con obxetivos como o de gobernar á comunidade, manter a sinagoga e cemiterio e demais servizos necesarios para os membros da comunidade 40. Non hai que confundir Alxama e Xudería, toda vez que esta última se refire unicamente á zona habitada maioritariamente por xudeus. O termo Alxama aplicado a Tui aparece en repetidas ocasións nas cédulas reais, e que se conservou na documentación municipal de Santiago e Pontevedra: en 1420 no libro do concello de Santiago, o rei nomea como recadador maior dos décimos da mar e dos alfolís do sal para o arcebispado de Compostela e bispado de Tui, dirixíndose aos arrendadores e ás comunidades xudeas de Santiago e Tui deste xeito: “a las aljamas de los judios et moros de las dichas çibdades de Santiago et Tuy et de todas las otras villas”. No libro do concello de Pontevedra, para 1437, o rei Xoán II se dirixe “a las aljamas de judios e moros las dichas çibdades de Santiago y Tuy” entre outras.41 A dificultade destas referencias está na mención aos mouros, singularmente posto que xa non existían por estas terras polo que se fai posible que fose esta unha simple fórmula diplomática. A existencia de xudeus con sinagoga e cemiterio, isto é, cos elementos mínimos dunha comunidade relixiosa diferenciada, nos fan pensar na realidade da alxama tudense, iso si, a ausencia de Tui na documentación fiscal da coroa, crea outro problema de interpretación toda vez que por unha banda impide aproximarnos ao número de hebreos que habitaban Tui e por outra nos obriga a explicar a súa ausencia nunha época que se documentan tantos cabezas de familia xudeos como en comunidades que tributaban como Ourense.42 Ourense conservou ademais da súa documentación eclesiástica, como no caso de Tui, os imprescindibles fondos municipais, cunhas relacións estatísticas que ademais de revelar a constante presencia de elementos hebreos na cidade no século XV, establece un punto de partida para a súa proporción con respecto ao resto da poboación, deste xeito os xudeus ourensás mantiñan unha poboación de aproximadamente o 2% na cidade das Burgas. 40 Mª Gloria de Antonio Rubio; Os Xudeus en Galicia. Lóstrego. Verín-Santiago 2004. 41 Idem. pax. 24. 42 Principalmente importante era o imposto do “servicio e medio servicio” que se cobraba cada ano, conservándose as cantidades para os anos 1464, 1472, 1474, 1479, 1482, coa referencia para os anos 1472 e 1474 no que se impuso un canón persoal de 45 maravedis por cabeza de familia, polo que a partir desta base se pode calcular, aproximadamente o número de xudeus en Galicia. Os lugares que tributaban eran agrupados deste xeito: A Coruña, Betanzos e Ribadeo / Ourense, Monforte, Allariz e Ribadavia / Baiona. A ausencia de 39

Como alxama a comunidade hebrea de Tui precisaba dun Consello de anciáns e dun xudeo maior para asumir a representación da comunidade perante o señor feudal, o bispo, ou o mesmo concello, sempre para intervir e solucionar os problemas dos xudeus. Do mesmo xeito os xudeus tiñan o seu propio tribunal de xustiza para dirimir preitos e delictos que afectasen exclusivamente á comunidade, xa que se intervise algún cristián a competencia era dos xuices do concello. A lei a aplicar era a Torá, que son os cinco primeiros libros da Biblia cristiá -Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomioasí como o Talmud, que son os comentarios á Torá, polo que tiña tamén un carácter sagrado.43 A Xudería En sentido estricto o termo non se podería aplicar a Tui posto que non se formou un poboación xudea nun lugar determinado da cidade e con carácter maioritario, sobre todo para o que máis coñecemos que é o século XV. Na época de maior florecemento tanto da cidade e polo tanto dos hebreos en Tui -séculos XII-XIV- se puido dar algún tipo de concentración nalgún barrio pero a documentación non fai referencia a nomes de rúas que nos den pistas da súa presencia maioritaria tal e como aparece para os ferreiros, zapateiros, carpinteiros, etc. É evidente que a estancia en Tui de elementos xudeus desde tempos altomedievais é máis que probable, pero a súa presenza continua e conformadora dunha comunidade diferenciada non se pode remontar máis aló do século XII. A labor de Fernando II como protector dos xudeus é coñecida, principalmente pola carta foral de Salamanca onde lles aporta unha serie de privilexios que os poñía en pé de igualdade cos cristiáns. Do mesmo xeito o monarca portugués Afonso Henriques favoreceu o desenvolvemento das comunidades hebreas no seu reino. Estos dous reis empregarían moitas forzas e tempo en tomar e reconquistar Tui para os seus respectivos reinos na segunda metade do século XII. Finalmente tanto un coma o outro outorgarían privilexios e beneficios á cidade sendo Fernando II o encargado de definir Tui, ampliando o seu perímetro urbano, concedéndolle carta foral 44 ventaxosa e obrigando á construcción dunha muralla que protexese tan fundamental punto estratéxico. Fernando II faría especial fincapé na parte mercantil do seu foro, o que privilexiaría aos tudenses nos seus tratos comerciais co exterior. Isto supuña unha posición favorecedora para os mercaderes que incrementaba o valor estratéxico de Tui e os seus portos fluviais. Os xudeus non deberon ser alleos a estas condicións favorables e puideron habitar Tui xa na segunda metade do século XII. Un dos elementos máis carismáticos e reveladores da presenza hebrea en Tui o conforma a menorá45 ou candieiro de sete brazos gravado no canto da galería oriental do claustro catedralicio.

Tui se pode motivar por defecto das fontes documentais ou ben por algún tipo de exacción fiscal aos xudeus de Tui, privilexiados dalgún xeito polos monarcas ou ben pola dificil situación de Tui na fronteira e as guerras e conflitos sufridos ao longo do século XV. 43 Mª Gloria de Antonio Rubio; op. cit. 44 A carta foral ou foro é unha serie de privilexios ou reglamentacións xurídicas vantaxosas para os habitantes ou novos moradores do lugar. 45 A menorá é un dos símbolos máis importantes da relixión xudea no exilio.

Esta menorá orientada cara a Sala Capitular románica (século XII) nun lugar preeminente para a súa visión46 está acompañada de dúas letras iniciais en alfabeto latino (F p) cuxa significación podería ter que ver coa intención de doazón dunha comunidade máis que o signo dun canteiro47 ou incluso como espazo reservado aos representantes da comunidade tal e como aparecen signos gremiais no resto do claustro. Estamos ante un feito singular, tanto polo lugar en que se fai a inscripción como na total ausencia de símbolos semellantes no resto do claustro e incluso de toda a Catedral. É máis que probable que a comunidade hebrea de Tui ofrecese unha cantidade de diñeiro para rematar as obras do claustro, que ficarían terminadas antes de 126448. Este dato confirmaríase coa inscripción que fica a carón da menorá, e que en caracteres latinos49 representaría o nome e apelido dun mercador local da primeira metade do século XIII, Xoán Arias50. Datar ambas inscripcións, non semella fácil, posto que a epigrafía -en escritura carolina- pode chegar a ser tardía, algo habitual en Galicia, aínda que a data máis lonxana nunca podería ir máis aló do terceiro cuarto do século XIII cando temos constancia dunha inscripción epigráfica en letra gótica na catedral. Ante un feito tan revelador como son os gravados do claustro tudense, semella fácil entender que a comunidade de Tui xa estaba plenamente formaba na primeira metade do século XIII, aínda que a escaseza documental impidanos coñecer personaxes desta comunidade ata o século XV. No século XIV aparecen apelidos que puideran corresponder a unha orixe hebrea como son Pero Çay51 e Domingo Debrey52. Non será ata o século XV no que aparezan con certa regularidade xudeos na cidade, e incluso precisaríamos, que son máis abondosos na segunda metade do século. No primeiro cuarto do século XV viviría Pero Judeu 53, carniceiro, feito moi importante posto que revelaría a presencia dunha comunidade de importancia ao ter carnicería propia. Vivía Pero próximo ao actual túnel da Misericordia. A sala capitular esta máis baixa que o resto do claustro, a galería oriental estaba á mesma altura que o acceso da sala, polo que a inscripción estaba antigamente a altura da cabeza. A sala capitular era o lugar de reunión do bispo e o cabido, era unha estancia máis “administrativa” que relixiosa, nela se gardaba o tesouro, os privilexios e os escritos notariais dos arrendamentos das propiedades eclesiásticas aos veciños da cidade e do bispado. 47 Interpretación que ata o momento se viña dando, pero que tanto a importancia do lugar como outros casos análogos fan posible pensar na hipótese dunha doazón. 48 Pascual Galindo Romeo; Tuy en la baja edad media, 1923. fol. 103. Segundo se transcribe do testamento do coengo Fernán Eans, quen fai unha doazón de cen maravedis para empedrar o claustro, proba de que xa rematara toda a obra estrutural. 49 Normal se consideramos que estamos nunha igrexa cristiá. 50 A inscripción estaría en latín -o que abondaría a súa antigüidade- de aí que modifiquemos a teoría expresada no libro Xudeus e Conversos de Tui -2004- xa que a aparición deste nome vencellado ao arcediago Fernáns Eans en 1264 deixanos tras esta pista. 51 Prot. Fernán Eans. 15 decembro de 1362; …a viña que foy de pero çay... O apelido tería que ver cunha forma corrompida de Isaac bastante común na idade media, incluso existíu unha personaxe famosa, Don Çag de la Maleha, almoxarife maior de Alfonso X, en 1280 caería en desgracia, por apoiar ao herdeiro o infante D. Sancho. 52 Prot. Nuno Gonzales, fol. 12v. 15 decembro de 1369. …o formal das casas da Canicouba...de contra cima parte con has casas que foron de domingo debrey..., ebrei, ebreo, etc., era un apelido común entre os xudeos toledanos, quizais neste caso puiderase tratar dunha vella familia conversa. 53 Prot. Stevo Suares, fol. 25. 26 agosto de 1412. …ena rua triparia…en que mora pero judeu carniçeiro. O oficio de carniceiro entre xudeus semella non documentarse noutras partes de Galicia. A importancia da carnicería se debía polas prescripcións relixiosas, xa que os xudeus só podían comer carne sacrificada por un xudeu e que o animal se desangrase totalmente. 46

Para os últimos anos do século XIV ou primeiros do XV vivía na rúa da Carpentaria un tal Don Semuel54, que aínda que non se nos indique profesión, o tratamento distintivo si nos fai ver a importancia da personaxe. Para a década de 1430, contamos coa singular existencia dos prateiros Abraam e Jacó, con numerosos tratos co cabido tudense. Na segunda metade do século XV aparecerán unha serie de xudeus: León, Solomón Caadia, o mestre Janín, Solomón Çidicario, Davy, Solomón xenro de León, Saúl, Mosse…, nalgúns casos coñecendo a súa casa e oficio e noutros o contexto nos revela a súa ocupación. Será o número de xudeus aparecidos en case nunha década (+-1470) o que pode aproximarnos á proporción de xudeus en Tui neses momentos de recesión demográfica55. Con estas referencias nos aproximaríamos a unha dúzia de familias hebreas en Tui nas décadas finais do século XV, polo que representarían non máis do 7% da poboación, cifra superior ao que representaba a poboación de Ourense, a mellor documentada, cun 2% de xudeus na cidade. Para as rúas habitadas polos xudeus, temos un ampla variedade, desde a Triparia á Canicouba ou a mesma Praza do Concello. A súa dispersión pode significar máis o seu pequeno número que unha integración total cos veciños da cidade, aínda que a ausencia de feitos ou altercados cos hebreos puidera dar a entender esta posición. Tamén significativo era o nome dado a unha Torre da muralla, Torre do 56 Xudeu , que está na Rúa Nova e forma parte do conxunto da Casa Negra, dato que reafirma a dispersión da poboación en diferentes momentos do medievo tudense. A Sinagoga Un dos elementos máis característicos dunha comunidade relixiosa e sen dúvida o seu lugar de culto, o lugar de reunión ou asemblea, significado en grego da palabra sinagoga. As funcións da sinagoga eran varias: ademais de lugar de culto, tamén era espazo para o estudio da Torá ou lei, e tamén o sitio de reunión da comunidade hebrea, ficando nela o tribunal e a custodia dos documentos tanto económicos coma sociais.57 A sinagoga en Tui estaba ubicada xunto da muralla, perto dos vellos pazos e curral do bispo58, lugar interesante posto que ficaban así baixo a protección do bispo Prot. Johan Rodrigues. 1416-1419. fol. 118. 4 de xullo de 1419. Temos en conta que as personaxes que aparecen na documentación son cabezas de familia, tamén haberá que ter en conta que aparecen cando a cidade está en pleno periodo de guerras -Irmandiña, de Sucesión, señorial, etc.- polo que a devastación na cidade foi ampla, de tal xeito que na década posterior, o bispo tudense sinalaría que Tui xa non tiña aspecto de cidade e a súa poboación tiña diminuido grandemente, polo que se procederá a un cálculo aproximado dos habitantes da cidade neses momentos, cunha cifra inferior aos mil veciños e moradores, xa que a documentación do século XVI fala ben claro dunha poboación extramamente minguada. 56 Prot. Johan Rodrigues. Fol. 4. xaneiro de 1433; …ora a outra escada que esta a çerqua da torre que chaman do judeu. 57 Mª Gloria de Antonio Rubio: op. cit. pax. 31. 58 Ernesto Iglesias Almeida; Sefarad 1987, Los Judios de Tui; “Rua da Oliveira. Por las casas que foron Toura dos Judeos que he a cabaleriça que esta pegada ao muro han as Aniversarias de pension oyto mrs”.Indice de Foros 1546. Arquivo Catedral de Tui. Este autor menciona un documento de 1436 no que refire unha presunta “casas das judiadas”, erro interpretativo xa que na documentación orixinal -e existen varias copias en pergamiño e papel dí en realidade “casas das inparedadas”, casa que se ubicaba na rúa das Adegas e que xa temos falado cando describimos o fenómeno das emparedadas en Tui. 54 55

-por estar xunto da muralla, propiedade compartida co cabido; e dos pazos episcopais de onde emanaba o “poder señorial”- ademais do amparo real, feito que a pode relacionar coa presunta doazón para as obras do claustro catedralicio, xa que logo, puido ser un acto da comunidade hebrea de Tui para congraciarse co bispo e así poder construir a sinagoga.59 Aínda que non coñecemos a data de construcción da devandita sinagoga, o feito de estar xunto da muralla a expuso aos constantes ataques e cercos da cidade, sufridos sobre todo desde a segunda metade do século XIV -1369, 1418, 1456, 1467, 1476, etc.polo que a súa ruina debeu ser reiterada, e por lóxica a súa reconstrucción -a data da súa mención é de 1546, polo que debeu ser funcional ata a expulsión de 1492- o que é síntoma dunha comunidade activa. O nome popular outorgado na documentación á sinagoga, Toura, que empata co que se expresa en Ribadavia, é unha referencia a unha das funcións do edificio: o estudio da Torá. Vencellada á sinagoga estaría o baño ritual ou micvé-tahará. O baño ritual realizábase nunha fonte natural de manancial ou auga de chuvia, usándose para a purificación das persoas que tiñan estado en contacto con impurezas -a menstruación das mulleres, por exemplo- ou tiñan adquirido algunha enfermidade contaxiosa. Os conversos -ao xudaismo- mergullábanse na auga así como os noivos antes da voda. A existencia da famosa pía, que daría nome á porta da muralla medieval, xunto da sinagoga tudense, só o podemos interpretar como que en orixe esa “pía” estaba destinada ao baño ritual hebreo. Segundo Ambrosio de Morales no século XVI, consideraba esta pía de orixe grego, e as súas proporcións eran de quince pés de diámetro por máis de dous estados de profundidade60, aproximadamente 5x5 metros, e estaba tallada nun penedo que sobresaía no lugar. Esta pía desaparecería a fins do século XVII ou comezos do XVIII polos problemas que se derivaban de tanta auga acumulada nese espacio, toda vez que antes a súa utilización pola comunidade hebrea evitaría este cegamento da pía. A ubicación exacta da pía nola trae un documento de 1529: “Ytem apegaron unas casas que trae de su Sª Fernán Loçano que esta dentro de la çibdad de Tuy segund que parten de longo a longo con el çillero del Señor Obispo y entesta contra la plaça en casa dizimo a dios en que vive Juan de San Juan e descontra las Torres entesta en la cavaleeriza que trae aforada de su Señoria el bachiller Fernando Perez e sale con puerta al eyrado donde esta la pila grande, digo queentesta con la cassa diezmo a dios en que bivia Juan de San Juan que hera del bachiller Fernan Perez, paga medio real.”61 O eirado do que fala o documento é un espazo aínda existente entre varias vivendas e que actualmente constitúe o acceso principal ao caserón do SarmientoZelaya na rúa Ordóñez. O historiador tudense Avila y La Cueva 62 nos fala da tradición popular, ubicándonos outra Toura dos Xudeus no arrabalde de Riomuiños, xa de cara á parroquia de Randufe, no lugar denominado da Saravia. Normalmente esta vella toponimia identifica con bastante acerto a presencia hebrea en moitos lugares, e neste caso aqui se Por suposto que é esta unha conxetura, aínda que sexa moi factible. Idem. pax. 19. 61 A.C.T. Becerro II. Fol. 189v. 1529. “Cosas que trae Fernan Loçano”. 62 Francisco Avila y La Cueva; Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado, ed. facsimil Consello da Cultura Galega 1995. pax. 169. 59 60

ubicaba o cemiterio xudeu, polo que a alusión á Toura puidera estar xustificada pola existencia dun pequeno oratorio xunto do cemiterio. O Cemiterio Un rasgo importante dunha comunidade, ademais de coñecer onde moran, onde practican a súa devoción, ou onde traballan é o lugar no que descansan definitivamente. Os cristiáns tiñan cemiterios no mesmo espazo sagrado das igrexas -tanto interior coma no adro-. A importancia do cemiterio para un hebreo estaba por riba incluso da mesma sinagoga, polo que manter o cemiterio era unha prioridade para a comunidade. Os ritos xudeus son abondosos nestos casos, principalmente baseados na crenza dunha vida ultraterrea, polo que era fundamental a inhumación do cadáver, a orientación do corpo cara a Xerrusalen, ao que tamén se lle practicaba certos rituais, como lavar o corpo con auga morna ou quente, o recitado de pasaxes bíblicas, que o corpo mantivese contacto coa terra, etc.63 O único que podía sinalar a existencia dos enterramentos eran as lousas trapezoidais cos nomes dos falecidos, estas denominábanse matzevé. A ubicación do cemiterio hebreo de Tui, sinalado na documentación do século XVI, estaba nos arredores do barrio da Saravia. Tal e como figura, o cemiterio debía estar nun monte próximo ao río Tripes -heredad e monte64- e que o mesmo Avila y La Cueva chegou a coñecer como Monterreal65. Si cabe, este lugar debeu ser o que logo ocuparía a congregación do Buen Pastor a comezos do século XX, cuxo edificio tiña unha extensión de monte circundado e dominante sobre os campos veciños. É importante sinalar, como nos advirte Mª Gloria de Antonio, que o cemiterio debíase instalar nunhas terras que nunca antes fosen cultivadas e que ficasen próximas a un río, requisitos estes que cumpría o cemiterio tudense. É por todo isto que a alusión á finca do Buen Pastor non sexa casual, pois semella un dos poucos lugares que permaneceron “incultos” nos arredores do barrio da Saravia. O cemiterio estaría emprazado xunto do “camiño real”, a estrada que levaba de Tui a Baiona, polo que esta destacada vía de comunicación -comercial- debeu ser punto clave de referencia á hora de instalar o cemiterio por parte da comunidade hebrea de Tui. As actividades profesionais dos xudeus Os Recadadores Durante a Idade Media existían impostos especiais que só se aplicaban á poboación hebrea como: a “cabeza de pecho”, cantidade anual que cada hebreo tributaba pola especial protección do monarca, asignándose unha cantidade global; Tui

Mª Gloria de Antonio Rubio; op. cit. pax 37, 38. Lib. Becerro II. Fol 190v.1529. Heredades de los Judios. Yten traya Ruy lopez çapatero de Sª la heredad e monte que fue fosario de los judios çerca desta çibdad de Tuy asi como la trae agora çerrada e circundada sobresi paga seys maravedis viejos. 1541. fol. 327. Eredad de fosario dos judios que trae alvaro franco.… les aforo la eredad que llaman fosario de los judios da par desta ciudad pagar cada un año diez maravedis viejos. 65 Francisco Avila y La Cueva; op. cit. “…y de la otra parte del puente calle seguida se titula Saravia, y un barrio allí pegado que esta en un alto se espresa Monte real, ….Cuyos dos ultimos sitios ya pertenecen a la aldea de Randufe: y de ellos según tradición habitaron Judíos, y tubieron Sinagoga en el tiempo que eran permitidos en España; y comprueba esto el que allí hay un terreno que antes se titulaba Toura de los Judíos, y hoy en día es desconocido, cuyo era del dominio del Sr. Obispo por el que percibía dos reales de foro y este nombre Toura que le daban los Cristianos sin duda equivale al de Sinagoga.” pax. 169. 63

64

está contemplada neste imposto para os anos 1418 e 1421, tal e como recolle o libro do Concello de Santiago.66 O “servicio e medio servicio” era outra cantidade extraordinaria, na que Tui non aparece nas contas, feito que impide un control sobre a demografía hebrea na segunda metade do século XV, tal e como acontece para outros lugares. Tamén importante era o “servicio de los castellanos de oro”, imposto pola guerra de Granada. Os tributos máis habituais que podían ser recadados por xudeus era: o xantar, un vello imposto sobre a hospedaxe do monarca pero logo transformado nun tributo anual, en Tui a exención deste imposto viña dos vellos privilexios reais, pero que en ocasións se chegaron a recadar por pura extorsión dos cabaleiros feudais. O pedido era un imposto especial concedido polas Cortes, polo que o arrendamento era bastante simple. Tamén gravabase sobre o consumo do sal, os alfolís do sal, do que Tui era un importante centro reexportador. O Décimos do Mar era un imposto aduaneiro, e Tui co tráfico dos seus portos fluviais e a fronteira tamén estaba suxeito a esta tributación. Pero para Tui as alusións a recadadores xudeus se refiren ás alcabalas, imposto que se gravaba sobre a venta de todos os productos. Recadadores das alcabalas de Tui e o seu bispado foron Salomón Baquix, en 1435 e 1437, e Abrahán Cepedal no periodo 14671469. Outro recadador será Salomón Çidicario, servidor do arcebispo de Santiago, Lope de Mendoza, en 1443. Para o compostelán recadará vinte mil maravedís dos alfolís de Pontevedra, destinados logo estos cartos para a seguridade de vilas e fortalezas67. Cónstanos polo mesmo libro do Concello de Pontevedra que Salomón era veciño de Santiago por esas datas.68 En 1474 figura que Salomón Çidicario vivía en Tui, posto que nunha concordia para o pago dun foro, se xuntaron notario e testigos á porta de Salomón.69 Para 1475 o vemos en tratos co notario Fernán Peres, ao que lle debía cen maravedis.70 Os Prateiros É do oficio de prateiro do que temos maiores coñecementos en Tui, principalmente pola existencia de negocios entre os prateiros xudeus e o cabido tudense, feito que propiciaría a súa reiterada aparición na documentación catedralicia. Entre os anos 1433 e 1437 vamos notar a continua presenza do prateiro Abraan. En varias ocasións será pola compra de cálices. 71 Neses anos, algúns roubos efectuados no tesouro da catedral, con responsabilidade dalgúns cóengos, provocaría a obriga de mercar cálices novos. Para poder financiar a compra deses cálices acadaríase o compromiso de algúns cóengos que debían certas cantidades de herdanzas ou reparamentos de casas non realizados, polo que chegaban a un acordo co cabido para

66

Rodríguez González, Ángel; Libro do Concello de Santiago, 1416-1422. Consello da Cultura, 1992. pax. 279. 67 Armas Castro, J; Pontevedra en los siglos XII a XV, 1992. doc. 34. pax. 335. 68 Mª Gloria de Antonio Rubio; op. cit. pax. 24. 69 A.C.T. Prot. Fernán Peres. Fol. 236. 7 agosto de 1474. Estaba presente como testigo Álvaro Galdim que sabemos que vivía na Canicouba, polo que non sería descartable que Salamón vivise nesta rúa xunto con outros correlixionarios. 70 Prot. Fernán Perez. Fol 234. 1475. “item me deve salamon çidicario çem maravedis reçebi X maravedís.” 71 Prot. Juan Rodrigues, fol. 11. 1 febreiro de 1433 e fol. 36v. 9 febreiro de 1434.

devolver ese diñeiro, cuxo fin destinábase, entre outros, ao pago do cáliz comprado a Abraan.72 Tamén existía a posibilidade de pagos ou doazóns de particulares como Álvaro Ans da Seyra xunto coas súas irmás, ofrecendo un “copete de prata”, que sería inmediatamente destinado para pago dun cáliz dourado, aludindo a Jaqó, xenro de Abraan. É moi interesante tamén esta referencia documental posto que se mencionaba unha exención “aos xudeus” do tributo da alcabala, cousa que debemos entender como unha desgravación pola compra do devandito caliz.73 Unha labor máis interesante sería o encargo de facer unha cruz de prata. Entre 1433 e 1435 observanse reiteradas entregas de cálices de prata aos prateiros Abraan e Jaqó para facer unha cruz para o cabido tudense. A maioría deses cálices debían estar danados ou inservibles, posto que comprobamos un gran número deles, algún dos mesmos serían ofrecemento dos cóengos en pago de dévedas contraidas co cabido, como por exemplo o cáliz ofrecido polo arcediago de Miñor, Xoán Martínez, que cunhas letras gravadas arredor do vaso, nos revelaría a súa orixe, “Santa María d’Oya”. Semella que a Abraan se lle deixou bastante libertade a hora de realizar a cruz, tal e como comprobamos nalgunhas anotacións do cabido.74 Con tanta prata entregada para facer a cruz era preciso facer un reconto chegando a once marcos e medio e cinco raias de prata, na vella medida para os metais preciosos, ao que se lle engadiría algo máis do afinamento do crucifixo da cruz vella, que era de mala prata, co que o total ata ese momento chegaba aos XI marcos e unha onza (+- 2.600 gramos).75 Parte da cruz xa se atopaba concluida, e o mesmo cabido requeriría do mestre Abraan e o seu xenro Jacó para que a fosen traballando pero que lla puidesen entregar na Pascoa de resurrección do ano 1436.76 Temos unha descripción da cruz para 146377: “…entregaron a Ares da Vale… como procurador do Thesouro…huna crus de dez ou dose marcos de prata dourada con sua maçaa froleada de boa obragem e huna ymagem de Santa Maria e outra de San Juan enxiridas con a dita crus cada una ymagem a súa parte”, datos estos que nos revelan unha cruz de calidade, desaparecida, como tanta orfebrería tudense, nas guerras do último cuarto do século XV, tal e como se averigua polas palabras dos bispos Diego de Muros e Pedro Beltrán, ao laiarsese de non ter ornamentos sagrados con que oficiar e dignificar as cerimonias na Catedral tudense. Outra labor non menos interesante de Abraan vai ser como prestamista do Cabido. A diócese tudense afrontaba serios problemas económicos no primeiro cuarto do século XV. A separación da parte portuguesa do bispado de Tui, que rendía sustanciosos ingresos ao cabido, suporía un obstáculo insalvable para o futuro da institución. A solución chegará por dúas vías: a primeira sería a reducción de calonxías78, que de 36 pasaría a 25; e a segunda viría pola anexión dunha serie de 72

Idem. Fol. 67-68. 12 febreiro de 1434. “.…para ajuda de pagar o calezes dourado que compraron a abraan...” Idem. Fol. 36v. 9 febreiro de 1434. “han de quitar aos judeus da alcavala”. 74 Idem. Fol. 39-40. 10 maio de 1434. “entom mandaron a abraan judio que fesesse o pee da cruz que agora fasia asi como el vise que conpria a tal lavor”. 75 Idem. Fol. 67. 27 outubro de 1435. 76 Idem. Fol. 69. 27 outubro de 1435. “…con tal condiçom que ata pascoa de resurreçom primeira que vem lla trovasem asi para que elles fosem pagos do lavor que en ela tynnan feito ou lavrar en ela se elles quisessem…” 77 Pascual Galindo Romeo; Tuy en la baja edad media, siglos XII-XV, 1924. España Sagrada. 78 O posto de coengo, membro do cabido, o cal percibía ingresos a través da súa participación no coro catedralicio, para os cantos e rezos instituidos no ceremonial litúrxico. 73

mosteiros existentes no bispado que xa por esas datas apenas tiñan frades e actividade monacal. Os mosteiros benedictinos de San Bartolomeu (Tui), San Pedro de Angoares (Ponteareas), San Salvador de Barrantes (Tomiño), e o cluniacense de San Salvador de Budiño (O Porriño), incorporaríanse ao patrimonio do Cabido tudense con todas as súas pertenzas, foros e dereitos. Para realizar esta anexión era necesario solicitar da súa Santidade o Papa, a súa bula, e para iso era preciso unha forte cantidade de diñeiro para tódolos “trámites administrativos”. Con todo isto cando chegou a bula do Papa Euxenio IV o 1 de xuño de 1435 para unir ao cabido os devanditos mosteiros, era preciso desembolsar unha forte cantidade de diñeiro, e eses cartos era necesario reunilos. Ademais do que lle podía prestar sen ningún tipo de prenda o xudeu Abraan, dous marcos de prata, o cabido fará acopio de cálices, lámpadas e outros materiais nobres, que nalgún caso debían ser obras de mérito artístico, para que Abraan lles puidese prestar a cantidade adevedada.79 Por cada marco de prata pesado nos cálices, Abraan se comprometía a pagar trescentos e trinta maravedis. Toda a prata pesada sumaba dezasete marcos, cinco onzas e tres raias, polo que a cantidade total que ofrecía Abraan e o seu xenro Jacó serían cinco mil oitocentos e trinta maravedis. O compromiso de Abraan chegaba a levar esos 5830 maravedis ata Pontevedra para pagar aos mercaderes Luis Mendez e Pero Cruu, coa súa carta de pago de como os recibían en nome do cabido, polo que é doado pensar que serían estos os encargados de achegar eses cartos a Roma. Poucos dias despois presentaría Abraan ante o cabido a carta de pago polo que ficaba libre de calquera responsabilidade.80 A última noticia sobre Abraan será do ano 1437, na que aparece como testigo na devolución de cen floríns de ouro que prestara o cóengo Nuno Peres de Soutomaior ao cabido. Debido ás dificultades do cambio, e o diferente valor das moedas debeu ser necesaria a presenza do xudeu para garantir o mesmo valor: “…os çen frolys douro que el emprestara ao dito Cabido conven a saber en esta manera sasenta e oyto frolys douro do quno daragon e oyto dobras castelas das novas que feso nosso señor el rey don juan e huna dobra velada e dez coroas vellas do regno de frança e mays dez maravedis vellos en tres dineiros…”. Como prenda deses prestamos o cabido entregara ao cóengo Nuno Peres unha cruz de prata e dous cálices, que devolvía puntualmente no momento de ser satisfeita a déveda.81 Outro interesante prateiro xudeu o descobriremos anos máis tarde sendo aludido no testamento de Gómez Correa, escudeiro, quen deitado en cama, cunha frecha ás costas dictaba as súas últimas voluntades en Ourense no ano 1471. Nelas ordenaba o pago das súas dévedas, entre outras disposicións, e sinalaba un enrique 82 empeñado ao mestre Janin por certos maravedis, diñeiro que tiña que pagar un tal Álvaro Lopes. O título -mestre- e o material empeñado -ouro- fan clara a súa vinculación ao oficio de ourive-prateiro. En canto á súa procedencia tudense, tamén non hai dúvida posto que en 79

Prot. Juan Rodriguez. Fol. 69. 28 outubro de 1435. “…hun calez dourado calejado eno pee que pesava con sua patena dous marquos de prata hunas seis rayaas de prata VI outro calez vello de a balegistas que pesava tres marquos duas onças con sua patena pesadas por abraam e por jaqo.” 80 Idem. Fol. 70. 1435. “XII dias de novembro, abraam presentou una carta de pago firmada de notario e que dera en nome do cabido ao dito pero cruu os ditos çinquo myll e oytoçentos e trynta moravedis que por ende o davam por livre e por quite delles.” 81 Idem. Fol. 114v. 13 marzo de 1437. 82 Moeda de ouro mandada acuñar por Enrique IV e equivalía á dobra de ouro, a moeda de maior valor.

Ourense non constatamos ningún mestre Janín, e por outra banda o escudeiro Gómez Correa tiña casa en Tui, con pasadizo, na rúa da Porta Vergán, construida en 1462.83 Os Mercaderes Como punto estratéxico extratéxico para o comercio, cruce de vías naturais, norte-sur depresión meridiana, río Miño, Tui veríase favorecida no seu desenvolvemento polas relacións comerciais con toda a rexión e o exterior a través dos seus importantes portos fluviais. Diego de Muros, a finais do século XV, recollería de novo a contía do portádego84 e dezmo que tiñan que pagar todos aqueles que trouxesen mercaderías á cidade ou pasasen o río con elas. Así na longa relación aprecianse materiais lonxanos como os panos de Flandes, ou materias tan necesarias como o sal ou o pan e o viño. 85 Tamén cargábase nas ribeiras do Miño, na metade do século XV, un navío periodicamente con mercaderías para Flandes e Aragón sendo o lugar de concentración Valença e Tui.86 Do mesmo xeito eran moi importantes os privilexios reais, tanto no que tocaba ao bispo como á propia cidade. Nun caso temos o privilexio da raíña Tareixa de Portugal en 1124, no que outorga a exención de impostos intermedios pola compra de vestidos e outras cousas, o que permitiría ao cabido negociar con vantaxe estos materiais tan valiosos como eran os panos e ricos tecidos vindos de fóra. Para a cidade era vital o privilexio do rei Fernando II na que concedía libertade ao tráfico de mercadurías para os tudenses e a súa protección en caso de accidente ademais da seguridade que lle prestaba para trasladarse por todo o reino, privilexios que serían confirmados por Fernando III e os seus sucesores. Do mesmo xeito indicaba o rei a presenza de varias feiras en Tui, a Feira de Pascoa e a Feira de Santa María de Agosto, na que por oito días o bispo tiña exclusividade na venta de panos, pero con liberdade á hora de vender outros productos polos veciños e incluso os preciados panos logo dos oito dias de monopolio episcopal. Outro dos aspectos estratéxicos de Tui radicaba no importantísimo comercio do viño, do que Tui era un centro reexportador, do viño do Ribeiro, comarca que pertencía ao bispado tudense, e exportador dos seus propios viños, debido as condicións climáticas favorables e á gran producción que se daba en toda a comarca tudense, feito constatable nos aforamentos de leiras e tamén na sentencia de 1250 dictada polo rei Fernando III trala rebelión do concello en 1249, na que o bispo vendería en exclusividade viño desde o día de San Xoán Bautista ata quince días despois, pero si viñan barcos extranxeiros os veciños podían venderlle-lo viño.87 Con este panorama comercial no que o propio bispo estaba integrado nos negocios88, os xudeus tudenses tamén adicaronse ás mercancías. Comprobamos a existencia dalgúns destes mercaderes xudeus indirectamente posto que a documentación non menciona a súa actividade profesional. Libro Becerro I. Fol. 60.v. 7 outubro de 1471. A área vital de Gomez Correa era a comarca tudense, a súa morte en Ourense, se debeu as loitas e guerras acontecidas tra-la revolución irmandiña, con enfrontamentos entre grupos nobiliarios (Gomez Correa era deudo dos Soutomaior), as cidades e os bispos galegos. 84 O portádego é o tributo pagado nos portos por pasar con animais ou cousas; logo tamén existía o pontádego que era por pasar pontes. 85 Tui e Valença nos séculos XI a XV. Tui 2001. pax. 182. 86 Idem. 87 Idem. Pax. 26. 88 Supoñemos que delegaría estos monopolios que tiña e incluso é posible que os arredase a comerciantes hebreos, algo moi común. 83

León aforará unha casa na Canicouba en 1464. O respeto que tiña o cabido tudense a este veciño da cidade móstrase nas alusións que moitos anos despois da expulsión dos hebreos por Isabel e Fernando seguían amosando. Non se nos revela a súa profesión pero a capacidade económica que demostra ao aforar a totalidade dunha casa -estaba dividida en tres- e incluso conseguir que o cabido permutase a parte dunha tal Elvira López, afirma esta suposición.89 Uns anos despois pedirá ao cabido unha revisión do foro debido ás melloras feitas na casa, polo que se reduciría a pensión ademais de reclamar un instrumento notarial que recollese o aforamento pois seica que non llo tiñan dado anteriormente. En 1473 aparecerá unha alusión a Salomón xenro de León, na que o notario e cóengo Fernán Peres intermediará no pago de cento e cincuenta maravedis adevedados por Fernán Dandrel, probablemente de Valença. Outro mercador xudeu que viviría tamén na Canicouba sería Salomón Caadia. Dous documentos nos que aparece nos acouta bastante a súa área comercial, posto que semella adicarse aos panos. Deste xeito Salomón recibiría en 1473 un albalá 90 do notario Luis Vieira anotando o pano -tecido- que tiña recibido o cóengo Fernán Peres, e que procedía de Lyon -Francia- un dos centros máis importantes de confección de panos de calidade en Europa, o coengo lle entregaría a máis cen maravedis, quizais da diferencia no prezo acordado antes da trasacción.91 En 1475 comprobamos outra anotación e o intercambio entre Salomón e Fernán Peres, o xudeu debía ao cóengo unha cantidade -colar- de pano fino e quedara de dar outro da mesma calidade por el.92 Outras profesións Contamos con algunhas referencias a oficios practicados por xudeus en Tui, aínda que a relación sexa corta e profesións que normalmente se lle asignan aos xudeus non teñamos constancia documental en Tui. O primeiro que temos que referir é Pero o carniceiro, que o vimos habitando na Triparía en 1412. Debeu ser unha personaxe importante xa que con posterioridade seguirá sendo a súa casa, aínda que xa tiña morto, unha referencia na rúa, xa que contamos con anotacións con alusión a Pero judeu ata 1467. É importante constatar que a comunidade hebrea de Tui contase con carnicería propia e así poder cumprir os preceptos da Torá. Outra personaxe curiosa será Davy. Vive antes da expulsión de 1492 na Praza do Concello, polo tanto no centro comercial da cidade. Na documentación aparece como “aliofareiro”, térmo árabe que provén de “aljófar”, isto é perla irregular ou pequena, polo que aliofareiro, será o que cubre ou adorna de perlas algúns obxetos.93 89

Lib. XIII. Fol. 184. 26 outubro de 1464. “Casa da canicouba que prometeron a liom judeo…asy que som por toda penso qorenta maravedis e lle prometeron por que a corregese e reparase”. Prot. Luis Vieira. Fol. 30. 15 abril de 1467. “… leom judeu vesino da dita çibdade… e que el reparava a dita casa de novo e fezera en ela muyta bemfeitoria e que por razom elles lle fezerom outra vez foro da dita casa que foy de gonçalvo martins e delvyra lopez novamente por dez maravedis da dita moeda pagados ao mordomo do cabido por los terços do anno, o qual lle avyam feyto a el dito leom e a sua moller ...” 90 Albalá é unha cédula ou carta real concedendo algún producto ou algunha mercede, tamén era un documento privado no que se facía constar algunha cousa. 91 Prot. Fernán Peres. Fol. 257. 1473. “Salomón era presente que reçebeu hun alvala de luys vieira do pano que ouve de lio e pageile mais çen maravedis”. 92 Idem. Fol. 233v. 1475. “item me deve salamon hun collar de fino pano quele dey e me avia de dar outro por el.” 93 Deste xeito correximos o erro de que Davy fose “reposteiro”, xa que este oficio está documentado en Tui con ese preciso termo. Existe “aljofarar” como verbo, polo que a única diferencia será no i ou j, algo común a súa variable disposición na documentación galega. Prot. Fernán Peres. Fol. 45v. 26 maio de 1492.

Este oficio o achegaría máis á orfebrería ou pratería, pero debido á precisión do termo, Davy practicaba unha profesión diferenciada e moi especial. Non temos constancia de outra referencia así no resto de Galicia. Unha das profesións que soían monopolizar os xudeus era o de médico ou físico, tal e como se designaba na Idade Media. En Tui non temos certeza de físicos xudeus, aínda que a aparición dun mestre Guyleme, físico, contratado polo cabido en 1481 para curar aos cóengos e os seus familiares por seiscentos pares de brancas cada tercio do ano, puidera ofrecer algunha dúvida sobre a súa orixe xa que aparece tamén en anotacións de Fernán Peres en 1475, na que este dá a Guyleme dúas raias de prata por un servicio por el feito.94 Nas anotacións do notario e coengo Fernán Peres en 1475 aparecen dous xudeus máis, Saul o judeu e Mosse, os dous están a tratos co cóengo pero non se aportan datos relevantes sobre a súa profesión ou onde vivían. Saúl devía a Fernán Peres un enrique de ouro ou douscentos e cincuenta maravedis sendo un tal Vasques fiador do hebreo. O cóengo prestaría unha cantidade máis modesta a Mosse, nove maravedis. 95 Datos estos que nos informan dunha total tolerancia entre as comunidades xudea e cristiá de Tui. O decreto de expulsión O 31 de marzo de 1492 os reis católicos, Isabel e Fernando, chegarían a unha drástica solución para arranxar “un problema” como era o dos conversos e a súa discutible fé, tal e como quería poñer de relevo a Inquisición instaurada en 1478. A desconfianza coa que podía verse aos xudeus, que podían impedir coa súa presenza unha verdadeira conversión levou aos reis a tomar tan feroz medida. Tamén axudaba o ambiente triunfalista que invadía a corte logo da conquista granadina, e o efecto embriagador de soñar cun reino homoxeneo relixiosamente, sen discordancias que supuxeran un perigo para a fé. A expulsión dos xudeus que non quiseran convertirse era unha solución dramática, e mesmo para os que tiñan que abandonar a súa casa por razón do credo que non querían deixar, as medidas eran draconianas en canto os deixaban desamparados na maioría dos casos. Se lles concedía un prazo de catro meses para marchar dos reinos de Castela e Aragón, ata o mes de xullo. Podían levar os seus bens mobles, vender as súas propiedades pero non podían sacar ouro, prata, moeda, armas e cabalos, ademais de aquilo contido noutras prohibicións especiais. As súas fortunas ou diñeiros podían transformalos en mercancías, algo que dificultaba o exilio sobre todo con viaxes longas e perigosas. Tiñan os xudeus un seguro real para circular por todo o reino durante o periodo antes da expulsión e incluso se lles eximía do pago de tributos como o portádego, e análogos impostos á circulación de productos e persoas. Todas estas medidas conducían directamente a forzar o bautismo dos hebreos, e moitos deles consentiron, creándose logo un problema non plantexado polos reis 94

Prot. Fernán Peres. Fol. 56. 19 xaneiro de 1481. “Este susso dito dia dali en diante tomaron a mestre guyleme por fisico do cabido, para quando o casso aceaçese curasse as personas e conegos e familiares seus de cassa e ouvesse en cada hun ano seysçentos pares de brancas pagos por llos terços do ano”. Prot. Fernán Peres. Fol. 233. 1475. “ytem dey a gyleme dia dos inocentes dous raias de prata en signal do meu valado…”, o nome guileme puidera chegar a ser galeguización do hebreo guilam, e non do xermanico guillerme. 95 Prot. Fernán Peres. Fol. 233v e 256. 1475.

católicos, os conversos que seguían xudaizando, algo que o decreto de expulsión quería evitar. Tui, como importante punto fronteirizo, ademais da súa posibilidade como porto fluvial, sería lugar de saída de moitos xudeus que optaron forzadamente polo exilio. Tamén da propia cidade se marcharían varios xudeus96, revelado polo abandono dos seus foros, devoltos nalgún caso ao cabido e noutros ofrecidos aos cóengos. Salomón Caadia faría doazón da súa casa da Canicouba, ben corregida de novo, a Vasco de Marçó, arcediago de Montes, casa que tiña aforada da encomenda de Mourentán, que era da Orde de San Xoán de Malta -a vella orde de Rodas, Xerrusalen, ou Hospitalaria-. O motivo era claro: que el agora seya desta terra. A mesma muller de Salomón daría o seu consentimento a este traspaso, o 14 de xullo dese ano.97 Máis interesante é a marcha de Davy, aliofareiro, con casa na Praza do Concello. Vendería a súa casa -18 de maio de 1492- a Branca Alvares, tecedeira, por tres mil pares de brancas. Rogando ao cabido que aceptase tal venta xa que “ningun non ha quisera comprar a benfeitoría” entre os mesmos membros do cabido. Días despois -26 de maiopresentábase ao cabido a dita renuncia de Davy, aceptando a dita Branca Alvares como foreira da dita casa, cunha metade pertencente ás Aniversarias98 e a outra metade de San Salvador de Budiño.99 É interesante comprobar como a compra da casa -Branca Alvares sería de orixe converso?- pagada en raias de prata, violaría realmente o disposto no decreto dos reis católicos, polo que debeu ser moi común a “fuga de capitais” pola fronteira tudense tal e como acontecía noutros lugares do reino. Os reis católicos abriron investigación sobre estas e outras sacas de ouro e prata dos reinos de Castela e Aragón100. Entre as cartas que repartiron para facer pesquisa chegaba unha a Tui “Otra desde donde sale el obispado de Çamora e entre el reyno de Gallizia por todo lo que va a la raya de Portogal fasta la çibdad de Tuy”. Do mesmo xeito abrirían investigación cando o prateiro coruñés Isaac, fletou un navío e sacou ouro e prata xunto con outros correlixionarios de A Coruña, Ferrol, Pontedeume e Vilafranca. Outra marcha da cidade, desta vez por datos indirectos, sería a de León ou a súa familia, toda vez que no ano 1501, renunciaba o arcediago de montes, Vasco de Marçó, da casa da Canicouba que fora de León.101 Debeu seguir o mesmo proceso que os anteriores, marchando León e a súa familia -Salomón o seu xenro- ao exilio. Con todo isto, malia non ser moitos os datos que posuimos dos meses desde que se decretou a expulsión, e o total dos afectados pola mesma, o certo é que en Tui prodúcense varios casos documentados, polo que deberon ser bastantes os que optaron pola saída do reino. Quizais a metade dos xudeus tudenses marcharon, o mesmo cálculo que se fai en xeral para o resto de Castela e Aragón. O destino deste exilio é difícil de Feito excepcional en Galicia, posto que só un tal Isaac, prateiro da Coruña, estaba documentado na súa saída do reino. 97 Prot. Fernán Peres. Fol. 44v. 17 maio de 1492. 98 Aniversarias son as propiedades e bens cos que se pagaban as misas polos defuntos e facer cumprir así os testamentos que ordenaban unha serie de misas ao ano. 99 Prot. Fernán Peres. Fol. 45v. 26 maio de 1492. 100 José Ramón Ónega; op. cit. doc. 6 setembro de 1492. 101 Prot. Fernán Peres. Fol. 14 e 17v. 10 setembro de 1501. “…aforaron alvaro dalmeida a cassa que foy de Leon renunçiou ho arçediano por doze maravedis…”. 96

precisar aínda que o máis lóxico puidera ser Portugal, tamén optaríase por destinos lonxanos como Africa. Será a partir do século XVI cando as comunidades xudeas europeas se fornezan con elementos sefardís nun efecto chamada dos conversos perseguidos pola Inquisición en España e Portugal. O acontecido coas propiedades da comunidade hebrea, Sinagoga e Cemiterio, xa o comprobamos antes, xa que as mesmas as localizamos como propiedades do bispo tudense, feito xeral no resto do reino no que a maioría das posesións das comunidades xudeas pasaron a mans dos reis católicos, ou dos bispos, incrementando así o patrimonio episcopal. Non semella que se fixera nada especial con estas propiedades, xa que logo a vella sinagoga estaba transformada nunha cabaleiriza -debido quizais ao seu estado de ruina- para logo ser aforada a importantes personaxes da burguesía local, ou o cemiterio tamén aforado sen máis inconvenientes que a súa transformación en monte. Os Conversos Unha das queixas máis habituais durante os séculos medievais era a de que os xudeus usaban nomes cristiáns, co que moitos dos apelidos tamén se definían a partir destes nomes. Si difícil era localizar a un xudeu con nome cristián, ¿como sería posible identificar a un converso? A conversión durante a Idade Media de hebreos ao cristianismo, en principio non reviste a mesma condición que terá logo, cos conversos forzosos e ameazados pola expulsión. A maioría eran por libre vontade e incluso producto dunha sinceira fé. A decadencia das comunidades hebreas na península logo dos graves e dramáticos pogromos de fins do século XIV, e as conversións practicadas por frades como San Vicente Ferrer, provocaría un notable cambio no panorama penínsular. Na documentación tudense pouco se nos advirte da presenza de conversos, están integrados, e o cabido tudense non sinte necesidade de desconfiar deles tal e como se fará en moitas ocasións no século XVI tras as grandes conversións forzadas pola expulsión de 1492. Contamos cunha interesante historia, a do fillo dun xudeu, Vasco, fillo de Pero o carniceiro. En 1418 o atopamos entrando no coro catedralicio a rogo de Francisco Peres -¿fillo de Pero?-. É este un feito curioso, pois non sabemos si foi conversión do pai -Pero- ou dun irmán maior a que facilite dar ese paso tan importante como era entrar como neno do coro.102 En 1424 Vasco Peres xa era criado do Chantre 103 e a rogo deste, Vasco faríase cargo dunha Aniversaria, elevando así a súa categoría tanto económica coma orgánicamente.104 Poucos anos despois, Vasco Peres debeu asumir unha calonxía pois así o vemos en 1460. Será nese mesmo ano protagonista dun altercado no coro con Afonso Fernandes, razoeiro. A discusión comézara por Vasco Peres, encargado de contabilizar aos presentes no coro e así repartir as asignacións económicas que correspondían por esta presencia, non contara a Afonso Fernandes por orde do cabido por impago dunha Prot. Juan Rodriguez. Fol. 12. 21 decembro de 1418. Chantre era unha dignidade catedralicia encargada de dirixir o coro. 104 Prot. Juan Rodriguez. Fol. 145. 16 xuño de 1424. 102 103

cantidade de cartos, este diría “desonestas palavras e arrenegara os dentes contra el como facen os caans”. As pesquisas do cabido por coñecer a verdade da penosa discusión entre os dous homes levaría a recoñecer que Vasco Peres comezara o escándalo por provocar a Afonso Fernandes e este respondería “que non cria por deus nem por Santa María”, como estaban revestidos e no coro catedralicio se lles impuso unha sanción; a Vasco Peres seis días de desconto, e a Afonso Fernandes un mes tamén de desconto por blasfemar -renegou publicamente- establecendo así o que estaba constituido nos estatutos do cabido para estes casos.105 Unha das últimas aparicións de Vasco Peres será en 1467, tería polo tanto máis de cincuenta anos, cando roga ao cabido por caridade que o conten aos matins -rezos da mañá- porque el estaba moi enfermo e practicamente tullido, apenas podíase levantar e andar porque se caía, ante isto o cabido “por quanto eles eran çertos do que el dezia e el era homen que des quarenta annos aaca avya ben servydo a eglesia que lles prasia e mandaron a gonçalo esteves contador das oras e aqual quer outro que o fose daqui adiante que o contase”, aplicando unha caridade bastante común no cabido no só cos seus propios membros senón e tamén con xente allea e dispar, algo que ennobrecía un cabido tan heterodoxo como o tudense na Idade Media xa que se compoñía de membros de grandes familias como de xente de orixe humilde ou incluso conversos como o caso de Vasco Peres.106 Con posterioridade ao decreto de expulsión promulgado polos reis católicos, veremos aparecer claramente familias convertidas tra-lo dramático decreto. Un dos medios máis fáciles para identificar a estas familias é a través dos censos de poboación practicados a comezos do século XVI. Como por desgracia non temos ese tipo de censos para Tui poñeremos como exemplo Valença do Minho, cun “arrolamento” de poboación de 1513. Na relación de todos os veciños da vila achamos dous “cristiáns novos”, isto é, dúas familias de recente orixe conversa; “Pero Fernández, novo christão…Gonçallo Rodríguez novo christão he alfayate”.107 Noutros censos coñecidos por Galicia tamén se advirte a presencia de cristiáns novos, xudeus que optaron pola conversión tra-lo decreto de expulsión de 1492, e polo tanto xentes pouco fiables para as autoridades eclesiásticas e civís do momento. Non acharemos tanta certeza a hora de confirmar a presencia en Tui destes conversos pero o seu nome, aínda non mudado a un cristián, os vai delatar. Un interesante exemplo será Aarón Amin, prateiro, que o veremos en diferentes tratos co cabido en 1498. Aarón encargaríase de reparar e restaurar os “bordóns” ou cetros das dignidades. Eran estos catro, e as súas diferentes partes -cabeza e canóndebían estar limpas e saneadas. Algúns contiñan estano, e outros estaban quebrados. O traballo principal sería o de pesar os diferentes bordóns do que se podía ver a prata que faltaba e a que había que restaurar.108 Fillo de Aaron sería Pero Amin, tamén prateiro, e tamén en tratos correntes co cabido. Coñecemos os seus traballos pola relación establecida na visita do bispo Miguel Muñoz á Catedral o 12 de setembro de 1540 109. Na visita do bispo se van indicando tanto as reparacións como o de destinar a prata de determinadas pezas a Lib. XIII. Fol. 24. 5 de maio de 1460. Prot. Luis Vieira. Fol. 17. 2 xaneiro de 1467. 107 Antonio de Oliveira; “A população de Caminha e Valença em 1513”, Bracara Augusta 1976, pax. 125-163. 108 Prot. Fernán Peres. Fol. 191. 21 e 31 de xullo de 1498. 109 Jesús Gómez Sobrino; “Inventario Artístico de la Catedral de Tui del siglo XVI, a través de las visitas pastorales”. Tomo IV, Museo y Archivo Histórico Diocesano, Tui 1986. 105 106

diferentes ornamentos: “Yten se hallaron dos gallos y dos mançanetas los quales se pusieron en la caxa de palo donde esta el anillo pontifical 110 (Mandaron sea entregado a Pº Amin pa hazer los calizes)”; “Yten dos anillos los quales parescieron quando había bisitado el maestroscuela los quales no andavan en la quenta y quedaron a cargo del tesoro (Estos se dieron a Pº Amin platero para dorar dos calices por mandato de S Sª)”; na visita das reliquias de San Telmo, comprobaríase que a prata da imaxe do Santo, pegada á parede111, se estaba a desfacer, polo que o bispo mandou retirar esta prata pesando o total trinta e seis marcos e sendo entregado a Pero Amin para facer portapaces e integrar prata en algúns cálices. Tamén as cubertas de prata dun evanxeliario gótico, en mal estado, se desfarían para que coa súa prata fixera máis ornamentos para a Igrexa. Tamén realizaría Pero Amin unha custodia para igrexa de Santa Mariña do Rosal en 1565112. Unha probable familia de conversos, máis que misteriosa será a de Adam. O cabido aforará en 1511 o casal113 onde vivira Adam ao seu fillo do mesmo nome e a súa irmá, que convivía co seu marido; o vello casal da familia sería dividido en dous co compromiso de pagar “duas marraas con seu pan e viño e as luytosas quando morreren”114. Non se nos indica o lugar de Tui onde ficaba este casal, pero resulta interesante comprobar como a presenza de conversos -desde vello xa que o tiña o seu pai- no rural afastabase do estereotipo urbano de xudeo, nun intento quizais de fuxir das presións inquisitoriais.

Os gallos e as mançanetas eran partes dunha cruz. Neste tempo a capela e restos de San Telmo estaban onde hoxe está o Santo Cristo da Agonía. 112 Ernesto Iglesias Almeida; Arte y Artistas en la antigua diocesis de Tui. Tui 1989. 113 Casal é o conxunto de terreos, casas e cortellos da propiedade rústica. 114 Prot. Fernán Peres. Fol. 265. 9 maio de 1511. 110 111

O TERRITORIO Tui non só estaba configurado polo núcleo urbano senón ademais dun espazo de influencia no que se misturaba o xurisdiccional e o relixioso. É ese espazo rural próximo que permite aos moradores e veciños da cidade posuír terras para combinar as súas actividades económicas. O acoutamento de Tui ten a súa orixe no privilexio dos condes de Galicia Raimundo de Borgoña e a infanta Urraca. A demarcación do couto incluía Santa Mariña de Areas, Randufe, ata monte Aloia, descía ao pé de Carballo (¿?) para atravesar o Louro en Orbenlle, chegaba ata Sobredo e abranxendo San Vicente de Soutelo baixaba o regato de Fonte Ferreiro ata o Miño dividindo Paramos. Neste acoutamento incluíase Valença e parte dos seus arredores, mais coa separación do veciño reino, o territorio tudense ficaría soamente coa marxe norte do Miño. Con posterioridade deberon ficar engadidas -por semellanza á adquisición polo bispo e cabido- a outra metade de Paramos, Baldráns e Caldelas. Ficaban claramente fóra parroquias actuais do municipio como Pexegueiro e Malvas, e a metade de Santa Comba de Ribadelouro. Este “hinterland” tudense era preciso para abastecer o mercado diario e verse favorecido polas facilidades comerciais e os contactos co exterior que permitía Tui. Na Baixa Idade Media non estaba conformada a actual división parroquial. As vellas freguesías eran o centro relixioso do couto, conxunto de aldeas e herdades, que ven podían sinalarse por algunha particularidade xeográfica. Deste xeito aparecerán o couto de Maloes, Areas, Arcos, Rebordáns, Paramos, …, orixe da posterior división parroquial. Maloes É probablemente a máis curiosa freguesía tudense. Naceu como un couto do mosteiro de Oia, aló polo século XII. O seu nome define o carácter das explotacións agrícolas nestas terras. Provén Maloes do latín “Malus”= Maceira, posiblemente pola abundancia de pomares para obter a sidra. Transformaríase o nome no actual Malvas que daría moitas especulacións e expresións populares. É un couto claramente delimitado polo val no que se asenta, aínda que a documentación nos descubre moitas sorpresas sobre a súa extensión. Grazas a súa pertenza ao mosteiro de Oia contamos con abondosa e sustanciosa documentación sobre esta fermosa freguesía. Maloes estendíase, na Idade Media, desde a cabeceira do val ata a foz do Furnia, practicamente desde o límite con Tui ata Forcadela. Era o val que formaba o río Tope -actual Furnia-. Diferenciábanse dúas partes do couto: Maloes de Iusaos -de abaixo- e Maloes -que debería ser de Susaos, ou sexa de arriba-. A mistura das dúas partes do couto fixo confundir a ubicación de Maloes cos actuais límites de Santiago de Malvas. “…a nossa herdade en feligresia de San Miguel de Carregal en Maloes de Iusano…” “…eno adro de San Miguel de Carregal que he ontre Amoryn e Maloes assobello porto de Varzellas”.1 1

Ermelindo Portela; La región del Obispado de Tuy en los siglos XII a XV. 1976. pax. 377 e 384.

Máis claramente temos os límites do couto gracias a un preito acontecido en 1344: “Et per contenda e pleito veeron a preguntar ommes boos ançianos. Et acharon por verdade que o dito couto e villa de Malloes de Iusaos que fora senpre e era coutado conven assaber pella fonte de esperon commo ven o rrio de Toque e da dita ffonte de esperon polo marco de soo a Rabadeyra e des y ao padron que esta ena testa de vallina e dessy ao outeyro do lagarto e vay ferir dereito ao padron que esta aquende a ponte de forcadella contra Malloes e vay ferir ao Minno hu se junta con elle rrio de Tebra.”2 Con esta división do couto en dúas partes diferenciadas xeograficamente enténdese o privilexio outorgado ao mosteiro de Oia polo rei Sancho IV en 1287 concedendo vinte pescadores “que gelos mandasse aver en el ssu coto de Malones de Jusanos”3, cousa por outra banda absurda se tiñan que mandar val arriba aos pescadores, e non como sería de certo, á ribeira do Miño, probablemente a San Miguel de Carregal. O couto de Maloes tiña un xuíz propio, elixido polo mosteiro de Oia, ficando dentro da xurisdicción real da Terra de Taraes, do que formaban concello: “Hoc pactum fuit factum per concilium de Tariales…”4. O documento máis antigo relativo a Maloes é do ano 1188. Nel os herdeiros de Vilapauca -hoxe en Pexegueiro- establecen un acordo co mosteiro de Oia para o aproveitamento dos froitos da aldea. O título que se dan os poboadores de Vilapouca -hereditari- ben semella indicar a pervivencia das romanas villae como sistema de explotación agrícola indivisa -unha comunidade- que pasado un tempo desaparecerá pola división da propiedade. Curiosa resulta a venda no ano 1273 das propiedades que posuían en Maloes por “parte de nosa madre Gonsina Paez vinas herdades casas chantados devesas culto e por cultir amonte e afonte …”, ao mosteiro de Oia por un tempo limitado “ayades vos a sobredita vendison e toda vosa voz en quanto durar o mundo…”5. Malvas non se ía librar das malfeitorías de certos cabaleiros de Cerveira quen se apropiarían de bens en Vilapouca, pero achándose unha concordia co abade de Oia para non coller nada máis da devandita freguesía.6 Os aforamentos constituían o mecanismo para acceder a un medio de vida ou como acontecía en Tui para complementar os ingresos familiares como fan en 1368 os zapateiros tudenses Pero Durán e o seu irmán Gonzalo Eáns, aforando do cabido tudense unha herdade na veiga da Várzea na freguesía de Maloes: “chanten a dita herdade de vinha deste janeiro que ora anda ata dous annos et desque for chantada que a refaçan e lavren…et que den en cada anno a quarta parte do vinho que deus der…et por foros cada anno huun capon et huun açumbre de vinho…”7. Por un documento de 1424 sabemos da existencia dun “pazo” en Sambade, probablemente parte das pertenzas do bispo Xohán Fernandes de Soutomaior II: “o lugar e casal que chamava de Sambade que he enna freguesia de Santiago de Maloes con todas suas casas vinnas herdades soutos devessas montadegos e rresios agoas e montes e fontes rotos e por romper … ou ouvese ao adeante o qual lugar lle mandara o sennor dom Johan de Souto mayor bispo ultimo que fora de Tuy a que dea por tal pleito e condiçom que os ditos Fernando Esteves (mercador vesino de Tuy) e sua moller (Tareija Farinna) e suas voses repassem lavassem e aproveytasem o dito lugar e suas 2

Ibidem. doc. 64. pax. 416. Mª C. Pallares Méndez e E. Portela Silva; El Bajo Valle del Miño en los siglos XII y XIII. Compostela 1971. pax. 123-124. 4 E. Portela; La región del obispado de Tuy…, 1976, pax. 359. 5 Ibidem. pax. 363. 6 Ibidem. pax. 383. 7 Ibidem. pax. 428. 3

vinnas e peertesças e cobren e mantem cuberto o paaço grande de todo aquello que ouvese mester en tal maneira que non despereçesse a dita vinna e paaço (que ende estaba feito)”8. Moi interesante é o aforamento do casal de Perlim, en Sambade, cuxo pago ao cabido tudense era o seguinte: “en monllos o quinto do vinno o quinto da fruita, e huna boa marraan çevada.”9 O paso do couto de Malvas ao señorío da igrexa tudense debeu facerse a comezos do século XIV, quizais por intercambio de propiedades co mosteiro de Oia, algo habitual, pero non testemuñado para este caso. Areas O couto de Areas ficaba dentro do couto tudense efectuado en 1095, mais a raíña Urraca especificará a súa doazón -xunto con outros lugares- no ano 1112 á igrexa tudense da vila de Santa Mariña de Areas. É das freguesías máis antigas de Tui, tal e como testemuña a documentación e os restos de elementos ornamentais e estruturais do século XIII na actual igrexa parroquial. O río de San Martiño marcaba na súa foz a presenza da capela de San Martiño, indicador dun vello porto chamado de Savariz. De 1329 temos o aforamento da capela de San Martiño: “o deam e cabido de Tui afora a Johan Fernandes ouribes morador en Tui a ermida de Sam Martiño”10. Debía pagar setenta e cinco libras de brancas e por nadal un capón. Os foros describen unha freguesía con numerosas viñas e devesas, actividades que eran complementarias. En 1459 unha contenda produciríase polo xeito de levar as contas do couto de Areas entre os cóengos Martiño Anns e o bacheler Pero Anns “sobre rasom de suas contas por la que ouvo de aver del os anos pasados que foy mordomo do cabido”, o cabido recoñecía o problema “na tença do couto de Areas Pero Anns cometeu erros… mandarom ao dito Vasco Peres e a Juan Gonçalves raçoeiro que doje a quinse dias avaan ao couto dareas sacar huna pesquisa sobre os dapnos que ende son feitos nos bens da tença de pero anns bacheler que od ito cabido reçebeu por sua culpa e negligençia e outrosy quaes deles son tributarios aas aniversarias e que cargos e tributos e por onde se ha de pagar e quen as pagou e de quanto tempo a esta parte os recbadou o dito bacheler e que levou delles para o qual rogaron ao dito arçediano que fizese dous o tres interrogatorios para sua avesaçon e que oseo fizesen doje a quinse dias”.11 Rebordáns O couto de Rebordáns ten como centro o vello mosteiro de San Bertolameu, engadíndoselle dúas capelas; a capela de Santa María do Camiño e a de Santa Eufemia. A palabra “rebordán” ven a significar un lugar “silvestre” polo que indicaría terreos a monte, pero tamén puidera asinalar as ruínas de parte da Tude romana entre San Bertolameu e Santa Eufemia. A primeira referencia sobre Rebordáns, aparte o mosteiro, está na doazón da vila de Spenicelo -hoxe Espendelo- pola raíña Urraca no ano 1112. É practicamente o único couto tudense do que temos constancia dun xuíz propio e dun “peso” específico de Rebordáns. 8

Prot. Lib. VIII. Fol. 140. 11 marzo de 1424. Ibidem. lib. XXV. Fol. 147. 1483. 10 Ibidem. lib. Pero de Lagea. 12 xuño de 1329. 11 Ibidem. lib. XIII. Fol. 11. 13 novembro de 1459. Ibidem. fol. 15. 27 decembro de 1459. 9

Os foros aportan exemplos de como debe o foreiro abrir o monte para conseguir novas terras: “Casal chamado de Carregal en Rebordaes nos tres anos seguintes tennen que romperem o monte jaz conçiado enno lugar que chaman Carregal…facer tres casas en catro anos pagar tres libras de brancas ao tençeiro por dia de Sam Martinno, en o duos morabitinos por foros en pam e vinno.”12 “Conven a saber o que le asy aforaron hua casa en que morava o dito Afonso Fromoso con todaslas herdades e montadegos e resios e pardineiros e arvores delo porto de Rebordaees pra cima quanto el poder achar e saber que son e perteesen de dereito as ditas casas… condiçon que fumegen e mantenan a dita casa de pedra e madeyra e colmadura em tal manna que se non parta per mingoa de boo lavor.”13 A referencia ao porto de Rebordáns no documento anterior sinala a existencia dun paso polo monte, probablemente na zona de Paredes, bastante abrupta e camiño natural para salvar as gándaras en inverno. Santa Eufemia era un barrio de Rebordáns que tiña a ermida da santa como distintivo. Da capela ou ermida pouco sabemos, pero a existencia desta aldea revela a continuidade nun dos barrios da antiga Tude tardorromana, toda vez que os achádegos feitos e relatados polo historiador Avila y La Cueva amosan unha parte salientable da cidade histórica neste lugar. Dun morador de San Eufemia, Afonso Lourenço, temos o foro dunha viña e devesa: “E paguen en cada hun ano ao dito ospital e seu oveeçal o quinto do vinno que deus der en cada hun anno en a dita vinna en tempo de novo a dorna e por foro das ditas vinnas e devesa hun carro de lenna ou de toxos en cada hun anno.”14 Un foro na Manteigada apórtanos todo un compendio de microtoponimia da zona: “herdade e agro da fonte do mouro, herdade na entrada da veiga da senrra, herdade dos moimentos que topa co caminno que vay para Rebordaas, en Rebordaans agro do moinno, na veiga de Rebordaans agro do covello do lonbo lugar que chaman as covas, herdade que entesta co caminno que ven a Tuy e entesta eno castro de baga.”15 Santa María do Camiño, polas súas específicas condicións, formaba unha tenencia aparte que en 1422 vemos arrendada ao arcediago de Miñor: “e logo o dito cabido rematou a dita renda enno dito arçediago tan solamente en sua vida con seus direitos e que repare as casas del e que de en cada hunn anno por ela çento e vynte maravedis e ha de pagar delles qorenta maravedis ao bispo e outros qorenta maravedis ao teençeiro que teve a renda de Revordaos por lo cabido e demays aas aniversarias e deu fiador Nicolao Dias”.16 A noticia máis importante de Santa María do Camiño é a testemuña que puidemos obter dos medios que se empregaban -cando así fose oportuno- para construir unha ponte, neste caso unha tan importante como a de Santa María do Camiño cruzando o Louro. No ano 1434 o provisor do bispo e o cabido dispuxeron unha serie de medidas para facer posible a construcción da ponte, dispensando a aqueles que fosen traballar á ponte os domingos e festivos, os bens e propiedades dos que non se soubese dono a metade sería para a ponte e a outra metade para a obra da igrexa -catedral- onde eles quisesem, partindo todo da iniciativa do mordomo do cabido o cóengo Estevo de Souto: “o moordomo Steevo de Souto que presente sia tomara cargo desse faser a ponte da çerqua de Santa Maria do Camynno. Et que considerara con el para ajuda desse faser, 12

A.C.T. Prot. Lib. Pero de Lagea. 28 maio de 1346. Sánchez Carrera, Mª C.; El Bajo Miño…, 1997. pax. 340. 14 Ibidem. pax. 332. 15 A.C.T. Prot. Lib. XXV. Fol. 125-126. 16 A.C.T. Ibidem. lib. VIII. Fol. 94. 13

…e de ela seer mays aguisa ffeita delle cometer e dar poder que fosse exentada do residio das mandas que non foram compridas enno ano e dia e enno dito bispado e outrosi que podesse despensar e despensasse con todos aquelles e aquelles que prometeram alguns devotos en qual guisa e por qual quier maneira e que podesse absoltar a os que a sua petiçom fossen a aponte e desem do seu ou fessesem serviço dos domingos, festas,... e esto mesmo que todos aquelles e aquellas que tynnan algun aver alleo et non soubessem seus donos ou fossem en tal terra que nunca lles podrian seer entregos. Et que todo per tal que destas sobre ditas cousas ouvesse que fosse a meatade delas para a dita ponte e a outra meatade para a obra desta iglesia onde elles quessesem. Et que esto non podia nem queria faser at que non ouvese seu consello delles ditos homes boos para diserem o que lles paresçia”.17 San Bartolomeu de Rebordáns ten unha orixe remota, probablemente pérdase na lonxanía do reino Suevo. Sabemos de certo que o máis antigo da igrexa, único resto que ficou hoxe do cenobio bieito, pódese remontar ao século XI, con reformas logo nos séculos XII e XV -ademais das modificacións do século XVI e XVIII-. Do ano 1379 temos un extraordinario documento de concordia entre o mosteiro e os seus fregueses, demarcándose perfectamente a xurisdicción de San Bertolameu: “apareçerom em juyço pero gonçalves Abade do moesteyro de sam bertolameu da par de Tuy et convento desse moesteyro por Afonso ans notario seu procurador em seu nome et do dito moesteyro da huna parte, et os moradores do couto de Revordaas et de paredes et de santa maria do caminno et de santa oufemea fregues do dito moesteyro por Johm peres da levada juyz do dito couto seu procurador em seu nome et dos outros fregues”18. O conflito entre fregueses e mosteiro establecíase pola reparación do convento, costume antigo ao que estaban obrigados os fregueses todos do couto de Rebordáns. O mosteiro facía augas, as pingueiras eran numerosas e temíase o peor “por quanto por mingoa desto chovia enno dito moesteyro Et estava del huna peça descuberto Et sse temya de caerem as paredes et esteos et arquos do dito moesteyro ”, polo que se pedía que os fregueses ás “... aas suas custas et despesas refasserem adubarem rretellarem o corpo do dito moesteyro de madeyra et de ripa et de tella quando et cada que ouvesse mester desse rre faser et adubar dando para ello madeyra et tella et meesteyraas et todo que ouvese mester aas custas et despesas dos ditos fregues”19 O vigairo, que estaba alí para decidir sobre o conflito, xulgou que era verdade o vello costume de obrigar aos fregueses a reparar o mosteiro “et por ende julgando mando queos ditos fregues retellem et reparem as Naves do dito moesteyro ata as capelas em que estam os ditos Altares aasua custa dos ditos fregues de tella et de madeyra em tal guisa que nom chova enno dito moesteyro et queo dito Abade os traute benynamente quando aguisarem odito moesteyro et quelles faça prestança et amor da sua vianda amorosamente et cartatuiamente…”.20 Estas condicións non eran aceptadas polo procurador dos fregueses de Rebordáns, apelando á igrexa de Braga, por mor de non estar de acordo coa devandita reparación, cuestión gravosa para os fregueses. O mosteiro sobrevivíu no século XV ao avatar da guerra, como o incendio sufrido en 1459 (¿?) polos ginitarios, “para ajuda da reparaçom do dito mosteiro onde foy queimado dos ginitarios”21. 17

Ibidem. lib. VI. Fol. 40. 10 maio de 1434. A.C.T. Pergamiños, 14/24. 19 Ibidem. 20 Ibidem. 21 A.C.T. Prot. lib. XIII. Fol. 26. 17 marzo de 1460. 18

Con anterioridade, 1449, fora aguisado o mosteiro polo mestre carpinteiro Martin de Paredes: “…mandarom ao thesoureiro quedese a crus grande a Johan Rodrigues canonigo para que a ponan a prendes de con e a Martin de Paredes para lle e para os outros mesteyraas que an de correger o mosteiro de Sam Bertolameu”.22 O mosteiro ficara sen frades tal e como testemuña en 1429 o abade frei Rodrigo que só tiña ao monxe frei Gil23. A anexión dos mosteiros realizada polo bispo e cabido en 1435 por bulas papais, incluía o de San Bartolomeu, pasando a ser unha igrexa parroquial aínda que conservándose o mosteiro, obrigación que recaía sobre o tenceiro que tiña as rendas do mosteiro: “arrendamento do mosteiro de San Bertolameu con as suas pertenças segundo que o tinnan os abades que del foran. Et que o repare de pedra tella e madeira e do que lle fesera mester.”24 Moi interesante é a noticia sobre a exección fiscal nas romerías ao mosteiro no día da festa do santo: “renda de Sam Bertolameu a Johan Camynna, que non poenna çensos ou tributos aos romeus que viesen eno dito dia de Sam Bertolameu.”25, método que debemos entender como habitual e medio de ingresos económicos adicionais para os rendeiros e a igrexa. Os foros do mosteiro fálannos de viñas e devesas, principal actividade agrícola, por unha banda, a exportación e valor engadido do viño, polo outro materia prima para reparar as viñas e lugar de pasto para o gando. Por último sinalar o que semella o vello nome do que hoxe é a “fonte da serpe”, que fica debaixo da igrexa de San Bertolameu: “conbem a saber un pedazo de herdade que iaz enno castro do louro de cerca dista dita çidade, que soya de trager de vinna vasco da costa çapateiro que parte de unha parte ao longo con herdade de ruy vaazquez da canicouba, e de outra parte vai topar enno caminno publico que ben da veiga do louro contra a parte de barros e entesta enna cancella de catapeixe e vai topar enna outra canzela da fonte do bufom enna entrada da congostra”26. Pazos de Reis Polo que parece, Pazos de Reis non indicaba un topónimo como o actual, delimitador dun territorio. Pazos de Reis era un topónimo local personalizado seguramente pola permanencia dos restos dos pazos xermánicos no lugar de Monterreal. Ficaba este territorio ata o cumio do Aloia dentro da parroquia de Tui, Sagrario da catedral, como o segue a ser actualemente. Os vencellos coa cidade non se deteñen na parroquia, o santuario do Aloia -San Xiao- ou os mesmos pazos atribuidos ao rei visigodo Witiza, fornecen os vencellos con Tui. Coñecemos a existencia dunha fonte en Ricamonde nun foro dunha herdade a Rui Galdim, alfaiate tudense e a súa muller Leonor Lopes: “herdade do dito cabido que jasia enno lugar de Ricamonde que parte da huna parte con herdade que ora tragia Lopo Afonso vesino de Tuy e da outra parte con outra herdade que foy de Estevo Dias do postigo coengo que foy de Tuy que Johan Sjus notario de Tuy deu ao espital da dita 22

A.C.T. Prot. lib. Fernán Gonçales. Fol. 3. 31 xuño de 1449. Ernesto Iglesias Almeida; “La iglesia y monasterio de San Bartolomé de Rebordáns”, Boletín do “seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía Toponimia y Onomástica de Galicia, Año 18, Nº. 17, 1996, pax. 103. 24 A.C.T. Prot. Lib. Fernán Gonçales. 11 xullo de 1446. 25 Ibidem. fol. 5. 5 agosto de 1449. 26 A.C.T. Prot. lib. Álvaro Vázquez. Fol. 5. 1 agosto de 1455. 23

çidade e entestava de hun lado con herdade de Johan Garçia porpe vesino da dita çidade e da outra unna congostra que onde esta a fonte que chaman de ricamonde”.27 Como tan abondosamente amosan os foros as viñas tiñan un lugar preferente: “Gomes Correa renuncia a un foro do pedazo de herdade no lugar que chaman da Areosa, que han en Paaços de Reys, a cual chantara de vinna, entesteva con barçelo de Nuno Gomes e vinna de Alvaro Vasques da Canicouba…de huna parte entestava en hun caminno publico que ya da Lagarteira para Paaços de Reys… e outro con vinna…”28. Por este último documento comprobamos como Pazos de Reis circunscribíase a un lugar concreto, diferente e non globalizador dun territorio. Tamén os muíños eran un elemento característico da parroquia, aproveitando a forza do río Tripes ou Seixal. No Seixal salientamos a existencia de aceñas, muíño fariñeiro movido pola auga a través dunha gran roda hidráulica colocada verticalmente. Nas súas proximidades tamén había devesas. Nunha doazón ao hospital de pobres, con data de 1453, faísenos unha interesante relación de propiedades: “…todas las devesas et montadegos con sua erdade que el tinna et avia enno logar de Paaços de Reis, onde dezen Orois, que parten con outras erdades et devesas dos Barregaas que son do dito ospital, os quaes el erdou por parte et eran sa de Maria Anes sua madre, segun topam contra cima con o rego dagoa que vay do Roço et contra fondo en outro rego daagoa que vay de Franqos et segun que parte con as devesas et erdades das Barregaas que son do dito ospital.”29 Ribadelouro Parte deste couto pertencía ao mosteiro de San Salvador de Budiño, polo que xurisdiccionalmente só a metade da parroquia pertencía a Tui desde o acoutamento de 1095, xa que anteriormente Santa Comba formaba unha única parroquia ata Mosende. Santa Comba de Ribadelouro debía ter unha antiga capela de reducidas dimensións, feito polo que sería derrubada no século XVIII para ampliala ficando a hoxe existente. Outra capela era a da Madalena, o outro lado do Louro. Daba nome ao barrio e a fermosa ponte gótica -século XIII- que cruza o meandro do Louro. Sobre un afluínte do vello Laur, o San Simón, fica a entrañable “ponte das febres”, memoria pétrea do paso do ilustre frei Pedro González Telmo no século XIII. Un foro do ano 1474 descríbenos a ubicación de Ribadelouro: “o cassal das Crusses que he do dito mosteiro de Bodinno con suas cassas e cortes e con sua eira e con a herdade que esta junto con as ditas cassas que seera geira e medea como vay topar enno Souto das Vellas e en caminno publico que vay para Vigo e doutro lado que amean de baixo parte con herdade do dito mosteiro que agora traie aforada Joan Rodrigues do rego e entesta de maan de çima contra San Simon con herdades e vinnas de Fernan Martins e de seus irmans disimo a deus, e mais le aforaron a vinna doya que chaman do Eido Grande con ho anaco de herdade que dentro en braços con ella iaz que soya de trager Afonso Lanparom aforada do dicto mosteiro que seera cavadura de tres homens con mais he herdade da eira doya que he de Bodinno que esta junto a parte con a dicta vina do Eido Grande da huna parte, e do

27

A.C.T. Prot. lib. VIII. Fol. 62. 6 maio de 1420. Ibidem. lib. Johan Rodrigues. Fol. 21. 8 xuño de 1433. 29 Sánchez Carrera, Mª C.; El Bajo Miño…, 1997. pax. 331. 28

outro lado da redor parte con vinas e herdade dos fillos dalvaro doya e con o caminno publico e con herdade do cassal de Canpanello o qual todo he assi...”30 Curiosa foi a renuncia do reitor de Santa Comba de Ribadelouro, Xohán de San Miguell no ano 1450. Na renuncia non fala dos motivos pero si aconsella “que ponnan nela unha persoa idonea”31. As motivacións do reitor quizais se deban ao estado no que ficaba a diócese e cidade de Tui, co bispo expulsado e os homes de Álvaro Paes de Soutomaior violentando e saqueando as propiedades eclesiásticas. Randufe Na documentación medieval tudense non aparece Randufe como couto ou freguesía. A denominación para as terras que hoxe son, aproximadamente, a parroquia de Randufe, era o de Couto de Arcos, polo lugar que aínda hoxe fica co mesmo nome. Arcos debía ter a súa orixe nalgunha edificación, probablemente acueducto, que conducise auga desde os mananciais ata unha vila agraria de xénese romana, e desaparecida cos anos. Estes mananciais debían ser a actual fonte de Arcos que aparece nos documentos como fonte de Randufe: “alguns bens…que jasiam enno couto d’Arquos … primeiramente que el dito Anes da Seyra canveava e leigava ao dito Alvaro Cardeal hun tallo de vinna que esta a sub a costa de Randuffe como parte contra çima de huna parte con vinna que foy do dito Gomes Nunnes e contra fondo parte per lo rego da agoa que ven da fonte de Randuffe. Et entesta de hun cabo con vinna de Gonçalvo Martins, notario e do outro cabo con montadego que foy das aniversarias que deron en cambea ao dito Gonçalvo Martins, notario. Et lle hay unha congostra que vai ao lagar de Johan de Vilam, carpenteiro, para o lagar de Johan de Sam Martiño, clerigo. Hai unha vinna que esta en Chaano d’Arquos, parte contra vinna que foi de Gomes Nunnes e contra çima con vinna Urdella que foi de Pero Rodrigues, clerigo. Unha leyra de vinna xacia no chouso de Saa, hai outras vinnas, eno fondo topan na pressa de Saa e encima a congostra que vai do lagar de Alvaro Anes servan para o lagar de Ruy Pelaes, alfayate. Alvaro Anns tinna outra leyra de vinna que xacia no chouso de Saa onde chaman a Pestana.”32 Fica claro que a paisaxe da freguesía estaba dominada polas viñas e polos lagares, sinal dunha intensa actividade viticultora. En Randufe ademáis da igrexa tudense tamén posuía propiedades o mosteiro de Oia. Estas propiedades eran moeda de cambio entre Oia e Tui para homoxeneizar as propiedades e sacarlle maior rendemento que nunha excesiva fragmentación. Randufe estaba cruzada polo importante camiño a Baiona, que partía desde o proprio porto da barca de Valença para cruzar as Corvaceiras ata a Valiña e cruzarse alí co camiño que viña de Tui o seu paso por Riomuíños: “huna herdade que estava enno lugar da Valinna que parte de huna parte con chousso de vinna que foi o dito thesoureiro e descontra fora con caminno que vay do loureiro para a barqua de Valença e entesta e en baixo enna silvaan e que contra a silvaan e a dita herdade que seja e aja entrada para vinna que feso domingo de soutello sarralleiro et en çima que aja caminno de carro e de besta para o dito chousso do dito thesoureiro et lle aforarom mais con esto a casa pequena que esta en fim das outras casas do curral junto con a dita herdade, item lle aforarom mays e por las ditas voses a devessa que jaz aalem do dito caminno que parte contra fondo con herdade que foy de

30

Prot. Lib. XXV. Fol. 55. 13 novembro de 1474. Ibidem. lib. Fernan Gonçales. Fol. 21. 11 xuño de 1450. 32 Prot. Lib. Johan Rodrigues. Fol. 16-17. 9 maio de 1433. 31

garçia prego et contra çima con o caminno que vai do dito lugar da Valinna para o rio de Sam Martinno.”33 Santa Baia, a ermida xunto do esteiro do Tripes, debeu en orixe conformar unha freguesía con todo o couto de Arcos, tal e como indica López Alsina, que nalgún momento da baixa idade media ficaría integrada dentro da parroquia da Catedral. Caldelas e Baldráns Couto de reguengo, doado polo rei Sancho IV a súa filla ilexítima, Violante, ao casar co cabaleiro Fernando Ruíz de Castro. O couto sería doado á igrexa tudense en 1301 en compensación polos moitos danos perpetrados por Fernando de Castro ao bispo tudense e a súa igrexa. Pero esta doazón no sería moi efectiva, promesa incumprida que se encargará o seu fillo Pero Fernández de Castro de enmendar, pero non pola alma do seu pai senón a del mesmo pois repetindo falcatruadas como as do seu pai faría de novo moitos males e danos ao bispo e igrexa de Tui. A doazón, rubricada pola súa nai en 1320, sería efectuada en 1321. Caldelas e Baldráns son freguesías eminentemente “fluviais”. Probablemente estivesen agrupadas no chamado “couto de Engarde”, nome que pervive hoxe en día no lugar de souto de Engarde. San Martiño de Caldelas e Santiago de Baldráns estaban comunicadas con Tui polo importante camiño público que ía da cidade ata Salvaterra, xa que era a mellor vía, aproveitando o Val do Miño, para chegar ata Ourense e os camiños a Castela. Polo leste Caldelas toca co couto de Porto a través do río Menlle, antigo nome do actual río Caselas. Unha interesante relación dos bens que pertencían a Fernán Peres no ano 1425 en Porto mencionan a Baldráns e Caldelas: “Item en Angarde o quarto da coutaria segundo sse parte con Baldraans et con Caldellas e soian hi de morar sete lavradores et agora moram hi tres e destes o quarto ao cabido da iglesia de Tuy.”34 O descenso demográfico que describe o documento, reflicte a situación de guerras, pestes e fames dando na despoboación do rural. En Caldelas debeu existir torre que defendese este tramo da fronteira, tal e como correspondería a un couto de reguengo, mais a documentación nada aporta, tan só a arqueoloxía pode ofrecer máis espectativas, sobre todo polo achádego dun escudo no lugar -efectuado por Jesús Gómez Sobrino- aínda que desaparecido logo, que ben puidera ter pertencido a algunha torre. Paramos O couto de Paramos era o máis importante do territorio tudense. Abranxía desde a veiga do Miño ata parte de Guillarei. Nos primeiros documentos relativos a Paramos aparece como “Peramiis” se cadra cun significado de afectuoso, moi o contrario do de Paramos=Páramos, que sería ermo, cousa que non tería sentido polas condicións xeográficas desta parroquia. No ano 1180 o rei galaico-leonés Fernando II doaría á sé tudense a metade da igrexa de San Xoán de Paramos: “da metade da igrexa de San Xoán de Paramos que xace no couto tudense en riba de Miño entre Baldráns e Guillarei”.35 O rei Afonso VIII no 1206 doaría á igrexa tudense todo o a el pertencente en Soutelo e Paramos. 33

Ibidem. lib. VIII. Fol. 174. 10 xuño de 1426. Ibidem. lib. VIII. Fol. 162. 5 febreiro de 1425. 35 Pascual Galindo; Tuy en la Baja Edad Media…, 1923. documento XV. 34

Non hai que confundir a doazón da “igrexa” -as décimas eclesiásticas e outras atribucións xurisdiccionais- e o couto propiamente dito, doado en 1095 e logo en 1112 pola raíña Urraca na cuarta parte da veiga do Louro ata o arroio de Fonte Ferreiro -Fonte Maior-. Existía Torre nesta freguesía, transmitida hoxe en día en topónimo perto do monte das Penizas. Guillarei Esta parroquia dependía do couto de Paramos. No eclesiástico debeu depender de San Vicente de Soutelo por longo tempo, non sendo ata o século XV cando vexamos aparecer a Guillarei como freguesía propriamente dita: 13 de outubro de 1487 provisión Beneficio de San Mamede de Guillarei. A súa dependencia de Paramos vémola reflectida nos aforamentos de herdades e casais: “…o casal de Soveredo…por tal pleito e condiçon que o dito Stevo Perez e as duas vozes apos eles lavren e aproveyten as vinnas e heredades do dito casal e moren e pobren o dito casal e den ende cada anno ao dito cabidoo et ao teençeyro que tever o couto de Paramios a meadade do vinho da vinha que ora he feita.”36. Este tipo de foros do século XIV vai coa condición de poboar o casal, e de aproveitar o monte ou terras a monte que alí hai, procurando que se aumenten os cultivos. Isto é debido á forte recesión demográfica da segunda metade do século XIV, por razón das pestes, fames e guerras, deixando sen labregos os campos polo que a necesidade de man de obra facía máis benignas as condicións dos foros, tratando así de asentar unha familia en lugares deshabitados e polo tanto sen rendibilidade. “…Et se fezer outra que de a terça do vinho dela. Et a terça do pan das herdades lavradas et sse rromper herdades de monte que de a quarta do pan dela. Et que aia para ssy cada anno huna peça de herdade en que semear tres ceramiis de linaça et semeada que non de dela rraçon et non asemeado que de a rraçon do pan que y lavrar et por foros en cada huun anno seys moravedis de brancas et que traga o pan e o vinho aqui a Tui commo o tragen os outros do couto.”37 Outros documentos, aínda que posteriores, inciden na reconstrucción de vellos lugares, reparando as casas, labrando as terras ou recuperando outras que están a monte. Son consecuencia dos acontecementos bélicos da segunda metade do século, a despoboación pola guerra -leva de homes e violencias e saqueos- provocaría un tempo de reconstrucción a partires de 1482: “…o lugar de Soveredo que esta en Soveredo freguesia de Guilarey, con todas as suas casas cortes e herdades e con a metade da devessa ao dito cassal pertençentes que a outra metade fica con o bispo e cabido, e agoas vertentes a monte e a fonte roto e por romper e con as herdades que estan en guilarei que perteeçe ao dito casal de soveredo e mais a casa e herdade e devesas que suia de trager afonso fragueiro vesino e morador da çibdade de tui que esta enno dito lugar de soveredo. Que faga unha casa nova de morada, e faga as cortes necesarias que correja a casa que tragia afonso fragueiro e faga en ela hun çeleiro con hun lagar novo pedra colmo madeira e pregadura.”38 Por este tempo de recuperación, cando o bispo Diego de Muros volve sentarse na cadeira episcopal, un conflito desatarase en terras de Guillarei. A contenda foi provocada pola usurpación de bens na devandita freguesía, propiedade da igrexa tudense, aproveitando o tempo das guerras.

36

E. Portela; La región del obispado de Tuy…, 1976. pax. 440. 1 abril de 1370. Ibidem. 38 Prot. Lib. XXV. Fol. 173. 4 marzo de 1485. 37

As herdades do Cardal e do Xuncal, na veiga do Louro, e o propio couto foran apropiados polo “cabaleiro da súa alteza” Eitor de Barros. Visto o que acontecía, o tesoureiro Afonso de Nespereira botaría man das devanditas herdades, feito que provocaría a reclamación por parte de Beatriz de Barros, filla do anterior, á Real Audiencia de Galicia, sacando dela unha provisión en 1487 contra o devandito tesoureiro do cabido. Este argumentaría na súa defensa que se apropiara dos ditos terreos por orde do bispo e cabido porque eran da Igrexa tudense desde tempos inmemoriais. O preito continuou co episcopado de Pedro Beltrán quen acadaría a recobrar o couto de Guillarei e todo aquilo que pertencía á igrexa. Eitor de Barros continuaría con accións legais, como a que levou ante a Real Audencia de Galicia da que obtería un mandamento contra o prelado en 1492, pero a cuestión non seguiría adiante, acalmándose ata a morte do bispo Pedro Beltrán.39 Vasco Fernandes, casado con Beatriz de Barros, acadaría apelacións e sentencias de excomunión contra o cabido, o que faría traballar aos cóengos tudenses intentando apelar en Valença contra as resolucións acadadas por Vasco Fernandes: “Ordenaron que fosen Gonçalo Afonso e Afonso Rodrigues e Garçia de Duraton a Valença a las coussas neçessareas sobre esta apelaçon que apelaron de Vasco Fernandes e se apelase outra ves se neçessario fose e sacasen os auctos neçessarios e asi fosen as vezes que fosen neçessareas a fazelle requerimentos elo que fosse neçessareo.”40 Os traballos que debían superar o cabido para solucionar o conflito co escudeiro Vasco Fernandes non remataba nos procedementos xudiciais pois para solventalos había que ter cartos e nunha situación de Sé Vagante como a que estaba atravesando o bispado de Tui, as dificuldades eran maiores, solicitando diversos servicios como o prestado polo crego e notario de Valença Mosén Jaimes, que como habitualmente se facía darían en prenda un cáliz, para logo de reunido o diñeiro pagar e recoller o cáliz: “…mandaron los dichos señores a Afonso Rodrigues de Bogarin que de los dineiros que recaudara da inpetra de goadalupe dese myl pares de blancas eno dicto cabildo para sacar hun calix que estava en maan de Mosen Jaimes notario en Valença por los auctos que fezera en que Vasco Fernandes escomungara o cabildo de Tuy para mandar a Santiago los quales myl pares de blanquas ele luego dio eno dicto cabido e pagaron a huna criada de Monsen Jaimes que trouxo o dicto calix.”41 O preito ficaría rematado en tempos do bispo Diego de Avellaneda, quen lograría sentencia favorable da Real Chancillería de Valladolid o 20 de xaneiro de 1527, na que declaraban ser o bispo e cabido donos do devandito couto e herdades polo que Beatriz de Barros debería restituír nun prazo de dez días tódolos bens usurpados. A sentencia sería confirmada en 1529 na que ademáis da devolución podía Beatriz reservarse casas e bens dos que viña disfrutando desde había setenta anos.42 Vasco Fernandes e Beatríz de Barros posuían unha Torre na devandita freguesía de Guillarei, próxima á actual estación. Segundo Ávila y La Cueva, que puido aínda ver os seus restos, era unha torre de tosca construcción.43 Pexegueiro Este antigo couto tudense estaba fixado polos límites do seu val homónimo e pola demarción de propiedades do Mosteiro de San Miguel de Pexegueiro. 39

Ávila y La Cueva; Historia civil y eclesiastica…, tomo IV. Pax. 104 e 105. 1995. Consello da Cultura Galega. 40 Prot. Lib. XXIX. Fol. 243. 1 agosto de 1510. 41 Ibidem. fol. 263. 10 abril de 1514. 42 Ávila y La Cueva; op. cit. tomo IV. Pax. 143. 43 Ibidem. tomo II. Pax. 312.

A orixe deste mosteiro, o vello Persicario, debeu ser moi antiga pois xa no século XII atópase formando parte dos bens capitulares da igrexa tudense.44 Tal e como teñen aparecido algúns restos -inscripción funeraria romana atopada entre os muros da reitoral- podemos intuír facilmente a orixe deste mosteiro nunha vella vila romana, apropiada para un óptimo aproveitamento agrícola e piscícola -proximidade do río Furnia-. Neste lugar predicaría frei Pedro González Telmo o seu derradeiro sermón. Intuíndo a morte próxima, tentaría a marcha a Compostela. Do mosteiro aínda fica a igrexa, de estilo románico -s. XII- con interesantes relevos. A perda da súa ábsida no século XVIII fai que non podamos saber a súa forma, se a tradicional rectangular das igrexas baixo miñotas, ou semicircular como aparece en San Bartolomeu de Rebordáns. Pexegueiro fica no centro do val do Furnia, aquel que se denominaba río Tope e que formaba o couto de Maloes ata a súa foz. É lóxico pensar que Pexegueiro ficase incluido neste couto mais as confusas delimitacións medievais -tal e como nos hoxe o coñecemos a través da documentación- fannos ver que Pexegueiro formaba un couto diferenciado probablemente pola área de propiedades do mosteiro. Sería co tempo, cando a parte de arriba de Maloes sexa da igrexa tudense, que Pexegueiro aparece como couto incluíndo nos seus límites a Maloes, polo menos na delimitación da tenencia que recollía as rendas capitulares: “Rematarom a renda de Pesegueiro enno provisor por trezentos maravedis pagos por los terços do anno, e que dea hun par de galinnas cada anno para as fiador Gomez Correa canonigo e asi reçebeo o ramo e o quitava.”45 Un exemplo de foro neste couto nolo amosa o realizado por Xoán Fragueiro en 1484: “…morador en Pesegueyro por tempo de vynte anos continuos seguintes con vem aa saber o casal de Perlim que he da messa obispal enna freguesia de Pesegueiro que el trage en maa e enpose con suas herdades e con a meetade da vina do chousso de Myguel e con a meetade da agua de jussaan o qual dicto cassal con as dictas herdades e vinas suso dictas e devessas a el pertesçentes le ansi aforarom con tal pleito e contal condiçom que correga o dito casal de pedra colmo madeira e pregadura e de todas as outras cousas quele fesesem mester e lavre e aproveite as dictas herdades e vinas en tal maneira que todo melore e non enpeore senon sobre todo e de e pague en cada hun ano do pan que deus der ennas ditas herdades das das manssas de seisto e das bravas de dous disimos enna restela en moonloos e dous que deven dar ennas ditas vinnas oo risto aa dorna e de foros en cada hun ano huna marraa de braço ou huun boo carneyro qual el Joan Fragueyro mais quiser por dia de natal començado defeco a pague logo por este natal primeiro que vem e asi en cada hun ano seendo seirvente e obediente ao dito sennor obispo que por os tempos for da igreja de Tuy con seu dereito non le pasado outro sennor a ...”46 Outro foro interesante o vemos realizado en 1501 logo das guerras da parte final do século, nas que nestes momentos téntase repoboar os numerosos casais e lugares que ficaron despoboados: “Foro a Vasco de Veiga e a sua moller Costança de Cajoo moradores en Cajoo que he enno val de Pesegueiro, ho cassal de Chouril que esta hermo e despoboado enno qual cassal estan çinquo ou seys pardiñeiros derrocados e hun alevantado de paredes con ho giestal que e monte, contraçima parte con ho camiño

44

Henrique Flórez; España Sagrada, tomo XXII, Doc. XIII. División entre bispo e cabido das propiedades da igrexa tudense. 1156. “Monasterium de Persecario cum cauto et Ecclesiis et hereditatibus suis”. 45 Prot. Lib. XIII. Fol. 110. 29 abril de 1463. 46 Ibidem. lib. XXV. Fol. 31. 7 marzo de 1484.

foreiro que vay para a ponte do bispo (¿Sambade?). Aforaron a herdade que chaman da see.”47 Como en tantos outros lugares o bispo de Tui tiña o privilexio da luitosa, tributo que se pagaba por cada falecido, escollendo normalmente o mellor boi ou vaca da casa. A luitosa estaba aparellada cos “panos e camas postomeros” que gravaban sobre estas prendas que deixaba o falecido. Estas tributacións, que eran moi onerosas para a poboación, provocaría a rebelión do preito dos Arrianos -tamén labradores- que duraría case toda a segunda metade do século XV. En Pexegueiro este tributo cobrábao o bispo mais as condicións nas que estaba a parroquia levaría a que parte dos veciños elevasen unha petición ao prelado tudense, Pedro Beltrán, para que os eximise de tan grave carga que consistía en: “Cada veciño que falecera, o mellor boy ou arca ou baca ou besta ou outra qual quer cousa que o tal freigues ou freiguesa tyna e a cama e o pano de men fero”.48 A argumentación exposta polos veciños de Pexegueiro era convincente para o provisor do bispo, Morgued Juan, porque: “A iglesia reçebia dapno e a diante reçeberia mucho mas que a cesion de lo suso dicho non se vendria a morar al dicho coto e freguesia”.49 Polo tanto chegaron a unha composición e acordo: “Avinça entre iglesia e fregueses que cada hun ano por la luitosa pano e cama çinquenta maravedis de pares de brancas e que faleçendo o marido ou a muller que qual quer de las que ficar pague por lo dito cassal en que asi vivere os ditos 50 pares de brancas e asi outra qual quera persona que morase en qual quer dos ditos cassaes a dita freguesia e que se por la ventura a cassei den asi dous en hun cassal cassados por non poder tan agina aver cassal que se mais de seis messes esteveren que pague como se vivere en dous casas cada hun 10 maravedis e non estando mais dos seis meses que non pagase senon por hun cassal e que enesto non se entendan os outros dizimos personales ne perdoles senon que os paguen cada hun como os senpre pagou, pagando cada hun por cada hun dos dictos cassaes os ditos 50 maravedis de pares de blancas por dia de janeiro en cada hun ano postos en paz e en salvo todos los dictos dineiros juntos en cassa do dicto reverendo señor obispo começado de faser a paga por este janeiro primeiro que ven…”50. Deste xeito podíase repoboar o devandito couto porque: “… os que viesen ou quisesen vir morar ena dita freguesia de Pesegueiro que non den outra luitosa pano nen cama a ora de sua morte senon este dicho tributo que cada hun paguen en cada hun ano dos dictos çinquenta maravedis…”51. A todo isto os veciños de Pexegueiro estaban conformes xa “quelles a plazia e eran contentes de consentir e consentian ena dita avinça e conposiçion…”52. Tódolos veciños renunciarían a emprender accións legais contra tal acordo, ficando tal aveciñamento como mellora das condicións de vida, aínda que duras, dos fregueses. Santa María de Bongoi Destacamos este lugar porque aínda que o podemos ubicar no actual Pazos de Reis, na idade media pertencía ao couto de Rebordáns, e pola súa curiosidade e descoñecido pasado merece unha especial atención. 47

Ibidem. lib. XXIX. Fol. 24. 6 xullo de 1501. Prot. Lib. XXVII. Fol. 225. xuño de 1500. 49 Ibidem. 50 Ibidem. 51 Ibidem. 52 Ibidem. 48

O lugar de Mungoi/Bongoi aparece pola primeira vez no testamento do arcediago Fernán Eans en 1264, como parte das súas propiedades e formando parte dunha renda na que incluía o lugar cunha serie de terreos, viñas, devesas, etc. Polas características dos lugares asignados e a documentación que ao longo do século XIV vai aparecendo do lugar, podemos asegurar que este era o actual O Anxo, do que curiosamente non tiñamos nova algunha do seu pasado 53 nin outra pista, Bongoi resolvería este baleiro. O testamento do arcediago Fernán Eans expresa a orixe da dotación deste lugar e a importancia que debeu adquirir entre os séculos XIII e XIV. Deste xeito aparece o lugar de Mungoi/Bongoi composto dun hospital feito polo arcediago e que terá o seu capelán “...et ipsi capellam teneant hospitale suum de Mungoy...” e dotado de doce camas, sabas, mantas, cabezais e de palla, madeira, auga e sal, e preparado para atender a tódolos pobres, peregrinos e romeiros “... et teneant in ipso hospitali cotidie xii lectos aptos de xii feltris et de xii almucelis et de xii pulvinaribus et paleam et ligna et aqua et sal, satis ad omnes qui volverint ibi albergare et fuerint pauperes et peregrini qui verint in romarias et dat ipsis capellanis quantum habet in ipso hospitali de mungoy cum omnibus pertinentiis suis et partum habet in villa de paredes cum omnibus pertinentiis suis et domum suam...”, incorporando máis adiante algunhas cousas máis “...et mandat ad ipsum hospitale suum lectum cum una culcita et una almucela et duobus pulvinaribus et uno fasceyroo et duobus linteaminibus...”54. A documentación do século XIV amosa xa o nome de Bongoi 55 e o arrendamento do lugar con todas as súas pertenzas. É nestes documentos no que comprobamos o alcance e importancia do lugar, ademais de sinalar a proximidade da cidade. O lugar que pertencía ás Aniversarias, isto é, as misas adicadas ao arcediago Fernán Eans, sería arrendado en 1370 ao veciño de Tui Fernán Silvestre e á súa muller María Lourenço “... o lugar de Sta Maria de bongoy que açerca da çidade de Tuy o qual foy do arçidiago dom fernando et pertençe aas aniversarias da see de Tuy...”56. O lugar debía estar en mal estado e o anterior arrendatario falecido polo que a obriga era que “... alçem refaçam et aguisem et mantenam as casas do dto lugar de bongoy de todo aquello quelles conpren et faça lavrar et aproveitar as herdades et possisoes do dto lugar comosse nom percam por mingoa de lavor et de boo proveito et que arrinquem a byna que y começou afaser o dto John gonçalves por que era verdella et tal que nom era proveito ao dto lugar...”57. Un dos aspectos interesantes era o pago “... de renda et de foro cada hun anno em salvo em esta çidade de Tuy ao dto cabidoo dusentos et çinquenta mor em esta moeda que ora corre conven a saber barbuda por des mor et as outras moedas segundo el Rey pos que valesem et assi cada anno ena dta moeda ou en outra que corren que monte os dtos dusentos et çinquenta mor et que destes dineiros page qorenta mor ao bpo et qorenta ao que tençeiro que tever o couto de Revordaaos porllo dto cabidoo et os çento et satenta mor que ficam que os pagem ao dto cabidoo ou ao ovençal das aniversarias cada anno porllos boos do anno...”58, e polo que sabemos que parte das 53

O Anxo co seu nome provén da capela fundada ou rehabilitada polo bispo Diego de Torquemada na segunda metade do século XVI, adicándoa ao arcanxo San Gabriel do que era moi devoto. 54 A.C.T. Pergamiños. 9/16. 55 A sustitución da M pola B é algo normal en fonética. 56 A.C.T. Prot. Nuno Gonçalves. Fol. 15. 13 de outubro de 1370. 57 Idem. 58 Idem.

propiedades ficaban en Paredes e en Manteigada e o propio lugar de Bongoi nos seus límites. En 1378 volveríase a arrendar o lugar de Bongoi. A morte de Fernán Silvestre e o casamento de María Lourenço con Vasco Martín obrigaba a voltar a aforar o lugar “... lle aforarom por estas condiços primeiramente que os dtos baasco martin et sua moller daqui ata dous anos reparem as casas do dto lugar que ora estam descubertas et as cobram de madeira et de tella et façam de paredes segundo quelles soe mester et que mantenan aiglesia et as casas que ora estam cubertas et as outras que feserem como nom desfalecam por mingoa de reparamento et que ata huun anno alçem o corral do dto lugar por hu ora iaz derribado et façam hunas portas ao curral outrosy que ata os dtos dous annos faça huun tal lagar...”59. Outra das obrigacións coas que contaba este foro e polo que vamos albiscando a complexidade do lugar eran as misas na igrexa de Bongoi en memoria do arcediago Fernán Eans “... outrosy que a herdade que o dto fernam silvestre começou a chantar de viña que a enrasem et refaçam como daqui ata quatro anos seia vina feita avista de lavradores et que façam o dto lugar morar et pobrar et tenha cubertos os abrares aa dta iglesia de dentro et de for a et façam cada anno d—enno altar dentro da dta iglesia tres missas pola alma do arçediago dom fernando cuio foy o dto lugar ---- de sta maria dagosto et a outra por dia de sta maria de fevreiro et a outra por dia de sta maria de março et asi cada anno en quanto durar este foro ...”60. No ano 1390, Vasco Martín notario en Valença renunciaría a tenencia de Santa María de Bongoi “... Et era que por quanto o dito lugar et casas del sse dapnaram et destruyram em esta çerqua que el Rey de portugal fesera sobre esta çidade...”61. A renuncia que a facían no seu nome o tesoureiro Aparicio Peres e o seu irmán Gonçalvo Martín ficaba coa condición de que se fixera o arrendamento ao fillo deste último, Gonçalvo, aceptando o cabido disporía das condicións comúns “... por tal pleito et condiçom queo dito Gonçalvo repare et aguise et faça et correga o curral et torres et casas do dito lugar de todo aquello que ouver mester et lavre et aproveyte avinna que ora y esta feita em guisa que o dito lugar et vinna nem as pertenças del nom desperescam por mingoa de lavor et de reparamento et de benfeitoría et façam portas ao curral et o alçem hu jaz derribado...”62. Outras disposicións lembranos as misas na igrexa de Bongoi “... et que tennan demays cubertos os altares da dita iglesia tanbem o de dentro da iglesia como o de for a et façam diser enna dita iglesia cada anno tres misas por la alma do dito arçediago cuio foy o dito lugar a huna por dia de Santa Maria dagosto et aoutra por dia de Santa Maria de fevreiro et aoutra por dia de Santa Maria de Março et assy em cada huun anno em quanto durar o dito foro et que faça aybda enno dito lugar hun lagar que seia pertençente aa dita vina que ora y esta feita et amays vina sea y feserem et façam morar et pobrar o dito lugar segundo qeusse ata aqui acustumou a pobrar et que nunca neguem o jur posse et propiedade do dito lugar ao dito cabidoo etlle seia obedientes com os seus dereitos et que nom consyntam y criar fillo de cavaleyro nem de escudeiro nem de dona nem doutro omem poderoso...”63.

59

A.C.T. Prot. Nuno Gonçalves. Fol. 45. 15 de abril de 1378. Idem. 61 A.C.T. Prot. Nuno Gonçalves. Fol. 68. 4 de febreiro de 1390. 62 Idem. 63 Idem. 60

Moi breve sería o paso de Gonçalvo por Bongoi, o 18 de outubro do mesmo ano de 1390 renunciaría ao foro, a morte do pai, que era mercador, o impulsaba a seguir ese camiño e a non ficar atado a un lugar determinado: “... Gonçalvo fillo de Gonçalo martim juis que foy da çidade de Tuy disso que el seendo odito seu padre vivo aforara do dito Cabido por mandado do dito seu padre o lugar de Santa Maria de Bonjoy que ante ante tragia aforado Vaasco Martim notario seu yrmaao aqual lle aforara aapartida quesse daqui partiram os chamorros et que o dito lugar ficara defruytado et dapnificado et que el em vida do dito seu padre começara arreparar o dito lugar Et que ora o dito seu padre era finado et que el era moço et entendia de husar de mercadaria et andar por outras partes et nom podia rreparar o dito lugar segundo a ese lugar pertesçia et por esta rasom que demetia o dito lugar de bonjoy...”64. Quen se fará cargo de Bongoi sería o tesoureiro Aparicio Peres, “... et outorgarom aforo ao dito thesoureiro...”65. A comezos do século XV as propiedades que tiña o tesoureiro, agrupadas baixo o lugar de Santa María de Bongoi, serían disoltas, xa que vemos que as viñas da Manteigada serían aforadas a catro labradores dos arredores -Santa Eufemia, Paredes, Manteigada,...- o que de feito era a fin da tenza de Santa María de Bongoi. A documentación describe un lugar pouco común: casas, torres, hospital, igrexa, un curral, o lagar. Toda unha vila cos seus moradores creada polo arcediago ou baixo o seu impulso a mediados do século XIII, sobre un altiño que domina as terras circunveciñas. Rescatar do esquecemento a Santa María de Bongoi é fundamental xa que estamos a recuperar a memoria dun lugar que no momento de máximo esplendor da cidade tivo unha serie de compoñentes que o facían particularmente especial sobre o resto do couto tudense, é por iso que este achádego nos poida aproximar aínda máis ao pasado do Anxo, e sinalar a importancia arqueolóxica do lugar.

64 65

A.C.T. Prot. Nuno Gonçalves. Fol. 77. 18 de outubro de 1390. Idem.

APÉNDICE DOCUMENTAL (1).-1095. privilexio de Don Reimundo de Borgoña e Dona Urraca sinalando o couto de Tui. Baixo a gracia do creador todopoderoso que fixo tóda-las cousas da nada naturalmente do Pai e do Fillo e do Espíritu Santo de quen proceden e a quen volven tódo-los bens que é autor de tóda-las cousas sen quen nada pode existir na orde natural e quen é forte e inexpugnable axudador en toda aflicción destos que confían nel. Eu conde Raimundo por vontade de Deus, xenro do señor Afonso de Toledo e do Emperador de Hispania xuntamente coa miña muller de nome Urraca, de linaxe do mesmo príncipe, de mutuo acordo e boa vontade pola alma do rei Afonso e da raiña Constanza e polo perdón dos nosos pecados e pola esperanza na eterna recompensa e na felicidade, dono á beatísima Virxe María nai do noso señor Salvador Cristo, os coutos da sé tudense, estes son os lindeiros: así como se levanta ou se elevan dende aquel porto de Sagatanes e van entre Villarino e Figueirola e ata a mámoa entre Superata e Anta e a través do monte Savogario e ata a pedra fita que está na portela de Fredenando e conducen por vía recta ata penalba e ven ao Castro e ata o monte Aloia onde foi fundada antigamente a cidade e onde están depositadas as reliquias de San Xulián e dende alí ata o pé de Carballo e vai polo mesmo regato ata Azoreira e entra en Fevero de onde saíndo diríxese cara a arca de pedra fita dende alí ata o monte Alto e entra cara ao río Laur no porto de Urbanelo e vai a Aguileira e ata o foxo Lupal e ata o monte enriba de Sobredo, dende alí a Pena Aguda ata Sutrios onde nace a fonte maior e vai a través daquela fonte maior ata que entra no río Miño. Dende alí pasa en curso recto ata as lagoas de Pausata e dende alí pola metade do cúmio do monte Farelo e polas arcas de Fosi e dende alí a través da armada de Auson e por aquel casal de Matre e pola portela de Mundin e por aquelas antas antigas de San Salvador de Gándara e pola portela de Araon e por aquela de Segatanes e entra no Miño. Estes lindeiros tamén se pechan aquí. Todas estas cousas concedovos xuntamente coa miña antedita conxuxe á sé tudense de Santa María, nai de Cristo e señor noso na man do señor Auderico bispo desta igrexa e aos cóengos deste lugar con este tenor ou fortaleza, que se alguén nalgunha ocasión entre estos lindes se atrevera a vir ou a roubar algo ou facer dano ou facer outra violencia antes de quedar libre sen ningunha desculpa satisfaga VI mil sólidos de prata ao bispo e cóengo da mesma sé e despois tamén diante do “pontífice” desta mesma igrexa dignamente satisfaga e permaneza excolmulgado e separado da entrada da Santa Nai Igrexa. Os homes privados que tamén alí se encontren, se casualmente entre si se firen ou cometen alí homicidio, roubo o algunha violencia ou algo inadecuado, ou intentan facer e romper os sinais segundo a medida das culpas e as calumnias que alí o mesmo tempo cometesen, reparen integramente ao bispo e aos cóengos desta mesma igrexa e como arriba satisfagan e sexan correxidas. Fago esta doazón, presentes os magnates, a saber … (2).- 1112. Privilexio de Dona Urraca. Baixo a gracia do pai omnipotente que todo o creou da nada (…) que espera nel. Eu Urraca, raiña de toda Hispania despois da morte do meu pai o rei Afonso, vin a Tui e movida á compaixón en favor da miña alma e da dos meus pais dou e concedo xuntamente co meu fillo rei Don Afonso á igrexa de Santa María de Tui e ao propio bispo Don Afonso e aos cóengos que sirvan alí no presente e no futuro a vila de Santa María de Areas e a villa de Spenicelo con todo-los seus anexos e o que teño dende aquela anta de Santa Comba ata aquela anta de sobre Figueirola e dende Laur ata San Xulian de Aloia e do río de Muíños ata Pedra Fita que está enriba de Pexegueiro con os homes ou herdades de realengo ou de infantadego ou de condado, bouzas, montes, na totalidade como arriba foi escrito e corresponde ao real dereito con karitele e coa súa voz e o honor que eu teño. Os citados arriba poseedeo por tódo-los séculos. Ainda engado ademáis á igrexa supradicta a cuarta parte daquela veiga de Tui dende Laur ata a fonte Maior. Téndeo e poseédeo perennemente por sempre Amén. Foi feito o testamento na era … (3).- 1169. Doazóns e confirmacións feitas por Afonso Henriques. No nome da santa e indivisible Trindade, do Pai do Fillo e do Espíritu Santo, Amén. Porque convén que cada fiel, dos bens concedidos para el pola xenerosidade minima faga partícipe aos ministros de Deus para que mereza por medio deles ser partícipe dos bens celestiais. Por isto eu Afonso rei dos portugueses a Deus omnipotente e a gloriosa nai desta igrexa, María sempre virxe e en todo-los santos de Deus e a vos Don Xoán bispo da igrexa de Tui e os vosos cóengos servidores así presentes como futuros desta mesma igrexa e a todo-los vosos sucesores que han de ser promovidos perpetuamente fago carta de todo o mesmo realengo que teño en Benevivere en terra de Fragoso para que dende este día sexa quitado aquel realengo coa voz e caloñas e cantello do meu dereito e dos meus sucesores e de calquera persoa secular e sexa entregada á vosa xurisdicción e confirmada coa igrexa de Santiago de Benevivere con 17 casais que miran cara a mesma igrexa de Benevivere. Así tamén fágovos testamento do meu dereito real que teño sobre cinco barcos con seis temoneiros en Sta. María de Vigo para que non serven a ninguén outro nin satisfagan tributo nin calumnias (caloñas) a non ser somentes á igrexa tudense e ao bispo da mesma. Tamén douvos e concedo a cidade tudense por onde atravesa dende aquel porto de Segatanes…(como no privilexio de 1095). Douvos tamén e concedo o portádego dende o mesmo porto de Tui en que ninguén

teña nave conductora (barca de pasaxe) no mesmo porto excepto vos. Así tamén se alguén quere levar a alguén na súa nave sen pago teña en esto libre potestade. E que ninguén ouse pescar dentro dos termos supracitados sen o voso mandato. Concédovos tamén a igrexa de Sta. Baia de Villar de Mouros enteira na ribeira do Miño facendo de separación o rio de Coyra con todo-las súas pertenzas polos seus termos antigos. Douvos a perpetuidade a igrexa de Sta. María de Vinea (Vinhas) enteira co seu couto polos seus termos antigos. Ademáis concédovos cinco casais en Truyti con todo o seu realengo que alí poderedes atopar. Cofirmovos tamén a igrexa tudense a perpetuidade e concédovos todo-los dominios e garantías e liberdades que a miña nai e os meus avós e o emperador Don Afonso e o seu pai e a súa nai fixeron á igrexa tudense, así tamén todo o realengo que vos e os vosos sucesores teñades de todo-los vosos coutos e todo o citado anteriormente libre e enteiro para que nin eu nin os meus sucesores teñamos neles nin voz nin calumnias senón soio a igrexa tudense e o bispo que naquel tempo houber, alí voz e xurisdicción teña sempre e vos e os vosos sucesores e a igrexa tudense teña pleno dominio sobre todo-los homes de todolos vosos coutos e os mesmos nunca teña outro señor nin vendan nin doen as casas nin as súas herencias a outros santuarios, ecclesiásticos ou cabaleiros ou outros homes importantes que poidan dispoñer mal as vosas directrizes. Así pois se algunha persoa este feito meu rompera por casualidade… (4).- 1170. Foros feitos por Fernando II á nova poboación de Bonaventura. (…) para incremento e defensa do noso reino convén que a maxestade rexia sexa fortificada non só coas armas senón tamén engadindo unha moi exacta atención na construcción de cidades moi fortificadas e fortalezas para que así de aquí e dalí en común teña poder a autoridade real tanto presente como ausente e non deba temer os ataques inimigos. Se a vista deste argumento, eu Fernando rei das Hispanias pola gracia de Deus, tanto para a ampliación da cidade de Tui canto polos numerosos e lamentables saqueos de esta debido aos ataques dos inimigos tanto sarracenos como normandos (xianorum-pais das brétemas) desexando mirar pola salubridade da citada (cidade de Tui), proveer a esta cidade de mellor e máis fortificado pola natureza, que está entre a igrexa da mesma sé e o río Miño, comunicada a decisión á nosa curia co consenso de Xoan, bispo desta cidade, do prior Fernando e dos cóengos da mesma e tamén co asentemento propio posto de manifesto consideramos útil que ha de ser mudada (a cidade). Así o lugar citado do supracitado bispo, prior e cóengos, concedovos foros para habitar o lugar que vos merquei para todos vos moradores presentes e futuros cos costumes, a saber coa condición de que alí vos construades a cidade e a mesma fortifiquedes en redor con amplísimos fosos e muros e tamén con torres a cuxo lugar e cidade tal certamente dámoslle de novo o nome de Bonaventura. Así pois ordeamos que o morador desta mesma cidade de Bonaventura non dé portádego de sal a este porto do cal portádego soía ter a metade o castelo de Entenza e a metade o bispo e cóengos. Das viñas traballedes das que por décima parte por foro dábades ao bispo e cóengos, despois nada deades a non ser aquilo que a Deus debades. Mandamos ademáis que o merino non se atreva a prender morador daquela vila por ningunha calumnia (caloña) que non fora dada a palacio a non ser por homicidio, rauso (violación), ou roubo coñecido, traizón ou esterco posto na boca. Do demáis en verdade se fose dada calumnia a palacio si aquel que calumniaron vivise na vila dé como fianza 5 sólidos e o saión (alguacil) non se atreva a entrar na súa casa por garante. Se non fan casa na mesma cidade dé en fianza 5 sólidos e fianza de 60 sólidos. Si a calumnia fose de cousas moveis ou inmoveis o señor que reivindique en dereito o seu asunto obtéñano en paz e o merino decida impoñerlle en castigo proporcional ao tipo de calumnia. Se fose ferida corporal, a metade da remuneración aproximadamente sexa dada ao merino e a metade a aquel que recibiu o dano no corpo. Ningún merino se atreva a ir contra estes costumes porque se o fixera ningún morador que en defensa do seu corpo ou da súa facenda provocase dano sexa castigado con pena corporal ou pecunaria. Igualmente que ningún se atreva a defender ao merino porque espera o seu dereito porque o que o fixera espere ser castigado. Se unha nave naufragase dende a foz do Miño ata Barcela ningún morador perda nada das súas cousas que alí tivese polo señor ou polo merino da terra ou por outro poderoso. Se a nave naufragase nalgunha outra parte do meu reino o morador da vila dé a cuarta parte de todo o que alí tivese á voz do rei e coas restantes cousas volva seguro a súa vila e coa súa nave si pudese tela. Engadimos tamén que do pan ou do viño que nos montes ou nos lugares incultos ou nas vosas propias herdades prantaredes non lle deades diezmo a ningún só a Deus. Confírmovos tamén as herdades vosas e amos dos vosos fillos e das vosas fillas que por acordo do señor da terra teñades para que esta tal couto cal teñan as herdades e amos dos cabaleiros se fosen herdeiros. Mando ademáis que os mercadores da vosa vila vaian e veñan seguros por todo o meu reino e ningún pague fianza a non ser deudor ou fianza se alguén collese a un mercador da vosa vila sólteo sen dano e pague 500 sólidos polo apreixamento e se alguén algún mercador da vosa vila violentamente lle quitase cartos a este devólvelle o dobre e á parte real 500 sólidos. Libero tamén a todolos moradores da mesma vila de luctuosa, de maniatico e concedolles libre potestade de ordear e partir ou facer testamento das súas posesións a calquera que queira á súa morte. Ningún ouse proibirvos pastos e leña para queimar ou para facer edificios ou para naves a non se nos lugares cultivados e defendidos. Se alguén vindo doutra parte sexa notable ou vilán cometese na vosa vila roubo, según a xustiza que desto fixérades non paguedes nin lle contestedes aos pais nin aos señores sobre o homicidio do ladrón. Calquera

da vila ou de fora que intentase calumniar pague á parte real 500 sólidos e ademáis sexa chamado reo de meu reino porque non quero soportar defensores dos ladróns. Se houbera algún ladrón que chegase dalgunha parte á vosa vila sexa entregado ao vigairo do bispo e sexa dado o roubado a este a quen lle foi quitado polo medio do roubo. Calquera que veña a esta poboación por libre vontade sexa seguro e veña sin dano e quen lle faga inxuria sexa castigado coa pena citada. E os supracitados foros e costumes que arriba determinamos tamén vos (confirmamos) todos os foros e bos costumes que de antigo ou de novo tivéstedes. Se algún nobre vivise con vos non teña mellor foro que calquera outro morador voso tivera e se fora do meu reino tivero outro señor conserve a súa herdanza pero non se atreva a entrar nesta vila. Así se alguén tanto da miña linaxe como do alleo intentara infrinxir esta acción voluntaria nosa coa ira do Deus omnipotente incurra na indignación real e co traidor Xudas e con Dathan e Abiron os que a terra sorbeu vivos sexa condenado ao inferno e devolva catro veces o que invadiu, e este testamento permaneza sempre firme. (…) (5).- 1170 Fernando II doa ao bispo tudense a igrexa de Borreiros en compensación. No nome do Noso Señor Xesucristo Amén. Maiormente sentimos as incomodidades do esquecemento cando por neglixencia as cousas que facemos non as poñemos por escrito. Certamente en consideración desta razón eu, don Fernando pola gracia de Deus, rei das Hispanias, xuntamente coa miña conxuxe a raíña dona Urraca, por escrito firmísimo que ha ser valedeiro para sempre, dou á igrexa tudense e a vos Xoan, bispo deste mesmo lugar e a todos-los vosos sucesores e tamén ao prior Fernando e a todo-los cóengos tanto presentes como futuros a igrexa de San Martiño de Borreiros, toda enteira, con todo os seus dereitos, as súas pertenzas e con toda a súa xurisdicción e coa voz real como se determina a través dos límites e divisións abaixo escritas, a saber polo outeiro de Sarnoso, dende alí pola cidade vella e separa das oliveiras a través do muro vello, dende alí a través do forno das tellas, dende alí ao porto de Espinario, separa de Lausado polo marco de Bárcena e sube ao outeiro de sobre Lausado e separa de Vaer pola vía vella e vai cara a fonte de entre Guntín e Vaer e entra no regueiro de Ulbaria dende polo regato de Ansaldi e separa polo porto de Cabalaris e volve a Sarnoso onde empezou. Así concédovos a vos en perpetuidade con dereito hereditario a citada herdade co seu couto, polo prezo da propiedade que vos comprei. Se queda algunha propiedade entre a igrexa da vosa sé e o río Miño, propiedade segundo comeza dende o muro que pecha a viña do Bispo ata cando remata no muro que pecha a viña do mestre Reimundo, en cuxa propiedade certamente puxemos prezo á obra de construir a cidade, da cal cidade concedemosvos o dominio a vos e a vosa igrexa con dereito hereditario, retida tamén para vos e para os vosos sucesores a reverencia e fidelidade que se debe ao dominio do Rei. Restituimosvos a vos e a vosa igrexa as vosas herdades suscritas, separadas do desexo malicioso dos homes malvados, a saber Ulbaria que do mesmo xeito doouvos Fernando Eans, cun casal e medio coa cuarta parte da igrexa de Indomai, o couto de Vilaza, como o tivechedes nos días do conde G. A cuarta parte de Couso e outros montes e herdades que inxusta e violentamente os foron quitados. E en confirmación deste escrito dádesme 200 morabetinos. Así pois se alguen tanto da miña linaxe como do alleo irrumpise no citado couto e intentase vir contra este escrito, o que creemos que non vai suceder, incurra na ira de Deus todopoderoso e na indignación rexia e con Xudas traidor do señor e con Dathan e Abiron, os que a terra tragou vivos, sexa condenado ao inferno e polo atrevemento temerario pague á parte real e a vosa voz 3000 morabetinos e o que invadira devolva o cuádruple. Que este escrito permaneza sempre firme. Feita esta carta na mesma cidade, no mes de Marzo, era de 1208 (…) (6).- 1170. Compensación ao bispo de Tui pola apropiación de terras para muda-la cidade. (...) é propio da real maxestade enriquecer con doazóns os lugares santos e relixiosos con grandes posesións porque é de santidade e que de ningunha maneira se vendan. Eu certamente Fernando rei das Hispanias pola gracia de Deus, tomando as medidas necesarias para o meu reino co consello dos homes bós, pontífices, cabaleiros, burgueses, a cidade de Tui para a que estaban preparadas tremendamente as asechanzas dos inimigos, decidín cambiala a un lugar máis seguro, rodeado de montes, onde estiveran as viñas do bispo e dos coengos da mesma cidade e pois non nos é lícito nin queremos os lugares santos e relixiosos desheredar, polas mesmas viñas que arrancamos e polo dereito do campo, que dende o tempo dos meus avós poseerades de forma tranquila e pacífica, devolvoos a vos, bispo don Xoan e ao prior Fernando, e a todo o conxunto dos cóengos Ulbaria situada xunto do castelo de Sobroso con toda as súas posesións que tiverades gracias ao señor Fernando Eans en testamento. Devolvemosvos a mesma vila e reintegrada polos lugares asignados acoutamos dunha parte polo lugar por onde a mesma vila se divide da vila de Celario e da vila de San Martiño de Portela e San Estevo de Cumial. Tamén poñemos límites para vos a vila de nome Sela o redor do río de Tea que está baixo o castelo de Sobroso polos seus límites en círculo por un valado vello. Dámosvos tamén na terra de Miñor a igrexa de San Martiño de Borreiros con todo o seu dereito o cal nos tivemos nesta ata o de agora. Acoutámosvos tamén a mesma vila de San

Martiño baixo o castelo de Morgadáns entre a foz do río de Miñor e o monte próximo de Zerasio, evidentemente polo muro que está entre as oliveiras e San Martiño e dende alí polo porto de Espinario, dende alí a través dos marcos que están entre Lausado e san Martiño, dende alí ata a fonte entre Beiro e Guntín, dende alí ata o río do monte Ulbaria e ata a auga de Ansaldi, dende alí ata o monte que está entre Artemán e San Martiño, dende alí polo lugar que se chama cidade antiga, dende alí ata o muro por onde comezamos. Tamén acoutamos a igrexa de Santa María de Vigo, que poseechedes pacíficamente dende o tempo dos meus avós ubicada o redor de Anceu a través dos lugares asignados, e dicir pola fonte de Santa Uxía, dende alí polo lugar que chaman camiño vello, dende alí polo Valo que baixa ata o mercado do peixe. As citadas vilas en lugar de vosa herdade na que fundamos a cidade, damosvos e concedemosvolas por douscentos aureos, que de vos recibimos e todo dereito que tivemos ata agora nelas concedemos para que soio a poseades polo presente escrito garantimos e confirmamos. Engadímos ademáis que todas as herdades que por algunha violencia no meu reino dende o tempo de meu pai perdéchedes teñadelas reintegradas polo meu portario e co presente escrito, a saber as herdades de Fornelos de Miñor e de Burgueira e de Tomiño. Se alguén quixera romper o noso feito pague 6000 sólidos á igrexa de Tui e ademáis sexa excolmulgado e no xuizo final a esquerda do xuiz permaneza para morar eternamente. Era 1208 sendo conde de Urgel principe en Turonio, Pedro arcebispo da igrexa compostelana (…) (7).- 1170 Anulación dos foros condedidos por Fernando II á nova cidade de Bonaventura. No nome do Noso Señor Xusucristo Amén. Maiormente sentimos as incomodidades do esquecemento cando estas cousas que facemos non confiamos á escritura. Certamente por coñecemento desta razón eu Don Fernando pola gracia de deus rei das Hispanias, xuntamente coa miña cónxuxe a raíña Dona Urraca e o meu fillo o rei Afonso por este escrito firmísimo que ha ser válido para sempre dou á igrexa tudense e a vos Xoan, bispo deste lugar e a todo-los vosos sucesores a cidade de Tui a que ordenei para edificar novamente e restituovos toda-las cousas que vos quitei tanto extramuros como nas augas como nos montes como nas bouzas, para que coa reverencia que se debe ao dominio real teñades ben o dominio da mesma cidade cos foros íntegros calesquera que tivese a primeira cidade de Tui e con todo o dereito e a súa integridade así como tivestedes esta con todo-los coutos e herdades vosos no tempo do meu pai. Confirmovos tamén a vos e a todo-los vosos sucesores todas as doazóns e liberdades que meu pai e proxenitores e meus avós concederan á igrexa tudense. Consiga a bendición paterna quen conserve intactos os feitos deles, de onde de agora en diante a carta que os poboadores desta cidade que Bonaventura chamábamos, de foros e costumes demos, completamente anulamos e o que está escrito nesta que parece favorecervos, ordenamos coidar. Ademáis porque os dereitos firmes das igrexas debemos conservar e acrecentar e en modo algún diminuir, concedemos para sempre que calquera que cause deshonra ou violencia ao bispo tudense o dobre de ofensa en reparación de calumnia, repare con este e corrixa a violencia. Igualmente calquera que infrinxa deshonra ou violencia a algún cóengo tudense en tanta nobreza, é dicir en 500 sólidos en reparación de calumnia con esto repare e corrixa a violencia. Engadimos tamén que Menendo Diaz e Paio Paes, cabaleiros, teñan aquel realengo de Benevivere co couto da sé tudense só na súa vida. Despois da morte verdadeiramente todo este realengo de vo-los dous permaneza libre e inamovible para a igrexa de Tui para poseelo para sempre. Concedemosvos ademáis toda-las pesqueiras a foz do Miño ata a vila de Lazoiro. E acoutamosvos a nosa vila de Moldes con todo os seus termos para que alí ningún conde ou merino ou subricio (baixa nobreza) ou galinario (infanzón) se atreva a entrar a non ser pedindoo, nin por algunha calumnia se atreva a pedir fianza sen orde do bispo tudense. Feita esta carta en Compostela no mes de abril. Era de 1208 (…) (8).- 1170. Devolución á igrexa de Tui dos bens e dereitos que lle quitaron os portarios de Fernando II, Martín Muñiz e Paio Martín. Fernando pola gracia de Deus rei das Hispanias, xuntamente coa miña muller a raíña Dona Urraca e o meu fillo rei Afonso, os cabaleiros, burgueses e a todo-los demáis aos que chegara esta carta, saúde e gracia. Facemosvos saber porque non podemos e non debemos sacar ás sé e igrexas de Deus as cousas que os meus pais lles deron...E polo que amamos á igrexa tudense e toda-las cousas das que aqueles lles privamos polos nosos portarios Martín Muñiz e Paio Martin mandamos restituilas por cartas. Agora tamén, alonxado todo motivo, através de Xoan Arias, moi querido noso mandamos restituir todas as súas cousas e todo os seus bens queremos que os teñan íntegros. Mandamos tamén que o noso querido Xoan bispo venerable tudense e a súa igrexa teña a citada vila e o couto do noso pai, dos nosos avós e bisavós ata aquel día en que nos despois de adquirila a terra que perderamos entramos en Tui, e tanto na vila como no couto todo foro e todo dereito e toda-las rendas teña integramente así como tivo nalgunha ocasión mellor en Tui. mandamos asimesmo que empreguedes este mandato fora de toda contradicción e esteades seguro que non seremos amigos destos que fixeron doutra maneira e non aguantaremos que se faga doutra forma. Así pois calquera que intentase facer doutra forma terá a ira de Deus e nosa e ademáis pagaríannos 3000 morabetinos e por iso dende agora destruimos a vosa carta de foros e costumes que vos

concederamos e todo o que está escrito nela anulamos o que respecto de vos parece perxudicarvos e consideramos que vai contra vosos dereitos e concedovos a posesión da mesma vila de Bonaventura ao bispo tudense e a perpetuidade confirmamos a que novamente chamamos Tui, para que vexades que todo o que nos aprobamos está feito no voso proveito. Feita esta carta en Compostela, abril (…) (9).- 1179. Fernando II fai doazón de diversos lugares e outorga o permiso para construir unha fortaleza. Eu rei Don Fernando xunto co meu fillo rei Don Afonso e a miña muller raíña Tareixa, dou a Deus e a igrexa de Sta. María de Tui e a vos Don Bertrando un castelo na terra de Turonio que se chama Sta. Helena e está en terra de Miñor. Douvos tamén a metade da igrexa de San Xoan de Vilacova na terra de Ribarteme con dous servos que están na parroquia da mesma igrexa. Douvos tamén e o couto... a perpetuidade os vosos coutos de Bembivre e de Beade na terra de Fragoso. Ademáis douvos todo o meu realengo de Saxamonde na terra de Manosa. Ademáis douvos o mosteiro de Sta. María de Salceda. Concedovos tamén a vos o citado bispo e o cabido tudense para que fagades unha fortaleza xunto a torre perto das casas do bispo en Tui e o bispo teña aquel en paz sen ningunha oposición e recibades unha culler de cada buceo que sexan vendidos na praza tudense tanto de trigo como de cebada como de trigo candeal como millo coma calquer outro grao para face-la mesma fortaleza e a igrexa de Sta. María de Tui. Tamén fágovos esta doazón para salvación da miña alma e polos moitos servizos que me fixechedes e por 1100 marabedís que recibín da vosa igrexa e vos destesme para fortalecerme. Feita esta carta en Zamora no mes de agosto baixo a Era de 1217. (10).- 1211. Alfonso VIII anula e queima os foros de Tui. Eu Alfonso pola gracia de Deus rei de León e de Galicia fago saber a todos tanto presentes como vindeiros polo que vin á cidade de Tui: o bispo tudense Don Suero [ ] Dean e cóengos daquel lugar propuxeron en lamentación o que retiñan dos cidadáns da mesma vila para sí e denegaban os seus foros e as súas disposicións ás que eran obrigados a pagarlles. Requeridas por nos as cartas que o bispo e cóengos e cidadáns anteditos tiñan sobre os seus foros e costumes e observada dilixentemente a serie destas, non atopei neles ningunha satisfacción e ningunha certeza. Por isto celebrada asamblea e deliberación cos nosos magnates e vasalos que estaban presentes fixen aquelo polo que considerei e entendín que xa a dita vila fose mellor poboada. Así pois en primeiro lugar mandei que cada quen viñera á a cidade tudense viñese seguro e seguro tornase e permaneza seguro alí canto tempo queira e vanda e compre pero entregue o seu portádego ao bispo e á igrexa de Sta. María de Tui así como soía darse no tempo do emperador. Concedo ademáis a Deus e á igrexa xa dita e a vos, don Suero, bispo desta mesma sé e os vosos sucesores a perpetuidade as vosas voces e caloñas e o relego e o detallo e pleno poder na vila tudense e todas as vosas directrices como algunha vez tiveschelas mellor no tempo do emperador. Mando tamén e engado que ninguén teña amos ou vasalos nos coutos ou herdanzas do bispo e dos cóengos a non ser co seu consenso e vontade. Ordeei tamén que foran destruidas e queimadas no lume toda-las cartas que o bispo e os cóengos e os cidadáns xa ditos me amosaron sobre os seus foros e costumes. (…) Feita esta carta en Pontevedra no mes de maio. Era 1249 (…). (11).- 1250. Privilexio e sentencia de Fernando III pola rebelión do concello ante o bispo D. Lucas.(romance) Conoscida cosa sea á quantos esta Carta vieren, como sobre pleyto que havie Don Luchas Obispo de Tuy, & su Cabildo con el Concejo de Tuy, vinieron ante mi D. Fernando por la gracia de Dios rey de Castilla & de Toledo, de Leon & de Galicia, de Sevilla, de Cordoba, de Murcia, & de Jahen, el Obispo por si, & Canonigos de la Eglesia por el Cabildo, & omes buenos por el Concejo, & yo oi las querellas de amas las partes, & fizlas escrebir en una Carta, & oidas las razones de la una & de la otra parte, tove por derecho de lo facer pesquisir, & avinieronse amas las partes que lo pesquisieren Pelay Dias, Juis que era de Leon, & Pedro Alguis de Astorga: & yo mande que pesquisieren sobre aquellas querellas que me ficieron la una & la otra parte, si era asi como dicien los unos & los otros, o non: & envieles la Carta de las querellas encerrada dentro en la mi carta porque les mande facer la pesquisa, & ellos ficieron la pesquisa, & enviaronmela, & las partes fueron emplazadas que viniesen ante mi al dia de Cinquesma, que fue en el Era desta Carta, pora oir la pesquisa: & a este plazo vino el Obispo D. Gill, & Fernan Yañez Arcediano, & Arias Paz Canonigo de Tuy por el Cabildo, & Martin Fernandez Boguero, Justicia de la Villa por el Concejo, con Carta del Concejo que estarie el Concejo por quanto el ficiese ante mi. Et Yo vi la pesquisa, & de si mandela veer al Arzobispo de santiago, & al Obispo de Palencia, & al Obispo de Segovia, & a Pelay Diaz mio Alcalde: & ante que la pesquisa judgasemos, avinieronse el Obispo & los personeros del Cabildo, & el personero del Concejo, de meter el pleyto todo en mi mano, &

que estuviesen por quanto yo mandase, quier por judicio, quier por avenencia, quier por otra manera qualquier que yo toviese por bien. E Yo ove mio consejo con el infant Don Alfonso mio fijo, & con el Arzobispo de Santiago, & con los Obispos, & con el Arzobispo de Santiago, & con los Obispos, & con los Rico-omes, que eran conmigo, & tove por bien & mande quel Concejo de Tuy pechasen mill maravedis al Obispo D. Lucas, & a las personas, & a los Canonigos de la Iglesia, & porque entraron el Iglesia con armas, & encerraron los hombres tras el altar, & vertieron las lamparas, & por otras cosas malas & desaguisadas que ficieron al Obispo, & a la Eglesia, que non debian facer. E mando que Pedro Melendez la justicia, & Ferrando Suarez, & Pedro Palombo, que fueron mayorales en este fecho, que a un dia de fiesta general, que anden en paños de lino, & descalzos, con sendas sogas a las gargantas, & que vengan a la Iglesia mayor a que ficieron el yerro, & que se paren ante el altar, & el Obispo que les de aquella penitencia, que les debiere dar: & yo diera mayor pena a los del Concejo de Tuy, si non porque entendi que el Obispo & el Cabildo ficieran algunas cosas malas & desaguisadas contra el Concejo, que non debieran facer. Otrosi sobre la contienda que habien el Obispo & el Cabildo de Tuy con el Concejo en razon del Señorio, que decien el Obispo & el Cabildo que les debie facer el Concejo, & el Concejo decien que non les debien reconoscer Señorio; mandé a los unos & a los otros, que me mostrasen suas Cartas, & sus Previlegios quantos haber podiesen cada unos dellos sobresta razon: & los del Concejo de Tuy mostraronme una Carta del Rey D. Ferrando, mio avuelo, de Costumbres & de Fueros que dio a los pobladores de Tuy, quando mudo la puebla de un logar o estaba, a otro lugar mas fuerte, o agora esta; & non falle que en aquella Carta diese nin tolliese Señorio al Obispo & a la Iglesia de Tuy: & dicie en un lugar, que si el ladron de otra parte adugiese furto a la Villa, que fuese dado el ladron al Vicario del Obispo, porque semeja que alli se afirmaba mas el Señorio del Obispo & de la Iglesia. Demas esta Carta fallela emendada & entreliniada en lugares sospechosos, & de dos manos, porque semeja que non debie valer. Et el Obispo & el Cabildo mostraronme sus Previlegios, & primeramente mostraronme Previlegio del Emperador, & leyemos hy muchas franquezas & muchas mercedes, que fizo el Emperador al Obispo & a la Iglesia de Tuy, & de cómo estremo las Eglesias del Obispo de las del Cabildo, & las del Cabildo de las del Obispo, porque non oviesen contienda el Obispo con el Cabildo de los Canonigos, ni ellos con el Obispo, & fallamos hy como mando que los de Tuy fuesen vasallos siempre del Obispo, & de la Eglesia de Tuy. E mostraronme otro Previlegio del Rey D. Ferrando mio avuelo, que confirmaba las franquezas & los donadios que diera el Emperador al Obispo & a la Iglesia de Tuy: & mandaba quel Concejo de Tuy reconosciesen Señorio al Obispo & a la Iglesia de Tuy. Et mostraronme otra carta de mio Padre de cómo otorgaba & confirmaba el Previlegio del Rey D. Ferrando mio avuelo, & nombraba toda la Carta del Rey D. Ferrando mio avuelo en la suya, & como otorgaba todas las franquezas & los donadios que dio el Rey D. Ferrando mio avuelo tambien del Señorio, como de todas las otras cosas que diera al Obispo & a la Iglesia de Tuy: & este Previlegio fue dado dos años antes de su muerte, porque entendiemos que se tobo el Previlegio pues que tan prieto fue dado de su muerte. Et mostraronme otra Carta de mio Padre seellada de seello de cera, de cómo les otorgaba el Relego, & el Detallo, & lleno poder en la Villa. Et los del Concejo mostraronme otra Carta de mio Padre de cómo mando a omes señalados de la Villa, & les dio poder que ficiesen justicia, & de cómo les ayudasen chicos & grandes quantos fuesen en la Villa a facer justicia, & que si algun pariente de los omes poderosos de la Villa ficiese algun tuerto, que el su pariente mas cercano, si fuese en la Villa, quel priese; & si este pariente non fuese en la Villa, que estos omes sobredichos a quien mando mio Padre facer la justicia, quel prisiese: & por esto temeben ellos & razoavan, que pues que mio Padre metiera el poder de recabdar & de prender omes, & de facer justicia en la Villa en omes señalados del lugar; que por aquí se tornaba el Señorio del Obispo & de la Iglesia al Rey & al Concejo: & nos veyendo esta Carta, & acatandola afincadamente con D. Alfonso mio fijo, & con el Arzobispo de Santiago, & con los Obispos de Palencia, & de Segovia, & de Coria; & con los otros omes, & con los alliados que conmigo eran, toviemos por bien que por mio Padre dar poder de facer justicia a omes señalados de la Villa, entendiendo que la Villa era mal parada, o por que el Obispo non podie, o non querie, o non sabie, o non se atrevie a facer justicia ante omes poderosos de la Villa, teniendo el Rey que para qui se le parie mal la Villa, & non nombrando en la Carta de toller Señorio a la Iglesia, maguer que el Rey diese poder a omes señalados & conoscidos por facer justicia: por aquí no se entiende que tuelle Señorio ni poder al Obispo, ni a la Iglesia. Et yo visto los Previlegios & las Cartas de la una & de la parte ove mio acuerdo y mio consejo con el Infante D. Alfonso mio hijo, & con el Arzobispo, & con los Obispos sobredichos, & con los ricos omes & con los alliados que conmigo eran, quales Previlegios, & quales Cartas destas deben valer, o quales non: & catadas las fuerzas de los unos Previlegios & de los otros; Mando e do por judicio que los Previlegios del Obispo & de la Iglesia de Tuy que vallan: & yo confirmolos & otorgolos que valan por siempre: & mando al Concejo de Tuy que reconoscan Señorio & que fagan omenage al Obispo, & a la Eglesia de Tuy, & sean sus vasallos; & el Obispo es mi Vasallo por la Cibdad de Tuy, & fizome pleyto & omenage, & puso sus manos entre las mias ante mi Corte, & ha de facerme guerra & paz, & darme Moneda &

conducho, & como lo dieron en tiempo de mio Padre, & el Concejo me debe facer hueste, & darme conducho como en tiempo de mio Padre. Et el Obispo ha de guardar a los de Tuy aquellos Fueros que son scriptos en aquella Carta que a mi mostraron, que mande escribir en esta mia, que dicen asi como manda el Rey D. Ferrando, que cualquier morador que sea de la Cibdad de Buenaventura, que dicen agora Tuy, que non de portadgo de sal a aquel Puerto, del qual portadgo solie haber la meatat el Castillo de Anfeza, & la otra mietad el Obispo, & los Canonigos: que de las Viñas fechas de que daban el diezmo al Obispo & a los Canonigos por fuero, que deaqui adelante no den otro diezmo sino aquel que deben dar por Dios. Et manda, que ningun Merino non sea osado de prendar ningun morador desta Villa por alguna calona que non fuere dada a Palacio, si non por homicidio, & por rauso, & por furto conoscido, o por traicion conoscida, o por stiercol puesto en la boca, & delas otras cosas: si la calona fuere dada a Palacio, si aquel que la colona ficiere, o oviere casa en la Villa, de fiador en cinquenta soldos, & Sayon no sea osado de entrar en su casa por prendar: & si no oviere casa en la Villa, de fiador en cinquenta soldos, & manlevador en sesaenta: & si la calona fuere de cosas muebles, o de heredamiento, aquel que la cosa ficiere suya por derecho, hayala en paz, & el Merino reciba la pena del mal fecho según la quantia de la calona: & si fuere de ferida del cuerpo, haya la mitad de la pena el Merino, & la otra mitad el que recibio el daño: & ningun Merino non sea osado de venir contra estas costumbres, & si lo feciere, ningun de los moradores de la Villa que defendiendo a si & a sus cosas le ficiere algun daño, que non reciba por ent pena ninguna, en cuerpo, ni en haber, & que ninguno non sea osado de defender al Merino lo que pertenesce a su derecho, & el que lo ficiere, que reciba la pena de su yerro. Et si Nave alguna crebare de la garganta del Miño fata la Barcela, que ninguno de los de la Villa non pierda ninguna cosa d elo que hy oviere por el Señor, o por el Merino de la Tierra, o por algun poderoso; & si en otra parte del Regno crebase, quel morador de la Villa, de la quarta parte de quanto hy oviere a la voz del Rey, & que torne seguro con todo lo al a su Villa, & con su Nave, si haberla podiere: & que de pan o vino que plantaren en los montes o en los logares non labrados, o en sus heredades proprias, que non den diezmo, si non a Dios. E como los encoten sus heredades, & los amos de sus fijos & de sus fijas, los que ovieren con consentimiento del Señor de la tierra, que hayan tal coto qual han las heredades & los amos de los nobles Caballeros, si herederos fueren. Et que los Mercaderes de Tuy que vayan & vengan seguros por todo el Regno, & que ninguno non sea pendrado, si no fuere debdor o fiador, & si alguno fuere preso, que aquel que le prisiere que le suelte sin daño, & que peche quinientos sueltos por quel preso: & si alguno tollere al Mercador de Tuy su haber por fuerza, tornegelo doblado, & peche al Rey quinientos sueldos: & tuello a todos los moradores d eTuy luytosa & mamadgo, & otorgoles libre poder de mandar, & de dejar sus cosas, & de facer testamento dellas a quien quisieren a su muerte: & que ninguno non sea osado d etollerle sus pastos, & su lenna para quemar, o para facer casas, o otros edificios, o navios, si no en los lugares labrados, & defendidos. Et si alguno de otra parte a la Villa de Tuy, quier sea fidalgo, quier non, & ficiere hi furto, que por la justicia que del ficieren que non pechen nada, ni respondan a parientes, ni a Señores del ladron por razon de omezillo: & si alguno tambien de los de la Villa, como de los de fuera de la Villa, los acaloniare por tal omezillo, que peche al Rey quinientos sueldos, & que se hechado del Regno como mal fechor, ca yo non quiero sofrir los defendedores d elos ladrones. E que si algun ladron tragiere furto de otra parte a la Villa, que sea dado el ladron al Vicario del Obispo, & el furto que lo den a cuyo era. E qualquier que sea de libre poder, & viniere poblar a la Villa de Tuy, que venga sin damno: & quel ficiere tuerto, que haya la pena que es dicha de suso: & como los otorga con todos estos fueros & estas costumbres, que son dichas de suso, todos los buenos fueros & las buenas costumbres que ovieron del tiempo antiguo & dese tiempo en que eran entonce: & que se algun ome fidalgo poblase con ellos, que non oviese mejor fuero que qualquier otro de los que hy morasen, & si oviese Señor fuera del Regno, oviese su heredad en la Villa, mas que non fuese osado de en la Villa entrar. Et si el Obispo menguase de facer justicia en la Villa, quel debiese facer, o non guardase a los de la Villa los fueros & sus derechos, aquellos que scriptos son en esta Carta, que yo que los tenga a fuero & a derecho & a justicia, & si por aventura el Obispo o el Cabildo me quisiesen meter el derecho & el Señorio que yo he sobre ellos, & si por aventura el Obispo o el Cabildo me quisiesen meter el derecho & el Señorio que yo he sobre ellos, & sobre la Villa deTuy, por judicio de Roma, o por otra parte por o yo perdiese alguna cosa del mio derecho & del mio Señorio de Tuy, & sabiendolo Rey por verdat, & probandolo, & juzgandolo por corte de Clerigos & de legos; que Yo ni los que regnaren despues de mi en Leon, que non seamos tenudos de guardarles las cosas, ni de tenergelas, ni el Concejo de facerles Señorio: & si este yerro viniese por el Obispo, quel mio Señorio & el mio derecho me metiese por Roma, o por otro juicio, & pesase al Cabildo, & me lo mostrasen que les pesaba; quel Obispo perdiese el Señorio, & el Cabildo no: & otro si, si el yerro viniese por el Cabildo, & pesase al Obispo, & me lo mostrase quel pesaba; que lo pierda el Cabildo, & el Obispo no: & si por el Obispo & por el Cabildo comunalmente se me menoscabase mio Señorio en la manera que de suso dicho es, probandolo yo por verdad, o qui regnare despues de mi en Leon, & juzgandolo por Corte de Clerigos & de legos, que lo pierdan todos.

Et aquello que mandamos sobre el Relego, & el Detallo, mandamos que asi sea tenido, quel Obispo haya el Detallo cada anno ocho dias en la Feria de Pascoa, & otros ochos dias en la Feria de Santa Maria de Agosto: & mando que este Detallo non sea tenido sino en pannos: & otro si mando quel Obispo haya Relego del dia de San Juan Baptista de Junio fasta quince dias, de guisa quel vino quel Obispo vendiere en su Relego, que lo pueda vender por mas por un dinero a la quarta que se vendia lo mas caro al tiempo que se comienza el Relego: & mando que en todo el tiempo deste Relego, que ninguno non sea osado de vender vino en la Villa de Tuy, si no el Obispo de Tuy: & quien quier que este Relego quebrantare & non guardare, pierda la Cuba con el vino que comenzare a vender, & cient sueldos: pero si en tiempo del Relego veniesen Barcas a la Villa, mando que los de la Villa que puedan vender sus Cubas de vino a estrangeros para levar en la Barcas. E yo D. Gil Obispo de Tuy fago omenage a Vos Sennor Don Fernando Rey de Castilla, de Toledo, de Leon, de Galizia, de Sevilla, de Cordoba, de Murcia & de Jahen, & a todos los que regnaren en Leon depues de vos, por mi & por todos los que fueren depues de mi Obispos en la Iglesia de Tuy, que vos guarde & que vos tenga todas estas cosas que son scriptas en esta Carta lealmente, & verdaderamente como Vasallo a Señor. E yo Fernando Yanes Arcediano, e yo Arias Paz Canonigo de la Iglesia de Tuy, Procuradores de todo el Cabildo, por nos & por el Cabildo de Tuy, que agora es, & por todos los otros que vernan despues de nos, facemos vos pleyto & omenage a vos Señor sobredicho Rey D. Ferrando, & a los otros que vernan despues de vos que regnaren en Leon, que vos guardaremos & que tengamos todas estas cosas que sobredichas son en esta Carta lealmente & verdaderamente como vasallos a Señor. E yo Martin Fernandez Boguero Justicia de la Villa de Tuy, & personero del Concejo de Tuy, fago pleyto & omenage a vos Señor D. Gil Obispo de Tuy, por mi & por todo el Concejo de Tuy, por los que son & por los que vernan, que vos guardemos vuestro Señorio & vuestros derechos lealmente & verdaderamente a vos & a los que fueren depues de vos Obispos de Tuy, & al Cabildo que agora es, & que fuere siempre en la Eglesia de Tuy, como vasallos a Señor en todas aquellas cosas que vos debieremos guardar vuestro Señorio & vuestros derechos. Et porque esta cosa non venga en dubda, & sea mas firme & valla por siempre, Yo sobredicho Rey D. Ferrando mande poner mio Sello de plomo en esta Carta. E yo Maestro Martin que escribi esta carta. Facta carta apud Sibillam anno secundo…IIIIº die Julii Era Mª CCª octogesima octava. Preito das Fortalezas. 1393. Pergamino 2/8 1393. 23 novembro. Anno do nascemento do nosso sennor ihusu cristo de myll et trezentos e noventa e tres anos domingo vynte et tres dias do mes de novenbro. Sabam todos que sseendo el dayam et cabidoo da iglesia de tuy juntados enno cabido … gonçalo nunez johan gonçalves stevo domingues do postigo pero de baraas salvador fernandes ruy pellaez ruy martis martim afonso afonsso pellaez afonso lopez johan nunez coengos de tuy et seendo y presentes com elles paay surredea de souto mayor et huna parte afonso fernades nuno gonçales notarios gomez nunez johan collaço fernan peres johan fernandes notarios vizinos da dita çidade, et mim fernando afonsso notario publico jurado da dita çidade et bispado de tuy presente con as testes adeante scriptas, et entom o cabildo pero rodrigues arçediago de montes enna dita iglesia de tuy et bigario et procurador do dito honrrado padre et sennor dom johan bispo do dito lugar de tuy mostrou et por mim dito notario fezo leer et publicar aos ditos deam e cabidoo et conçello et aos ditos paay surredea et arçediago de çerveira hun estromento scripto em papel conçertado et firmado por mao de fernando afonso de leom escripvaam publico enna corte de nosso sennor el rey et sseu notario (…)(…) ssegundo por el paresçia, enno qual sso contynna o traslado de çinquo cartas que ffora sacada con autoridade de dom afonso bispo de çamora et de ruy bernal oydores de nosso sennor el rey dom enrique que deus mantenna, con vem a saber (…) (…) thenor quesse segue: en gynno aldea d emadrid estando y la chançellaria de nuestro señor el rey (.....) en la dicha aldea de yrmon dentro en la possada du possa dom alffom obispo de la çibdat de çamora oydor dela (....) sennor rey, estando y presente (....) dicho sennor rey et en presençia de mim fernando afonso de leom escripvano del dicho (....) en nonbre de dom johan ramirez de guzman obispo de la çibdat de tuy (……) –thas çinquo cartas eram fechas em esta manera quesse ssegue: dom enrigue por la gracia de dios (……) biscaya et de molina, el conçejo e omens buenos de la çibdat de tuy, salud et gracia sepades que johan ramiez de guzman (…) de tuy era toda (…) deam cabildo de la dicha iglesia de tuy assi tenporal como espiritual et la justiçia et todas las otras cossas et el misto mero imperio della et que quando (…) dela dicha çibdat por quanto alcalde et otros (.) qualos quer em la dicha çibdat por la qual cossa et agraveo que la dicha iglesia reçebio fue posto entredicho en la dicha çibdat et (.) el entredicho por quanto el obispo que era a la ssazom et la dicha iglesia de tuy fforam espojados doos dichos sennorios jurdiçiom et derechos que abyam em la dicha cibdat et pedio me por merçed que (.) comi parte jurdiçiom et misto mero imperio da dicha cibdat de tuy ffuerom et ssom de los

obispos que ffuerom por tiempo d ela dicha çibdat et del dayam et cabildo de la dicha iglesia de tuy de tanto tiempo aca que memoria d eome non a en contrareo por los privillegios et donaçiones que oubierom delos reys donde yo vengo de los qual vos ssodes bien çiertos et yo por guardar a la dicha iglesia su derecho et beucudo que me pedia el dicho electo derecho tove lo por biem que nos mando bista esta mi carta que dexedes et desenbarguedes a los dichos electo et dayam et cabildo de la dicha iglesia (.) la jurdiçiom et ssenorio et misto mero imperio de la dicha çibdat de tuy et los obedescades et (…) –ssem dello bien et complidamente segunt mejor e mas complidamente los otros ssus predeçessores usaron em los tienpos passados et ssi algunos alcaldes o otros ofiçiales quales quer, el dicho ruy lopez u otro qual quer pusso os (……) dicha çibdat de parte del dicho ssennor rey mi padre a quien dios de santo paraysso, ayando que non ussem de los dichos ofiçios de aquí adelante salvo aqueles quer el dicho electo possiese nem enbargante carta o cartas mandamiento o mandamientos que sobre esta razom obierom del dicho ssennor rey mi padre et si algum pleito et omenajeem resçebio el dicho ruy lopez u otro por el sobre esta razom de parte del dicho sennor rey mi padre (…) la jurdiçiom et sennorio de los dichos electo e cabildo yo lo quito et lo do por niguno et los unos et los otros nom fagades ende al por alguna manera sopena de la mi merçed et de dez myll moravedis (…) –maio por quien finaar delo assi fazer et complir et de cómo esta mi carta vos fuere mostrada et los unos et los otros la conplierdes, mando su la dicha parte qual quer escripvano publico que para esto fuere (…) al que vos la mostrase testemonio signado con ssu signo porque yo sepa em como sse cumple mi mandado dada em madrid nove dias de março anno del nasçimiento d enuestro sennor ihusu cristo de myll et trezienta et (…), yo el rey yo johan garçia lo fiz escripvir por mandado de nuestro ssennor rey yo el duque, pº archiepiscopus toledanus, arciepiscopus conpostellananus, yo el maestre, johan furtado alvar pelaes, alfonso fernandes, (…) dios rey de castilla de leom e de toledo de gallizia de sevylla de cordova de murçia de jahen del algarbe de algezira et sennor de biscaya e de molina, a vos el dayam et cabildo de la iglesia et (……) de tuy salud et gracia sepades que johan ramirez de guzman electo asinado d etuy me dixo que dom joahn garçia manrrique arçobispo de santiago al tiempo que sopo la muerte del rey dom johan mi padre que dios de santo parayso (..) çibdat d etuy por la guardar et poner recaudo en ella para mi serviçio por quanto el dicho electo nin otro alguno quela podiesse guardar et defender non estava en lla (...) dexo a vos otros en la dicha çibdat et que reçebio d evos pleito et homenaje, et que avogessedes en la dicha çibdat el dicho arçobispo de nothe (…) quebramasse que (.) por el em aquel casso que com aquel que tree castilla omata ssennor otrossi si el obispo dom johan ramirez u otro obispo dela dicha que fuere fecho por nuestro sennor el papa (…) (…) çibdat con merçed et liçençia e recabdo e mandamiento mio et de mi consejo que bos otros los del dicho cabildo et çibdat sen embargo del dicho pleito et homenajeem (…) como a nuestro sennor agora el dicho electo pediome por merçed quelle mandasse dar mia carta para vos otros en quelo recebessedes en la dicha çibdat sin embargo alguno asi como (…) çibdat et bos quitase el pleito et homenajeem fecho el dicho arçobispo segunt dicho es et yo beyendo que me pedia derecho et por quanto el dicho electo me fezo pleito et omenajeez por la dicha çibdat segunt que (…) mis reynos et sennorio lo suelez fazer por los abades et lugares do ssom sennores, sove, lo por bien por que vos mando vista esta mi carta que acojades et recibades el dicho electo en la dicha çibdat d etuy, assi como a otro sennor non embargante el dicho pleito e omenajem que fezestes al dicho arçobispo, segunt dicho es ca yo por esta carta vos quito el dicho pleito et omenajem que el dicho arçobispo ferietes o dotras personas queles quer por la dicha çibdat una et dos et tres vezes, o vos a por libre et quito dello agora para siempre jamas, et los unos et los otros non fagades carde al sopena dela mi merçed et de caer en aquel casso que caen todos aquelles (.) villa o castiello por ssu rey et sennor natural et la non entreguam cada que gelo enbia mandar, et desto nos enbio esta my carta firmada de mi nonbre et sellada con mi seello et mado a johan garçia mi scrivano de camara que la firmase et signasse de ssu signo, dada em madrid nove dias de março anno del nasçimiento de nuestro ssennor ihusu cristo d emyll et trezientos e noventa et hun annos yo el rey, yo johan garçia scripvano de camara del ssennor rey, por su mandado fiz scripvir esta carta en testimonio de lo qual fiz aquí este mio signo d everdat, yo el duque, pero archiepiscopus tolletanus, archiepiscopus conpostellanus, nos el maestro, johan furtado, alvaro pelaez, alfonso fernandez, dom enrique por la gracia de dios rey de castiella de leom de toledo de galizia de sevylla de cordova de murçia de jahen del algarbe de algezira et ssennor de biscaya et de molina, avos alvar paez, paay ssurredea et diego alvarez de soto mayor et alvar fernandes de balladares e aqual quer o quales quer de vos que esta mi carta bierdes, salud et graçia sepades que johan ramirez de guzman electo confirmado de tui, me dixo que dom johan garçia manrique arçobispo de santiago al tiempo que sopo la muerte del rey dom johan mi padre que dios de santo parayso, que fuera a la dicha çibdat d etuy por la guardar et poner recabdo enlla para mi serviçio, por el dicho electo nin otro alguno quela podiesse guardar et defender non estava enlla al dicho tiempo et (.) ovo de partir donde el dicho arçobispo dexo a vos otros en la dicha çibdat, et que reçebio de vos otros pleito e omenajeez que acogessedes en la dicha çibdat al dicho arçobispo de nothe o de dia con pocos o con muchos et qual quer de vos otros que contra esto passase o lo quebrantasse que caya por elo en aquel casso que cae aquel que castillo omota sennor, otrossi quese el obispo dom johan ramirez, u otro obispo dela dicha iglesia que ffuere fecho por nuestro ssennor el papa clemente o por sus subçessores beniesse d eaqui adelante a la dicha çibdat con merçed liçençia et recabdo et mandamiento mio e de mi consejo que

los otros et los del dicho cabildo et çibdat, sin embargo del dicho pleito et omenajeez quelo podiessedes reçebir et obedesçer como a sennor dela dicha çibdat (.) el dicho electo pedio me por merçed quelle mandase dar mi carta para vos otros en quelo reçebiessedes en la dicha çibdat sin enbargo alguno asi como prelado et ssennor dela dicha çibdat et vos quitasse el pleito et omenajeem fecho al dicho arçobispo segunt dicho es, et yo beyendo que me pedia derecho et por quanto el dicho electo me fizo pleito et omenajeez por la dicha çibdat ssegunt quelos otros perlados d emis reignos ssom señores, tove lo por biem porque vos mando a todos bista esta ius tusta que acojades et reçebades al dicho electo en la dicha çibdat de tuy assi como a sseñor dela, nom enbargante el dicho pleito et omenajeez que feziestes al dicho arçobispo segunt dicho es ca yo por esta mi carta vos quito el dicho pleito et omenajeez que al dicho arçobispo feziestes, (.) a otras personas quales quer por la dicha çibdat una e dos et tres vezes et vos do por libres et por quitos dello agora, et para siempre jamas, et los unos et los otros non fagades ende al sopena (.) todos aquelos vevem villa o castillo por su rey et sseñor natural et lo non entregavam cada que ylo enbia demandar et desto vos esta mi carta firmada d emi nonbre et seellada con mi seello (.) mando a johan garçia mi escrivano de camara que la firmasse et signasse de su ssigno dada en madrid nueve dias de março año del nasçemento d enuestro señor ihusu cristo d emyll et novezientos et noventa e hun años, yo el rey e yo johan garçia escrivano dela camara del dicho señor rey por ssu mandado fiz escribir esta carta em testemonio de lo qual fiz aquí este mio signo de bart, yo el duque, yo el archiepiscopus tolletanus, archiepiscopus usppanus, yo el maestre johan furtado, alvaro peres, alfonso ferndes. Dom enrique por la graçia de dios rey de castilla de leom de tolledo de gallizia de sevylla de cordova de murçia de jahen del algarbe de algezira et señor de biscaya et de molina, al concejo et homes buenos de la villa de la guarda, salud et gracia ssepades que johan ramirez de guzman electo de tuy me dixo em como essa dicha billa era toda del dicho electo et deam et cabildo della dicha iglesia de tuy assi el tenporal como el espiritual et la justiçia et todas las otras cossas et el misto mero inperio dela, et que caydo el rey dom johan mi padre que dios de santo paraysso la cobro de los portugualeses, que la abian tomado por razon de la guerra que con ellos abia, que pusso et mando, que pusso et mando estar enellaa nuno fernandes cabeça de baca ssu vassallo, et mando quelo obedeçiessem en todas cossas e ussase dela jurdiçion et señorio de la dicha billa et poniendo alcaldes et otros ofiçiales quales quer en la dicha billa, por la qual cossa et agravio quela dicha iglesia resçebio fue puesto entredicho en la dicha çibdat et (.) dia sse guaria el dicho entredicho por quanto el obispo que era a la ssazon et la dicha eglesia de tuy fuero espojados delos dichos sseñorios et jurdiçion et derechos que abia en la dicha billa et pedio nos por merçed que conpre della de justiçia lle mandasse restituyr ael et a la dicha eglesia en los dichos sseñorio et jurdiçion et misto mero inperio dela dicha billa segunt mays conplidamente lo obieron los otros sus predeçessores, et por quanto yo ssope quel señorio et jurdiçion et misto mero inperio dela dicha çibdat de tuy fueron et sson dellos obispos que fueron por tenpo dela dicha çibdat et del dean et cabildo de la dicha eglesia de tuy de tanto tiempo aco que memoria de onbre non es em contrario, por los privilejos et donaçions que obieron delos reys donde yo bengo delo qual bos ssodes bien çiertos et yo por guardar a la dicha eglesia su derecho et beyendo que me pedia el dicho electo derecho tove lo por biem por que vos mando bista esta mi carta que dexedes et desenbarguedes a los dichos electo et dayam et cabildo della dicha iglesia toda la jurdiçion et señorio et misto mero inperio de la dicha billa et los obedescades e dexedes ussar dello bien et conplidamente, segunt mejor e mas conplidamente los otros ssus predeçessores ussaron en los tienpos passados et ssi algunos alcaldes o otros ofiçiales quales quer el dicho nuno fernandes u otro qual quer pusso o fizo en la dicha billa de parte del dicho sseñor rey mi padre que dios de santo paraysso, mando que non ussem de los dichos ofiçios de aquí adelante ssalvo aquellos quel dicho electo posiere non enbargante carta o cartas mandamiento o mandamientos que sobre esta razon abieron del dicho sseñor rey mi padre que fuesse contra la jurdiçion et sseñorio delos dichos electo et dayam et cabildo yo lo quito et lo do por ninguno et los unos et los otros non fagades ende al sopena de la mi merçed et de diez myll moravedis dada unon por quien fincar delo asi fazer et conplir et de cómo esta mi carta vos fuere mostrada, et los unos et los otros la conplierdes mando sola dicha pena a qual quer scripvano publico que por esto fuer llamado que de ende (.) vos la mostrare testemonio signado con su ssigno, por que yo ssepa en como conplides mi mandado, dada en madrid nueves dias de março ano del nasçimiento de nuestro señor ihusu cristo d emyll et trezientos et noventa et hun años. Yo el rey, yo johan garçia la fiz scripvir por mandado d enuestro sseñor el rey, yo el duque, pero achiepiscopus toletanus, archiepiscopus conpostelanus, nos el maestre, johan furtado, alvaro pelaez, alfonso fernandes. Dom johan por la graçia de dios et dela santa iglesia d eroma arçobispo de santiago, chanceler mayor d enuestro señor el rey et su capellan mayor et notario mayor del regno de leom, a vos paay surredea de soto mayor, ssalud et bendiçion, bien ssabedes em como tenedes fecho pleito et omenajeez a neustro señor el rey et a nos por essa çibdat de tuy et fortalezas della, otrosi quese el obispo dom johan ramirez u otro bispo dessa çibdat que fuesse fecho por nuestro sseñor el papa clemente o por ssus subçessores de aquí adelante a la dicha çibdat con merçed e liçençia e recabdo et mandamiento de nuestro sseñor el rey dom enrique, seyendo los dichos recabdo e mandamiento et liçençia del dicho sseñor rey primeramente mostredos anos et abiendo recabdo et mandamiento de nos, et abiendo nos bisto et examinado los dichos recabdos et mandamiento del dicho sseñor rey por nos et que fallasemos que eran dados de consejo delos

de consejo del rey et que beniessez sser conplidos que bos sim enbargo del dicho pleito et omenajeez podades resçeber al dicho dom johan ramirez obispo de tuy assi como a sseñor dela dicha çibdat et a sus subçessores segunt dicho es et agora el dicho dom johan ramirez obispo ovo la dicha merçed et liçençia et recabdo et mandamiento del dicho sseñor rey en quelle manda entreguar la dicha çibdat et sseñorio et jurdiçion della ssegunt mas conplidamente se contiene en la dichas cartas del dicho sseñor rey dadas et otorgadas al dicho dom johan ramirez obispo, las quales foron mostradas a nos et examinadas et dadas por nos e por los del consejo del dicho sseñor rey las quales deven sser conplidas, por que nos mandamos et rogamos que acojades et reçebades al dicho dom johan ramirez obispo, en la dicha çibdat et fortallezas dela cada vez que y legare et fuere et fagades pleito et omenajeez a el, o a ssu procurador delo reçebir en la dicha çibdat e fortallezas della grado et pagado assi como a sseñor dela dicha çibdat cada vez o vezes que aella fuere et legare ssegunt sse ssuele fazer a los otros prelados señores de algunas çibdades em este regno, por voluntad es del dicho dom johan ramirez obispo que bos finquedes en la dicha çibdat et la tengades por el faziendolle el dicho pleito et omenajee que teendes fecho anos de nos acoger enlla fasta quel dicho dom johan ramirez obispo alla baya et porque desto sseades çierto enbiamos nos esta nuestra carta abierta et sseellada con mio seello abtentico en que escripvimos nuestro nonbre et por mayor firmeza mandamos a gonçalo lopez nuestro escripvano quela signasse de su signo, fecha en madrid veynte et dos dias de abril, año del nasçemiento de nuestro señor ihusu cristo de myll et trezientos et noventa et hun años, arquiepiscopus conpostelanus et gonçalo lopez scripvano del rey et su notario publico en la su corte et en todos los sus regnos por mandado del dicho sseñor arçebispo fiz escripvir esta carta et fiz con este mio signo en testimonio de berdat,// las quales dichas cartas presentadas et leydas en la manera que dicha es el dicho johan morales em nonbre del dicho johan ramirez obispo como procurador el dixo a los dichos sseñores oydores que por cierto el dicho señor obispo entendia de enviar las dichas cartas al dicho obispado de tuy et a outras partes dole conplia et que por çierto sse reçebiria delas perder por el camino por miedo de agua o de fuego o de furto o de robo o por otra ocassioz alguna que podria a acovesça, por ende que pedia et pedio a los dichos sseñores oydores que mandassem amin el dicho fernando alfonso escripvano et notario sobredicho que tornasse los dichos cartas en publica forma et que diessem autoridat el liçençia et enterpossiesem ssu decreto el traslado o traslados que yo el dicho escripvano escripvisse o mandasse escripvir que fossem signados con mi signo que ballesiem et feziessem fe en todo lugar do paresçiessem et ffuesem mostradas asi como baldriam las dichas cartas originales paresçiendo et los dichos señores oydores byeron et examynaron las dichas cartas del dicho señor rey et del dicho arçobispo et por cierto por ellas paresçia que non eran rotas nin rassas nin chançelladas nin en alguna parte dellas sospechosas, por ende dixeron que mandavan et mandaron a min el dicho fernando alfonso escripvano et notario ssobredicho que tomasse las dichas cartas en publica forma et que diesse dellas o de cada una dellas al dicho dom johan ramirez obispo et al dicho ssu procurador em ssu nonbre hun trasllado oz dos e mas quantos lle conplissez escriptos et signados con mio signo et dieron autoridat et entrepossieron su decreto et al trasllado o tresllados que yo el dicho escripvano et notario ssobredicho escripviesse e mandasse scripvir que balliessez e feziessem ffe en todo lugar do paresçiessem et fuessem mostrados asi como baldriant las dichas cartas originales paresçiedo la qual dicha auotridat dixeron que dava en quanto podian et devian de derecho et desto em como passo et el dicho johan morales pedio a min el dicho fernando alfonso escripvano et notario sobredicho que diesse ende testemonio signado con mio signo uno o dos o mas ciertos lle conpliessem para guarda del derecho del dicho don johan ramirez obispo, ffecho fue et passo en la dicha aldea de yrmon dia et mes et año et lugar sobredicho testigos que fueron presentes et bieron et oyron leer et conçertar las dichas cartas originales del dicho señor rey et del dicho arçobispo onde este tresllado fue ssacado johan mit clerigo cura de yrmon e ruy fernandes de olmillos escripvano del rey et martim rodrigues et johan sanchez de fermosselle criados del dicho obispo de zamora et ssancho romero notario del rey en la iglesia de leom et otros et yo fernandes alfonso de leom escripvano de nuestro señor el rey et su notario publico en la su corte et en todos los ssus regnos ffuy presente a esto que dicho es con los dichos testigos ante los dichos sseñores oydores et porque bi et ley las dichas cartas oryginales fechas enel tenor sobredicho et al dicho pedimento et por autoridat et mandado de los dichos sseñores oydores, fiz scripvir et conçerte por las dichas cartas oryginales este trasllado que ba escripto enestos dos priegos de papel cosidos con fillo branco et enel respaldo de anbos los dichos priegos ba escripto mi nonbre et fiz con mi ssigno que es tal em testimonio de berdat. Sepam todos quantos esta carta de poder birem como nos dom johan por la gracia de dios obispo de tuy oydor de la audiençia de nuestro sseñor el rey otorgamos et conosçemos que damos nuestro poder conplido non revocando los nuestros procuradores que fasta aquí tenemos fechos a lopo rodrigues arçidiano de montes en la iglesia de tuy, al qual damos et otorgamos todo nuestro libre et general aministraçion et conplido poder para que por nos et en nuestro nonbre pueda mostrar e mostre las cartas que el dicho señor rey nos dio con acuerdo dellos ssus consejos para que nos ssea entreguada la dicha çibdat de tuy con todas ssus fortallezas segunt mas conplidamente en las dichas cartas del dicho señor rey sse contiene a paay surredea bassallo del dicho sseñor rey et al conçejo et ofiçiales et al dean et cabildo de la dicha çibdat et fazer a ellos et a cada uno dellos em mio nonbre pedimientos et requerimientos et protestaçiones e enplazamientos et afincamientos et todas las otras cossas que nos podriamos fazer

presente sseyndo et para que por nos et em nuestro nonbre pueda quitar et tirar quales quer pleitos et omenajee (.) dichos paay ssurredea et conçejo et ofiçiales et deam et cabildo dela dicha çibdat o a otras personas quales quer que pleitos et omenajees ayan o tengam fechos por la dicha çibdat et fortallezas et por la dicha iglesia et en todas las otras quales quer cossas que dicho señor rey nos manda entreguar por las dichas sus cartas, al dicho sseñor rey o al arçobispo de santiago ssu chançeller mayor o anos una et dos et tres bezes en la mejor manera que de derecho debe sser quitado et para que por nos et en nuestro nonbre pueda novamiente reçebir pleitos et omenajees et juramentos de los dichos paay ssurredea et conçejo et ofiçiales et deam et cabildo dela dicha çibdat o de otras personas quales quer que entendiere que es mas serviço del dicho sseñor rey et nuestro por las dichas çibdat et fortallezas et iglesia et otras quales quer cossas quel dicho señor rey nos manda entreguar por las dichas ssus cartas para que las tengan por nos et fagan guerra e paz por mandado de dicho señor rey et nuestro et otrossi que cogan em elles al dicho sseñor rey de noche o de dia criado o pagado en lo alto et en lo bayxo con pocos o con muchos et que obedescan assus cartas et fagan ssu mandado et tomen et ussen su moneda et esso mesmo acogan a nos et a quien nos mandamos et nos entreguen la dicha çibdat et fortallezas quando gelas nos demandemos et fagan todas las otras cossas que ssom requerentes a este fecho segunt quel derecho manda bien assi et atan conplidamente como si nos mesmo fuessemos a ello presente ahun que sean tales cossas et de tal natural que requira aver espeçial mandado et todo quanto por este dicho mio procurador ffor fecho em la dicha razon nos lo otorgamos et lo aberemos por firme et baledero agora et em todo tiempo et non lo contradiremos en tiempo alguno so obligaçion de los bienes de la nuestra messa et por que esto ssea firme et non benga en duda rogamos et mandamos a diego alfonso de duenas, scripvano del dicho sseñor rey et su notario publico em la ssu corte et en todos los ssus regnos que escripviese o fezesse escripvir esta carta de poder et la signase con su signo que ffue fecha et otorgada en la billa de duenas lunes tres dias del mes de novienbre año del nasçimiento de nuestro señor ihusu cristo de myll et trezientos e noventa et tres años, testigos que estavan presentes fernan sanchez de leom alcalde del rey et apariçio rodrigues et gonçalvo fernandes d eleom escripvanos del dicho sseñor rey et juan goterrez apossentador della chançellaria et yo diego alfonso de duenas escripvano et notario publico sobredicho ffoy presente alo que dicho es en uno com los dichos testigos et por ende por el dicho ruego et mandado del dicho señor obispo fiz escripvir esta carta d epoder em la manera sobredicha et ffiz en ella este mio signo en testemonio.// Et presentados os ditos estromentos et procuraçion o dito arçediago de montes frontou et requeriu ao dito paay surredea et aos ditos dayam et cabidoo et ao dito arçediago de çerveira por quanto tem a iglesia cathedral da dita çidade que he huna das mellores fortallezas que estan en ella et aos ditos conçello et homes boos et signaladamente afonsso fernandes et gomez nunez et lopo affonso os quaes el dito arçediago oy dizer que tynan ofiçios enna dita çidade d etuy por ruy lopez davellos quando ha tyna por el rey dom johan a quen deus perdom que a cobrou dos portugueses et a outros quaes quer algunos dos que enno dito lugar seyan presentes que menajeem alguna fezessem ou tevessem feita por la dita çidade ao dito señor rey ou ao sseñor arçibispo ou por algunas das fortallezas dela ou que alguns ofiçios enna dita çidade tevessem en perjuizo dos ditos sennor bispo et cabidoo et da dita iglesia d etuy et da jurdiçom et sennorio que em ella abyam davar que obedesçessem as cartas et mandado do dito sennor rey et do dito ssennor arçibispo et as conprissem et agradassem segundo em ellas era contijudo et conprindoas quelle entregassem a dita çidade et fortallezas dela para o dito ssennor bispo et para a dita ssua iglesia et possesem ofiçias por la dita iglesia d etuy et por lo dito ssennor bispo ssegundo que acustumavam d efazer ante que a jurdiçom da dita çidade fosse enbargada a a dita iglesia d etuy, et fazendo esto que el preste era para lle quitar por poder da dita porcuraçom quaes quer menajeens que ataa aquí tevessem saas et da publicaçom do dito estromento e desta fronta et requerimento quelle fazia et da resposta que elles y dessem et da obra que ssobre ello fezessem pedia amin dito notario publico ou publicos estromentos, et logo a esta ora o dito nuno gonçales notario assi como procurador que disso que era dos ditos ssennor bispo et dayam et cabidoo disso que por quanto o dito estromento paresçia escripto em papel que pedia et requeria amim dito notario quelle desse o treslado del em publica forma et em pirgamino de coyro para guarda do dito sennor bispo et da dita ssua iglesia d etuy, et os ditos dayam et cabidoo et o dito paay ssurredea et omes boos do conçello et tenente lugar do dito juiz et os ditos affonso fernandes et gomez nunez et lopo afonso diserom que elles byam o dito estromento em que paresçia quesse contyna o trasllado das ditas cartas do dito sennor rey et do dito arçibispo et que o reçebiam con aquella renunçia que deviam et que por quanto os homes boos do dito conçello nom ssyam y todos presentes que elles fariam chamar a conçello et aberiam sseu acordo ontre os ditos dayam et cabidoo et o dito paay surredea et o dito conçello et aquelles que algunas das ditas menajees tynan feitas que deste dia a terçer dia dariam ao dito arçidiago ssua resposta.// item despois daquesto martes XXV dias do dito mess de novenbro seendo os ditos dayam et cabidoo da dita iglesia d etuy juntados enno dito cabido da dita crausta da dita iglesia presentes y os ditos lopo rodrigues arçidiago d emontes e apariçio peres thesoureiro gonçalo nunez johan gonçales stevo diegues do postigoo pero de paas salvador fernandes ruy pellaez ruy martim martim afonsso afonsso pellaez afonso lopez johan nunez nicolao diegues afonso martim coongos da dita iglesia de tuy, et seendo y presentes con elles os ditos conçello et tenente lugar do dito juize homes boos da dita

çidade de tuy, con vem a ssaber os ditos afonsso fernandes et gomez nunez e lopo afonso et nuno gonçales fernan peres johan fernandes fernan do pesso notarios da dita çidade estevo diegues baasco rodrigues baasco martim diego diegues mercador gonçalvo de devessa pero diegues affonso de tuy johan peres alfayate johan ssobrino johan pellaez estevoo martim johan de bouça johan criade ruy correa diego testilim johan ssagaleiro johan peres correyro affonso gonçales lourenço gonçales ruy salgueiro ruy biçente et outros muytos, et mim dito fernando afonso notario publico jurado da dita çidade et bispado d etuy et entom os ditos conçello et tenente lugar do dito juiz et homes boos et os ditos afonso fernandes et gomez nunez et lopo affonso deron et presentarom et logo por mim dito notario fezerom leer hun pedaço de papel escripto que davam en resposta enno termino que dito abyam aa fronta et requerimento quelles o dito arçidiago de montes fezera da parte do dito ssennor bispo como sseu procurador por las cartas do dito sennor rey et do dito arçobispo da qual o tenor tal he quesse ssegue // et os ditos homes boos et conçello respondendo aa fronta e requerimento quelles o dito arçidiago demontes fazia de parte do dito ssennor bispo por las cartas do dito sennor rey et do dito ssennor arçibispo, diserom que aelles et a esta çidade desla morte de dom johan fernandes de souto mayor bispo que fora desta iglesia recresçeram muytos perigos et grandes e graves negoçios assi enna çerqua que os portugueses fezerom ssobre esta çidade como despois enna morte de nosso sennor el rey dom johan que deus perdom, et que por guardar serviço do dito ssennor rey reçeberom grandes penas dapnos et meos cabos tanbem ante da çerqua enna guerra que abiam con portugal como despois enna çerqua en que fforam conquistados dos enimigos, por las quaes razoons lles aconteçera de fazer alguns pleitos et menajees et pleitos et posturas et prometementos que en outra guissa sselles os ditos negoçios non acontesçeram non fezeram primamente consentido ao dito ruy lopez poer alcaldes en esta çidade por lo dito ssennor rey e ussando con elles et tomando delles ofiçios et ficando en sseu lugar alguns dos ditos vizinos por ofiçiaas quando daqui partia o dito ruy lopez, et aquellos que em sseu lugar ficaram que o nom fezeram por sseus quisseres propios mays por mandado et costrengemento do dito sennor el rey, et que estando assi que acontesçera a morte do dito ssennor rey dom johan et que beera a esta çidade o dito ssennor arçobispo et que elles quelle fezeram o dito pleito et omenajeem con os ditos dayam et cabido desta dita iglesia d etuy segundo quesse contyna ennas cartas do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo, pero que em todos estes movemientos quelles acontesçera e menajees et preytessias que fezeram nunca ffora sua entençom nem era oie este dia que a dita iglesia de tuy enm os ditos sennores bispo et cabido cujos crados et feytura eram delles nem por elles reçeberem algun agraveo nem perdessem a jurdiçom et ssennorio que en esta çidade abyam, et que agora byam as ditas cartas et mandado do dito ssenor rey dom enrrique que deus mantenna e do dito senor arçibispo et que as reçebiam homildossamente et con aquela reverençia que devyam et que reçebiam outrossi o quitamento das ditas menajees quelles o dito sennor rey fazia et que reçebiam ao dito ssennor bispo dom johan ramirez et aos ditos dayam et cabidoo por ssennores desta çidade de tuy enno espiritual e tenporal ssegundo queo ante destes movementos et pleitos e menajees foram os sseus anteçessores et que o elles devyam de sseer de dereito et que rogavam e mandavam afonsso fernandes et a gomez nunez que tynan as chaves da dita çidade que as dessem et entregassem ao dito arçidiago de montes como a procurador do dito ssennor bispo et aos ditos dayam et cabidoo, anbos juntamente ssegundo que abyam de custume para que daqui endeante livremente et ssem enbargo do dito conçello podessem fazer justiças et hussar de toda a jurdiçom tenporal enna çidade ssegundo que ante desto avyam acustumado, et os ditos afonsso fernandes et gomez nunez diserom que as menajees que elles fezeram que as fezeram por mandado et asentimento do dito conçello et con elles et que ora por las cartas et mandado do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo et de consentimento desse conçello et con elles juntamente entregavam as chaves da dita çidade aos ditos sennores bispo, deam çidade e cabido et como quer queo dito sennor rey et o dito ssennor arçibispo lles quitavam as ditas menajees que pediam et rogavam ao arçidiago de montes como a bigario et procurador do dito ssennor bispo que por lo poder quelle por lo dito ssennor bispo para esto especialmente era dado quitasse a elles et ao dito conçello as ditas menajees que ataa aquí por la dita çidade tynan feitas, et de todo esto et do traslado das ditas cartas et do requerimento et poder do dito arçidiago que pediam ao dito notario publico ou publicos estromentos para guarda do sseu dereito et do dito conçello, e qual resposta dada et presentada et liuda por mim dito fernando afonso notario os ditos conçello et tenente lugar do dito u juiz et homes boos da dita çidade de tuy et os ditos afonso fernandes et gomez nunez et lopo afonso seendo todos juntos ssegundo susso todo dito he signaladamente os ditos afonsso fernandes et gomez nunez derom e entregarom todas as chaves das portas da dita çidade aos ditos lopo rodrigues arçidiago de montes procurador do dito ssennor bispo et em nome do dito sennor bispo et dayam et cabido segundo que senpre oubera et ham de custume et outrossi que non enbargante o rogo et pedimento que ao dito lopo rodrigues arçidiago de montes et procurador do dito ssennor bispo fezeram enna dita ssua resposta, diserom que outra bez llo deziam por palabra que em como quer que por las sobreditas cartas do dito ssennor rey que deus mantenna et do dito ssennor arçibispo lles sejam quites todas llas menajees que elles ataa aquí fezerom, tanbem ao dito ssennor rey como ao dito ssennor arçibispo ou a outros quaes quer pessoas segundo sse em ellas contem que por mayor abondamento deziam e requeriam ao dito lopo rodrigues arçidiago de montes procurador espiçial do dito sennor bispo que para esto he por la sobredita procuraçom contyuda en este estormento que pois que elles conpraz todo

o contyudo ennas sobreditas cartas do nosso rey et ssennor et do dito sennor arçibispo, et que tomariam por ssenores da dita çidade aos ditos ssennor bispo et dayam et cabido da dita iglesia e que prestes eram para fazer todo o contyudo enna ssua resposta quelle frontavam et requeriam huna bez e duas et tres os ditos conçello et tenente lugar do dito juiz et homes boos et signaladamente os ditos afonso fernandes et gomez nunez e lopo afonsso quelles quitasse todas has menajees que elles fezera ao dito sennor rey e ao dito ssennor arçibispo et ao dito ruy lopez amellos ou a outros quaes quer pessoas a que fezessem omenajeem ssobre este casso, et o dito lopo rodrigues arçidiago de montes por poder da sobredita procuraçom em este estromento contydida quitou lles todos los pleitos et omenajees que elles ou cada hun delles tevessem feitas em este casso ao dito ssennor rey et ao dito ssennor arçibispo de santiago et ao dito ruy lopez ou a outros quaes quer pessoas huna bez e duas et tres, as quaes chaves reçebudas dos ditos procurador do dito ssennor bispo e dayam et cabido, et entom diserom aos ditos conçello e tenete lugar do dito juiz et aos ditos homes boos quesse fossem fora do dito cabido et levantassez e erguessez em sseu conçello dous cobros des este dia dos ditos mes et era deste estormento acaa o primeiro dia de Kallendas janeiras da era de myll e trezentos et noventa et quatro annos et quellos pressentasem segundo que abyam de ussu et de custume et ouveram ssenpre os seus anteçessores con os bispos que foram da dita iglesia et dayaas et cabido antes que a jurdiçom fosse tomada do dito rey dom johan a que deus perdom agora novamente quandoa cobrou dos portugueses, et logo os ditos conçello et tenente lugar do dito juiz et homes boos foram sse fora do dito cabidoo a erguez e levantar doutrossi os ditos cobros para quelles dessem suas justiças ssegundo quelles fora mandado por los ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam et cabido enbiarom chamar ao dito paay surredea de souto mayor o qual dito paay surredea beo ao dito cabidoo, et entom os ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam e cabidoo diserom ao dito paay surredea que respondesse a dita scriptura e requerimento que el dito procurador abya feito a el dito paay surredea enm nome do dito ssennor bispo para poder da dita procuraçom et por las ditas cartas do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo et o dito paay surredea disso que el queria beer as cartas do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo et quelles dessem logo et que el daria sua resposta, as quaes ditas cartas llelogo forom dadas, item logo despois daquesto os ditos conçello et tenete lugar do dito juiz et homes boos chegarom ao dito cabido et presentarom aos ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam et cabidoo dos cobros segundo que ham et ovidom ssenpre de ussu et custume, convem assaber em hum dos cobros lopo afonsso et johan collaço et em outro cobro stevo degues et baasco martim et diserom os ditos conçello et tenente lugar do dito juiz et homes boos que os ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam et cabido tomassem hum daquestes ditos cobros qual quissessem et fezessem duas justiças que ussasem de sseus ofiçios em nome do dito ssennor bispo et dayam et cabido da dita iglesia de tuy segundo que ussarom senpre os sseus anteçessores que forom ennos ditos ofiçios ante que o dito rey dom johan a quen deus perdom tomasse a dita jurdiçom da dita iglesia agora novamente quando cobrou a dita çidade dos ditos portugueses sseus enimigos, outrossi que prestes eram todos para fazer et conprir todo o contyudo ennas ditas cartas do dito rey et sennor que deus mantena et do dito sennor arçibispo et enno requerimento quelles o dito procurador em nome do dito ssennor bispo fezera, et os ditos procurador do dito ssennor bispo et dayam et cabidoo beendo o bom curaçom et talente dos ditos conçello et homes boos et que foram et eram bem diligentes para conprir o mandado do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo et prestes para todo serviço do dito ssennor bispo et dayam et cabidoo, diserom lles que por quanto o dito paay surredea de souto mayor estava enna dita çidade et tynna feito pleito et omenajeem por ella et por las fortalezas dela ao dito ssennor rey et arçibispo de santiago et que era grande et poderosso et que nom poderiam ussar de sseus ofiçios sem lles podiam fazer o pleito et omenajeem segundo quelles suyam fazer elles et os sseus anteçessores et quesse sofressem et tevessem sseus cobros ssegundo que os ordinaram et ergueram outrossi acaa que o dito paay surredea desse sua resposta a dita fronta e requerimento quelle o dito procurador do dito ssennor bispo fezera por las ditas cartas do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo, (.) sesta feira bynta e oyto dias do mes de novenbre seendo os ditos deam et pessoas et coongos juntados enno dito cabidoo perssom de canpaa tanguda et sseendo y presente o dito paay surredea et hua parte dos ditos conçello et homes boos da dita çidade em presença de mim dito notario et testemonias adeante escriptas, entom o dito paay surredea disso que el bya as cartas et mandado do dito ssennor rey et do dito ssennor arçibispo, et por quanto para elles paresçia que merçee fora et era do dito sennor rey de dessembargar aa dita iglesia d etuy et aos ditos ssennores bispo et cabido a dita çidade de tuy et con jurdiçom tenporal dela segundo que a ssenpre ouberom et quitar a el a menajeem que por la dita çidade et fortalezas dela fezera ao dito ssennor arçibispo que a del reçebera em lugar do dito ssennor rey et para el que por esta razom de obedesçendo as cartas et mandado do dito ssennor rey ssegundo que bassallo debe de obedesçer a sennor e asseu mandado que leyxava et desenbargava a dita çidade de tuy et fortalezas dela et toda a jurdiçom tenporal aa dita iglesia d etuy e ao ssennor bispo dom johan ramirez et ao dito arçidiago de montes como sseu procurador et aos ditos dayam et cabidoo a todos juntamente et frontava et requeria ao dito arçidiago de montes que tomasse et reçebesse as fortalezas que el tyna enna dita çidade, convem a ssaber as torres et paaços de morada do dito ssennor bispo para o dito ssennor bispo em espeçial e a torre bella et a torre do conçello para os ditos ssennores bispo et cabido ssegundo que acustumarom deas aver et lle quitasse a menajeem que por las ditas çidade et fortalezas

tynna feita por lo poder quelle por lo dito ssennor bispo e por la dita sua procuraçom era dado et o dito arçidiago de montes disso que el fiando do dito paay surredea como de fidalgo et grande e boo e basallo do dito ssennor bispo quesse avya e outorgava por entrego das ditas fortalezas, convem a saber dos paços e torres do dito ssennor bispo para esse sennor bispo em espeçial et das outras fortalezas para o dito ssennor bispo et paraos ditos dayam et cabidoo et iglesia de tuy de suum partestando enpero quesse o senorio das ditas fortalezas em todo perteesçia ao dito ssennor bispo ou aal ssoo ou aos sseus anteçessores acustumaram de fazer menajees por elles que por esto nom fosse feito perjuyzo ao dito sennor bispo nem a seus subçessores, et por quanto el abia mandado espeçial do dito ssennor bispo que con acordo dos ditos dayam et cabidoo et conçello fiasse a dita çidade e fortalezas do dito paay surredea querendo el estar enna dita çidade et teer as ditas fortalezas que el requeria primeramente aos ditos dayam et cabido et conçello sselles prazia deo dito paay surredea estar enna dita çidade e teer as ditas fortalezas fezendo por elas aquela menajeem que debe fazer home fidalgo et os ditos dayam et cabidoo diserom que em casso que ao dito paay surredea proubesse que prazia a elles, et o dito paay surredea disso que el por fazer serviço ao dito ssennor bispo et a esta iglesia de tuy avia criança et feytura era que que queria estar enna dita çidade e fazer a dita menajeemet logo o dito arçidiago em nome do dito ssennor bispo e por poder da dita procuraçom disso que quitava et quitou a menajeem ao dito paay surredea que por la dita çidade et fortalezas tynan feita et quella quitava huna bez et duas et tres e lla abya por quite segundo quelle o dito sennor rey quitava por las ditas suas cartas et logo o dito paay surredea disso que el reçebia a quitaçom da dita menajeem tanbem aquelle o dito ssennor rey fazia como aquelle fazia o dito arçidiago como procurador do dito ssennor bispo et logo o dito paay surredea disso que el quesse avya por entrego enna dita çidade et fortalezas et que fazia et fezo pleito et menajeem ao dito ssennor bispo em pessoa do dito sseu procurador e aos ditos dayam et cabidoo em maos de afonsso gomez couquenom escudeiro que el collere ao dito ssennor bispo enna dita çidade de tuy et ennas ditas fortalezas quitado et pagado de noyte e de dia con poucos et con muytos quando e cada que el chegasse et a ques oras que el chegasse et o apoderasse enna dita çidade et fortalezas byndo el porssi pessoalmente et nom byndo por ssi pessoalmente et enbiandolle sseu recado çerto com vem assaber sua carta firmada de sseu nome et seelada con sseu seello pontifical e signada de nome et signal de notario en que mandasse entreguar a dita çidade e fortalezas a outro algum et quitandolle o dito ssennor bispo et os ditos deam et cabidoo esta menajeem quelle ora faziam que el collese enna dita çidade aqual que o dito ssennor bispo mandasse e lle entreguasse as ditas fortalezas et acontesçendo morrendo que el fazia pleito et menajeem de entreguar a dita çidade e fortalezas ao bispo consagrado ou asleyto confirmado da dita iglesia de tuy que fosse feito por nosso ssennor o papa clemente ou por sseus subçessores ou ao dayam et cabidoo da dita iglesia de tuy ou aa mayor parte delles et prometeu o dito paay surredea que em quanto tevesse as ditas çidade et fortalezas por la dita menajeem que el fezesse guerra et paz por lo dito sennor bispo et por sseuchamdos e enprazamentos pessoalmente sseo por procurador mandasse ir et defender et enparar a dita çidade e ajudar a enparar et defender ao dito conçello acontesçendo deo aver mester e de nom burlar nem enganar ao dito conçello nem forçar nem desapoderar as justiças que enna dita çidade forem feitas por la dita iglesia de tuy das chaves da dita çidade e de sser con elles em todo aquello que el con elles et elles con el birem e entenderem que he serviço por la onrra erguida do dito ssennor bispo et dos ditos dayam et cabidoo et da dita iglesia d etuy feito foy et passou todo esto enna dita çidade de tuy dias et mes et anno et lugar sobreditos testemonios que fforom presentes et chamados et rogados as pessoas et coongos sobreditos fernan peres notario d etuy gonçalvo martim o moço baasco rodrigues johan peres alfayate et gonçalvo da devessa vizinos et moradores enna dita çidade de tuy et outros. Et eu fernando alfonso notario publico jurado da çidade e bispado d etuy a esto todo que dito he chamado e rogado presente foy et con mina mao escrivi este estroemnto que bay escripto em tres peles de pulgamyo de coyro de carvoeiro cosidas con fio branco e huse junta estas ditas tres peles as hunas con as outras bay escripto me em todas de parte donde bam escriptas et outrossi nom enpeeça nem enbargue os u juthinos postos et corrigidos enna primeira pelle aas trinta et tres regas hu diz dela nem aas XLII hu diz pleito nem aas ssesenta e huna hu diz yo u nem enna terça pelle aas onze regas hu diz diserom que eu mesmo notario os escripvi et corrigi et aquí pugi meu nome et signal em testemonio de verdade...